You are on page 1of 2

Teorías do trazo

e do tipo
- Teoría do trazo:
Teoría creada por Gordon Allport, un dos primeiros estudantes da psicoloxía
estadounidense dedicada á personalidade. Foi profesor de psicoloxía social e
psicoloxía política na Escola Maxwell de Cidadanía e Asuntos Públicos da
universidade de Siracusa. Foi presidente de: “American Psychological
Asociaron”.
Allport crea unha teoría na que a personalidade é unha estructura que se
forma dos rasgos psicolóxicos da persoa, adquiridos durante a súa
maduración e vida. O elemento que o estrutura todo é o Propium, a nosa
autopercepción sobre que somos seres con vontade independente. A
personalidade vaise formando polos rasgos que se van adquirindo durante a
vida, que nos fan actuar sempre dunha forma concreta. Os seres humanos
temos rasgos similares coma a dependencia a algo, a agresividade, a
sociabilidade, máis cada persoa ten tamén os seus rasgos propios que
marcan a súa personalidade, que son únicos de cada un.
Allport clasifica os rasgos en:
- Rasgos cardinais: Son os rasgos principais que crean a personalidade
e marcan a maioría de comportamentos da persoa.
- Rasgos centrais: Teñen influencia na actuación da persoa, máis só en
certos contextos.
- Rasgos secundarios: Rasgos que non forman parte da personalidade
xeral da persoa, pero poden aparecer en certas ocasións.
A teoría de Allport busca explicar a personalidade como unha estrutura
complexa, formada por rasgos únicos de cada un, ademais de que o ser
humano interactúa co seu entorno, afectando este á actitude da persoa.
- Teoría do tipo:
O somatotipo é unha teoría de psicoloxía constitucional desenvolvida na
década de 1940 por William Herbert Sheldon que tentaba relacionar os tipos
de corpos co temperamento das persoas.
Sheldon clasifica os corpos en tres somatotipos:
- Ectomorfos: Corpos con extremidades largas e pouca graxa
almacenada, que non tenden a desarrollar músculo.
- Mesomorfos: Corpos con ósos de tamaño promedio, con torso macizo,
hombros anchos e cintura delgada, que acostuman a desarrollar
músculo.
- Endomorfos: Corpos con cintura grosa e ósos anchos, que tenden a
almacenar grandes cantidades de graxa.
As ideas de Sheldon baséanse en diversas teorías anteriores, que dividían o
corpo e o alma en tres tipos, e buscaban clasificar os tipos de pensar, saber e
decidir das persoas en relación ao aspecto físico. Sheldon tamén se basou en
diversos esteriotipos con respecto ao aspecto físico, como que os
Endomorfos son descuidados, os mesomorfos valentes e rudos e os
ectomorfos miedosos.
Aínda que a teoría tivo certa influencia nos 50’ , Sheldon non conseguiu
demostrar a súa veracidade. Na actualidade nalgúns campos seguen a
clasificarse os corpos en Mesomorfos, Endomorfos e Ectomorfos, coma unha
clasificación básica, por exemplo, se asocian co levantamento de pesas para
gañar músculo.

Preguntas:
- Cánto dura a terapia da psicoanálise? (Psicoanálise)
- Un exemplo de aplicación da psicoloxía humanista. (Teoría humanista)
- Que é o comportamento? Un exemplo? ( Conductismo)
- Pasos do modelado da personalidade.(Teorías sociocognitivas)
-

You might also like