You are on page 1of 26

CONTIDOS MOTRICES

O COÑECEMENTO DE SI MESMO, O CONTROL MOTOR E A CONCIENCIA CORPORAL

Corpo + espacio + tempo = 3 bloques principais das HPM (Hba. Percep. Motr.)

● Habilidades perceptivo-motrices

○ Aquelas derivadas da estrutura neurolóxica e específicamente dependentes


do funcionamento do Sistema Nervioso Central.
○ Serven de base para o desenvolvemento das HMB (Habilidades Motrices
Básicas).

● Somatognosia.
Relacionada coa corporalidade e referida á análise das sensacións e informacións do propio
corpo.
● Estereognosia.
Relacionada coa temporalidade e espacialidade, encargada do coñecemento e análise das
informacións procedentes do mundo exterior.

● Esquema corporal.

○ Visión cuantitativa.
○ Fai referencia ao morfotipo e estruturas óseas e musculares que forman o
corpo humano, facendo posible unha percepción global e segmentaria deste.

● Imaxe corporal.

○ Visión cualitativa.
○ Fai referencia ao conxunto de ideas que xiran en torno ao corpo de cada
persoa, diferenciando a imaxe corporal obxectiva (a real) e a imaxe corporal
subxectiva (a que desexamos, a que consideramos ideal…)

● Conciencia corporal.
○ Fai referencia ao contínuo contraste entre o esquema e a imaxe corporal.

ESQUEMA CORPORAL IMAXE CORPORAL

- Corpo representado - Corpo percibido

- Visión cuantitativa - Visión cualitativa

- Información principalmente - Información principalmente visual


propioceptiva
- Información consciente
- Información inconsciente
- Corpo espiritual
- Corpo neurolóxico

ESQUEMA CORPORAL

“Intuición de conxunto ou un coñecemento inmediato que temos do noso corpo na relación


das súas diferentes partes entre elas e as súas relacións co espazo circundante de
obxectivos e persoas” (Le Boulch, 2001).

- A evolución do esquema corporal é moi lenta, acadando o pleno desenvolvemento


sobre os 11-12 anos.

- Dende o concepto de esquema corporal, constrúese a imaxe mental do propio


corpo, proceso de interiorización elaborado a partir de sensacións:
Propioceptivas (músculos, tendóns, articulacións…)
Interoceptivas (vísceras)
Exteroceptivas

- O desenvolvemento do esquema corporal segue as leis:

- Cefalocaudal: adquírese o dominio do corpo de arriba-abaixo:


cabeza-tronco-pernas-pés.

- Próxima-distal: pártese dos elementos máis centrais do corpo cara aos


extremos.

- 4 fases de desenvolvemento do esquema corporal (Vayer, 1985):

- Período maternal (0-2 anos).


- Primeira toma de conciencia do corpo.

- Período global de aprendizaxe e do uso de si mesmo (2-5 anos)

- Esencial a relación co adulto, separándose do exterior e


recoñecéndose como individuo único.

- Maior coordinación de movementos a través das manipulacións.

- A motricidade é clave no coñecemento e aprendizaxe.

- Período de transición (5-7 anos)

- Paso dun estadío global a un de diferenciación e análise, froito da


intracción de sensacións propioceptivas e exteroceptivas (sobre todo
visuais).

- Paso do corpo en acción ao corpo representado.

- Desenvolvemento das posibilidades do control postural e respiratorio,


da consolidación da lateralidade e independencia dos brazos respecto
ao tronco.

- Elaboración definitiva do esquema corporal (7-12 anos).

- Perfeccionamento do control movemento. Relaxación segmentaria e


INDEPENDENCIA…

● 3 niveis de desenvolvemento do esquema corporal (Ajuriaguerra, citado por


Martínez, 2014):

1. Nivel de corpo vivido (ata os 3 anos).


Coñecemento do corpo a través das experiencias co entorno cercano. Comportamento
motor de carácter global e non existe diferenciación entre o afectivo e o cognitivo.

