You are on page 1of 22

MÓDULO II:"ATENCIÓN

EDUCATIVA"

Neste módulo abordaremos os aspectos legais referidos ó TDAH e como


adaptar o noso traballo có alumnado que o presenta.
MÓDULO II:"ATENCIÓN EDUCATIVA"
Neste módulo abordaremos aspectos legais referidos ó TDAH e como
adaptar o noso traballo con nenos que o teñen.

1. NORMATIVA, DECRETO LOMCE. PROTOCOLO DE


CONSENSO.

2. MEDIDAS ORGANIZATIVAS

a. METODOLOXÍA

b. SEGUEMENTO E AVALIACIÓN

3. MOTIVACIÓN NA AULA

4. PAUTAS DE ACTUACIÓN INDIVIDUAL

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 1


1 NORMATIVA, DECRETO LOMCE. PROTOCOLO DE
CONSENSO.

LOMCE

Desde o 28 de Novembro de 2013, o TDAH (Trastorno por


Déficit de Atención con Hiperactividade) queda recoñecido na LOMCE
(Ley Orgánica para la Mejora de la Calidad Educativa) como necesidade
específica de apoio educativo.

No artigo 14 da devandita lei, o alumnado con necesidade


específica de apoio educativo recóllese expresamente:

Será de aplicación o indicado no capítulo II do título I da Lei


2/2006, de 3 de maio, nos artigos 71 a 79 bis, ao alumnado que requira
unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar necesidades
educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe,
Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), polas súas
altas capacidades intelectuais, por incorporarse tarde ao sistema
educativo, ou por condicións persoais ou de historia escolar, para que
poida alcanzar o máximo desenvolvemento posible das súas
capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con
carácter xeral para todo o alumnado.

O TDAH aparece no artigo dedicado ó alumnado con


necesidade específica de apoio educativo, o que implica recoñecer que
estes nenos poden presentar algún tipo de necesidade no ámbito
educativo e, por tanto, que as administracións correspondentes, deben
ofrecer a resposta educativa máis adecuada ás devanditas necesidades
persoais de cada neno e nena, tendo en conta as súas características
persoais.

Esta é a primeira vez que unha lei educativa española recolle o


termo de TDAH dentro do colectivo con necesidades educativas
especiais. No seu contido, faise referencia a que a administración
educativa está orientada a atender as necesidades deste tipo de
alumnado, mais non se especifica que medidas concretas se
desenvolverían trala súa aplicación, dado que a Lei Orgánica é só unha
disposición xeral, que precisará de iniciativas legais concretas para poder
levar a cabo esta declaración de intencións.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 2


PROTOCOLO DE CONSENSO

O alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e


Hiperactividade (TDAH) existe e forma parte da diversidade de toda a
aula, e da mesma sociedade, estando considerado, ademais, nese gran
grupo de alumnado que a normativa básica identifica como Alumnado
con Necesidade Específica de Apoio Educativo (ANEAE).

O Trastorno por Déficit de atención con Hiperactividade é,


como xa se tratou no Módulo I, un patrón persistente de conduta de
desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza a manifestarse
ao longo da infancia, e que inflúe negativamente no funcionamento e no
desenvolvemento das nenas, dos nenos e adolescentes afectados,
manifestándose na familia, na escola, nas relacións interpersoais, nas e
nas actividades de lecer, en forma de dificultades para agardar, para
concentrarse nunha tarefa, para controlar as accións e emocións, para
planificar e solucionar problemas, etc.

A presenza do TDAH nos distintos ámbitos da vida dunha


persoa fai necesario que a abordaxe se realice desde un enfoque inter-
institucional, integral, e de colaboración, cando menos, entre a familia, o
sistema educativo e o sistema sanitario.

