You are on page 1of 1

Esquema para a descrición de persoas

1. Introdución: En primeiro lugar, conta a relación que te une a esta persoa


(un amigo, o teu padre, a túa parella, a túa irmá, un descoñecido, un
personaxe famoso...). Tamén podes engadir o porqué da túa elección (por
que escollo describir a esta persoa, por que é importante para min...).

2. Trazos físicos: Como é por fóra? Cales son os seus trazos físicos máis
rechamantes? Neste apartado é importante que empeces a describir á
persoa de arriba a abaixo (cabelo, ollos, nariz, boca, dentes, etc.) Fala do seu
pelo, dos seus ollos e dalgunha outra característica física que resulte
relevante (se ten pencas, se leva gafas, se ten a pel moi clara...). Tamén
podes contar como é a forma da súa cara, cal é a súa complexión corporal e
como é a súa forma de vestir. De todos modos, non deas demasiados datos
porque pode saírche un exercicio demasiado longo e pesado de ler e/ou
escoitar.

3. Trazos psicolóxicos: Dedica este parágrafo a falar sobre o carácter e a


personalidade da persoa que describes. Podes mencionar se é unha persoa
extravertida e sociable ou se, pola contrario, es tímida e introvertida; se lle
gustan as bromas ou é seria; se é estudosa ou non...

4. Gustos e afeccións: Que lle gusta facer? A que dedica o seu tempo libre?
Cales son os seus proxectos para o futuro?

5. Conclusión: Acaba a túa descrición falando novamente da túa relación coa


persoa descrita e podes contar que opinas dela, por que che gusta, como te
sentes cando estades xuntos...

You might also like