2. Nivel de corpo percibido (3-7 anos).

Perfeccionamento da motricidade global. Mellor tono muscular e unha postura e equilibrio


máis armonioso.

3. Nivel de corpo representado (7-12 anos).

Evolución da representación mental do propio corpo e da estruturación e organización


espazotemporal.

O esquema corporal constrúese sobre a base da información sensorial transmitida


polo corpo cando se move, e na interacción co entorno e cas outras persoas.
Madura a medida que o individuo crece, actualizando modelos internos de
actuación, que son máis complexos nos nenos que no adulto (Cignetti, Chageauti,
Sveistrup, Vaugoyeau& Assaiante, 2013)

● EXEMPLOS:

- Localizar e identificar en si mesmo e nos demáis os muslos, as pernas e os pés.

- O profesor palpa os seus muslos, as súas pernas, os seus pés… e ao


mesmo tempo vai dicindo: “aquí están os meus… (pés, pernas, muslos…)”

- Darse palmadiñas en muslos, pernas, pés, etc…

- Dar zapatazos no chan cos pes descalzos…

- Pisar forte, levantar unha perna a un sinal, dar palmas, etc.... etc… etc…

- Camiñar 5 m. sobre os talóns mantendo un saquiño de area sobre distintas partes


do corpo.

- Conto motor:
- Levantarse da cama, vertirse, asearse, almorzar e marchar para o cole….
Todas as accións que se nos ocorran…
● OS TRES COMPOÑENTES PROPIOS DO ESQUEMA CORPORAL:

1. ACTITUDE POSTURAL

- Consiste na adopción dunha determinada postura. Depende de factores de carácter


exógeno e endógeno e é modificable co paso do tempo.

- Importancia da información a través da propiocepción, que inflúe determinantemente


na postura.

- Importancia do control tónico para a adopción dunha determinada postura.

- Castañer & Camerino (2006) falan de 3 tipos de tono muscular:

- Tono de repouso ou de base.


- Contracción mín. do músculo en repouso

- Tono de preacción ou postural.


- Actitude de mantemento que se axusta á forza da gravidade do
momento de comezar unha acción.

- Tono de acción.
- Acción motriz asociado á forza muscular.

- Imposible falar de actitude postural sen facer referencia á columna vertebral. Un mal
tono postural pode modificar as curvaturas naturais, ocasionando:

- Escoliose, Hipercifose ou Hiperlordose.

Principais alteracións de actitude postural:


- Como parte íntegra do esquema corporal, a educación da actitude postural debe
intentar que o neno tome conciencia do propio corpo, buscando unha postura
equilibrada e económica.

- Para iso, é necesario educar as sensacións, reforzar a musculatura e adquirir unha


boa movilización articular.

EXEMPLOS:

- Desprazarse polo espazo e, ao sinal, adoptar diferentes posicións.

- Encollerse e estirarse.

- Tumbarse no chan e realizar movilizacións da columna.

- Tomar conciencia do peso do corpo, repartindo o peso entre as dúas pernas, nunha
sóla…

- En bipedestación, inclinarse cara adiante, cara atrás…

RESPIRACIÓN

“Fenómeno reflexo que regula o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono”

“A pesar de que a respiración sexa un acto reflexo, é un aspecto que se debe


traballar nas clases de Educación Infantil, xa que o estilo de vida ao que estamos
sometidos na actualidade pode chegar a producir o deterioro da función
respiratoria. Polo tanto, os educadores debemos facer conscientes ao alumnado
dos efectos que ten vivir en tensión e da importancia dunha boa respiración. O
traballo de respiración contribúe a solucionar problemas derivados do estrés,
favorecendo tamén o coñecemento do propio corpo” (Barcala, Abelairas & Gil,
2016)
Dúas clasificacións da respiración según a via de captación e expulsión de osíxeno e
según o tipo:

Cómo a comprobamos cos nenos??

Ollo! A respiración é un acto reflexo, polo que o control consciente ten as súas
limiacións. Actividades que requiran atención, concentración e baixo movemento
producirán un descenso na frecuencia ventilatoria. Polo contrario, factores
emocionais como a ansiedade, o medo ou a angustia farán que a frecuencia
respiratoria aumente.

