You are on page 1of 88

Ficha 0: O Eixo de Pioneir@s

Nome:

Equipo:

Grupo:

Xeiras:

2
3
Eixes.m. 1. Barra de madeira ou doutro material,
sobre a que viran as rodas dun vehículo ou outras
pezas xiratorias. O eixe do carro é de carballo. O
eixe da dirección dun automóbil. 2. Liña imaxinaria
arredor da que xira algo. Eixe da Terra. 3. fig. Punto
central ó redor do que se moven ou desenvolven
diversas cousas. Foi o eixe da reunión. Os partidos
son o eixe da política. CF. centro, núcleo. Tamén se
di eixo.
Ou sexa, darlle voltas as cousas para que saian ben. hehe

A Coruña a 3 de abril de 2011

4
Introducción:

Agora que comezas a etapa de Pioneiros @ nen@ que eras se convertiu


xa en moz@. Entraches de cheo na seguinte fase da túa vida e tanto
o teu corpo como a túa mente te indican que xa es adult@, agora
o teu barco partiu do porto, e se dirixe cara Ítaca (Busca o Poema
“Ítaca” de Konstantino Kavafis) coas velas totalmente enchidas polo
vento que lle ofrecen os teus pensamentos, as túas ganas, os teus
desexos, soños, actitudes, decisións, … pero a travesía non parece
sinxela posto que nela podes atoparte cos medos, a vagancia, as
tristezas, o desánimo, … todavía te queda moito por aprender
para desfrutar da viaxe e estar preparad@ para os contratempos e
axudar os demais. Segundo a decisión que tomes podes aportar
ou deixar que te leve a corrente.
Nesta etapa darás un grande empurrón a túa personalidade,
decidindo se te convertirás nunha Persoa Nova, e te irás preparando
para facerte un sitio na sociedade, así, interactuando con ela
chegaras a aportar o teu grao de area para como dicía B.P. “deixar
o mundo en mellores condicións de cómo o atopáchedes”.
Este “Eixo” non é un remedio máxico de nada, nin algo a seguir
cegamente, só son unhas verbas e ref lexión que nos gusta
compartir contigo. Como dixo William Ernest Henley “Son o amo do
meu destiño, son o capitán da miña alma” (se queres podes buscar
algo máis deste autor). Aproveita esta nova etapa que comezas, xa
que ti es quen debes decidir o que queres, o que te interesa, … e
como adult@ e bo scout, asume as consecuencias que veñan das
túas decisións.
Escoita os folgos e resposta o que ti sabes: Pioneiros!
Pioneiros!!
Pioneiros!!!

Sempre Dispostos!!!!
A Coruña a 13 de novembro de 2010

5
Como son eu?
“Coñécete a ti mesmo”
Temet nosce
O primeiro que debemos ter en conta é como somos.

Para conseguir ter unha Personalidade Auténtica primeiro debemos


coñecernos. O primeiro para avanzar é buscar o punto de partida o
inicio de pista, e tras del facer o camino.

Te propoñemos o seguinte, en primeiro lugar dalle esta silueta os


teus compañeiros de unidade (se queres podes darllela a amigos de
clase, pais, a quen ti queiras…) para que poñan palabras ou frases
curtas que crean que te definen como persoa. En segundo lugar
e sen miralas fai ti o mesmo coa outra figura, e pon o que ti cres
que te define a ti. O terceiro paso será analizar toda a información e
decidir en que te queres convertir, que tes que mellorar,
en ver se vas polo bo camiño, …

6
7
8
SOÑEI
Soñei que un día as persoas lembrarán
e comprenderán dunha vez que foron
feitas para vivir xuntas e como irmás.

Soñei que un día cada persoa negra


deste país, cada persoa de cor de
calquera parte do mundo, será xulgada Soñei que un día non haberá máis
pola súa valía e non pola súa cor de pel guerras, os homes das súas espadas
e que todas as persoas respectarán a farán arados e das súas lanzas fouces,
dignidade de cada humano. e as nacións xa non se levantarán
nunca una contra outra, e deixarán de
Soñei que un día os ventres baleiros facerse a guerra.
encheranse, a fraternidade será algo
máis que unhas palabras bonitas Soñei que un día xogarán xuntos
para terminar a homilía, a fraternidade o cordeiro e o león, as persoas
será o tema principal da orde do día descansarán tranquilas baixo a parra
dos gobernos. e a figueira e ninguén nunca volverá
ter medo.
Soñei que un día a xustiza brotará
como a auga e a honradez como Soñei tamén, que, grazas a esta
un torrente. fe, venceremos as tentacións de
desesperanza e acenderemos unha luz
Soñei que un día en todas as esferas nova sobre as tebras do pesimismo.
do estado e de todos os municipios
entrarán os cidadáns elixidos que nos
farán xustiza, apreciarán a piedade
e camiñarán humildemente polos
camiños do seu Deus. MARTIN LUTHER KING
9
MARTIN
LUTHER
KING Quen era?
Que podes averiguar del?

Este texto –escrito fai máis de 4


décadas– ata ben pouco tempo
seguía estando de actualidade
xa que incidía nun problema
Mundial e da nosa sociedade en
particular. Este texto segue a ser
moi interesante, e a pesar de que
no eido dos dereitos humanos
e da xente de cor se avanzou
moito, como sociedade nos queda
moito por madurar e camiñar. Sen
esquencer este tema, cal pensas ti
que é o maior problema da nosa
sociedade (tamén se podería
facer cos problemas da nosa
cidade, barrio, unidade, …)? Sería
interesante atopar un personaxe ou
un texto que fose máis actual e que
nos faga ref lexionar; cal porías?

10
San
E porque poñemos aquí a San Paulo e non por exemplo a San Xurxo?
O modelo de persoa no que os Pioneiros nos miramos é o Home
Novo do que falou San Paulo nas súas cartas: Morreu o “home vello”
(Rm 6,6.11; Flp 3,10). Nace o “home novo” (2Cor 5,17; Gal 5,1).
Escribiu 13 cartas que constitúen a correspondencia máis célebre
de todas as épocas. Son, cronolóxicamente falando, os primeiros
escritos do Novo testamento e están dirixidas ás comunidades de
xentís, pagáns convertidos pola súa predicación. Nelas lles motiva,
guíalles na fe e ensina sobre ética e doutrina.
Aquí te puxemos unha pequena biografía desta personaxe, pero
nos preguntamos se antes de seguir lendo serías capaz de atopar
quen foi este Santo e que din as súas cartas.
Pablo naceu nunha familia xudea acomodada, da tribo de Benxamín,
en Tarso de Cilicia (hoxe Turquía). O seu nome semítico era Saulo.
Non se sabe cando comezou a chamarse co nome latino de Pablo.
Por ser Tarso unha cidade grega, gozou de cidadanía romana. A
data do seu nacemento no está clara pero se calcula que Xesús
sería só uns 10 anos maior que el.
Aínda que criado nunha ortodoxia rigorosa, mentres vivía no seu
fogar de Tarso estivo baixo a inf luencia liberal dos helenistas, é
decir da cultura grega que nese tempo penetrara en todos os niveis
da sociedade na Asia Menor. Formouse nas tradicións e culturas
judaicas, romanas e griegas.
En código de espías: Todo comezou en Roma o día un de xaneiro
do ano 17 … (como estamos o principio do Eixo esta vai fácil, pero
as seguintes xa veremos)

11
Queres ser unha Persoa Nova
(Home Novo ou Muller Nova)

Pois para saber se queres selo en primeiro lugar


debes entender que significa.
A Persoa Nova é íntegra, sen medo a dar o seu
punto de vista e a defendelo, responsable, que
asuma as consecuencias positivas ou negativas
dos seus actos, comprometido coa transformación
do mundo, que pensa nos demais, sen prexuízos,
que demostre o amor cara os demais como Cristo
nos ensinou, digno da confianza que sexa posta nel,
educado, que faga como mínimo a súa boa acción
diaria, respetuoso consigo mesmo, cos demais e
a natureza, … Visto así nos podería parecer que
somos demasiado fachendosos crendo que alguén
pode alcanzar todas estas características, máis isto
sería un erro e non debemos confundir a fachenda
coa intención de facer as cousas do mellor xeito
posible. Cando fagas algo faino o 100%. Yoda dixo
algo parecido, que foi? …
Para explicar un pouco máis o que significa ser
unha Persoa Nova e así ofrecerte a posibilidade de
decidir se queres selo, imos empregar 7 adxectivos
calificativos que son: Libre, Crítico, Aberto,
Auténtico, Comprometido, Solidario e Que Ama, os
cales imos definir un pouco máis:

12
1. A persoa LIBRE se esforza en non ser esclavo dos
condicionamentos persoais: ignorancia, alcohol, drogas,
sexo, falsedade, … e dos condicionamentos da sociedade:
snobismo, consumo, éxito, moda, diñeiro, tecnoloxía …
2. A persoa CRÍTICA pon en discusión as súas propias ideas e as
dos outros, para saber avaliarse, para coñecer a sociedade,
o seu funcionamento e os obstáculos que se opoñen a súa
transformación. Ser crítico non significa criticar.
3. A persoa ABERTA se esforza por comprender a realidade do
mundo e a súa evolución, para coñecer e avaliar a obra de
Deus e dos homes; por saber tamén comprender ós outros e
dialogar con eles.
4. A persoa AUTÉNTICA, se coñece e se acepta a si mesma,
busca constantemente a verdade e se esforza por actuar de
acordo coas súas propias ideas.
5. A persoa COMPROMETIDA se esixe e se esforza para actuar
e traballar dentro do mundo de hoxe con autenticidade.
6. A persoa SOLIDARIA se esforza por coñecer, vivir e pensar
nos outros, confiando nas súas posibilidades e aceptando as
súas limitacións; é comprometida e colabora coas demais
persoas que participan e traballan na construcción do
mundo.
7. Cremos nesto e na persoa que, AMANDO, atopa o sentido da
vida. Que cre no AMOR como punto de encontro. O AMOR
o implusa a participar con esperanza na transformación do
mundo. E este AMOR é signo de salvación: “O AMOR ven
de DEUS e calquera que AME é nado de DEUS e coñece a
DEUS”. Carta de San Paulo 1 Juan 4:7-11
Que texto, personaxe, canción, … podes poñer de exemplo para
estas características?
Logo de miralos a ver se podes completar o pequeno xogo que
puxemos o final e que chamamos “Enlázaos”

13
Os Equipos e a Unidade Porque o título é este e non o revés?, pois ben fácil é.
Nos grupos scouts as estruturas máis importantes
son os pequenos grupos, en Lobecos se perfila a súa
importancia aínda que se lle da un énfase especial á
unidade, A MANADA, a cal se divide en Seisenas para
facer algúns traballos, pero moitos dos rapaces pequenos
aínda non ven a importancia dos cargos e as Seisenas
non teñen tanta relevancia para a boa marcha da Manada
que verdadeiramente traballa nun gran equipo.

Nembargantes en Rangers a idea das Patrullas é


fundamental sendo elas as que forman unha Unidade,
xa queda claro que non existe o concepto de que a
Unidade se divide en Patrullas senón que hai Patrullas
que se xuntan e forman unha mesma Unidade para poder
conseguir metas que separadas non poderían, pero xa
vemos en moitos casos saídas, cotas, actividades de
Patrulla na que só participan elas.

En Rotas a Comunidade é o conxunto que agrupa a xente


para andar o camiño, e cando existen varias Comunidades
forman o que se chama un Clan.

No tocante a Pioneiros pasa exactamente igual que en


Rangers, os Equipos son os elementos fundamentais que
traballan para conseguir os seus fins e se xuntan para
conseguir outras metas ás que sós non alcanzarían.
Unha vez que formas parte dun equipo é para sempre e
como tal todo o que ten que ver co teu Equipo é segredo
para os seus integrantes como por exemplo o Libro de
Ouro; o que pasa no Equipo se queda no Equipo, volve

14
Os Equipos e a Unidade
o concepto de “Se cae un caemos todos” existe un apoio
férreo entre os seus integrantes chegando moitas veces
a crearse lazos de amizade e lealdade que NUNCA se
rompen aínda logo de deixar o Grupo Scout. Os Equipos
de Pioneiros son tan importantes que na Empresa, por
norma xeral, os obradoiros a realizar son encargados a
Equipos en concreto a diferencia de Rangers que para
os diferentes obradoiros podían traballar persoas de
diferentes patrullas.

As veces as persoas se confunden sobre a importancia


entre as células base (Seisena, Patrulla, Equipo,
Comunidade) con respecto das unidades porque
xenéricamente as persoas dunhas idades xenéricamente
as chamamos Lobecos, Rangers, Pioneiros ou Rotas,
pero temos que ter claro que a nosa pertenza a Unidade
é a través do Equipo, así, nós pertencemos o Equipo
Castelao, María Pita ou Martín Códax da Unidade de
Pioneiros do Grupo Scout Nyeri e non Pertencemos a
Unidade de Pioneiros do Grupo Scout Nyeri e dentro dela
a un Equipo. O que podemos denominar xenéricamente
“O Sistema de Patrullas”, que ten como obxectivo darnos
unha verdadeira responsabilidade definida con respecto
o benestar xeral do noso Equipo (ou célula base) e da
Unidade ó maior número posible de persoas. Este sistema
foi ideado por B.P. e posto en marcha por primeira vez
no campamento de Brownsea en 1907, posteriormente,
Roland Philipps escribe un libro titulado “O Sistema de
Patrullas”, complemento indispensable da obra básica
do Escutismo, “Escutismo para rapaces” de B.P. Esta
parte do método que B.P. foi xestando dende a Batalla de
Mafeking, segue totalmente vixente na actualidade.
15
O noso Equipo é o grupo de traballo e conviviencia dentro da
empresa, na unidade e no grupo, normalmente o forman 6 persoas
coordenadas por unha delas. É o lugar no que nos atopamos todos,
cadaquén tal e como é, coas súas inquietudes, medos, … e as súas
aspiracións, ganas, … é o lugar onde aportamos as nosas iniciativas,
o desexo de apertura e relacionarse cos demais, de amizade, de
ledicia, de interese polos outros, … é o lugar onde as relacións
con outros mozos e mozas nos axudan a facernos máis persoas
evitando que a dominación, o éxito ou a competitividade estean á
orde do día … é o lugar onde todos xuntos atopamos a nosa propia
maneira de funcionar e de facer as cousas, o noso estilo … é o
lugar onde nos axudamos a medrar e a progresar.
Para que o traballo saia adiante e podamos realizar as actividades
que decidimos, entre todos, temos que distribuir o traballo
en Equipos xa que todos non podemos facer todo á vez. Esta
organización daranos eficacia e axilidade para realizar a Empresa,
tendo cada Equipo unhas tarefas concretas que serán lideradas polo
seu Coordinador. Esto tamén fai posible unha convivencia máis
profunda entre todos.

“O único home que non se equivoca é o que nunca fai nada” e


Goeth
se fa lt a o co ncer to ; ni ng ún grupo pode
in gú n gr up o po de ac tu ar con eficacia ningún grupo pode actuar con confianza
“N a a confianza; comúns”
actuar en concertoo posirfaopltinións comúns, afectos comúns, intereses dmund Burke
se non está unid E
“O home que nunca cometeu er
ros nunca fixo nada”
Baden Pow ell

FACEDE, CREADE, CONSTRÚIDE, PROBADE, ROMPEDE,


EXPERIMENTADE, EN RESUMO, O TRABALLO EN EQUIPO É ESENCIAL.

