You are on page 1of 12

DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx.

50582

ANEXO I
Competencias clave no bacharelato

O bacharelato ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado formación, madureza


intelectual e humana, coñecementos, habilidades e actitudes que lle permitan desenvolver
funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e aptitude. Debe, así
mesmo, facilitar a adquisición e o logro das competencias indispensables para o seu futuro
formativo e profesional, e capacitalo para o acceso á educación superior.

Para cumprir estes fins, é preciso que esta etapa contribúa a que o alumnado progrese
no grao de desenvolvemento das competencias que, de acordo co perfil de saída do alum-
nado ao termo do ensino básico, debe ter alcanzado ao finalizar a educación secundaria
obrigatoria. As competencias clave que se recollen no devandito perfil de saída son as
seguintes:

CCL-Competencia en comunicación lingüística.

CP-Competencia plurilingüe.

STEM-Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría.

CD-Competencia dixital.

CPSAA-Competencia persoal, social e de aprender a aprender.


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

CC-Competencia cidadá.

CE-Competencia emprendedora.

CCEC-Competencia en conciencia e expresión culturais.

Estas competencias clave son a adaptación ao sistema educativo español das estable-
cidas na Recomendación do Consello da Unión Europea, do 22 de maio de 2018, relativa
ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. Esta adaptación responde á ne-
cesidade de vincular as devanditas competencias aos retos e aos desafíos do século XXI,
así como ao contexto da educación formal e, máis concretamente, aos principios e aos fins
do sistema educativo establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50583

Aínda que a Recomendación se refire á aprendizaxe permanente, que debe producirse


ao longo de toda a vida, o perfil de saída remite ao momento preciso do final do ensino
básico. Do mesmo xeito, e dado que as competencias clave se adquiren necesariamente
de forma secuencial e progresiva ao longo de toda a vida, resulta necesario adecualas a
ese outro momento do desenvolvemento persoal, social e formativo do alumnado que su-
pón o final do bacharelato. Consecuentemente, neste anexo defínese para cada unha das
competencias clave un conxunto de descritores operativos, que dan continuidade, afondan
e amplían os niveis de desempeño previstos ao final do ensino básico, co fin de os adaptar
ás necesidades e aos fins desta etapa postobrigatoria.

Do mesmo xeito, no deseño das ensinanzas mínimas das materias de bacharelato,


mantense e adáptase ás especificidades da etapa a necesaria vinculación entre as devan-
ditas competencias clave e os principais retos e desafíos globais do século XXI aos que o
alumnado se vai ver confrontado. Esta vinculación seguirá a dar sentido as aprendizaxes e
achegará o punto de partida para favorecer situacións de aprendizaxe relevantes e signifi-
cativas, tanto para o alumnado como para o persoal docente.

Con carácter xeral, débese entender que a consecución das competencias e dos obxec-
tivos do bacharelato está vinculada á adquisición e ao desenvolvemento das devanditas
competencias clave. Por este motivo, os descritores operativos de cada unha das compe-
tencias clave constitúen o marco referencial a partir do cal se concretan os obxectivos das
diferentes materias. Esta vinculación entre descritores operativos e obxectivos propicia que
da avaliación destes últimos poida colixirse o grao de adquisición das competencias clave
esperadas en bacharelato e, xa que logo, a consecución das competencias e dos obxecti-
vos previstos para a etapa.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

Descritores operativos das competencias clave no ensino para bacharelato.

A seguir, defínese cada unha das competencias clave e enúncianse os descritores ope-
rativos do nivel de adquisición esperado ao termo do bacharelato. Para favorecer e explici-
tar a continuidade, a coherencia e a cohesión entre etapas, inclúense tamén os descritores
operativos previstos para o ensino básico.

É importante sinalar que a adquisición de cada unha das competencias clave contribúe
á adquisición de todas as demais. Non existe xerarquía entre elas, nin pode establecerse
unha correspondencia exclusiva cunha única materia, senón que todas se concretan nas
aprendizaxes das distintas materias e, pola súa vez, se adquiren e se desenvolven a partir
das aprendizaxes que se producen no conxunto destas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50584

CCL-Competencia en comunicación lingüística.

A competencia en comunicación lingüística supón interactuar de forma oral, escrita,


signada ou multimodal de maneira coherente e adecuada en diferentes ámbitos e contex-
tos, e con propósitos comunicativos diversos. Implica mobilizar, de maneira consciente, o
conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes que permiten comprender, interpretar e
valorar criticamente mensaxes orais, escritas, signadas ou multimodais evitando os riscos
de manipulación e desinformación, así como comunicarse eficazmente con outras persoas
de maneira cooperativa, creativa, ética e respectuosa.