EXEMPLOS:

- Situar aos nenos boca arriba e cun papel no seu peito. Deben mirar o papel e
observar cómo sube e baixa en función da súa respiración.

- Tomar conciencia das fases da respiración.

- Soprar un papel/globo… que estea no chan/aire para provocar desprazamento.

- Notar o aire expirado soprando na man situada diante da boca.

- Escoitar o ruido da respiración.

- Inspirar e expirar pola boca e nariz.

- Modificar os tempos de expiración e inspiración.


RELAXACIÓN

“Proceso consciente ou inconsciente polo que se consegue un descanso do


corpo, eliminando tensións e acumulando enerxía, obtendo á vez un tono de
actividade disminuido e unha desintoxicación do propio músculo, a fin de
preparar o organismo para unha actividade posterior ou ben para extinguir
os efectos dunha actividade anterior, conseguindo un mellor benestar e una
maior saúde interior” (Aguirre & Garrote, 1994).

- Ao igual que a respiración, débese educar a capacidade de relaxación para incidir no


estado de tensión muscular.

- Todo exercizo de relaxación debe ir acompañado dunha correcta respiración


(Castañer & Camerino, 2006).

Obxectivos educativos a perseguir co traballo de relaxación/respiración:

- Ensinar ao alumnado a dispoñer dos músculos a vontade, primeiro dunha forma


localizada e despois total, por medio da concienciación do estado de contracción ou
relaxación dos diferentes grupos musculares.

- Por medio da repetición, ensinarlles a liberar tensións musculares inútiles que


producen fatiga, deformacións e torpeza no movemento.

- Lograr unha ditensión psíquica, tan importante para o neno que debe facer fronte a
dificultades escolares, fonte de ansiedade e timidez.

- Asociar a búsqueda de distensión en toma de conciencia da respiración e do seu


control.

Ollo!
- Evitar interferencias que perturben o estado de relaxación.
- Temperatura axeitada.
- Vestimenta.
Signos e sinais do estado de relaxación (Prado & Charaf, 2000)

Técnicas de relaxación:

- Pasivas:

- Adestramento autógeno de Schultz.


Técnica psicoterapéutica, de sensacións físicas… meditación.. Hipnose…

- Técnica de masaxe relaxante.

- Activas.

- Relaxación muscular progresiva de Jacobson.


Tensión-relaxación das dif. partes do corpo.

- Relaxación progresiva de Wolpe.


Similar á de Jacobson, pero máis curta (6 zonas de tensión, para 15-20 min).

- Combinadas.

- Biofeedback.

Control mediante sensores que informan á persoa do estado da función que quere
controlar de forma voluntaria.

- Corrección activa da postura/Técnica de Alexander.

Proceso educativo que intenta desenvolver a capacidade de evitar a tensión


muscular innecesaria a través da reestructuración do movemento físico.
LATERALIDADE

“Predominancia dun lateral corporal sobre o outro”

En termos neurofisiolóxicos: “Predominancia dun hemisferio cerebral sobre o outro, ou sexa,


o hemisferio que asume unha maior responsabilidade na recepción de estímulos e
organización da resposta”

Inervación cruzada: “O hemisferio cerebral contrario ao lateral que realiza a acción é o que
controla a actividade, pola invervación cruzada das vías motoras”

En xeral, nas persoas predomina o hemisferio esquerdo, o que explica o predominio xeral
do lado dereito e, en particular, da man dereita (Broca, 1865).

Hemisferio esquerdo: goberna o pensamento lóxico e abstracto e está especializado no


procesamento lingüístico.

Hemisferio dereito: goberna o pensamento concreto e imaxinativo, especializado no


procesamento analítico,lóxico e secuencial da información, relacionándoo con actividades
de tipo espacial, como a percepción da profundidade e da forma.

