You are on page 1of 6

1.1 Explica en que consiste o carácter e a conciencia moral.

O ser humano é un animal


normativo? Por que?
O carácter moral é a nosa condición de ser capaces de actuar de forma libre e responsable,
asumindo as nosas decisións, o que nos diferencia do resto de animais. A conciencia moral é unha
voz íntima que valora as nosas propias normas e accións, para coñecer cal é o comportamento
correcto, que xorde ao buscar os comportamentos que axudaban á manter a nosa comunidade.
O ser humano é normativo, xa que en certas ocasións actúa dun determinado xeito tendo en conta
as normas existentes, que inflúen sobre el.
1.2 Define os valores morais. Son obxectivos ou subxectivos? Razoa a túa resposta.
Os valores morais son o conxunto de motivos que fan que unha normal moral exista, como
respectar aos demais porque as persoas merecen respecto, teñen polaridade (a cada valor
correspóndelle un valor negativo: bo-malo, beleza-fealdade...) e carácter ideal (as normas indican
como debería de ser o mundo, non como é, xa que a maioría da xente está en contra de matar aos
demais, pero séguense cometendo asasinatos).
Existen dúas teorías que indican se estes valores son obxectivos ou subxectivos, a primeira defende
que o ser humano pode descubrir cunha visión sentimental o valor das cousas que o rodean,
mentres que a subxectivista defende que o valor de algo depende da apreciación subxectiva de cada
persoa ou de cada grupo cultural.
Na miña opinión, estes valores son subxectivos, xa que dependendo do ambiente que haxa nunha
sociedade ou noutra, estableceráselle unha importancia diferente a cada valor á hora de constituír
unha norma.
1.3 Cita e explica os seis estadíos do desenvolvemento moral de Kohlberg.
Egocentrismo. Incapacidade para relacionar varias perspectivas e puntos de vista. As normas
acátanse por obediencia e medo ao castigo.
Individualismo. Conciencia de que os demais tamén teñen intereses. As regras só se asumen se
favorecen os propios intereses.
Gregarismo. Capacidade para relacionar distintas perspectivas e poñerse no lugar do outro.
Considéranse normas o que as persoas próximas esperan de nós.
Comunitarismo. Conciencia dos intereses xerais do sistema. Hai que acatar as normas para
conseguir un ben xeral.
Relativismo. Conciencia da pluralidade de normas e valores, que proveñen do consenso, polo que se
espera que estas normas poidan cambiar. As normas lexítimas son as que favorecen á maioría.
Universalismo. Consciencia de que hai valores universais, como a igualdadee, e se hai normas
sociais que os ataquen, pódense incumplir.
1.4 Cales son as clases de intelixencia segundo Gardner? Que é a intelixencia emocional?
Lingüística. Relacionada coa nosa capacidade de dominar un idioma.
Lóxica. Desenvolvemento abstracto preciso e organizado a través de pautas.
Espacial. Integrar obxectos e ordenalos nun espazo.
Musical. Habilidades musicais e ritmos.
Cinestésica. Movemento corporal e reflexos.
Interpersoal. Capacidade de comunicarse con outras persoas.
Intrapersoal. Coñecemento dun mesmo.
A intelixencia emocional é a capacidade de entender, controlar e modificar os estados emocionais
nun mesmo ou noutras persoas. Os seus rasgos principais son a autoconciencia, a empatía, a
motivación, a perseveranza, o control dos sentimentos e a habilidade social. Está relacionada coa
ética, xa que resolve conflictos de modo pacífico, a través da comprensión dos comportamentos
alleos.
1.5 Compara o relativismo moral dos sofistas co intelectualismo moral de Sócrates
Os sofistas defendían que unhas accións que fosen boas nun territorio, non se consideraban do
mesmo xeito noutro lugar, xa que son os membros dunha comunidade os que indican se algo é bo
ou malo. Sócrates defende que a filosofía busca a existencia de definicións universais exactas para
os conceptos éticos. E que a xente que actúa incorrectamente o fai por descoñecemento. O
coñecemento permítenos alcanzar a virtude, xa que se realizamaos unha boa acción sabendo que é
boa, mellorámonos moralmente, mentres que se realizamos unha boa acción por casualidade, a
nosa virtude non crece.