16
Nós queremos que todo marche ben, pero as veces nos atascamos,
e escoitamos:
1. Cada un ten a súa visión das cousas e quere sairse coa súa.
2. Non vos escaqueedes, todos teñen que colaborar.
3. Silencioooooo!
4. O obradoiro de fotografía saiu moito mellor ¡eh!
5. Se o tivesemos programado antes non tería saido tan mal.
6. Como sempre uns chegamos puntuais e outros non.
7. Quen pediu o material?, ninguén?? Pois agora a improvisar
Que nos está pasando? Será que en troques de pensar como un
Equipo cohesionado os intereses individuais gañan? Necesitaremos
escoitarnos para entendernos? Non será que é máis fácil criticar
que traballar e que sempre queremos ter a razón?
Querer vivir en Equipo nos esixe estar nel, dialogar, aceptar,
convivir, participar, actuar, tomar responsabilidades, …
No noso Equipo, todos temos ganas de que vaia cara adiante,
eso quere dicir que non nos pasaremos grandes reunión
preguntándonos: QUE FACEMOS? Temos que tratar de aportar
iniciativas, cousas concretas, interesantes, divertidas, útis para os
demais e que nos animen a todos.
Un Pioneiro por definición é unha persoa de acción non un
quentacadeiras. Os Pioneiros son xente que se lanza a abrir novos
camiños e veredas, que inicia a exploración de novas terras; ou
calquera que dá os primeiros pasos nalgunha actividade humana.
Pois que se note!!! (Cantares – Joan Manuel Serrat).
Para que as accións que o Equipo emprenda sexan positivas e
cheguen a bo termo temos que ref lexionar todos xuntos, unha boa
maneira de ref lexionar e discutir sobre temas é a través dunha
cerimonía da menta (se trata de expoñer un tema para debatilo
todos mentres se toma un poto quente de menta, se pode facer con
outros productos).
Hai moitos aspectos a revisar como o noso xeito de facer as cousas
e vivir, as actitudes que adoptamos en todo momento respecto a nós
mesmos e cara os demais, todos eles nos farán progresar se son o
ref lexo da PERSOA NOVA …LIBRE, CRÍTICA, ABERTA, AUTÉNTICA,
COMPROMETIDA, SOLIDARIA, QUE AMA
17
Tamén será interesante revisar a nosa maneira de participar na
construción de unha sociedade nova.
Calquera adulto se preguntaría se hai suficientes paradas de bus
no seu barrio?, Porque hai xente que busca desenrolar a súa vida
nunha tarefa que non é a súa?, Cal é o motivo polo que a xente

? ?
lle da máis valor o diñeiro que a amizade?, ou mesmo se a lealdade
se perdeu?

E a ti
que te
preocupa
Estas e moitas outras cousas a cotío nos inquietan, pero isto non é
suficiente. Temos que coñecer a fondo estas e moitas outras posturas
cos seus porqués económicos, sociais, históricos, culturais, …
para así tratar de deixar o mundo en mellores condicións de cómo
o atopamos.
Mais tamén é importante que revisemos a nosa vivencia de FE.
A persoa é capaz de abrirse ó trascendente mediante a ref lexión
persoal, a da palabra, a da vivencia comunitaria, a da revisión
sinceira das nosas actitudes. A través desto descubrimos a FE que
da sentido a nosa vida e que nos empurra á construción deste
mundo coa colaboración das demais persoas. Con elas cada un de
nós vai descubrindo a súa FE.
Así, no Equipo viviremos, celebraremos, conviviremos
e traballaremos, contrastaremos opinións e actitudes,
aprenderemos a expresarnos con sinceridade e nos axudará a
atopar a nosa maneira de ser, en definitiva a progresar. Para que
este progreso sexa real, non se pode desligar do traballo que
estamos facendo na nosa Unidade. Xa que atopado o lugar que nos
corresponde, avanzaremos persoalmente e en grupo polo camiño
da nosa realización.
18
Que características teñen os equipos?
1. Coeducativos: o equipo o forman persoas de ambos sexos
preferentemente en número equilibrado que tratan de realizar
o seu proxecto de crecemento conxuntamente respetando a
individualidade de cada un (non só a que ven dado polo sexo).
2. Fixos: os equipos nunca se cambian salvo pola marcha dalgún
membro da unidade ou pola incorporación de persoas. Esto é
tan importante que se unha persoa ten que marchar do grupo
e volve noutro momento tendo a idade para pertencer a mesma
Unidade da que marchou seguiría estando no mesmo equipo
e non podería cambiar. Cada un só forma parte dun Equipo en
toda a súa vida do mesmo xeito que a unha Patrulla.
3. Verticais: Preferiblemente se compón do mesmo número de
Pioneiros vellos (con experiencia) e de novos. Así se aproveita
a experiencia de uns para o progreso dos outros, este método
era moi coñecido para B.P. xa que o utilizaban na escola da
Cartuxa a que el foi. Nela todo alumno novo tiña asignado un
alumno maior do centro para axudalo a instalarse, ou para
resolverlle posibles dúbidas do centro para que así o seu
comezo na nova escola fose máis sinxelo e puidese aproveitar
mellor os recursos. Os vellos con experiencia tamén teñen que
aprender dos novos que moitas veces son un soplo de aire
fresco e aportan máis folgos a Unidade.
4. Históricos: O nome dos Equipos se dará no momento do seu
nacemento e se manterán sempre, a unión dos Equipos conforma
a Unidade de Pioneiros. Nun grupo scout só se poden cambiar
estes nomes se o grupo pecha a Unidade de Pioneiros por algún
tipo de circunstancia grave. Cando haxa que comezar de novo
haberá que asignar os nomes dos Equipos e se decidirá cales
son, ó partir de cero, se poden manter os que había ou poñer
nomes novos.
5. En Scouts de Galicia-Escutismo Católico Galego que é a
Federación á que pertence o noso Grupo Nyeri como integrante
da Asociación Diocesana de Santiago de Compostela se
entende que os nomes dos Equipos teñen que ter relación con
persoaxes máis cercanos a realidade galega en troques do que
tradicionalmente se emprega que son os nomes de animais.
19
Que Equipos temos no noso Grupo?
1. Castelao: Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado
en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos
Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado
o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual
comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse
as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e
político galego, chegando a ser a figura máis importante
da cultura galega do século XX. Ademais, estudou
medicina, pero confesaba: “Fíxenme médico por amor ao
meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade”.
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964.
2. María Pita: María Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida
popularmente como María Pita, nada na Coruña contra 1560 e
finada en Cambre en 1643, foi unha heroína galega na defensa
da Coruña contra do ataque inglés acontecido no ano 1589.
É moi coñecida debido á súa defensa da Coruña do ataque
dunha gran f lota inglesa dirixida por Francis Drake o 4 de maio
do ano 1589 en resposta á Grande Armada que o ano anterior
tentara a invasión de Inglaterra.Segundo a crónica da época a
actuación de María Pita fixo retroceder unha compañia inimiga,
que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto por unha
muller cando estaban a piques de traspasar as murallas.
3. Martín Codax: foi un poeta galego, posiblemente un
xograr que viviu entre o século XIII e o século XIV.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 1998.
A súa orixe non está clara, o xograr procede probabelmente
de Vigo, xa que hai numerosas referencias a esta
cidade nas súas composicións. Viviu entre a segunda
metade do século XIII e comezos do século XIV. Non
hai moitos datos sobre a identidade deste xograr.
Dúas son as características máis importantes de Martin Codax:
por un lado, a súa inspiración fortemente orixinal, máis próxima
á realidade do amor vulgar, e por outra banda o feito de que
as súas composicións, ademais de seren transmitidas polos
Cancioneiros, foran recollidas no chamado Pergamiño Vindel, o
que nos dá a posibilidade de acceder ás músicas, supostamente
orixinais, dos seus creadores.
20
Quen forma a Unidade?

A Unidade a compoñedes por norma 18 persoas con idades de


14 a 16 anos acompañadas por un grupo de responsables e coa
colaboración do Consiliario do grupo.
Os Pioneiros que forman parte da Unidade poden entrar nesta
etapa procedentes da Unidade Rangers ou ben de fora do grupo.
En calquera dos casos necesitaremos un pequeno período de
adaptación de uns meses para poder coñecer e vivir o estilo, o
ambiente e a maneira de facer as cousas (pode coincidir co
Campamento de Nadal, os Consellos e a Promesa).
Os Equipos vos acollerán e, unha vez pasada esta etapa, deberedes
decidir libremente se quedades ou non. Se a decisión é de quedarse
implica a aceptación dos demais membros e das regras do
xogo institucional.
Os Pioneiros sodes os verdadeiros partícipes e os que tomades as
decisións da Unidade, polo que ide con paso firme, con forza e
honra (para un scout é fundamental, un scout cifra a súa Honra en
ser digno de confianza, sede sempre dignos de confianza para con
todas as persoas, sede auténticos e sinceiros) porque vós sodes
unicamente as persoas que podedes decidir o que queredes facer,
e por suposto asumide o que vos veña das vosas decisións, non
vos agochedes tras dos demais e se precisades axuda pedídea,
iso non significa perder, todo o contrario; traballando en unidade ou
con amigos aprenderedes moitas cousas. A Unión fai a forza.
Os responsables cumpren a figura dun irmán maior que forma parte
da Unidade para axudar a realizar o que entre todos decidades facer.
Cando propoñedes unha idea ou actividade os responsables poden
ter algo que aportar e vos poden axudar polo que é bo coñecer
tamén o que pensan. Os responsables xogan un papel importante
nos momentos en que nos plantexamos o progreso, tanto persoal
como comunitario. Pero NON DECIDEN o que vai facer a Unidade,
XA QUE A UNIDADE A LEVADES ENTRE TODOS E TODOS TEDES
QUE SENTIRVOS RESPONSABLES DA SÚA MARCHA.

21
O estilo
O estilo dun Pioneiro se recolle nos principios fundamentais que
nos definen coma tal:
- A Lei Scout:

• O scout é digno de confianza.

• O scout é leal e consecuente consigo e cos outros.

• O scout axuda ós demais.

• O scout é irmán de todos e traballa pola paz.

• O scout é aberto, acolledor e respeta profundamente ás persoas.

• O scout ve na Natureza a obra de Deus e coida a vida.

• O scout traballa en equipo e nunca fai nada a medias.

• O scout supera as dificultades con ledicia e confianza.

• O scout é sinxelo e aprecia o valor do traballo e das cousas.

• O scout valora e coida o corpo e a saúde en si mesmo


e nos demais.
22
- O cumprimento da nosa Promesa, especial atención as Cartas
Persoal e Comunitaria
- O lema: Sempre Dispostos
- O Scout SEMPRE cifra a súa honra en ser digno de confianza.
- A Oración do Pioneiro:
“Señor Xesús,

ti nos colocaches entre os nosos irmáns

como un signo da túa divinidade

e do teu Amor Redentor.

Concédenos un humilde e leal estilo

que varra de nós todo espírito de superioridade.

Danos sede de Xustiza e espírito de pobreza

para que amemos e respectemos ós pobres.

Ensancha os nosos corazóns cun amor

ávido de comprender e servir a todos os homes.

Fainos portadores de ledicia,

Sementadores de Paz e de Amizade.”


- O cumprimento das nosas Opcións: Fe, País e Compromiso
(Ficha A - As nosas Opcións no Pioneirismo)

23
nunca te pasou …
que nun xogo algunhas persoas fan trampa?
que quixeches mover o alfil doutro xeito?
que quixeches cambiar a túa carta no feiticeiro?
que alguén di, na miña casa se xoga así?
que ...?
Un día de verán esperteime pola calor que facía, de súpeto empurrei
as sábanas e dun chimpo saltei da cama. Comecei a lembrarme do
soño que estaba a ter ... atopábame nun campo con moita xente
e todos estaban discutindo sobre a mellor forma de xogar. Cada
un daba a súa opinión e o xogo se paraba case cada minuto para
que alguén puxese unha nova norma, complementar outra ou
mesmo ir contra dunha anterior. Había un grande marcador movido
por dous coelliños azuis que ía ben rápido, e canto máis rápido
ía menos xogábamos nós. Todo era unha tolemia, a xente berraba,
non se podían escoitar as ideas dos outros, o tempo seguía e
seguía. Cada un quería ter a razón e mantiña que dende sempre
se xogaba así, mais a realidade era que sen darnos conta pasara
todo o tempo ... día tras día pasaba o mesmo e as persoas cada
vez eramos máis maiores, e dito sexa de paso os maiores non
escoitaban os pequenos. Os pequenos cansos de que os maiores
rifaran a todas horas e de nunca poder xogar comezaron a falar
entre eles, moi baixiño. Ninguén lles facía caso. Cada día se reunían
nunha esquina do campo para falar, discutir e aprender uns dos
outros. En poucos días comezaron a xogar e divertirse sen parar.
Os maiores comezaron a facerlles caso e nun primeiro momento a
rifarlles por non seguir as “normas”. Pero os pequenos contestaron
“vos non tedes normas para o xogo porque cada un facedes
o que queredes e ningún quere escoitar as ideas dos demais.
Preferides facer trampas e tratar de gañar, pero así o único que
conseguíchedes e facervos vellos sen xogar nin divertirvos, en
cambio nós preferimos poñernos de acordo e ter unhas normas
comúns coas que xogar, divertirnos e superarnos” Xa consciente
e sentado a almorzar comezei a pensar nas vantaxes e desvantaxes
de ter normas nos xogos, no traballo, na vida, ...
E vós que pensades? Porque precisamos normas?
24
regrasas do xogo
Como ven sabemos en todo grupo de persoas (sociedade,
empresa, clube, …) para poder conseguir os obxectivos propostos
(convivencia, traballo, pasalo ben, …) se precisan unhas normas
que establezan as regras do “xogo”.
Os Equipos de Pioneiros se reúnen para traballar en Unidade, polo
que precisan de unhas regras escritas e visibles en todo momento
que axuden a chegar a esas metas comúns sen que nos desviemos
cada un cara metas personais. Estas non teñen porque estar reñidas
coas comúns pero non poden rexir o destiño dun grupo enteiro.
Estas regras que nós, @s pioneir@s, decidimos a diferencia das que
a cotío nos impón a sociedade nos axudan a ser Persóas Novas:
LIBRES, CRÍTICAS, ABERTAS, AUTÉNTICAS, COMPROMETIDAS,
SOLIDARIAS, QUE AMAN.
Aquí non se impón ningunha norma, senón que somos todos os
que discutimos e formulamos as regras do noso xogo, somos
todos e cada un de nós conscientes do que esto quere decir e nos
COMPROMETEMOS a seguilas para conseguir a nosa realización
persoal e grupal. De esta maneira se poden ter presentes nas
ref lexións e Consellos para contrastalas coa marcha de todos.
Do mesmo xeito que temos unha Constitución do Estado nós tamén
temos unha CONSTITUCIÓN, na que están plasmadas as nosas
normas de carácter xeral que van rexer a vida de todos os que
formamos a unidade, e na que teñen cabida todos os nosos anelos,
ganas, forzas, ánimos de superación, así como os obxectivos
a acadar. Estas normas van garantir os deberes e dereitos de
todos. Para facer a Constitución da Unidade, os Equipos se reúnen
previamente para realizar unha proposta, logo cada proposta é
presentada á Asamblea e desta sae o acordo que se redactará en
Constitución, normalmente a finais de novembro temos esta fase
rematada e podemos adicar todo o mes de decembro para as
celebracións de nadal, campamento, as promesas e a introducción
da Empresa.
25
A modo de exemplo, a Constitución se divide en dúas partes: o
preámbulo e os artigos.
No Preámbulo, deixamos patentes os principios que consideramos
oportunos para toda a Unidade e os obxectivos xerais que se
propoñen para todo o ano. Para esta parte é interesante ter presente
a Lei Scout e o Evanxeo.
No corpo articulado temos os artigos que rexerán a vida da Unidade
e nos axudarán a conseguir cumprir os obxectivos xerais.
Para crear este articulado podemos ter en conta unha serie de
bloques que nos poden axudar para estructurar a nosa Constitución.
Bloque 1: Organización -- mediante o Xogo Institucional como
imos facer que a Unidade consiga as súas metas. Indicar a
periodicidade das reunións de cada órgano, os cargos de
equipos e de unidade, …
Bloque 2: Actividades -- Tipos de actividades que hai que facer.
Nas reunións por exemplo é necesario poñer a frecuencia,
duración e o horario. Tamén podemos indicar a frecuencia e
o número de saídas e acampadas que consideramos debemos
facer. O uniforme necesario en cada momento (como
para as inauguracións e clausuras; eucaristías, para as saídas
e chegadas …)
Bloque 3: Economía -- formas de financiación para as nosas
actividades. Cotas se o cremos necesario (sempre hai que
lembrar que poñemos cotas ou facemos extrajobs non con
ánimo de lucro senón para algo concreto que necesitamos).
Bloque 4: Disciplina -- aquí están incluidas as normas de
asistencia, o tema da puntualidade, o coidado do material, o
respeto os demais, …
Bloque 5: Revisións -- cada canto tempo imos revisar a
Constitución así como calquera outra norma.
Bloque 6: Varios -- aquí meteremos todas as cousas que
vexamos oportunas pero que non teñan tanta información para
diferenciala como bloque a parte. Hai que ter claro que non
son menos importantes que as artigos dos outros bloques.
26
Dentro da Constitución, no bloque de organización hai que ter en
conta que para a boa marcha da xeira e que os Pioneiros sexamos os
verdadeiros protagonistas, marquemos o noso destino e maduremos
como persoas existen uns mecanismos que nos confiren o poder
para que tomemos as nosas decisións (ou sexa, que mandemos
nós!!!), pero como ben sabe SPIDER-MAN “un gran poder conleva
unha grande responsabilidade”. Estos mecanismos son: O traballo
en Equipos nos que cada membro ten un cargo (Ficha B - Cargos) a
desempeñar (o denominado previa e xenéricamente como sistema
de Patrullas) e os Órganos de Goberno: Asamblea de Unidade,
Xunta de Coordinación e Consello da Lei. (Ficha C - Órganos
de Goberno)

Constitución Xeira Constitución Xeira

27
A Empresa
É a actividade principal dos Pioneiros, na cal nos marcamos uns
obxectivos concretos a acadar, a eleximos e somos nós os que
traballamos para conseguir que se cumpla o votado. Unha Empresa
non é o que toca facer, non é a acción pola acción. Trátase dun
proxecto auténtico no que os protagonistas e actores somos nós
mesmos e o escenario é o mundo real. O proxecto a realizar é
proposto por un dos Equipos, votado en Asamblea de Unidade e
xa convertido en Empresa é levado a práctica por todos (xa é un
proxecto común para todos, non importa de quen foi a idea, agora
todos traballamos ó 100% por ela) para o remate ser avaliada.
Loxicamente e polo dito ata agora as Empresas non poden ser
improvisadas, xa que para cumprir os obxectivos de seguro que
temos que adquirir coñecementos, seguir unhas pautas e debe
estar coordenada por alguén.

