You are on page 1of 20

Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación

Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

GUIA DAS PRÁCTICAS DOCENTES

DO MESTRADO EN PROFESORADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA


OBRIGATORIA E BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL E ENSINO DE
IDIOMAS DA UDC

CURSO 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

Índice

I. INTRODUCIÓN ........................................................................................................... 2
II. ESTRUTURA E DESENVOLVEMENTO .................................................................... 3
1. As persoas e as súas funcións:............................................................................... 3
2. Duración, calendario, sesións de asistencia obrigatoria e horario. ......................... 5
3. Modelo de estrutura das prácticas educativas ........................................................ 6
3.1. Descrición do primeiro período. ........................................................................ 6
3.2. Descrición do segundo período ........................................................................ 7
III. MEMORIA DE PRÁCTICAS ...................................................................................... 8
IV. AVALIACIÓN ............................................................................................................. 9
V. TITORÍAS ................................................................................................................. 10
VI. NORMATIVA ........................................................................................................... 10
ANEXO I. CALENDARIO E CRONOGRAMA DESCRITIVO DO DESENVOLVEMENTO DO
PRACTICUM CURSO 23-24 ........................................................................................ 12
ANEXO II. GUÍA PARA FACER A VALORACIÓN POR PARTE DO TITOR DO
CENTRO....................................................................................................................... 14
ANEXO III. GUÍA PARA A VALORACIÓN DO PRACTICUM POR PARTE DO TITOR
DO CENTRO ................................................................................................................ 17
ANEXO IV. COMPROMISO DE CONFIDENCIALIDADE ............................................. 18

1
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

I. INTRODUCIÓN

Este documento ten por obxectivo establecer as bases e normas do Practicum no marco
do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e
Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas da Universidade da Coruña.

As prácticas constitúen unha experiencia formativa de preparación para a futura vida


profesional do alumnado deste mestrado. Permitirán coñecer as tarefas que se levan
a cabo nun centro educativo e posibilitarán o establecemento de relacións proveitosas
entre docentes do eido universitario, docentes en activo no ensino secundario e o
alumnado que pretende proxectar a súa vida profesional no ámbito docente.

As prácticas están deseñadas para ofreceren a este alumnado a posibilidade de


observar e analizar os contextos en que como futuros profesores e profesoras van
desenvolver o seu labor, de xeito que poidan ter un coñecemento vivencial do traballo
docente. Agárdase que sexa tomado como a oportunidade que é, e non só como unha
parte máis destes estudos de posgrao. Non se debe esquecer que, como
oportunidade, son os centros e o profesorado titor os que sobre todo a fan posible, e
así debe ser recoñecido polo alumnado implicado e pola Universidade; este
recoñecemento será compatible cunha actitude de observación e esculca propios do
momento formativo en que estamos. Non se trata de imitarmos os modelos de acción
que se observen, senón de analizarmos e reflexionarmos sobre esas e outras posibles
alternativas de actuación profesional.

A práctica que se desenvolve nos centros educativos só pode ser comprendida se se


entende como se foi constituíndo o proceso de escolarización e como os axentes
internos e externos actúan sobre este. Para isto é necesario ter un coñecemento
sistematizado e profundo sobre o que se fai, por que se fai, para que se fai, que se
podería facer e que é o que non se debe facer. Este coñecemento enriquecerá sen
dúbida aqueloutros coñecementos das fases anteriores, tanto do módulo xenérico
como dos específicos, servindo moitas veces de contraste enriquecedor.

Servirá tamén ao profesorado titor dos centros de ensino, cuxa colaboración nunca
se agradecerá bastante, de oportunidade para reflexionar e contrastar o seu traballo
e os seus hábitos no día a día da aula e para tomar contacto, aínda que sexa
brevemente, coa reflexión que desde fóra deses centros de ensino secundario se fai.
Sen esquecer que se están a formar os futuros docentes e colegas de profesión,
evitando que o seu primeiro contacto profesional sexa coa responsabilidade e as
urxencias de dirixir un grupo de alumnos e alumnas.

Este mesmo afán terá o profesorado da Facultade, en ocasións docente en ambos os


ámbitos –o universitario e o do ensino secundario-, que ademais terá a oportunidade
de contrastar as mensaxes e estratexias de traballo nos módulos teóricos coa práctica
vivida e relatada por estas persoas nos centros.

