You are on page 1of 68

UD3: Actividade

e descanso

1
Contidos
3.1. O equilibrio actividade-descanso.

3.2. A actividade na infancia.

3.3. O sono na infancia.

3.4. A hora de deitarse.

3.5. A planificación do sono na escola infantil.

3.6. A execución da actividade.

3.7. Os trastornos do sono.

2
Como definiriades a actividade?

Como definiriades o descanso?

3
3.1. O equilibrio actividade-descanso.
● A actividade e o descanso son dúas necesidades básicas que axudan ás persoas
a conseguir un bo estado de saúde.
● Hai que manter un equilibrio correcto entre ambas para que o estado xeral do
corpo sexa bo e non aparezan conductas inadecuadas, trastornos nin
enfermidades.

A actividade é calquera acción ou movemento corporal que supón un gasto


enerxético maior ao que se produce cando o corpo está en repouso.

O descanso é a forma de compensar o esforzo e recuperar o equilibrio físico e


psíquico despois da actividade.

4
5
Que aparece cando se produce un desequilibrio entre
o descanso e a actividade?

6
● O cansazo (*”cansancio” en castelán) producido pola actividade nos nenos pódese
superar cunha boa alimentación, descanso e sono. Si se produce un
desequilibrio elevado entre o nivel de actividade e o de descanso, aparece a
fatiga.

● E se non se recupera o equilibrio, o estado xeral do organismo pode resentirse,


o que pode interferir nos procesos de aprendizaxe e desenvolvemento.

7
3.2. A actividade na infancia.
● Durante os primeiros anos a actividade permite aos nenos coñecerse a si
mesmos e descubrir o contorno, os seus límites e as súas posibilidades.
● Os nenos e as nenas deben moverse, xa que este é o xeito que teñen de
satisfacer a súa necesidade de descubrir e experimentar. Pero hai que ter
presente que cada neno ten uns ritmos propios de actividade e descanso que
hai que respectar e potenciar.
● Como educadoras e educadores temos que ser conscientes da importancia da
actividade nesta estapa, xa que a falta de actividade é un indicador de que o
neno ou a nena non está ben, de que ten algún problema físico ou psicolóxico
sobre o que será preciso intervir.

8
3.2.1. Tipos de actividades.
● Durante a primeira infancia máis da metade do tempo dedícase a actividades
cotiás. As demais horas dedícanse ao xogo e a actividades doutro tipo.
● Actividades cotiás:
○ A alimentación
○ A hixiene.
○ O descanso.

● Para os nenos e as nenas representan as PRIMEIRAS ACTIVIDADES


EDUCATIVAS, e mentres as fan, están aprendendo en todo momento cousas
novas, ao tempo que establecen unha relación coa persoa adulta de referencia.
● Por este motivo, é importante que o educador procure que estes momentos
sexan productivos (que se evolucione) e gratificantes (que se desfruten).
9
Tarefa práctica:
● Agora mesmo convertédesvos en profesoras e profesores de Autonomía:
● Estades montando un exame sobre a UD de Autonomía e Descanso.
● Tedes que facer ao alumnado unha pregunta para saber si comprenderon que a
ALIMENTACIÓN, A HIXIENE E O DESCANSO son ACTIVIDADES
EDUCATIVAS.
● Elaborade unha pregunta tipo test con tres opcións de resposta para avaliar se
esta aprendizaxe foi conseguida.
● Preguntaremos varias ao grupo.

10
Pensemos!
1. O descanso na escola infantil:
a) é unha das primeiras actividades educativas.
b) é un momento que se reserva despois do xantar para a recuperación de
enerxías.
c) é unha das primeiras actividades educativas xunto coa alimentación e o
desenvolvemento da linguaxe.

11
● As actividades de xogo e outras:
● Destacamos ata os seis anos as seguintes actividades de xogo:
● Actividades sensoriomotrices de observación, repetición e exploración nas
que toman parte os máis pequenos, por exemplo cando se lles canta unha
nana, cando se lles fai cosquillas ou cando contemplan un móbil de cuna.
● Actividades ou xogos de movemento que implican a acción global do corpo:
desprazamentos, saltos, tirar obxectos, subir e baixar obstáculos, etc.
● Actividades de pensamento e manipulación de obxectos coma os xogos de
construcción.