A competencia en comunicación lingüística constitúe a base para o pensamento propio


e para a construción do coñecemento en todos os ámbitos do saber. Por iso, o seu desen-
volvemento está vinculado á reflexión explícita sobre o funcionamento da lingua nos xéne-
ros discursivos específicos de cada área de coñecemento, así como aos usos da oralidade,
a escritura ou a signación para pensar e para aprender. Por último, fai posible apreciar a
dimensión estética da linguaxe e gozar da cultura literaria.

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• CCL1. Exprésase de forma oral, escrita, signada • CCL1. Exprésase de xeito oral, escrito, signado ou
ou multimodal con coherencia, corrección e adecua- multimodal con fluidez, coherencia, corrección e ade-
ción aos diferentes contextos sociais, e participa en cuación aos diferentes contextos sociais e académi-
interaccións comunicativas con actitude cooperativa cos, e participa en interaccións comunicativas con ac-
e respectuosa, tanto para intercambiar información, titude cooperativa e respectuosa, tanto para intercam-
crear coñecemento e transmitir opinións como para biar información, crear coñecemento e argumentar as
construír vínculos persoais. súas opinións como para establecer e coidar as súas
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

relacións interpersoais.
• CCL2. Comprende, interpreta e valora con actitude • CCL2. Comprende, interpreta e valora con actitude
crítica textos orais, escritos, signados ou multimodais crítica textos orais, escritos, signados ou multimodais
dos ámbitos persoal, social, educativo e profesional, dos distintos ámbitos, con especial énfase nos tex-
para participar en diferentes contextos de maneira ac- tos académicos e dos medios de comunicación, para
tiva e informada e para construír coñecemento. participar en diferentes contextos de maneira activa e
informada, e para construír coñecemento.
• CCL3. Localiza, selecciona e contrasta de maneira • CCL3. Localiza, selecciona e contrasta de xeito au-
progresivamente autónoma información procedente tónomo información procedente de diferentes fontes,
de diferentes fontes, avaliando a súa fiabilidade e per- avaliando a súa fiabilidade e a súa pertinencia en fun-
tinencia en función dos obxectivos de lectura e evitan- ción dos obxectivos de lectura e evitando os riscos de
do os riscos de manipulación e desinformación, e inté- manipulación e desinformación, e intégraa e transfór-
graa e transfórmaa en coñecemento para comunicala maa en coñecemento para a comunicar de maneira
adoptando un punto de vista creativo, crítico e persoal clara e rigorosa adoptando un punto de vista creativo
á vez que respectuoso coa propiedade intelectual. e crítico, á par que respectuoso coa propiedade inte-
lectual.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50585

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• CCL4. Le con autonomía obras diversas adecuadas • CCL4. Le con autonomía obras relevantes da lite-
á súa idade, seleccionando as que mellor se axustan ratura e ponas en relación co seu contexto sociohis-
aos seus gustos e intereses; aprecia o patrimonio lite- tórico de produción e coa tradición literaria anterior
rario como canle privilexiada da experiencia individual e posterior, e examina a pegada do seu legado na
e colectiva; e mobiliza a súa propia experiencia bio- actualidade, para construír e compartir a súa propia
gráfica e os seus coñecementos literarios e culturais interpretación argumentada das obras, crear e recrear
para construír e compartir a súa interpretación das obras de intención literaria e conformar progresiva-
obras e para crear textos de intención literaria de pro- mente un mapa cultural.
gresiva complexidade.
• CCL5. Pon as súas prácticas comunicativas ao ser- • CCL5. Pon as súas prácticas comunicativas ao ser-
vizo da convivencia democrática, a resolución dialo- vizo da convivencia democrática, da resolución dialo-
gada dos conflitos e a igualdade de dereitos de todas gada dos conflitos e da igualdade de dereitos de todas
as persoas, evitando os usos discriminatorios, así as persoas, evitando e rexeitando os usos discrimina-
como os abusos de poder, para favorecer a utilización torios, así como os abusos de poder, para favorecer a
non só eficaz senón tamén ética dos diferentes siste- utilización non só eficaz senón tamén ética dos siste-
mas de comunicación. mas de comunicación.

CP-Competencia plurilingüe.