Conscientes desa situación e da necesidade dunha


coordinación axeitada, a Consellería de Sanidade e a Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixeron público en 2014 o
resultado dun esforzo conxunto, identificado como PROTOCOLO DE
CONSENSO SOBRE TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NOS
ÁMBITOS EDUCATIVO E SANITARIO, co que se pretende contribuír á
mellora da atención e á redución das dificultades que este trastorno
ocasiona a diario na vida de moitas nenas, nenos e adolescentes.

No documento indicado, que se pon a disposicións das


comunidades educativas e sanitarias, e da poboación en xeral, realízase
unha aproximación ao concepto do TDAH e ás súas principais
manifestacións. Igualmente, establécense as principais actuacións a
desenvolver pola familia, polo profesorado, polos servizos de orientación
e polos servizos sanitarios.

Porén, tal vez o máis importante deste protocolo consiste en


que establece o camiño a percorrer desde as primeiras sospeitas e
define a liña de comunicación entre os servizos educativos e sanitarios.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 3


Nos exercicios deste módulo, axúntase como material
complementario a LOMCE, así como o PROTOCOLO DE CONSENSO
SOBRE TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NOS ÁMBITOS
EDUCATIVO E SANITARIO, para que os docentes teñan en conta cales
son as súas aplicacións dentro do centro e, máis especificamente dentro
da aula. Estes materiais serán precisos para elaborar a actividade
proposta.

2 MEDIDAS ORGANIZATIVAS`

Para que o alumnado con Necesidade Específica de poio


Educativo ó que se refire o artigo 71 da Ley Orgánica 2/2006, de 3 de
mayo, poida acadar o máximo desenvolvemento das súas capacidades
persoais e os obxectivos e competencias da etapa, estableceranse as
medidas curriculares e organizativas oportunas que aseguren o seu
adecuado progreso.

Neste apartado recóllense expresamente que deberanse


adoptar as medidas oportunas, tanto organizativas como curriculares,
para que os alumnos que presenten necesidade específica de apoio
educativo acaden os obxectivos propostos en cada un dos cursos
escolares, independentemente das dificultades que presenten.

Por iso, non é de estrañar a necesidade de que se leve a cabo


no centro escolar unha avaliación psicopedagóxica do alumno con
TDAH, para que quede recollido por escrito e derivado dos resultados de
devandita avaliación, cales son as medidas que se deben adoitar no
centro escolar para axustar, na medida do posible, a educación ás
características e necesidades que demanda o neno ou nena con TDAH
na aula.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 4


A METODOLOXÍA
A metodoloxía fai referencia ao conxunto de procedementos
racionais utilizados para acadar o obxectivo proposto. Neste senso, na
LOMCE recóllese que estableceranse as medidas curriculares e
organizativas oportunas que aseguren o seu adecuado progreso, sempre
pensado en que o alumnado acade os obxectivos propostos.

A continuación lístanse unha serie de posibles adaptacións, de


utilidades có alumnado con TDAH.

 Facerlles participar na clase.

 Amosar interese cando están traballando na súa mesa.

Achegarse á súa mesa habitualmente.

 Preguntarlles habitualmente de xeito directo, facelos saír ó

encerado, así conseguiremos que estean máis atentos.

 Aplicar unha supervisión constante, miralos a miúdo, atopar

unha consigna conxunta de chamada de atención, como tocar as

súas costas.

 Se a tarefa é moi longa, fragmentala.

 Captar a súa atención, buscando estratexias mediante o

contacto físico e visual.

 Supervisar de xeito especial nos exames, darlles máis tempo

e realizalos orais se o requiren.

 Proporcionarlles a asignación dos deberes e tarefas nun

formato simple e claro.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 5


 Á hora de transmitirlles os deberes, malia que se lles escriba

no encerado, mellor darlles fotocopias. Nos exames, é preferible

entregarlles unhas fotocopias cos exercicios.

 Se hai algunha descrición que queiramos que aprendan e

que non está reflectida no libro, debemos asegurarnos de que a

teñan escrita no caderno ou nas marxes do libro.

