You are on page 1of 3

GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do


Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F.,
para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción
solicitando que se prohiba o estacionamento nas rúas Rafael Dieste, Alexandre
Bóveda e Atalaia.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Na sesión ordinaria do Concello Pleno, celebrada o día 26 de xullo do ano 2007


debateuse e votouse unha moción presentada por este grupo que tiña a seguinte
redacción: “Que desde fai aproximadamente cinco anos, o actual Alcalde, fixo a
promesa de planificar o tráfico no Concello, pero comprobamos que na Atalaia,
e nas rúas Rafael Dieste e Alexandre Bóveda a diario está ocupado un carril da
estrada por vehículos, os cales invaden o 60% da vía, moitos se encontran
aparcados en zoa prohibida (bordo amarelo) e outros inclusive están encima das
beirarrúas, impedindo a circulación dos vehículos pesados e autobuses, así
como dificultando o paso do resto dos turismos e transeúntes. “

O goberno municipal daquela votou en contra de dita moción pero no turno de


explicación de voto o seu voceiro Sr. Lago Simil manifestou literalmente: “os
problemas do tráfico nesa zona como en outras son puntuais e temos que buscar
alternativas, non só con prohibicións se resolven”

Transcorrido desde aquela case tres anos entendemos que tiveron tempo de
abondo para estudiar e buscar tódalas alternativas posibles máis cando existen
peticións expresas de usuarios destas rúas que solicitan que se prohiba o
estacionamento. (Acompañamos sinaturas dos veciños pedindo seguridade para
as persoas e que se permita o tránsito dos automóbiles con folgura nestas vías).

É absolutamente necesario resolver as demandas veciñais en conformidade co


ordenamento xurídico, co fin de afianzar a seguridade e a fluidez do tráfico
rodado, e en prevención de que ocorran accidentes con ameaza para a integridade
física das persoas.

Tendo en conta o Código de Circulación. ARTIGO 29. Norma xeral.

Como norma xeral e moi especialmente nas curvas e cambios de rasante de


reducida visibilidade, os vehículos circularán en todas as vías obxecto da Lei pola
dereita e o máis cerca posible do borde da calzada.
ARTIGO 90. PARADA E ESTACIONAMENTO Lugares nos que debe efectuarse.

1. A parada ou estacionamento dun vehículo en vías interurbanas deberá


efectuarse sempre fora da calzada, no lado dereito da mesma e deixando
libre a parte transitable do arcén.

ARTIGO 91. Modo e forma de execución.

2. Se consideran paradas ou estacionamentos en lugares perigosos ou que


obstaculizan gravemente a circulación, os que constituían un risco ou obstáculo a
circulación nos seguintes supostos:

a. Cando a distancia entre o vehículo e o borde oposto da calzada ou unha


marca lonxitudinal sobre a mesma que indique prohibición de atravesala
sexa inferior a tres metros ou, en calquera caso, cando non permita o paso
doutros vehículos.

m. As paradas ou estacionamentos que, sen estar incluídos nos apartados


anteriores, constituían un perigo ou obstaculicen gravemente o tráfico de peóns,
vehículos ou animais.

3. Os supostos de paradas ou estacionamentos en lugares perigosos ou


obstaculizando gravemente a circulación teñen a consideración de infraccións
graves.

ARTIGO 93. Ordenanzas municipais.

1. O réxime de parada e estacionamento en vías urbanas regularase por


Ordenanza municipal, podendo adoptarse as medidas necesarias para evitar
o entorpecemento do tráfico.

2. En ningún caso poderán as ordenanzas municipais oporse, alterar,


desvirtuar ou inducir a confusión cos preceptos deste Regulamento.

Normas especiais de paradas e estacionamentos ARTIGO 94. Lugares


prohibidos.

a. Nas curvas e cambios de rasante de visibilidade reducida, nas súas proximidades


e nos túneles.

c. Nos carrís ou partes da vía reservados exclusivamente para a circulación ou para


o servicio de determinados usuarios.

Visto o que di o Código de Circulación, estamos ante unha clara vulneración do


mesmo por parte do Concello, colaborando ca súa permisividade en que os
usuarios cometan infraccións graves.

En caso de accidente grave con feridos, os implicados, poderían pedir


responsabilidades ao Concello por "permitir" estes aparcamentos, co gravame
económico para as arcas municipais que puidera ocasionar un suposto xuízo con
resultado favorable para a parte demandante.

As rúas Rafael Dieste, Alexandre Bóveda e Atalaia teñen bordelo amarelo,


curvas e rasantes e non hai espacio suficiente para aparcar e cruzarse dous
vehículos, e estamos a falar de vehículos pesados (que poden chegar a medir 2,50
m de anchura por exemplo, camións e tráiler) e que non teñen prohibido o paso.
Máis aínda, estas rúas exercen a modo de estrada de circunvalación e son paso
obrigado para camións que teñen que trasladar os productos para a elaboración
ou distribución das empresas radicadas na Baiuca.

É por iso, que solicitamos que o Pleno adopte os seguinte

ACORDO:

Que se prohiba o estacionamento nas rúas Rafael Dieste, Alexandre Bóveda e


Atalaia en concordancia co Código de Circulación e co fin último de garantir a
seguridade das persoas.

Pobra do Caramiñal, a 12 de abril de 2010.

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL.

You might also like