Unha Empresa en Equipo:


- Choiva de ideas por parte de todos os membros do Equipo.
Dela sacaremos unha ou dúas ideas.
- Título
- Obxectivos
• Concretos.
• Xerais: Fe, País e Compromiso.
- Definición clara e precisa.
- Formar os Obradoiros de Empresa cos obxectivos xerais a
acadar (Se fai a proposta razonada de que Equipo cremos se
encargaría de cada Obradoiro).
- Planning coa duración e as actividades propostas dende o
Equipo para toda a duración da Empresa.
- Opcións de Extrajobs e financiación.
- Forma de presentación.
28
Un esquema básico das fases da Empresa sería:
1ª Fase, A XESTIÓN à 2ª Fase, A REALIZACIÓN à 3ª fase, A
AVALIACIÓN e GRAN BOOM

1ª Fase - A XESTIÓN (Composta de Elección e Organización):


- Cada Equipo prepara unha proposta para presentar na Asamblea
de Unidade (O esquema anterior pode servos moi útil).
- A Asamblea de Unidade escolle un proxecto de Empresa.
Para esto cada un opina libremente sobre as propostas
presentadas e todo o grupo chega a unha decisión que
será a máis conveniente para as necesidades da Unidade.
Unha vez escollida a Empresa os Equipos teñen un tempo
para elexir o Obradoiro no que queran traballar, en caso
de conf licto entre varios Equipos o problema se resolve na
Xunta de Coordinación.
- A Xunta de Coordinación a cal matiza o proxecto elexido,
afinando os obxectivos, fixando os obradoiros, facendo
comites se é preciso e distribuindo as responsabilidades.
Neste momento é cando vemos en concreto se precisamos
da axuda de expertos que nos axuden e ensinen a facer
partes concretas. Aquí é onde se fixa o almanaque a seguir
e o orzamento. Aquí o proxecto se convirte xa en realidade
ou sexa NA EMPRESA.

2ª Fase - A REALIZACIÓN:
- Traballo da Empresa como tal. Cada Equipo se encarga
de acadar os obxectivos dun ou varios Obradoiros (todos
os membros do Equipo traballan nos mesmos obradoiros,
esto non implica que non se poda axudar puntualmente os
demais).
- A Xunta de Coordinación se reúne cada semana ou cada dúas
semanas. Nela cada Coordenador comentará os progresos
e problemas do obradoiro, no caso de non poder seguir os
ritmos de traballo propostos no principio ou calquera outra
incidencia é este órgano de goberno quen resolve e toma
29
as decisións pertinentes para a boa marcha da Empresa. Na
Ficha C - Órganos de Goberno tedes un apartado sobre a
Xunta de Coordinación.
- Actividades paralelas: poden realizarse actividades que
non teñan que ver coa Empresa, e que nos sirvan para
desconectar do traballo ou para aprender outras cousas a
maiores. Por exemplo, un Raid (de ref lexión, de supervivencia,
de descuberta ou mixto), ir a facer Escalada, Paintball,
debates, fórums (video, disco, … un bon momento poden
ser os venres nos que o Equipo ou Unidade poden reunirse
e invitar a outra xente ó local), un obradoiro de primeiros
auxilios, unha acampada, veladas, celebracións, …
- Extrajobs: cos que buscamos a financiación da Empresa, das
posibles actividades paralelas así como para as acampadas,
… (Ficha D – O Extrajob)

3ª Fase - A AVALIACIÓN e GRAN BOOM:


- O Consello da Lei se reúne como Asamblea de Revisión,
para poder avaliar a cada membro estando presentes ós
Equipos como encargados dos Obradoiros e a consecución
dos obxectivos marcados para cada un e a Unidade. Como
anécdota supoñemos que vos déchedes conta de que o
Consello da Lei se reúne como Asamblea de Revisión,
este nome se mantén porque antes polo funcionamento da
unidade podía haber nela persoas que non tivesen a promesa
feita e que nembargantes realizaran a empresa e polo tanto
debesen avaliala.
- Realización do Gran Boom: a festa de fin de Empresa. Unha
vez rematada sempre hai cousas que celebrar, xa que saíndo
ben ou mal sempre se aprende para poder ir mellorando e
transformar o mundo. A diferencia que en outras Unidades
o noso Gran Boom está formado por dúas partes: a) unha
celebración de Fe, de acción de grazas ou de compartir e b)
unha parte máis lúdica.

30
LOGO DESTE ESQUEMA, DESENRROLAREMOS AS SÚAS FASES
PARA AXUDAR A TRABALLALAS

ELECCIÓN:
Para decidir todas estas actividades e para discutir sobre calquera
incidente que afecta a todos, o grupo fai Asambleas, nas que
por CONSENSO (acordo) dos membros se toman as decisións.
Esta son reunións de toda a Unidade coa finalidade de: Escoller unha
Empresa, decidir as actividades a realizar, celebrar algo, discutir, …
A Empresa ten que ser unha acción que nace da mesma vida do
grupo e que nos anima a todos.
As veces nos custa chegar a tomar decisións satisfactorias para
todos. Unha técnica concreta para ver que Empresa nos pode
encaixar máis, pode ser ir eliminando as que menos nos agradan.
Esto fai que haxa máis diálogo sobre cada unha das propostas e
se analicen máis a fondo as vantaxes e inconvenientes. Velaiquí hai
outras preguntas interesantes para decidirse por unha empresa.
- Como vai o Grupo?
- O local está en condicións?
- Fai falla montar algún debate? Sobre que temas?
- A Unidade fai sempre o mesmo?
- Onde podemos ir de campamento de verán?
- A que se adican os vosos ídolos?
Temos que pensar que o imposible retrocede cando se camiña
cara el, así que non nos debe dar medo planificar baixadas dun
río, escalar, unha expedición ó extranxeiro, unha rota polo deserto,
facer unha obra de teatro, repoboar un bosque …
Vemos pois que hai moitas cousas que nos poden interesar, que
se poden materializar nunha Empresa. Só hai que esforzarse por
descubrilas.
É importante lembrar que na Asamblea de Elección da Empresa:
- Ninguén debe cargarse sistematicamente un proxecto.
- Ninguén se deber poñer en plan víctima.
- Ninguén pode quedar ofendido logo da Elección.

31
ORGANIZACIÓN:
Unha vez que temos escollida a Empresa teremos un montón de
cousas que realizar. Todos os Equipos se organizaron de tal xeito
que entre todos queden cubertas todas as tarefas. Nun primeiro
momento temos que deixar claras e concretar todas as tarefas a
realizar e quen as fará. A nivel de xestión igual teremos que falar
coa xente que nos axudará, ir a ver lugares de acampada, sacar
billetes, … A nivel de realización material pode ser a construcción
da barca, conexión do portátil o canón, …
As tarefas de xestión serán en xeral de corta duración e haberá unha
ou dúas persoas encargadas de cada unha delas.
As de realización, obradoiros, faranse entre todos grazas a que
cada Equipo se responsabilice de unha ou máis. Cada Equipo, na
súa tarefa específica fixa o seu método de traballo e aprende as
técnicas que precisa.
A Xunta de Coordenación confecciona un planning tendo en conta
o total a facer, a xente que hai nos Equipos e o tempo que temos.
Este planning ten que ser moi concreto e realista, prevendo as
posibilidades reais, as tarefas que primeiro teñan que facerse e as
que se farán logo, así como os imprevistos que poidan acaecer.
Unha vez elaborado ponse no local, á vista de todos. Os Equipos
que se responsabilizaran de cada obradoiro, tarefa teñen que ter
claro o que deben facer. Cada Equipo está coordinado cos outros
porque o seu representante (Coordinador) forma parte da Xunta
de Coordinación (Ver Ficha C - Órganos de Goberno para ver o
traballo da Xunta en tempo de Empresa).
Unha boa preparación e previsión ó comezo evitará moitos
imprevistos e problemas. Unha boa organización á hora de repartir
as tarefas e á hora de realizalas polos Equipos aforra moitas forzas,
pérdidas de tempo e fai áxil o traballo da Empresa.

REALIZACIÓN:
É o momento de máis convivencia, de máis diálogo e de auténtico
traballo a pesar das dificultades que podan acaecer.
É o momento en que aprendemos as técnicas necesarias para facer
32
o traballo que nos propuxemos a través da posta en marcha dos
obradoiros.
É o momento de superar as dificultades sempre con ledicia e
confianza.
É o momento en que facemos saídas, lumes de campamento,
forums, raids, …
É o momento en que facemos extrajobs para financiar a Empresa.
É o momento en que cada Equipo pon a proba o nivel de compromiso
de cada un dos seus membros.
É o momento en que os Equipos conectan con outras persoas e
realidades.
É o momento, en definitiva, de PROGRESAR
Dentro da Empresa se poden realizar outro tipo de actividades
paralelas e non só temos que mirar para o noso ombligo. Non hai
que esquecer que hai moita xente preto de nós que pode precisar
da nosa axuda.
- O Centro Social precisa axuda para montar algunha festa
para os cativos?
- Algún grupo nos pide axuda para a montaxe (construccións)
dun Campo de Traballo?
- A parroquia ten instalacións deterioradas que podemos
arranxar?
- Os nenos do barrio teñen suficientes actividades ou están
abotargados?
- Podemos facer algo para colaborar no Entroido do barrio?

AVALIACIÓN:
Unha vez que rematamos a Empresa, o Consello da Lei se reúne como
Asamblea de Revisión. Esta é unha das partes máis importantes da
Empresa, non é unha simple revisión máis, xa que aquí é onde se
avalía o Progreso de cada un, dos Equipos e de toda a unidade a
partir do traballo realizado e da actitude coa que se fixo.
Para este fin podemos aproveitar unha saída ou ir a un lugar diferente
do que esteamos habituados, un lugar que nos permita realizar
este cometido do mellor xeito posible e o tratarse dunha reunión
33
do Consello sempre debemos darlle o tratamento especial que se
merece. Sempre é importante facer previamente un esquema da
reunión, con puntos concretos que como mínimo vaimos a tratar,
esto non implica que polo medio non se podan tratar outros temas
que non estaban contemplados, o importante e que se analice
todo e se avalíe do mellor xeito para poder mellorar e medrar
como persoas.
Así, neste Consello reunido como Asamblea de Revisión os Pioneiros
con promesa, tendo a Lei Scout avaliarán a Empresa tendo en conta
os obxectivos plantexados non fai falla dicir que estes obxectivos
teñen que verse ref lexados nos aprobados na Constitución. Pero
non só imos analizar os obxectivos como tales senón que como
dixemos arriba o traballo e a actitude de cada membro, de
cada Equipo erexido en Obradoiro e da Unidade. Está claro que
buscamos unha crítica positiva, para axudarnos a mellorar e non
unha destructiva que o único que faga é botar culpas pero non
atopar solucións de cara o futuro. É lóxico que neste Consello
podan participar en algunha ou en todas as fases os Pioneiros que
aínda non teñen a Promesa xa que se avalía a todos e cada quen ten
a súa visión persoal. A todos os que non participen como mínimo
se lles debería informar das conclusións as que se chegue. Pero e
deber do Consello DECIDIR.
Para tal fin hai varios métodos, podedes empregar os que
consideredes como mellores, o importante e que a avaliación sexa
productiva, pero por se acaso vos propoñemos dous: a) Golpes
e aloumiños – se trata de ir analizando o bo e o malo do traballo
de cada persoa, ou equipo ó longo da empresa (habitualmente
cada trimestre) por parte dos demais membros que siguen unha
orde e sen posibilidade de réplica por parte do analizado; e b)
Xuízo crítico de valoración – que é como o anterior pero neste hai
posibilidade de contestar as alusións (tanto as positivas como as
negativas) cando REMATE a rolda na que se fale del.

34
Como podemos preparar esta avaliación?
1) Cada un, individualmente antes de falar co seu Equipo
revisa a súa actuación persoal ó longo de todo o período
da Empresa, que foi o que consideramos que fixemos
ben e que foi o que fixemos mal. Cal foi a actuación do
noso Equipo que traballou como un Obradoiro, de novo
o que fixemos ben o mal. A seguinte vertente a avaliar,
son todos os demais membros da Unidade e finalmente
os obxectivos vendo cales foron as causas para poder
acadalos ou polas que non os conseguimos cumprir.
2) Cada Equipo, revisa a súa actuación analizando se
a tarefa que nos comprometimos a realizar está feita.
Avaliaremos se todos os membros do noso Equipo
participaron nas tarefas encomendadas. Hai que analizar
en que progresamos individualmente e como Equipo.
Tamén debemos pensar en que cousas fallamos como
grupo e que podemos facer para evitalo.
3) Finalmente, se reúne o Consello da Lei como Asamblea
de Revisión na que cada Equipo expón a ref lexión que
fixo. Se considerades oportuno se pide a opinión dos
responsables con respecto a calquera tema.
Toda a Asamblea ten dereito a falar, dar a súa opinión
sempre e cando se faga con espíritu constructivo e
aceptando o que digan os demais.
Desta ref lexión común sairán as liñas de progreso,
persoais, de Equipo e da Unidade para as seguintes
actividades, tendo en conta as normas que nos puxemos
e os erros ou acertos que nos darán as claves para
progresar e mellorar.