A competencia plurilingüe implica utilizar distintas linguas, orais ou signadas, de forma


apropiada e eficaz para a aprendizaxe e a comunicación. Esta competencia supón recoñe-
cer e respectar os perfís lingüísticos individuais e aproveitar as experiencias propias para
desenvolver estratexias que permitan mediar e facer transferencias entre linguas, incluídas
as clásicas, e, de ser o caso, manter e adquirir destrezas na lingua ou linguas familiares e
nas linguas oficiais. Integra, así mesmo, dimensións históricas e interculturais orientadas a
coñecer, valorar e respectar a diversidade lingüística e cultural da sociedade, co obxectivo
de fomentar a convivencia democrática.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• CP1. Usa eficazmente unha ou máis linguas, ade- • CP1. Utiliza con fluidez, adecuación e aceptable
mais da lingua ou linguas familiares, para respon- corrección unha ou máis linguas, ademais da lingua
der as súas necesidades comunicativas, de maneira familiar ou das linguas familiares, para responder ás
apropiada e adecuada tanto ao seu desenvolvemento súas necesidades comunicativas con espontaneidade
e intereses como a diferentes situacións e contextos e autonomía en diferentes situacións e contextos dos
dos ámbitos persoal, social, educativo e profesional. ámbitos persoal, social, educativo e profesional.
• CP2. A partir das súas experiencias, realiza transfe- • CP2. A partir das súas experiencias, desenvolve es-
rencias entre distintas linguas como estratexia para tratexias que lle permitan ampliar e enriquecer de for-
comunicarse e ampliar o seu repertorio lingüístico in- ma sistemática o seu repertorio lingüístico individual
dividual. co fin de se comunicar de xeito eficaz.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50586

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• CP3. Coñece, valora e respecta a diversidade lin- • CP3. Coñece e valora criticamente a diversidade lin-
güística e cultural presente na sociedade, integrándoa güística e cultural presente na sociedade, integrándoa
no seu desenvolvemento persoal como factor de diá- no seu desenvolvemento persoal e antepondo a com-
logo, para fomentar a cohesión social. prensión mutua, como característica central da comu-
nicación, para fomentar a cohesión social.

STEM-Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría

A competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (com-


petencia STEM polas súas siglas en inglés) entraña a comprensión do mundo utilizando
os métodos científicos, o pensamento e representación matemáticos, a tecnoloxía e os
métodos da enxeñaría para transformar a contorna de forma comprometida, responsable
e sustentable.

A competencia matemática permite desenvolver e aplicar a perspectiva e o razoamento


matemáticos co fin de resolver diversos problemas en diferentes contextos.

A competencia en ciencia supón a comprensión e explicación da contorna natural e so-


cial, utilizando un conxunto de coñecementos e metodoloxías, incluídas a observación e a
experimentación, co fin de formular preguntas e extraer conclusións baseadas en probas
para poder interpretar e transformar o mundo natural e o contexto social.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

A competencia en tecnoloxía e enxeñaría comprende a aplicación dos coñecementos


e metodoloxías propios das ciencias para transformar a nosa sociedade de acordo coas
necesidades ou desexos das persoas nun marco de seguridade, responsabilidade e sus-
tentabilidade.

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• STEM1. Utiliza métodos indutivos e dedutivos pro- • STEM1. Selecciona e utiliza métodos indutivos e
pios do razoamento matemático en situacións coñe- dedutivos propios do razoamento matemático en si-
cidas, e selecciona e emprega diferentes estratexias tuacións propias da modalidade elixida e emprega
para resolver problemas analizando criticamente as estratexias variadas para a resolución de problemas,
solucións e reformulando o procedemento, se fose analizando criticamente as solucións e reformulando
necesario. o procedemento, en caso necesario.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50587

