You are on page 1of 15

TÍTULO DO PROXECTO: MAXIA CELTA

DESCRIPCIÓN DA PROPOSTA E OBXECTIVOS

O proxecto Maxia Celta é unha maneira atractiva, divertida e lúdica de


ensinar a cultura galega ós alumn@s de primaria facendo a eles memos
partícipes activos da experiencia.

Está dividido en pequenos proxectos no que cada grupo de alumnos ten unha
proposta que traballar e que vai transmitir aos demáis. Polo tanto os mesmos
alumnos se transforman en mestres (a través de contos elaborados na aula,
manualidades, cancións...) e esto é posible grazas a existencia do blog
CONTADORA DE SOÑOS, http://carmenlodeiro.blogspot.com/ (blog finalista
do IV premio espiral EDUBLOGS 2010), no que se van expoñendo a experiencias
de tod@s e onde interactúan os distintos grupos.

Polo tanto é imprescindible a utilización das Tics. Tamén é importante resaltar


que é un proxecto que implicou a todo o centro de distintas maneiras ó longo do
curso.

Os pequenos proxectos que forman MAXIA CELTA son:

- A PORTA MÁXICA. A entrada da aula transformase nun bosque encantado


no que hai unha porta máxica co símbolo do triskele e que nos vai levar a un
mundo perdido: o dos celtas. Durante 7 días realizáronse os conxuros
máxicos para que a porta se abrira e ao chegar o momento trouxo unha
gran sorpresa: UN TRASNO CHAMADO TRASTE E UNHA FADA
CHAMADA ZELTIA que nos acompañarán ó longo do curso.
TAMÉN TEMOS UNHA CANCIÓN: EL ESPÍRITU DEL BOSQUE, MAGO DE OZ

- OS CELTAS 1 POBO 7 nacións: GALICIA, IRLANDA, GALES, CORNUALLES,


ILLA DE MAN, BRETAÑA, ESCOCIA (De momento estamos en Galicia,
no próximo curso veremos o resto das nacións celtas) Os encargados
de elaborar un poboado celta ao lado do mar co seu bosque encantado foron
os alumnos de 6º de primaria. Esto sirve para explicar a tod@s a forma de
vida, costumes, clases…

- FESTAS CELTAS. O SAMAIN. Os alumnos de 5º elaboraron os MEDO


LIBROS, libros trimendisionais que representaban contos que debuxaron na
clase e que leron na nosa biblioteca para todo o colexio. Tamén se orzanizou
unha ceremonia druida polo Samain, o responsable foi Fernando o
encargado de Normalización de Dinamización Lingüística e os axudantes
alumnos de 6º. Participou todo o centro.

- OS SEGREDO DOS DRUIDAS. A ceremonia druida do Samain sirve de base


para traballar e explicar os personaxes dos druidas que se reforza con
contos nos que se explica o que se sabe deles: crenzas, rituais, uso de
plantas medicinais, runas, árbores sagradas, alimentos sagrados: landras e
castañas…,
- FADAS E MOURAS DA NOSA TERRA E DA ESCOLA. A través de contos
elaborados polos alumnos de 5º coñecemos as historias de mouras da nosa
terra. Tamén se elaborou, entre tod@s, o Castelo das fadas.

- UN NADAL MÁXICO. Os alumn@s de 6º representan a obra: A REBELIÓN


DOS GNOMOS, onde a raíña celta das fadas MAB nos conta unha historia
que lle pasou aos gnomos do seu bosque que foron vivir con Santa Claus
cando el lle pideu axuda.
Tamén se recupera a tradición do APALPADOR, un ser máxico galego da
Serra do Courel que lle traía castañas aos nen@s. Os nen@s de 3º elaboraron un
conto coa súa historia e organizouse a súa visita ao centro.

- A ÁRBORE DOS SUSURROS. É como lle chaman os celtas ao SERBAL,


unha árbore máxica que nos leva a un mundo de luz e de paz. Garda
segredos que revela en susurros a quel que se acerca e abre a súa mente. O
seu garda é un dragón verde de nome Sid.
Cada grupo traballa un conto (seis en total) que na hora de ler se escoitan a
través da megafonía do colexio e tamén se colocan colgando da árbore .
(ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ)

- ENTROIDO CELTA. Todo o centro participou no entroido disfrazados


(pediuse a colaboración dos pais para os disfraces). Infantil de trasnos,
primeiro de primaria de meig@s, segundo de primaria de poboadores dos
castros, segundo ciclo de druidas e sacerdotisas e terceiro ciclo de
guerreiros. Abre o desfile a raíña celta das fadas Mab e a fadas dos soños.
Ao final hai degustación para familias e nen@s de productos galegos de
entroido.
- O TORQUES DE OURO. Libro de Lourdes Maceira que reforza todo o
aprendido ata o de agora do mundo celta máxico. O 3º ciclo leo na aula e
traballase en comic
- O CANTO DA SEREA

A través de contos de sereas percorremos a costa galega dende a MARIÑA


LUCENSE, COSTA ÁRTABRA, COSTA DA MORTE, SÁLVORA (illa do parque nacional
das illas atlánticas de Galicia) e o Río Miño coas sereas chamadas XACIOS.