GRAN BOOM:
Como sabemos de sempre temos cousas que celebrar aínda
que a Empresa, non saise como esperábamos, posto que sempre
aprendemos e iso é o que nos fai progresar para ir transformando
o mundo e deixalo en mellores condicións de cómo o atopamos.
35
Hai que ter en conta que moitas veces aprendemos máis dos nosos
erros que dos nosos éxitos porque estes as veces fan que nos
descansemos.
Todos ou case todos sabemos o que é un Gran Boom, e como se fai en
Rangers, unha merenda especial, ir todos o cine, a patinar, unha festa
… sempre é unha celebración lúdica. Mais agora somos Pioneiros
e non vai ser só festa … O concepto de Unión, de compañerismo,
de Equipo, … se vai facendo maior, do mesmo xeito que sodes
adultos as vosas actividades teñen maior compoñente de traballo
e de aprendizaxe, algúns xa estades no grupo dende fai tempo
é fúchedes progresando en tódolos sentidos; outros chegáchedes
novos pero se quedades é porque levávades tempo buscando
algo que vos encha, e o escutismo vos comeza a interesar. Todos
queredes coñecervos individualmente e tamén ó grupo que tedes
de referencia, os demais compañeiros cos que vos unen un montón
de cousas, intereses, … e cos que medraredes ata convertirvos en
pezas fundamentais para a sociedade e a transformación desta.
Así, por norma xeral o Gran Boom de Pioneiros ten dúas partes,
a primeira máis vivencial, na que se pode facer unha celebración
de fe, unha cerimonia de acción de gracias, unha actividade de
compartir ou mesmo de coñecernos máis a través de frases, fotos
de cada un, … ou calquera actividade deste estilo que se vos
ocorra, máis lembrade que é unha parte fundamental do Gran
Boom, polo que adicádelle o tempo necesario a preparala, facela
e no Consello da Lei avaliala. Como axuda pode ser interesante
saber o tempo litúrxico no que estamos e que significa. A segunda
parte de celebración é a lúdica, a festa típica, ir a ver unha obra de
teatro, ir a xogar o futbolín, ver unha peli e facer palomitas, unha
competición coa consola, ir a escalar, … o que vos apeteza para
pasalo ben.
Pois iso, aínda que neste Eixo tedes ideas lembrade que sodes vós
os que tedes a derradeira palabra e os que SEMPRE tedes que
decidir o que facer.

36
vent ura Ranger Em
presa Pioneira
A

Aprendemos xogando a Aprendemos facendo algo


ser ou facer algo Real, tanxible

As Patrullas se mezclan Os Equipos se encargan


nos obradoiros de liderar cada obradoiro

ecto Rota
Prox

Realizamos planes para


servir a sociedade

Toda a Comunidade fai un


Proxecto / Cada Rota fai o
seu Proxecto

A Unidade fai as actividades que reponden ós intereses dos seus


membros.
- Actividades a longo prazo, ou sexa, Empresas con todo o que
comportan de traballo en Equipos, extrajobs, saídas, raids,
descobrimentos, contactos con expertos, campamentos,
ref lexións, …
- Actividades que respondan a intereses concretos da xente
do grupo como poden ser charlas ou fórums sobre temas
diversos con xente que nos poda axudar, visitas informativas
a diarios, ferias, exposicións, museos, concertos, teatro,
festivais, cine, celebracións de todo tipo …

37
O Progreso
Xa falamos en varias ocasións ó longo deste Eixo sobre o PROGRESO,
persoal ou comunitario; e como vimos é o feito de medrar como
persoas transformadoras do mundo e da sociedade na que vivimos.
Como vós sodes os protagonistas no escutismo ó decidir que se fai,
ó asumir as responsabilidades da marcha do Equipo e da Unidade
de xeito democrático (Cargos e Xogo Institucional) sodes vós os
que mellor podedes avaliar si avanzades ou non, por iso agora lle
imos adicar este apartado. O noso Caderno de Caza se volve a
converter nunha ferramenta fundamental para poder seguir o noso
progreso e o dos nosos compañeiros.
Para medir o noso progreso temos que ter en conta as 3 opcións
ben coñecidas por nós FE, PAÍS e COMPROMISO conxugadas con
varias áreas de desenrrolo. E por suposto, dende agora, a Persoa
Nova sempre ten que estar presente nas vosas vidas.
Nunha primeira fase -ata nadal do primeiro ano- debes centrarte en
ti mesmo e analizar a situación persoal en canto a fe e sobretodo
plantexarte se queres comprometerte na procura da Persoa Nova
(mediante a Promesa). O traballo na Carta Persoal (Ficha E – Carta
Persoal) durante todo o primeiro trimestre pode axudarte nesta
tarefa.
A seguinte fase -de nadal ata o final do primeiro ano- é de
introspección, sería o propio desenrrolo interior afondando nas
características: libre, auténtico, crítico e aberto.
A derradeira fase -o segundo ano- se centra no NÓS, comprometido
e solidario que chega a capacidade de AMAR como resultado de
consolidar en si mesmo e para os demais as outras caractarísticas
da Persoa Nova (ata nadal à Carta Social: Ficha F – Carta Social).
Chegados a este momento comeza a preparación para a seguinte
fase do escutismo que é a Rota (ata fin de ano) (Ficha G – A Rota).

38
Máis como medir este progreso? Xa que as nosas 3 opcións e as
7 características da Persoa Nova xa as explicamos, velaiquí só vos
presentamos o as áreas de desenrrolo cunha serie de cuestións
que nos parecen interesantes para ref lexionar tanto de xeito persoal
como comunitario e axudarvos a ver se progresades e como.
Está claro que vós sodes os protagonistas de todo e máis do voso
progreso polo que sodes vós os que vos tedes que cuestionarvos o
que querades, pensar os debates que queredes ter, as actividades
a facer e progresar o voso ritmo. Estas só son unhas ideas.

Debemos traballar a parte de fortaleza, resistencia,


f lexibilidade, axilidade, coordenación de movementos
de cada un e os hábitos hixiénicos –entendidos non
só como a propia hixiene do corpo, algo xa superado
das etapas anteriores senón a concienciación e
posicionamento fronte ós hábitos antihixiénicos sociais
como o tabaco, drogas, alcool, antiecoloxía. O scout
valora e coida o corpo e a saúde en si mesmo e nos
demais–, como partes do coñecimento persoal, do
propio corpo e sendo base para transformar o mundo.
- Temos que coñecer o noso corpo e sentirnos ben
como somos.
- Estou conseguindo mellorar as miñas marcas persoais?
- Nas acampadas, campamentos, … me escaqueo a
hora de lavarme se fai frío?
- Do mesmo xeito que non te clavas o canivete na man,
cal sería a razón para comezar a fumar? Xa nolo dixo B.P.
“Pensou Kim que un cigarro produciríalle un inmenso
placer. Pero non tarda en arrepentirse de tal supoñer.”
- Actividades: Raid, marchas, bandeiras, feiticeiro,
herberts, pistas americanas, ioga, obradoiros sobre
hábitos saudáveis, xogos de coordinación como o
Bartolo Bartolo, ceremonias da menta... (sigue ti)

39
O noso progreso se centrará tamén en mellorar: a nosa
capacidade de abstracción conseguindo entender
e comprometerse a vivir como unha Persoa Nova; a
nosa habilidade para o razoamento lóxico e análise
da realidade para así ref lexionar, tanto persoal como
comunitariamente, sobre o que pasa dende o noso
redor ata no conxunto do mundo para escoller así, con
máis criterio, o mellor xeito de actuar para transformar
a realidade; e por último mellorar a nosa facultade de
expresión oral que nos axudará a perder o medo
escénico, a improvisar e controlarse con discursos
ou cantos, e a ser quen de expresar os sentimentos
con naturalidade.
- Sigo facendo a miña Boa Xogada ou penso que eso é
cosa de Lobecos?
- Me comprometo co meu Equipo e Unidade? E na casa,
estou comprometido? (O deber dun scout comeza na
súa casa.
- Dou a miña opinión ou a masa me absorve?
- Son digno de confianza?
- Defendo ó pobre e o débil e ós meus amigos aínda que
iso me poda acarrear algún contratempo? (un Cabaleiro
sempre os defende, Lei da Cabalería)
- Actividades: obradoiro sobre San Paulo e a Persoa
Nova, ref lexións, videoforums e discoforums sobre
temas actuais da sociedade, presentacións de cada un
de nós ou dun tema elexido ós demais, obras de teatro,
veladas, obradoiro de expresión corporal ... (sigue ti)

40
Hai que ter en conta como eixos importantes de traballo
e progreso a aceptación do noso corpo como medio
de maduración sexual, temos que ser capaces de
aceptar os cambios que se producen en nós así como a
importancia que ten a relación de parella. A autoestima,
aceptar como somos recoñecendo as nosas fortalezas
e asumindo positivamente as limitacións. E por último
a Coeducación, vivindo a relación coas persoas de
ambos sexos sen discriminacións pero entendendo as
diferencias biolóxicas.
- O meu corpo está cambiando ou cambiará do mesmo
xeito que lle pasou os demais, é algo normal; sigues
sendo ti, porque antes, agora e sempre serás especial.
- A túa parella é unha persoa importantísima para ti polo
que tes que coidala e respetala. Trata a todas as persoas
e especialmente a túa parella como queras que te traten
a ti.
- As persoas non somos obxectos que se podan usar e
tirar, nin mesmo reciclar.
- Cada un somos especiais en tódolos sentidos, pensa,
cales son as túas virtudes? E os teus defectos? De seguro
que os monicreques do principio poden axudarte.
- Aínda que cada persoa é diferente e singular
respecto ós demais, os Scouts temos claro que todas
as persoas merecemos ter as mesmas oportunidades
independentemente do sexo, polo que optamos por
unha educación na que homes e mulleres non sexan
discriminados, e ti, que pensas? Cres que unha rapaza
non pode montar un campamento ou que un rapaz non
pode cociñar?
- Actividades: obradoiro de sexualidade co apoio ou
a cargo dun profesional, realizar de novo o exercicio
do monicreque (pasado como mínimo 2 trimestres).
Debate: “Seguen a existir na sociedade diferencias
entre homes e mulleres” ... (sigue ti)
41
O deber de un scout comeza na súa casa, por iso
debemos dominar todos, as tarefas domésticas e así
facer a vida máis cómoda. E como sabemos a vida
na natureza é para nós fundamental polo que tamén
debemos controlar o medio natural e ser capaces de
facer calquera actividade sexa da duración e tipo
que sexa. A expresión faise fundamental para poder
comunicar a nosa opción de transformar o mundo.
- Fago a miña cama en troques de esperar que ma fagan
os meus pais?
- Estou pendente de se podo axudar na casa aínda que
non mo pidan, ou teñen que insistirme para que faga
algo?
- Son capaz de estar cómodo nunha acampada ou
campamento longo?
- Podería ir co meu Equipo ou Unidade a montar o
campamento para o grupo?
- Sería capaz de adaptarme a diferentes situacións nun
campamento se pasa algo?
- Cando quero explicar un obradoiro se me entende
ben?
- Preparo de antemán as cousas ou normalmente
improviso?
Actividades: Arranxar algo que se rompa na casa, no
local ou nunha acampada ou campamento en troques de
tiralo. Montaxe de un campamento de verán. Completar
a ficha técnica (Ficha H - Técnicas). Ter o local limpo,
ordeado e preparado para todas as actividades...
(sigue ti)

42
Traballaremos a maiores, valores relixiosos, éticos
e socio-políticos, aos que lles podedes ver certo
paralelismo coas nosas 3 opcións. Os valores son os
que nos fan actuar dunha ou doutra maneira, os que
nos definen coma a persoa que somos.
Nos valores relixiosos, a nosa proposta é que debemos
de ser capaces de dar sentido a nosa vida dende o
descobrimento de Xesús que é o que mellor representa
as características da Persoa Nova e poder atopalo na Lei
Scout e no Evanxeo. Así mesmo como scouts católicos
que somos debemos comprometernos na nosa fe e vivila
(esto podemos facelo de moitos xeitos). Pero non só
queremos vivir a fe persoalmente senón que queremos
compartila e vivila en comunidade (Equipo, Unidade e
Grupo), dando a nosa visión e sendo testemuñas vivas.
Ademais os Pioneiros abrimos novas sendas que outros
percorreran despois polo que estamos cada vez máis na
nosa parroquia e Igrexa, e para coñecela mellor temos
que coñecer e así poder participar en diferentes eidos
que esta ten.
- Cal é a miña postura con respecto a relixión?
- Cando vou a unha eucaristía participo ou me limito a
esperar a que remate?
- Que podemos facer para axudar a parroquia?
- Que significa para min Xesús?
- Sabes o que di a Oración do Pioneiro?
- Coñeces a San Paulo? Liches as súas cartas?
- Actividades: Preparar a parte vivencial do Gran
Boom como se merece. Preparar cada Equipo unha
celebración de fe para toda a unidade. Preparar unha
actividade forte en torno a Xesús como Home Novo para
nadal e semana santa.
En canto os valores éticos, B.P. se refire no Escutismo
para rapaces ó civismo “Todo scout debe estar sempre
listo para ser un bo cidadán do seu país e do mundo. Para
43
isto, debedes comezar dende pequenos a considerar
como amigos vosos a todos os nenos. Xa sexan pobres
ou ricos … ”. Nós estamos interesados en coñecer
os outros e temos o dereito e o deber de participar
activamente no xogo institucional que nos permite ser
os partícipes e decisores da vida do Equipo e Unidade
para así poder transformar o noso entorno como nos
propoñamos. Mediante ese o xogo institucional e como
persoas críticas que somos, para nós é importante ser
quen de loitar polos nosos ideais dentro e fora de Nyeri.
Nós non somos scouts de fin de semana.
B.P. no escutismo para rapaces tamén nos escribe sobre
a importancia de ter valores éticos no eido ecolóxico
“Ademais de adorar a Deus na igrexa, os cabaleiros
ó admiraban nas súas criaturas, como os animais, as
prantas e toda a natureza. O mesmo fan hoxe en día
pacificamente os scouts. Ondequera que van, aman
os bosques, as montañas e as pradeiras e gostan de
observar e saber todo o que se refire ós animais que
nelas habitan, así como ás maravillas das prantas e
f lores”, un Pioneiro ten que traballar de xeito activo e
serio para conservar a natureza “O scout ve na Natureza
a obra de Deus e coida a vida” porque como todos
sabemos a natureza é vida.
- Sei cales son as miñas obrigas e dereitos dentro do
Equipo e Unidade?
- Cumplo o meu papel e cargo?
- Trato de ser acolledor con todas as persoas do Equipo
e Unidade? E cos novos?
- Cando penso algo o defendo ou deixo que sexan os
demais os que decidan?
- Na Unidade quen toma a iniciativa, os Responsables ou
os Pioneiros?
- Sei estar na natureza sen que se note de xeito
perxudicial?
44
- Cando estou de acampada me sinto como en casa ou
estou incómodo?
- Actividades: Obradoiros de fauna e f lora autóctona
de Galicia. Informarse dos lugares ós que imos de
acampada. Cerimonia da menta co telón de fondo da
inmigración. Encargarse dos turnos de limpeza do
grupo para o local. Elaboración da Constitución
Por último neste apartado falaremos dos valores socio-
políticos, e para traballalos primeiro teremos que
facer unha análise crítica do propio país que nos faga
coñecedores do entorno. Así veremos os posibles
camiños que poderemos tomar para transformar o
mundo e deixalo en mellores condicións de cómo
o atopamos actuando mediante accións concretas.
INFORMACIÓN --> ACCIÓN --> AVALIACIÓN.
- Que cousas pensamos que se deben mellorar do local?
- Que pensamos que podemos facer para axudar as
Unidades e ó Grupo?
- Hai cousas que nos veñen dadas das que non estamos
de acordo. Cales? Que podemos facer para cambialas?
- Coñecemos a outras asociacións de mozos que haxa
no barrio? Que fan os mozos do barrio no seu tempo de
lecer?
- Actividades: amañar o local, a carta persoal ou a social,
facer un mural descuberta fotográfica polo entorno máis
próximo (grupo, parroquia e barrio propio)... (sgue ti)

45
Acampadas
saídas
campamentos
A nosa actividade diaria non nos permite convivir moito tempo co
Equipo, coa Unidade ou co Grupo. As acampadas de fin de semana
poden ser unha boa ocasión para facelo.
As acampadas poden estar relacionadas coa Empresa para revisar
o que facemos e a marcha da Unidade ou para decidir proxectos e
actividades a realizar; ou ben saímos para romper a rutina diaria
por exemplo a través de:
- Unha travesía que nos permitirá un contacto directo coa
natureza acampando ou facendo vivacs.
- Unha saída á neve pode ser moi divertida.
- Unha descuberta que nos pode descubrir unha rexión e as
súas xentes.
- Unha saída lúdica en bici por exemplo, cunha velada con
cancións ou danzas.
- A exploración para buscar un sitio para o campamento de
verán.
Un campamento de fin de semana é sempre unha oportunidade
para facer algún descubrimento novo de nós mesmos, do Equipo,
da Unidade, da xente e do noso país a través dos lugares ós que
imos de paso ou a acampar.
Como sempre todo esto non se pode improvisar, hai que preparalo
a conciencia, o lugar, a saída e a chegada, o custo, os menús o
material, … e aínda que fagamos unha acampada de ruptura para
desconectar da Empresa sempre debe estar preparada o milímetro
para que así realmente desconectemos e o pasemos ben.