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• STEM2. Utiliza o pensamento científico para en- • STEM2. Utiliza o pensamento científico para enten-
tender e explicar os fenómenos que ocorren ao seu der e explicar fenómenos relacionados coa modali-
arredor, confiando no coñecemento como motor de dade elixida, confiando no coñecemento como motor
desenvolvemento, facéndose preguntas e compro- de desenvolvemento, formulándose hipóteses e con-
bando hipóteses mediante a experimentación e a trastándoas ou comprobándoas mediante a observa-
indagación, utilizando ferramentas e instrumentos ción, a experimentación e a investigación, utilizando
adecuados, apreciando a importancia da precisión e ferramentas e instrumentos adecuados, apreciando a
a veracidade e mostrando unha actitude crítica sobre importancia da precisión e a veracidade, e amosando
o alcance e as limitacións da ciencia. unha actitude crítica acerca do alcance e das limita-
cións dos métodos empregados.
• STEM3. Formula e desenvolve proxectos deseñan- • STEM3. Formula e desenvolve proxectos deseñan-
do, fabricando e avaliando diferentes prototipos ou do e creando prototipos ou modelos para xerar ou uti-
modelos para xerar ou utilizar produtos que dean so- lizar produtos que dean solución a unha necesidade
lución a unha necesidade ou problema de forma crea- ou a un problema de xeito colaborativo, procurando
tiva e en equipo, procurando a participación de todo o a participación de todo o grupo, resolvendo pacifica-
grupo, resolvendo pacificamente os conflitos que poi- mente os conflitos que poidan xurdir, adaptándose
dan xurdir, adaptándose ante a incerteza e valorando ante a incerteza e avaliando o produto obtido de acor-
a importancia da sustentabilidade. do cos obxectivos propostos, a sustentabilidade e o
impacto transformador na sociedade.
• STEM4. Interpreta e transmite os elementos máis • STEM4. Interpreta e transmite os elementos máis
relevantes de procesos, razoamentos, demostra- relevantes de investigacións de forma clara e precisa,
cións, métodos e resultados científicos, matemáticos en diferentes formatos (gráficos, táboas, diagramas,
e tecnolóxicos de forma clara e precisa e en diferen- fórmulas, esquemas e símbolos), aproveitando a cul-
tes formatos (gráficos, táboas, diagramas, fórmulas, tura dixital con ética e responsabilidade e valorando
esquemas, símbolos...), aproveitando de forma crítica de xeito crítico a contribución da ciencia e da tecno-
a cultura dixital e incluíndo a linguaxe matemático- loxía no cambio das condicións de vida, para compar-
formal con ética e responsabilidade, para compartir e tir e construír novos coñecementos.
construír novos coñecementos.
• STEM5. Emprende accións fundamentadas cientifi- • STEM5. Planea e emprende accións fundamenta-
camente para promover a saúde física, mental e so- das cientificamente para promover a saúde física e
cial, e preservar o ambiente e os seres vivos; e apli- mental, e para preservar o ambiente e os seres vi-
ca principios de ética e seguridade na realización de vos, practicando o consumo responsable, aplicando
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

proxectos para transformar a súa contorna próxima de principios de ética e seguridade, para crear valor e
forma sustentable, valorando o seu impacto global e transformar a súa contorna de maneira sustentable,
practicando o consumo responsable. adquirindo compromisos como cidadán ou cidadá nos
ámbitos local e global.

CD-Competencia dixital.

A competencia dixital implica o uso seguro, saudable, sustentable, crítico e responsable


das tecnoloxías dixitais para a aprendizaxe, para o traballo e para a participación na socie-
dade, así como a interacción con estas.

Inclúe a alfabetización en información e datos, a comunicación e a colaboración, a edu-


cación mediática, a creación de contidos dixitais (incluída a programación), a seguridade

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50588

(incluído o benestar dixital e as competencias relacionadas coa ciberseguridade), asuntos


relacionados coa cidadanía dixital, a privacidade, a propiedade intelectual, a resolución de
problemas e o pensamento computacional e crítico.

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• CD1. Realiza procuras na Internet atendendo a cri- • CD1. Realiza procuras avanzadas comprendendo
terios de validez, calidade, actualidade e fiabilidade, como funcionan os motores de procura na internet,
seleccionando os resultados de maneira crítica e ar- aplicando criterios de validez, calidade, actualidade e
quivándoos, para recuperalos, referencialos e reutili- fiabilidade, seleccionando os resultados de maneira
zalos, respectando a propiedade intelectual. crítica e organizando o almacenamento da informa-
ción adecuadamente e con seguridade, para a refe-
renciar e a reutilizar posteriormente.
• CD2. Xestiona e utiliza a súa contorna persoal dixital • CD2. Crea, integra e reelabora contidos dixitais de
de aprendizaxe para construír coñecemento e crear forma individual ou colectiva, aplicando medidas de
contidos dixitais, mediante estratexias de tratamen- seguridade e respectando sempre os dereitos de au-
to da información e o uso de diferentes ferramentas toría dixital, para ampliar os seus recursos e xerar
dixitais, seleccionando e configurando a máis adecua- novo coñecemento.
da en función da tarefa e das súas necesidades de
aprendizaxe permanente.
• CD3. Comunícase, participa, colabora e interactúa • CD3. Selecciona, configura e utiliza dispositivos
compartindo contidos, datos e información mediante dixitais, ferramentas, aplicacións e servizos en liña, e
ferramentas ou plataformas virtuais, e xestiona de incorpóraos na súa contorna persoal de aprendizaxe
maneira responsable as súas accións, presenza e vi- dixital, para se comunicar, traballar colaborativamente
sibilidade na rede, para exercer unha cidadanía dixital e compartir información, xestionando de maneira res-
activa, cívica e reflexiva. ponsable as súas accións, a presenza e a visibilidade
na rede, e exercendo unha cidadanía dixital activa,
cívica e reflexiva.
• CD4. Identifica riscos e adopta medidas preventivas • CD4. Avalía riscos e aplica medidas ao usar as
ao usar as tecnoloxías dixitais para protexer os dis- tecnoloxías dixitais para protexer os dispositivos, os
positivos, os datos persoais, a saúde e o ambiente, e datos persoais, a saúde e o ambiente, e fai un uso
para tomar conciencia da importancia e necesidade crítico, legal, seguro, saudable e sustentable desas
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

