You are on page 1of 117

6.

Relacionámonos
e
reproducímonos

1
Para co
Para comezar

Vivimos entre cores, olores, sabores, sons e outras sensacións, pero... como as
percibimos?

Como xestionamos a información que obtemos da nosa contorna? Para que a


usamos?

Como é o corpo dun home?, e o dunha muller?

Como comeza unha nova vida?

Relacionámonos e
reproducímonos
Do mesmo xeito que o resto dos seres vivos, os seres humanos realizamos as tres
funcións vitais.

Xa coñeces, de maneira esmiuzada, a función de nutrición así que nesta unidade


prestaremos atención ás funcións de relación e reprodución.

Mediante a función de relación somos quen de reaccionar ante estímulos; é dicir,


sinais que recibimos do medio que nos rodea e tamén do interior do noso propio
corpo.

A función de reprodución permítenos ter descendencia. Grazas a ela damos orixe a


unha nova vida.

2
Acompáñanos ao longo desta unidade e descubre como funciona o noso incrible
corpo.

3
A nosa
A nosa reprodución
en cifras

Nesta unidade veremos, de xeito pormenorizado, como se producen as funcións de


relación e de reprodución no ser humano. Mais agora, o noso reto será reparar na
función de reprodución.

O inicio dunha nova vida é un fenómeno cargado de datos curiosos e cifras


asombrosas. Ao longo da unidade analizaremos algunhas destas cifras para
coñecérmonos máis e mellor.

Sabías, por exemplo, que o útero dunha muller ten o tamaño dunha pera cando
comeza o embarazo? Porén, cando este chega ao seu fin o tamaño é moito maior: nin
máis nin menos ca o dunha sandía! Lóxico, xa que no seu interior habita un feto duns
3 quilogramos!

4
Ademais, sabías que o corazón dese feto latexa moito máis rápido que o teu? O seu
ritmo oscila entre 120 e 160 latexos por minuto! Palpita tan rápido que, ao escoitalo,
semella o galope dun cabalo.

Para reflexionar

1. Define función de relación e función de reprodución. Saberías nomear


algún órgano implicado nelas?

2. Xa sabes o que son as ilusións ópticas, posto que as trataches na materia


de Educación artística, pero... cres que teñen algo que ver coa función de
relación?

Le estes artigos. Axudarante a atopar respostas.

A explicación da ciencia para o vestido azul e negro ou branco e


dourado.

Outros efectos ópticos famosos.

5
3. A chegada dun novo membro a unha familia é un acontecemento especial.
Tes na túa familia ou na túa contorna algún bebé que nacera
recentemente? Que sentiches ao coñecelo? Sabes como viviu o
embarazo a nai?

Non sentides curiosidade por aprender máis sobre estas dúas funcións?
Daquela... toca andar!

6
Os órg
Os órganos dos
sentidos

Mediante a función de relación adaptámonos ás condicións cambiantes do medio que


nos rodea e do noso propio corpo. Permítenos facer cousas como recoñecer e evitar
perigos, procurar alimento, atopar lugares para acubillármonos ou xogar cos amigos.

Asemade, con esta función conseguimos que o noso organismo funcione de modo
coordinado.

Para realizala implícanse varios órganos e sistemas que veremos con pormenor ao
longo da unidade:

Os órganos sensoriais que captan estímulos e transmiten esta información


cara o sistema nervioso.

O sistema nervioso.

Os órganos efectores que executan a resposta elaborada polo sistema


nervioso.

A función de relación pode esquematizarse así:

7
1. Os órganos receptores reciben estímulos internos ou
externos.
2. Transmiten información ao sistema nervioso, que
elabora unha resposta axeitada (motora ou secretora).
3. O sistema nervioso envía a información precisa para a
execución da reposta aos órganos efectores que
correspondan.

Función dos órganos dos sentidos


Os órganos dos sentidos están especializados en recibir sinais do medio que nos
rodea ou do interior do noso propio corpo. Cada órgano dos sentidos está
especializado en recibir un tipo de sinais. Hai receptores moi simples, mentres que
outros forman órganos moi especializados.

8
Estas imaxes mostran unha idea de como interpretamos o
mundo. Facémolo grazas aos sentidos da vista, do oído, do
gusto, do olfacto e do tacto. Pero ademais temos outros
sentidos, non menos importantes, como o do equilibrio e o
da propiocepción.

A vista
O órgano do sentido da vista é o ollo. Recibe estímulos luminosos.

Cada ollo está formado polo globo ocular e unha serie de órganos accesorios.

O globo ocular está formado por:

Córnea: unha capa dura e transparente.

Pupila: punto polo que entra a luz.

Iris: é a parte colorida do ollo. Controla o diámetro da pupila.

Cristalino: é unha lente.

Retina: é un tecido sensible á luz.

Podes ver con máis detalle como é o globo ocular premendona seguinte animación.

9
Os órganos accesorios son as órbitas, que aloxan o ollo, as glándulas lacrimais, que
producen bágoas que o
humectan; e as pálpebras,
cellas e pestanas, que o
protexen. Tamén contamos
con músculos que moven o
ollo cara onde queremos
mirar.

Sabías que...?
Ao pestanexar humedecemos os ollos con bágoas e substancias lubricantes que eles mesmos
producen. Isto permítenos movelos correctamente.

Pestanexamos, de media, unha vez cada cinco segundos. Calcula cantas veces pestanexas ao
día. Sorprenderaste!

Como vemos?
A luz entra pola córnea e a pupila, atravesa o cristalino e proxéctase sobre a retina. A
retina transforma os estímulos que recibe en información. Esta información viaxa polo
nervio óptico ata o cerebro. No cerebro é onde se analiza para obter unha imaxe
mental do que nos circunda.

10
O oído
O sentido do oído localízase no oído. Estimúlase polos sons que viaxan polo ar.

O oído está formado por


tres partes:

Oído externo,
composto pola
orella e polo
conduto auditivo
externo.

Oído medio,
formado polo
tímpano e a cadea
de ósos finos.

Oído interno,
contén o caracol e o
nervio auditivo.

Podes ver con máis detalle como é o oído na seguinte animación.

Como oímos?
Os sons chegan á orella e atravesan o conduto auditivo facendo vibrar o tímpano.
Estas vibracións pasan a través do oído medio e interno e chegan finalmente ao nervio
auditivo, que conduce a información ata o cerebro. Será aquí onde se interprete o que
estamos a oír.

O olfacto
O sentido do olfacto localízase no nariz. Estimúlase mediante substancias químicas
que están disoltas no aire.

Os receptores dos olores están situados na pituitaria amarela, unha zona localizada
no interior das fosas nasais.

11
Como ulimos?
As células da pituitaria amarela estimúlanse coa presenza de substancias químicas
disoltas no aire. Envían esta información cara o cerebro onde é interpretada.

O sentido do olfacto pode detectar substancias disoltas no


aire que inhalamos e tamén as liberadas polos alimentos
ao seren mastigados.

O gusto
O sentido do gusto localízase na lingua. Estimúlase mediante substancias químicas
disoltas na saliva.

Na lingua localízanse as papilas gustativas. Son proxeccións nas que se atopan células
especializadas en detectar os sabores.

As papilas poden detectar combinacións de cinco sabores básicos: doce, amargo,


salgado, umami (saboroso, en xaponés) e acedo.

Como saboreamos?
A partir das papilas gustativas parten nervios que levan información cara o cerebro.

12
Será aquí onde se
interpreten os sabores que
percibimos.

Sabías que...?
Mentres comemos, seica o olfacto e o gusto son indiscernibles. Porén, non existe conexión entre
eles ata que as sensacións chegan ao cerebro.

A maioría do que percibimos como sabores son combinacións de sabor e olor. De feito, tapando
o nariz, a comida non nos sabe igual.

O tacto
O tacto localízase na pel. É un sentido complexo xa que non só detecta o contacto
físico, senón que tamén achega outras informacións como presión, temperatura,
textura ou movemento.

13
A pel é un órgano complexo
dividido en tres capas:

Epiderme, capa
máis externa con
función protectora.

Derme, nesta capa


localízanse
diferentes
estruturas entre as
que podemos
atopar os
receptores do tacto.
Son de diferentes
tipos e cada un
deles está
especializado na
recepción dun
estímulo.

Hipoderme, é a capa máis interna. Ten graxa que nos protexe do frío e dos
golpes.

Como funciona o tacto?


Cada un dos receptores do tacto enviará información ao cerebro. Será este quen
procese a información.

