Professional Documents
Culture Documents
1.5 Cotas importantes nos vehículos de extinción de incendios forestais ......................... 13
5
6
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Racores. Son pezas metálicas deseñadas para efectuar de forma rápida a unión entre
mangueiras ou mangueiras e lanzas.
O TB (tipo Barcelona) normalizado é magnífico polo seu sistema simétrico de acoplamento
rápido sen ferramentas, as súas reducidas dimensións e a súa estanquidade polo deseño das
súas xuntas labiadas. Os diámetros libres interiores para o racorado de mangueiras de 25, 45, 70
mm de diámetro non deben ser inferiores a 20, 37 e 61 mm respectivamente. As tres patillas que
constitúen o seu depósito de suxeición teñen que soportar elevados empuxes na función das
presións de traballo.
Bifurcacións e derivacións. Materiais especiais que permiten facer ramificacións nos
tendidos de mangueiras para optimizar o uso destas.
Racores de conexión
7
Bifurcacións e derivacións
8
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
9
10
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Na operación do tendido haberá que evitar os rozamentos e arrastres que poidan deteriorar a
mangueira.
11
12
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
A recollida debe facerse enrolando os distintos tramos como se indica na figura seguinte.
13
14
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
15
Raio de xiro. Convén que sexa o máis reducido posible, co fin de que poida acometer
curvas cerradas e cambios de sentido en pistas forestais.
Altura libre. É a distancia entre o chan e a parte máis baixa do vehículo.
Vía e batalla.
16
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Pendente máxima superable. Polo xeral superan ramplas de ata 45º (100%).
Pendente transversal máxima. É a inclinación máxima que pode superar un vehículo.
Sobre un 55%.
17
18
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
É o peso total do vehículo illado que figure no catálogo descritivo e rexistrado polo organismo
correspondente para o vehículo tipo.
É o peso total do vehículo na orde de marcha, incluída a roda de recambio, calzos de rodas,
repostos e ferramentas regulamentarias, depósitos cheos de combustibles, lubrificantes e líquido
de refrixeración, pero sen condutor, sen persoal, sen produtos extintores e sen o material de
19
extinción ou movible, na que a súa carga ou descarga se poida realizar normalmente sen
emprego de ferramentas.
É o peso do vehículo carrozado na orde de marcha, máis a carga normalizada, e debe ser inferior
ao peso total autorizado.
Peso dispoñible
É a diferenza entre o peso máximo autorizado e o peso total real, que só pode ser autorizado
dentro dos límites de carga permitida por eixe.
Volume dispoñible
É o destinado ao material opcional en cada tipo de vehículo. O seu valor será o volume do
máximo paralelepípedo recto que poida situar.
1.7.2 Autobastidor
O autobastidor no caso dos nosos vehículos será do tipo todoterreo, con todos os eixes motrices.
Estará preparado de forma que a montaxe das instalacións contra incendios se poida facer sen
modificacións básicas no bastidor. Poderá admitirse a montaxe enriba do sobrechasis apoiando
sobre o bastidor, sen fixacións ríxidas.
20
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
1.7.3 Motor
Posta en marcha
A posta en marcha do motor para a tracción do vehículo non se poderá efectuar máis que dende
o posto do condutor na cabina. No seu caso, a posta en marcha para o accionamento da bomba
hidráulica ou outros aparellos dende o posto de mando destes, só será posible cando o vehículo
estea parado e convenientemente situado.
O sistema eléctrico do vehículo e motor deben permitir a posta en marcha sen dificultade, despois
de ter o vehículo durante 5 h como mínimo a temperaturas comprendidas entre 0ºC e –5ºC.
Que debemos facer para poñer en marcha o noso vehículo:
Primeiro terémonos que informar das características do camión:
Que sistema de caixa de cambios ten.
Se dispón de freo auxiliar.
Se dispón de bloqueo de diferenciais.
En que marcha funciona a bomba.
Co anterior exposto e aprendido, poñeremos o vehículo en marcha co freo de man ata conseguir
a presión dos calderóns adecuada (7 quilos). Posteriormente soltamos o freo de man e poñemos
a 1ª velocidade e arrancamos co selector de transfer en longas e posición de estrada.
