You are on page 1of 18

Profesora:

UD1
Catarina
Campuzano
Afonso

Didáctica da Educación
Infanil

Curso 2023-24.
C.I.F.P. Anxel Casal-
Montealto.

[A FIGURA DO/A
EDUCADOR/A INFANTIL]
ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN

2. PERFIL PROFESIONAL

2.1. COMPETENCIAS

2.1.1 COMPETENCIA XERAL

2.1.1.1 O QUE FAI O TSEI, CAL É A SÚA LABOR

2.1.1.2. CÓMO DESEMPEÑA A SÚA LABOR

2.1.1.3 ÓNDE DESEMPEÑA A SÚA LABOR

2.1.2. COMPETENCIAS PROFESIONAIS, PERSONAIS E SOCIAIS

2.2. COÑECEMENTOS QUE SUSTENTAN A PROFESIÓN DO TÉCNICO EN EDUCACIÓN

INFANTIL.

2.3 A ÉTICA PROFESIONAL

1
1.INTRODUCCIÓN

Este primeiro tema do módulo de “ Didáctica da Educación Infantil “ ten coma obxetivo principal
introducirvos na propia materia deste módulo dun xeito global pasando por aspectos básicos das
súas sete unidades didácticas e coma obxetivo secundario ,non por ilo menos importante, situarvos
nesta profesión na que acabades de comezar a vosa formación inicial.
En definitiva, tratase de que recoñezades as competencias , formas de intervención educativa,
contexto e ámbitos de actuación do/a Educador Infantil.

2.PERFIL PROFESIONAL

A R.A.E. define con xeito xeral o CONCEPTO DE PERFIL PROFESIONAL COMA:


“ A descripción das características dun emprego , un contratante ou unha actividade”.
Tratase da descripción dunha profesión que inclúe:

COMPETENCIA XERAL

Cualificación Competencias
Profesional e profesionais, persoais
Unidades de e sociais
Competencia

Ao rematar o ciclo formativo , a Técnico Superior en Educación Infantil debe ter adquirido as
competencias profesionais, persoais e sociais( expricaremos que significa posteriormente) que
cubran as demandas do sistema produtivo. Ademáis deber ser competente para poder responde ao
Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP) establecido polo O Instituto Nacional
para as cualificacións do Ministerio de Educación (INCUAL ).

O Instituto Nacional para as cualificacións do Ministerio de Educación (INCUAL ) é o responsable


de definir, elaborar e manter actualizado o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais
(CNCP) e o correspondente Catálogo Modular de Formación Profesional”

2
A lei Orgánica 5/2002 de 19 de Xuño das Cualificacións e a Formación Profesional
no seu artigo 7.4define a cualificación profesional e a competencia profesional:

a) Competencia profesional: O conxunto de coñecementos e capacidades que permitan o


exercicio da actividade profesional conforme as exigencias da producción e o emprego.

b) Cualificación profesional: O conxunto de competencias profesionais con significación para o


emprego que poden ser adquiridas mediante formación modular ou otros tipos de formación e a
través da experiencia laboral.

Daquela O PERFIL PROFESIONAL DO TÍTULO DE TÉCNICO SUPERIOR EN EDUCACIÓN


INFANTIL VEN RECOLLIDO EN:
REAL DECRETO 1394/2007, de 29 de outubro, polo que se establece o título de Técnico
Superior en Educación infantil y se fixan as súas ensinanzas mínimas.

3
EN GALICIA ven regulado pola seguinte normativa:
Decreto 226/2008, do 25 de setembro (DOG nº 198, 13/10/2008), polo que se establece o
currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en
educación infantil.
Posteriormente, en Galicia, o Decreto 38/2010, do 18 de marzo (DOG nº 57, 25/03/2010),
modifica o citado Decreto 226/2008.En concreto no seu artigo 2 resúmese a IDENTIFICACIÓN do
título

 CUALIFICACIÓN PROFESIONAL:

– Denominación: educación infantil.