 Realizar periodicamente entrevistas individuais co alumno ou

alumna, de seguimento e motivación do seu traballo.

 Situar os pupitres de xeito que se reduza a dispersión da

atención.

 Sentalos nun lugar tal que lle poidamos telos vixiados, lonxe

de distraccións e das fiestras, e xunto a compañeiros e

compañeiras nos que se poida apoiar.

 Elixir un delegado ou delegada dos deberes, que se

encargue de anotar datas importantes (exames, entrega de

traballos, etc.)

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 6


B SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
Na LOMCE recóllese que estableceranse as medidas máis
adecuadas para que as condicións de realización das avaliacións se
adapten ás necesidades do alumnado con Necesidades Específicas de
Apoio Educativo.

Se a forma de acceder aos contidos para acadar os obxectivos


propostos en cada un dos cursos vai ser diferente en función das
necesidades que presenta o alumnado, tamén deberá ser distinto o xeito
de avaliar eses contidos.

A este respecto, tamén na LOMCE faise expresa mención no


artigo 12 dedicado á Avaliación:

A avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado será


continua e global e terá en conta o seu progreso no conxunto das
áreas…. Estableceranse as medidas máis adecuadas para que as
condicións de realización das avaliacións, incluída a avaliación de
terceiro curso e a avaliación final de etapa, se adapten ás necesidades
do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo.

No caso do alumnado con TDAH, existen unha serie de


adaptacións que se poden levar a cabo para adecuar dita avaliación:

 Conceder máis tempo para a realización de exames.

 Modificar o ambiente para suplir posibles elementos

distractores.

 Adaptar as preguntas, resaltando o relevante, ca fin de fixar

a súa atención.

 Desagregar ditas preguntas, para evitar o esquecemento de

contestar a algún apartado.

 Permitir puntualmente a avaliación de forma oral, dadas as

dificultades de expresión que poden ter determinados alumnos.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 7


Comprobamos por tanto, que estas modificacións propostas
non afectan ós contidos a avaliar, senón á forma de avalialos,
adaptándose así ás necesidades que presentan os alumnos con TDAH.

Non debemos esquecer que, malia que estea recollido na Lei, é


necesario que exista unha implicación activa dos pais responsables do
alumno con TDAH para garantir o cumprimento do que nela se recolle, tal
e como se menciona expresamente no artigo 16 sobre a participación de
pais, nais e titores legais no proceso educativo.

De conformidade co establecido no artigo 4.2.e) da Lei


Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do Dereito á Educación, os
pais, nais ou titores legais deberán participar e apoiar a evolución do
proceso educativo dos seus fillos ou tutelados, así como coñecer as
decisións relativas á avaliación e promoción, e colaborar nas medidas de
apoio ou reforzo que adopten os centros para facilitar o seu progreso
educativo, e terán acceso aos documentos oficiais de avaliación e aos
exames e documentos das avaliacións que se realicen aos seus fillos ou
tutelados.

3 MOTIVACIÓN NA AULA
A motivación é un concepto frecuentemente citado no ámbito
educativo, moi relevante no caso do alumnado TDAH e que convén por
tanto, definir de xeito concreto.

A motivación defínese como o


sinalamento ou énfase que se descobre nunha
persoa cara a un determinado medio de
satisfacer unha necesidade, creando ou
aumentando con iso o impulso necesario para
que poña en obra ese medio ou esa acción, ou
ben para que deixe de facelo. Tamén podemos
dicir que son os factores ou determinantes
internos que incitan a unha acción. Por iso
vemos que a motivación é un estado interno que activa, dirixe e mantén a
conduta.

A motivación é por si soa un sentimento que nos impulsa para


ter presentes os obxectivos que queremos conseguir e tendo unhas
expectativas de éxito.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 8


RELACIÓN ENTRE MOTIVACIÓN E TDAH

O alumnado con TDAH presenta unha dificultade para regular


internamente de xeito adecuado a súa motivación. Vaille custar
comprender e asumir a idea de verse obrigado a demorar a gratificación,
tarefa que non vai ser quen de aplicar ó longo do seu desenvolvemento,
senón atopa o apoio necesario.

