You are on page 1of 1

BLOQUE 3.

SÉCULOS XVI-XVII

Converso. Nos séculos XVI e XVII aplicábase aos musulmáns (mourisco) e xudeus (xudaizantes ou
xudeoconversos) que se convertían ao cristianismo, fora por convicción, ou obrigados polos Reis
Católicos. O aumento do número de conversos agravou o odio popular contra estes novos
cristiáns, acusados de manter en segredo a súa fe. Moitos deles foron vítimas do tribunal da
Inquisición.

Mourisco. Musulmán obrigado polos RR.CC. a converterse ao cristianismo a partir de 1502. A


conversión forzosa é o remate oficial da presenza musulmá na península, pero moitos
continuaron culto e costumes en segredo, foron expulsados de Granada cara outros territorios da
península en 1570 por Felipe II e definitivamente de Aragón e Valencia en 1609 por Felipe III
provocando unha crise demográfica e económica na Coroa de Aragón ao tratarse dun colectivo de
300000 persoas.

Xuntas do Reino de Galicia. creada no século XVI, actuaba como representante das sete
provincias de Galicia e, desde 1528, como representación do Reino de Galicia diante do monarca.
Formada por delegados dos concellos das cidades capitais das provincias non tiña poder de
decisión, podía enviar informes ou peticións ao rei e aprobaba tributos e ordenaba levas
militares cando o esixía o monarca. Convocábaas o monarca e estaban presididas polo Capitán
Xeral de Galicia.

Terzos. Unidade militar de infantería da época dos Austrias, creados por Carlos I actuaron nos
s.XVI e XVII e podemos consideralos o primeiro exército profesional estábe. Moi disciplinados na
batalla loitan en primeira liña de combate empregando armas brancas (picas, espadas) e de fogo
(arcabuces, mosquetes). Tiveron un gran protagonismo no norte de Europa, destacando os terzos
de Flandres.

Grande Armada. flota formada por Felipe II en 1588 para invadir Inglaterra durante a guerra
anglo-española (1585-1604) e destronar á raíña Isabel que era protestante e protexía aos
corsarios. A superioridade británica levou á expedición ao fracaso e tras a derrota, os ingleses
descualificárona como a armada invencible. Felipe II argumentou que o fracaso foi debido ás
condicións climatolóxicas.

Valido. favorito ao que o monarca outorgaba amplos poderes e a dirección do goberno. En


España, como noutros reinos europeos xeneralizouse no século XVII e moitos empregaron o
poder no seu propio beneficio. Entre os validos destacaron os duques de Lerma no reinado de
Felipe III, o Conde-duque de Olivares no de Felipe IV e Fernando de Valenzuela e o conde de
Oropesa no de Carlos II.

Unión de armas. Proxecto elaborado en 1625 polo valido de Felipe IV, o conde-duque de Olivares,
no que propoñía o reparto da carga militar e fiscal entre todos os reinos da Monarquía Hispánica
que ata entón recaía só sobre Castela. Crearíase un exército permanente con soldados aportados
por cada reino en función da súa poboación e riqueza. O proxecto fracasou pola forte da Coroa de
Aragón e Portugal.

You might also like