Outros sentidos
Ademais dos xa vistos o ser humano posúe outros sentidos. Entre eles destacan:

O equilibrio. Permítelle ao noso corpo manter e modificar a postura.

A dor. Permite detectar danos que afectan o organismo, tamén temperaturas


extremas, substancias químicas agresivas... Hai receptores da dor por todo o
corpo aínda que son moi abundantes na pel.

A propiocepción. Sen necesidade de ver ou tocar sabemos se nos estamos


movendo ou non, se estamos deitados ou erguidos ou onde temos os brazos e
14
as pernas. A este sentido chámaselle propiocepción. Depende duns receptores
internos que se localizan por todo o corpo.

Enfermidades dos órganos dos


sentidos
Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar aos órganos dos sentidos:

Cataratas: dáse cando o cristalino se altera e faise opaco perdendo a súa


transparencia. Otite: trátase dunha inflamación do oído medio causada por
bacterias.

Rinite: é unha inflamación da musosa nasal. Causa secreción abundante de


moco e dificultade para respirar polo nariz.

Pérdida do sentido do gusto: prodúcese cando non se perciben


correctamente os sabores ou, menos frecuentemente, cando se deixan de
percibir.

Dermatite: caracterízase pola inflamación da pel que se manifesta con


avermellamento, picor...

Estes hábitos saudables[1] poden axudarche a manter sans os teus órganos dos
sentidos.

Actividades

1. En que consiste a función de relación?

15
2. Que papel xogan os órganos dos sentidos dentro da función de
relación?

3. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.

1. O globo ocular está formado pola córnea, a pupila, o iris, o


cristalino e a pituitaria amarela.

Verdadeiro

Falso

2. A pel está formada por tres capas: a epiderme, a derme e a


hipoderme.

Verdadeiro

Falso

16
3. O olfacto sitúase nas fosas nasais, nunha zona denominada
caracol.

Verdadeiro

Falso

4. As papilas gustativas están especializadas en detectar sons.

Verdadeiro

Falso

5. A pel posúe varios tipos de receptores do tacto.

Verdadeiro

Falso

4. Corrixe as oracións falsas do exercicio anterior.

5. Imaxinade que unha persoa comeza a percibir sons de forma anómala.


Decide entón ir ao médico. O diagnóstico do doutor é que os oídos están en
perfectas condicións. Como poderiades explicar entón a alteración na
audición?

17
6. Reforza os teus coñecementos. Completa esta táboa.

Sentido Estímulo Órgano

Luz

Oído

Temperatura, presión, textura...

Gusto

Substancias químicas disoltas no aire

18
Agora ti
Explorar o mundo: ver, ulir, tocar, oír e saborear.

Nesta práctica propoñemos que experimentes cos teus sentidos. Para iso recoñecerás obxectos
misteriosos usando só certos sentidos.

Materiais

Panos e obxectos misteriosos.

Procedemento

Faremos cinco grupos. Non estará permitido falar durante a práctica. Só poderá facelo o voso
mestre e os participantes para contestar as preguntas que lles faga.

Na primeira quenda participará un membro de cada equipo. Sentados nas vosas cadeiras
taparedes os ollos cun pano para non usar a vista ata que o voso mestre volo indique.

Diante de vós un compañeiro colocará un obxecto misterioso. Teredes de adiviñar de que se


trata.

Primeiro poderedes tocalo. Se non recoñecedes o que é tamén ulilo e axitalo para ver se
produce algún son. Se aínda non o recoñecedes, e o voso mestre volo indica, tamén poderedes
saborealo e finalmente poderedes velo. Iso si, os vosos compañeiros terán o obxecto tapado
cun pano.

Cando pensedes que tedes o obxecto identificado levantade a man. Cada obxecto adiviñado
sumará ao equipo un punto.

Conclusións

Cando rematedes, analizade o acontecido:

Que sentidos empregastes? Cales máis poderiades ter empregado?

Que tipo de estímulo analizastes co sentido que vos fixo adiviñar o obxecto misterioso?

Quen credes que analiza a información que recibiron os vosos sentidos?

19
Credes que os sentidos se complementan ou máis ben ofrecen todos o mesmo tipo de
información?

Un reto antes de seguir


O feto tamén é capaz de percibir un amplo abano de estímulos e reaccionar ante eles dentro do
útero. Ao longo dos nove meses que dura o embarazo vanse desenvolvendo progresivamente
os órganos dos sentidos do tacto, a vista, o gusto, o olfacto e o oído ao mesmo tempo que se vai
desenvolvendo o sistema nervioso. Deste modo o feto vaise preparando para o que será a súa
vida no exterior do útero.

Sabías que ao nacer un bebé pode ver con definición só aqueles obxectos que se sitúan a uns
35 centímetros? Que importancia cres que pode ter esta distancia? Se non o sabes podes atopar
a resposta aquí.

20
[1]
Recorda: previr enfermidades
nos órganos dos sentidos
Usa gafas se as precisas e leva gafas de sol cando te encontres en lugares moi
iluminados, como praias ou neve.

Fai descansos cando uses ordenadores ou vexas a televisión.

Evita ambientes con moitos ruídos.

Evita ambientes con fume ou contaminantes.

Usa protectores solares.

Mantén unha correcta hixiene: cepilla os dentes, lava os oídos...

21
O siste
O sistema nervioso

O sistema nervioso ten un papel clave dentro da función de relación: recibe a


información sobre os estímulos que captan os órganos dos sentidos, procésaa e
envíaa cara os órganos efectores sobre a resposta máis axeitada.

A neurona: unidade básica


O sistema nervioso recibe información de todo o corpo e responde con instrucións.
Pero como?

A resposta temos que buscala no principal tipo de células que forma o sistema
nervioso: as neuronas. O sistema nervioso contén miles de millóns deste tipo de
células.

As neuronas atópanse exclusivamente no sistema nervioso. Son especialistas en


transmitir información.

Teñen unha forma característica. Nelas poden distinguirse tres partes:

O corpo celular ou soma que contén o núcleo e os orgánulos celulares.

As dendritas que son proxeccións delgadas e fortes.

Un axón que constitúe a proxección máis longa de todas.

As neuronas colócanse unhas a continuación das outras formando circuítos polos que
se transmite a información en forma de pequenos pulos eléctricos. Nestes circuítos

22
cada neurona recibe
información doutras
neuronas a través das
dendritas e transmítea a
través do seu axón.

Sabías que...?
As neuronas son as pezas básicas coas que se constrúe o sistema nervioso. No cerebro existen
neuronas con axóns dun milímetro de lonxitude mentres que os dalgunhas neuronas que
conectan a medula coas extremidades poden medir sobre un metro.

Porén, as neuronas non son as únicas pezas do sistema nervioso. Hai outros tipos de células
gliais que apoian, nutren e reparan as neuronas. Son axudantes sen os que as neuronas non
poderían realizar as súas funcións.

Partes do sistema nervioso


O sistema nervioso pode dividirse en sistema nervioso central e sistema nervioso
periférico.

Sistema nervioso central


23
Está formado por órganos capaces de recibir e coordinar información e de elaborar
respostas.

Divídese en encéfalo, aloxado no cranio, e medula espiñal, que se conecta con el e


discorre polo interior da columna vertebral. En ámbolos casos unhas membranas,
denominadas meninxes, ofrecen unha protección extra ao separaren o tecido
nervioso do tecido óseo que o recobre.

O encéfalo, protexido polo cranio e as meninxes. Formado por:

Tronco encefálico. Sitúase xusto a continuación da medula e serve de


ponte entre esta e o cerebro. Entre as súas funcións encóntrase a de regular
actividades de órganos internos como a respiración e o ritmo cardíaco.
Tamén se encarga de clasificar as mensaxes que se envían ao cerebro e ao
corpo.

Cerebelo. Sitúase baixo o cerebro. Coordina os movementos do noso corpo


e axúdanos a manter o equilibrio.

Cerebro. É a parte máis grande do encéfalo. Está formado por dous


hemisferios. Entre as súas funcións están: o control das accións voluntarias,
a análise da información dos órganos dos sentidos, os sentimentos, a
memoria ou a aprendizaxe.

A medula espiñal queda protexida pola columna vertebral e as meninxes. Os


orificios centrais que posúen todas as vértebras están aliñados, de modo que
forman un túnel no que se aloxa a medula. A medula constitúe unha vía de
comunicación entre o encéfalo e o corpo. Porén, non se trata dun simple
transmisor de información senón que pode elaborar algunhas respostas, como
os actos reflexos nos que non participa o cerebro.

