You are on page 1of 1

Describir unha persoa

Para describir unha persoa hai que explicar o seu:


- Aspecto físico : A idade, como ten: o cabelo, os ollos, o nariz, a boca, as orellas, as cellas, dentes, barba o
corpo, etc e como vai vestida.
- e o seu Carácter, isto é, a forma de ser e as afeccións, o aspecto persoal.

Exemplo: Aspecto físico Forma de ser


Nadia acaba de facer nove anos. É loura, ten os ollos grises e redondos. Ten o nariz
requichado e a boca pequena. Gústalle vestir vaqueiros e xerseis de colo alto. É tranquila,
simpática e encántalle facer bromas. Ademais do baloncesto, a súa outra afección son os
crebacabezas
Afeccións
Para inventar un conto debes saber describir os seus personaxes.

Como describir un personaxe inventado?


Pasos para describir un personaxe:

1º Pensa as características que mais che gusten de ti e doutras persoas. Úneas para formar un novo
personaxe.

2º Fai unha lista das súas características:


- Características físicas: Como é a súa cara ?, o seu corpo? Cal é a súa idade? Podes esaxerar
as súas características para que sexa máis divertido.
- Personalidade: O teu personaxe é amable ou enfádase con facilidade? Decide cómo actúa en
diferentes situacións.
- Afeccións e roupa: Que lle gusta ao teu personaxe? Tocar un instrumento, facer senderismo,
observar as estrelas, facer deporte, resolver misterios, axudar aos demais, etc. Pensa na súa actividade
favorita e vísteo de maneira axeitada.
- Habilidades especiais: Que pode facer o teu personaxe que non podas facer ti? No mundo
fantástico todo está permitido( facer aparecer unha cidade, voar a outro pais, ser invisible, etc).
Aprovéitao!

3º Repasa a lista das características que pensaches no paso anterior. Despois redacta a descrición,
buscando as palabras máis axeitadas. Non repitas palabras, utiliza sinónimos e pon puntos ao finalizar
cada oración.

4º Para rematar, le a descrición e corrixe os erros que poidas ter antes de presentar o teu traballo.
Se tes algunha dúbida non dubides en usar o dicionario.

You might also like