You are on page 1of 14

TEMA 2

DESENVOLVEMENTO E COIDADOS.
A SAÚDE NA INFANCIA: ANTES DO
NACEMENTO DO NENO/A; NO
BEBÉ ACABADO DE NACER E NAS
CRIANZAS NOS SEUS PRIMEIROS
ANOS DE VIDA
1. INTRODUCCIÓN

O neno/a chega ao mundo dotado dunha cantidade de reflexos que llevan permitir
reaccionar ante determinados estímulos e provocar a intervención dos demais. Sen
embargo se non ten un medio rico que o estimule, o desenvolvemento do neno, é máis
difícil.

2. MARCO LEGAL

Ley Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei


3/2020 do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de Educación. (LOMLOE).

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación


infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 7º Distribución horaria: A distribución horaria incluirá actividades que


permitan respectar os ritmos de actividade, xogo e descanso dos menos/as. Será
necesario que o horario estea sempre ao servizo da metodoloxía e combinaránse os
tempos de rutinas con tempos de actividades específicas.

ANEXO 1: Currículo do primeiro ciclo de Educación Infantil.

 Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.

Obxectivos:

- Adquirir autoestima esforzándose no desenvolvemento das actividades cotiás.


- Satisfacer as súas necesidades básicas adquirindo hábitos de coidado persoal.

Contidos:

- Bloque 1: o corpo.
- Bloque 3: o coidado persoal.

Criterios de avaliación:

- Manexa os útiles para a vida cotiá.


- Realiza con progresiva autonomía as prácticas encaminadas á satisfacción das
necesidades básicas.

 Orientacións metodolóxicas

1. O ambiente de aprendizaxe: os tempos (flexibles para adecuarse aos ritmos de


actividade e descanso).
2. O carácter globalizado da aprendizaxe.
3. Interacción coas demáis persoas.

Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os


centros de atención á infancia:

Artigo 27: requisitos específicos

Requisitos materiais e arquitectónicos:


1. Sala por cada unidade cunha superficie de 2m2 x neno e mínimo de 30m2. As
salas de menores de 2 anos disporán de áreas diferenciadas para descanso e
hixiene.
2. Espazo axeitado para a preparación dos alimentos.
3. Sala de usos múltiples que pode ser usada como comedor.
4. Aseo con 2 lavabos e 2 inodoros nas salas de 2-3.

Artigo 35. Servizo complementario de comedor

O servizo inclúe o xantar e opcionalmente o almorzó, a merenda e a cea.

1. Usuarios/as de este servizo:


a) Nenos/as de 0-3 non usuarios da atención continuada do centro.
b) Nenos/as de 3-12.
2. Formas de prestación: mediante prestación directa ou indirecta.
3. Persoal
a) Persoal de cocina.
b) Persoal de atención no comedor (vixilancia e coidado). Existe un
encargado.
Ratio: 1/8 para nenos/as de 0-3, 1/15 para nenos/as entre 3-6 e de 1/30
para nenos/as entre 6-12.
4. Requisitos específicos
Todos os servizos de comedor deberán cumplir as esixencias establecidas na
regulamentación técnico-sanitaria para os comedores colectivos.

Regulamento de réxime interno (RRI) das escolas infantís do consorcio Galego de


Servicios de Igualdade e Benestar:

Artigo 10º. Funcións do persoal das escolas infantís

Realizar as función educativas incluídas na lexislación vixente para o ciclo educativo,


no referente ao desenvolvemento das crianzas.

Artigo 25º- Horarios e aperturas

Na entrada e na saida deberanse respectar os horarios preestablecidos.

- Usuarios/as SEN servizo de comedor


a) 0-1 anos: 13.00h
b) 1-2 anos: 13.00h
c) 2-3 anos: 13.30h

- Usuarios/as CON servizo de comedor


a) 0-2 anos: 13.30h
b) 2-3 anos: 14.00h

O horario de recollida será ás 15.30h.

- Usuarios do servizo de merenda: Os nenos que permanezcan mais alá do


horario establecido deberá facer a merenda no centro.