– Nivel: formación profesional de grao superior.
– Duración: 2.000 horas.
– Familia profesional: servizos socioculturais e á comunidade.
– Referente europeo: CINE – 5b (Clasificación Internacional Normalizada da
Educación).
En coherencia co expricado anteriormente o PERFIL PROFESIONAL compréndese no artigo 3
deste RD 1394/2007 de 29 de Outubro .

“O perfil profesional do título de técnico superior en educación infantil determínase pola súa
competencia xeral, polas súas competencias profesionais, persoais e sociais, así como pola
relación de cualificacións e, de ser o caso, unidades de competencia do Catálogo Nacional de
Cualificacións Profesionais incluídas no título.”

A continuación iremos expricando estos conceptos.

2.1. COMPETENCIAS

2.1.1 COMPETENCIA XERAL

“A competencia xeral deste título consiste en deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e
programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito
formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa
especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non
formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.”

4
2.1.1.1 O QUE FAI O TSEI, CAL É A SÚA LABOR

O/a Técnico/a en Educación Infantil (TSEI) realiza a intervención educativa nos centros de
educación a infancia ( expricarémolo no apartado “Onde desempeña a súa labor”).
As súas TAREFAS E FUNCIÓNS pódense resumir nas seguintes:
Nas UD2 e UD3 profundizaremos estas tarefas e funcións en relación ao currículo de Educación
Infantil por este motivo neste apartado non figuraran agrupadas nas áreas do currículo.
 TAREFAS E FUNCIÓNS VINCULADAS A ATENCIÓN AO GRUPO DE NENOS E NENAS
 TAREFAS E FUNCIÓNS RELACIONADAS COAS SÚAS FAMILIAS
 TAREFAS E FUNCIÓNS COMA MEMBRO DUN EQUIPO DE TRABALLO
 TAREFAS E FUNCIÓNS EN RELACIÓN CON OUTROS PROFESIONAIS.

1. TAREFAS E FUNCIÓNS VINCULADAS A ATENCIÓN AO GRUPO DE NENOS E NENAS

Sempre atendendo as necesidades e etapa de desenvolvemento de cada neno/a promovendo a


autonomía e a autoconfianza IMPLICANDO a/o neno/a nestas labores.

 Planificar e organizar o ambente no que se atopan según a situación que se presente (rutina
diaria –comida por exempro-,obradoiro, xogo etc.
- Organizar a disposición do mobiliario
- Distribuir os espazos
- Seleccionar os recursos materiais variados, seguros
 Planificar o tempo establecendo as RUTINAS diarias. Así interiorizan a secuencia de
actividades e a asimilación da estructura temporal.As rutinas danlles seguridade frente a
incertidume de non saber o que vai pasar e ademáis iniciase a aprendizaxe de esperar.
 Responder e dar prioridade as necesidades básicas(descanso, hixiene, alimentación)
atendendo a súa autonomía persoal favorecendo as relacións educativas e de afecto de
xeito individualizado.
 Promover a estimulación e acompañamento autónomo no desenvolvemento integral
( sensorial, motor, cognitivo e psicomotor).
 Facilitar e promover tódolos tipos de expresión (oral, musical, plástica, lóxico-matemática,
dramático-corporal):
- Creando situacións de comunicación e intercambio
- Incidindo na literatura infantil e o no conto coma principal recurso de expresión.
- Fomentando novos intereses
 Axundando e orientando a nenos/as e familias no seu desenvolvemento global

5
2. TAREFAS E FUNCIÓNS RELACIONADAS COAS SÚAS FAMILIAS

Na Educación Infantil a relación coas familias e a súa colaboración co centro son fundamentais e
representan un importante criterio de calidade educativa.
(Profundizaremos en relación a este aspecto engandindo as canles e instrumentos de comunicación
coas familias na UD5 e a inclusión da relación coas familias no currículo da Educación Infantil na
UD2).