“A lateralidade é a capacidade perceptivo-motriz resultante da corporalidade e a


espacialidade” (Castañer & Camerino, 2006). De feito, Le Boulch (2001) considéraa como
unha capacidade pertencente ao esquema corporal…

TIPOS DE LATERALIDADE:

1. Homoxénea. Predominio completo dun lado frente ao outro.

2. Heteroxénea:

- Lateralidade cruzada. O predominio dun lado non é homoxéneo, cambiando


en función da extremidade ou incluso da actividade a realizar (p.e. escribir ca
dereita e ser zurdo coa perna que xoga ao fútbol).

- Ambidextrismo. Uso indistinto dun lateral ou outro (non é o mesmo que o


dominio dos dous…). Pode ser un problema mentres a lateralidade non está
definida…

3. Invertida. Aquela que se da en nenos que a súa tendencia natural era zurda e
cambiou a diestra, e viceversa.

FASES (que se corresponden con diferentes idades cronolóxicas):

1. Localización ou Identificación (0-3 anos).


3 primeiros anos, onde non se definiu a lateralidade e obsérvanse cambios nas habilidades
manuais. Consenso nos autores en que nos primeiros 18 meses non hai preferencia clara
do emprego dunha ou outra man, comezando a apreciarse a partir desta idade.

2. Fixación (4-5 anos).

Apréciase o lado dominante e aquí os educadores é onde temos que traballar. Se a


lateralidade non está definida, podemos estar ante casos de ambidextrismo (peor fórmula
dende o punto de vista do desenvolvemento motor, e que pode provocar déficits en
habiidades cognitivas verbais e non verbais). Os educadores temos que lateralizar no neno
o segmento que ofreza un maior rendemento.

3. Desenvolvemento (6-8 anos).

Afiánzanse as ideas de esquerda-dereita. Temos que continuar coa consolidación do lado


domimante, pero tamén introducir tarefas do lado non dominante.

4. Maduración (8-10 anos).

Debe traballarse especialmente o lado non dominante. Algúns autores tamén denominan
esta fase como fase de maduración ou ambidextrismo.

OBXECTIVOS + COMPETENCIAS a desenvolver no traballo da lateralidade:


ESPACIALIDADE E TEMPORALIDADE

En termos da motricidade, a qué nos referimos?

Refírese ao desenvolvemento da corporalidade en relación ao tempo e ao espazo

Importancia dos exteroceptores (información do mundo exterior), onde as fontes


principais é a través das terminacións nerviosas sensoriais proporcionadas polos sentidos
da vista, oído e tacto, as tres máis relacionadas co movemento.

Desenvolvemento en cadea.
Primeiro, toma conciencia do “yo” (corpo). Logo, as relacións deste “yo” co espazo,
obxectos e persoas (espazo e tempo).

Unidade.
Percepción espacial e temporal deben ser entendidas como unha única entidade, non
podendo fragmentarse, pois calquera movemento transcorre nun tempo e nun espazo
determinado.

Coñecemento do entorno
Regulado e orientado a través do traballo da espacialidade e temporalidade

ESPACIALIDADE

- Toma de conciencia do individuo da súa situación e das súas posibles situacións no


espazo que o rodea, o seu entorno e os obxectos/persoas que nel se atopan.

- A conquista e coñecemento do espazo por parte do neno está asociada ao


desenvolvemento motor (mellora das habilidades motrices básicas e capacidades
físicas) e ao desenvolvemento cognitivo (experiencias previas insertadas na
memoria).

- Unha boa percepción espacial permitiralle ao neno ser capaz de situarse,


desprazarse, orientarse e tomar diversas direccións no espazo no que se atopa, asi
como analizar e representar as situacións que suceden nese espazo.
Relacións espaciais que o neno pode establecer entre os obxectos ou entre os
obxectos e él mesmo (Castañer & Camerino, 2006):

1. Relacións topolóxicas.

Relacións cualitativas entre os obxectos, moi importantes na etapa do corpo vivido (3-6
anos). Espazo predominantemente perceptivo. Supoñen as bases das relacións internas
coas formas dos obxectos. Estas relacións son: vecindade, sucesión temporal,
envolvimento e continuidade.