Artigo 26º- Servizos

Segundo a capacidade das escolas, poderán ofertarse os seguintes servizos:


- Almorzo: dende a apertura ata as 9.00h
- Xantar: de 12.00h a 14.00h
- Merenda: de 16.00h a 17.30h

Artigo 27º- Normas de saúde, hixiene persoal e nutrición

Saúde: Os nenos deberán acudir á Escola en condición correctas de saúde e hixiene.

Hixiene persoal: Muda completa, manta, cueiros, toalliñas, roupa cómoda.

Alimentación: O menú asinado polo/a especialista en nutrición estará exposto no


taboleiro de anuncios.

3. DESENVOLVEMENTO

Como futuros educadores/as é de vital importancia ter coñecemento do


desenvolvemento dun neno. Este desenvolvemento defínese tendo en conta una serie
de características:

- O ritmo é diferente en cada neno.


- É un proceso con diferentes factores tanto herdados como ambientais.
- Supón unha sucesión de cambios da conducta dependentes das leis cefalo-
caudal (arriba-abajo) e próximo-distal (dentro-afuera).
- Fases de equilibrio, estabilidade ou estancamento.
- Pártese dunhas capacidades xerais para chegar á especialización de éstas.

Por outra banda, o coidado é entendido de forma xenérica como a acción de cuidar.
Fisher e Tronto definen o coidado como “unha actividade específica que inclúe todo o
que facemos para manter, continuar e reparar o noso mundo.

Na Educación Infantil do primeiro ciclo, enténdese por coidado infantil atender as


necesidades fisiolóxicas dos nenos/as.

Conclúese que os bebés que nacen bioloxicamente inmaduros, debido ao tamaño do


cerebro humano e a bipedestación obrigan a unha saída prematura, e,
consecuentemente, unha infancia longa con ato grao de dependencia.

Os investigadores consideran que aos 9 meses de xestación deberían sumárselle


outros 9 ou 12, que é cando comezan a desprazarse, comunicarse e alimentarse de
forma mais ou menos autónoma (Exteroxestación).

Cómpre resaltar as condición intrauterinas para o bebé: nel recibe todo o necesario
para vivir e forma unha unidade biolóxica coa nai. Co parto, recibe toda unha serie de
sensación mais ou menos agradables de xeito directo dun entorno mais hostil que o
coñecido.

Os bebés nacen con certos reflexos primarios, de búsqueda e succión, orientados a


asegurar a lactancia materna. Actualmente, organismos como a OMS, UNICEF ou
AEP (asociación española de pediatría) recomendan a lactancia exclusiva nos 6
primeiros meses.

O contacto físico durante a infancia constitúe outra necesidade física e emocional


básica. O tacto é o primeiro medio de comunicación para o bebé e vai ser unha fonte
de seguridade que está íntimamente relacionado co apego, que é unha estratexia
adaptativa para a supervivencia. Ata os 6-9 meses o bebé non se concibe como un ser
independiente por iso se sinte seguro cando está en contacto.

Igualmente, os beneficios físicos e psicolóxicos do contacto quedou comprobado a


través dos resultados dos programas de “coidados nai canguro”. A OMS na súa “guía
práctica do coidado nai canguro” (2004), recomenda o contacto pel con pel dos
prematuros cos país. Consiste en calor, amor e lactancia. Aumenta as posibilidades de
supervivencia e fai madurar o stma inmunolóxico dos bebés nados antes de tempo,
ademáis de favorecer o apego necesario para un óptimo desenvolvemento.

Os nenos/as cos que se favorece o contacto físico non só son mais independientes
chegado o momento, senón que teñen maior autoestima.

As investigación sobre o sono infantil amósan unha gran variabilidade. É un proceso


instintivo que non pode ensinarse nin se aprende. Vai modificándose nun proceso de
maduración paralelo ao desenvolvemento neurolóxico do bebé. No mundo se practica
maioritariamente o coleito.

Entre os beneficios do coleito (Landa et al, 2012) destacan a diminución de apneas,


favorece o vínculo e o desevolvemento neuronal do cerebro, o bebé se sincroniza coa
nai en movementos, respiración, espertares e ciclos do sono.

