You are on page 1of 11

mailto:doa@doa-music.

com
http://www.doa-music.com/
DOA en FaceBook
DOA ao VIVO

O grupo Doa nace na Coruña en 1978, sendo fundadores Bernardo Martínez (frauta e
percusión), Xoan Piñón (guitarra, laúde, mandolina) e Enrique Ferreira (violoncelo).
Comenza acompañando en formato trío a Xosé Quintas Canella, posteriormente coa
incorporación de Miro Casabella (voz, cítola e zanfoña) e Xaquín Blanco (gaita e frauta),
Doa grava o seu primeiro traballo “O son da estrela escura” en 1979.

Outras formacións posteriores contarán, para os directos e gravacións, con músicos como
Carlos Castro, Baldo Martínez, Rosa Cedrón, Pepe Bordallo, Xavier Jurado, Alfonso Morán,
Nora McEvoy, Francisco Luengo, Manuel Varela, Luciano Pérez, Xavier Cedrón, Roberto
Grandal, Javier Ferreiro, Óscar Fernández e un longo etc. … ver todos os compoñentes en
Wikipedia : DOA (grupo musical)

Poderiamos considerar ao grupo Doa como un dos referentes dos grupos


de Galicia anteriores á década dos 80.
O seu estilo musical -nos primeros tempos- está baseado en integrar tendencias musicais
diversas coa música tradicional e medieval de Galicia, traballando nos arranxos dun xeito
persoal e heterodoxo.
Estas características dan ao grupo unhas formas musicais propias que se irán conformando
en anos sucesivos.

A súa filosofía está baseada en fuxir do autoplaxio e a repetición de fórmulas musicais,


afastándose tamén das presións comerciais que exercen unha excesiva influencia sobre o
estilo dos grupos.
Doa utiliza modos de expresión contemporáneos; a improvisación como forma de traballo e
a mestura de instrumentos populares (gaitas, zanfoñas etc) con tecnoloxías de última
xeración (midis, intrumentación electrónica etc).
Fai numerosas xiras por Galicia, España, EEUU e Canadá dando a coñecer pezas inéditas do
Camiño de Santiago, Cantigas de Santa María (Afonso X O Sabio) e composicións baseadas
na estrutura musical propia de Galicia.
Poderiamos resumir a filosofía musical de Doa co manifesto do seu primeiro disco “O son
da estrela escura”:

"Fisterra, no cabo do Camiño de Santiago, é a Estrela Escura, a derradeira


estrela da Vía Láctea. Ata non se sabe canto tempo antes do cristianismo
foi punto de magnetismo misterioso que fixo chegar ás terras de Galicia, moitas e variadas
culturas dos pobos indoeuropeos. Isto foi semente para o desenvolvemento dunha música
popular, cunha riqueza estilística única nacida de motivacións máxicas.
Este traballo é unha pequena antoloxía de pezas tradicionais de diferentes épocas e raíces.
Na súa elaboración partimos do estudo das partituras existentes nos distintos cancioneiros.
Non nos propuxemos facelo dun xeito ortodoxo; máis ben guiados -dun xeito subxectivo-
pola sensibilidade da que é posuidora esta terra".

DISCOGRAFÍA

"O son da estrela escura" (1979)


(Ruada). Reeditado no 2003 en SON de Galicia (La Voz de Galicia).

Arranxos e adaptación: Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Miro Casabella.


Produción: Miro Casabella, Xoan Piñón, Bernardo Martínez.
Dirección musical: Bernardo Martínez, Miro Casabella, Xoan Piñón, Pedro Puértolas.
Supervisión lingüística: Xoán Carlos Rábade.
Compoñentes

Bernardo Martínez: frauta travesa, frauta irlandesa, percusión.


Xoan Piñón: guitarra acústica, laúde, mandolina, dulcimer, clave.
Miro Casabella: voz, zanfoña, cítola.
Pedro Puértolas: violín.
Enrique Ferreira: violoncelo.

Técnico de gravación: José Vinader.