de facer un uso crítico, legal, seguro, saudable e sus- tecnoloxías.


tentable das devanditas tecnoloxías.
• CD5. Desenvolve aplicacións informáticas sinxelas e • CD5. Desenvolve solucións tecnolóxicas anovado-
solucións tecnolóxicas creativas e sustentables para ras e sustentables para dar resposta a necesidades
resolver problemas concretos ou responder a retos concretas, amosando interese e curiosidade pola evo-
propostos, mostrando interese e curiosidade pola lución das tecnoloxías dixitais e polo seu desenvolve-
evolución das tecnoloxías dixitais e polo seu desen- mento sustentable e uso ético.
volvemento sustentable e uso ético.

CPSAA-Competencia persoal, social e de aprender a aprender.

A competencia persoal, social e de aprender a aprender implica a capacidade de re-


flexionar sobre un mesmo para autocoñecerse, aceptarse e promover un crecemento per-
soal constante; xestionar o tempo e a información eficazmente; colaborar con outros de

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50589

forma construtiva; manter a resiliencia, e xestionar a aprendizaxe ao longo da vida. Inclúe


tamén a capacidade de lle facer fronte á incerteza e á complexidade; adaptarse aos cam-
bios; aprender a xestionar os procesos metacognitivos; identificar condutas contrarias á
convivencia e desenvolver estratexias para abordalas; contribuír ao benestar físico, mental
e emocional propio e das demais persoas, desenvolvendo habilidades para coidarse a si
mesmo e a quen o rodea, a través da corresponsabilidade; ser capaz de levar unha vida
orientada ao futuro; así como expresar empatía e abordar os conflitos nun contexto inte-
grador e de apoio.

Descritores operativos

Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…


alumno…

• CPSAA1. Regula e expresa as súas emocións, forta- • CPSAA1.1. Fortalece o optimismo, a resiliencia, a
lecendo o optimismo, a resiliencia, a autoeficacia e a autoeficacia e a procura de obxectivos de xeito autó-
procura de propósito e motivación cara á aprendizaxe, nomo para facer eficaz a súa aprendizaxe.
para xestionar os retos e cambios e harmonizalos cos
seus propios obxectivos. • CPSAA1.2. Desenvolve unha personalidade autóno-
ma, xestionando construtivamente os cambios, a par-
ticipación social e a súa propia actividade, para dirixir
a súa vida.

• CPSAA2. Comprende os riscos para a saúde rela- • CPSAA2. Adopta de maneira autónoma un estilo de
cionados con factores sociais, consolida estilos de vida sustentable e atende o benestar físico e mental
vida saudable nos ámbitos físico e mental, recoñece propio e o das demais persoas, procurando e ofrecen-
condutas contrarias á convivencia e aplica estratexias do apoio na sociedade, para construír un mundo máis
para abordalas. saudable.

• CPSAA3. Comprende proactivamente as perspecti- • CPSAA3.1. Amosa sensibilidade cara ás emocións e


vas e as experiencias das demais persoas e incorpó- as experiencias das demais persoas, sendo conscien-
raas á súa aprendizaxe, para participar no traballo en te da influencia que exerce o grupo nas persoas, para
grupo, distribuíndo e aceptando tarefas e responsa- consolidar unha personalidade empática e indepen-
bilidades de maneira equitativa e empregando estra- dente e desenvolver a súa intelixencia.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

texias cooperativas.
• CPSAA3.2. Distribúe nun grupo as tarefas, os re-
cursos e as responsabilidades de xeito ecuánime, se-
gundo os seus obxectivos, favorecendo un enfoque
sistémico para contribuír á consecución de obxectivos
compartidos.