2
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

II. ESTRUTURA E DESENVOLVEMENTO

As prácticas levaranse a cabo nos centros de ensino secundario e/ou formación


profesional, baixo a dirección dunha profesora ou profesor que asumirá as funcións
de titorización das prácticas, que deben estar incluídos/as na listaxe da
convocatoria para centros e persoas coordinadoras e titoras para o
desenvolvemento do Practicum correspondente ao Mestrado en Profesorado de
ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas para cada curso académico,
publicada pola Administración educativa competente, neste caso a Consellería
de Educación.

A preparación, seguimento e avaliación do módulo de Prácticas compete á Comisión


de Coordinación das Prácticas, presidida pola persoa coordinadora do Mestrado e
formada polos coordinadores e coordinadoras dos diferentes itinerarios específicos e
do Practicum, ou persoas en que deleguen.

A asignación de centro e titor/a efectúase tendo en conta o itinerario específico


cursado, a localidade solicitada polo alumnado e a dispoñibilidade de profesorado
titor, na medida das posibilidades existentes. Os criterios establecidos para elixir
centro de prácticas son os seguintes:

a) O alumnado con diversidade funcional terá prioridade na elección e adxudicación


de prazas1.

b) A asignación realizarase de acordo coa nota media do expediente académico.


Terase en conta a nota do expediente no momento de escoller os centros.

Cada actor do Practicum aceptará un compromiso de confidencialidade sobre


calquera información que puidese coñecer durante o desenvolvemento das
prácticas nos centros.

Ademais, será preciso que o alumnado cumpra os seguintes requisitos (que se


documentarán a través da App de Practicum): a) aceptar a información sobre
protección de datos persoais para o alumnado de prácticas externas da UDC; b)
completar e aceptar o Proxecto formativo a desenvolver no centro de prácticas; c)
anexar de forma obrigatoria o Certificado Negativo de Delitos de Natureza Sexual.

1. As persoas e as súas funcións:

Os titores e titoras de Practicum na Universidade, que son profesorado da


Universidade e xeralmente profesorado do Mestrado, servirán de referencia ao
alumnado e ao profesorado titor dos centros para o desenvolvemento do Practicum.

As súas funcións serán as seguintes:

1
Artigo 17, sobre a oferta, difusión e adxudicación de prácticas externas, do Real decreto
592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes
universitarios.
3
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

a. Orientar o desenvolvemento dos plans de traballo, a partir das


competencias adquiridas nas materias dos restantes módulos do
Mestrado.
b. Axudar á integración de coñecementos, estratexias etc. tratadas nos
outros módulos do Mestrado, para facilitar a construción de
competencias profesionais.
c. Estimular a reflexión sobre a actuación docente, en relación cos
distintos modelos teóricos de referencia.
d. Orientar e avaliar a memoria de Practicum, cumprindo os prazos que
se establecen.
e. Contactar persoalmente cos titores e co alumnado asignados, polo
menos en dúas ocasións no desenvolvemento do Practicum. Ademais
procurarán visitalos tendo en conta a dispoñibilidade horaria e os
protocolos sanitarios.

Para exerceren estas funcións deberán estar á súa disposición nun horario
coñecido e tamén de xeito telefónico e/ou telemático.

A función das persoas titoras de prácticas dos centros, seleccionadas segundo


o disposto na Orde do 18 de abril de 2011 (DOG do 13 de maio), que establece o
procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o
desenvolvemento do Practicum correspondente ao Mestrado en Profesorado de
Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino
de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, serán as que aparecen na
antedita orde e que son as que se reflicten a continuación:

a. Acoller o alumnado en prácticas e acompañalo nos períodos que se


establezan ao longo do curso escolar.

b. Favorecer a formación inicial na práctica docente do citado alumnado.

c. Asesorar o alumnado en prácticas en cuestións pedagóxicas

d. Facilitar que o alumnado en prácticas se integre plenamente na vida


do centro para adquirir un coñecemento directo e práctico da súa
organización e funcionamento en todos os ámbitos.

e. Coordinar as actividades de formación coa persoa titora da


universidade.

f. Avaliar o desenvolvemento das prácticas do alumnado (Anexo II) e


valorar o deseño e desenvolvemento do Practicum (Anexo III). Esta
avaliación realizarase de xeito telemático.