Imos analizar algunhas razóns que xustifican unhas relacións estables entre familias e equipo
educativo :
I. O/a educador/a necesita comprender o espazo vital do/a neno/a a través de datos que
fagan referencia a historia persoal, as necesidades concretas e o nivel de
desenvolvemento de cada neno así coma as características, hábitos, valores..., do
grupo familiar, de xeito que permita ao educador facer unha intervención máis precisa
dacordo coas necesidades de cada neno/a.
II. Igualmente o/a TSEI informará as familias achegas dos logros e progresos que observa ,
así coma os rasgos máis importantes nas relacións cos outros nenos e nenas ou co/a
educador,/a, as suas preferencias en canto a xogos e actividades..., de xeito que os
proxenitores poidan tamén completar as ideas que teñenacerca do seu fillo nun medio
distinto ao familiar.
III. Tamén o/a TSEI deberá facer partícipes as familias da intervención educativa favorecendo a
cooperación e colaboración mutua.

 TAREFAS E FUNCIÓNS COMA MEMBRO DUN EQUIPO DE TRABALLO

O/a TSEI forma parte dun equipo multidisplinar. de traballo de xeito complementario .
*(Fagamos un breve inciso para definir o equipo multidisplinar e diferencialo do concepto de equipo
interdisciplinar. Ambos conceptos os traballaredes no módulo de habilidades sociais).
O EQUIPO INTERDISCIPLINAR

Pódese definir un equipo interdisciplinar coma un conxunto de persoas, con diferentes formacións
académicas e experiencias profesionais, que operan en conxunto, durante un tempo determinado,
abocados a resolver un problema, es decir teñen un obxetivo común.

6
O EQUIPO MULTIDISCIPLINAR

A conxunción de diferentes disciplinas profesionais, cada unha aportando de xeito independente a


súa experiencia, para realizar a abordaxe dunha situación concreta. A coordinación entre os
profesionais, neste nivel, é meramente informativa.)

NA EDUCACIÓN FORMAL coma por exempro nas Escolas Infantís de 0-3 anos do Consorcio
Galego de Igualdade e Benestar , Galiñas azuis, o TSEI forma parte do Organigrama da Escola
coma titor dun aula por grupos de idade (bebés, 1-2, mixtas e 2-3,verémolo na UD5)
conxuntamente con outra TSEI formando unha parella educativa en cada aula.En dito organigrama
figuran as TSEI, a directora da Escola formando o equipo educativo e o persoal non docente de
servizos de comedor, cociña e outros.
A través deste equipo de traballo o/a educador/a participa do proxecto global do centro(proxecto
educativo, propostas pedagóxicas,etc).

NA EDUCACIÓN NON FORMAL como por exempro nunha ludoteca en Galicia o TSEI ocuparase
dun área adicada a infancia de 2 a 6 anos e terá que coordinarse con outro Ludotecario con outra
titulación ou formación ( coma o TASOCT por exempro ) que traballa na área de nenos de 6 a 12
anos formando así o equipo educativo.
En conclusión, o /a TSEI pode desenvolver as súas funcións nun equipo de educadores/as en
función dos obxetivos que se propoñan que poden ser entre outros:
- Deseñar a proposta de intervención
- Programar a intervención e delimitar o papel de cada un dos seus membros
- Planificar a formación permanente
- Avaliar o proceso de ensinanza-aprendizaxe
- Avaliar a propia intervención educativa
- Realizar propostas de innovación e mellora
- Aplicar dinámicas de grupo e técnicas de comunicación no equipo de traballo promovendo o
intercambio de experiencias.
- Xestionar grupos como metodoloxía de traballo co grupo de nenos e nenas.

¿ QUÉ PRECISA UN GRUPO PARA FUNCIONAR CORRECTAMENTE?


Condicións do equipo educativo
- Capacidade de traballo persoal
- Compromiso co equipo
- Participación activa

7
- Habilidades sociais
- Habilidades comunicativas Competencia social
- Autorregulación emocional
- Esforzo colectivo en definir o proxecto común
- Esforzo individual realizando as tarefas acordadas .