• CPSAA4. Realiza autoavaliacións sobre o seu pro- • CPSAA4. Compara, analiza, avalía e sintetiza da-
ceso de aprendizaxe, buscando fontes fiables para tos, información e ideas dos medios de comunicación,
validar, sustentar e contrastar a información e para para obter conclusións lóxicas de forma autónoma,
obter conclusións relevantes. valorando a fiabilidade das fontes.

• CPSAA5. Planea obxectivos a medio prazo e desen- • CPSAA5. Planifica a longo prazo avaliando os pro-
volve procesos metacognitivos de retroalimentación pósitos e os procesos da construción do coñecemen-
para aprender dos seus erros no proceso de constru- to, relacionando os campos deste para desenvolver
ción do coñecemento. procesos autorregulados de aprendizaxe que lle per-
mitan transmitir ese coñecemento, propor ideas crea-
tivas e resolver problemas con autonomía.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50590

CC-Competencia cidadá.

A competencia cidadá contribúe a que alumnas e alumnos poidan exercer unha cidada-
nía responsable e participar plenamente na vida social e cívica, baseándose na compren-
sión dos conceptos e nas estruturas sociais, económicas, xurídicas e políticas, así como no
coñecemento dos acontecementos mundiais e o compromiso activo coa sustentabilidade e
o logro dunha cidadanía mundial. Inclúe a alfabetización cívica, a adopción consciente dos
valores propios dunha cultura democrática fundada no respecto aos dereitos humanos, a
reflexión crítica sobre os grandes problemas éticos do noso tempo e o desenvolvemento
dun estilo de vida sustentable acorde cos obxectivos de desenvolvemento sustentable ex-
postos na Axenda 2030.

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…
• CC1. Analiza e comprende ideas relativas á dimen- • CC1. Analiza feitos, normas e ideas relativas á di-
sión social e cidadá da súa propia identidade, así mensión social, histórica, cívica e moral da súa pro-
como aos feitos culturais, históricos e normativos que pia identidade, para contribuír á consolidación da súa
a determinan, demostrando respecto polas normas, madureza persoal e social, adquirir unha conciencia
empatía, equidade e espírito construtivo na interac- cidadá e responsable, desenvolver a autonomía e o
ción cos demais en calquera contexto. espírito crítico, e establecer unha interacción pacífica
e respectuosa coas demais persoas e coa contorna.
• CC2. Analiza e asume fundadamente os principios • CC2. Recoñece, analiza e aplica en diversos con-
e valores que emanan do proceso de integración eu- textos, de forma crítica e consecuente, os principios,
ropea, a Constitución española e os dereitos huma- os ideais e os valores relativos ao proceso de inte-
nos e da infancia, participando en actividades comu- gración europea, a Constitución española, os dereitos
nitarias, como a toma de decisións ou a resolución humanos e a historia e o patrimonio cultural propios, á
de conflitos, con actitude democrática, respecto pola vez que participa en todo tipo de actividades grupais
diversidade e compromiso coa igualdade de xénero, a cunha actitude fundamentada nos principios e nos
cohesión social, o desenvolvemento sustentable e o procedementos democráticos, o compromiso ético
logro da cidadanía mundial. coa igualdade, a cohesión social, o desenvolvemento
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

sustentable e o logro da cidadanía mundial.


• CC3. Comprende e analiza problemas éticos funda- • CC3. Adopta un xuízo propio e argumentado ante
mentais e de actualidade, considerando criticamente problemas éticos e filosóficos fundamentais e de ac-
os valores propios e alleos, e desenvolvendo xuízos tualidade, afrontando con actitude dialogante a plurali-
propios para afrontar a controversia moral con actitu- dade de valores, crenzas e ideas, rexeitando todo tipo
de dialogante, argumentativa, respectuosa e oposta a de discriminación e violencia, e promovendo activa-
calquera tipo de discriminación ou violencia. mente a igualdade e a corresponsabilidade efectiva
entre mulleres e homes.
• CC4. Comprende as relacións sistémicas de inter- • CC4. Analiza as relacións de interdependencia e
dependencia, ecodependencia e interconexión entre ecodependencia entre as nosas formas de vida e a
actuacións locais e globais, e adopta, de forma cons- contorna, realizando unha análise crítica da pega-
ciente e motivada, un estilo de vida sustentable e eco- da ecolóxica das accións humanas, e demostrando
socialmente responsable. un compromiso ético e ecosocialmente responsable
con actividades e hábitos que conduzan ao logro dos
obxectivos de desenvolvemento sustentable e a loita
contra o cambio climático.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50591

CE-Competencia emprendedora.