12
● Actividades da linguaxe, no sentido de adquisición da palabra e dominio
progresivo da linguaxe como medio de coñecemento da realidade e de
comunicación cos demais: contos, ditos, trabalingüas, etc.
● Xogo simbólico ou de imitación ou representación da realidade: “cocinitas”,
disfraces, conducir coches, etc.
● Xogo libre, no que os nenos e nenas toman a iniciativa para escoller aquelo co que
queren xogar e como queren xogar, sen indicacións de ningún tipo.
● Actividades musicais: cantar, bailar, etc.
● Saídas ou excursións para coñecer o entorno.
● Celebracións de festas populares, tradicións culturais, etc.

13
3.2.2. Cambios na actividade dos nenos
● Con respecto ás rutinas:
● Antes dos tres anos a secuencia:
“descanso-alimentación-xogo-hixiene” repítese ao
longo do día.
● Entre os tres e os seis anos mantense a secuencia,
pero vanse reducindo as horas de descanso en favor
das de actividade, e vai cambiando o tipo de
actividades nas que os nenos e nenas poden tomar
parte.

14
● Con respecto ás posibilidades motrices:
● Ata os tres anos.
● Nesta etapa existe moita variación, como indicamos a continuación.
○ Ata os seis meses non poden manter ningunha posición estable.
○ Aos seis meses comezan a ser capaces de manterse sentados.
○ Cara os oito meses comezan a gatear (si gatean).
○ Cara os doce meses comezan a camiñar.

● Esta evolución condiciona o tipo de actividades que se poden levar a cabo en


cada momento. Cando comezan a camiñar temos que axudarlles a perfeccionar
esta nova habilidade: mellorar o equilibrio, correr, subir e baixar escaleiras, etc.

15
● Fisicamente están preparados para levar a cabo actividades vigorosas durante
períodos curtos, a descansar e a volver a emprendelas.
● As actividades que levan a cabo nestas idades deben estar orientadas á mellora
do control do propio corpo por parte dos nenos e das nenas, especialmente no
que implica ás novas capacidades.
● Tamén deben formentar a sociabilización e fomentar a seguridade nas propias
capacidades.

16
● Dos tres aos seis anos:
● Nesta etapa o neno experimenta un avance importante no seu nivel de
autonomía. Xa ten un mellor control do seu propio corpo e empeza a facer máis
actividades solo ou sola.
● Cambian e diversifícanse as actividades que poden facer e o tipo de xogos que
lles interesan xa que a súa capacidade de comprensión, coordinación e
expresión mellora.

17
3.3. O sono na infancia
● O proceso que por excelencia permite descansar e recuperar enerxías é o sono.

O sono é un estado no que o organismo inhibe todas


as funcións que o relacionan co mundo exterior e no
que se produce un relaxamento casi completo dos
músculos.

● O sono comporta unha inhibición de toda a actividade muscular, o cal fai que
diminúa a necesidade de osíxeno e nutrientes no tecido muscular, e por tanto, se
reduza a de risco sanguíneo. Isto fai que tamén diminúan as frecuencias
cardíaca e respiratoria.
18
● En definitiva, como consecuencia da inhibición da actividade física muscular,
todos os órganos diminúen o seu rendemento e se recuperan.
● O sono tamén supón unha modificación da actividade das estruturas cerebrais
que se encargan da regulación e da organización de todas as funcións vitais.
Gracias ao sono, estas estruturas recarganse e desintoxícanse.

● Na infancia, o repouso e o sono son necesidades básicas, dado que ademais de


contribuír á recuperación de enerxías, axudan ao proceso de maduración.