Cando falamos de motivación débense de ter en conta dous


conceptos importantes:

 Por unha banda debemos INTEGRAR aspectos sociais,

afectivos e emocionais no estudo da motivación.

 Por outro, CONSIDERAR o autoconcepto, os reforzos, e as

atribucións.

Por termo xeral, os nenos e nenas con TDAH non adoitan ter
unha autoestima alta, xa que é moi probable que diariamente vaian
experimentando fracaso tras fracaso: na escola, durante as comidas,
etc., o que provoca que vaian perdendo as ganas de conseguir o que se
propoñen, por velo moi difícil.

A clave non parece que estea na vontade individual ou na


“mala educación” (que como xa se comentou no Módulo I achácaselles
con frecuencia os nenos e nenas TDAH), senón no cerebro. Máis
concretamente no núcleo accumbens, unha peza esencial do corpo
estriado ventral, a rexión do cerebro relacionada ca xestión do pracer e a
recompensa.

Antes pensábase que o TDAH era unha alteración puramente


cognitiva, que só afectaba á atención propiamente dita. Agora confírmase
que tamén existen no trastorno problemas para manter esa atención, por
alteracións no funcionamento do circuíto da motivación.

Polo tanto, atopámonos con que o alumnado con TDAH, en


xeral, vai presentar unha baixa motivación, froito dunha serie de
experiencias negativas relacionadas cos estudos. Trátase de mozos e
mozas que se esforzaron por conseguir os obxectivos académicos, mais

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 9


que, por mor das carencias nas súas técnicas de estudo, non foron quen
de optimizar o tempo, de lograr unha aprendizaxe significativa nin de
obter resultados positivos. Isto acontece con mais frecuente ante
contidos abstractos como as matemáticas ou materias como as linguas.

Para manter a motivación a longo prazo precisamos liberar


dopamina progresivamente, en pequenas doses no noso cerebro. Como
vimos previamente, na maioría de persoas con TDAH, esa liberación non
acontece como debería, polo que non existe a motivación a longo prazo.

Por tanto, no traballo educativo con eles, é preciso mantelos


atentos, para o que débese aprender a administrar compensacións
inmediatas e frecuentes. Por iso melloran a súa atención cando o
estímulo é inmediato. Este é o caso dos videoxogos.

Cando ós nenos e nenas con TDAH,


presentámoslles unha tarefa pouco apetecible, esta
prodúcelles un rexeitamento inmediato, o que impide
manter os obxectivos que se queren conseguir por
moi importantes que estes sexan.

Débese prestar atención ó tipo de feedback verbal que reciben,


e ó tipo de tarefas nas que se lles involucra, pois son cruciais para
manter a súa motivación. Outros elementos transcendentais no caso da
motivación serán:

A competencia: o sentirse competente é un elemento clave na


motivación. O neno sentirase competente e capaz cando reciba afagos e
felicitacións.

As atribucións: son as razóns e causas que percibimos como


responsables dos nosos resultados. Estas teñen tres tipos de
dimensións:

 Dimensións de localización: Podemos atribuír a causa dos

resultados a factores internos ou externos. Son factores internos

a capacidade e o esforzo, porén, son factores externos a sorte e a

dificultade da tarefa.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 10


 Dimensións de variabilidade: Refírese a se a causa é

percibida como estable ou variable. A capacidade adóitase

considerar como estable, mentres que o esforzo ou a sorte son

variables.

 Dimensións de controlabilidade: supoñen o grao en que as

causas poden ou non ser controladas por parte do individuo. Se

penso que o meu fracaso débese á mala sorte, ó profesor ou á

dificultade da tarefa, entón a situación non está baixo o meu

control, e desmotívome porque percibo que non podo facer nada

ó respecto.