Podemos afirmar que as emocións teñen unha relación coa saúde. O pranto
constitúe un stma de comunicación e unha estratexia de adaptación e supervivencia.
Non atender o pranto do bebé ten como consecuencia un aumento da segregación de
hormonas de estrés, como o cortisol, que é perxudicial por ser un inhibidor do
crecemento neurolóxico.

Un aspecto necesario a ter en conta en relación aos coidados é a importancia


educativa dos mesmos. Todo o que sucede no momento dos coidados entre o neno/a
e a educadora é moi importante no ámbito relacional.

A conquista da autonomía, un dos obxectivos de esta etapa infantil, é algo que tamén
ten que estar presente nestas acción de coidado.

4. A SAÚDE NA INFANCIA

O crecemento enténdese como os cambios cuantitativos referidos ao aumento da


masa corporal nas diferentes etapas do ciclo vital.

A maduración fai referencia aos cambios morfolóxicos de forma natural. No neno/a o


desenvolvemento depende de graos de procesos de maduración.

Debemos coñecer que o desenvolvemento obedece a factores externos (medio ou


ambiente) e factores internos (dados pola propia natureza ou herdanza).

Factores internos (natureza ou herdanza):

- Xenéticos: van a depender da herdanza


a) características fisiolóxicas como as enfermedades hereditarias, mentais…
b) características físicas como a cor de ollos, pelo…
- biolóxicos: non dependen da xenética pero inflúen no desenvolvemento
posterior
a) situación emocional da nai.
b) Boa alimentación.
c) Adiccións.
d) A idade da nai.

Factores externos (ambiente): o medio no que medra un neno é fundamental no


desenvolvemento do mesmo.

- Medio social
- Medio escolar
- Medio familiar
- Medio cultural
- Medio físico

Un ambiente apto para o desenvolvemento debe ter en conta:

- Unha familia estruturada que atenda ás necesidades dos nenos/as.


- Necesidades primarias cubertas.
- Fomento da autonomía.
- Ambiente de seguridade.
- Afectividade.

4.1. ANTES DO NACEMENTO DO NENO/A

O desenvolvemento humano é froito da interacción entre varios factores:

- Exóxenos (satisfacción das necesidades primarias)


- Endóxenos (stma metabólico, potencial xenético ou stma endocrino)

PERIODOS

Hay 3 periodos desde que se inicia o ciclo ovárico ata que o feto está preparado para
nacer:

Periodo preembionario (1 a 3 semanas)

- O óvulo e o espermatozoide son células especializadas para a súa función.


- Os núcleos se fusionan nun só núcleo dotado de 23 pares de cromosomas.
- A información xenética resultante combínase para construir nova célula
(cigoto).
- Secuencia de divisións sucesivas ás horas (mitose) para a multiplicación da
célula original.
- As células resultantes levan 46 cromosomas cada unha.
- Aos 3 días hai 16 células co nóme de mórula.
- Tras a fecundación (fin do 6 día), o embrión implántase no endometrio, que
está en estadio de blastocisto. Nel pódense diferenciar 2 tipos de células, o
trofoblasto e a masa células interna.
- A implantación remata sobre o día 25 do ciclo. No disco embrionario vanse
formando 3 capas de células:
a) Ectoblasto ou capa superior (orixina a pel e tecido nervioso)
b) Mesoblasto ou capa intermedia (esqueleto, músculos e stma circulatorio e
renal)
c) Endoblasto ou capa interior (aparato dixestivo e respiratorio).

Periodo embrionario (4 a 8 semana)

Este periodo se denomina organoxénese, onde os cambios que se producen nas


capas embrionarias transfórmanse nos diferentes órganos e aparecen as
características principais do corpo antes do 3 mes de xestación ( fetal).

Etapa mais delicada na que as influencias externas poden producir consecuencias


adversas posto que se condiciona o desenvolvemento axeitado dos órganos.

Fin do 1 mes:

- Embrión mide entre 3-4 mm


- Protuberancias que formarán as extremidades e o que serán os ollos e orellas.
- Comeza a formarse o corazón, formándose o chamado tubo neural, que orixina
o stma nervioso.

As 5 semanas:

- Embrión mide entre 11-14 mm.


- Comezan a desenvolverse os brazos e pernas.

A 6 semana:

- Mide entre 21-23 mm.