 TAREFAS E FUNCIÓNS EN RELACIÓN CON OUTROS PROFESIONAIS


(Aspecto sobre o que se profundizará na Ud4 definindo o concepto de alumnado con necesidades
específicas de apoio educativo)
COS PROFESIONAIS ADICADOS A ATENCIÓN A DIVERSIDADE
(Esta información tamén a traballaredes no módulo de “Desenvolvemento cognitivo e motor”)
A atención a diversidade no eido da educación en Galicia afectando ao 2º ciclo de Educación
Infantil ven regulado por:
-Decreto 229/2011 de 7 de Decembro de atención a diversidade de Galicia
- Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na
Comunidade Autónoma de Galicia.
- Orde que desenvolve o Decreto de atención á diversidade. ORDE do 8 de setembro de 2021, pola
que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro.
A atención a diversidade no eido educativo e sociosanitario en toda a etapa de 0 a 6 anos:
-Decreto 183/2013 de 5 de Outubro polo que se crea a rede galega de atención temperá
ATENCIÓN TEMPERÁ:
Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de
0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo darlles resposta o antes posible
ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no
desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía
persoal e a inclusión social. O esquema do protocolo de actuación de atención temperá onde figura
a coordinación e tarefas do equipo educativo figura no fluxograma do folleto en pdf adxunto.
Para o primeiro ciclo de Educación Infantil non existe unha normativa autonómica específica en
materia de atención a diversidade ,contamos coas normativas de Escolas Infantís Municipais e das
Escolas da Galiña Azul .
As escolas infantís do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dispoñen a nivel autonómico
un equipo de atención a diversidade( equipo de valoración e orientación da consellería de política
social) .Este equipo pode dar indicacións ao personal educativo de cada escola galiña azul sobre
casos particulares que se presenten nas escolas referidas a calquer tipo de diversidade funcional.
Tamén este equipo é o responsable de elaborar un informe que se adxunta a solicitude de matrícula

8
sobre a necesidade de integrar na escola infantil a nenos e nenas con necesidades específicas de
apoio educativo.
Ademais tal e como se sinala nas instruccións e admisión e matrícula ( tómase como referencia as
instruccións para o curso 2020-21) podese solicitar a flexibilización de matrícula en nenos/as con
necesidades específicas de apoio educativo.A flexibilización significa permanecer un ano máis
despois de estar na aula 2-3 anos na escola infantil ou entrar con tres anos na escola infantil.
As familias deberán acreditar documentación coma: Os informes da unidade de atención temperá e
do pediatra e para aqueles nenos/as que renoven matrícula adxuntarse un informe de observación
e seguemento do/a neno/a elaborado polo equipo de valoración e orientación de política social
conxuntamente co equipo educativo da escola infantil.
ADEMAIS as titoras de aula coma parella educativa están en comunicación periódica cos servizos
de atención temperá coma as unidades de rehabilitación e intervención en atención temperá do
SERGAS, servizos de asociacións específicas ou profesionais privados co fin de ofrecer a atención
individualizada máis axeitada as necesidades cambiantes de cada alumno/a con necesidades
específicas de apoio educativo.
Esta documentación remitirase ao equipo de orientación específico provincial para que realicen o
ditame de escolarización que pode ser favorable a permanecer na escola infantil ou a
escolarización no segundo ciclo nun CEIP.
COS PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS
(Responden a activación de protocolos que estudaredes no módulos de “Intervención con Familias
e atención a menores en risco social”)
-Servizos Sociais Comunitarios: Detectando situacións de risco.
-Servizos Sociais Especializados, menores: Notificando situacións de risco ou desamparo.