Se pola contra, os docentes adminístranlle mensaxes de animo


e de competencia, de xeito que o alumno ou alumna atribúa o éxito a
factores controlables, poderá estar mais motivado no futuro.

Tamén pode suceder


que o neno atribúa o seu éxito
nun exame ou tarefa ó esforzo
feito, e polo tanto a unha
dimensión de localización. Pola
contra, se pensa que aprobou por
que tivo sorte, atribuirao a unha
dimensión non controlable e
externa, que adoita conducir ó desánimo e á pasividade.

En resumo; a motivación aumenta se atribuímos os éxitos a


factores internos e preferentemente estables como a nosa capacidade
para enfrontar algo. No polo oposto, a motivación diminúe cando o
suxeito non se responsabiliza dos seus éxitos porque os atribúe a
factores externos e incontrolables como a sorte, así como cando atribúe
os fracasos a causas estables e incontrolables como a propia
capacidade.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 11


QUE FACER?

No ámbito educativo son posibles unha serie de adaptacións e


cambios na forma de traballar que farán que o noso alumnado (en
especial o alumnado TDAH), mellore a súa capacidade de motivación.
Tamén lograremos facerlles os contidos máis interesantes e cunha visión
máis positiva e práctica para o alumno. A saber:

 Romper a rutina buscando o dinamismo na exposición dos

temas mediante:

 A participación activa do alumnado

 A escenificación

 O uso de exemplos (concreción do explicado)

 O cambio de rol titor/alumno

 Expoñer os temas de xeito atractivo, por exemplo:

 Buscando a identificación con elementos do seu medio.

 Proporcionándolle información aplicable ó seu día a día.

 Pedir opinións, estimular o espírito crítico do grupo-clase.

 Flexibilización do local de exposición dos temas, tendo en

conta a hiperactividade física destes rapaces e rapazas:

 Mellor espazos abertos que pechados.

 Mellor explicación e avaliación oral que escrita.

 Mellor o movemento que o inmovilismo.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 12


 Premiar a orixinalidade, a diferenciación, a procura doutros

camiños menos convencionais.

 Dividir a tarefa por partes e supervisar e felicitar pola

realización de cada parte.

 Na avaliación da tarefa, resaltar sempre un par de cousas

positivas.

 Propoñerlles tarefas significativas que motiven ó alumnado a

buscar solucións e supoñan retos alcanzables.

 Axudar ós nenos e nenas a facer unha valoración máis

obxectiva dos seus erros, evitando a culpabilización e os

sentimentos de pouca valía.

 Empregar métodos que permitan ós alumnos e alumnas ver

os seus avances (comparar un ditado con outro anterior, con

cadernos pasados, etc.)

 Pedirlles que revisen os seus traballos antes de entregalos

para que corrixan os posibles erros (así alimentaremos a conduta

reflexiva) e para estimulalos positivamente se non os houbese.

 Reforzar polo traballo acadado: “moi, moi ben!”

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 13


4 PAUTAS DE ACTUACIÓN INDIVIDUAL
Como viuse nas seccións precedentes, un dos problemas que
se atopan os docentes co alumnado con TDAH, é a súa falta de
motivación, polo que se propoñen unha serie de accións de traballo
individualizado que axudará a mellorar o seu comportamento, así como
acadar os obxectivos académicos establecidos para cada alumno e
alumna.

As pautas e accións que se contemplen, deben ter sempre en


conta as particularidades de cada neno e nena.

TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA

A conduta, que é a conexión establecida entre a resposta do


organismo e unha situación ambiental concreta, pode resultar, en
ocasións, pouco adaptativa.

Para aumentar a funcionalidade dos comportamentos


(mediante a súa eliminación, diminución ou cambio) é frecuente aplicar
principios de aprendizaxe, coñecidos en psicoloxía como técnicas de
modificación de conduta.