As persoas coordinadoras, que existirán só no caso de seren seleccionados/as


varios/as titores/as do mesmo centro, e que deberán ser o/a director/a ou xefe/a de

4
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

estudos ou excepcionalmente unha das persoas titoras das prácticas; terán as


seguintes funcións:

a. Establecer as accións que desenvolverán as persoas titoras de


prácticas do centro.

b. Posibilitar a integración plena no centro do alumnado en prácticas


mediante un plan de acollida.

c. Facilitar ao alumnado en prácticas o coñecemento da organización e


funcionamento do centro, dos proxectos educativos, así como doutros
proxectos, programas ou actividades en que o centro participe.

d. Xestionar os espazos e os tempos para a intervención do alumnado en


prácticas.

e. Deseñar a asistencia do alumnado en prácticas ás reunións de


planificación, programación, seguimento e avaliación do alumnado do
centro.

f. Elaborar xunto coas persoas titoras un cronograma das actividades


que o alumnado desenvolverá no centro durante o período do
Practicum e no cal se incluirá obrigatoriamente a participación do
alumnado na vida do centro así como a súa asistencia a reunións das
diferentes comisións, de departamentos, atención titorial a familias e
alumnado, sesións de avaliación, reunións de claustro, consello
escolar, equipos docentes etc.

Estas funcións, caso de existir un só titor ou titora no centro, serán realizadas por
este ou esta.

2. Duración, calendario, sesións de asistencia obrigatoria e horario.

O Practicum ten asignados 12 créditos. Seis corresponden á estadía no centro


educativo (150 horas), que se realiza en dous períodos. Os seis créditos restantes
corresponden á elaboración da memoria e ás sesións de preparación, seguimento e
revisión da mesma. A duración de cada unha das sesións, tanto de preparación como
de seguimento e revisión, é de dúas horas, e a asistencia do alumnado é obrigatoria.

O horario do alumnado durante a estadía no centro debe axustarse ao horario e ás


funcións do profesorado titor do centro.

Antes de incorporarse ao primeiro período ou fase, terá lugar a sesión de


preparación. A súa finalidade é proporcionar as pautas necesarias para un mellor
aproveitamento da estadía no centro educativo e para a realización da memoria. Esta
reunión desenvolverase en dúas partes. A primeira parte será unha reunión a través
da plataforma TEAMS coa Coordinadora de Prácticas do Mestrado para recibir a
información necesaria para a asignación de centros, que será convocada polos

5
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

coordinadores e coordinadoras de cada itinerario e en que participará todo o


alumnado do Mestrado. A segunda parte será unha reunión entre o alumnado e o
seu profesorado titor con carácter previo ao inicio das prácticas.

Antes do segundo período, desenvolverase a sesión de seguimento, que ten un


dobre obxectivo: analizar a experiencia e as aprendizaxes adquiridas, e supervisar a
primeira parte da memoria das prácticas, así como orientar a intervención. Os
titores/as da Universidade convocarán o alumnado que lles corresponda e, se
considera viable a súa asistencia, tamén o profesorado titor dos centros educativos.

A sesión de revisión realizarase ao remate da estadía no centro educativo. O seu


cometido é reflexionar, analizar e avaliar a experiencia desde unha tripla ollada: a
das aprendizaxes adquiridas, a da realidade educativa observada e a das suxestións
para a mellora do Practicum.
No Anexo I pódese consultar o Calendario Académico do Mestrado que inclúe a
información sobre o calendario de desenvolvemento do Practicum.

3. Modelo de estrutura das prácticas educativas

No desenvolvemento do Practicum a través dos dous períodos, podemos diferenciar


tres tipos de tarefas: observación, intervención e reflexión. A observación vai ter
lugar en ambos os dous períodos, pero o seu peso no primeiro período será
preponderante. A intervención terá lugar no segundo período. A reflexión, polo seu
carácter, será transversal aos dous períodos, pero será máis importante no segundo
período e no momento da elaboración da memoria.

3.1. Descrición do primeiro período.

O propósito deste primeiro período ou fase é achegarse á realidade do ensino para ir


configurando unha visión propia e fundamentada, do centro e da aula. Para isto o
alumnado terá un contacto inicial co centro nas datas recollidas no calendario (ANEXO
I). Nesta reunión o titor do centro facilitará ao alumnado toda a documentación de
centro e de aula, así como a información que considere co fin de incentivar unha
aproximación inicial ao seguintes aspectos, moitos deles en relación con algún dos
contidos tratados no módulo xenérico:

Dinámica do centro:

A dimensión contextual: a vida dos centros escolares vén definida non só pola
normativa legal, senón, sobre todo, por determinados aspectos culturais baseados en
rutinas, regras —implícitas e explícitas—, formas de comportamento, rituais etc.
Haberá que esforzarse en detectar estes xeitos de funcionar para comprender en
profundidade a realidade do centro, por que e para que, así como as limitacións e
problemáticas que pode xerar. Concretamente, prestarase atención aos recursos
existentes (materiais e humanos) á coordinación entre o profesorado, á autonomía do

6
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

centro e do profesorado, ao clima que favorece ou dificulta a súa coordinación, á


relación que se mantén co medio social exterior e coas familias. Tamén se
identificarán as actitudes e os valores que se promoven no centro.
A dimensión organizativa: así mesmo, convén analizar as características e a
formalización da súa xestión. Débese atender, en especial aos instrumentos de
planificación da oferta educativa do centro (Proxecto Educativo de Centro, e dentro
deste ao Proxecto Curricular da etapa de referencia; ao Plan de Acción Titorial, ás
medidas de atención á diversidade, aos plans de igualdade, aos programas de
diversificación curricular, ao Proxecto Lingüístico de Centro, e aos distintos itinerarios
formativos do centro). Sería enormemente formativo que os e as estudantes en
prácticas puidesen identificar todos os órganos de goberno (Claustro e Consello
Escolar) e de coordinación pedagóxica (CCP, equipo de actividades extraescolares e
complementarias, equipo de normalización e dinamización lingüística) e as comisións
(TIC, proxecto lector e de convivencia).
Tamén deberán coñecer e valorar os programas educativos existentes no centro, no
departamento da especialidade, así como a planificación educativa na área, as
materias ou módulos e os procesos de innovación e mellora no ensino desas materias
ou módulos.

Dinámica das aulas: tamén se empezará a tomar contacto coa actividade da materia
do profesorado titor, que resultará extraordinariamente útil para o desenvolvemento
posterior do módulo específico. Prestarase atención, fundamentalmente, ao
desenvolvemento curricular de centro e de aula. Na primeira toma de contacto o
alumnado atenderá ás observacións que se poidan facer sobre as distintas aulas nas
que realizará as súas prácticas (motivación pola aprendizaxe, o interese polas tarefas
escolares e os apoios que ten ou necesita para acadar os obxectivos académicos en
función das súas dificultades específicas de aprendizaxe), así como sobre as
expectativas do profesorado acerca do alumnado, as súas concepcións educativas e
o estilo docente que desenvolven. Observaranse as tarefas que asume como
profesional do ensino o seu titor ou titora, a súa satisfacción e motivación profesional
e as necesidades formativas que manifesta.

Nesta primeira fase ou período acordarase tamén o proxecto formativo a desenvolver


no segundo período, especialmente as datas e contidos que van ser parte da
intervención do estudantado titorizado.

3.2. Descrición do segundo período

Neste período preténdese afondar nas características do traballo de aula a través da


observación e a reflexión persoal, tomando como referente os contidos tratados nos
módulos teóricos e o traballado no primeiro período. Ademais, o máis característico
deste período é a intervención que poderemos concretar de xeito indicativo en dúas
fases:

• Fase de intervención compartida, que consistirá en intervencións puntuais na


aula co apoio e supervisión do titor do centro.
• Fase de intervención autónoma, que consistirá no deseño de, cando menos,
unha proposta didáctica dirixida á etapa en que se realicen as prácticas, co
asesoramento do seu profesorado titor, a posta en práctica da mesma e a

7
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

actuación como docente responsable do grupo-clase, tomando as decisións


que correspondan para xestionar a aula. Esta fase debe realizarse baixo a
supervisión do titor ou titora de centro nun número limitado de sesións (entre
tres e cinco aproximadamente, dependendo da carga horaria semanal e en
función das posibilidades do centro en que se realicen as prácticas).

III. MEMORIA DE PRÁCTICAS

A realización da memoria implica a sistematización dos dous períodos de prácticas,


a través dun informe escrito que será valorado polo/a titor/a da Universidade. Neste
documento deben evitarse os xuízos de valor sobre o profesorado e o alumnado do
centro en que se realizan as prácticas.