24
Sistema nervioso periférico
O sistema nervioso periférico é o encargado de conectar os órganos dos sentidos
(internos e externos) co sistema nervioso central, e este cos órganos efectores aos
que controla. Está formado polos nervios, que se poden clasificar en:

Nervios sensitivos. Transmiten información desde os órganos dos sentidos e


órganos internos cara o sistema nervioso central.

Nervios motores. Transmiten a resposta elaborada polo sistema nervioso


central cara os órganos efectores e músculos.

Os actos nerviosos
O sistema nervioso produce dous tipos de actos:

Actos voluntarios. Neste tipo de actos intervén o cerebro. Son actos


conscientes, máis variados e complexos que os reflexos. Como sensores,
interveñen os órganos dos sentidos e como efectores, os músculos
esqueléticos, que producen o movemento. Por exemplo, se vemos que cae un
lapis ao chan podemos abaixarnos e collelo.

Actos reflexos. Son actos involuntarios. Trátase de actos rápidos e


automáticos nos que non participa o cerebro. Prodúcense cando se necesita
unha resposta rápida, por exemplo, cando apartamos a man por tocar un
obxecto moi quente, ao adiantar a man para apoiarnos, ao perder o
equilibrio...

25
Enfermidades do sistema nervioso
Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar ao sistema nervioso:

Cefalea: é unha enfermidade frecuente que se caracteriza por unha dor de


cabeza forte.

Meninxite: trátase dunha inflamación das meninxes, que envolven e protexen


o cerebro e a medula espiñal. Cáusana certos virus e bacterias.

Ictus: prodúcese cando vasos sanguíneos do cerebro rompen ou se taponan.


Factores como a hipertensión, a obesidade ou consumo de alcol ou tabaco fan
que o risco de sufrir un ictus sexa maior.

Estes hábitos saudables[2] poden axudar a manter san o sistema nervioso.

Actividades

1. Identifica as partes do sistema nervioso.

26
Nervios

Encéfalo

Medula espiñal

2. Selecciona a opción correcta para cada caso.

Actos voluntarios Actos reflexos

3. Presta atención ás imaxes deste apartado. Visita tamén esta páxina, busca
nela o sistema nervioso e obsérvao desde diferentes ángulos.

Coa información que obteñas contesta as seguintes preguntas:

Onde se localiza o encéfalo? E a medula espiñal? Quen os protexe?

27
4. En que partes do corpo hai nervios? Están conectados con algunha
outra estrutura do sistema nervioso ou son estruturas independentes?

5. Cando teñas claras as respostas das actividades anteriores fai un debuxo do


sistema nervioso e sinala nel as partes máis importantes.

6. Reforza os teus coñecementos. Debuxa unha neurona e sinala as súas


partes.

28
Agora ti
Sorpresa!

Con esta práctica observarás a importancia dos actos reflexos, movementos involuntarios que
realizamos instintivamente ao reaccionar ante certos estímulos.

Materiais

Un globo inflado.

Un obxecto punzante para estourar o globo.

Alguén a quen sorprender.

Procedemento

Sorprende algún amigo ou compañeiro rebentando un globo sen que conte co que vas facer.
Observa con detalle a súa reacción.

Conclusións

Decote realizamos actos non voluntarios que non están baixo o control do cerebro. Estes
movementos son rápidos e instintivos e póñennos en alerta ante situacións de perigo ou
alarma.

Como reaccionou o teu sorprendido? Que fixo nos primeiros segundos despois de oír o
estoupido? Cres que o cerebro interviu nesta resposta?

Que fixo o sorprendido despois duns segundos? Que parte do sistema nervioso central
cres que interviu neste momento?

Serías quen de identificar algunha outra situación na que se poidan observar actos
reflexos?

Non te esquezas de darlle as grazas ao teu sorprendido e compartir con el ou con ela o que
aprendiches con esta experiencia.

29
Un reto antes de seguir
Os bebés nacen despois de 40 semanas de embarazo. Neste tempo prodúcese un intenso
período de cambios no útero que fai posible que a partir dunha soa célula -o cigoto- se
desenvolva un novo individuo.

O cigoto dará lugar a un embrión. No embrión iranse formando pouco a pouco todos os
órganos.

Cando pasen 8 semanas dende o inicio do embarazo o embrión terá xa todos os órganos
internos básicos formados e un esqueleto de cartilaxe que se irá transformando en óso. Neste
momento ao embrión comezamos a chamarlle feto.

O feto completará o desenvolvemento dos seus órganos e continuará medrando.

Nesta táboa podemos ver un exemplo de canto pode pesar e medir un feto durante vinte
semanas.

Para teres unha idea máis clara de como se produce o crecemento podes representar estes
datos en dúas gráficas. Na primeira coloca no eixo dos X as semanas de embarazo e no dos Y o
peso do feto, e na segunda coloca no eixo dos X as semanas de embarazo e no dos Y a lonxitude
do feto.

30
Semana do embarazo Peso do feto (g) Lonxitude do feto (cm)

20 300 25,6

22 430 27,8

24 600 30

26 760 35,6

28 1051 37,6

30 1319 39,9

32 1702 42,4

34 2146 45

36 2622 47,4

38 3083 49,8

40 3462 51,2

31
[2]
Recorda: previr enfermidades do
sistema nervioso
Leva unha vida ordenada con horarios regulares nos que se inclúa tempo para
o descanso e o ocio.

Leva unha dieta equilibrada.

Toma medidas para protexerte das consecuencias dos accidentes, por


exemplo, leva o cinto posto cando viaxes.

O consumo de alcohol e drogas pode danar o sistema nervioso.

Fai exercicio físico.

Durme suficiente.

32
O apar
O aparato locomotor

O sistema nervioso é o encargado de elaborar respostas adaptadas aos estímulos que


os nosos sentidos perciben. As respostas poden ser secretoras ou motoras.

O encargado de executar as respostas motoras é o aparato locomotor. Está formado


polo esqueleto e a musculatura.

O esqueleto
O esqueleto humano está fundamentalmente formado por ósos e algo de cartilaxe. As
unións entre ósos forman as articulacións.

Funcións
O esqueleto desempeña importantes funcións:

Dá forma ao corpo e aguanta o peso dos tecidos.

Proporciona fixación aos músculos e forma un sistema de pancas que estes


poden mover. Cada óso posúe uns puntos nos que os músculos se fixan a
través de tendóns. Os músculos contráense e tiran dos ósos para producir
movementos.

Protexe órganos e tecidos delicados como a medula na columna vertebral e os


pulmóns e corazón na caixa torácica.

No interior dalgúns ósos (medula ósea) fórmanse células sanguíneas.

33
Sabías que...?
O esqueleto forma un sistema de pancas que os músculos poden mover. Grazas ao esqueleto e
músculos, podemos camiñar e tamén son os responsables de que un violista toque o seu
instrumento dun xeito preciso e case perfecto.

Se queres ver o teu esqueleto en acción preme aquí.

Ósos
Os ósos están formados principalmente por un tecido moi duro que lles dá grande
resistencia.

Non todos os ósos teñen a mesma forma. Distínguense:

Ósos longos como os das extremidades.

Ósos curtos como as vértebras.

Ósos planos como os do cranio.

Sabías que...?
Os ósos son estruturas vivas. Están alimentados por vasos sanguíneos que lles proporcionan
nutrientes e osíxeno. Tamén posúen nervios, por iso se un óso se rompe sangra e doe.

34
Os principais ósos do esqueleto son:

Cartilaxe
A cartilaxe está formada por un tecido máis flexible que os ósos.

Aparece recubrindo as articulacións, onde protexe os ósos do desgaste producido


polo movemento destas.

Tamén está presente, por exemplo, na caixa torácica, unindo as costelas ao esterno.
Deste modo a caixa torácica está dotada dunha certa flexibilidade.

As orellas, o nariz e os aneis traqueais tamén teñen cartilaxe.

35
Articulacións
Xa sabemos que o compoñente maioritario do esqueleto son os ósos. Agora ben, por
si sós non son útiles, xa que é preciso a existencia de estruturas que os manteñan
unidos e que lles permitan realizar as súas funcións.

A unión entre os ósos denomínase articulación. Nelas poden estar implicados dous
ou máis ósos. Tamén poden aparecer outras estruturas e tecidos que fan que a
articulación sexa funcional, como cartilaxe ou ligamentos.

Se nos fixamos na capacidade de movemento que teñen as articulacións podemos


diferenciar tres tipos:

Articulacións fixas
Nestas articulacións os ósos están soldados e non se poden mover. É o caso dos ósos
do cranio.