Estudios de gravación: Kirios (Madrid) Outono 1979.
Deseño carpeta: Alberto Carpo.
Foto portada e interior: Xoan Piñón.
Foto contraportada: Xurxo Lobato.

Temas

1. Festas de Loor. ( Afonso X El Sabio ).


2. Danza do Rosal. (Popular).
3. Danza das Espadas. (Popular).
4. La Pernette. (Anónimo francés).
5. Carballesa. (Popular).
6. Cantiga V. (Martín Codax).
7. Romance de Doña Eusenda. (Anónimo).
8. Cabalgata de Ribadavia. (Popular).
9. A Casadiña infiel .(Popular).
10. Cantiga II. (Martin Codax).
"Polaridade" (1984)
(Sociedad Fonográfica Asturiana, Ion Producciones).

Coa colaboración de Victor Manuel (voz e produción). Reeditado (2002) CD por Dos
Acordes SL. Cedida a edición de 500 exemplares a "Nunca Máis".

Contido

Polaridade é un disco clave na edición musical galega pois, por primeira vez,
se produce unha fusión entre a música tradicional e as formas de interpretación
contemporáneas (composición, improvisación en estudio....). Instrumentos eléctricos,
tradicionais e tecnoloxía dixital xúntanse para crear un son persoal que definirá a tendencia
da música galega nos anos vindeiros.

Arranxos e adaptación: Xoan Piñón e Carlos Castro.


Produción: Victor Manuel San José para a Sociedad Fonográfica Asturiana.
Dirección musical: Xoan Piñón, Carlos Castro.

Compoñentes

Carlos Castro: vibráfono, táboa india, percusión, sintetizadores e piano.


Xoan Piñón: guitarra acústica, guitarra eléctrica, laúde, mandolina e frauta sopranino.
Pepe Bordallo: baixo.
Javier Jurado: frauta travesa e soprano.

Colaboradores

Xaquín Blanco: gaita galega, bombarda e gaita de Northumberland.


Victor Manuel: Voz en "Baile de Pandeiras" por gentileza de Discos CBS.
Julio Blasco: contrabaixo.
Técnico de gravación: Jesús N. Gómez.
Estudios de gravación: Doublewtronics (Madrid) Outono 1984.
Corte de acetato dixital: Tim Young CBS (Londres).
Deseño carpeta e fotos: Xoan Piñón.

Temas

1. Viva Ramón. (Xoan Piñón). Arr.: Xoan Piñón.


2. Ce Fu en Mai. (medieval francés). Arr.: Carlos Castro.
3. Resa Med Lekaré. (Popular sueco). Arr.: Carlos Castro.
4. Cantiga XV. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
5. Canción dos Piratas. (Popular alemá). Arra.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
6. Danza de Marte. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Xoan Piñón, C. Castro.
7. Baile de Pandeiras. (Popular galego). Arr.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
8. Forcarey-122. (Popular galego, Afonso X) Arr.: X. Piñón, C. Castro.
9. Cantiga 77. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Xoan Piñón, Carlos Castro.
10. Brandle de Poitou. (Tradicional francés). Arr.: Carlos Castro.
11. Marcha de viandantes. (Cantigas de Sta. María). Arr.: Carlos Castro.

"Perfiles" (1986)
(Sociedad Fonográfica Asturiana, Ion Producciones).

Contido

Disco de fusión no que se mesturan distintos estilos: folk, jazz e contemporáneo.


Para a súa produción realizouse un gran traballo de investigación sobre formas sonoras e
adaptacións musicais.
Os temas populares constrúense sobre estruturas musicais pouco frecuentes na música
popular galega.
Compoñentes

Rubén Pérez: guitarras.


Manuel Varela: teclados.
Javier Jurado: frautas, bombarda.
Carlos Castro: vibráfono, percusións.
Pepe Bordallo: baixo.

Colaboradores

Amancio Prada canta "Maio" por xentileza de Discos Ariola.

Técnicos de gravación: René Coupaud, Pedro Bastarrica.