A extensión do traballo será de 40 páxinas máximo e 25 páxinas mínimo en DIN


A4, en letra Arial 11 a dobre espazo, e sen considerar os posibles anexos (agás no
itinerario de artes). É obrigado entregar un exemplar na aplicación do Practicum en
formato PDF co nome de arquivo que se indica na mesma e, se proceder, noutros
formatos requiridos polo profesorado titor de facultade. Na redacción utilizarase unha
linguaxe directa e coidada, e poderá acompañarse de gráficos, esquemas e cadros.
As frases literais ou ideas doutros autores o autoras incluídos no traballo estarán
apropiadamente referenciadas ao longo do texto e no apartado de referencias.

A Memoria de prácticas deberá incluír necesariamente as seguintes partes:

1. Portada. Na parte superior incluirá a seguinte referencia: Universidade da


Coruña. Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e
Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
Na parte central da portada deberá indicarse: MEMORIA DO PRACTICUM. CURSO:
2023 – 2024. Oportunidade.
No ángulo inferior dereito, obrigatoriamente, o/a estudante porá os datos
seguintes:
• Apelidos, nome e DNI do/a autor/a
• Itinerario e especialidade, de ser o caso
• Apelidos e nome do/a titor/a da Universidade

2. Introdución. Exposición dos obxectivos ou intencionalidade do traballo que se


presenta, partes da memoria e outras cuestións de interese para quen
presenta a memoria, como agradecementos ou reflexións acaídas para o que
se vai describir.

3. Descrición e análise do funcionamento dos centros e aulas de educación


secundaria. Este apartado recollerá as consideracións recollidas na
descrición do primeiro período das prácticas (véxase apartado 3.1).

4. Descrición e análise do deseño e desenvolvemento dunha proposta


didáctica. Farase constar a proposta didáctica, que deberá acompañarse
dunha explicación do proceso seguido na súa elaboración e na súa
experimentación. Esta proposta poderá ter relación co traballo de fin de

8
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

Mestrado (ver as opcións que se propoñen para o TFM no Documento Marco


para a elaboración do TFM). A proposta deberá incluír
obxectivos/competencias básicas, contidos, metodoloxía e actividades de
ensino/avaliación. Deste documento deberá deixarse unha copia ao
departamento didáctico do centro, se así o solicitar este.

5. Descrición, análise e reflexión sobre a experiencia. Neste apartado


incluirase unha descrición das experiencias desenvolvidas: a) no conxunto das
prácticas e b) na intervención directa na aula por parte do/a alumno/a. Poderá
facerse a través dun diario que reflicta de forma detallada situacións vividas,
así como cuestións e dúbidas xurdidas tras a xornada de estadía no centro de
prácticas. Este diario poderá incluírse no conxunto da memoria ou, se así o
considerar o alumno para axustar a súa extensión, incorporarse como anexo.

A descrición deberá acompañarse, necesariamente, da análise e a reflexión


sobre o significado das experiencias a nivel profesional, poñéndoa en relación
coa teoría estudada nas diferentes materias do Mestrado. Concretamente,
farase mención das necesidades de formación que se suscitaron, dos
mecanismos que cadaquén adoptou para se enfrontar ás esixencias da
profesión docente, ás dificultades materiais, persoais e docentes atopadas e,
finalmente, poderase incluír unha alusión aos cambios institucionais,
organizativos, sociais, docentes e didácticos que serían necesarios para a
mellora dos procesos educativos observados e analizados.

6. Referencias bibliográficas e recursos didácticos


Cabe sinalar a importancia das recomendacións recollidas na guía docente con respecto
da perspectiva de xénero e a sustentabilidade. As referencias bibliográficas seguirán as
guías APA (7ª edición).

A ponderación da memoria: con carácter orientativo (será concretada por cada


titor ou titora da Universidade), a ponderación dos diferentes apartados da
memoria do Practicum será a seguinte:

Aspectos a valorar Apartados da memoria a Ponderación


que afecta
Aspectos formais: presentación, A todos os apartados 10%
orde, claridade, índice,
bibliografía
Funcionamento do centro/aula Ao apartado 3 25%
Proposta didáctica Ao apartado 4 35%
Reflexión persoal Ao apartado 5 30%

IV. AVALIACIÓN

A avaliación das prácticas corresponde ao profesorado que titorizou este período de


formación.
A cualificación das prácticas poderá ser non presentado, suspenso (1 a 4.9),
aprobado (5 a 6.9), notable (7 a 8.9) e sobresaliente (9 a 10). A cualificación final
será o resultado da media entre a cualificación outorgada polo/a titor/a do centro e
polo/a titor/a da Universidade, sempre e cando a cualificación outorgada polo
9
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

profesorado titor de centro e facultade sexa igual ou superior a 5.