2.1.1.2. CÓMO DESEMPEÑA A SÚA LABOR

Ao responder a pregunta de Cómo desempeña a súa labor? , estamos falando da metodoloxía


baseada nuns principios educativos –metodolóxicos- que responden as CARACTERÍSTICAS DA
EDUCACIÓN INFANTIL.(Coma veremos na UD tamén aparecen recollidos no currículo de
Educación Infantil, e outras normativas xerais de Educación coma a LOE e a LOMLOE
modificación en artigo único da LOE)

9
 CARACTERÍSTICAS DA EDUCACIÓN INFANTIL.

1. Carácter global: Non se traballa nun só ámbito de “desenvolvemento”,se non en tódalas


súas facetas.
2. Carácter individual: Non se pode aplicar a mesma intensidade de acción en todolos/as
nenos/as, cada neno/a ten o seu propio ritmo de maduración, intereses e situación da
estrucutura familiar e socioeconómica.

 PRINCIPIOS METODOLÓXICOS

( Esta é unha proposta de principios cada centro de atención a infancia e sobre todo nas
Escolas Infantís recollen no documento de PROXECTO EDUCATIVO un apartado
específico cos principios educativos ou metodolóxicos a seguir que marcarán OS SINAIS DE
IDENTIDADE e polo tanto o estilo educativo de dito centro de atención a infancia. Verémolo
na UD2).

1. Ambente axeitado, de confianza.


2. O deseño e proposta dun conxunto de experiencias que lles faciliten a vivencia de
situacións positivas e estimulen o desenvolvemento integral.
3. A atención a diversidade. A atención aos diferentes estilos de aprendizaxes e a súa
resposta en base a agrupamentos, a distribución do tempo, ao ritmo das actividades e ao
estabrecemento das rutinas.

4. O establecemento dun marco de participación, colaboración e coordinación coas


familias.

5. Favorecemento do interese e curiosidade dos nenos e nenas polo seu propio


contorno físico, social e cultural, facilitando os recursos para coñecelo, comprendelo e
respectalo

6. Comprensión da función da educadora como facilitadora de recursos e facilitadora de


procesos que, cunha actitude aberta e flexible e en formación permanente, traballa en equipo
para conxuntar a tarefa de todos e ofrecer ás criaturas seguridade e confianza e unidade nun
proxecto común.
7. A Coeducación
8. A normalización da Lingua Galega.

10
2.1.1.3 ÓNDE DESEMPEÑA A SÚA LABOR

En resposta a pregunta de Onde desempeña a súa labor o TSEI? Estamonos a referir en que
ámbitos se sitúa a súa CONTORNO PROFESIONAL, estámonos a referir ONDE realiza
profesionalmente a intervención educativa:

A. Ámbito formal
B. Ámbito non formal.
Definiremos ambolos dous conceptos máis adiante agora imos tratar o significado de CONTORNO
PROFESIONAL.

O Decreto 226/2008, do 25 de setembro (DOG nº 198, 13/10/2008), polo que se establece o


currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en
educación infantil, establece no seu artigo 7 o contorno profesional do TSEI:

“1. Estas persoas exercerán a súa actividade no sector da educación formal e non formal e no
sector dos servizos sociais de atención á infancia.

2. As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:


 Educador ou educadora infantil en primeiro ciclo de educación infantil, sempre baixo a
supervisión dun mestre ou dunha mestra, en institucións públicas e privadas.
– Educador ou educadora en institucións ou en programas específicos de traballo con menores (de
cero a seis anos) en situación de risco social, ou en medios de apoio familiar, seguindo as
directrices doutros profesionais.
 Educador ou educadora en programas ou actividades de lecer e tempo libre infantil con
menores de cero a seis anos: ludotecas, casas de cultura, bibliotecas, centros educativos, centros
de lecer, granxas escola, etc.”

Por esto, non podemos considerar a escola como a única institución educativa que realiza a súa
intervención coa infancia, se non que se desenvolve tamén noutros ámbitos organizativos e
estructurais que xorden das necesidades dos/as nenos/as, as suas familias e a sociedade.

