You are on page 1of 4

Templo da Magdalena. París.

Obra. Templo da Magdalena. Estilo. Neoclásico. 1789-185.

Autor. Alexandre Pierre Vignon. Material. Pedra.

Contexto histórico.

A caída do Antigo Réxime francés en 1789 foi o resultado da longa oposición das
clases medias e populares a un sistema político-social dominado pola aristocracia.

De forma paralela a arte aristocrática, é dicir, o estilo rococó, tamén fora contestado
e Diderot atacaba duramente a pintura de Boucher recomendando nos gabinetes e
despachos a serenidade da arte antiga.

Unha serie de circunstancias van permitir este redescubrimento da Antigüidade


clásica, gracias ao desenvolvemento das escavacións, descóbrense Pompeia e
Herculano. Tamén é destacable a presenza de tratados sobre os que se basea a arte
neoclásica.
Coas academias desaparecen os gremios, agora son os virtuosos os que forman aos
artistas. A primeira academia en España é a de San Fernando, tamén hai que destacar
a de San Luís en Zaragoza e a de San Carlos en Valencia.

Aparecen as Sociedades Económicas Amigos do País, con orixe no País Vasco. As


primeiras en Galicia son as de Lugo e Santiago, estas sociedades crean escolas de
debuxo.

O cansancio e o esgotamento das formas decorativas do rococó sen apenas


trascendencia nos exteriores, cuxos trazados se repiten dende longo tempo, produce
unha crise estética, cuxas saídas eran ou o esforzo de crear un novo estilo ou ben
confiar na exemplaridade do pasado e imitar a antigüidade clásica, que os
arqueólogos estan redescubrindo que tiña a serenidade necesaria para que a vista e o
espírito descansaran de máis dun século de inquietante dislocación de formas.

Estes plantexamentos artísticos, en principio dotarán dunha posibilidadede


alternativa estética, dunha linguaxe plástica, aos revolucionarios empeñados na
supresión de todo resto de Antigo Réxime e, por iso, das creacións artísticas do
acabado período histórico. Os representantes da Revolución ven no Neoclasicismo a
derrota da aristocracia a arte neoclásica prolongarase ata o período napoleónico.

O epicentro do novo movemento é Francia, pero as súas consecuencias abarcarán


todo o mapa europeo, afectando tanto á arquitectura como ás outras artes figurativas,
pintura e escultura.

Hai que destacar os seguintes períodos:

-Preneoclásico: 1763-1789. Moi influenciado polo barroco.

-Período clásico. 1790-1815. Época imperial en Francia. En España coñécese


como períodoAcadémico.

-Período Postneoclásico. 1815-1830. Coñecido como clasicismo romántico.


Análise.

Atopámonos un templo sobre un pódium con columnas de fuste liso, base ática e
capiteis corintios. O entaboamento mostra unha arquitrabe e friso corridos.

É un templo períptero, é dicir, está rodeado de columnas polas catro fachadas cunhas
maxestosas columnas corintias de 20 metros de altura. Inspirouse na Maison Carrée
de Nimes. E no templo de Neptuno en Roma, xa que é unha obra digna dun
emperador. É octástilo, ten oito columnas na súa fronte. Domina a referencia ás
ordes clásicas máis ornamentais, é dicir(,) a orde corintia.

O interior é unha gran sala termal abovedada e cuberta con tres bóvedas
semiesféricas. Ábrense lucernarios cenitais, destaca o uso da columna fronte ao piar.
A cúpula aséntase sobre pendentes que remiten á arte bizantina.

Comentario.

A contribución máis importante á arquitectura sacra realizada baixo o imperio de


Napoleón foi a Igrexa da Magdalena.

Despois de que o proxecto de Contant d´lvry de 1761 quedase paralizado nada máis
comezar e pensase en construír a Bolsa nese lugar en 1807, no momento álxido do
mandato de Napoleón, convocouse un concurso para crear un templo de
glorificación da Grande Armée. Porén, non se encargou a construción dese
monumento nacional ao gañador, Claudé-Étienne de Beaumont, senón a Pierre-
Alexandre Vignon (1763-1828), un alumno de Claude que contaba co favor do
emperador.

Tras as derrotas militares que sufriu o imperio, en 1813, volveuse á idea orixinal de
construír unha igrexa, ata o ano 1840 non finalizou a laboriosa construción, que se
converteu, deste modo, nun monumento da época da Restauración.

Dito edificio concibiuse de acordo ao desexo de Napoleón, como un maxestoso


templo períptero corintio, cuxo frontispicio situado sobre un podium e de grande
importancia urbanística, domina o eixe da Rue Royale, entre os edificios construídos
por Gabriel na praza da Concordia.

O interior que Jacques-Marie Huvé completou con algúns cambios e que presenta
incrustacións de mármore de cores, recorda ás salas termais romanas debido ás súas
tres cúpulas sobre pendentes aliñadas e as súas columnas.

A unión entre o sistema ornamental de orde clásica e a estrutura do edificio denota o


espírito co que o neoclasicismo retomou a tradición arquitectónica das antigas
construcións gregas e romanas. O obxectivo a pesar das divagacións estéticas e
teóricas da arte e a crítica barrocas, responde sobre todo ao interese arqueolóxico,
máis que innovador.

O templo grego brindaba o exemplo perfecto desta unidade entre construción, forma
e decorado. Construída por diversos arquitectos a igrexa da Madalena non recorda ás
formas típicas dun espazo cristián, senón máis ben a unha gran caixa maxestosa
envolta por un columnario cuxa principal virtude é a vistosidade e unha suntuosa
aparatosidade.

O resultado é unha obra que se parece máis a un templo clásico que a unha igrexa
cristiá, non obstante a pesar da súa planta rectangular, no interior hai moita
amplitude e fórmase unha cruz co seu propio cruceiro.

You might also like