Engraxamento
Como mínimo, o esquema do plan de engraxamento e o tipo de lubrificante para cada elemento
estará impreso na lingua oficial sobre a placa metálica e disposto na cara interior da porta
correspondente ao condutor.
21
Dirección
A transmisión do xiro do voante de dirección das rodas poderá ser por sistema de sirvoasistencia
e dispoñerase de forma que, aínda co motor parado ou en caso de fallo dos sistemas hidráulico
ou pneumático, se poida dirixir o vehículo con seguridade por medio de conexión mecánica,
aínda que requira maior esforzo manexar a dirección.
Toma de forza
Permitirá obter a potencia necesaria para o accionamento dos dispositivos que o precisen. Para o
accionamento, se é o caso, da bomba hidráulica ou aparellos, a conexión estará ao alcance do
condutor no seu posto e terá un indicador visual que sinale cando está acoplada.
Caixa transfer
Está situada na metade do chasis e mediante ela poderemos seleccionar diversos movementos:
Seleccionar tracción traseira
4x4
Longas
Curtas
Toma de forza para a bomba
Bloqueo lonxitudinal da árbore de transmisión
Para seleccionar calquera función das anteriores é de suma importancia que teñamos os
calderóns cheos de aire.
22
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Bloqueos
Os vehículos de última xeración dispoñen dun bloqueo no diferencial traseiro, outro no dianteiro
e outro lonxitudinal na caixa de transferencias.
O sistema de bloqueo soamente o utilizaremos cando teñamos perdas de tracción no vehículo;
activarase sempre co vehículo parado e pasando o selector de transfer a curtas. Nunca se debe
superar os 30 km/h cos bloqueos postos.
23
24
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Diferenciais
Compostos por:
Carcasa
Paliéres
Grupo. Composto á súa vez por coroa, piñón de ataque, satélites e planetarios
Freos
O freo de servizo pode ser de calquera sistema ou sistemas, pero será accionado a pedal e
actuará sobre as rodas.
No caso do sistema pneumático disporá dun circuíto independente por seguridade e, ademais de
todos os elementos necesarios para o seu funcionamento, levará un manómetro indicador
colocado no taboleiro de instrumentos que permita coñecer en todo momento a presión do
traballo, cun indicador luminoso que sinale a presión mínima que poida determinar situacións de
perigo.
A instalación terá aptitude como mínimo para parar o vehículo, cargado, en pista seca horizontal,
a unha velocidade de 30 km/h, en 9 metros, durante 6 veces consecutivas.
A eficacia da instalación será tal que permita arrincar con seguridade aos 15 seg. da posta en
marcha, despois de 12 h de inmobilización do vehículo.
O sistema de freo de aparcamento ou emerxencia será capaz de manter inmóbil de forma
permanente o vehículo, completamente cargado e aínda co motor en marcha, nunha rampla do
40%.
Os nosos vehículos empregan sistemas de freos de zapatas e tambor, accionados por un
sistema hidráulico con cilindros de freo ou por un sistema pneumático accionado por pulmóns. É
de suma importancia evitar o sobrequentamento destes, dado que as zapatas cristalizarían e
perderían a súa eficacia.
25
Normalmente estes vehículos dispoñen de freo auxiliar consistente nunha bolboreta no circuíto
de escape, cerrando o paso de gases ao exterior e provocando unha retención no motor.
26
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Depósito de combustible
O depósito de combustible deberá permitir, sen recargar, unha autonomía de 400 km por estrada
medianamente accidentada, ou o funcionamento da bomba durante 5 h.
Carrozaría
Terá unha disposición tal que non presente, en ningún do seus compoñentes, lugares onde
poidan quedar retidas a humidade ou concentracións de auga procedentes da chuvia ou
manobras hidráulicas.
No existirá ningunha superficie inaccesible ou que requira operacións complicadas de
desmontaxe para deixala ao descuberto para proceder a pintala co fin de conservala. Ningún
elemento impedirá a lectura e toma de calcas do número de bastidor e motor.
Cabina
Calefacción
A calefacción nos vehículos de cabina cerrada será suficiente para poñer o interior da cabina a
unha temperatura de 15ºC en 20 minutos de marcha, cando se circula a 40 km/h e hai unha
temperatura exterior de –5ºC.