46
O Raid (de ref lexión, de supervivencia, de descuberta ou mixto)

A cotío vivimos inmersos en ruidos de todo tipo: motores, radios,


tv, coches, … Todos estes ruidos máis ou menos agradables nos
dificultan a posibilidade de ref lexión e de interiorización persoal.
Algunha vez pensaches que non o fas por falta de silencio? Algunha
vez pensaches que non serías capaz de estar só?
De cando en vez é preciso estar sós, ref lexionar sobre a propia
realidade persoal, sobre a relacións cos demais, sobre que quere
decir para nós ser cristiáns.
Mais, que é un Raid? Un raid é un momento privilexiado que temos
para vivir e atoparnos coa natureza e con nós mesmos mediante a
ref lexión, a supervivencia, a descuberta, a camiñada, … analizar
todo o que pasa no noso entorno (natural, persoal, grupal, familiar)
e en nós mesmos, para así saír máis fortes. Os Raids son sempre
unha proba e moitas veces nos poñen ó límite polo que sempre
teñen que estar ben preparados, tanto a parte de ref lexión como a
rota a seguir, os lugares para descansar e a comida (salvo nos Raids
de supervivencia). Habitualmente se fai en parellas, pero tamén se
fai só ou en pequenos grupos durmindo fora do campamento, ou
descansando nunha comunidade de monxes ou nun refuxio aillado.
Á hora de preparar o raid é importante ter en conta a soidade
(fundamental para a ref lexión) e a austeridade no durmir e no
xantar. Por norma xeral para durmir se fai un vivack e a comida é
simplemente a necesaria e pouco pesada. Lembrade que como non
se pode facer lume unha boa solución é unha cociña feita con latas
de refresco.

47
Unha vez que todo está preparado temos que ir ó raid cunha
predisposición á sinceridade, ou sexa, aberto a sí mesmo e os
demais, se non respostamos honestamente nunca nós atoparemos e
o Raid perderá a súa utilidade. A posterior avaliación e revisión do
raid é fundamental, debemos prestarlle especial atención e nunca
considerar que o raid está rematado ata que fagamos unha posta
en común de todo o preparado e de todo aquelo que consideremos
oportuno. Fagamos partícipes a todos do que descubramos, do que
vivimos!!!
Os principais tipos de raids segundo a finalidade son:
- de ref lexión, fomentándoa mediante textos que se traballarán
normalmente á noite xa que mediante o día nos adicaremos a
observar, andar e preparar o lugar onde descansar. É quizás
o raid máis habitual e resulta moi interesante para coñecernos
verdadeiramente a nos mesmos.
- descoberta, na que queremos coñecer ou profundizar como
son, de que viven, … a xente do noso país e buscar os
porques das cuestións plantexadas. Este raid é interesante
porque para poder transformar o mundo primeiro debemos
coñecelo.
- de superviviencia, no que poremos a proba a nosa previa e
grande preparación técnica (cabuiería, ensamblaxes, cociñar
con latas, orientación, vivacks, …). A este raid canto máis de
supervivencia sexa, pola súa esixencia non se debe ir sen ter
unha sólida preparación técnica e mental.
- ou mixto, neste combinamos varios ou todos os anteriores.
Hai que ter en conta os obxectivos, porque cantas máis
cousas queramos traballar precisaremos máis tempo ou os
resultados non serán, probablemente, os esperados.

Os Raids que eu fixen foron ...

48
Campamento voante
A travesía ou o campamento voante consiste en que un equipo,
unidade ou grupo se instala cada día nun lugar novo seguindo un
itinerario coidadosamente preparado de antemán. Este percorrido
(tipo de rota, desniveis, kms, …) e o primerio punto a ter en conta
e a preparar. Neste tipo de actividade temos que prever moi ben o
tema da comida e do material xa que non podemos levar moito peso
e non podemos facer lume para cociñar. Un campamento deste tipo
esixe unha certa preparación física e debemos estar atentos para
que non se convirta nun simple campamento de “camiñar por
camiñar”.

Jamboree, JOTA, JOTI e Moot


A Jamboree é unha reunión internacional de mozos scouts que ten
como finalidade achegar os mozos de diferentes lugares do mundo,
para que se coñezan e intercambien experiencias, ideas e proxectos,
contribuindo a que se espalle a fraternidade Scout. Habitualmente
se fai cada 4 anos. A primeira tivo lugar en 1920, na sala Olympia de
Londres, e na cerimonia de clausura B.P. foi aclamado como Xefe
Scout Mundial por todos os asistentes.
A JOTI (Jamboree On The Internet) é un acontecemento que se celebra
anualmente no movemento Scout a través da rede, xuntando a máis
de 500.000 scouts cada ano. Esta realízase simultaneamente coa
JOTA (Jamboree On The Air) o terceiro fin de semana de outubro de
cada ano. Pero en datas especiais tamén se poden organizar. Deste
mesmo xeito os canais de chat de Scoutlink funcionan durante todo
o ano.
O Moot Scout Mundial é un encontro no que participan as
ramas maiores das Organizacións Scouts Nacionais (xeralmente
chamandos Rovers, nós os denominamos como Rotas) e outros
mozos adultos, xa que a idade dos participantes vai dende os 18
ata os 25 años inclusive. Os Moots dan a oportunidade de que os
mozos maiores do Movimiento Scout podan atoparse cun obxetivo
común de desenvolver a súa comprensión internacional como
cidadáns do mundo.
49
Campos de traballo
Son campamentos que se organizan en torno a unha tarefa física
en prol de unha comunidade ou lugar. Son actividades de grande
convivencia coa xente coa que traballas, normalmente cun grande
ambiente de ledicia e amizade. Se organizan en todas partes
porque non é tan complicado montar un campo de traballo, tendo
en conta que en todos os lugares sempre hay bosques que limpar,
ríos que mellorar, … eso sí, é importantísmo que haxa unha boa
organización e formalidade. Son unha boa alternativa para os que
non lles gusten as cousas feitas. Lembrade o noso 7º artigo da Lei
Scout “O Scout traballa en equipo e nunca fai nada a medias”.

Descuberta. Achegamento ás persoas do país.


Cando saímos do noso entorno máis próximo entramos en contacto
con outras persoas, situacións e realidades diferentes que nos teñen
que servir para enriquecer os nosos coñecementos e ampliar as
miras. Unha descuberta sempre nos sirve para que descubramos e
saibamos máis do noso país mediante o contacto con el e coas súas
xentes. Normalmente as descobertas se fan en Equipo e podemos
relacionalas cos raids.
Temos que ter moi claro que non se trata de facer unhas sinxelas
estatísticas, enquisas nin de chegar a diferentes lugares como
salvadores, senón que se trata de arrimar o ombreiro, de escoitar, de
aportar, de intercambiar impresións, … con persoas descoñecidas
para nós que viven nun medio diferente o noso pero que son os
nosos irmáns, do noso país que tratan de vivir o mellor posible, para
os que nós debemos estar Sempre Dispostos e cos que debemos
colaborar para transformar o mundo deixándoo como nos dixo BP
en mellores condicións de cómo o atopamos.
Non podemos quedar indiferentes. É necesario que sepamos ir polo
mundo cos ollos ben abertos, sempre observando, atentos ó que
pasa o noso redor. Observar, coñecer e estar abertos é o primeiro
paso para DESCOBRIR.

50
Interesarse, vivir coa xente, preguntándonos os porques falando co
noso equipo, sendo capaces de tirar as nosas propias conclusións
e non quedarnos simplemente co que nos digan os demais.
As descobertas como todas as nosas actividades non son
improvisadas, temos que pensar nos obxectivos que queremos
cumplir, dar unha pequena información previa os equipos e deixar
todo programado e por suposto o remate facer unha avaliación.
Como sabedes os scouts aprenden de xeito activo, estando no
meollo, traballando, facendo, … así nunha descoberta podemos
acabar coas máns cheas de callos, con maniotas, pero de seguro
que todo eso se verá recompesado pola hospitalidade desinteresada
das xentes do lugar, polos coñecementos adquiridos e por un
montón de anécdotas que viran con nós para sempre no noso
camiño cara Ítaca. Grazas a este duro traballo xunto ca xente no
campo, compartindo mesa e as veces teito, podemos descobrir
a dificultades da vida, as preocupacións e como o ser humano é
extraordinario por como supera os escollos.
Achégate os homes e os coñecerás.
Traballa donde eles e os comprenderás.
Vive como eles viven e os amarás.
Este é o noso estilo de facer descubertas, sempre activas. E o que
descubramos non podemos gardalo, temos que poñelo en común
e ref lexionalo para logo tirar unhas conclusións e sacar en limpo
unha avalición.
De novo o noso Caderno de Caza xoga un importantísmo papel,
recollendo as nosas impresións, frases e anécdotas do vivido,
debuxos ou fotos que servirán non só para as ref lexións e avaliación
final senón que nos permitirá seguir progresando, aprendendo,
madurando e continuará sendo unha grande fonte de coñecementos
e sabedoría Sempre Lista para ser usada en calquera momento.
Unha descoberta pode ir dende faenar cuns pescadores e vivir
todo o proceso desta profesión, traballar no campo recollendo millo
ou uva, … e lembrade sempre de agradecer as persoas a
experiencia vivida.
51
Debates, fórums
Neste eixo falamos en varias ocasión de facer debates ou fórums
variados (disco ou videofórums) e pensamos que son actividades
realmente interesantes polo que debemos definilas se queremos
chegar a facelas. Básicamente se trata de reunir o equipo, unidade
ou a un grupo de persoas para falar sobre un tema de xeito ordeado
e cunha presentación inicial, que pode ser un texto, unha nova,
frases, canción, video, …
Según a R.A.G., debater (v.t.) Tratar [un asunto] entre varias
persoas, xeralmente con puntos de vista distintos, estudiando os
seus diferentes aspectos.
Sempre temos que facelo de xeito ordeado para escoitar e favorecer
as opinións de todos, o cal será máis enriquecedor e nos axudará a
coñecernos máis a nós e os demais. Asignaremos a alguén que faga
de moderador que controle os tempos e os turnos de palabra, así
como que sexa capaz de animar o debate se vai decaendo sacando
novos temas relacionados ou novas preguntas que permitan abrir
outras vías. Normalmente é a persoa que prepara a actividade e
o tema. Ademais del teremos unha persoa que faga de secretario
(pode ser o da unidade se o facemos todos os Pioneiros mentres
non estea a facer de moderador) que recolla as intervencións e
sobre todo as conclusións. É fundamental que o tema sacado sexa
coñecido por todos, senón a parte introductora ten que ser moi
clara para que todos a entendan, a asimilen e podan opinar e tirar
conclusións de proveito.

Celebracións
Estas actividades poden ser moi interesantes se se fan ben, pero
se non apetece facela o mellor e non facela porque únicamente nos
fará perder tempo. Ou sexa, que para facer unha celebración son
requisitos fundamentais, ter un motivo para celebrar e a xente que
vai participar ten que sentir as ganas de facelo xunto ós demais.
O ambiente sempre ten que ser especial, xa sexa para unha
celebración de fe (como exemplo tedes a Ficha I – Esquema para
celebrar sen sacerdote) ou para unha festa de disfraces. Mais sexa
do tipo que sexa sempre ten que estar ben preparada.
52
AS CORES NOS TEMPOS LITÚRXICOS

Cor Significado Senso Uso


Branca Ledicia, victoria, luz, ... Liturxia de Festas de Xesús e da
Nadal, Virxe. Festas dos
Epifanía, Santos non mártires
Pascua
Morado Invitación á penitencia, Tempo de Liturxia dos defuntos
seiedade, sobriedade, Advento e
ledicia contida, á dor Coresma
esperanzada
Vermello Cor do lume e da enerxía, Domingo de Pentecostés. Festas
da sangue derramada, do Ramos e dos santos mártires
amor feito entrega, ... Venres Santo
Verde A vida vivida con É o tempo Tempo ordinario
esperanza, con común onde
serenidade e con paz non se celebra
nada
“ESPECIAL”
Esquema do Ano Litúrxico e as cores de cada tempo litúrxico

53
54
ORDINARIO PASCUA CORESMA ORDINARIO NADAL ADVENTO

É o tempo
É o tempo común Do latín
común onde Do hebreo De cuadragésima De Nativitas o
onde non se adventus:
non se pesah: Paso do dies: 40 días antes da dies natalis:
celebra nada venida,
Significado

celebra nada Señor Pascua nacemento


“ESPECIAL” chegada
“ESPECIAL”

VERDE BRANCO MORADO VERDE BRANCA MORADA


Cor

O domingo
Primeiro lúns Noiteboa: vixilia
Lúns seguinte Tarde do Xoves próximo ó
Mércores de cinza despois do 6 de do Nadal (24 de
a Pentecostés Santo 30 de
Comezo

xaneiro nadal)
ESQUEMA DO ANO LITÚRXICO

novembro
25 a 29
semanas 50 días máis o De 5 a 9 semanas (+/-)
40 días 4 semanas
segundo a triduo pascual segundo a Pascua 2 semanas
Duración

Pascua
Sábado
Bautismo de
anterior ó
Día de Xoves Santo pola Martes de Xesús: domingo 24 de
Final

primeiro
Pentecostés tarde Antroido seguinte ó 6 de decembro
domingo de
xaneiro
Advento Preparar a Pascua
Meditar a Celebrar a Meditar a palabra
(mediante a Celebrar a
Senso

palabra e resurrección de e xestos de Xesús Avivar nos


lembranza do presencia viva de
xestos de Xesús, que que nos narran crentes a
Bautismo e a Deus no mundo
Xesús para venceu o mal. É acontecementos espera do
penitencia) ó longo por medio da
manter e facer o culme do ano celebrados en Señor Xesús
de40 días (símbolo encarnación
crecer a fe nel litúrxico. Nadal e Pascua
bíblico)
O local Do grupo o seu local
Dos membros o seu coidado
O meu tesouro é este local,
Pola miña honra ei de respetalo.
A boa xogada farei
E todo esto limparei
Todos a unha
Ninguén aquí entrará
Que o quera estragar
Este é parte do texto co que inauguramos o actual local de noso
grupo, nel vemos a importancia que para un scout ten o seu local,
do mesmo xeito que para as unidades é o seu recanto. O local
de Pioneiros é a nosa casa, non é coma un museo no que nada
se pode tocar, todo o contrario é un lugar funcional para facer a
Empresa, para traballar, para compartir, para divertirse, un lugar
para nós, pero tamén para o disfrute dos demais xa que podemos
invitar ós amigos do barrio, acoller a outras unidades ou grupos. É
o noso territorio onde podemos expresarnos e levar a cabo as nosas
ideas. Máis aínda que o local é noso para facer o que queramos,
temos que ter claro que está na sede do noso grupo, que debemos
coidalo, respetalo e con certas normas nosas e do grupo. Do local

TODOS SOMOS RESPONSABLES.

55
xogos ...
textos ...
frases ...
pelis ...
cousas ...
… interesantes
56
Xogo “Enlázaos”
Personaxes Características Persoa Nova
Libre
Crítica
Aberta
Auténtica
Comprometida
Solidaria
Ama

Castelao, Teresa de Calcuta, Gandhi, Charles Chaplín,


Vladimir Ilich Ulianov , Kurt Albert, Otero Pedrayo, Alexándre
Bóveda, Victor Jara, …

Ser Pioneir@ hoxe nos reclama ilusión e nos esixe que poñamos
todo no xogo, o que nos levará polo camiño da nosa realización
persoal e comunitaria para estar preparados para o mundo de mañá.

O Pioneiro non ten que ser pasivo e individualista, senón creativo


e comunitario.

O Pioneiro debe ter e aprender unha serie de recursos e técnicas.