11
A) O ÁMBITO FORMAL

- É institucional.Fai referencia ao sistema educativo en todalas súas etapas e ciclos. Coñécese


tamén coma educación regrada.
-Conduce a obtención de títulos oficiais.
- É intencional pois existe un propósito claro de actuar de forma consciente e esixe deseño,
preparación, organización, selección dos contidos culturais e científicos que se queren transmitir e a
definición dos obxetivos que se queren alcanzar.
-Require unha actividade clara entre docente e alumnado na que media unha interacción baseada
nunha relación interpersoal .
-Forma parte do proceso de socialización primaria.
- É necesaria a preparación previa do docente.

A.1)CENTROS ADICADOS A EDUCACIÓN FORMAL: Os centros de educación infantil (0-3 anos)


(Profundizaremos neste senso na UD5 referida aos recursos , espazos e equipamentos)

Os centros de primeiro ciclo de Educación Infantil, ou Escolas Infantís, son aqueles centros
docentes, púbricos ou privados, que prestan un servizo educativo de xeito regular e continuado a
nenos e nenas de 0 a 3 anos, dacordo ao establecido no currículo de dita etapa disposto polas
distintas Comunidades Autónomas. En Galicia o currículo de Educación Infantil contemplaba esta
etapa educativa no decreto derogado recentemente ( Decreto 330/2009 de 4 de Xuño) pero non se
contempla no vixente decreto( Decreto 150/2022 de 8 de Setembro).
Os centros de Educación Infantil autorizados deben contar cun proxecto pedagóxico que responda
as necesidades educativas dos/as nenos/as de 0 a 3 años, e cumprir cos requisitos que establece a
normativa correspondente, que garantiza que se trata dun centro que cumpre os estándares
mínimos de calidade do servizo educativo, do persoal que o atende e das instalacións e
equipamientos das que dispón.

A normativa en Galicia é a seguinte:


Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de
atención á infancia
(Profundizaremos neste senso na UD5 referida aos recursos , espazos e equipamentos)
Dito Decreto entre outras cousas que xa traballaremos clasifica aos centros en:
*Asociado ao contorno profesional adicado a menores en situación de risco, desamparo ou risco
social

12
Artigo 3º.-Centros de menores.
Artigo 4º.-Centros de atención á infancia
*Asociado ao contorno profesional adicado a menores en situación de risco, desamparo ou risco
social
-Centros de atención de día
*Asociado ao contorno profesional vinculado a intervención educativa formal no primeiro ciclo de
Educación Infantil (0-3 anos).
-Escolas infantís.
-Puntos de atención a primeira infancia.
-Espazos infantís.

B) O ÁMBITO NON FORMAL


-Fai referencia a multitude de actividades educativas que NON están incluidas no sistema
educativo. Están libres de regulacións e formalismos.
-Responde a necesidades e intereses de grupos sociais diferentes en calquera poboación.
-Están organizadas e planificadas ao servizo de finalidades de institucións e entidades específicas.
* OLLO, NUNCA a debemos confundir coa EDUCACIÓN INFORMAL, caracterizada por:
- Tratase da aprendizaxe obtida das experiencias da vida cotiá.
-Inestructurada
-Asistemática
-Inorganizada

A.1)CENTROS ADICADOS A EDUCACIÓN NON FORMAL:


(Profundizaremos neste senso na UD5 referida aos recursos , espazos e equipamentos)

Son centros onde a intervención do TSEI faise dun xeito socioeducativo atendendo aos principios
antes citados da educación non formal.

-Ludotecas. (Tamén a veredes no módulo de “xogo”)


Dende o ámbito da educación non formal, a ludoteca concíbese como un espacio onde se aprende
xogando. Para Rodriguez (2011) “As ludotecas son espacios de encontró entre nenos que poseen
unha serie de xoguetes diversos destinado ao xogo ou para o seu préstamo e deben estar
accesibles a nenos de tódolos ámbitos sociais con un axente de intervención ,o ludotecario que
toma o papel do educador do centro.”
As súas características e requisitos veñen recollidas na seguinte normativa:
Decreto 354/2003 de 16 de Setembro polo que se regulan as ludotecas como centros de servicios
sociais e se establecen os seus requisitos.

