You are on page 1of 1

O poema

Cada unha da liñas dun poema chámase verso.

Unha estrofa é un grupo de versos.

Dous versos riman cando as súas últimas palabras acaban con sons iguais ou semellantes a partir da
vogal tónica.

Rima consoante coincide todo, a partir da vogal tónica. Ex: labregos- trafegos.
Rima asonante coinciden só as vogais. Ex: lapis – cáliz.

Escribir unha poesía


Cando queiras facer un poema:

1º Tes que pensar en varias palabras que rimen e que estean relacionadas co tema do que vai a tratar o
poema.

2º Logo pensamos o verso completo, colocando a palabra que rima ao final do verso.

3º O poema debe explicar algo, contar algo, etc. Non consiste en poñer palabras que rimen sen que
exista unha boa relación temática entre elas.

4º Recorda que os versos son liñas curtas. Pero non os fagas demasiado curtos, é dicir, mellor máis de 2
ou tres palabras.
GALICIA
Verso Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten 20 versos e 5estrofas. Cada estrofa ten 4 versos.
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballos, Estrofa
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai


velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:


a terra, o mar, o vento...
¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:


a xente e mais a fala
¡Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala MANUEL MARÍA "Os soños na gaiola"

You might also like