2. Relacións proyectivas.

Fundaméntanse sobre as topolóxicas e respostan á necesidade de situar, en función dunha


determinada perspectiva, os obxectos en relación aos demáis. P.E.: profundidade,
constancia de forma, tamaño do obxecto… Relacionadas coa orientación do neno, a
puntería…

3. Relacións métricas.

Coordinar os obxectos entre sí en relación a un sistema de referencia ou coordenadas.


Implican un xogo de medidas de lonxitude, volume e superficie. O paso das topolóxicas ás
métricas básase principalmente no recoñecemento das formas xeométricas.

Evolución das relacións espaciais en Ed. Infantil (Latorre & López, 2009):
- Relación espacial (acabamos de velas e a súa evolución…)

- Organización espacial.

Comezo do 2º ciclo de E.I. Importancia do espazo figurativo (perceptivo), que evolucionará


ao espazo representativo nun estadío posterior. Localización egocéntrica, que evolucionará
a unha localización obxectiva (en relación a outros obxectos).

- Orientación espacial.

Aptitude para manter unha constante localización do propio corpo en función dos obxectos:
arriba-abaixo, alto-baixo, diante-detrás, cerca-lonxe, xunto-separado, dentro-fóra,
encima-debaixo…

- Estruturación espacial.

Capacidade para apreciar situacións ou obxectos en 3 dimensións, en relación ou non co


tempo. Ligado a un espazo representativo. Recoñecemento de traxectorias. Relación máis
precisa cas persoas e obxectos e da capacidade de executar accións máis precisas.
Apoiase na orientación espacial e é posterior a ela.

Evolución da espacialidade en Ed. Infantil (Latorre & López, 2009):

TEMPORALIDADE

- Movemento: fenómeno que discurre nun espazo e nun tempo dtdo.

- Se o espazo é unha abstracción para o neno, o tempo aínda o é máis!!


- O tempo non se pode percibir polos sentidos como o espazo, únicamente se
perciben os acontecementos: a acción motriz e as súas velocidades e resultados.

- A adquisición das capacidades de percepción temporal durante o 2º ciclo de E.I.


poden desenvolverse mediante experiencias dinámicas o mediante o ritmo.

Elementos da percepción temporal.

- Orientación temporal.

Capacidade para percibir as relacións temporais (velocidade e ritmo). Este concepto non se
pode plasmar obxectivamente, polo que haberá que recurrir a nocións temporais
significativas como : noite-día, inverno-verán, almorzo-comida-cea, etc…

A medida que desenvolve unha actividade, o neno faise consciente da súa duración, do
comezo e final de cada movemento, do ritmo de execución…

- Estruturación temporal.

Capacidade para reproducir un movemento a unha velocidade ou ritmo correctos.

- Orde. Vertente cualitativa. Distribución sucesiva dos feitos que acontecen.


- Duración. Vertente cuantitativa. Toma de conciencia do intervalo que separa dous
puntos de referencia temporal.

O tempo en cada neno ten unha duración diferente, polo tanto, a velocidade de execución
de movementos será diferente, buscando comodidade e eficacia nos movementos.

- Organización temporal.

- Simultaneidade.
- Secuencialidade.
Evolución da temporalidade en Educación Infantil

RITMO

- Dentro das capacidades perceptivo-motrices o ritmo atópase na intersección da


espacialidade e temporalidade.

- Papel fundamental para a mellora de automatismos da execución motriz.

- A mellora do ritmo leva implícita a mellora da plasticidade do movemento, a


relaxación e independencia segmentaria.

- Castañer & Camerino (2006). 3 sistemas que interveñen no desenvolvemento da


capacidade rítmica:

- Inducción rítmica.
Sincronización entre o estímulo e a resposta, provocado por una
melodía ou rítmo concreto.
- Discriminación cognoscitiva.
Proceso individual de cada neno de asimilación, distinción e
comprensión das estruturas rítmicas.

- Execución motriz.
Acción motriz do neno en consonancia co ritmo percibido.
Evolución e desenvolvemento do ritmo

- A partir dos 3 meses, pode observarse como o neno sentado golpea


alternativamente e rítmicamente cos pés a superficie na que se apoia.