19
3.3.1. As fases do sono.
● O sono está regulado polo cerebro. Mentres a persoa
dorme pódense distinguir varios estadios e etapas que se
van repetindo de forma cíclica.
● Concretamente, no sono pódense diferenciar tres
momentos: o adormecemento, o sono propiamente dito e
o espertar.
● O adormecemento vai dende o momento de irse a dormir
ata que a persoa xa está dormida. O ritmo basal faise máis
lento, aparecen os bocexos (*bostezos en castelán), os
músculos reláxanse, o corpo vólvese pesado, as pálpebras
(*párpados) caen, etc. Hai unha busca da ubicación espacial
e da postura máis cómoda.
20
21
● O sono propiamente dito representa dous estadios: o sono lento e o sono
REM, a sucesión dos cales se denomina: “ciclo do sono”.
● Un ciclo do sono completo dura aproximadamente dúas horas e durante a noite
prodúcense entre catro e cinco ciclos, aínda que non todos son iguais: a medida
que avanza a noite os períodos de sono REM son cada vez máis longos. O
cerebro determina, ao finalizar cada ciclo, si se durmiu o suficiente ou se é
necesario un novo ciclo do sono.

22
○ Estadio 1: Sono lento.
○ Neste estadio o sono é tranquilo e, de xeito progresivo, vaise facendo máis
profundo, a respiración é regular e os ollos están inmóbiles debaixo das
pálpebras. Pode durar entre 90 e 105 minutos nas persoas adultas e uns 50
minutos nos nenos e nenas.
○ Ten catro fases que van dende:
■ A Fase 1, que se corresponde cun sono lixeiro no que é fácil que a persoa esperte con
ruídos ao seu arredor.
■ Na Fases 2 o sono aínda é lixeiro pero máis profundo que na fase anterior e cun grao
de conciencia máis reducido.
■ Na Fase 3 o sono xa é profundo. A persoa está moi ausente e só se esperta ante un
estímulo forte.
■ A Fase 4 é na que o sono chega á máxima profundidade e o estado é de inconsciencia
total. Nesta última fase a glándula pituitaria, situada na base do cerebro, aumenta a
produción da hormona do crecemento, que ten un papel importante na revitalización
dos tecidos.
23
○ Estadio 2: Sono REM.
○ O nome desta fase corresponde coas siglas de Rapid Eye Movements e
tamén se denomina “fase do sono axitado”.
○ A respiración e o pulso son irregulares, o ritmo cardíaco está acelerado, os
ollos móvense e a miúdo entreábrense as pálpebras (*párpados en
castelán), os dedos contráense, fanse muecas e xémese (*gemir en
castelán). Tamén pode haber unha perda do ton muscular.
○ É o período do sono no que se soe soñar e normalmente recórdanse os
soños, xa que nesta fase son moi ricos. Nel teñen lugar os pesadelos.
○ Duran entre 15 e 20 minutos e representa entre un 20% e un 25% dun
ciclo do sono nas persoas adultas, mentres que nos nenos pode chegar a
representar o 50%.

24
● O espertar pola súa parte, vai xeralmente acompañado dunha sensación de
benestar, aínda que cada persoa ten o seu xeito de espertarse: hainos que
espertan rapidamente e logo abren os ollos, e xa están en pleno funcionamento,
en cambio, outros fano pouco a pouco e precisan un tempo para conseguir un
redemento óptimo.
● Ti de cales eres?
● Nos nenos e nenas tamén podemos atopar estas diferencias, que deberemos de
ter en conta.
● É realmente importante ter en conta as diferencias individuales entre o
alumnado? Si, debemos prestar sempre unha atención individualizada!
25
A observar nas prácticas (FCT)! 🔍
● Haberá nenos e nenas que xa na hora da comida empecen a quedarse durmidos, e
haberá nenos e nenas que tarden moito en relaxarse, aínda que despois descansen moi
ben.
● Veredes nenos e nenas que se durman sós e tamén nenos e nenas que precisen de
moito apoio: caricias, palabras que inviten ao sono, etc.