36
Articulacións móbiles
Permiten que os ósos da articulación se movan. É o caso do cóbado, o ombreiro ou a
cadeira.

Articulacións semimóbiles
Permiten só un lixeiro movemento dos ósos. É o caso das vértebras.

37
A musculatura
A musculatura é o conxunto de músculos do noso corpo. Están formados
principalmente por células musculares que teñen a capacidade de contraerse.

Os músculos
Os músculos teñen a capacidade de contraerse e exercer forza. Fano grazas á enerxía
que obteñen dos alimentos.

Ancóranse aos ósos grazas aos tendóns, uns cordóns fibrosos que se fixan
fortemente aos ósos e soportan a forza que exercen os músculos ao contraérense.
Grazas a esta forte unión cos ósos, cando os músculos se contraen e se relaxan,
movémonos.

Mover un esqueleto de 206 ósos non é tarefa doada. Por iso temos músculos de
diferentes formas e tamaños. Os alongados e delgados son capaces de contraerse
moito pero exercen unha forza moderada; en contraposición, os músculos
triangulares contráense menos pero exercen unha forza moito maior. Tamén hai
músculos circulares que ao se contraeren pechan aberturas como as da boca.

Sabías que...?
Moitos nomes de músculos proceden do grego ou do latín.

Os seus nomes poden referirse a características propias do músculo como a súa forma, o seu
tamaño, a súa acción, o número de cabezas que posúen, o óso no que se insertan...

O sufixo -oides significa con forma de. O músculo deltoides chámase así por ter forma de letra
delta.

Agora é a túa quenda: se o bíceps é un músculo que ten dúas cabezas, como cres que será o
tríceps?, e o cuadríceps?

38
Os principais músculos son:

Enfermidades do aparato
locomotor
Estas son algunhas das enfermidades que poden afectar ao aparato locomotor:

Escoliose: trátase dunha deformación da columna vertebral cara a un dos


lados.

Artrite: é a inflamación dunha ou máis articulacións. Causa dor e dificultade de


movementos.

Osteoporose: esta enfermidade afecta aos ósos, que se fan menos densos e
teñen maior probabilidade de rompérense.

Raquitismo: prodúcese polo crecemento inadecuado dos ósos debido a unha


falta de vitamina D na dieta. Afecta a nenos que non se expoñen ao sol e que
non toman suficiente pescado, leite ou verduras.

Estes hábitos saudables[3] poden axudarche a manter san o teu aparato locomotor.

39
Actividades

1. Usa a imaxe deste apartado para completar a seguinte táboa.

Ósos da cabeza

Ósos do brazo

Ósos da man

Ósos do tronco

Ósos das pernas

Ósos dos pés

2. Usa a imaxe deste apartado para completar a seguinte táboa.

40
Músculos da cabeza

Músculos do tronco

Músculos do brazo

Músculos da perna

3. Traballo en grupo. Formade equipos de tres persoas e descubride entre


todos os ósos misteriosos. Podedes empregar a imaxe deste apartado para
guiarvos e de precisardes unha axuda extra, procurade pistas observando
o esqueleto.

Que ósos forman unha estrutura que protexe o cerebro e os órganos


sensoriais e ademais sustenta o rostro?

4. Que óso soporta parte dos dentes e pode moverse para mastigar?

41
5. Que conxunto de ósos do pé forman parte da extremidade do nocello?
Que ósos se sitúan a continuación no pé? Que conxunto de ósos serían
os equivalentes para a man?

6. Que ósos están nos dedos dos pés e das mans?

7. Que grupo de ósos protexe á medula?

42
8. Que óso é o máis longo do brazo? E cal o máis longo da perna?

9. Que óso conecta a columna vertebral coa pelve?

10. Que óso reparte o peso do tronco entre as pernas?

43
11. Que dous ósos serven de ancoraxe para os brazos?

12. A que ósos se unen as costelas?

13. Que dous ósos forman parte da articulación do xeonllo e tamén do


nocello?

44
14. Que dous ósos forman parte da articulación do cóbado e tamén do
pulso?

15. Seguimos traballando en grupo. Agora é a quenda dos músculos. Formade


equipos de tres persoas e descubride entre todos, os músculos misteriosos.
Podedes empregar a imaxe deste apartado para guiarvos e se precisades
unha axuda extra buscade pistas observando a musculatura aquí.

Que dous músculos son triangulares e forman un trapecio ao estaren


xuntos?

45
16. Que músculo de forma circular serve para abrir e pechar os ollos?

17. Que músculo do brazo se sitúa sobre o ombreiro?

18. Que músculo situado na meixela lle dá forma ao rostro e permite


realizar accións como asubiar, soprar ou chuchar?

19. Que músculos se insertan, se fixan á clavícula e ao esterno e contribúen


a mover o ombreiro?

46
20. Que músculos deben o seu nome a estar dividido en dúas metades e
sitúanse na parte máis superficial do papo da perna?

21. Que músculos se sitúan na parte frontal do abdome e ten importantes


funcións: flexión da columna vertebral, manter os órganos do abdome
no seu sitio, contribuír á micción, á respiración, á defecación...?

22. Que músculos planos recobren grande parte das costas?

47
23. Que músculos dos brazos teñen un dos seus extremos divididos en
dúas porcións ou cabezas? Que músculo ten a mesma característica
pero acompaña ao fémur?

24. Que músculos recobren a pelve na zona posterior?

25. Que músculo da perna ten un extremo dividido en catro porcións ou


cabezas?

48
26. Que músculo da perna se sitúa sobre a tibia?

27. Numera cada óso segundo corresponda.

49
Cranio Carpo

Clavícula Pelve

Fémur Úmero

Tibia Esterno

Sacro Peroné

Tarso Cúbito

Columna vertebral

28. Numera cada músculo segundo corresponda.

Tibial Bíceps

Abdominais Pectoral

Bucinador Cuádriceps

Orbicular dos ollos

29. Numera cada músculo segundo corresponda.

50
Glúteos Deltoide

Dorsais Tríceps

Trapecios Xemelgos

Bíceps femoral

Agora ti
Unha maqueta do meu brazo

Decote, estiramos, flexionamos e estendemos os brazos. Nesta práctica propoñemos que


realicedes unha maqueta para comprender este movemento con materiais da aula.

51
Os músculos funcionan contraéndose e relaxándose polo que poden tirar pero non empurrar.
Por iso para mover unha articulación é preciso a colaboración de varios músculos que se
contraian e relaxen coordinadamente para mover os ósos.

Materiais

Unha caixa rectangular

Lapis

Clips

Cinta adhesiva

Cordóns

Lazo

Procedemento

Para cada material, unha función:

Usaremos un lapis para facer o papel do cúbito e o radio, e outro para o úmero.

A caixa serviranos para representar o tronco. Apegarémoslle clips nos que se insertarán
os músculos.

52
Os músculos representarémolos con cordóns ou lazos.

Os clips, e a cinta adhesiva serán os materiais para as articulacións e os tendóns.

Guíate pola imaxe:

Para que a maqueta funcione correctamente teremos de fixarnos moi ben en como somos por
dentro. É moi importante pegar cada cordón onde se inserta o músculo na realidade.

53
1. Podes basearte nesta imaxe para construír as articulacións.
2. Podes inspirarte para crear os músculos con esta imaxe. Este,
por exemplo, sería un bíceps.

O resultado:

Unha vez que teñades preparada a vosa maqueta será o momento de probala. Para simular a
contracción dun músculo suxeitaremos o músculo que queiramos contraer como se lle
quixeramos dar un belisco, así farémolo máis curto.

Proba a acurtar o bíceps, o tríceps, os dous ao tempo e tamén a ir acurtando un músculo


mentres que vas alongando o outro.

Conclusións

Como se flexiona o brazo? Como se estira?

Traballan o bíceps e o tríceps en equipo ou fano en solitario?

Cres que se mudas os puntos nos que se insertan os músculos obterías os mesmos
resultados?

54
Un reto antes de seguir
Se comparamos o tamaño da cabeza co do resto do corpo veremos que non sempre é igual. No
momento de nacer a lonxitude da cabeza do bebé representa un cuarto da súa estatura. Esta
proporción diminúe segundo imos medrando.

Anímate a comprobalo. Mídete e mide a túa cabeza. Representa a túa cabeza menos dun cuarto
da túa estatura?

55
[3]
Recorda: previr enfermidades do
aparato locomotor
Mantén boas posturas, por exemplo, séntate coas costas rectas.