- O desenvolvemento do ritmo require a visión dos diversos estímulos ópticos, a


audición dos estímulos auditivos e a capacidade de movemento para seguir o ritmo
dado.

- Ao principio o ritmo é espontáneo, pero a medida que domine os estímulos visuais e


auditivos, irá creando e practicando un ritmo voluntario de acordo a eses estímulos
externos.

No ensino do ritmo:

- Debe ser provocado por estímulos visuais e auditivos.

- Ao principio, os ritmos visual e auditivo deben ser idénticos.

- Interesa comezar cun ritmo semellante ao espontáneo para chegar gradualmente ao


voluntario.

- Variar o ritmo, empregando medios visuais e auditivos.

EQUILIBRIO

- “Capacidade que nos permite controlar o propio corpo para recuperar a correcta
postura antes os diversos factores desequilibrantes”

- Importancia do equilibrio dentro da coordinación xeral.

- Según as distintas clasificacións dos autores, pode incluirse como una Habilidade
Motriz Básica de Estabilidade, unha Capacidade Perceptivo-Motriz ou mesmo unha
Capacidade ou Función Coordinativa.

- O equilibrio é a pedra angular da bipedestación e dos desprazamentos, asi como de


calquera outra acción motriz.

TIPOS:

- Estático

Tamen denominado equilibrio postural, é a capacidade de manter unha determinada postura


nunha situación na que non se produce desprazamento do centro de gravidade fóra da base
de sustentación.
- Dinámico

Refírese á capacidade de manter ou recuperar a postura correcta tras a realización dunha


acción. Baséase no equilibrio estático ou postural e está relacionado sempre coa
modificación do centro de gravidade do neno no espazo.

Clasificación de equilibrio en función da estabilidade (aguado, 1993):

- ESTABLE

Propias dunha posición co CDG baixo, precisa dunha gran forza perturbadora para
modificar o estado de equilibrio.

- INESTABLE

Propias de posicións con unha estreita ou pequena base de sustentación, unha pequena
forza perturbadora é suficiente para modificar o estado de equilibrio.

- HIPERESTABLE

Non se perde o equilibrio ao estar o CDG por debaixo da base de sustenciación, como por
exemplo, un neno en suspensión nunha escaleira horizontal.

- INDIFERENTE

Ao aplicar calquera forza o corpo desprázase, pero consérvase a distancia entre o CDG e a
base de sustenciación (p.e. un neno en bicicleta).

Por onde empezamos?

- Desenvolver correctamente o equilibrio estático en primeiro lugar, xa que este é o


pilar do equilibrio dinámico.

- Importante chegar a automatismos de equilibrio, cedendo parte (moita) atención á


execución motriz en si, gañando economía e comodidade nos movementos
realizados.

- Propoñer actividades globais que impliquen unha continua perda de equilibrio para
os nenos, establecendo relacións máis complexas a medida que se vai gañando
aptitude.
CAPACIDADES COORDINATIVAS

Coordinación é a capacidade neuromuscular de axustar con precisión o querido he pensado


de acordo coa imaxe fixada pola intelixencia motriz e a necesidade de movemento.

Trátase dunha capacidade multifactorial (integra factores perceptivo-motrices e


físico-motrices).

Clasificación (Le Boulch, 1979):

- Coordinación dinámica xeral.

Require da acción muscular de diversas rexións musculares. Ten un baixo contido


perceptivo.

- Coordinación dinámica específica ou segmentaria.

Referida ao axuste de determinadas xonas corporais ou segmentos concretos.


Importantísima para a consolidación da lateralidade. Alta carga de contido perceptivo.

- Coordinación intermuscular.

Entre todos os músculos que interveñen nunha acción motriz (agonistas, antagonistas,
sinerxistas, fixadores). Fan referencia a calidade do movemento en sí.

- Coordinación intramuscular.

Capacidade do músculo para contraerse de forza eficaz. Fai referencia á calidade da


contracción.