● Pola súa parte, veredes tamén diferencias entre os xeitos de actuar das diferentes
educadoras e educadores. Algunhas acunarán aos bebés habitualmente e outras e
outros intentarán que se durman sen ser acunados ou nin sequera contarán con cunas
(só colchóns baixos).
● O máis lóxico é adaptarse a cada neno ou nena segundo as súas características
persoais. Aqueles que: “loitan contra o sono” precisarán máis apoio para relaxarse.
● As educadoras e educadores buscarán estratexias para que os meniños e meniñas
sexan cada vez máis autónomos para durmirse por si sós.
26
3.3.2. Os patróns do sono.
● O patrón do sono vén definido pola frecuencia e a duración das dormidas.
● A continuación veremos como van cambiando os ritmos do sono e actividade
nas diferentes etapas da infancia.
● Non obstante, repetimos unha vez máis, que CADA PERSOA TEN OS SEUS
PROPIOS RITMOS, polo que se trata de cifras meramente orientativas.

27
● Patróns de sono nos recentemente nados:
● Os bebés durmen entre 18-20 horas ao día.
Fan varias durmidas, de 3-4 horas cada
unha, que se interrompen para satisfacer
outras necesidades básicas: a alimentación
ea hixiene.
● Así, os bebés teñen moitos ciclos de sono e
vixilia durante o día, sen diferenciar entre o
día e a noite.
● Cabe resaltar que os recén nados comezan a
dormirse en REM, non pasan polo estadio 1.
É dicir, non pasan polo sono profundo, o que
lles permite espertarse moito máis a miúdo
e con máis facilidade que os adultos.

28
● Patróns de sono dos 3-12 meses.
● Prodúcese un cambio no ritmo biolóxico, xa que
abandonan progresivamente o patrón de durmir
ao longo das 24 horas e vanse adaptando a un
patrón que xa diferencia entre horas diurnas e
nocturnas.
● Entre os 3-6 meses durmen unhas 10 horas pola
noite, ademais de catro durmidas diurnas dunhas
dúas horas cada unha.
● Entre os 6-9 meses manteñen as horas nocturnas
e a duración das diurnas, pero o número de
durmidas diurnas redúcese a tres.
● Entre os 9-12 meses, a duración da durmida
nocturna auenta e chega ata as doce horas, as
dormidas diúrnas redúcense a dúas.
29
● Patróns de sono dos 12 aos 14 meses.
● Neste período mantéñense as 12 horas de
sono nocturno, pero as durmidas diurnas xa se
limitan á sesta, que ten unha duración dunhas
dúas horas.
● As horas de vixilia, polo tanto, seguen
aumentado.

30
● Patróns do sono a partir dos 24 meses.
● As horas de sono nocturno vanse reducindo
a partir dos 2 anos, e cara os 3 anos xa soen
ser unhas 10. Seguen facendo unha sesta de
dúas horas, que se pode manter ata os catro
ou cinco anos.
● En moitos casos, aos 3 anos, coincidindo coa
entrada no segundo ciclo da educación
infantil, xa se suprime a sesta.

31
3.3.3. Un sono de calidade.
● Á parte de deixar que cada bebé ou neno durma coa frecuencia e a duración que
necesite hai que fomentar un sono de calidade.
● O neno debe poder durmir sen ruídos nin interrupcións, nun contorno no que a
iluminación, a temperatura e a hixiene sexan adecuadas e en xeral, nun
ambiente agradable que o faga sentir cómodo e seguro.
● Unha boa actuación das persoas adultas e un ambiente agradable e relaxante
axudarán a conseguir un sono de calidade. Quen deseña este ambiente nas
escolas infantís?

32
3.4. A hora de deitarse.
● No momento de irse a durmir prodúcense uns intercambios afectivos moi
intensos nos que se alternan momentos de tenrura con outros de moita
hostilidade; por ista razón, é moi importante que este proceso se produza do
xeito máis natural posible.
● Os nenos e nenas, aínda que estean moi cansados e cansadas, precisan da
tranquilidade que proporciona o afecto para poder abandonarse ao sono e
tamén deben ter a certeza de que as persoas adultas que os coidan estarán alí
cando pechen os ollos e perdan o control da situación.
● O acto de durmir na infancia está moi ligado ao vínculo afectivo que se
establece coa persoa adulta de referencia, é dicir, coa relación de apego.
● No momento de durmir entra en xogo o medo á separación da figura de apego, a
resistencia a perderse algo do que pasa ao seu arredor, a paciencia das persoas
adultas, os hábitos adquiridos ata o momento, etc.
33
● Tamén son as persoas adultas, ao comezo os familiares, os que deben axudar a
atopar o espazo, a postura ou o estado no que será posible relaxarse ou durmir,
e transmitir a seguridade necesaria para que os nenos e as nenas poidan
descansar tranquilos e tranquilas.
● Se o neno ou a nena percibe nerviosismo ou impaciencia na persoa adulta, será
máis reticente a quedarse só e a dormirse.