- adivíñanse os ollos, nariz e a fenda da boca.

As 7 semanas:

- mide uns 31 mm.


- Fórmase o padal e pálpebras.
- O cerebro vaise desenvolvendo con rapidez e se van formando os lóbulos
pulmonais.

Aos 2 meses:

- Mide 3cm e medra 1mm por día.


- Posúe os primeiros órganos e iníciase a osificación do esqueleto.

Periodo fetal (partir do 3 mes)

Ao 3 mes:

- Adquire aspecto humano, 10cm, 45gr.


- O corazón ten 2 cavidades, mais adiante terá 4. Lados comunicados que se
pecharán despois do parto.
- O desenvolvemento sexual ven determinado polos cromosomas do óvulo e
espermatozoide. Óvulo (cromosoma femenino X) e o espermatozoide
(cromosoma masculino Y). Así a combinación XX da unha nena e XY da neno.

Ao 4 mes:

- 15cm, 200gr.
- Aparellos dixestivo e urinario están en acción.
- O intestino énchese dunha sustancia chamada meconio (orixinado pola bile
que segrega o fígado e que expulsará ao nacer antes das primeiras 24h)

Ao 5 mes:

- Corpo cuberto dunha capa branca e oleosa (vérnix caseoso) que permite que a
pel non se deteriore no medio acuoso no que está. Ao nacer se absorbe.
- Corpo cúbrese dunha velosidade moi fina chamada lanugo.

No 6 mes:

- Mide 30cm, 1kilo.


- Coordina mellor os movementos e consigue chuparse o dedo.
- Capaz de oír e percibir cambios de luz.
- Ábrense os ollos.

No 7 mes:

- Mide 40 cm, 1700gr.


- Os pulmóns prepáranse para cando comece a respirar.

No 8 mes:

- 45cm, 2700gr.
- O feto adquire graxa.
- Podría nacer aínda que menos inmunizado.

No 9 mes:

- 50cm, 3300gr.
- O lanugo desaparece.
- Medran pelo e uñas.

ATRASO NO CRECEMENTO

Os principais factores que inflúen:

- Tabaquismo.
- Embarazo múltiple.
- Malnutrición materna.
- Factores xenéticos.
- Alteracións no fluxo sanguíneo da placenta.

COMPLICACIÓN DO EMBARAZO

Hay que facer un seguimiento regular para que non ocorra ninguna comlicación:
- Desprendemento prematuro da placenta.
- Diabetes xestacional.
- Embarazo ectópico (ovo fóra do útero).
- Embarazo de xemelgos.
- Factor RH.
- Hidramnios (o volumen de líquido amniótico é superior a 2L)
- Oligoamnios (líquido amniótico inferior a medio litro)
- Parto prematuro.
- Rotura prematura das membranas.
- Toxemia e eclampsia (aumento da tensión arterial da nai que pode ocasionar
un atraso no crecemento fetal se non se trata a tempo)
- Toxoplasmosis (infección parasitaria que se contrae dos alimentos e gatos).

ANOMALÍAS OU MALFORMACIÓNS NO FETO/NEONATO

- Arcadios: individuo completamente deforme que non posúe corazón.


- Pagos: irmáns siameses.
- Autósito e parásito: o autósito é un individuo que está ben mentres que o
parásito é un organismo deforme que pode unirse no exterior ou no interior do
corpo.
- Situs inversus totalis: anomalía da organización corporal onde os órganos
mostan unha simetría en espello.
- Sereas ou serenoides: fusión das extremidades inferiores.
- Craneosquisis e raquisquisis: comprometen ao stma nervioso central, cráneo,
columna vertebral e partes brandas próximas. A raquisquisis é cando a
columna vertebral do feto non se pecha por completo o primeiro mes de
embarazo.
- Labio leporino.

O PARTO

Nas últimas semanas, cando os pulmóns do feto están maduros para respirar reciben
a secreción dunha sustancia chamada surfactante, que evita o colapso dos alveólos
pulmonares.

Tamén hai un activador de plaquetas para preparar ao feto para a súa vida de bebé.