13
-Granxa –escola.

Reguladas por normativa propia do TEMPO LIBRE infantil e xuvenil , Lei 6/2012 de 19 de Xuño de
Xuventude de Galicia.
Unha granxa escola é un estabrecemento educativo que alberga hortas e animais e está dedicado a
a ensinanza práctica de cómo se vive no medio rural.
-Aulas da natureza.
Son lugares de encontro coa natureza en base a Educación Ambiental.
-Centros de tempo libre.
Os centros de tempo libre son instituciones que realizan actividades socioeducativas, de ocio e
tempo libre dirixidas ao púbrico infantil.Aglutinan clubs, asociacións, e os propios centros de tempo
libre fundamentalmente.
-Seccións en bibliotecas
-Seccións nos museos

2.1.2. COMPETENCIAS PROFESIONAIS PERSOAIS E SOCIAIS

REPASANDO o traballado ao comezo do tema:


A competencia xeral está formada por :
- A cualificación profesional e unidades de competencia ,xa vistas.
- Competencias profesionais, persoais e sociais que trataremos agora.

DEFINICIÓN:As competencias profesionais, persoais e sociais describen o conxunto de


coñecementos, destrezas e competencias que permiten responder aos requerimentos do sector
produtivo , aumentar a empregabilidade e favorecer a cohesión social.

CLASIFICACIÓN:

1. Competencias profesionais.

Son aquelas que indican as etapas relevantes do subproceso tecnolóxico e se indican as principais
subfuncións de cada etapa e o seu campo de apricación no sector de que se trate.
2. Competencias persoais.
Son aquelas que están relacionadas coa empregabilidade e responden as competencias que
permiten atopar, manter e cambiar de emprego e que fan do traballador alguén polivalente. Poden
ser entre outras:
-Capacidade de traballo en equipo
-Habilidades de xestión emocional.
-Sensibilidade

14
-Responsabilidade
-Motivación cara as tarefas do posto desempeñado
-Confidencialidade
3. Competencias sociais

Son aquelas que se relacionan coa vida en sociedade e que favorecen o seu bó funcionamento.
Poden ser entre outras:
-Respeto
-Tolerancia
-Apertura a novas situacións e ideas, flexibilidade
-Empatía
-Habilidades sociais
-Habilidades de comunicación

No caso do/a educador/a infantil veñen recollidas para Galicia no Decreto 226/2008 :
As competencias profesionais, persoais e sociais deste título son as que se relacionan deseguido:
a) Programar a intervención educativa e de atención social á infancia a partir das directrices do
programa da institución e das características individuais, do grupo e do contexto.
b) Organizar os recursos para o desenvolvemento da actividade respondendo ás necesidades e ás
características dos nenos e das nenas.
c) Desenvolver as actividades programadas empregando as estratexias metodolóxicas e os
recursos apropiados, e creando un clima de confianza.
d) Deseñar e aplicar estratexias de actuación coas familias, no marco das finalidades e os
procedementos da institución, para mellorar o proceso de intervención.
e) Responder ás necesidades dos cativos e das cativas, así como das familias que requiran a
participación de profesionais ou servizos, utilizando os recursos e os procedementos axeitados.
f) Actuar ante continxencias relativas ás persoas, aos recursos ou ao medio, transmitindo
seguridade e confianza, e aplicando, de ser o caso, os protocolos de actuación establecidos.
g) Avaliar o proceso de intervención e os resultados obtidos, elaborar e xestionar a documentación
asociada ao proceso, e transmitir a información co fin de mellorar a calidade do servizo.
h) Manter actualizados os coñecementos científicos e técnicos relativos á propia actividade
profesional, utilizando os recursos existentes para a aprendizaxe ao longo da vida.
i) Actuar con autonomía e iniciativa no deseño e na realización de actividades, con respecto polas
liñas pedagóxicas e de actuación da institución en que se desenvolva a actividade.
j) Manter relacións fluídas cos nenos e as nenas, coas súas familias, cos mem-bros do seu grupo e
con outro persoal profesional, amosando habilidades sociais e capacidade de xestión da
diversidade cultural, e achegar solucións para os conflitos que se presenten.