Tamén se traballa o pintor das sereas URBANO LUGRÍS presentado polos


rapaces de 5º que realizaron mosaicos de catro dos seus cadros. Esto sirve de base
para traballar o respecto polo mar e o medio ambiente e coñecer os animais
marinos en perigo de extinción.

Na semana da Poesía colaboramos co mural MAR DE SEREAS, MAR DE POEMAS.


Poesías inventadas, en galego, noutros idiomas, sobre o mar e as sereas de
distintos poetas.
A serea da illa de Sálvora é o fio conductor para estudar a historia desta illa e o
ESCUDO DE GALICIA DISEÑADO POR CASTELAO e que está baseado nesta
lenda e tamén na lenda do MONTE MEDULIO. Polo tanto sirve para estudar tamén a
chegada dos romanos a Galicia.

Os rapaces de 6º son os encargadas de elaborar o mosaico deste escudo con


papeliños de cores.

- AS LETRAS GALEGAS.

Disfrutar de tradicións da nosa terra coma a do OLEIROS DE BUÑO,


realización dos maios (tradición procedente da festa de BELTANE celta) e o
xardín de BELTANE (feito con materias de refugallo), contos de raposos,
poesías, xogos populares e profundizar no autor galego homenaxeado deste
ano: UXÍO NOVONEYRA.
XARDIN DE BELTANE

- COLABORACIÓNS CON OUTROS CENTROS:

1) En colaboración co CEIP DE AGUIÑO e a entrañable profesora Uxia,


este curso participamos nun proxecto de NORMALIZACIÓN e
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA entre Centros de Galicia. Son 19 colexios
nos que traballamos a poesía visual e os resultados pódense ver no blog
REDEIRAS http://redeiras.blogspot.com/. Aquí queda alguna mostra
desas poesías traballando como base o noso proxecto MAXIA CELTA.

Carballeira encantada Bolboreta de outono


Sr. Sol A fada da música

2) MARATÓN DO LIBRO. Dende o CEIP Jaime Balmes de Cieza (Murcia)


e a través de Domingo Méndez chega esta invitación para participar
nun blog colectivo http://www.domingomendez.es/dlibro, co gallo do
día do libro. Colaboramos enviando o conto “A SEREA MEIXIDE”
(,http://www.domingomendez.es/dlibro/?p=361), elaborado polos
alumnos de 4º B; os alumnos de 6º recomendaron o libro “O
TORQUES DE OURO” (http://www.domingomendez.es/dlibro/?p=302),
de Lourdes Maceira, presentárono en comic e tamén colaboraron co RAP
DO LIBRO, (http://www.domingomendez.es/dlibro/?p=495)
http://www.youtube.com/watch?v=a_Xxwo_N31Y

- VISITA A UN CASTRO CELTA E A UN DOLMEN: 1º e 2º ciclo de Primaira


realizaron unha excursión ao castro de Borneiro e a o dolmen de Dombate
en Cabana de Bergantiños, preto da nosa terra xalleira de Santa Comba.

- COLABORACIÓN ESPECIAL: o grupo FOLK ON CREST, adicado a música


folk, ten entre os seus compoñentes a YOLANDA RÍO. Yolanda é prima de
Nerea, unha alumna de 6º, a través dela fíxonos chegar a súa música e
deunos permiso para usala. Deste xeito, montamos algún conto con esta
música de base. http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_05_16_archive.html,
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010/06/os-xacis-do-rio-mino.html
OBXECTIVOS:

- POÑER EN CONTACTO AO ALUMN@ COA SÚA CULTURA DE ORIXE,


RECUPERAR E CONSERVAR AS TRADICIÓNS QUE CARACTERIZAN A UN
POBO.

- COÑECER E PROFUNDIZAR NA CULTURA CASTREÑA.

- IDENTIFICAR A ORIXE DE FESTAS E COSTUMES DA NOSA TERRA.