Para superar as prácticas hai que conseguir o aprobado nas dúas cualificacións. No
caso de non aprobar algunha das partes da materia, a nota final será a nota da parte
non superada.
Na segunda oportunidade de avaliación:

- A memoria pode recuperarse, polo que o alumnado que non supere esta parte na
primeira oportunidade terá a ocasión de mellorala para a segunda.
- As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida nas mesmas na
primeira oportunidade mantense para a segunda.
A revisión, que se fará diante do profesorado titor da UDC, servirá para reconsiderar,
de ser o caso, a cualificación da memoria. Canto á nota posta polo/a titor/a do centro,
poderanse coñecer os pormenores da aplicación dos criterios de avaliación. O
profesorado titor deberá dar a coñecer a data de revisión ao alumnado ao publicar as
cualificacións provisionais. As cualificacións definitivas deben consignarase dentro
das datas recollidas no calendario (ANEXO I).

Na avaliación que se recollerá na aplicación do Practicum teranse en conta os


criterios reflectidos nos seguintes apartados:

Polo profesorado titor da Universidade:


- Memoria de prácticas

Polo profesorado titor do centro:


- Anexo II
Para obter matrícula de honra será preciso contar coa proposta do/a titor/a
académico/a e un informe que xustifique a devandita proposta, así como outro informe
favorable do titor/a do centro onde se realizaron as prácticas. Todo o proceso farase
de acordo coas datas establecidas no calendario oficial do Practicum. No caso de
presentarse un número de peticións que supere o número de matrículas de honra da
materia, será a Comisión Académica do Mestrado o órgano encargado de decidir sobre
as propostas presentadas.

V. TITORÍAS

Os titores/as da Universidade deberán dar a coñecer os días, as horas e as formas


de contacto, tanto para o alumnado como para o profesorado titor dos centros. O
profesorado titor, tanto da Universidade como dos centros, pode dirixirse á
coordinación do Practicum nos momentos e formas de contacto que lles serán
comunicados.

VI. NORMATIVA

ORDE do 18 de abril de 2011 pola que se establece o procedemento para acreditar


centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do Practicum

10
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

correspondente ao Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e


Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade
Autónoma de Galicia.

Real decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas


externas dos estudantes universitarios (BOE n.º 184, do 30 de xullo de 2014).

Regulamento de prácticas académicas externas do estudantado da UDC.

Documentos anexos:

• ANEXO I: Cronograma descritivo do desenvolvemento do Practicum


• ANEXO II: Guía para a avaliación do alumnado por parte do profesorado titor
do centro.
• ANEXO III: Guía para a valoración do Practicum por parte do profesorado titor
do centro.
• ANEXO IV: Compromiso de confidencialidade do alumnado (este exemplar
facilítase por se o solicitase o centro de prácticas; para a facultade aceptarase
cubrilo de xeito telemático a través da App de Practicum).

11
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

ANEXO I. CRONOGRAMA DESCRITIVO DO DESENVOLVEMENTO DO PRACTICUM CURSO 23-24

DATAS ACTIVIDADE PROTAGONISTAS DIRECCIÓN ASUNTO LUGAR

Presentación en Presentación do Practicum Alumnado Coordinación xeral do Practicum Introducir o Practicum e resolver todas as Sección de
sesión asíncrona posibles dúbidas que poidan xurdir Practicum da páxina
web do mestrado
9 e 10 de Titoría previa á elección dos centros de Alumnado Coordinación xeral do Practicum Asesoramento e resolución de dúbidas TEAMS
novembro Practicum para a escolla dos centros de Practicum

Decembro- 8 de Convocatoria do profesorado titor Alumnado e Profesorado titor de facultade Orientación e resolución de dúbidas con O espazo e hora
xaneiro de facultade para a primeira titoría profesorado titor da carácter previo ao inicio do Practicum será fixado polo
previa á incorporación ao centro facultade Alumnado titor/a de facultade
9-10 de Primeiro período das prácticas Alumnado Profesorado titor dos centros e Contacto inicial co centro. Neste período o Centro educativo
xaneiro facultade titor/a do centro facilitará ao alumnado asignado
toda a documentación de centro e de aula,
así como a información que considere co
fin de incentivar unha aproximación inicial.

Entre o 11 e o Sesión de seguimento (grupo Alumnado Profesorado titor de facultade Dar a coñecer o transcurso da estadía O espazo e hora
31 de xaneiro pequeno) no centro será fixado polo
Comentar posibles dúbidas sobre a titor/a de facultade
elaboración da memoria, posibles
cuestións que se puideran presentar no
centro...