1.6 Explica brevemente o eudemonismo ético grego.
É unha teoría que defende que a felicidade é o obxectivo á alcanzar polos humanos na súa vida.
Esta pódese alcanzar de diferentes xeitos: sendo moderados, como defende o eudemonismo e
Aristóteles; buscando o pracer e evitar o sufrimento, como afirman os eudemonistas; eliminando ás
paixóns, eudemonismo, aceptar o noso destino inexorable; ou buscando o ben común, utilitarismo,
buscando que un maior número de persoas reciban un maior placer.
1.7 Explica a ética formal kantiana. O imperativo categórico.
Segundo Kant, unha xustiza universal ten que involucrarnos a todos, non ten que especificarnos o
que temos que facer, senón como o debemos facer. Toda norma ten que saír dun individuo, non
pode ser imposta por unha autoridade. Isto último viría sendo o imperativo categórico, que defende
que temos que comportarnos como se as nosas accións fosen un modelo a seguir en todo o mundo.
Outra formulación do imperativo categórico sería empregar a calquera ser humano coma un fin, é
dicir, non podemos empregar unha persoa para satisfacer os desexos de outra.
1.8 Explica a hipótese do veo de ignorancia de Rawls. Cres que serve para lexitimar unha
orde moral e social xusta?
Consiste en que unha persoa ten que crear unha sociedade dende cero sen saber en que posicón vai
estar. Esta perspectiva é igualitaria xa que ao non saber o lugar que ocuparemos, preocuparémonos
por mellorar a situación dos que vaian a estar peor. Na miña opinión, isto serve para crear unha
sociedade máis xusta, xa que estaría fundada dende un maior número de puntos de vista diferentes.
1.9 Que é a ética aplicada? A que tipo de problemas se enfronta a bioética e a ética
política?
É a encargada de darlle resposta a cuestións concretas relacionadas á nosa vida cotiá, como os
relacionados coa bioética (está ben modificar xenéticamente aos seres que non naceron? Debe un
médico decir sempre a verdade?…), coa política (un gobernante debe buscar o ben común, hai que
encontrar métodos para frear a corrupción…), co medioambiente (reducir a emisión de gases de
efecto invernadoiro, preservar o medio natural…), coa ética empresarial e laboral (é lícito vender un
producto ocultando os seus defectos? Conciliación entre a vida laboral e familiar, código
deontolóxico…) e internet (o que facemos nas redes pode ter consecuencias reais, información
persoal…).
1.10 Os retos da ética ambiental. En que sentido cabe dicir que “todos os occidentais
debemos ser ecoloxistas”?
A ética ambeintal busca eliminar ou frear as ameazas para o noso ecosistema, como o quecemento
global, ou o efecto invernadoiro, problemas que xurdiron durante a Revolución Industrial. Eu estou
de acordo con que os occidentais debemos ser ecoloxistas, xa que somos os que orixinamos as
fábricas que contaminaron o planeta, e estamos sendo o modelo a seguir do resto do planeta, tanto
no bo como no malo.
2.1 En que sentido é lícita a expresión “o ser humano é un zoon politikon”?
Á hora ade describir ao ser humano como un ser que é incompleto por natureza e precisa vivir
nunha sociedade, tal e como defendía Aristóteles, para así compartir as responsabilidades e os
traballos, e poder garantir a supervivencia de todos os membros do grupo.
Sociabilildade por interese. Hobbes, Freud. Defenden que o ser humano non é social por natureza,
pero prefire vivir nunha sociedade para garantir a supervivencia.
Sociabilidade por natureza. Aristóteles. Fromm. Defenden que o ser humano por natureza é
incompleto e necesita vivir en sociedade para desenvolver as súas posibilidades.
2.2 Explica o concepto de Estado. Cita e explica as súas características esenciais.
O concepto de Estado xorde no século XVI é unha institución encargada de controlar os ben
públicos, os dereitos e as obrigas dunha comunidade, é dicir, teñen o poder sobre un conxunto de
individuos.
Territorial. O poder do Estado só é aplicable nun determinado territorio, con límites en forma de
fronteiras.
Soberano. Non existe ningunha organización superior ao Estado no territoriono que este ten o
poder. Aínda que existen institucións como a ONU ou a UE de carácter supraestatal.