As técnicas de modificación de conduta son o conxunto de


técnicas específicas deseñadas para axudar a diminuír a frecuencia da
conduta desadaptativa ou incrementar a presenza dun comportamento
adaptativo e adecuado. Este tipo de estratexias asume que a conduta
está modelada, ademais de por variables intrínsecas ó individuo, por
continxencias ambientais.

Existe un amplo abanico de estratexias coas que pódense


incrementar ou fomentar condutas desexables, así como reducir ou
eliminar aquelas que resultan non funcionais. Entre elas atopamos as
seguintes, deseñadas para incrementar os comportamentos adecuados:

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 14


REFORZO POSITIVO.

Require dos seguintes elementos:

 Detectar o comportamento correcto.

 Detectar a fonte de reforzamento motivadora e suficiente.

 Aplicar continxente e frecuentemente o reforzador á conduta


desexada.

 Prestar atención a outros comportamentos obxectivo, que


permitan xeneralizar a boa conducta a outros contextos e
situacións.

ENCOMIO

Require que:

 O afago sexa descritivo e concreto: fixeches moi ben en


recoller os teus libros.

 Inclúa comentarios positivos e motivadores. Débense


encomiar os comportamentos positivos, malia que sexan pouco
importantes.

 Sexa sincera. Débese manter un ton de voz agradable e


evitar as reticencias ou sarcasmos.

 O apliquemos de xeito continxente á conduta desexada.

 Non reforcemos unicamente un comportamento ou situación,


senón toda a conduta desexada no neno ou nena.

 Mediante suxestións evitemos condutas inadecuadas:


Grazas por pechar a porta amodo e non bater con ela.

 Non se inclúan referencias á mala conduta previa. Incluír


afagos específicos xunto con encomios xerais.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 15


CONTACTO FÍSICO

 Reforzador moi poderoso.

 Moi eficaz en nenos e nenas de curta idade.

 Formas de expresalo:

 Sentarse preto do neno ou nena.

 Apertalo.

 Darlle unha palmada no ombreiro ou empregar


outro xesto que indique complicidade e
reforzamento positivo.

PRIVILEXIOS E RECOMPENSAS. Permiten fortalecer as


condutas desexadas. Requiren que:

 Identifiquemos adecuadamente as recompensas e privilexios


de cada neno e nena (pois non todos terán os mesmos gustos e
non serán igual de reforzadores os mesmos estímulos).

 Unha vez identificados, administrémolos de xeito continxente


e sistemático apareados cá conduta.

AUTORREFORZO

Ten como finalidade o aprenderlle ós nenos e nenas a


establecer obxectivos de mellora e a auto-reforzarse pola conduta
correcta.

Require:

 Que cada neno e nena participen na identificación dos seus


propios obxectivos.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 16


 Que os axudemos a elixir condutas claramente especificadas
e en termos positivos.

 Que traballemos cun sistema concreto e intuitivo de auto-


reforzamento (no que os eles e elas colorearán unha cela da
axenda, ou poñerán un adhesivo de cores nunha cartolina cada
vez que cumpran o obxectivo).

Esta técnica de reforzo resulta de moita utilidade, xa que:

 Consegue que o neno ou nena intente alcanzar obxectivos


de mellora. Axúdalle a auto-avaliarse.

 Apréndelle a se auto-reforzar.

 Amósalle que pode mellorar a súa conduta co seu propio


esforzo.

 Refórzalle socialmente. Mellora os seus autoconcepto e


autoestima. Anima ós nenos e nenas a intentar acadar novos
obxectivos.

A AXENDA

O desenvolvemento da autonomía persoal é un aspecto clave e


prioritario no proceso de educación de calquera neno e nena, aspecto no
que o alumnado TDAH presenta carencias respecto do seu grupo de
referencia.

A axenda vainos permitir ter unha comunicación fluída entre o


centro e as familias. Ademais axudará á planificación e organización das
tarefas.