A competencia emprendedora implica desenvolver un enfoque vital dirixido a actuar so-


bre oportunidades e ideas, utilizando os coñecementos específicos necesarios para xerar
resultados de valor para outras persoas. Achega estratexias que permiten adaptar a mirada
para detectar necesidades e oportunidades; adestrar o pensamento para analizar e avaliar
a contorna, e crear e reformular ideas utilizando a imaxinación, a creatividade, o pensa-
mento estratéxico e a reflexión ética, crítica e construtiva dentro dos procesos creativos e
de innovación; e espertar a disposición a aprender, a arriscar e a afrontar a incerteza. Así
mesmo, implica tomar decisións baseadas na información e no coñecemento e colaborar
de maneira áxil con outras persoas, con motivación, empatía e habilidades de comunica-
ción e de negociación, para levar as ideas expostas á acción mediante a planificación e
xestión de proxectos sustentables de valor social, cultural e económico-financeiro.

Descritores operativos

Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…


alumno…

• CE1. Analiza necesidades e oportunidades e afron- • CE1. Avalía necesidades e oportunidades e afronta
ta retos con sentido crítico, facendo balance da súa retos, con sentido crítico e ético, avaliando a súa sus-
sustentabilidade, valorando o impacto que poidan su- tentabilidade e comprobando, a partir de coñecemen-
poñer na contorna, para presentar ideas e solucións tos técnicos específicos, o impacto que poidan supor
innovadoras, éticas e sustentables, dirixidas a crear na contorna, para presentar e executar ideas e solu-
valor no ámbito persoal, social, educativo e profesio- cións anovadoras dirixidas a distintos contextos, tanto
nal. locais como globais, no ámbito persoal, social e aca-
démico, con proxección profesional emprendedora.

• CE2. Avalía as fortalezas e debilidades propias, fa- • CE2. Avalía e reflexiona sobre as fortalezas e as de-
cendo uso de estratexias de autocoñecemento e au- bilidades propias e as das demais persoas, facendo
toeficacia, e comprende os elementos fundamentais uso de estratexias de autocoñecemento e autoefi-
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

da economía e as finanzas, aplicando coñecementos cacia; interioriza os coñecementos económicos e fi-


económicos e financeiros a actividades e situacións nanceiros específicos e transfíreos a contextos locais
concretas, utilizando destrezas que favorezan o tra- e globais, aplicando estratexias e destrezas que axili-
ballo colaborativo e en equipo, para reunir e optimizar cen o traballo colaborativo e en equipo, para reunir e
os recursos necesarios que leven á acción unha expe- optimizar os recursos necesarios que leven á acción
riencia emprendedora que xere valor. unha experiencia ou unha iniciativa emprendedora de
valor.

• CE3. Desenvolve o proceso de creación de ideas e • CE3. Leva a cabo o proceso de creación de ideas e
solucións valiosas e toma decisións, de maneira ra- solucións anovadoras e toma decisións, con sentido
zoada, utilizando estratexias áxiles de planificación crítico e ético, aplicando coñecementos técnicos es-
e xestión, e reflexiona sobre o proceso realizado e pecíficos e estratexias áxiles de planificación e xes-
o resultado obtido, para levar a termo o proceso de tión de proxectos, e reflexiona sobre o proceso reali-
creación de prototipos innovadores e de valor, consi- zado e o resultado obtido, para elaborar un prototipo
derando a experiencia como unha oportunidade para final de valor para as demais persoas, considerando
aprender. a experiencia, tanto de éxito como de fracaso, unha
oportunidade para aprender.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50592

CCEC-Competencia en conciencia e expresión culturais.

A competencia en conciencia e expresión culturais supón comprender e respectar o


modo en que as ideas, as opinións, os sentimentos e as emocións se expresan e se comu-
nican de forma creativa en distintas culturas e por medio dunha ampla gama de manifes-
tacións artísticas e culturais. Implica tamén un compromiso coa comprensión, o desenvol-
vemento e a expresión das ideas propias e do sentido do lugar que se ocupa ou do papel
que se desempeña na sociedade. Así mesmo, require a comprensión da propia identidade
en evolución e do patrimonio cultural nun mundo caracterizado pola diversidade, así como
a toma de conciencia de que a arte e outras manifestacións culturais poden supoñer unha
maneira de mirar o mundo e de darlle forma.