- COÑECER E PARTICIPAR NAS FESTAS, TRADICIÓNS E COSTUMES DE


GALICIA VALORANDO AS MANIFESTACIÓNS CULTURAIS DO NOSO POBO.

- VALORAR O ANTIGO COMO UNHA PARTE IMPRESCINDIBLE NA FORMACIÓN


DA PERSONALIDADE DUN POBO.

- COÑECER O MEDIO QUE O RODEA.

- DESCUBRIR CONTOS E HISTORIAS DA SÚA TERRA.

- VALORAR O MUNDO DA MAXIA CELTA E IDENTIFICAR SERES MÁXICOS DA


TRADICIÓN GALEGA.

- DESARROLLAR O RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE.

- VALORAR E RESPECTAR O USO DA LINGUA GALEGA.

- FOMENTAR O COÑOCEMENTO E DISFRUTE DE PAISAXES DA COSTA


GALEGA.

- DESCUBRIR AS PAISAXES MÁIS IMPORTANTES DO INTERIOR.

- COÑECER PERSONAXES DESTACADOS DA CULTURA GALEGA.

- DESCUBRIR E COÑECER A ORIXE DE MONUMENTOS GALEGOS.

- VALORAR A HISTORIA E OS FEITOS HISTÓRICOS.

- PROFUNDIZAR NA MÚSICA COMO UN MEDIO DE IDENTIDADE E


COMUNICACIÓN.

- RESPECTAR OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS.

- FOMENTAR A CREATIVIDADE E A IMAXINACIÓN.

- VALORAR E RESPECTAR O TRABALLO INDIVIDUAL E COLECTIVO.

- INCULCAR VALORES DE TOLERANCIA E RESPECTO.

- FOMENTAR A COLABORACIÓN E O TRABALLO EN EQUIPO.

- DESENROLAR A HABILIDADES SOCIAIS E MOTORAS.

- FAMILIARIZAR AO ALUMN@ CO USO DAS TICS, BLOGS, PÁXINAS WEB,


PIZARRA DIXITAL…
XUSTIFICACIÓN:

“Sei dun pais esquecido, con máis de 3000 anos.Con un pobo, unha terra, unha
lingua. Con contos fabulosos, criaturas míticas, bosques encantados e montañas
máxicas. Un país que cheira a mar, onde a música é levada polo vento errando
polos prados verdes. Máis este pais agoniza lentamente, o pobo perdeu a memoria,
esquezeu aos antepasados. Galicia, non a deixes morrer”

Esta cita contén todo o necesario para xustificar a realización do proxecto no


centro.

Nun mundo no que estamos rodeados de persoas doutros lugares, no que


encendemos o televisor e podemos viaxar a través del, no que coñecemos historias
e vidas doutro lugar é moi importante poñer en contacto ó alumn@ coa súa
cultura de orixe , recuperar e conservar as tradicións que caracterizan a un
pobo. Só coñecendo e respetando o noso podemos coñecer e respetar o
dos demáis.

A ferramenta empregada é o uso das Tics na aula coma unha maneira de


innovar na educación e preparando ao alumno para realizar traballos no
ordenador , presentación de power point… coma garante de futuro e que
lle sirva tanto na aula como na súa vida diaria.

DESTINATARIOS:

Nenos e nenas de primaria, 1º ciclo, 2º ciclo e 3º ciclo.

Total unidades 15: 2 primeiros, 2 segundos, 2 terceiros, 3 cuartos, 3 quintos, 3


sextos. Total alumnos: 298.

Alumn@s do rural galego, Santa Comba, comarca do Xallas, preto da costa da


Morte galega.

Estes alumn@s son maioritariamente galego falantes e a actividade a que se adica


a mayoría das familiasa é a gandeiría e a agricultura.

RECURSOS EMPREGADOS:

Uso das tics:

- ORDENADOR NA AULA CONECTADO A WI-FI

- Blog: CONTADORA DE SOÑOS http://carmenlodeiro.blogspot.com/

- PIZARRA DIXITAL

- PRESENTACIÓNS EN POWER POINT

- PRESENTACIÓNS EN SLIDESHARE

- PRESENTACIÓNS EN SLIDEBOOM

- PRESENTACIÓNS EN MIXBOOM

- CAMARA DE FOTOS, TELEVISIÓN E DVD


- ESCANER, FOTOCOPIADORA MULTICOPISTA, PLASTIFICADORA…

- CAMARA DE VIDEO

- GRABADORA DE SONIDOS

- PROGRAMAS PARA CONVERTIR VIDEOS E SUBIDA DE VIDEOS A YOUTUBE

- VIDEOS DE FLOCOS TV http://flocos.tv/

- MÚSICA EN MP3

- XOGOS NA REDE

- PROGRAMAS PARA TRABALLAR COA COMPOSICIÓN DE IMAXES:


PUBLISHER, AMS PHTO EFFECTS, PHOTOPHILTRE STUDYO X …

- CREACIÓN DE AVATARES, http://www.meez.com/

- POSTERS DIXITALES http://www.glogster.com/

- PÁXINAS PARA COMPOSICIÓN DE VIDEOS CON FOTOS:

SLIDE SHOW ONE-TRUE MEDIA http://www.onetruemedia.com

PHOTOPEACH http://photopeach.com/home

PÁXINAS WEB:

Galicia para el mundo, http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/, FILLOS DE


BREOGÁN http://www.xente.mundo-r.com/fillosdebreogan/paginaprincipal.html,
SEREAS SEN CADEAS http://www.xente.mundo-
r.com/fillosdebreogan/paginaprincipal.html, HEROÍNAS DE SÁLVORA
http://heroinasdesalvora.blogspot.com/ …

OUTROS MATERIAIS:

Cores, lápices, folios blancos, cartulinas de cores, para a elaboración dos contos.

Plastilina, materiais de refugallo, papeis de xornais, de revistas, corchos, marcos,


cola blanca, pegamento, tesouras, pistola e barras de silicona, fumet, cartulinas de
cores…

METODOLOXÍA:

Activa, participativa, aberta e flexible. A motivación dos alumnos é fundamental.


Son eles mesmos os que se convirten en mestres dos demáis co seu traballo, como
dixen nun principio, a través do blog CONTADORA DE SOÑOS
http://carmenlodeiro.blogspot.com/.

A profesora só é unha guía que propón e dirixe un traballo eficaz, realizado con
moito interese e ilusión, favorecendo o aprendizaxe en grupo, proporcionando
pautas que axuden a resolver conflictos, mediante o diálogo e a colaboración e
favorecendo o traballo en equipo e o respecto polos demáis.
Polo tanto os nen@s van aprendendo a través de contos, música, videos e
experiencias tanto súas como dos compañeir@s, cunha metodoloxía que ensina
COMO APRENDER E TAMÉN A PENSAR.

Tense en conta a diversidade dos grupos e o ritmo de aprendizaxe de cada un.

DESENROLO DA ACTIVIDADE:

PRIMEIRO TRIMESTRE

Plantésaxe aos alumn@s de 6º a realización dun poboado celta, bosque dos druidas
e bosque encantado. Son os que van a comezar este proxecto.

Cando o 7 de outubro de 2009 está rematado presentase este proxecto no blog de


aula, é a xustificación, o por que imos traballar esto.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009/10/proyecto-magia-celtaceltic-magic.html

A partir de aquí tense aos demáis alumnos ilusionados e en espera da apertura da


porta máxica, no blog imos colocando conxuros para axudar a que todo vaia ben.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_10_14_archive.html

APERTURA DA PORTA MÁXICA que trae dous amigos: un trasno chamado Traste
e unha fada chamada Zeltia. Tamén temos unha canción do proxecto: EL ESPÍRITU
DEL BOSQUE DEL MAGO DE OZ.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_10_21_archive.html

Agora explicamos co traballo dos alumnos de 6º o que son os celtas, costumes,


clases socias, http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_10_23_archive.htmlfestas e
enlazamos co SAMAIN, actua HALLOWEEN.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_10_25_archive.html

Os alumnos de 5º elaboraron os medo libros, e durante esta semana faránse


lecturas de medo na biblioteca. Son contos feitos por eles mesmos.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_10_26_archive.html

Ceremonia druida no colexio polo Samaín participando todo o colexio. Consite en


facer conxuros aos ancestros para que nos axuden a limpar as cousas malas e
vellas e traer cousas boas, tanto para nós coma para o mundo.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_10_31_archive.html

As runas celta, contos de druidas contados polos nen@s de 4º e de 6º, traballamos


plantas medicinais, árbores sagradas, respecto do medio ambiente, alimentos dos
celtas, castañas e landras, magosto creativo…

FADAS E MOURAS, FADAS DA ESCOLA. Contos e historias de mouras elaborados


polos nen@s de 5º. O CASTELO DAS FADAS, realizado entre todo primaria.
Visionado da película CAMPANILLA, Vídeo en FLOCOS CASTING de fadas

O APALPADOR, un ser máxico galego. Conto realizado polos alumnos de 3º.


http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_12_13_archive.html. Visita do apalpador
en colaboración co equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do Centro.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_12_21_archive.html
UN NADAL MÁXICO: representación da obra de teatro “A rebelión dos gnomos.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009_12_23_archive.html

SEGUNDO TRIMESTRE

A ÁRBORE DOS SUSURROS http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010/01/arbore-


dos-susurros.html. Para conmemorar o día da paz utilizamos este recurso dunha
árbore máxica celta que conta segredos para axudar a ser mellor persoas.
Elaborouse un mural coa axuda de diversos grupos.