Non leves pesos excesivos.

Evita o sedentarismo.

Fai exercicio físico e non te esquezas de realizar quencementos.

56
O noso
O noso ciclo de vida

Como todos os seres vivos os seres humanos temos un ciclo de vida ben definido.

As fases que o definen son: a infancia e a nenez, a puberdade, a mocidade, a adultez, a


madureza, a vellez e o final da vida.

O comezo dunha nova vida


57
Despois de que o espermatozoide fecunde o óvulo comeza o desenvolvemento dun
novo ser humano dentro do ventre da súa nai.

Tras corenta semanas de embarazo nacerá un novo individuo. Cando nacemos temos
xa desenvolvidos os órganos reprodutores, masculinos ou femininos. Estes órganos
constitúen os caracteres sexuais primarios.

A infancia e a nenez
Durante estes primeiros anos de vida adquirimos capacidades como a de camiñar e
falar cada vez con máis destreza.

O noso corpo vai mudando ao tempo que medramos.

A puberdade
Durante a puberdade comeza a maduración dos órganos sexuais polo que os nenos
terán a súa primeira exaculación e as nenas a primeira menstruación. Comeza así a
nosa vida fértil, na que temos a capacidade para reproducírmonos.

Ao mesmo tempo comezan a manifestarse os caracteres sexuais secundarios.

Nos nenos aparece pelo na cara e no corpo, desenvólvese a musculatura e a


voz vólvese máis grave.

Nas nenas aparece pelo na pube e nas axilas, aumentan os peitos e


ensánchanse as cadeiras.

58
A mocidade
Nesta etapa acadamos a madurez física e emocional.

A adultez
É o periodo que vai desde a mocidade ata a madureza que se caracteriza por ser longo
pero sen grandes cambios físicos.

A madureza
Durante a madureza o noso corpo comeza a perder masa muscular. O noso aspecto
físico vai mudando: o pelo vólvese gris, aparecen engurras...

A vellez
Nesta fase os cambios físicos aumentan. A nosa pel perde o seu ton e aparecen
manchas, o pelo cae, facémonos máis baixos pola dexeneración dos ósos e dos discos
que hai entre as vértebras...

Actividades
59
Reforza os teus coñecementos. Busca no dicionario: infancia, nenez,
1.
mocidade, adultez, madureza e vellez.

2. Que diferenza hai entre os caracteres sexuais primarios e os


secundarios?

3. Relaciona.

Madureza física e emocional Están presentes ao


nacer.

Caracteres sexuais primarios Desenvólvense na


puberdade.

Caracteres sexuais secundarios Prodúcense na vellez.

Cambios físicos importantes: a Acádase na mocidade.


pel perde tono, o pelo cae...

60
Agora ti
Representa o noso ciclo de vida

Nesta práctica propoñemos que realices un mural no que representes o noso ciclo de vida,
poñendo as etapas que o forman e imaxes que o ilustren.

Como materiais podes empregar unha cartolina e fotos de persoas que están en diferentes
fases do ciclo de vida recortadas de revistas ou ben podes crear ti mesmo algún debuxo.

Adiante! Non lle poñas límite á túa imaxinación.

61
Un reto antes de seguir
Os bebés de sexo feminino nacen xa con óvulos inmaduros que están nos ovarios protexidos
por un grupo de células. Posúen cerca de un millón destes óvulos. Cando a nena acade a
puberdade o número de óvulos inmaduros terase reducido a 350 000 e na menopausa a 1500.
Ao longo da súa vida fértil a muller produce entre 450 e 600 óvulos maduros.

A partir da puberdade e ata a menopausa un destes óvulos madurará e será liberado cada 28
días.

Imaxina que unha muller tivo a súa primeira menstruación aos 13 anos e a derradeira aos 55.
Cantos óvulos maduros aproximadamente cres que produciu?

62
O apar
O aparato reprodutor
masculino

O ser humano reprodúcese sexualmente e para que naza un novo individuo é


necesaria a unión de dous gametos: o espermatozoide e mais o óvulo.

Os aparatos encargados de producir estes gametos son os aparatos reprodutores


masculino e feminino. O aparato reprodutor feminino, ademais, acubilla ao novo
individuo en desenvolvemento desde a fecundación ata o momento do nacemento.

Ambos aparatos están formados por órganos internos e externos. Ambos os dous
posúen gónadas (testículos ou ovarios) e unha serie de vías reprodutoras.

O espermatozoide
O espermatozoide é o gameto masculino. É unha célula que pode desprazarse grazas
ao movemento da súa cola ou flaxelo.

63
1. Lembra as partes do aparato reprodutor masculino completando esta
actividade.

Condutos deferentes

Uretra

Vesícula seminal

Próstata

Pene

Testículo

64
Órganos internos
Os testículos
Son as gónadas que producen os gametos masculinos, é dicir, os espermatozoides.
Ademais crean hormonas sexuais masculinas.

Os testículos sitúanse fóra da cavidade abdominal, protexidos por unha bolsa de pel
denominada escroto.

Sabías que...?
Desde a puberdade ata a vellez cada día os testículos producen centos de millóns de
espermatozoides.

As vías reprodutoras
Dos testículos parten os condutos deferentes que desembocan na uretra. Por estas
vías condúcense os espermatozoides cara o exterior.

Lembra que a uretra tamén pertence ao aparato urinario polo que ten funcións
relacionadas coa reprodución e coa excreción.

Glándulas anexas
Asociadas ás vías reprodutoras, sitúanse unhas glándulas que liberan cara a elas
substancias que contribúen á formación do seme.

65
O seme é un líquido branco que contén espermatozoides. Pero este líquido produce
moito máis que gametos, está cargado de nutrientes e substancias que protexerán os
espermatozoides na súa viaxe cara o óvulo.

As glándulas anexas máis destacadas son:

Próstata: produce un líquido que protexerá os espermatozoides.

Vesícula seminal: produce un líquido que servirá de alimento aos


espermatozoides.

Órganos externos
O pene é o órgano copulador masculino. Durante o coito introdúcese na vaxina
para expulsar o seme dentro dela, cerca do útero. O proceso de expulsión do
seme denomínase exaculación.

O escroto é un dobramento de pel que recobre os testículos.

Actividades

2. Que camiño percorre un espermatozoide no corpo dun home desde que


se forma ata que se expulsa durante a exaculación?

66
3. Relaciona.

Produción de espermatozoides Pene


e hormonas sexuais.

Depósito do seme no aparato Glándulas anexas


reprodutor feminino.

Recobre os testículos Testículos

Liberación de substancias que Escroto


contribúen a formar o seme.

4. Observa de xeito esmiuzado as imaxes deste apartado. Visita tamén esta


web e comproba como é o aparato reprodutor masculino.

Onde se sitúan os testículos?

5. Que percorrido trazan as vías reprodutoras masculinas desde o


testículo ata o exterior?

67
6. Cando teñas claras as respostas anteriores debuxa o aparato reprodutor
masculino e sinala cada unha das súas partes.

Agora ti
O desenvolvemento dunha nova vida comeza coa fecundación, é dicir, a unión de un óvulo e un
espermatozoide.

Só un espermatozoide pode fecundar o óvulo. Aínda que cheguen ata el moitos, un, e só un,
poderá unirse a el.

Tendo en conta isto propoñémosche estas dúas preguntas: como se orixinan os xemelgos?, e os
mellizos?

Procura información na biblioteca ou na Internet para respondelas.

68
Un reto antes de seguir
Os espermatozoides son uns expertos nadadores. Nunha exaculación poden liberarse uns 280
millóns de espermatozoides. O primeiro gran reto ao que se enfrontan será chegar ao útero: só
o conseguen uns 100 000. O seguinte destino son as trompas de Falopio ás que só chegan uns
200.

Se percorren, de media, os aproximadamente 10 centímetros que mide a trompa de Falopio a


uns 3 mm por hora, canto tempo tardarán en completalas?

69
O apar
O aparato reprodutor
feminino

O aparato reprodutor feminino está formado polos ovarios e as vías reprodutoras.


Encárgase de producir os gametos femininos, é dicir, os óvulos. Nel tamén se produce
a fecundación e o desenvolvemento do novo individuo nun proceso denominado
embarazo que remata co parto.

O óvulo
O óvulo é o gameto feminino. É unha célula esférica que ten un tamaño moito maior
que o do espermatozoide.

70
Órganos internos
Os ovarios
Son as gónadas que producen os gametos femininos, é dicir, os óvulos. Ademais,
producen hormonas sexuais femininas.