Por tanto, débese dedicar un tempo cada día para que anoten:
datas de exames, entrega de traballos, libros para ler, etc. É
imprescindible que enviemos ó alumnado TDAH recordatorios e avances
das tarefas, avaliacións e entregas que se vaian aproximando no tempo.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 17


Así exames, traballos, excursións, e en xeral todo aquilo que
sexa relevante para o alumno ou alumna é importante que o vaiamos
lembrando para asegurarnos de que non se esqueza, o cal aplícase
tamén ó material preciso para as tarefas que hanse realizar na casa
(levar a frauta para practicar se teñen exame práctico de música por
exemplo).

De igual xeito, apoiarémonos no uso da axenda, para


asegurarnos de que os nenos e nenas apuntaron todos os feitos futuros
relevantes: excursións, material adicional que deba levar á escola,
entregas de traballos, exames, etc. Emporiso, non debemos confiar en
que o fagan autonomamente desde un inicio, senón que debemos
axudarlles, comezar explicándolles como facelo e por que. Con isto
traballaremos sobre a comprensión da importancia da planificación do
traballo e o estudo, de xeito que asimilen que é non so preciso senón
beneficioso para eles e elas.

Cando se diten as tarefas para o día próximo, poderiamos


apoiarnos no uso do encerado, usando un pequeno espazo en que estea
anotado todo o relativo á axenda e que permaneza sempre á vista, que
sirva como apoio visual, xa que se soamente consignamos oralmente, é
moi probable que o afectado por TDAH non recolla toda a información,
non apunte todas as tarefas (ou as apunte fora de data) e non realice
parte delas por mor dunha mala organización.

QUE OCORRE SE NON TEN TAREFA?


As rutinas supoñen unha fonte de benestar psicolóxico para os
rapaces e rapazas con TDAH, polo que convén que se dedique unha
parte da tarde á realizar tarefas escolares. Poderíamos programar
actividades para que poida realizar como tarefa, ler un libro, que faga
algunha actividade de pasatempos como labirintos, buscar as diferenzas,
as sopas de letras (estas actividades estimulan enormemente a súa
atención), ou calquera outra tarefa relacionada cás materias que teña e
que nós programemos de antemán. Deste xeito non perderemos a rutina
establecida e darémoslle continuidade, sen sobrecargar ou fatigar en
exceso ó neno ou á nena.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 18


BUSCAR OS SEUS TALENTOS:
Parte do reforzamento positivo e da motivación da que antes
falabamos consiste en estimular as habilidades naturais e intereses
destes nenos e nenas que están demasiado acostumados a que se lles
sinale aquilo que non fan ben. Por tanto, será moi reforzador que os
axudemos a atopar aquilo que se lles dá ben e a potencialo, a poñelo en
valor. Se ben este tipo de alumnado dispón dun latencia curta de
atención e concentración sostida (e por tanto non convén involucralo en
tarefas que precisen de períodos longos de traballo), pode resultar
brillante en canto á intelixencia creativa, á existencialista ou a naturalista.
Por tanto, pódenselle encargar tarefas nas que explore os seus talentos
e os amose ós demais. Con isto reduciremos a frustración,
aumentaremos a motivación cara o eido académico e axudaremos a
recuperar a súa autoestima.

AS RELACIÓNS SOCIAIS:

O alumnado con TDAH presenta en xeral máis problemas nas


relacións interpersoais porque os síntomas do trastorno provocan o
rexeitamento por parte dalgúns dos seus amigos e tamén o
distanciamento emocional dalgúns dos adultos que os rodean.

Observar ó neno ou á nena mentres xoga e se relaciona cos


seus iguais, axudará no posterior adestramento, para aprenderlle
concretamente que fai ben e que fai mal. Este adestramento ou
corrección deberase facer sempre de xeito privado, xa que as persoas
adoitamos sentirnos mal cando somos abordados en público para nos
chamar a atención. Por tanto, unha posibilidade de que as indicacións
queden en privado entre os nenos e nenas e os seus adultos de
referencia consiste en acordar conxuntamente unha serie de sinais ,
xestos, ou miradas, que lles axuden a saber cando están actuando
correctamente.