Consta de 6 contos elaborados polos alumnos de primaria que van dando


mensaxes:

CELEBRA A VIDA, co conto “OS 12 MESES DO ANO”, UN PARA TODOS E TODOS


PARA UN, co conto “OS DUENDES DAS CORES”, IGUAIS E DIFERENTES co conto “A
COR DA PEL”, SÉ UN SOL, co conto “A CIDADE DONDE TODO ERA GRIS”, ten un
gran corazón, co conto “UN CORAZÓN CON CREMALLEIRA”, Imaxina un mundo en
paz co conto “POR QUE NOÉ ELIXIU A POMBA”.

ENTROIDO CELTA. http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_02_12_archive.html

Colaboración de todo o colexio para disfrazarse do mundo celta.

TERCEIRO TRIMESTRE

PROXECTO O CANTO DA SEREA (Iniciado no 2º trimestre, continuase no 3º


despois de SEMANA SANTA)
(http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_02_17_archive.html

Percorremos a costa galega con contos como: A MARUXAINA de 4º C (a mariña


lucense), A SEREA MEIXIDE (4º b) e a Serea dos Mouriños (4ºA) percorrendo a
costa da Morte. Estes contos sirven para traballar animais marinos en perigo de
extinción.

Os rapaces de 5 presentan ao pintor das sereas URBANO LUGRÍS con mosaicos


de 4 cadros importantes del.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_04_09_archive.html. Sirve para que todo
o colexio pinte cadros coma
él,http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_04_26_archive.html, e para coñecer
MALPICA e a antiga caza de baleas.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_04_12_archive.html

Poemas e poesías de sereas e sobre o mar, son traballados na semana da poesía


http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_03_11_archive.html

Chegamos a Illa de SÁLVORA cos alumn@s de 6º, que son os encargados de


presentarnos a historia desta serea e a da illa.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_05_05_archive.html

Esta serea sirve para estudar o deseño do escudo de Galicia de Castelao que está
baseado nesta lenda e na do monte Medulio.
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_05_26_archive.html Deste xeito tamén
vemos a chegada dos ROMANOS A GALICIA.
Remata este proxecto cás sereas do río Miño: OS XACIOS, presentados polos
nenos de 3º http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_06_14_archive.html

Lectura do libro O TORQUES DE OURO, elaboraciónen comic. Colaboración


no Maratón do libro con parte destes contos, recomendando este libro e co rap
do libro.

Letras Galegas, actividades da cultura galega, oleiros, xogos, maios, xardín de


beltane, contos de Uxío Novoneyra
http://carmenlodeiro.blogspot.com/2010_05_13_archive.html

EVALUACIÓN:

A evaluación dos alumnos é individualizada, integradora, cualitativa, orientadora e


continua.

A evaluación do proxecto na súa totalidade céntrase en que se conqueriron os


obxectivos propostos, as actividades foron totalmente axeitadas a eles e os
contidos axeitados ao nivel do alumnado e aso seus intereses.

CONCLUSIÓNS: Un proxecto precioso que deu moito partido cos alumnos e no


colexio, recuperando tradicións e historia da nosa aterra. O curso que ven
seguiremos durante o primeiro trimestre en Galicia, con CONTOS A CARÓN DA
LAREIRA para enlazar xa coa primeira nación celta IRLANDA e continuar co resto.

Todavía queda moito traballo por diante xa que é un GRAN PROXECTO cheo de
pequenos proxectos e que tamén se vai adaptando as necesidades do centro no
momento.

NOTA: Reducir un gran proxecto coma este a 15 páxinas é moi difícil


porque abrangue un ano académico. Intentouse explicar dunha maneira
sinxela e directa pero non se pudo profundizar realmente en todos os
apartados, dado o límite de espacio. Imposible tamén non facer referencia
co nome e apelidos da páxina web onde se traballou o proxecto.

PSEUDÓNIMO ALGIZ

You might also like