Estudos de gravación: FOLO (Gijón). Maio de 1986.
Fotos e deseño de carpeta: Xoan Piñón.
Produción: Doa para a Sociedad Fonográfica Asturiana.
Arranxos e adaptacións: Carlos Castro.

Temas

1. Vala
2. Perfiles
3. Calixto II
4. Cantiga 143
5. The Galtee Reel
6. Maio
7. O Tempo do Antroido
8. Allemande
9. Danza de Palos
10. Cantiga Provenzal
"Arboretum" (2002)
(Doa / Xingra).

Contido

Manifesto no que se identifica Galicia cun xardín botánico; como reserva biolóxica, social e
cultural dun país produtor dos elementos básicos para a vida.

Doa, tras unha paréntese no tempo na que se adica a compoñer na intimidade, presenta un
traballo distinto ao das correntes imperantes na música galega.
Cun corte neoclásico e uns arranxos moi elaborados, algúns temas dotan a este disco dunha
profundidade similar á da música de cámara.

Adopta como referencia literaria a obra de Uxío Novoneyra Os Eidos ; "Eiquí sempre foi bosque
..."e como referencia xeográfica a serra do Courel"

Compoñentes

Xaquín Blanco: gaitas galega e irlandesa, wisthle e percusión.


Xoan Piñón: guitarra acústica, laúde, mandolina, banjo e bouzouki.
Javier Ferreiro: percusión.
Nora McEvoy: violín.
Roberto Grandal: acordeón.
Alfonso Morán: contrabaixo.
Luciano Pérez: organistrum.
Xavier Cedrón: violín en "Ancello do silencio" e "O Cabalo do Souto".

Arranxos e adaptación: Xaquín Blanco, Xoan Piñón e Bernardo Martínez.


Dirección musical: Xaquín Blanco e Xoan Piñón.

Estudos de gavación: Bruar (A Coruña).


Técnicos de gravación: Javier Ferreiro, Xosé Puga e Nani García.
Mesturas: Nani García, Xosé Puga, Javier Ferreiro, Xoan Piñón e Xaquín Blanco.
Produción: Doa / Xingra.

"Eiquí sempre foi bosque..." do poema Devesa da Rogueira (Os Eidos) de Uxío Novoneyra.
Fotos e deseño do CD: Xoan Piñón.

O termo "Arboretum" de orixe latina tradúcese ao inglés como "Xardín botánico".

Temas

1. A Mariña. Xoan Piñón (Arr.: X. Piñón).


2. Camiñando polo tempo. Baseado en Afonso X. (Arr.: X Blanco, X.Piñón).
3. Ancello do silencio. Baseado en Afonso X. (Arr.: X. Blanco, X. Piñón) B. Mtínez).
4. Reviravoltas. Popular galego (Arr.: X.Blanco, X.Piñón, B.Martínez).
5. Como soños de nacre. Popular galego (Arr.: X. Blanco, X .Piñón, B. Martínez).
6. Intro Cascaxeira. Xoan Piñón (Arr.: X. Piñón).
7. Cascaxeira. Xoan Piñón (Arr.: X. Piñón).
8. Fonte espello da lúa. Popular galego (Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez).
9. Irei a Ribadavia. Popular galego (Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez).
10. Seadur. Xaquín Blanco (Arr.: X. Blanco, X. Piñón).
11. O cabalo do souto. Bernardo Martínez (Arr.: X. Blanco, X. Piñón, B. Martínez).
12. A xiga do Paddy. Popular irlandés (Arr.: X. Piñón, X. Blanco).
“A Fronda dos Cervos” (2006)
non editado en soportes comerciais

portada (2006)

Dende a súa particular visión, o grupo Doa recrea o mundo da literatura medieval
galego-portuguesa (Cantigas de amigo, de amor e de escanio e maldicir, as
Cantigas de Santa María e o Códice Calixtino); adaptando e compoñendo novas
melodías baseadas nas estruturas melódicas da música medieval galegopo-rtuguesa.