Debe saber empregar o que a natureza lle pon á man e mediante
as técnicas de aire libre e de traballo poder vivir a natureza e atopar
nela a man de Deus. Son importantes tamén as técnicas artísticas e
culturais.

En canto as técnicas B.P. nos di: “Para conseguir tal habilidade é


preciso saber primeiro como se fai o traballo e, en segundo lugar,
ter moita práctica”.

57
E Di B.P. na fogata 9 do Escutismo para Rapaces
Levantando o campamento:
Non esquenzades nunca que o estado no que deixedes o terreo
onde acampáchedes ref licte o grao de pulcritude da unidade ou
patrulla que o usou. Ningún Scout que se precie de selo deixa
sucio o campo. Barren ben e enterran ou queiman até o desperdicio
máis pequeño. Evitade que os donos teñan que limpalo logo de
que vos marchárades e así estarán dispostos a deixárvolo de novo.
É unha grande deshonra para unha unidade, patrulla ou campista
solitario deixar o lugar sucio ou desarranxado
Lembrade cales son as únicas dúas cousas que deberedes deixar
ó retirarvos:
1. NADA
2. A EXPRESIÓN DA VOSA GRATITUDE CARA O DONO DO
TERREO.

E di B.P. o final do Escutismo para Rapaces


Facede a vosa parte
Así pois, cumpramos todos coa nosa parte. Os que sexades Scouts,
tomade a determinación de ser mellores Scouts, non só nas artes
manuais e en acampar, senón apegándovos á Lei en poñéndoa en
práctica. Se non sodes Scouts, adherídevos a esta hermandade. O
futuro está aí es todos somos necesarios.
Finalmente. Espero que, neste libro, puidese presentarvos algo do
atractivo que o Escutismo ten para todos nós.
Desexo que todos vós vos sintades verdadeiros Scouts ”que viven
na selva”, capaces de bastarse por eles mesmos e non só Scouts
de unidade meticulosamente coidados por Guías de Patrulla e
Responsables.
Sei que vós desearedes estar á altura do verdadeiro Scout e facer
as cousas por vos mesmos e que os feitos dos antigos exploradores
e garda-fronteiras, esperten en vós o espírito de aventura; que, a
pesar dos inventos modernos, desearedes facer as cousas por vos
mesmos, coidándovos e gozando da libertade que produce a vida
o ar libre.
58
Só tratei de suxerirvos algunhas das formas de facer esto e
axudarvos a convertirvos en verdadeiros homes.
O Escutismo é un magnífico xogo, se poñemos o noso empeño
en practicalo con verdadeiro entusiasmo. Practicándoo, gañamos
nél, como nos demáis xogos, forzas para o noso corpo, para o noso
cerebro e o noso espírito. Pero lembrade: ¡É un xogo ó ar libre! Polo
tanto, cada vez que teñades a oportunidade, saíde ó campo e ¡Boa
sorte e bos campamentos!

CREDO SCOUT

Cremos na RESPONSABILIDADE e no COMPROMISO.


Cremos na HONRADEZ.
Cremos na SOLIDARIEDADE sobre todo cos máis débiles.
Cremos no RESPETO ÁS PERSOAS por riba das ideas.
Cremos na NATUREZA como manifestación de DEUS.
Cremos no PROGRESO das persoas como signo de madurez.
Cremos na SUPERACIÓN das dificultades se no lo
propoñemos.
Cremos no TRABALLO como colaboración á obra de DEUS.
Cremos na AUSTERIDADE e no SACRIFICIO fronte ó
consumismo e o luxo da nosa sociedade.
Cremos no COMPAÑEIRISMO e na AMIZADE.
Cremos no AMOR e no PERDÓN.
Cremos na LEDICIA.
Cremos na XUSTIZA e na PAZ.
Cremos en XESÚS DE NAZARET e en BADEN POWELL, que
nos transmitiron estes VALORES coma un programa de vida.
AMÉN

59
CARTA DOS PIONEIROS
Un Pioneiro ama a vida.
Desenvolve todas as súas actividades.
Vive o seu corpo, e respeta o dos demais.
Inventar e crear fan dun Pioneiro un actor e non un espectador.
Buscador de Deus, un Pioneiro comparte as súas conviccións.
Atopa nas súas dúbidas razóns para crer.
Reza cos que cren.
Un Pioneiro non actúa só para el, rexeita a inxustiza e adica a todos
a mesma atención.
Sempre se pode contar cun Pioneiro.
Non ten medo a elexir e vai sempre ata o final.

“Hai homes que loitan un día


e son bos,
hai outros que loitan un ano
e son mellores,
os hai que loitan moitos anos
e son moi bos,
pero os hai que loitan toda a vida,
aqueles son os imprescindibles”
Bertolt Brecht

SER FORTE PARA SER ÚTIL:


Era o lema de Georges Hébert. Aplicou esta filosofía e o seu método
de entrenamento a diferentes colectivos, xa que se un era forte podía
resultar máis útil nunha situación de perigo e podería salvar vidas.
Pero non só era a forma física, xa que tras dela, hai unha filosofía de
humildade, xenerosidade, etc. Todo un espíritu de axuda.
O Parkour emana desta fonte.

Ítaca - O importante non é conseguir a meta en si mesma, senón o


camiño que se percorre para alcanzala, as cousas que aprendemos
facendo, esto é un simil da vida mesma.

60
“Non. Non o intentes. Faino, ou non o fagas, mais non o intentes.” —
Mestre Yoda

“O tamaño non importa. Mírame a mín. Xúlgasme polo meu tamaño,


eh? E non deberías, porque a miña aliada é a forza, e unha poderosa
aliada é... A vida créaa, faina crecer, penétranos e rodéanos... Seres
luminosos somos! Non esta crúa materia!” —Mestre Yoda

Luke: “Pides o imposible”


(Yoda eleva o X-wing sobre o pantano)
Luke: “Eu... Non podo crelo.”
Yoda: “Por iso fallaches.”

O Importante é o que facemos non quen somos.

É o xeito de obrar cada día o que define o tipo de persoas que


somos

SALMO 23
1
Salmo de David.
O Señor é o meu pastor, nada me falta.
2
En prados de herba fresca faime repousar,
3
condúceme xunto a fontes tranquilas, e repara as miñas forzas.
Guíame polo camiño xusto, facendo honra ao seu Nome.
4
Aínda que pase por un val tenebroso, ningún mal temerei,
porque Ti estás comigo. A túa vara e o teu caxato danme seguridade.
5
Prepárasme un banquete para a embexa dos meus adversarios,
perfumas con ungüento a miña cabeza e a miña copa soborda.
6
O teu amor e a túa bondade acompáñanme todos os días da miña
vida;
e habitarei na casa do Señor por anos sen termo.

61
SI ME FALTA EL AMOR (Canción)
Aunque yo dominara las lenguas arcanas
y el lenguaje del cielo supiera expresar,
solamente sería una hueca campana,
si me falta el amor.
Si me falta el amor, no me sirve de nada,
si me falta el amor, nada soy. (Bis)
Aunque todos mis bienes dejase a los pobres
y mi cuerpo en el fuego quisiera inmolar,
todo aquello sería una inútil hazaña,
si me falta el amor.
Si me falta el amor, no me sirve de nada,
si me falta el amor, nada soy. (Bis)
Aunque yo revelase los grandes misterios
y mi fe las montañas pudiera mover,
no tendría valor ni me sirve de nada,
si me falta el amor.
Si me falta el amor, no me sirve de nada,
si me falta el amor, nada soy. (Bis)

Walt Whitman
Collede as rosas mentras podades;
veloz o tempo voa.
A mesma f lor que hoxe admirades,
mañá estará morta......
Que ti estás aquí,
que existe a vida e a identidade,
que prosigue o poderoso drama
e que ti podes contribuir cun verso.

Walt Whitman
Non desfaiezas se non me atopas pronto.
Se non estou nun lugar, búscame noutro.
Nalgún lugar estarei esperándote.

62
Pelis interesantes:
à El Club de los Poetas muertos de Peter Weir con Robin Willians
à El secreto de la pirámide de Barry Levinson
à El Señor de las Moscas de Harry Hook

Velaiquí tes outras cuestións para traballar e ref lexionar.


------ COÑECEMENTO DO PROPIO CORPO ------
- O meu corpo non é unha cousa diferente de mín,
é un elemento da miña persoa.
- Teño que aceptalo coa súa sexualidade e
características físicas.
- A través del podo expresar o que penso e o que
sinto e me comunico cos demais.
- É necesario que desenrrolemos ó máximo as
nosas posibilidades físicas sabendo que non son as
mesmas para todos.
- Haberá pois, que manter en forma o noso corpo
procurando facelo áxil e evitando o que poda ir en
contra do seu desenrrolo.
- Que medios temos para conseguilo? Como
nos esforzamos?
---------- A NOSA SENSIBILIDADE ----------
- Encaixas sen apaixonamento as situacións persoais
e do grupo, ou te deixas levar polo ambente?
- Somos capaces de descobrir e avaliar a beleza
das cousas e situacións?
- Cando algunha persoa que nos rodea ten algún
problema, somos bastante observadores para
darnos conta?
- Facemos nosas as situacións e os problemas dos
outros grupos e os do noso grupo?
---------- APERTURA CARA OS DEMAIS ----------
- Pensaches que as outras persoas tamén poden
ter razón?

63
- O noso grupo contactou con outros mozos do
barrio?
- Hai que abrirse cara os demais. Viviches a ledicia
de facer algo por outra xente?
---------- A AMIZADE ----------
- Só somos amigos mentres non hai dificultades?
- Ou somos capaces der ver as cousas que van mal
e falar sen quedar enfadados?
- Falamos no grupo de todas as cousas? Incluso das
vantaxes e dificultades que nos trae a relación coas
persoas do outro sexo?
---------- AUSTERIDADE ----------
- A austeridade non quere dicir privarse do necesario,
nin quere decir “facer sacrificios”. - A austeridade
é unha maneira de vivir que non é ser esclavo do
máis caro, que é non precisar compralo todo, que
é saber prescindir das cousas superf luas ás cales
nos temos acostumado. Os discos, roupa, bebidas,
… non lles damos moitas veces máis importancia
da que teñen?
- Non hai cousas que poderíamos facelas nós e
nembargantes as mercamos?
---------- RELACIÓN CHICA-CHICO ----------
- Sabemos que as relacións entre xente nova pode
ser de unha maneira diferente de cómo a sociedade
as presenta.
- Temos que buscar, ante todo, unhas relacións
entre persoas.
- Como o vemos nós? Cando nos relacionamos
chicas e chicos, descobrimos algo máis que o físico?
- Por comodidade ou por rutina os mozos e mozas,
fan no grupo traballos diferentes?
- Non será que en algúns momentos queremos
“fardar” e facernos ver?

64
---------- A FE ----------
- A fe é para min unha rutina, unha cousa de vellos
e beatas? Ou ben ten algunha relación co que fago
cada día?
- Que nos pide o ser cristián no grupo, na empresa,
na escola, na familia, no traballo, …
- Estaría moi ben poder compartir e celebrar co
grupo e cos outros a nosa vontade de seguir a
Cristo
---------- COÑECEMENTO DO QUE NOS RODEA
----------
- Cando viaxo, interesame a historia, o arte, os
lugares e a xente coa que me atopo?
- No noso barrio de Monte Alto vive moita xente, son
coñecedor dos seus problemas?
- Do que imos descubrindo e coñecendo día tras
día, preguntome …
* … porque son así?
* … quen o fai posible?
* … que motivos existen?
* … como se fai?
* …?
- Preocúpaste por coñecer mellor Galicia?
---------- ESTUDOS E TRABALLO ----------
- Chega un momento no que todos temos que
plantexarnos seriamente o traballo ou profesión que
queremos realizar, pode ser este o momento?
- Que é para ti o traballo ou estudio?
* unha cousa importante
* un medio para realizarte como persoa
* un xeito de estar máis presente na sociedade
servindo ós demais
* un modo de participar na construcción dun mundo
máis xusto e humano

65
* unha cousa imposta (familia ou circunstancias)
* un medio para gañar diñeiro
* unha ocupación para un tempo
*…
---------- O TEMPO LIBRE E O OCIO ----------
- Como valorar o teu tempo libre? Como o empregas?
Os días de festa, nos arrastran de cadeira en cadeira
mirándonos con cara aburrida? Imos á festa ou nos
atopamos sen ganas “os de sempre”?
- O tempo de lecer non ten que ser para non facer
nada. Témolo para empregar nun melloramento
persoal e dos outros.
---------- TÉCNICAS ----------
- Pensaches se as diferencias técnicas son para ti
un medio de creación, de realización, de expresión
persoal?
- serven para facer cousas útiles e para poñerte o
servizo dos demais? (ser forte para ser útil)
- Ampliando coñecementos, desenrrolando aficións,
relacionándonos cos outros.

66
Este Eixo é unha modernización, reinterpretación e as veces
traducción feita a partir de “El Eje” usado no Grupo Scout
Nyeri para metodoloxía de traballo dos Pioneiros de Scouts de
Galicia Escutismo Católico Galego, por un equipo de traballo.
Xeira 2010-2011
Non é un documento oficial da citada Federación Scout aínda
que este equipo de traballo a ofrece para todos os scouts polo
compromiso que entendemos cara eles, xa que vendo a realidade
simplemente consideramos de grande importancia realizar este
Eixo para a formación das novas xeracións. A realidade non foi outra
que a ansia de aprendizaxe, as ganas de medrar e a crenza real
no ESCUTISMO de varias Pioneiras que buscaban información e
coas que tivemos a sorte e privilexio de cruzarnos no seu camiño.
Como dixo Lord Kitchener “Hai un pensamento que eu quixera
grabar en todos vós: unha vez scout, sempre scout” e nós que
por circunstancias da vida estamos, polo de agora, afastados da
educación directa dos mozos e mozas scouts queremos facer honra
deste pensamento e coma sempre ilusionados e apaixonados polo
escutismo sacamos esto. Esperemos que sexa de utilidade.
Nos vemos saíndo o campo. LAP

67
Ficha A - As nosas Opcións no Pioneirismo:
Recén chegados a esta nova etapa todos teremos que plantexarnos
o Compromiso persoal de vivir e de esforzarse en cumprir as regras
do xogo. Como noutras etapas do escutismo este compromiso
nos pide:
• Coñecer, amar e construir o noso entorno e o noso país: vivimos
nun lugar concreto, polo que non podemos ser indiferentes ó
que nos rodea. A historia, a lingua, a cultura, o noso barrio e
cidade, a xente que vive aquí e as diferentes situacións nas que
se atopan, teñen que ser do noso interese non como cotilleo
(que hai moito polo mundo) senón para facer as actividades
do grupo; teñen que axudarnos a conectar coa nosa realidade,
coñecela a fondo e sobre todo deben servirnos para participar
activamente na súa transformación. Coñecemos e analizamos
a realidade para tratar de solucionar os problemas que hai
na sociedade.
• Estar abertos ó descubrimento da Fe e facela viva no
noso redor: con esto nós queremos dicir que ser cristián
non é só cumplir unhas prácticas relixiosas, senón
coñecer os feitos e palabras de Xesús e procurar vivilos.
Non podemos separar os feitos da vida normal e os problemas da
Fe. As discusións teóricas sobre a existencia de Deus, as relixións
que hai, etc dificilmente nos levan a vivir o auténtico cristianismo.
Non temos que eliminar a relixión, nin a Igrexa ou os curas
porque se fale mal deles, pero sí temos que saber revisar e
criticar, analizar para mellorar como membros da Igrexa (Xesús
dixo, “Porque onde estean dous ou tres reunidos no meu nome,
alí estou eu no medio deles” Mateo 18, 20). O amor ós demais
é o que fai movernos e avanzar. A vida de xeito grupal así como
as nosas accións nos axudan na transformación do mundo.
É importante que entre todos xuntos atopemos o xeito de
expresar e celebrar que estamos contentos de ser amigos de
Cristo, e iso podemos facelo en grupo, nas veladas, saídas, no
Gran Boom, nos Consellos, …
68
• Estar en unión e fraternidade cos demais Scouts na tarefa de
mellorar o mundo. O compromiso, impúlsanos ó servicio como
actitude. Nós estamos Sempre Dispostos, por iso nesta etapa
comezamos a abrir os nosos esforzos de servicio fora do noso
grupo de referencia (a pandilla de amigos), pero co grupo Nyeri
como punto de partida. Coma sempre, a busca desa Persoa Nova
nos levará a potenciar a característica da SOLIDARIEDADE.
Non é necesario decir que aceptar o compromiso nos
esixe moito esforzo e contancia, pero ser scout non é fácil.
Outros moitos compañeiros scouts, neste e noutros países tamén
aceptan este compromiso. Esto danos esperanza ó ver que non
só non estamos sós, senón que somos un montón de persoas
que cremos que paga a pena traballar para facer deste mundo
un lugar mellor. Como Pioneiros comezamos a melloralo a partir
do noso Equipo e coas nosas Empresas no noso Grupo Nyeri.
O noso Compromiso se pode expresar de moitos xeitos distintos
pero sempre ten que ser: PERSOAL, CONSCIENTE E LIBRE, NO
QUE PARTICIPEMOS TODOS E SEMPRE CON MOITAS DOSES
DE LEDICIA E ESPERANZA.