A combinación destas sustancias vése reflexada no líquido anmiótico e cando é


percibida polo útero, prodúcese unha resposta inflamatoria que da inicio ao parto,
desdencadeando unha secuencia de procesos:

- Periodo de dilatación
a) O pescozo do útero se vai ensanchando para dar paso á cabeza. 10cm
b) 3 fases: Latencia (contraccións cada 15-20 min)
Activa (cada 3-4 min mais intensas)
De transición (cada 30 segundos)

- Periodo de expulsión
Comeza unha vez acabada a dilatación ata a saída do recén nado.

- Periodo de alumbramento
Entre uns minutos e media hora despois comeza a expulsión da placenta e
membranas.

4.2. O BEBÉ ACABADO DE NACER

TEMPOS DE XESTACIÓN

Pódese distinguir entre nenos prematuros, a término e post-término.

Nenos prematuros

Falta de madurez nas función fisiolóxicas. Hai 4 tipos de prematuros:

- Nados entre as 34-37 semanas.


- Nados entre as 30-34 semanas.
- Nados entre as 27-30 semanas.
- Nados antes das 27 semanas.

Causas evitables e inevitables:

- Evitables (tabaco, viaxes longas, exceso de traballo…)


- Inevitables (xestación múltiple, malformacións uterinas, enfermedades da nai,
traumatismos maternos e malformacións cromosómicas)

Características destes nenos:

- Escaso pelo e talla.


- Pel moi fina de cor vermella na que se poden ver as venas por non ter tecido
graxo.
- Cara mais pequeña e arrugada.
- Ollos saltóns e pechados.
- Orellas non cartilaxinosas.
- Abdome voluminoso.
- Plantas dos pés sen arrugas.
- Uñas brandas, pequeñas e pouco formadas.
- Inmadurez do stma nervioso, aparelo dixestivo, termorregulación e circulación
sanguínea.

Nenos nados a término

- Nacen entre as 37-40 semanas de embarazo.


- Unha vez nado faise un recoñecemento médico:
a) Ver si hai alguna malformación evidente.
b) Comprobaráse o estado vital xeral mediante o test de APGAR. Avalían:
As pulsacións por minuto.
A respiración espontánea.
O ton muscular.
Os reflexos.
A cor da pel.
- Os coidados seguintes son poner unha vacina de vitamina K para favorecer a
coagulación do sangue e aplícanse nos ollos unas gotas de colirio oftálmico
antiséptico.
Unha vez nado prodúcense moitos cambios fisiolóxicos:

- O stma circulatorio queda modificado, posto que se pecha o orificio que existía
entre as aurículas.
- Os pulmóns comezan a exercer a súa labor.

De pronto o bebé atópase fronte a diferentes adaptacións entre as que destacan:

- Adaptación a un stma de alimentación novo.


- Acomodación a unha nova forma de respiración.
- Cambio de temperatura.
- Adaptación a un novo stma de eliminación dos productos de desfeito.

Nenos nados post-término

Son aqueles nenos que nacen despois da semana 42, sen importar o seu peso.

REFLEXOS

Distínguense entre reflexos primarios e secundarios.

Reflexos primarios: están presentes nos primeiros meses de vida.

- De succión: rozando os labios do bebé succiona repetidamente.


- De deglución: permite que manteña unha boa alimentación.
- Dos 4 puntos cardinais: ata os 2 meses, ao tocar a meixela o bebé despraza a
boca cara ese lado.
- Da marcha automática: có neno en vertical cos pés en contacto cunha
superficie dura, o bebé adianta alternando os pés coma se camiñara.
- De prensión palmar: ao colocar un obxecto n aman, provocase unha reacción
de prensión nos dedos.
- De prensión plantar: cun obxecto fino rozando a parte posterior do pé, provoca
que os dedos se flexionen.
- De resposta á tracción: sosterse suspendido nunha barra.
- Tónico-asimétrico do pescozo: o bebé pon os brazos na postura de
“espadachín”.
- De moro: obtense ao finxir unha caída cara atrás, extensión lateral dos brazos
e dedos oscilando cara adentro como un abrazo cando se produce un cambio
brusco de posición de cabeza.
- De Babinski: extensión en forma de abanico dos dedos do pé e polgar cara
arriba

Reflexos secundarios: aparecen posteriormente dos reflexos primarios.

