You are on page 1of 3

Guía didáctica Mi General

María Miguélez Vila. 8/10/2010

MI GENERAL

GUÍA DIDÁCTICA PARA CURSO DE FORMADOR OCUPACIONAL

1-MOMENTO ÓPTIMO PARA A PROXECCIÓN: O curso de formador ocupacional


consta de catro unidades de competencia que coinciden coas funcións dun
formador: programar, impartir, avaliar e empeñarse na excelencia e a mellora
diaria da calidade no seu traballo. A segunda unidade de competencia, 9402, é a
que incide sobre a impartición de accións formativas: habilidades docentes,
utilización de médios didácticos, selección de metodoloxías para o fomento da
aprendizaxe autónoma por parte dos participantes e atención prioritaria ó grupo.
Esta atención está centrada en:

-Traballo en grupo.

-Formación toda a vida

-Aprendizaxe na edade adulta

-Estereotipos na aula

-Roles negativos e roles facilitadores

“Na película O meu xeneral, de Jaime de Armiñán, reflíctense sen contemplacións


todos os estereotipos dunha comunidade educativa. Un grupo de xenerais deben
recibir nun internado un curso de adestramento en novas estratexias e tecnoloxía
militar. Un problema: os profesores son moito máis novos e de inferior gradación.

O sentido de grupo, os roles de cada un deles, a relación cos profesores, co


director, co internado, converte os comportamentos dun grupo de adultos nun
reflexo estereotipado da academia. Podémonos atopar co chivato, o traveso, as
bromas de bo ou mal gusto e a desobediencia á autoridade; a aprendizaxe, que
comeza a ritmo de comedia finaliza en drama. É unha interesante película para
analizar as relacións da comunidade educativa a través da regresión á adolescencia
dun grupo de adultos. O guionista, levou ata o límite as condutas, co que permite
unha análise máis sinxela das mesmas.” ©Enrique Martínez-Salanova Sánchez

2-FICHA DA PELÍCULA

España. 1987. 110 min. Cor.

Director: Jaime de Armiñán.

Guión: Jaime de Armiñán, Fernando Fernán Gómez, Manuel Pilares.

1
Guía didáctica Mi General
María Miguélez Vila. 8/10/2010

Fotografía: Teo Escamilla.

Música: Jordi Doncos.

Intérpretes: Fernando Rey, Fernando Fernán Gómez, Héctor Alterio, Mónica


Randall, Rafael Alonso, José Luís López Vázquez, Joaquín Kremel, Alvaro de Luna,
Alfred Lucchetti, Joan Borrás, Juanjo Puigcorbé, Manuel Torremocha, Amparo Baró.

Sinopsis: Unha serie de xenerais de avanzada idade e diferentes corpos


profesionais ven obrigados a asistir a un curso de posta ao día tecnolóxica, que se
imparte de forma secreta nun parador recóndito. Os profesores son cinco novos
capitáns, pertencentes a unha xeración con outra mentalidade e formación, e os
xenerais atopan irritante recibir ordes e leccións de militares de rango inferior.

3-ACTIVIDADES

3.1-PREVIAS Ó VISIONADO DA PELÍCULA.

Observa a carátula da película.

• Que che dice o cartel sobre o contido da película?

• Que idea previa che aporta?

• Cres que vas disfrutar co film?

• O cartel amosa algunha pista sobre o papel da muller na cinta?

3.2-DURANTE A PROXECCIÓN

2
Guía didáctica Mi General
María Miguélez Vila. 8/10/2010

Tomade nota de todos os aspectos que explicamos nesta unidade de competencia e


que vos concretei nos primeiros párrafos para realizar as actividades que
proporemos ó rematar o film: os estereotipos que se dan na comunidade educativa,
os prexuízos cara á educación permanente, a adaptación a situacións estrañas, a
loita xeracional, os mecanismos de defensa, a volta a situacións de infancia, o
poder sobre os máis novos, a rebeldía contra o que ensina, etc.

3.3-DESPOIS DA PROXECCIÓN:

Recuperar a primeira actividade, cumpriu as túas espectativas?, que che pareceu o


film? Atopaches aspectos interesantes dende o punto de vista da túa labor de
formador?

CONTESTA AS SEGUINTES PREGUNTAS PARA UNHA POSTA EN COMÚN:

• Sinala as habilidades docentes que aparecen reflexadas na película. Podes


sinalar, a lo menos, algún aspecto que observaras que dificulte a
aprendizaxe dos alumnos?, e algún que o facilite? Houbo algunha actuación
dos docentes que fomentara aprendizaxes significativas nos alumnos?

• Reflexionando a cerca dos roles na aula, cales identificaches entre os


alumnos da película? E entre os profesores?

• A formación que está dirixida a alumnos adultos ten que ter en conta unha
serie de características que o fan diferente do resto das modalidades de
ensinanza. Viches algunha na película?

• Lembras a frase “¿Por qué me habrá tocado a mí este maldito curso?”


Observate a ti mesmo como formador, reflexiona sobre os aspectos
negativos desta profesión. Analízate friamente e intenta facer un análise
D.A.F.O. de ti mesmo ante a labor de formador. Sitúate ante un “maldito
curso” e sinala Debilidades, Amenazas, Fortalezas e Oportunidades que che
presenta esta labor.

GRAZAS POLA TÚA COLABORACIÓN. ESTE TIPO DE ACTIVIDADES NON TEÑEN


SENTIDO SEN COLABORACIÓN E APORTE DE IDEAS.

You might also like