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…

• CCEC1. Coñece, aprecia criticamente e respecta • CCEC1. Reflexiona, promove e valora criticamente
o patrimonio cultural e artístico, implicándose na súa o patrimonio cultural e artístico de calquera época,
conservación e valorando o enriquecemento inheren- contrastando as súas singularidades e partindo da
te á diversidade cultural e artística. súa propia identidade, para defender a liberdade de
expresión, a igualdade e o enriquecemento inherente
á diversidade.

• CCEC2. Goza, recoñece e analiza con autonomía • CCEC2. Investiga as especificidades e as inten-
as especificidades e intencionalidades das manifes- cionalidades de diversas manifestacións artísticas e
tacións artísticas e culturais máis destacadas do pa- culturais do patrimonio, mediante unha postura de
trimonio, distinguindo os medios e soportes, así como recepción activa e deleite, diferenciando e analizan-
as linguaxes e elementos técnicos que as caracteri- do os contextos, os medios e os soportes en que se
zan. materializan, así como as linguaxes e os elementos
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

técnicos e estéticos que as caracterizan.

• CCEC3. Expresa ideas, opinións, sentimentos e • CCEC3.1. Expresa ideas, opinións, sentimentos e
emocións por medio de producións culturais e artísti- emocións con creatividade e espírito crítico, realizan-
cas, integrando o seu propio corpo e desenvolvendo do con rigor as súas propias producións culturais e
a autoestima, a creatividade e o sentido do lugar que artísticas, para participar de xeito activo na promoción
ocupa na sociedade, cunha actitude empática, aberta dos dereitos humanos e os procesos de socialización
e colaborativa. e de construción da identidade persoal que derivan da
práctica artística.

• CCEC3.2. Descobre a autoexpresión, a través da


interactuación corporal e a experimentación con dife-
rentes ferramentas e linguaxes artísticas, enfrontán-
dose a situacións creativas cunha actitude empática
e colaborativa, e con autoestima, iniciativa e imaxina-
ción.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50593

Descritores operativos
Ao completar o ensino básico, a alumna ou o Ao completar o bacharelato, a alumna ou o alumno…
alumno…

• CCEC4. Coñece, selecciona e utiliza con creativi- • CCEC4.1. Selecciona e integra con creatividade di-
dade diversos medios e soportes, así como técnicas versos medios e soportes, así como técnicas plásti-
plásticas, visuais, audiovisuais, sonoras ou corporais, cas, visuais, audiovisuais, sonoras ou corporais, para
para a creación de produtos artísticos e culturais, tan- deseñar e producir proxectos artísticos e culturais
to de forma individual como colaborativa, identificando sustentables, analizando as oportunidades de desen-
oportunidades de desenvolvemento persoal, social e volvemento persoal, social e laboral que ofrecen, ser-
laboral, así como de emprendemento. víndose da interpretación, a execución, a improvisa-
ción ou a composición.

• CCEC4.2. Planifica, adapta e organiza os seus co-


ñecementos, as súas destrezas e as súas actitudes
para responder con creatividade e eficacia aos des-
empeños derivados dunha produción cultural ou artís-
tica, individual ou colectiva, utilizando diversidade de
linguaxes, códigos, técnicas, ferramentas e recursos
plásticos, visuais, audiovisuais, musicais, corporais
ou escénicos, valorando tanto o proceso como o pro-
duto final, e comprendendo as oportunidades persoa-
is, sociais, inclusivas e económicas que ofrecen.

ANEXO II
Currículo das materias

1. Análise Musical.

1.1. Introdución.

A materia de Análise Musical proporciónalle ao alumnado unha formación que lle permi-
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

te desenvolver as súas habilidades perceptivas para identificar os elementos que forman


parte das obras musicais e, a partir de aí, profundar na súa comprensión global. Isto implica
examinalas desde un punto de vista crítico e estético, establecendo relacións entre a pro-
posta musical e o contexto histórico-social en que foi creada. Ademais, a materia permite
descubrir aspectos relacionados coa incidencia da música no oínte e a súa utilización como
medio terapéutico ou o seu uso en combinación con outras manifestacións artísticas.

A materia, que supón unha continuación e unha especialización dos coñecementos,


destrezas e actitudes adquiridos durante as etapas educativas anteriores, estrutúrase en
dous cursos. No primeiro, establécense as bases para o coñecemento dos elementos da
análise musical, da forma musical e dos principios compositivos fundamentais. No segun-
do, profúndase nesas aprendizaxes e introdúcense aspectos histórico-estéticos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like