Os ovarios sitúanse no interior do abdome. Teñen forma de améndoa e son das


seguintes dimensións: 1 cm × 2cm × 3 cm.

Cando nace unha nena xa ten formados no interior dos seus ovarios óvulos
inmaduros. Estes óvulos van madurando pouco a pouco desde que se acada a
madureza sexual.

O ciclo ovárico é un proceso que acontece cada mes nos ovarios e culmina coa
maduración dun óvulo. Ese óvulo maduro expúlsase do ovario cara á trompa de
Falopio nun proceso denominado ovulación.

As vías reprodutoras
Son condutos polos que se desprazan os gametos. Tamén interveñen na fecundación,
no embarazo e no parto.

71
Trompas de Falopio

Son dous pequenos tubos cunha abertura en forma de funil no extremo máis próximo
aos ovarios. Recollen os óvulos producidos nos ovarios e condúcenos cara ao útero.

Útero

É un órgano en forma de pera aplanada. É o encargado de acubillar o


desenvolvemento do novo individuo, de se producir unha fecundación.

Do mesmo xeito que nos ovarios, no útero tamén teñen lugar cambios cíclicos. Estes
cambios denomínase ciclo menstrual, que dura entre 28 e 32 días. Durante este ciclo
o útero engrósase e prepárase para un posible embarazo. Comeza no primeiro día da
menstruación ou regra. Cando se produza a ovulación, aproximadamente no día 14 do
ciclo menstrual, o útero estará en condicións óptimas para aloxar un óvulo fecundado.

Se non se produce fecundación, a capa que recobre as paredes internas do útero


despréndese en forma de sangue menstrual e comeza un novo ciclo.

Vaxina

É un conduto elástico que acolle ao pene durante o coito e que serve de vía de
expulsión do feto no parto.

72
Órganos externos
A vulva é o órgano xenital externo da muller. Presenta uns dobramentos de pel
chamados labios.

O inicio dunha nova vida:


fecundación, embarazo e parto
A fecundación
A unión dun óvulo e un espermatozoide chámase fecundación. É o inicio dunha nova
vida. Preme aquí para comprobares como acontece.

O embarazo, inicio e desenvolvemento


Durante o coito o home
deposita o seme na vaxina
da muller mediante a
exaculación.

Os espermatozoides
comezan a ascender polo
útero e as trompas de
Falopio.

De se producir unha
ovulación, os gametos
encontraranse neste punto
ao final das trompas de
Falopio e pode orixinarse a
fecundación, é dicir, a
unión de gametos: dun As frechas marcan o camiño
espermatozoide e un percorrido polos gametos.
óvulo.
73
Da unión de gametos nace 1. Ovulación.
unha nova célula chamada
2. Fecundación e formación do cigoto.
cigoto. Máis tarde, este
cigoto dará lugar a un 3. División do cigoto.
embrión, e este a un feto. 4. Implantación.

O cigoto continúa baixando polas trompas de Falopio cara ao útero, ao tempo que se
vai dividindo.

Ao chegar ao útero implántase nas súas paredes.

Nas primeiras etapas do embarazo, ao tempo que o embrión se vai desenvolvendo,


fórmanse unha serie de estruturas que nutren e protexen o embrión:

A placenta é un órgano que se forma no lugar da implantación. Nutre ao


embrión proporcionándolle nutrientes obtidos do sangue da nai e eliminando
substancias de refugallo cara ao torrente sanguíneo materno. A placenta
comunícase co embrión a través do cordón umbilical.

A bolsa amniótica. É unha bolsa chea dun líquido que protexe ao embrión.

Nas primeiras fases do embarazo fórmanse os órganos, mentres que nas últimas
predomina o crecemento.

O parto
A partir do oitavo mes de embarazo, o feto colócase coa cabeza cara a abaixo e
prepárase para o momento do parto, é dicir, para a súa saída ao exterior.

74
O parto prodúcese en tres fases:

Dilatación: a base do útero ensánchase para permitir o paso do feto.

Expulsión do feto: o feto avanza cara ao exterior grazas ás contraccións do


útero e aos empurróns da nai.

Expulsión da placenta: despois da expulsión do bebé o útero segue a


contraerse e tamén saen ao exterior a placenta e o cordón umbilical.

Enfermidades do aparato
reprodutor masculino e feminino
Son, maioritariamente, as enfermidades de transmisión sexual, un grupo de
enfermidades que se adquiren por ter relacións sexuais cunha persoa
infectada. Estas enfermidades están causadas por bacterias, parasitos ou virus.
Algunhas destas enfermidades son a gonorrea, sífile ou SIDA.

Gonorrea: enfermidade causada por unha bacteria que se aloxa nos


órganos xenitais e nas vías urinarias. Produce síntomas como picor ao
ouriñar e dor.

Sífile: enfermidade provocada por unha bacteria que causa, entre outros
síntomas, iagas. Pode tratarse con antibióticos pero se non se trata pode
complicarse.

75
SIDA: enferminade causada polo VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana)
que ataca ao sistema inmunitario aumentando o risco de padecer outras
enfermidades.

Cancro de próstata: trátase dun cancro que afecta a próstata. Afecta, por
norma xeral, a varóns de máis de 50 anos. Un diagnóstico precoz favorece a
curación.

Amenorrea: ausencia de menstruación.

Cancro de útero: en xeral afecta a mulleres entre 35 e 55 anos. Pode estar


causado polo virus do papiloma humano que se pode transmitir a través de
relacións sexuais. Na actualidade existen varias vacunas para este tipo de
virus.

Recorda os hábitos saudables[4] para manter san o aparato reprodutor.

Actividades

1. Que camiño segue o espermatozoide desde que entra no aparato


reprodutor feminino ata que fecunda o óvulo? Supoñendo que se
produce un embarazo, que acontece a partir deste momento?

2. Recorda as partes do aparato reprodutor feminino completando esta


actividade.

76
Vaxina

Útero

Trompa de Falopio

Ovario

3. A que estruturas corresponden as seguintes definicións?

: órgano que se forma durante o embarazo no lugar da implantación


do cigoto. Ten como misión nutrir ao embrión.

: estrutura tubular que comunica a placenta co embrión e máis tarde


co feto.

: estrutura en forma de saco chea dun líquido que protexe ao embrión


e máis tarde ao feto.

4. Ordea as fases do parto.

Expulsión da placenta

Dilatación

Expulsión do feto

77
A continuación, describe cada unha das fases do parto.
5.

6. Observa con detalle as imaxes deste apartado. Visita tamén esta web e
observa como é o aparato reprodutor feminino.

Onde se sitúan os ovarios?

7. Que percorrido trazan as vías reprodutoras femininas desde o ovario


ata a vulva? Que forma teñen?

78
8. Cando teñas claras as respostas debuxa no teu caderno o aparato
reprodutor feminino e sinala cada unha das súas partes.

Agora ti
Agora que coñecedes con detalle o que acontece desde que se forman os gametos ata que
nace o bebé propoñémosvos que realicedes un mural no que resumades o proceso. Para
completalo seguide estes pasos:

Decidide que información debe ir no voso mural.

Pensade que formato queredes usar e que materiais precisades. Pode ser un mural en
formato dixital, ou ben unha cartolina.

Decidide como organizaredes a información e que imaxes usaredes para


complementala.

Repartide as tarefas entre os membros do equipo.

Unha vez que teñades o voso traballo rematado non esquezades compartilo cos vosos
compañeiros.

79
Un reto antes de seguir
Durante o embarazo unha muller san pode aumentar entre 11 e 16 quilos a súa masa. Porén, só
unha cuarta parte deste aumento corresponde ao bebé.

De cada 100 gramos que aumenta a masa da embarazada:

5 gramos corresponden á placenta.

O líquido amniótico, as mamas e o útero aumentan 7 gramos cada un.

As graxas e proteínas supoñen un aumento de 23 gramos.

Os fluídos corporais supoñen un aumento de 26 gramos.

O bebé supón un aumento de 25 gramos.

Realiza un diagrama de sectores no que representes estes datos e así terás unha idea máis clara
de como aumenta a masa da embarazada.

80
[4]
Recorda: previr enfermidades do
aparato reprodutor
Mantén unha hixiene adecuada dos xenitais mediante un aseo diario.

As vías reprodutoras comunican co exterior polo que é importante ter unha


correcta hixiene da roupa que está en contacto con elas e tamén usar inodoros
limpos para evitar infeccións.

Visita o teu médico con regularidade.

81
Ao pec
Ao peche

Que aprendiches?

1. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre a función de


relación no ser humano?

2. Reflexiona e valora o teu traballo. Que órganos están implicados na


función de relación?

82
Reflexiona e valora o teu traballo. Como se coordinan para realizar a
3.
función de relación?

4. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre os órganos dos


sentidos?

5. Reflexiona e valora o teu traballo. Como son e como funcionan os


principais órganos dos sentidos?

6. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre o sistema


nervioso?

83
7. Reflexiona e valora o teu traballo. Que partes forman o sistema nervioso?

8. Reflexiona e valora o teu traballo. Que función ten cada unha das partes
do sistema nervioso?

9. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre o aparato


locomotor?

84
10. Reflexiona e valora o teu traballo. Que partes forman o aparato
locomotor?

11. Reflexiona e valora o teu traballo. Que función ten cada unha das partes
do aparato locomotor?

12. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre a función de


reprodución no ser humano?

85
13. Reflexiona e valora o teu traballo. Como é o noso ciclo de vida?

14. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre o aparato


reprodutor masculino?

15. Reflexiona e valora o teu traballo. Que órganos forman o aparato


reprodutor masculino?

86
16. Reflexiona e valora o teu traballo. Que función ten cada un dos órganos
do aparato reprodutor masculino?

17. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre o aparato


reprodutor feminino?

18. Reflexiona e valora o teu traballo. Que órganos forman o aparato


reprodutor feminino?

87
19. Reflexiona e valora o teu traballo. Que función ten cada un dos órganos
do aparato reprodutor feminino?

20. Reflexiona e valora o teu traballo. Que aprendín sobre o embarazo?

21. Reflexiona e valora o teu traballo. E sobre o parto?

88
22. Reflexiona e valora o teu traballo. Como se producen o embarazo e o
parto?

23. Reflexiona e valora o teu traballo. Que etapas teñen o embarazo e o


parto?

Organiza as túas ideas completando estes esquemas.

89
Avalíate
A seguir, mostrámosche algunhas actividades para avaliarte. Dispós de tres intentos
para superar cada actividade.

24. Selecciona a opción correcta para cada caso.


1. Permítenos interpretar a nosa contorna e elaborar respostas
axeitadas a cada estímulo.

90
2. Permítenos ter descendencia.

3. Implica aos órganos dos sentidos, o sistema nervioso e o aparato


locomotor.

4. Implica aos aparatos reprodutores masculino e feminino.

5. Relacionada coa produción de gametos.

6. O sistema nervioso ten un papel central.

25. Indica se as seguintes opcións son verdadeiras ou falsas.


1. Os órganos dos sentidos máis importantes sitúanse na cabeza,
salvo a pel que está por todo o corpo.

Verdadeiro

Falso

2. Cada órgano dos sentidos está especializado en recibir un tipo


de estímulo pero non son capaces de interpretalos. Iso faino o
sistema nervioso.

Verdadeiro

91
Falso

3. O ollo recibe estímulos luminosos, o oído vibracións do aire, o


olfacto detecta substancias químicas disoltas no aire e o gusto,
as que están disoltas na saliva.

Verdadeiro

Falso

4. A pel non está implicada na recepción de estímulos pero si na


función de excreción, xa que ten glándulas sudoríparas.

Verdadeiro

Falso

5. Os movementos que realizamos son ordenados polo sistema


nervioso baseándose nos estímulos que reciben os órganos
sensoriais.

Verdadeiro

Falso

26. Relaciona cada órgano coas súas partes.

Ollo Orella, conduto auditivo externo,


tímpano, cadea de ósos finos, caracol.

Lingua Córnea, pupila, iris, cristalino, retina.

Pel Pituitaria amarela.

92
Oído Papilas gustativas.

Nariz Epiderme, derme, hipoderme.

27. Completa coa información de cada tipo de célula.


Neurona

Función:

Descrición:

Implicada en:

Célula muscular

Función:

Descrición:

Implicada en:

Espermatozoide

Función:

Descrición:

Implicada en:

Óvulo

Función:

Descrición:

93
Implicada en:

28. Sinala as opcións correctas.

A medula está situada no interior da columna vertebral.

O encéfalo está situado no cranio.

A medula divídese en cerebro, cerebelo e tronco encefálico.

Os nervios parten do sistema nervioso central e distribúense por


todo o corpo.

A medula e o encéfalo están conectados. Deles parten nervios


que se dirixen ao sistema nervioso central.

Todas as respostas elaboradas polo sistema nervioso central


pasan polo cerebro, incluídos os actos reflexos.

29. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.


1. O aparato locomotor executa as respostas motoras elaboradas
polo sistema nervioso central.

Verdadeiro

Falso

2. As ordes do sistema nervioso central chegan ao aparato


locomotor a través do sistema nervioso periférico.

Verdadeiro

Falso

3. Cando o aparato locomotor detecta estímulos do exterior


realiza movementos.

94
Verdadeiro

Falso

4. O aparato locomotor divídese en musculatura e esqueleto.

Verdadeiro

Falso

5. O esqueleto proporciona un sistema de pancas que moven os


músculos grazas ás súas contraccións.

Verdadeiro

Falso

6. Ademais de ósos e músculos o aparato locomotor tamén ten


cartilaxe, tendóns e ligamentos.

Verdadeiro

Falso

30. Completa a táboa cos termos indicados a continuación.

Tríceps ● Esterno ● Cranio ● Orbicular dos ollos

Peroné ● Úmero ● Cuadríceps ● Trapecio

95
Óso Músculo

Brazo

Perna

Tronco

Cabeza

31. Contesta as seguintes preguntas.


1. En que etapa da nosa vida acadamos a madureza sexual? Na .

2. Cando nacemos temos xa definidos os caracteres sexuais


primarios? .

3. Cando nacemos temos xa definidos os caracteres sexuais


secudarios? .

4. Que órgano é o encargado de producir os gametos masculinos? Os


.

5. Que órgano é o encargado de producir os gametos femininos? Os


.

6. Como se chama o proceso mediante o que se une un óvulo e un


spermatozoide? A .

7. A partir de que célula se orixina o embrión? A partir do .

8. Que se orixina a partir do embrión? Un .

32. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas.

96
1. As gónadas nas mulleres están dentro do abdome pero nos
homes están fóra.

Verdadeiro

Falso

2. As gónadas conéctanse co exterior a través das vías


reprodutoras tanto en homes como en mulleres.

Verdadeiro

Falso

3. O camiño que segue un espermatozoide desde o testículo ata


que fecunda a un óvulo é: testículo, conduto deferente, uretra,
vaxina, útero, trompa de Falopio e ovario.

Verdadeiro

Falso

4. A próstata pertence ao aparato reprodutor masculino e sitúase


ao lado dos testículos.

Verdadeiro

Falso

5. A vesícula seminal pertence ao aparato reprodutor masculino


e está conectado coas vías reprodutoras.

Verdadeiro

Falso

97
6. As vías reprodutoras da muller están adaptadas para conducir
os gametos e tamén para albergar ao embrión e o feto antes
do seu nacemento.

Verdadeiro

Falso

33. Sinala as opcións correctas.

De se producir unha fecundación pero non se da a implantación,


a muller non queda embarazada.

O ciclo menstrual prepara o útero para o embarazo.

O ciclo ovárico non está acompasado co menstrual.

Durante o embarazo o individuo en desenvolvemento pasa polas


etapas de cigoto, embrión e feto.

Durante o embarazo, ademais dun novo individuo, fórmanse


unha serie de estruturas que o nutrirán e protexerán.

As fases do parto son, por orde, dilatación, expulsión da placenta


e expulsión do feto.

Reforza

34. Sinala as opcións correctas.

As persoas somos seres vivos porque realizamos as tres funcións


vitais.

98
A función de relación é imprescindible para a supervivencia de
cada persoa, sen ela cada un de nós non podería analizar a
contorna e reaccionar ante estímulos.

A función de reprodución é imprescindible para que a nosa


especie se perpetúe.

Todas as opcións son correctas.

35. Escribe o nome das partes do ollo.

99
36. Escribe o nome das partes do oído.

37. Relaciona cada estímulo co órgano que o recibe.

Imaxes Oído

Sons Ollo

Presión e temperatura Nariz

Substancias disoltas no aire Lingua

Substancias disoltas na saliva Pel

100
38. Completa a frase e sinala as partes desta célula.
A é un tipo de célula especializada en transmitir , forma parte do
sistema .

39. Relaciona cada estímulo co órgano que o recibe.

Medula espiñal Controlar accións voluntarias,


analizar información dos órganos dos
sentidos, os sentimentos, a memoria
e a aprendizaxe.