Do 1 de Segundo período das Alumnado Profesorado titor dos centros e Profundar nas características do traballo Centro asignado
febreiro ao 19 prácticas facultade de aula a través da observación e a
de marzo reflexión persoa e desenvolver unha
intervención didáctica.
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

Entre o 20 de Sesión de revisión Alumnado Profesorado titor de facultade Dar a coñecer o transcurso da estadía O espazo e hora
marzo e o 12 de no centro será fixado polo
abril titor/a de facultade
Valorar a experiencia das prácticas no
seu conxunto

Ata o 9 de Cualificación na aplicación para a Profesorado titor dos Profesorado titor dos centros Cada docente de centro informará na App Practicum
abril avaliación das prácticas centros aplicación a ficha de avaliación do
alumno que titorizou.

15 de abril Entrega da memoria de prácticas (1ª Alumnado Profesorado titor de facultade O estudantado entregará as súas App Practicum
Oportunidade) memorias ao seu respectivo
profesorado titor da facultade na
aplicación (entrega obrigatoria) e por
calquera outro medio que lle indique o
profesorado titor de facultade de forma
complementaria.
13 de maio Publicación das cualificacións Profesorado titor de Profesorado titor de facultade O profesorado titor da facultade Intranet da
provisionais na aplicación do facultade informará na aplicación as Facultade
Practicum cualificacións provisionais das
memorias

Entre o 14 e o 21 Revisión da cualificación de Alumnado Profesorado titor de facultade Para o alumnado que desexe Lugar e hora
de maio prácticas (1ª oportunidade) realizar a revisión da súa fixada polo
cualificación, o profesorado titor da titor/a de
facultade realizará unha facultade
convocatoria para a mesma.
Ata o 24 de maio Publicación das cualificacións Profesorado titor da Profesorado titor de facultade O profesorado titor da facultade informará Intranet da
definitivas (1ª oportunidade). Envío ao facultade na aplicación as cualificacións definitivas Facultade
coordinador do itinerario das
cualificacións (1ª oportunidade)
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña
1 de xullo Entrega da memoria de prácticas (2ª Alumnado Profesorado titor da Os alumnos/as entregarán as súas App practicum
Oportunidade) facultade memorias na aplicación

Ata o 8 de xullo Publicación das cualificacións Profesorado titor Profesorado titor da facultade O profesorado titor da facultade informará Intranet da
provisionais da facultade na aplicación as cualificacións Facultade
provisionais das memorias

Entre o 9 e o 11 Revisión da memoria de prácticas Alumnado Profesorado titor da Para o alumnado que desexe Lugar e hora
de xullo (2ª oportunidade) facultade realizar a revisión da súa fixada polo
cualificación, o profesorado titor da titor/a de
facultade realizará unha facultade
convocatoria para a mesma.
12 de xullo Publicación das cualificacións Profesorado titor da Profesorado titor de facultade O profesorado titor da facultade informará Intranet da
definitivas (2ª oportunidade). Envío ao facultade na aplicación as cualificacións definitivas Facultade
coordinador do itinerario das das memorias
cualificacións (2ª oportunidade)
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

ANEXO II. GUÍA PARA A AVALIACIÓN DO ALUMNADO POR PARTE DO


PROFESORADO TITOR DO CENTRO

Alumno/a
Centro de prácticas
Localidade Titor/a

CRITERIOS DE REFERENCIA E PONDERACIÓN (sobre 100 puntos)


1. Asistencia e puntualidade -Asiste todos os días con 0-12
puntualidade
-Asiste todos os días, pero
non é puntual
-Falta e xustifica a súa
ausencia
-Falta e non xustifica a súa
ausencia
2. Responsabilidade no traballo -Manifesta sentido de 0-12
responsabilidade docente
-Mantén actitude e
comportamento ético
-Realiza un traballo
coidadoso
-Prepara calquera tipo de
actividade que se lle
encomenda
-Asume responsablemente
calquera situación escolar
3. Cooperación coa Dirección e co -Colabora coa dirección e 0-12
profesorado co profesorado
-Traballa en equipo cos
compoñentes do
Departamento
-Consulta o profesorado
-Atende e pon en práctica
as observacións recibidas
-Manifesta un trato cordial
cos profesores/as
4. Entusiasmo e interese -Móstrase interesado/a nas 0-12
súas tarefas de clase
-Participa cos distintos
sectores da comunidade
educativa
-Demostra interese polos
problemas do Centro
-Préstase voluntario ás
tarefas propostas
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