Orde. Ten que garantir a paz e a estabilidade no seu interior, e evitar incursións foráneas,
protexendo en todo momento á poboación no seu interior.
2.3 É o Estado necesario? Explica a posición anarquista e compáraa coa contractualista.
Con cal te quedas? Xustifícao.
O anarquismo defende que o Estado non debería de existir, xa que oprime ao pobo para que só
unhas poucas persoas sexan ricas e poidan controlar aos que teñen menos recursos. O anarquismo
considera ao ser humano bo e solidario por natuerza.
Pola contra, o contractualismo defende que o Estado limita a violencia e aporta seguridade.
Ademais afirma que o Esrado intenta alcanzar o ben común, realizando obras públicas, ou
ofrecendo axudas aos máis desfavorecidos. Hobbes (o Estado debe ser autoritario xa que o home é
un lobo para o home), Locke (democracia representativa, porque o home ten dereitos que teñen
que ser garantidos) e Rousseau (democracia directa, a sociedade corrompe ao individuo, polo que o
home ten que poñer a súa vontade ao servizo da vontade xeral).
Eu estou a favor do Estado, xa que dun xeito ou outro, vai haber xente pobre, pero o Estado
ofrécelle servizos a estas persoas e non as deixa desamparadas.
2.4 Que diferenza o estado totalitario do de dereito? Que amplía respecto deste último o
Estado social de dereito.
No Estado totalitario, non hai división dos poderes executivo, lexislativo e xudicial, é dicir, unha
única persoa é a encargada de gobernar sen límites a un grupo de persoas. A educación, as
noticias… son controladas polo Estado para evitar ameazas contra este.
O Estado de dereito está regulado por unha serie de pautas recollidas nunha constitución. Os
poderes están repartidos entre goberno, parlamento e xuíces. Existen eleccións para que o pobo
elixa aos membros do goberno.
O Estado social de dereito busca combater as desigualdades entre ricos e pobres, polo que o Estado
garantiza servizos básicos a todos os cidadáns, para promover un benestar material.
2.5 A democracia grega. Explica as súas características esenciais. Compáraa coa actual.
Que explica que xurdise na Atenas clásica?
Era unha democracia directa, na cal todos os cidadáns podían participar no goberno sen
intermediarios. As mulleres, os escravos e os estranxeiros non podían votar. Os sofistas ensinaban
oratoria para que os seus alumnos fosen mellor preparados para os debates. Defendían a
inexistencia dunha verdade absoluta.
Na democracia actual, todos os adultos poden votar e as leis non son elixidas directamente, senón
que se elixen aos representantes que se encargan de lexislalas.
A aparición da democracia en Atenas permitiu o auxe dos sofistas, xa que ao seren estranxeiros non
podían votar, entón ensinaban oratoria.
2.6 Explica brevemente o liberalismo político (Locke) e económico (Smith)?
John Locke defende a existencia dun Parlamento, e que o estado protexa os dereitos individuais, e
respecte as reglas de competencia económica, para que os cidadáns poidan cumplir obxectivos ou
intereses sen que o Estado o impida. Se o poder perxudica aos dereitos do pobo, este pode rebelarse
contra o goberno dun xeito xustificado.
Adam Smith defendía que o Estado tiña que asegurar o crecemento económico e a prosperidade das
nacións, e centrábase máis nas liberdades do mercado:
Os intereses do produtor e o consumidor póñenlle prezo a un ben.
Lei da oferta e demanda.
Cando é máis fácil producir un obxecto, o seu prezo baixa.
Defendía polo tanto a existencia da man invisible, é dicir, que o mercado non recesita ao Estado
para regular os prezos.
2.7 A crítica de Marx ao liberalismo.
Critica que os poderosos economicamente buscan crecer de forma constante, a un ritmo imposible.
Ademais realiza alusións ás precarias condicións laborais dos obreiros, afirmando que se tratan
coma se fosen mercadoría.
Tamén busca eliminar as clases sociais para que se deixen de explotar, xa que se está cometendo
unha alienación contra os obreiros: é dicir, estanse privando da súa liberdade ou eliminándolle a
súa condición humana.
Para desalienar ao ser humano, Marx propón a eliminación da superestrutura económica existente,
que inflúe nas leis, na ciencia, na relixión…
A historia é a loita de calses: explotadores e explotados, cun salario precario, do cal os empresarios
collían unha parte para eles mesmos por seren os donos das fabricas nas que traballaban os
obreiros.