34
Así se consigue dormir a tu hija
pequeña #NadieSabeNada

https://www.youtube.com/watch?v=J10K
irERV2w

35
3.4.1. Métodos para “ensinar” a durmir
● Se o feito de ir a durmir é complexo e, ademais, supón un quebradeiro de cabeza
para as familias que non teñen moi claro cómo actuar para favorecer o sono do
seu fillo ou filla, cabe preguntarse: cal é a mellor maneira para ensinar a
durmir?
● Pois… non hai unha única resposta, senón que se propoñen varios métodos,
baseados en concepcións diferentes, e que por tanto, propoñen actuacións
opostas. Destacamos os dous máis coñecidos, o método Ferber e o método
Sunderland.

36
● Método Ferber ou “Deixar chorar”.
● O método Ferber creouno o psiquiatra norteamericano Richard Ferber e foi
adaptado en España polo doutor Estivill.

37
● O Dr. Estivill sinala que este método se pode comezar a aplicar ás crianzas a
partir dos 6 meses de idade.
● O método baséase en definir claramente uns horarios e unhas rutinas. Cando
chega a hora de ir a durmir, hai que seguir as rutinas que corresponda (reducir a
iluminación, cantar unha canción, ler un conto, dar un obxecto de transición,
etc.).
● Seguidamente, deséxaselle boa noite ao neno ou nena e déixase só na súa cuna.
● Aplicarase unha táboa que nos indica o tempo que debemos tardar en volver á
habitación dende que o neno comeza a chorar.
● Pasado un tempo, o neno deixará de chorar cando o poñan a dormir porque
saberá que non obtén recompensa por facelo.

38
AMPLIACIÓN

39
EXAME: Tedes que quedarvos ademais cunha idea resumida de porqué se
critica este método.
● https://clubdemalasmadres.com/examinando-metodo-estivill/

40
41
42
Fomentando un coñecemento globalizado:
● No módulo de Desenvolvemento Socioafectivo todas e todos vós
estudáchedes xa os diferentes tipos de apego:

● Apego seguro.
● Apego ansioso-evitativo.
● Apego ansioso-ambivalente.
● Apego ansioso-desorganizado.

43
44
45
E a nivel físico, pode afectarlle ao neno que o deixen chorar
durante moito tempo?

46
● Método Sunderland ou “coleito” (*colecho en castelán).
● O método Sunderland creouno a psicólga inglesa Margot Sunderland e foi
adaptado en España pola psicóloga Rosa Jové, impulsora do proxecto “Dormir
sen lágrimas”.

47
● Este método destaca o papel da lactanción materna para o éxito do sono, tanto
polo contacto relaxante coa nai como pola succión calmante e pola composición
do leite. Tamén destaca as cualidades positivas de durmir co bebé, xa que si
esperta, o regreso ao sono é máis curto e axudalle a sincronizarse coa nai e o pai
e a sentirse máis tranquilo (non se sinte só, sabe que están aí cando esperta).
● Si se opta polo coleito, é necesario garantir que este sexa seguro, evitando que
se poida producir un aplastamento que leve á asfixia.

48
AMPLIACIÓN

49
● EL SUEÑO EN LOS NIÑOS : Dejarlos llorar? Despertares?
Terrores nocturnos? ENTREVISTA ROSA JOVE