Evolución da coordinación na Educación Infantil (adaptado de Latorre & López, 2009)


AS HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS

Conceptos:

- HABILIDADE (skill).
Cando o neno é capaz de solventar un problema motriz determinado.

- DESTREZA (ability).
Cando o neno é capaz de solventar ese problema coa maior eficiencia posible.

- HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS (Fundamental Movement Skills).

Movementos fundamentais e accións motrices que xurden da evolución humana dos


patróns motrices, tendo un certo compoñente hereditario ou xenético (Gallahue & Ozmun,
2006).

- Apóianse nas Capacidades Perceptivo-Motrices, evolucionando con elas.


- Son decisivas para o desenvolvemento motriz e fundamento de aprendizaxes
posteriores.
- Adquírense na infancia (2-6 anos) e perfecciónanse coa adquisición das Hab. Mot.
Específicas.
- Bloque no que se sustentan secuencias de movementos máis especializados
(deporte).

A pesar da súa relevancia no desenvolvemento físico, social e cognitivo, a


prevalencia de dominio na idade infantil é relativamente baixa nos “países
desarrollados” (Erwin & Castelli, 2008). Por qué? Pois según Kelly et al. (2004) e
Reilly et al.(2004), os nenos e nenas en idade escolar son físicamente menos
activos do que deberían (estilo de vida non tan activo…)

HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS en Educación Infantil

Presencia e… importancia no currículum??

- Non existe área de E.F. pero si se recollen contidos e criterios de avaliación do


desenvolvemento da motricidade…

- Proposta global de actuación pedagóxica da EF na EI, dirixida ao desenvolvemento


global do neno en torno a: factores perceptivo-motrices + factores físico-motores
(coas HMB) + factores afectivo-relacionais.
HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS. Clasificación
HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS. Características

HABILIDADES MOTRICES LOCOMOTRICES

- Accións motrices nas que se despraza o corpo na súa totalidade, dun punto a outro
do espazo e en calquera dirección e sentido.

- A través do desprazamento, o neno toma contacto, explora e aprende do medio que


o rodea.

- Son básicos para as actividades da vida diaria-


Clasificación según o grao de participación:

- Activos (camiñar, correr, reptar, trepar, cuadripedia, saltos, propulsións no medio


acuático).
- Pasivos (transportar, arrastrar, deslizar)

HABILIDADES MOTRICES DE ESTABILIDADE

- Implican movemento corporal en torno aos eixos transversal e vertical, co obxectivo


fundamental de recuperar ou manter unha posición de equilibrio (estático ou
dinámico).

- Son accións centradas nos eixos e planos corporais sen que medie en exceso a
locomoción.

- Supoñen tamén unha base para outras habilidades locomotrices e manipulativas


(sobre todo, pola importancia do equilibrio).
HABILIDADES MOTRICES MANIPULATIVAS

- Movementos capaces de dotar e recibir forza dos obxectos cos que se interactúa.

- Crean prerrequisitos para a futura especialización motriz de cada modalidade


deportiva.

HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS

En canto ao seu desenvolvemento…

- Os programas centrados na aprendizaxe das habilidades motrices deben seguir


progresións e secuencias para optimizar a súa execución e imcrementar a
competencia motriz do neno en función dos niveis individuais de desenvolvemento.

- Máis importancia á EXECUCIÓN que á precisión ou eficiencia.

- 1ª fase: mentres non se consolidan os patróns motores destas habilidades, realizar


actividades de exploración e descubrimento.
- 2ª fase: empregar xogos motores para o perfeccionamento das habilidades
motrices.
Desenvolvemento das habilidades locomotrices

Desenvolvemento das habilidades de estabilización

- Apartado importante para o éxito nos distintos tipos de desprazamentos,


lanzamentos e recepcións.

- Requiren altas doses de coordinación e sensibilidad propioceptiva para recoñecer a


posición global ou parcial do corpo no espazo.

- Por iso, as tarefas deben seguir unha secuencia lóxica en función do nivel de
dificultade coordinativa e propioceptiva.
Desenvolvemento das habilidades manipulativas

You might also like