Este traballo foi desñado, gravado e masterizado despois da xira de concertos “Cantigalia”
DOA + Rosa Cedrón (2005) e non está editado en soportes comerciais.

Formación e gravación (2006)


Xaquín Blanco: gaitas, frautas e cromorno.
Bernardo Martínez: percusión, teclados.
Xoan Piñón: guitarra eléctrica, acústica e laúde.
Oscar Fernández: zanfona.

Colaboracións (versión 2006)


Voz solista: Rosa Cedrón
Voces: Leilía
Deseño gráfico: Miguel Pinheiro.
Gravación voces: Mare
Mesturas: Mare, DOA
“A Fronda dos Cervos” (2011)

Con limiar de Eva Veiga e un estudo crítico-literario de Federico Pérez,


o traballo é temático da lírica medieval galego-portuguesa (Cantigas de Santa María de
Alfonso X "O Sabio", Martín Códax e Códica Calixtino) incorpora 4 composicións orixinais
con textos dos trobeiros do século XII (Cantigas de amigo, de amor e de escanio e
maldicir).

Formación e gravación (2010)


Susana de Lorenzo: Voz
Xaquín Blanco: gaitas, frautas, cromorno e xafón
Bernardo Martínez: percusión, teclados.
Xoan Piñón: guitarra eléctrica, acústica e laúde.
Oscar Fernández: zanfona.

Produción musical: Bernardo Martínez


Estudo crítico literario: Federico Pérez.
Limiar: Eva Veiga.
Redacción de textos: Eva Veiga, Federico Pérez
Coordinación de textos: Susana de Lorenzo
Gravación voz: Pablo Barreiro
Mesturas e masterización: Suso Ramallo
Documentación: Guillermo Escrigas.
Producción excutiva: Nando Luaces
Fotografía: Xoan Piñón
Deseño gráfico: Revisión
Edición e distribución: FOL MUSICA
Contratación: info@culturaimperdible.com
Temas
1 VERDES HERBAS 03:38 Música : Bernardo Martínez. Texto : Pero Meogo
2 ESTES MEUS OLLOS 03:33 Baseado en Cantiga de Sta. María. Alfonso X O Sabio.
Texto : Johan Garcia de Guilhade
3 LEVOUSA FREMOSA 04:18 Música : Xoan Piñón. Texto : Pero Meogo
4 GRAN DEREIT 03:58 Baseado en Cantiga de Sta. María. Alfonso X O Sabio
5 PORQUE NO MUNDO MENGOU A VERDADE 03:17 Música : Xosé Quintas Canella.
Texto : Airas Nunes
6 CANTIGA II DE MARTÍN CÓDAX 05:05 Baseado en Cantiga 2 de Martín Códax
7 VODA MOZÁRABE 03:40 Baseado en Cantiga de Sta. María. Alfonso X O Sabio
8 SEDIAME EU NA ERMIDA DE SAN SIMON 03:47 Música : Xosé Quintas Canella.
Texto : Meendinho
9 O MAROOT 3:25 Baseado en Cantiga de Sta. María e un Lais (Cantiga de Escarnio e Maldizer)
10 SANCTI IACOBI 06:01 Baseado en Códice Calixtino

Arranxos : DOA

“The Beatles 50” disco solidario para “Médicos sin Fronteras”

En Xullo de 2010, Doa grava unha versión de “Across de Universe” para


“Médicos sin Fronteras”, unha iniciativa solidaria de “Acordes por la Paz”.
"Across the Universe" (John Lennon 1968), foi editada no No One's Gonna
Change Our World (1969) e despois no album de Let It Be "The Beatles" (1970).
O traballo, que leva o nome “50” e conmemora o aniversario da creación do mítico
grupo (1960-2010)
No proxecto xa rematado, participan 58 grupos e artistas, e consta de 3 CD`S,
O 4 de febreiro de 2008, a las 00:00 UTC, a NASA transmitíu "Across The Universe"
en dirección a estrela Polaris, que encóntrase a 431 anos luz da Terra

You might also like