You are on page 1of 3

Historia das Relixións.

1.Introdución.

As crenzas relixiosas son unha resposta ás grandes preguntas e interrogantes que nos
facemos sobre a nosa orixe. Quén son?, de onde vimos?...Estas preguntas xorden
polo afán de busca e porque temos capacidade de preguntarnos e interrogarnos polas
cousas. O ser humano buscou respostas a estas preguntas, a busca de respostas fixo
atopar o Misterio, a Deus. Os ritos, símbolos relixiosos… o xurdir das relixións.

2.A relixión na Prehistoria.

A prehistoria é o período entre a aparición dos primeiros homínidos ata que temos
constancia da existencia de documentos escritos, algo que sucede en Oriente
Próximo en torno ao 3300 a.C.

Etapas da Prehistoria:

Paleolítico. Etapa máis antiga. Época dos cazadores-Recolectores.

Neolítico. Etapa na que xorde a agricultura.

Entre estas dúas etapas está o Mesolítico.

Os restos arqueolóxicos atopados confirman que os primeiros homes tiñan crenzas


relixiosas. Para eles as forzas da natureza eran importantes, condicionaban a súa vida
e creían que os deuses atopábanse nos elementos naturais, buscaban a protección da
divinidade para tela preto e que os axudara; pídenlle éxito na caza, fertilidade da
terra… Como exemplo hai que destacar as pinturas rupestres, como as Covas de
Altamira, ou imaxes como a Venus de Willendorf.

Culto aos mortos: os homes da prehistoria enterran aos seus mortos directamente na
terra ou en ánforas de barro. Introducen nos enterramentos instrumentos de caza,
semillas… o culto aos mortos implica pensamento simbólico. Cabe destacar os
Cromlech, Menhires, dolmes, taulas, navetas…
Tema 2.Primeiras civilizacións.

-Mesopotamia.

É unha zona comprendida entre os vales dos ríos Tigris e Eufrates, no Oriente
Medio.

Cultivaban a terra e aproveitaban as terras féritiles, usando técnicas de cultivo que


producen excendes, cos que comercializan, o que fai que apareza unha sociedade
urbana. Prodúcese unha especialización nos traballos que se dan na cidade: artesanal,
administrativa que axuda ao rei (Ensi) a gobernar o territorio, militar… as cidades
máis coñecidas son Lagash, Ur, Uruk, están rodeados de murallas e constan de
terreos cultivados e drenados. Aparece a escritura cuneiforme.

Na sociedade distínguense tres grupos:

Os Awilum: cidadáns que ocupan o lugar máis elevado na escala social.

Os Mushkenum: servos, homes libres.

Os escravos ou Wardu.

A relixión: nos templos de Oriente Medio, elaborouse unha concepción do mundo e


da vida relixiosa. Partían de que os fenómenos naturais eran un misterio para home e
a súa explicación era cousa dos deuses, encargados de dirixir a vida humana.

Eran politeístas (cren en varios deuses), estes deuses eran animistas (estaban
relacionados con elementos da natureza). Eran representados como personas e tiñan
deseos e necesidades como as personas, pero eran inmortais e poderosos. A actitude
dos homes ante os deuses era de temor.

Entre os deuses destacan:

Marduk, deus creador. Anu, ceo. Ki, terra. Enil, aire.

Nanna ou Sin, lúa. Utu, sol. Ea, mar. Enki, augas.

Isthar, fecundidade.

O templo: é o centro económico, político e relixioso, non so lugar de culto, era


tamén un gran centro productor e adminisrativo. Recibe o nome de Zigurat, tiña
grandes propiedades de terras cultivables.

You might also like