Valoración das 5. Claridade e orde - Exprésase ben oralmente 0-7


intervencións na cando debe -É hábil e oportuno para
aula como empregar interactuar co alumnado
docente explicacións verbais -Utiliza unha linguaxe
adecuada ao nivel do
alumnado
-Insiste no fundamental
6. Emprego de -Elixe os recursos con bo 0-7
recursos criterio
didácticos -Utiliza de maneira
integrada as TIC
-Interésase polo
aproveitamento de
laboratorios, bibliotecas ou
outros
recursos fóra do ámbito da
aula
7. Dominio da -Domina amplamente o 0-7
disciplina contido temático
-Organiza con habilidade o
contido temático
-Adapta o contido á aula no
seu contexto e ten en conta
a diversidade
-Ten claros os obxectivos
previstos para cada contido
-Distribúe adecuadamente o
tempo das diferentes
actividades propostas
-É hábil na motivación e
mantén o interese pola
actividade
8. Capacidade -Estimula a actividade do 0-7
para controlar e alumnado
manter a -Sabe manter a atención e o
atención na aula interese do alumnado
-Facilita a comprensión do
explicado
-Pon en marcha estratexias
para resolver problemas de
disciplina ou de
convivencia na aula
9. Relación co alumnado -Preséntase aos 0-12
estudantes: seguro,
preocupado por eles,
cordial, comprensivo,
equilibrado, accesible

-É recibido polos
alumnos/as con respecto e
confianza
-Facilita a comunicación,
evita distanciamentos
15
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

10. Elaboración de probas, -Prepara ben as actividades 0-12


programacións, fichas, avaliacións do alumnado
-Sabe confeccionar fichas
ou plans de traballo
-Deseña as actividades
tendo en conta a
educación en valores e a
educación cidadá
-Contempla a integración
das competencias básicas

CUALIFICACIÓN FINAL:

Asdo. titor/a Selo do Centro Asdo. coordinador-a/centro


Observacións:

CONSIDERACIÓNS ADICIONAIS SOBRE A AVALIACIÓN


REALIZADA (SE PROCEDER):

(Este documento debe cubrirase de xeito telemático a través da App de


Practicum, seguindo as indicacións da coordinación de prácticas).

16
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

ANEXO III. GUÍA PARA A VALORACIÓN DO PRACTICUM POR PARTE DO


PROFESORADO TITOR DO CENTRO

Centro de prácticas:
Localidade:
Titor/a :

ASPECTOS XERAIS DO PRACTICUM. Observacións para mellorar a


organización. Escala de 1 (moi deficiente) ao 5 (excelente). En caso de ter
dous titorandos, e consideralo necesario, pode cubrir dous cuestionarios.
Agradecemos que nolo faga chegar coa cualificación do alumnado (Anexo II).

1 2 3 4 5

ASPECTOS QUE SE VALORAN


Idoneidade dos períodos
de realización

Comentarios e suxestións
ao respecto da valoración
anterior
Nº de contactos e reunións
establecidos no cronograma
dende a UDC cos centros
Comentarios e suxestións
ao respecto da valoración
anterior
Nº de contactos establecidos
entre os titores da Facultade e
os titores dos centros.
Comentarios e suxestións
ao respecto da valoración
anterior
Satisfacción persoal do titor/a
Comentarios e suxestións
ao respecto da valoración
anterior
Outras suxestións:

17
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024
Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas pola Universidade da Coruña

ANEXO IV. COMPROMISO DE CONFIDENCIALIDADE

Don/dona , con DNI n.º

correo electrónico @

e teléfono ;
alumno/a do Practicum do Mestrado de Profesorado de Educación
Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e
Ensinanza de Idiomas pola UDC no Centro de Prácticas
, da provincia de , consciente da importancia do labor profesional
que se desenvolve no centro, da información sobre as persoas
que se manexa neste e da documentación a que terá acceso,
comprométese a gardar SEGREDO sobre esas informacións e
documentación e non as divulgará nin utilizará para ningún fin.

Para que así conste para todos os efectos asino na Coruña, .........
de ............. de 20....

Asdo.

18
Guía das prácticas docentes do Mestrado de Secundaria. 2023-2024

You might also like