15
k) Xerar contornos seguros, respectando a normativa e os protocolos de seguri-dade na
planificación e no desenvolvemento das actividades.
l) Exercer os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven das relacións laborais, consonte o
establecido na lexislación.
m) Xestionar a propia carreira profesional, analizando oportunidades de empre-go, autoemprego e
aprendizaxe.
n) Crear e xestionar unha pequena empresa, realizando o estudo da viabilidade de produtos, de
planificación da produción e de comercialización.
o) Participar na vida económica, social e cultural cunha actitude crítica e de responsabilidade.

2.2. COÑECEMENTOS QUE SUSTENTAN A PROFESIÓN DO TÉCNICO EN EDUCACIÓN


INFANTIL
A modo de resumen, o/a TSEI na súa formación inicial logrará COÑECEMENTOS DE TIPO
CONCEPTUAL sólidos acerca de:
 Os antecedentes pedagóxicos da Educación Infantil, así coma das suas determinantes
sociais.
 As teorías do desenvolvemento infantil, tanto dende o punto de vista biolóxico coma
cognitivo, emocional e social.
 As avances metodolóxicas para realizar unha intervención axeitada dende o punto de vista
educativo.
 A lexislación e directrices de diferentes organismos competentes en programas relacionados
coa infancia.
 alcance da protección dos/as nenos/as na nosa sociedade.
Ademáis, deberá alcanzar COÑECEMENTOS INSTRUMENTAIS:
 De planificación, para a participación nos documentos de planificación colectiva.
 De observación e de avaliación, da intervención educativa, da institución e do seu contexto
sociocultural, dos progresos dos/as nenos/as a través de cuestionarios e rexistros de
observación,
 entrevistas e enquisas.
 De intervención no grupo a través das actividades da vida diaria, da dinámica de grupos
infantís de xogos e actividades de expresión e dramatización da comunicación verbal e non
verbal a través dos diferentes modos de expresión e comunicación.

16
 De información as familias e a outros profesionais a través de partes de información diaria,
de informes elaborados periódicamente sobre o comportamiento e a evolución de cada
neno/a no grupo e no programa de traballo, a través diferentes instrumentos coma por
exempro : Entrevistas , reunións, contacto informal diario, axendas,circulares, folletos
informativos etc.
A FORMACIÓN DO TSEI NON DEBE QUEDARSE NESTA FORMACIÓN INICIAL PARA A
OBTENCIÓN DA SÚA COMPETENCIA PROFESIONAL SE NON QUE DEBE SEGUIR AS
ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PERMANENTE.Exempros:
- Cursos de formación e seminarios presenciais ou a distancia
- Xornadas e congresos
- Proxectos de innovación pedagóxica
- Proxectos de formación en centros
- Intercambio de experiencias a través de programas europeos
- Obradoiros
2.3 A ÉTICA PROFESIONAL

A ética profesional fai referencia ao conxunto de principios e normas morais que regulan a
actividade profesional.
Pódense aboradar diferentes aspectos de ética profesional a partir do recoñecemento dunha serie
de principios que conlevan unha serie de obligacións e deberes no comportamiento profesional do
TSEI :

1. Respeto a persoa que inclué o respeto polos dereitos humáns e defensa dos dereitos da
infancia
2. Interés superior no neno
3. Responsabilidade cumprindo todalas súas tarefas e funcións de xeito consciente e completo
4. Independencia
5. Lealdade respetando os principios da entidade na que desenvolve o seu labor
6. Honestidade e sinceridade
7. Confidencialidade e privacidade
8. Facilitación de relacións con outros profesionais:Actitude aberta hacia o traballo
multidisciplinar.
9. Formación permanente para poder exercer a profesión de TSEI en termos de calidade

17

You might also like