Tronco encefálico Servir de vía de comunicación entre o


encéfalo e o corpo e elaborar algunha
respostas coma os actos reflexos.

Cerebelo Regular actividades de órganos


internos como a respiración e o ritmo
cardíaco. Tamén clasificar as
mensaxes que se envían o cerebro e
o corpo.

101
Cerebro Coordinar os movementos do noso
corpo e axudarnos a manter o
equilibrio.

40. Sinala as opcións correctas.

Músculos Ósos

Tronco
Trapecios Omoplata

Tibial Tarso

Columna vertebral Esterno

Dorsais Pectorais

Pernas e pés
Metatarso Metacarpo

Tibial Peroné

Cuádriceps Bíceps femoral

Tríceps Falanxes

Brazos e mans
Carpo Tarso

Bíceps Falanxes

Tríceps Úmero

Cúbito Abdominais

Cabeza

102
Orbicular dos ollos Cranio

Glúteos Maxilar inferior

Bucinador Sacro

Omoplata Úmero

41. Sinala a opción correcta.

Os músculos moven os ósos grazas á súa capacidade de


contraerse.

O lugar no que se insertan os músculos é importante xa que


determina como será o movemento.

Se un tendón da man se rompese os movementos que realizamos


veríanse afectados.

Se o que se rompese fose un ligamento o que se vería afectado


sería unha articulación.

Todas as opcións son correctas.

42. Indica a que aparato corresponden as seguintes funcións.


Producir óvulos.

Producir espermatozoides.

Albergar ao cigoto, embrión e feto.

103
Depositar os espermatozoides preto do útero.

43. Sinala as opcións correctas.

Para que un espermatozoide poida acadar o óvulo ten que ser


depositado na vaxina, preto da base do útero.

A fecundación ocorre nas trompas de Falopio.

A implantación ocorre na vaxina.

Sen a implicación da placenta e do cordón umbilical o feto non se


podería nutrir.

O parto supón un cambio drástico na forma en que se nutría o


feto.

Amplía

44. O tendón de Aquiles é o máis groso e forte do corpo. Une varios músculos
do papo da perna cos ósos do talón.

Nesta actividade propoñémosche que investigues sobre a lenda que agocha


o seu nome. Busca na Internet ou na biblioteca información sobre estas
preguntas:

Quen era Aquiles?

Que característica de Aquiles fixo que este tendón leve o seu


nome?

104
45. Para un artista é fundamental coñecer a nosa anatomía. Como xa sabes, o
esqueleto dá forma ao noso corpo e aos músculos. Defínena con máis detalle.
Coñecelos é importante para crear debuxos e esculturas. Podes comprobalo, por
exemplo, vendo este vídeo.

Agora propoñémosche que o intentes ti. Selecciona unha parte do corpo e fai
unha listaxe dos ósos e os músculos que a compoñen. Podes buscar información
extra na Internet. Canto mellor coñezas a zona que vas debuxar maior definición
lle poderás dar ao teu debuxo.

Debuxa a silueta e despois vai dando sombras para definir os músculos,


tendóns ou ósos da zona que elixiches.

Non te esquezas de mostrar o resultado aos teus compañeiros e compañeiras.

105
Reto superado!
Ao longo desta unidade descubriches como se realizan as funcións de relación e reprodución no
ser humano, e agora coñeces algúns datos curiosos sobre a reprodución humana:

Unha muller produce un número limitado de óvulos ao longo da súa vida fértil.

Os espermatozoides son uns expertos nadadores que realizan unha carreira


contrarreloxo para fecundaren o óvulo.

Da masa que gaña unha muller no embarazo só un 25% corresponden á do bebé.

O corazón do feto latexa moito máis rápido que o teu.

Durante o embarazo, o útero aumenta considerablemente o seu volume.

Os bebés, ao naceren, teñen unhas proporcións corporais diferentes ás dos adultos. A


lonxitude da súa cabeza representa un cuarto da súa estatura.

A distancia á que pode enfocar con definición obxectos o recén nacido é de 35


centímetros.

Porén, hai moitos outros datos sorprendentes relacionados coa nosa reprodución. Queres saber
máis? Anímate e mergúllate na túa biblioteca. Abofé que atoparás moitos datos interesantes.

Galería de imaxes

106
Durante o embarazo, o útero acada o tamaño dunha
sandía

Funcionamento do sistema nervioso

107
Partes do globo ocular

Partes do oído

108
O sentido do olfacto

As papilas poden detectar combinacións de cinco sabores


básicos.

109
O sentido do tacto localízase na pel.

As neuronas transmiten a información do sistema nervioso.

110
O encéfalo forma parte do sistema nervioso central.

Principais músculos do corpo.

111
Os músculos exercen forza ao contraerse.

O embarazo.

112
Glosario

Actos reflexos
Son actos involuntarios. Trátase de actos rápidos e automáticos nos que non participa
o cerebro. Prodúcense cando se necesita unha resposta rápida.

Caixa torácica
Conxunto de ósos formados polas vértebras, o esterno e as costelas, que se unen para
dar protección aos órganos do tórax.

Centro
Zona do sistema nervioso na que se interpreta información e se elaboran respostas.

Columna vertebral
Estrutura ósea que vai desde a base do tronco ata a pelve recorrendo o pescozo e as
costas. Está formada por varios ósos, denominados vértebras.

Embrión
Etapa inicial do desenvolvemento dun ser humano que vai desde a etapa de cigoto ata
que os órganos internos se encontran xa diferenciados.

Espermatozoide
Gameto masculino producido polos testículos. Ten a capacidade de desprazarse
grazas aos movementos do seu flaxelo.

Estímulo
Sinais que recibimos do medio que nos rodea e tamén do interior do noso propio
corpo, a través de órganos receptores.

Flaxelo
113
Flaxelo
Apéndice móbil, longo e delgado, que posúen algúns organismos unicelulares ou
certas células de organismos pluricelulares.

Feto
Etapa do desenvolvemento do ser humano que comprende desde a oitava semana de
embarazo, cando os órganos internos xa están diferenciados, ata o nacemento.

Resposta
Acción que se realiza despois de que o sistema nervioso analice un estímulo. Poden
ser motoras, se implican movemento, ou secretoras, se se liberan substancias.

Panca
Máquina simple formada basicamente por unha barra ríxida e un punto de apoio que
serve para levantar obxectos ou transmitir forzas.

Seme
Líquido segregado polo aparato reprodutor masculino que contén aos
espermatozoides.

Lente
Disco de vidro ou de outro material transparente limitado por superficies curvas que
ten a capacidade de desviar os raios de luz.

Ligamento
Estrutura formada por tecidos moi resistentes que actúa como un cordón que une os
ósos dunha articulación ou que axuda a manter a posición dun órgano no corpo.

Menarquia
Aparición da primeira menstruación.

Menopausa
Cesamento definitivo da menstruación, que implica a perda da capacidade de ter fillos.
114
Cesamento definitivo da menstruación, que implica a perda da capacidade de ter fillos.

Nervio
Estrutura en forma de cordón formada por neuronas a través da que se transmite
información do corpo ao sistema nervioso central e viceversa.

Óvulo
Gameto feminino producido polos ovarios.

Vida fértil
Etapa da vida das persoas na que se ten a capacidade de producir gametos e, por
tanto, de ter descendencia.

115
Ligazóns
Hybrid Medical Animation
http://www.hybridmedicalanimation.com/work/animation/

Visible Body
http://www.visiblebody.com/index.html

Healthline
https://www.healthline.com/directory/human-body-maps

116
Créditos
© Netex Knowledge Factory S.A. 2020

Contidos licenciados para o proxecto e-dixgal.

Todos os dereitos reservados. Non está permitida a reprodución total ou parcial desta
publicación nin o seu tratamento informático, nin a transmisión de ningunha forma ou
por calquera medio, xa sexa electrónico, mecánico, por rexistro ou outros medios, sen
o permiso previo e por escrito dos titulares do copyright.

Os titulares non se responsabilizan da persistencia ou da exactitude dos enderezos


URL dos sitios web de terceiros mencionados nesta publicación, nin garante que estes
contidos se manteñan, sexan precisos ou axeitados.

Autora dos contidos: María Jesús Blanco Vázquez.


Asesora didáctica: Susana Vázquez Martínez.
Revisor técnico: Santiago Montero Vilar.

Primeira edición: setembro de 2020.

ISBN: 978-84-18513-13-8

117

You might also like