69
FICHA B – CARGOS
OS CARGOS DO EQUIPO
Para poder cumprir as nosas obrigas como equipo
de traballo que somos, temos que decidir quen fai por norma xeral
certas tarefas, por iso debemos elexir os seguintes cargos.

• Coordinador: será a persoa que nos represente, por exemplo


na Xunta de Coordinación, é quen se encarga de organizar os
demais membros do Equipo para que cumprindo os seus cargos
se podan acadar os obxectivos. É unha persoa con experiencia
que ten que preocuparse de coidar as persoas do seu redor
especialmente as do seu Equipo. Non é o que fai todas as tarefas
e cargos do Equipo senón que organiza para que se cumplan.
• Subcoordinador: a pesar do que se pensa moitas veces de que
non ten nada que facer, é un cargo fundamental xa que non só
fai as tarefas do Coordinador cando este non está, senón que
para que o Equipo marche ben ten que estar sempre pendente de
todos os membros: como están, o que lles gosta, o que precisan.
Ten que ter unha relación moi fluída co Coordinador para que
este poida facer ben as súas funcións e canto máis traballen en
conxunto o Subcoordinador poderá liderar e representar mellor
o Equipo cando falte o Coordinador e o Equipo conseguirá máis
metas. Ademais é fundamental a súa función de velar por que
o Coordinador faga ben as súas tarefas, senón ser o primerio en
detectalo e poñer remedio, animándoo, dándolle un toque de
atención, … según o que se precise. O estar liberado das funcións
do Coordinador (quen ten que “ocuparse” dos membros) soe
ser a persoa do Equipo que está libre para ser voluntario, dando
exemplo a toda a Unidade ou Grupo.
• Secretario: é o que escrebe a acta de todas as actividades nas
que participe o Equipo. Como tarefa especial é a de manter
sempre viva a Historia do Equipo escrebendo no Libro de Ouro
e mantendo este sempre ben actualizado coas informacións
máis importantes e relevantes para que as futuras xeracións que
70
formen parte do Equipo podan desfrutar e aprender delas. Non
fai falla decir que é un libro secreto só ó alcance dos que forman
parte ou formaron parte dese Equipo.
• Tesoureiro: é o que se encarga de administrar o diñeiro do Equipo.
Normalmente os equipos fixan unhas cotas que non teñen nada
que ver coas da Unidade ou Grupo para gastos propios só do
Equipo, como poden ser arranxar o local do Equipo, saídas,
acampadas, ir ó cine, …
• Encargado de material: é a persoa designada polo Equipo para
tratar co encargado de material do grupo e solicitar calquera
utensilio, ferramenta, … É quen está pendente de que o material
se colla e se devolva en bo estado, mantendo un listado para
que todo o que se leve se devolva.
• Enlace: é o encargado de transmitir todas as mensaxes entre as
reunións e manter o contacto entre todo o Equipo e cos demais.
• Animador: é a persoa que designa o Equipo para animar os
lumes de campamento, as veladas, as marchas ou calquera
evento. Ten sempre no seu Caderno de Caza unha chea de
recursos como xogos, cancións, obradoiros,… cos que poda
animar en calquera momento independientemente do material.
É importante que sexa unha persoa astuta e animada. É moi
frecuente que saiba ou aprenda a tocar algún instrumento para
poder animar mellor.
• Outros: depende das necesidades e integrantes do Equipo
haberá máis ou menos cargos, dos que están aquí indicados
algúns son claramente imprescindibles. :)

OS CARGOS DA UNIDADE
Normalmente só hai un cargo de Unidade que é o Secretario de
Póla que levantará actas de todas as reunións nas que estean
representados os Equipos (na súa totalidade ou en parte como
por exemplo no caso da Xunta de Coordinación). É un cargo
moi interesante, lóxicamente desempeñado por un Coordinador,
porque é o que redacta a acta dos acordos tomados nas Asambleas,
Consellos da Lei e Xuntas de Coordinación (nestas últimas só están
presentes eles e os Responsables).
71
Ficha C - ÓRGANOS DE GOBERNO
UNIDADE PIONEIROS
ÓRGANO O FORMAN FUNCIÓN REÚNESE PODER
- Tantas
- Dictan as veces como
sexa preciso
Toda a normas xerais.
o princpio
- Escoller e
Unidade para

(fai as normas)
DE UNIDADE

- Na Constitución - En todo aquelo que a maiores considere o Consello da Lei.


ASAMBLEA

Lexislativo
artellar as
(Pioneiros e elaborar a
Empresas.
Responsable Contitución.
- Redactar a
s). Todos - Para cada
con voz Constitución.
Empresa.
- Discuten sobre
e voto. - Cando o
problemas da
Unidade. solicite
algún
membro.
- Dirixir a
Unidade.
XUNTA DE COORDINACIÓN

Cada

- Nas Cartas (Persoal e Comunitaria)


- Fai cumprir o
semana ou
Coordinador acordado en cada dúas

(as pon en práctica)


es dos Asamblea
semanas
- Elaborar
Executivo
Equipos (con como
normas ou
voz e voto) e máximo
Responsable acordos (sempre (deben ser
s (só con inferiores ás da
reunións mui
voz) Asamblea)
curtas pero
- Afina os
moi
obxectivos da efectivas)
Empresa, os
(1) Avalía e revisa baseándose en:

obradoiros…
- Avaliar o
cumprimento das - Sempre o
(vela polo seu cumplimento e mira

normas da remate de
que se poñan ven en práctica)

Asamblea de cada
Pioneiros
con Promesa Unidade e Xunta trimestre.
de Coordinación. -
CONSELLO

(con voz e
Xudicial

- Vixiar a marcha Eventualmen


DA LEI

voto) e
da Empresa. te para
Responsable
- Na Lei Scout

s (só con voz - Analizar e avaliar o


cando se avaliar o progreso
progreso persoal persoal ou
lles pida)
e comunitario de comunitario
todos os ou calquera
membros da norma posta.
Unidade. (1)
72
A XUNTA DE COORDINACIÓN:
É o órgano coordenador da marcha da Empresa. Vixía que todo
funcione o ritmo acordado.
Está formada polo Coordinador de cada Equipo e os Responsables.

Que fai?
Ó comezo da empresa concreta o obradoiro e tarefas a preparar
por cada un dos Equipos e ademais elabora o planning a realizar.
Durante a Empresa coordina a marcha dos Equipos e resolve os
pequenos problemas que van saíndo. Mantén o nivel de animación
durante todo o tempo que dura a Empresa.
Debería ser o encargado de prever e planificar o Gran Boom final
da Empresa.

Unha reunión da Xunta de Coordinación en tempo de Empresa


Esto pode ser unha pequena axuda para conseguir que sexan moi
curtas e efectivas, non unha guía a seguir cegamente.
O primeiro é expoñer o traballo de cada un dos Obradoiros.
A Xunta compara o exposto co traballo previsto para cada
Obradoiro.
Avalíase a actuación de cada Equipo e de cada membro (se non hai
incidentes a destacar non é un exame exhaustivo, para iso xa está
o Consello da Lei).
Planifícanse as tarefas pendentes de cada Equipo. Cada
representante entende e toma nota para poder comunicarllelo o
Equipo.
Se é preciso contar coa axuda de algún experto tanto do grupo
como axeno a este, é a Xunta quen debería buscalos (esto non é
unha tarefa exclusiva).
Ten que prever os gastos que haberá. Pensa e avalía os extrajobs.

73
Ficha D - O EXTRAJOB
Para facer calquera Empresa ou actividade (campamento de
verán, por exemplo) precisaremos diñeiro, moito ou pouco, pero
en definitiva diñeiro. Aínda que os nosos pais podan dárnolo ou
mesmo o Grupo teña fondos non é cuestión de pedilo, xa que somos
suficientemente capaces de financiarnos por nós mesmos. Ter o
noso diñeiro fainos decisores de como gastalo e así conseguimos
certa independencia. Pero non se trata de conseguir cartos porque
si, senón para unha actividade en concreto (habitualmente para a
Empresa, para as acampadas, para ir a unha Jamboree, … ). Por iso
cando o necesitamos facemos os Extrajobs paralelamente a outras
actividades.
Tres puntos básicos do Extrajob:
• Un Extrajob é un instrumento, nunca unha finalidade, por iso
o facemos cando o precisamos e non por rutina. Non se busca
gañar dineiro por telo.
• Non debemos caer na trampa do diñeiro e do consumo: hai que
descubrir a austeridade. Non debemos mercar aquelas cousas
que podamos facer nós mesmos xa que esto só conseguirá
apamparnos. Hai que mercar só o que precisemos e saber
conservalo nas mellores condicións, así conseguiremos que
perdure.
• A cotío podemos asociar o Extrajob á Empresa: arranxamos un
sendeiro ou limpamos un río e a cambio os do pobo dannos o
xantar dos días que dure o campamento.
Canto máis creativos e coñecedores do público ó que lle imos
vender o noso extrajob será máis sinxelo que consigamos os nosos
fins. Non debemos quedarnos coa primeira idea que surxa para non
descorrer máis, pensade que sodes parte dun Equipo de Pioneiros,
que estades feitos dunha pasta pouco común, preparados para
todo, con gañas de facer, atrás quedou a vagancia. Unha boa
planificación é a base do ÉXITO.
Un extrajob debe realizarse de xeito áxil, eficaz e efectivo
que nos permita conseguir a financiación para as actividades
importantes. Como toda actividade que nos facemos ten tres fases:
PREPARACIÓN --> REALIZACIÓN --> AVALIACIÓN

74
Ficha E – Carta Persoal
Boas de novo!!
Fai pouco que estás nun Equipo da Unidade de Pioneiros de Grupo
Scout Nyeri, máis compre comezar a pensar se isto de ser Pioneiro
te interesa ou non e se a idea de vivir como unha Persoa Nova é
para ti. É o momento de coñecerte a ti mesmo. O momento de
presentar a túa Carta Persoal no Consello da Lei e de decidir se
queres facer a Promesa, probablemente no Campamento de Nadal,
polo que hai que ir traballando a carta canto antes. Temos que
adicarlle tempo, resolver dúbidas, coñecernos máis, decidir quen
nos pode guiar como Padriño ou Madriña desta etapa, … É algo
tan importante e fundamental para nós que hai que reflexionar,
escribir e ter de novo tempo para reflexionar e reescribir, este non
é traballo para unhas horas antes do Consello da Lei (nas que como
moito podemos redactar o PREVIAMENTE TRABALLADO).
Por se non o sabes hai 3 principios ou opcións fundamentais na
pola de pioneiros, que son fe, país e compromiso.
A fe é a certeza do que se espera e a evidencia do que non se ve
(heb 11:1). Nace dun desexo que o apoia o cal atopou unha crenza
añadíndolle a iso a forza que aportou a aprobación grupal dun
colectivo. (Este parágrafo o entendedes?? Sobre todo logo do punto).
A opción país, ten como obxectivo a identificación do pioneiro
coa terra, as diversas falas, culturas, … recordando que temos que
deixar o mundo mellor do que o atopamos.
E por último, a opción compromiso, esa palabra os soa un pouco
máis cercana pero, que é en realidade compromiso? Neste caso
refírese a calqueira acordo, que ti asumes co fin de acadalo. Máis
moita xente, os compromisos e as cousas que implican os toman
como se fora unha carga. Pero en realidade é o medio ideal para
perfeccionarse como persoa a través deses actos.
Ademais do escrito no Eixo (a Lei Scout, as características da
Persoa Nova, o noso estilo, …), velaiquí tes unhas preguntas que
te axudarán a escribir a túa Carta Persoal, a coñecerte mellor e a
coñecer o que é ser pioneiro. A decidir se queres comprometerte
75
coa pola, e sobre todo te axudará a reflexionar sobre o que en
realidade queres acadar a través da unidade. Como o seu nome
indica, a Carta Persoal, é de cada un tanto no fondo como na
forma, ou sexa que escribide o que sentides como queirades xa
sexa respondendo as preguntas, redactando, … o importante é a
sinceridade.
A promesa é un dos momentos fundamentais na vida dun scout.
Pensa que só a facemos unha vez en cada Unidade e lle damos
cumprimento en toda a nosa vida, polo que se nos vai acompañar
tanto tempo é mellor que o pensemos e entendamos ben ó que
imos comprometernos. Ollo! Unha Promesa non é un fin, non é
unha meta senón unha saída, un comezo.

No que a opción fe respecta …


• como di no artigo da lei scout: “o scout ve na natureza a obra
de Deus e coida a vida” que poderías dicir sobre isto?
• quizais a fe na túa unidade vívase dunha forma moi lonxana, e
dicir, que non se lle de a importancia que se merece, ou quizais
non, e sí contades con ela en moitas ocasións, pero se non é así,
que poderías facer ao respecto? E como te gustaría que se vivise
a opción fe na Unidade?
• pensas que te implicas o suficiente na opción fé como para
pertencer a un grupo scout católico?
• nós somos un movemento da Igrexa. Coñeces algún outro
grupo dentro dela? Sabes o que fan?

Referido a opción país …


• se che din que a unidade de pioneiros está nunha asamblea
de eleción … cal crees que será a súa forma de chegar a un
acordo? Como será o seu modo de traballo?
• seguramente ti poidas axudar de diversas maneiras a “crear un
mundo novo” cal será o teu gran de area?
• Galicia … “a terra dos mil ríos”, chea de cultura, e historia … e ti
vas ser o seu futuro … como vas contribuir no seu crecemento?
Como pensas coñecer máis Galicia?
76
• o mundo hoxe en día, está cheo de problemas e conflictos,
máis ti eso non o podes cambiar, pero podes axudar noutras
moitas cousas … que poderías oportar para “deixar o mundo
en mellores condicións de cómo o atopamos”? Que ideas
expoñerías para que na sociedade todos puxeran o seu gran de
area?

E por último como opción compromiso …


• se estás aquí, abofé que estarás nun equipo pioneiro que vas a
facer para levar o teu cardo o mellor posible?
• como xa sabes isto é unha carta personal, e aínda que en todas
as preguntas valóraste a ti mesmo, nós plantexámosche esta
pregunta: coñéceste ben a ti mesmo? Cales son as túas virtudes
e os teus defectos?
• Que vas a aportar ou facer para que a unidade colla ritmo, sexa
máis activa e froitífera?
• se tiveras que comprometerte coa pola para realizar algo
técnico como facer construccións, aprender técnicas, bailar,
tocar un instrumento … co fin de ensinarllo ós demais, ou só
por diversión cal sería? Porque non te animas a intentalo?
• Algunha vez escoitaches “Mens sana in corpore sano” ou “Ser
forte para ser útil”? sabes o que queren decir? Aplicas estes
lemas na túa vida?
• Agora pensa na figura (que significado ten aquí figura?) que
che gustaría acadar e o que che falta para selo. Critícate, dalle
voltas, … proponte metas e escribe todo o que non puideches
dicir antes.