- De paracaídas: o neno suxeito polos costados inclínase bruscamente cara


adiante. Para protexerse da caída exténde os brazos e abre as mans.
- De Landau: enderezamento do tronco ao suspender ao neno/a en posición
dorsal. Diagnóstico de parálise cerebral.
- De apoio lateral e posterior: cando desprazamos ao neno/a lateralmente,
desprega a man para apoiarse e evitar caerse.
4.3. PRIMEIROS ANOS DE VIDA

Para ter unha boa saúde infantil deberemos ter en conta os parámetros do
desenvolvemento:

Peso

- 200gr semanais no primer trimestre.


- 150gr semanais no segundo trimestre.
- 200gr semanais no tercer trimestre.
- Aos 6 meses duplica o peso do nacemento.
- A partir do ano gaña 2kg por ano.
- 2 anos pesa 12kg.

Talla

- As nenas soen medir 1cm menos.


- Variación entre 48 e 53cms.
- No primeiro trimestre medra 10cm. Aumento progresivo de carácter
decrecente.
- No segundo trimestre medra 6,2cm.
- No terceiro trimestre 4,5cm.
- No cuarto trimestre 4cm.
- 1-2 anos entre ½ e 1cm ao mes.
- 3-6 anos entre 5 e 7cm ao ano.
- Aos 4 anos mide o dóbre que ao nacer.

Ás veces existen retrasos no crecemento con causas probables como:

- Algún problema durante o embarazo.


- Parto complicado con problemas de osixenación.
- Alimentación que recibe.
- Enfermedades anteriores e como foron tratadas.
- A historia psicolóxica ou social da familia.

Perimetro cráneal

- Media de 33-35cm.
- É a parte que antes alcanza o tamaño adulto.
- O crecemento é posible grazas as fontanelas, que se atopan onde se xuntan 3
ou mais ósos craneais. A primeira que se osifica é a posterior sobre os 2
meses e a anterior os 14/15 meses.

Perímetro torácico

- 30,5 a 33cm.
- Tórax redondeado.
- Sobrepasa ao craneal aos 3 anos.
- A pelves na pubertade sufrirá unha transformación diferenciada do home fronte
a muller.
- Membros superiores 4 veces máis curtos cos adultos ao nacer.
- Membros inferiores 5 veces máis curtos.

A postura: é a de flexión de cabeza e extremidades.

A dentición

- 6-9meses aparecerán os esbozos das pezas temporais.


- Primeiro nos incisivos centrais inferiores e ás 4/5 semanas os superiores.
- Incisivos laterais pasadas 3 semanas.

Boca: labios rosados ás veces con quistes sobre o padal ou enxivas (Perlas de
Epstein).

Pel

- Cor vermella no nacemento, edematosa e lisa.


- Cuberta da vérnix caseosa que a protexe de infeccións.
- Pelo moi fino chamado lanugo.
- Pode presentar cor amarela debido á subida da bilirrubina na sangue (ictericia),
que desaparece aos días.

Cordón umbilical: desprendemento sobre o día 7.

Temperatura: ao redor dos 36.5ºC.

Respiración: irregulares e abdominais con frecuencia entre 40-60 respiracións x min.


As apneas menores de 15s son normais.

Pulso arterial: frecuencia cardíaca no nacemento entre 100-180 latexos x min e cando
se estabiliza de 120-140.

Función excretora

- Expulsión do meconio (primeira expulsión de cor negro verdoso e pegañenta.


Desaparece unha vez comeza a lactancia.
- 3 deposición diarias.
- Orina escasa e moi concentrada. Unha vez establécese a lactancia elévase a
15 ou 20 diarias.

CONCLUSIÓNS

Unha vez se está formando a vida dunha persoa é imprescindible ter en conta uns
coidados tanto físicos como psíquicos, do medio que o rodea que permitan unha
completa evolución e un nacemento correcto que garantan o benestar pleno do
neno/a.

BIBLIOGRAFÍA

- Ley Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. (LOE)


- Lei 3/2020 do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do
3 de maio, de Educación. (LOMLOE).
- Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da
educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Regulamento de Réxime interno da Rede de escolas infantís A Galiña Azul.
(RRI)

You might also like