Asentos
O espazo para o condutor debe ter unha anchura mínima de 800 mm, e o de cada acompañante,
de 450 mm.
27
A profundidade dos asentos, medida entre a vertical da parte inferior do respaldo e o bordo
dianteiro, estará comprendida entre 400 e 500 mm.
A altura libre comprendida entre o punto máis alto da superficie do asento e o teito da cabina, en
toda a vertical deste, non será inferior a 900 mm.
A distancia libre diante do respaldo do asento, medida a altura da banqueta, non será inferior a
800 mm.
Dispositivos de acceso
Existirán dispositivos para un fácil acceso á cabina e aos materiais situados nos armarios e
plataforma superior.
Cando existan chanzos encaixados, terán 120 mm de profundidade mínima, e, se é necesario,
complementaranse con agarradoiras, barras de apoio, etc.
As escaleiras distarán das superficies de apoio 180 mm como mínimo.
Armarios
1.7.4 Protección
Parachoques
Deben ser resistentes e superar polo menos 50 mm as verticais dos extremos dianteiro e traseiro,
e non ter ningún punto de contacto entre as chapas da carrozaría e os parachoques, que
deixarán un espazo libre de 50 mm como mínimo.
28
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
Pintura e revestimento
29
Baterías
Estarán situadas nun compartimento especial, fóra da cabina, ventilado e accesible, de forma que
as operacións de entretemento e verificación se poidan efectuar sen desconexión.
Existirá un desconectador de batería na cabina do condutor.
Luces
Sirena
O vehículo dotarase dunha sirena dun mínimo de 95 dB, medidos a 30 m por diante do vehículo.
30
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
As bombas utilizadas nos nosos camións son centrífugas, dunha ou varias etapas, accionadas
por rodete xiratorio, e poden ser de baixa presión ou presión combinada (baixa e alta presión).
Identificación da bomba
O tipo de bomba identifícase por unha clave de letras e números, que lidos de esquerda a dereita
teñen o seguinte significado:
1. B, que indica bomba contra incendios.
2. b ou c, que indica se a bomba é de baixa presión ou de presión combinada.
3. Un número indicativo do caudal nominal en baixa presión, dividido por 100 (Q/100 l/min.),
seguido por barra de separación.
4. Un número indicativo da altura de transporte nominal en baixa presión, dividido por 10 (H/10 m
de columna de auga). Con iso queda definido se é dos tipos b ou c.
5. Guión de separación-
6. Un número indicativo do caudal nominal en alta presión, dividido por 100 (Q/100 l/min.),
seguido por barra de separación.
7. Un número indicativo da altura de transporte nominal en alta presión, dividido por 10 (H/10 m
de columna de auga).
As ditas medidas tomaranse nas bombas de presión combinada e traballarase exclusivamente en
baixa ou en alta presión.
31
Accionamento da bomba.
1. Descrición. Faise polo propio motor mediante toma de forza.
2. Multiplicador. Encóntrase entre a toma de forza e a bomba.
3. Posibilidades de utilización. O vehículo pode lanzar auga parado e en marcha.
A.- Aspiración
A aspiración dende o exterior faise mediante unha entrada racorada con tapa e cadea, que debe
estar inclinada cara a abaixo para facilitar a manobra de conexión do mangote.
Forma correcta de realizar a aspiración da auga:
1. Móntase o tendido de aspiración e colócase a alcachofa ben somerxida.
2. Compróbase que estean todas as billas ben pechadas.
3. Dende a cabina do camión conéctase a toma de forza e a marcha correspondente, segundo
modelo.
32
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
4. Dende a parte traseira do camión compróbase que o cebador estivo en marcha e está xirando,
e, en caso de ser eléctrico, tirar do mando para accionalo.
5. Acciónase suavemente o acelerador manual ata conseguir a lectura do manovacuómetro. Esta
non debe pasar de 0,7 bares.
6. Abrimos a chave de enchido da cisterna pouco a pouco.
7. Cando empece a saír auga da cisterna por debaixo desta, desaceleramos e pechamos
suavemente a chave de enchido da cisterna, posteriormente recollemos os mangotes de
aspiración.