Referido as características da Persoa Nova …


Nesta primeira fase do ano, mediante a Promesa debes plantexarte
se queres comprometerte na procura da Persoa Nova, e para
iso debes entender ben o significado de: Libre, Crítico, Aberto,
Auténtico, Comprometido, Solidario e Que Ama

77
A Promesa ten un texto concreto, que resume ó que nos
comprometemos nesta nova etapa e ademais é habitual (non
obrigatorio) que cada un engada unha parte persoal. Como
momento importante que é na nosa vida é un acto solemne. Así,
o texto di:
“Eu … prometo esforzarme en ser un home/muller novo/a
traballando polo meu País, vivindo e compartindo a miña fe para
crear un mundo novo, tomando como eixo da miña vida a Lei Scout
como medio para facelo.
Para cumpri-la miña promesa, pídoche axuda, Deus, e tamén vola
pido a vos, irmáns scouts”

Sara Rey e Anabel Vázquez


BOA CAZA

78
Ficha F – Carta Social
Pasou xa bastante tempo dende que entraches a formar parte
dun equipo pioneiro. Xa es dos “antigos” dos Equipos e cada día
que pasa tes máis responsabilidades. Ó chegar, o primeiro ano,
tiveches un tempo para coñecerte e decidir se querías vivir como un
Pioneiro. A Persoa Nova comezou a darlle unha perspectiva nova
a túa vida e logo da Promesa comezaches a afondar no significado
e vivencia de: Libre, Auténtico, Crítico e Aberto, para así agora
ir centrándonos no NÓS como conxunto, no Compromiso e na
Solidariedade; para chegar a capacidade de AMAR como resultado
de interiorizar en nós e para cos demais as características da Persoa
Nova. Como dicíamos, agora é o momento de abrirse ós outros, ó
mundo e de honrar o noso lema estando Sempre Dispostos.
Velaiquí temos algunhas pregunta ou frases que te poden axudar
a redactar a túa Carta Social, mais coma sempre lembrade que son
unhas pistas, non un guión pechado e obligatorio a seguir, e que
se queremos que nos sexa útil hai que traballalo con tempo, non
unhas horas antes do Consello da Lei.

No tocante á Opción fe
• Agora que xa levas tempo traballando e vivindo as características
desa Persoa Nova e estás centrado no NÓS, comprometido e
solidario que Ama, fai unha análise das carácteristicas na túa
persoa.
• Non é a primeira vez que falamos ou reflexionamos sobre a Fe,
mais chegados a este punto tira unhas conclusións sobre como
a vives ti, o teu Equipo e a Unidade. Como vas vivir ti a fe?
Como vas axudar o teu Equipo a vivila e ser unha comunidade
de fe?
• Plantéxate un compromiso cristián de servicio a unha
comunidade, parroquia, … Cal?

79
• O Pobo de Deus ten unha amplia historia, con feitos malos e bos
no presente e no pasado. Nós debemos coñecelos e mediante a
crítica constructiva traballar para construír un futuro sólido e non
caer nos erros do pasado. Cales son os feitos que ti criticarías e
cales loubarías? (lembra que o Pobo de Deus e moi grande non
só te quedes en criticar ou loubar as institucións máis altas)
• Falando de Xesús, Él entregou a vida por nós. Mirando no
teu adentro pensas que fas honor a este sacrificio ou deberías
cambiar algo?

Sobre a Opción Pais


• Que cousas concretas te gustaría mellorar do teu entorno
(parroquia, barrio, cidade)?
• Que compromiso concreto podes acadar sobre a lingua
ou cultura de Galicia? Ademais sinala o xeito concreto
como ti vas celebrar os días importantes de Galicia
(17 de maio día das letras Galegas e 25 de xullo día da Patria
Galega)
• Galicia é un pais cheo de contrastes, tanto nas diferentes
realidades das persoas que viven nas cidades galegas como pola
diferencia que teñen estas respecto os pequenos núcleos de
poboación, moitas veces espallados. Que podes facer para que
ti e a Unidade coñezades máis ese “outro” país e as diferentes
realidades da xente que vivindo tan preto non vive coma ti?
• Cales pensas que son os puntos fortes e os puntos débiles de
Galicia? Como pensas que poderías axudar a solucionar o que
está mal?
• “Deixade o mundo en mellores condicións de como o
atopáchedes”, esta frase a escoitaches antes e seguro que
pensaches nela en moitas ocasións, pero di como podes
contribuir a que tanto a sociedade como a natureza queden en
mellores condicións?

80
Da Opción Compromiso
• Agora que estás no segundo ano, como dixemos, centras os
teus esforzos principais no Nós, que vas facer para tentar que
as persoas que chegaron novas, o teu Equipo ou a Unidade,
adquiran os valores do pioneirismo? Como podes facer para
que o Equipo e Unidade funcionen mellor?
• Como vas coidar o desenrrolo do teu corpo? Como podes
axudar os demais pioneiros neste ámbito?
• Concreta o que vas facer para que funcionen axeitadamente os
Órganos de Goberno da Unidade? E respecto o teu cargo, que
compromiso concreto vas facer? Como podes axudar ós demais
do teu equipo a que cumplan o seu cargo?
• Na Carta Persoal, se te propoñía “comprometerte coa pola
para realizar algo técnico”, como vas a profundizar nesta
especialidade e como lle vas dar un senso de servicio para o
resto do equipo e da unidade?
• O principio do Eixo se te propoñía que te coñeceses a ti mesmo,
virtudes, defectos, ... e se te propoñía que tanto persoalmente
como os demais definisen como es. Pero, como es agora?
(poden axudarte eles de novo) Como che gustaría chegar a ser
o final da etapa? Cal pensas que vai ser o teu legado para os
que queden? Cal te gustaría que fose?

81
Ficha G – A Rota
Presentación da Etapa Rota

82
Fichas H - Técnicas: PUNTOS A REALIZAR
1) Lectura de dous libros de escutismo e comentalos co Padriño/Madriña:
a) Escutismo para rapaces.
b) a elixir.
2) Marcha andando de 20 km. mínimo. Ou 35 en bici.
3) Socorrismo ou Primeiros Auxilios: Saber técnicas básicas. Facer un
obradoiro para o resto do Equipo ou Unidade e unha ficha.
4) Topografía, posta en práctica:
a) Manexo do compás.
b) Mapa.
c) Raid.
5) Lumes: facer como mínimo 3 e saber a súa utilidade. Facer unha ficha.
6) Construccións (construir como mínimo 5, ex. latrinas, vivac, etc).
Facer unha ficha.
7) Facer e durmir nun vivack, por parellas (Raid), Equipos ou Unidade.
8) Meteoroloxía. Facer un obradoiro e ficha para os demais sobre este tema.
9) Nos (mínimo 12 e a súa utilidade). Facer unha ficha.
10) Montar e desmontar unha tenda en 20 minutos todo (por parellas).
11) Cociña: cociñar para toda a unidade. Facer ficha co menú e cantidades
por persoa.
12) Preparar e poñer un rastreo.
13) Facer unha tirolina ou unha ponte de mico, …
14) Preparar e presentar unha velada. (Individual ou por Equipos)
15) Morse ou semáforo. Facer 1 actividade ou obradoiro para o Equipo
ou Unidade.
16) Facer un plano de campamento cun mapa da zoa.
17) Preparar, dirixir e realizar unha descuberta.
18) Levar un tema de actualidade a debate: preparalo, dirixilo e moderalo.
19) Flora: Elexir entre facer unha ficha para recoñecer as diferente árbores
de Galicia, do lugar de acampada, …. Un herbolario (libro ou cartel).
20) Facer un kit de supervivencia persoal e unha cociña para raid cunha lata.
21) Facer un mapa do barrio indicando nel as casas de todos, os servizos
máis importantes e os lugares máis interesantes.
22) Preparar e realizar unha Empresa con éxito.
23) Memoria dun curso. Facer un pequeño libro coas experiencias do Equipo
ou Unidade. Pode facerse entre varios

BOA CAZA

83
FICHA TÉCNICA: CADRO DE CUÑOS

SER FORTE PARA SER ÚTIL:


Era o lema de Georges Hébert.
Aplicou esta filosofía e o seu
método de entrenamento a
diferentes colectivos, xa que se
un era forte, podía resultar máis
útil, nunha situación de perigo e
podería salvar vidas. Pero non
só era a forma física, xa que tras
dela, hai unha filosofía de
humildade, xenerosidade, etc.
Todo un espíritu de axuda.
O Parkour emana desta fonte.
84
Ficha I – Esquema para celebrar sen sacerdote
Pasos para unha celebración sen sacerdote.
A celebración é unha asamblea litúrxica e non unha simple reunión,
pero debe deixar claro que non é unha eucaristía, pois o cerne desta, a
consagración, non pode producirse sen sacerdote. A orde a seguir consta
de dúas partes: a celebración da palabra de Deus e a Distribución da
Comunión; o esquema da celebración consta dos seguintes elementos:
a) Os ritos iniciais: teñen a finalidade de facer que os fieis se reúnan
para constituir a comunidade e se preparen para celebrar con dignidade.
b) A liturxia da Palabra na que Deus mesmo fala ao seu pobo para
manifestarlle o misterio da redención e da salvación, o pobo responde
mediante a profesión de fe (Credo), e a pregaria universal (oración dos fieis).
c) Os ritos da Comuñón, mediante os que se expresa e se realiza a
comuñón con Cristo e mais cos irmáns.
d) A Acción de Gracias coa que Deus é bendecido.
e) Os ritos de conclusión, cos que se indica a relación entre a liturxia e
a vida cristiá.

Esquema da celebración:
a) Os ritos iniciais
• Canto de entrada: ten relación co tempo litúrxico ou festa que se
celebra e manifesta a ledicia do encontro co Señor.
• Saúdo: o moderador di: “No nome do Pai, e do Fillo e do Espírito
Santo” e todos responden “Amén”. Este saúdo é un signo que evoca
a conexión da celebración co baptismo. Nunca debe usar a fórmula
“O Señor sexa convosco”, propia do sacerdote. Pode utilizar “Irmáns,
bendigamos ao Señor que nos invita a súa mesa”
• Acto Penitencial: Non se trata de un exame de conciencia, senón de
suscitar un sentimento de humildade, conversión e perdón para poder
alimentarse da Palabra e mais do Corpo de Cristo. O moderador invita
a esta actitude; silencio para personalizar esta actitude, invocacións
de perdón; conclúese coa seguinte oración “Deus omnipotente teña
piedade de nós, nos conceda o perdón dos nosos pecados e nos
leve á vida eterna”.
• Oración: Terminado o acto penitencial, o laico di “Oremos”, le a
oración colecta(1) do día sen estender as mans e todos responden
“Amén”.

85
b) A liturxia da Palabra
• Primeira lectura.
• Salmo responsorial. O salmo é un texto bíblico polo que Deus fala ó
pobo, e ten relación coa lectura bíblica. É preferible recitar o salmo a
cantar calquera cousa. O lector non debe dicir “Salmo responsorial”.
• Segunda lectura.
• Aleluia. Segue ás lecturas o Aleluia ou, no tempo de Cuaresma, un
canto antes do Evanxeo, senón se canta pode omitirse.
• Evanxeo.
• Comentario. O moderador fai unha explicación das lecturas, a
homilía está reservada ao sacerdote, pero se se considera oportuno, o
moderador poder ler unha homilía escrita polo sacerdote responsable
da comunidade (O Consiliario ou párroco).
• Profesión de fe. rematado o comentario, de pé, recítase o Credo(2) en
resposta á Palabra de Deus. Pode utilizarse calquera dos dous Credos.
• Oracións dos fieis. Peticións propostas ben polo moderador, ben por
outro lector. A sucesión debe ser a seguinte: a) polas necesidades da
Igrexa universal e local; b) polos gobernantes e pola salvación do mundo
enteiro; c) polas necesidades particulares; d) pola comunidade local
c) Os ritos da Comuñón
• Noso Pai(3), o moderador introdúceo con calquera das fórmulas
propostas
• Paz. A paz ten un contido profundamente humano e evanxélico, o
xesto debe levar aparellado un compromiso.
• Presentación do Año de Deus. O moderador di “Este é o año de
Deus, que quita o pecado do mundo. Felices os convidados á mesa
do Señor” e continúa co Rito respondendo todos “Señor, eu non
son merecente de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa
abonda para me sanar”
• Distribución da comuñón
• Silencio
• Oración despois da comuñón
d) A Acción de Gracias, pode facerse de algún dos xeitos seguintes: canto
dun salmo ou himno ou lectura dunha pregaria.
e) Os ritos de conclusión
• Invocación á bendición de Deus. O moderador non pode impartir a
beizón, só pode invocala con algunha das fórmulas. “No nome do
Pai, do Fillo e do Espírito Santo”, “Podedes irvos en Paz” o pobo
responde “Deamoslle grazas a Deus”
• Despedida. Pode utilizarse un canto final que debe ser breve, de alabanza.
86
Oración colecta: É aquela na que o sacerdote recolle todas as intencións
(1)

da comunidade. Adoita resumir o carácter do día ou a festa que se está


celebrando. Comeza coa invitación do sacerdote á oración. Todo o pobo
congregado, a un co sacerdote, permanecen un momento en silencio para
facerse conscientes de estar na presenza de Deus e formular interiormente
as súas súplicas. Entón o sacerdote le a oración que se adoita denominar
colecta, por medio da cal se expresa a índole da celebración. Seguindo
unha antiga tradición da Igrexa, a oración colecta adoita dirixirse a Deus
Pai, por medio de Cristo e no Espírito Santo e termínase coa conclusión
trinitaria, que é a máis longa, do seguinte xeito: Se se dirixe ao Pai: “Polo
noso Señor Xesucristo, o teu Fillo, que vive e reina contigo na unidade do
Espírito Santo e é Deus polos séculos dos séculos”; se se dirixe ao Fillo:
“Ti que vives e reinas co Pai na unidade do Espírito Santo e es Deus polos
séculos dos séculos”. O pobo, para unirse fai súa aclamación: “Amén”.
Na Misa dise sempre unha única oración colecta.

Credo
(2)

Creo en Deus, Pai todopoderoso,


creador do ceo e máis da terra.
Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, o noso Señor,
que foi concebido por obra e gracia do Espíritu Santo
e naceu da virxe María.
Padeceu no tempo de Poncio Pilato
foi crucificado, morto e sepultado, descendeu ós infernos.
O terceiro dia resucitou de entre os mortos, subiu ó ceo,
onde está a direita do Pai,
e de alí virá xulga-los vivos e os mortos.
Creo no Espíritu Santo, na santa igrexa católica,
na comunión dos santos, no perdón do pecados,
na resurrección da carne e na vida eterna.
Amén.
Noso Pai
(3)

Noso Pai que estás no ceo:


santificado sexa o teu nome,
veña a nós o teu reino
e fágase a túa vontade
aquí na terra coma no ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada día;
e perdóa as nosas ofensas
como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,
mais líbranos do mal.
Amén
87
Case rematado este traballo por todos nós, só me queda dar as
GRAZAS a todos aqueles que tiveron algo ou moito que ver para
que este Eixo renacese. Para vos queda o traballo de comezar a
melloralo, amplialo, … que siga vivo e útil. :)

Grazas ás Lis, polo ánimo que me transmiten, polo que aportan e


por ter sempre uns puntos de vista diferentes; a Antonio pola súa
ref lexión, amizade, por estar ahí e polo seu silencio que di máis
que moitas verbas; a Ernesto e Miguel, por ser exemplo vivo,
inspiración, por ser os meus irmáns maiores, padriños e mestres
e por ensinarme o que significa vivir o escutismo e como ir pola
vida; a “banda” dos LAP por entender, vivir e manter todo esto. A
Manolo Cachaldora por estar en sintonía e estar ahí para axudar.
Por suposto o meu Clan, pola vida, cariño, educación, forza, …
por todo; e especialmente a Anabel Vázquez Ansede e Sara Rey
García por obligarme a traballar no que me gusta, por ensinarme
tanto, por manterme nesto, por falarme das súas inquedanzas,
preocupacións, intereses, … facéndome partícipe das súas vidas,
por darme folgos SEMPRE, e por pedirme colaboración para
aprender, xa que sin elas este Eixo nunca se tería comezado como
tal ou adornaría unha estantería.

Moitísimas GRAZAS a todos


Ricardo – A Coruña 17 de maio de 2011

You might also like