Un segundo paso sería tratar de involucrar ós nenos e nenas


con TDAH en actividades de grupo tanto dentro da aula (traballo
cooperativo, traballo en convivencia etc.) como no patio (interaccións
guiadas ou iniciadas polos mestres e mestras).

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 19


NÓS SOMOS SEUS MODELOS EN TODO

Se os pais, profesores e profesoras que rodean ós rapaces e


rapazas con TDAH controlan o seu temperamento, eles aprenderán a
controlalo tamén, dado que a aprendizaxe por imitación é un dos
mecanismos básicos de adquisición de condutas, que aparece desde moi
curta idade. Por tanto, estudar as nosas reaccións e analizar o que
facemos ben e aquilo que podemos mellorar no noso estilo comunicativo
faranos mellorar de xeito continuo como docentes.

AS COUSAS PASO A PASO

No traballo con nenos e nenas TDAH convén establecer


obxectivos realistas e alcanzables, axustándonos ás posibilidades e
capacidades de cada neno e nena. Establecer de entrada metas
demasiado ambiciosas non fará mais que aumentar o estado de
frustración dun alumnado que, como xa foi explicado, non xestiona esa
frustración igual de ben que os seus compañeiros e compañeiras. Así,
traballar por pequenos obxectivos, paso a paso, e destacando os logros,
aumentará o axuste e o interese destes nenos e nenas cara ás normas e
ó traballo da aula, e aumentará ademais o seu autoconcepto académico.

ELIXAMOS BEN O MOMENTO PARA EMPRENDER CAMBIOS:

Como xa foi explicado previamente, a este tipo de alumnado


interésanlle as rutinas, tanto para o seu equilibrio psicolóxico como para
a estabilización do seu comportamento, de xeito que as cousas sucedan
con calma e certa estabilidade (o que se coñece como a “lei do tambor”).
Por tanto, será contraproducente tentar aplicar modificacións nesa rutina
cando estamos moi tensos ou atarefados (por exemplo en época de
avaliacións ou preto de festividades que implican excitación no alumnado
como o Nadal). Debemos elixir un momento en que tanto os nenos e
nenas como os e as docentes poidamos estar tranquilos e máis
receptivos ós beneficios deses cambios. Parte moi importante do traballo
có alumnado TDAH consiste en determinar razoadamente que podemos
abordar e que non, así como cando e como facelo.

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 20


BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA

Vidal-Estrada, R. (2015) Abordaje psicológico de adolescentes


y jóvenes con TDAH. Cuadernos de medicina psicosomática y psiquiatria
de enlace (116) 15-23.
http://dialnet.unirioja.es/servlet/oaiart?codigo=5288479

Rubiales, J.; 1 2 Liliana Bakker, L.; Delgado Mejía, I. D. (2011)


Organización y planificación en niños con TDAH: evaluación y propuesta
de un programa de estimulación. Cuadernos de Neuropsicología 5 (2).
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4853451

Fernández Redondo, J.J.; del Caño Sánchez, M.; Palazuelo


Martínez, M.M.; Marugán de Miguelsanz, M. (2011) TDAH. Programa de
intervención educativa. : International Journal of Developmental and
Educational Psychology: INFAD. Revista de Psicología 1 (1) 621-628.
http://infad.eu/RevistaINFAD/2011/n1/volumen1/INFAD_010123_621-
628.pdf

Presentación Herrero, M. J.; Pinto Tena, V.; Meliá de Alba, A.;


Miranda Casas, A. (2009) Efectos sobre el contexto familiar de una
intervención psicosocial compleja en niños con TDAH. Escritos de
psicología, 2 (3). 18-26.
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=6484338

MÓDULO II: “ATENCIÓN EDUCATIVA” 21

You might also like