● https://www.youtube.com/watch?v=KCXQwhIUnU4&t=153s

50
3.5. Planificación do sono no centro infantil.
● Os nenos e nenas necesitarán durmir durante a súa estancia na escola infantil.
● Este feito pode resultar complicado nos primeiros días, cando non coñecen o
lugar nin as persoas, pero si se planifica axeitadamente antes, dormen sen
problema cos compañeiros e compañeiras.
● Os profesionais dos centros infantís teñen unha función importante con
respecto á satisfacción desta necesidade, pois planificala e levala a cabo forma
parte das súas responsabilidades. Logo, deben saber encontrar os recursos
axeitados para satisfacela.
● Na planificación desta actividade, tanto o espazo coma o momento de durmir
deben ser recoñecibles para que os nenos e nenas os asocien coa hora do sono e
faciliten a transición.
51
3.5.1. A planificación do espazo e os recursos.
● Na programación da actividade deberase ter en conta:
○ o espazo,
○ os soportes para durmir,
○ os obxectos para favorecer o sono e
○ as condicións ambientais para favorecer o sono.

● A continuación analizamos cada unha delas por separado.

52
● O espazo no que se dorme debe ser facilmente identificable polas nenas e os
nenos.
● Se coñecen o espazo e este é agradable e axeitado, abandonarán ou limitarán a
actividade, sentiranse cómodos e seguros e deixaranse levar polo sono.
● No caso dos lactantes, débese dispoñer dun dormitorio con cunas, separado da
aula pero non moi alonxado (temos que estar pendentes en todo momento), de
xeito que uns poidan durmir cando o precisen e outros poidan estar espertos.
● Nas aulas dos nenos e nenas maiores tamén deben poder descansar cando o
precisen, polo que se debe habilitar un espazo tranquilo e protexido con
colchóns ou tumbonas. Para a sesta convén habilitar a propia aula cando chega a
hora de durmir.

53
● Os soportes sobre o que durmen, tanto se é unha cuna coma se é un
colchón ou unha hamaca debe ser:

● Individual.
● De rixidez media, nin demasiado ríxido nin demasiado brando, para que o neno
ou nena non quede afundido.
● De material transpirable, cunha composición tan natural como sexa posible.
● Tamén é recomendable que dispoñan de algo para taparse, dunha saba ou unha
manta, preferiblemente sen lazos, cintas ou outros elementos decorativos que
poidan estorbar ou despegarse.

54
● Cunas na aula de bebés.

55
● De onde parece máis fácil subir e baixar para os nenos e nenas? Colchón
ou hamaca?

56
● Educadoras, sempre presentes.

57
● Obxectos para favorecer o sono:
● Hai que ter en conta que irse a durmir é un dos momentos máis delicados, polo
que convén que o neno ou nena teña obxectos cos que soe durmir que lle
evoquen olores, texturas e sensacións que lle sexan familiares e que, ao telos na
escola infantil, lle axuden a integrarse nun ambiente completamente novo.
● Por esta razón, os obxectos que se usen para durmir deben ser só para durmir.
Deste xeito conséguese unha asociación e os nenos e nenas saben que cando se
lles da un determinado obxecto significa que é hora de durmir (chupete,
peluche).

58
● No que respecta ás condicións ambientais para favorecer o sono debemos
ter en conta:
● Luz-escuridade:
● No sono diurno o ideal é que non haxa unha escuridade total, pero si un pouco
de penumbra. Para isto os TSEI reducirán a luz do espazo. Pola noite, en cambio
si que debe haber escuridade, deste xeito axudamos aos nenos e nenas a
diferenciar entre o día e a noite, entre a vixilia e o sono.

59
● Outras condicións ambientais que hai que procurar na escola infantil á hora da
sesta son:
○ A ventilación. Os lugares nos que dormen os nenos e nenas deben poderse
ventilar, e esto debe facerse periodicamente, sexa cal sexa a época do ano.
○ A temperatura. Se fai demasiado frío ou demasiada calor os nenos non
poderán durmir ou durmirán mal. Será necesario ter equipos para refrescar
ou quentar a habitación cando sexa necesario.
○ A hixiene. Os espazos, as camiñas, as sabas e os obxectos de transición,
deben cumprir con todos os requisitos hixiénicos. Recordemos que os
nenos máis pequenos aínda non teñen o sistema inmunitario
completamente maduro e, polo tanto, son máis sensibles que as persoas
adultas ante algúns microorganismos.