2.8 Que é unha utopía? E unha distopía? Explica brevemente a utopía de A República.
Unha utopía é un estado imaxinario no que todas as perfeccións están reunidas, provocando así un
mundo feliz no que reinan paz e xustiza.
Unha distopía, pola contra, é unha sociedade futurista na cal se desenvolve en exceso un trazo
utópico, causando un gran desquilibrio. Hai comodidades e avances científico-técnicos, pero tamén
moito máis control sobre as persoas.
Na utopía de Platón, A República, hai un Estado xusto, no cal a sociedade se divide en clases cunha
función determinada. Os tres principais grupos serían goberno, que dirixiría ao estado, e non
poderían ter nin bens nin formar unha familia, para así evitar a corrupción; gardas, encargados de
manter a seguridade, e produtores, que abastecerían á poboación con alimentos, roupa…
3.1 En que sentido dicimos que o ser humano é simbólico? E creativo? Que teñen que ver eses
atributos co arte?
O ser humano é simbólico xa que é capaz de utilizar un significante para referirse a un significado
concreto ou abstracto. Tamén é creativo, xa que pode desenvolver solucións para un determinado
problema ou mellorar as que existen. O home vive nun universo simbólico, xa que dende pequeño
aprende a identificar aos obxectos por un significante. Ademais a linguaxe diferéncianos do resto de
animais porque nos permite vivir nunha civilización.
A través do arte podemos usar a nosa creatividade para representar unha imaxe ou un pensamento, ou a
linguaxe, como na literatura, que lle aporta detalles á obra.
3.2 Define e explicia os intereses da estética. En que consiste a experiencia e a actitude
estética?
A estética estuda a beleza e as razóns polas que unha obra de arte é bela ou non. A experiencia estética é a
reacción que presentamos ante unha obra segundo as que coñecemos previamente, mentres que a
actitude estética é a forma de analizar un obxecto e evalualo sen estar interesados nel, é dicir, sen
fixarnos en aspectos superficiais. As actitudes cognoscitiva (aprender e ampliar coñecemento),
decorativista (valorar un obxecto secundario pola utilidade decorativa que ten) e crematística (ver obras
por interese económico) afástannos da experiencia estética, xa que fixarían a nosa atención en aspectos
superficiais.
3.3 Como podemos xulgar se un obxecto ten calidades estéticas? Que nos aporta Kant ao
respecto?
Comparándoo con outro obxecto engadíndolle unha determinada calidade. Á hora de realizar un xuízo
sobre unha obra, non podemos quedarnos coas nosas preferencias persoais, Kant defende que ten que
haber unha forma universal de analizar unha obra, e que consistiría en analizala dun xeito desinteresado,
empregando os gustos subxectivos e intersubxectivos (común a todos os suxeitos), para que así os nosos
xuízos fosen universais.
3.4 A beleza é o valor referente da estética, pero é un valor obxectivo ou subxectivo? Razoa a
túa resposta.
O obxectivismo defende que a beleza é unha calidade propia dun obxecto, polo que se se analiza
desinteresadamente, pódese alcanzar un xuízo universal.
O subxectivismo afirma que apreciación da beleza depende do propio suxeito que analiza á obra, segundo
o que transmite esta, polo que a beleza é o sentimento que provoca unha obra no receptor.
Na miña opinión, é un valor subxectivo, xa que, aínda que se aprecie dun xeito desinteresado, unha obra
pode ser interpretada de diferentes maneiras segundo quen a analice.
3.5 Compara a beleza e a fealdade. Cres que o arte debe dedicarse a desvelar ambas esferas?
Por que?
A beleza é a harmonía e a “felicidade” que xera unha obra ao ser percibida por un individuo, mentres que
a fealdade é o conxunto de figuras deformes, desproporcionais que causal incorrecións que desagradan
ao perceptor da obra. A beleza provoca atracción, pracer, bondade… mentres que a fealdade suscita
rexeitamento, maldade, desagrado...
Eu penso que hai que desvelar ambas esferas, porque deste xeito podemos ver un maior número de
características tanto positivas como negativas que nos permitirían facer mellores obras no futuro, e
podendo expresar os sentimentos dun xeito óptimo.

You might also like