O cebado máis común é o cebado por anel de auga. A bomba leva incorporado un sistema de
cebado automático destinado a realizar o baleiro do conduto de aspiración; para iso dispón dun
rodete adicional de cebado no interior dunha carcasa excéntrica, na que polo sistema de anel da
auga se produce o baleiro. Algúns modelos levan unha bomba de aspiración eléctrica.
Tipos de cebados existentes:
o Bomba de cebado con depósito autocebante.
o Bomba de cebado con carga manual.
o Motor cebador eléctrico.
o Sistema de membranas (tipo Ziegler).
B.- Impulsión
O deseño da bomba non sempre consegue alcanzar a presión adecuada de traballo, xa que a
que proporciona é función do réxime de xiro. Para conseguir presións elevadas precisaríase
construír bombas de gran tamaño, por este motivo os nosos equipos utilizan o encadeamento de
corpos de bomba, e chámanselles bombas de etapa.
33
34
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
1. Despois do uso:
Limpar a conexión do racor de aspiración.
Recircular auga limpa se se empregou auga salgada ou sucia.
2. Semanalmente:
Comprobar o nivel de aceite do cárter da bomba.
35
Os datos desta táboa son orientativos e van depender do tipo de vehículo autobomba sobre o
que instalen as bombas.
36
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
37
4.1 Cisterna
Será resistente á corrosión interior e non alterará as propiedades da auga transportada.
Para reducir o movemento do vehículo no interior da cisterna e limitar os efectos dinámicos sobre
o vehículo, disporase de tabiques separadores nas condicións seguintes:
Un ou máis, perpendiculares ao eixe do vehículo, e un ou máis, paralelos ao eixe do vehículo. De
tal forma que o peso do líquido en cada compartimento sexa inferior á sexta parte do peso total
real e en ningún caso superior a 1000 kg.
Estes separadores serán fixos e a súa superficie será como mínimo o 85% da sección da cisterna
formada por estes. Deben estar a unha altura da base da cisterna duns 30 cm aproximadamente
e a unha distancia semellante do teito, todo iso para permitir a comunicación da auga na cisterna.
Os pasos inferiores permitirán o baleirado do tanque para alimentar a bomba o seu caudal
nominal.
Cada cisterna deberá ser totalmente rexistrable e posuír unha boca de home para inspección, de
dimensións netas mínimas 450 mm x 350 mm para sección rectangular, ou 450 mm de diámetro,
para sección circular. Esta boca ten unha tapa desmontable que cerra a presión.
Para o enchido da cisterna, disporase de dúas bocas de enchido de 70 mm de diámetro, unha a
cada lado, con órgano de peche rápido, enlace e tapón retido por cadea.
Disporase para o eventual enchido, na parte superior, dun orificio de 150 mm de diámetro, que
pode non existir se un furado de home fai as súas funcións; en ambos os dous casos irán
provistos de tapas de peche rápido.
38
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
O revertedoiro estará situado sensiblemente no centro da cuba para limitar as perdas de auga en
marcha, e terá un conduto de 100 mm de diámetro, como mínimo, que desembocará debaixo do
chasis, detrás do eixe posterior.
Para controlar o grao de enchido da cisterna disporase dun nivel facilmente visible dende o posto
de manobra da bomba.
Estas cisternas levan na súa parte inferior unha válvula de drenaxe de 1”(polgada). Na parte
traseira levan unha válvula de carga de 1” ou 2”, segundo o modelo, e unha válvula de descarga
(de 4” normalmente).
Na parte traseira da cisterna van colocados a bomba e o cadro de mandos.
39
40
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
41
42
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
43
Formas de traballar:
A.- Traballar sobre combustibles de pouca profundidade.
A extinción será case paralela ao fronte das lapas e o ángulo de aplicación será case horizontal.
B.- Traballar sobre combustibles de profundidade.
A extinción será perpendicular ao fronte das lapas e o ángulo de aplicación case perpendicular e
a chorro cheo.
44
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
45
46
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
47
48
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
1 11
2 12
3 13
4 14
5 15
6 16
7 17
8 18
9 19
10 20
21
49
50
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
51
52
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
53
54
FUNCIONALIDADE E OPERATIVIDADE DOS VEHÍCULOS AUTOBOMBA NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS
55
.
FONDO SOCIAL EUROPEO
“O FSE inviste no teu futuro”
UNIÓN EUROPEA