60
● Ruído-silencio:
● Durante o día hai ruídos, tanto dentro da casa como fóra, de xeito natural.
Durante a noite, en cambio, non se sinten tantos ruídos porque diminúe a
actividade.
● Deste xeito, os nenos tamén van establecendo as diferencias entre o día e a
noite.
● Esto hai que telo en conta no centro infantil. Durante a sesta, o ruido cotiá de
fondo non é problema, pero si hai ruídos fortes que poden alterar o sono haberá
que evitalos.
● Polo tanto: non falaremos en voz alta cerca de onde dormen, non deixaremos
móbiles ou outros aparatos que poidan facer ruído na sala, evitaremos que as
actividades doutros nenos que estean espertos interrompan o sono dos que
durmen, etc.

61
3.6. A execución da actividade.
● Os seguintes puntos do libro de Altamar serán traballados exclusivamente polo
alumnado nunha actividade puntuable de cariz práctico:
○ 3.5.2. A planificación dos momentos: o horario e as rutinas e o ritual para
favorecer o sono, e
○ 3.5.3. Planificar estratexias .
○ 3.6. A execución da actividade: antes de ir a durmir, durante o sono e ao
espertar.

62
ACTIVIDADE PUNTUABLE:
“Descanso: deseño de ambientes e rutinas”.

Entre as múltiples tarefas das que tedes


que facervos cargo está o deseño dos
diferentes ambientes e rutinas para a
hora de descansar.

63
Tarefas de ampliación. Primeiros grupos en rematar:
● Elaborar un esquema na pizarra da aula:
Sobre o punto 3.3.1. do libro: As fases do sono. Deben distinguir entre os
“momentos”, os “estadios” e as “fases” usando diferentes cores de xiz.
● Seleccionar diferentes estilos de música en Youtube (ou onde o desexen) que
invite ao descanso e que poñerían no momento en que os nenos xa están cada
un na súa cama. Seleccionar varios exemplos e descargalos.
● Elixir algún conto que lerían antes de durmir dos que hai na biblioteca da aula
e outros que lles prestarían aos meniños de un ano para “ler” como actividade
de silencio (poden ser tamén xoguetes).
● Identificar todas as camas que temos na aula e si hai sabas para poñerlles.

64
ACTIVIDADE NON PUNTUABLE:
“Durmimos a sesta”
● Recursos humanos:
○ Nenos e nenas de 2-3 anos. 10
○ TSEI. 10
○ Familias. 6

● Recursos espaciais: no salón de actos.


○ Zona de descanso,
○ Zona de comedor e
○ Zona de baño.
○ Zona de xogos de silencio.

● Recursos materiais:
○ Algunha manta?
○ Esterillas.
○ Chupete.
○ Música relaxante, xoguetes e contos de silencio.
65
ACTIVIDADE NON PUNTUABLE:
“Durmimos a sesta”
1. Nenos e nenas no comedor.
2. Educadoras, unhas seguen limpando no comedor e outras levan os nenos para o baño.
3. As TSEI lévanos ao baño: lavar dentes e ao retrete. Anótase que fan no baño (pis no
pañal, no retrete, etc.)
4. Van pasando ás camas, as educadoras axúdanlles a durmirse trasnmitíndolles
afectividade.
5. Algúns nenos non conseguen durmir, pasan a zona de silencio.
6. Anótase os nenos que durmen e os que non.
7. Os nenos comezan a ir espertando.
8. As familias pasan a buscalos á porta da aula.
66
3.7. Os trastornos do sono
TAREFA NON PUNTUABLE: Trastornos do sono
Elaboración dun Dossier (en galego) en Google Drive con infografías de Canva, e
presentación por parte do alumnado á clase (na lingua que queirades). Preguntarase
no exame💥
1. As disomnias (explicación de que son) inclúen o insomnio e a hipersomnia. Hábitos
incorrectos, perturbacións orgánicas e conflictos emocionais. +
2. Parasomnias (explicación de que son e que inclúen en xeral) e pesadelos.
3. Somniloquia e sonambulismo. +
4. Terrores nocturnos.
5. Bruxismo e jactatio capitis.
6. Ronquidos e Síndrome do Lactante. +
67
Moitas grazas pola vosa
atención e
colaboración!

68

You might also like