You are on page 1of 39

DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx.

50543

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E


UNIVERSIDADES

DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación


e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, recentemente modificada pola Lei


orgánica 3/2020, do 29 de decembro, regula no capítulo terceiro do seu título preliminar
a definición de currículo e enumera os elementos que o integran, e tamén establece que
o currículo deberá estar orientado a facilitar o desenvolvemento educativo do alumnado,
garantindo a súa formación integral, contribuíndo ao pleno desenvolvemento da súa per-
sonalidade e preparándoo para o exercicio pleno dos dereitos humanos e dunha cidadanía
activa e democrática na sociedade actual, sen que en ningún caso poida supoñer unha ba-
rreira que xere abandono escolar ou impida o acceso e o exercicio do dereito á educación.

Así mesmo, coas modificacións introducidas pola citada Lei orgánica 3/2020, do 29 de
decembro, realízase unha nova distribución de competencias entre o Estado e as comuni-
dades autónomas, establecendo que, co fin de asegurar unha formación común e garantir
a validez dos títulos correspondentes, o Goberno fixará, en relación cos obxectivos, as
competencias, os contidos e os criterios de avaliación, os aspectos básicos do currículo,
que constitúen as ensinanzas mínimas. Esas ensinanzas mínimas requirirán o 50 por cento
dos horarios escolares para as comunidades autónomas que teñan lingua cooficial, como
é o caso da Comunidade Autónoma de Galicia. As administracións educativas, pola súa
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

vez, serán as responsables de establecer o currículo correspondente para o seu ámbito


territorial, do que formarán parte os aspectos básicos antes mencionados. Finalmente,
corresponderá aos propios centros docentes desenvolver e completar, de ser o caso, o
currículo de cada etapa e ciclo no uso da súa autonomía, e tal como se recolle na propia lei.

Por outra banda, con relación ao bacharelato, a nova redacción da lei modifica algúns
aspectos da ordenación e da organización das ensinanzas desa etapa.

En desenvolvemento do anterior, o Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se


establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, aprobou e concretou a
nivel estatal as ensinanzas mínimas para o bacharelato, determinando os aspectos bási-
cos do currículo, así como outros aspectos da súa ordenación, tales como a avaliación, a

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50544

promoción e a titulación, a atención ás diferenzas individuais, a autonomía dos centros e


os documentos e informes de avaliación.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída no artigo 31 do Estatuto de autonomía


de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, competencia plena sobre a
regulación e a administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modali-
dades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no
artigo 27 da Constitución española e nas leis orgánicas que, conforme o punto primeiro do
artigo 81 desta, o desenvolvan, e das facultades que atribúe ao Estado o número 30 do
punto 1 do artigo 149 da Constitución española, e da alta inspección necesaria para o seu
cumprimento e a súa garantía.

Neste contexto, este decreto ten por obxecto establecer a ordenación e o currículo do
bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto na Lei orgáni-
ca 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que
se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato.

II

Son moitos os cambios que se produciron nos últimos anos nos comportamentos so-
ciais, cambios que tamén afectan o papel da educación e a percepción que a sociedade ten
desta. Entre eses cambios cabe destacar o uso xeneralizado das tecnoloxías da informa-
ción e da comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá, que está a modificar a maneira
en que as persoas participan na sociedade, e as súas capacidades para construír a propia
personalidade e para aprender ao longo da vida.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

O sistema educativo galego non pode permanecer alleo a estes continuos cambios que
deben ter un reflexo na aprendizaxe das persoas ao longo da vida, con diferentes enfoques
para adaptar a formación aos requisitos actuais e futuros. Entre os moitos enfoques que
hai que ter presentes, destacan os dereitos da infancia como principio reitor; a igualdade
de xénero a través da coeducación e a aprendizaxe da igualdade efectiva de mulleres e
homes, a prevención da violencia de xénero e o respecto á diversidade afectivo-sexual; a
inclusión educativa para que todo o alumnado teña garantías de éxito na educación por
medio dunha dinámica de mellora continua dos centros docentes e unha maior persona-
lización da aprendizaxe; a importancia de atender ao desenvolvemento sustentable, que
inclúe a educación para a paz e os dereitos humanos, a comprensión internacional e a edu-
cación intercultural, así como a educación para a transición ecolóxica; e tamén o cambio
dixital que se está a producir nas nosas sociedades e que forzosamente afecta a actividade

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50545

educativa. A sociedade no seu conxunto reclama un sistema educativo moderno, menos


ríxido, máis aberto, multilingüe e cosmopolita, que desenvolva todo o potencial e o talento
do alumnado.

Todas estas importantes consideracións teñen que estar presentes na configuración


dun currículo galego para a etapa de bacharelato, que permita establecer e homoxenei-
zar no territorio os dereitos formativos e de aprendizaxe do alumnado, pero tamén guiar
o profesorado nos procesos de ensino e aprendizaxe que poña en práctica, permitíndolle
ter unha base máis clara sobre a que desenvolver a súa docencia segundo as idades do
alumnado. Nese sentido, unha das funcións do currículo será a de indicar ás e ós docentes
sobre o que se pretende acadar e proporcionarlles pautas de acción e orientacións sobre
como conseguilo. Ademais, constitúe un referente dentro do propio sistema educativo e
para as avaliacións da calidade deste, entendidas como a súa capacidade para acadar as
intencións educativas fixadas.

O currículo do bacharelato pretende garantir unha formación adecuada e integral, que


se centre no desenvolvemento das competencias clave e que sexa equilibrada, porque
incorpora na súa xusta medida compoñentes formativos asociados á comunicación, á for-
mación artística, ás humanidades, ás ciencias, á tecnoloxía e á actividade física.

A etapa de bacharelato participa do proceso de adquisición das competencias clave


para a aprendizaxe permanente, que aparecen recollidas na Recomendación do Consello
da Unión Europea do 22 de maio de 2018. Neste decreto, estas competencias clave adap-
táronse ao contexto escolar, así como aos principios e aos fins do sistema educativo.

Este currículo baséase na potenciación da aprendizaxe por competencias, integradas


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

nos elementos curriculares para propiciar unha renovación na práctica docente e no proce-
so de ensino e aprendizaxe. Propóñense novos enfoques na aprendizaxe e na avaliación,
que van supoñer un importante cambio nas tarefas para o alumnado, e propostas metodo-
lóxicas innovadoras.

A aprendizaxe baseada en competencias caracterízase pola súa transversalidade, o


seu dinamismo e o seu carácter integral. O proceso de ensino e aprendizaxe competencial
debe abordarse desde todas as materias e por parte das diversas instancias que confor-
man a comunidade educativa, tanto nos ámbitos formais como nos non formais e informais;
o seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun determinado
momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento
mediante o cal os individuos van adquirindo maiores niveis de desempeño no seu uso.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50546

Para lograr este proceso de cambio curricular é preciso favorecer unha visión interdis-
ciplinaria e, de xeito especial, posibilitarlle unha maior autonomía á función docente, de
forma que permita satisfacer as demandas dunha maior personalización da educación. O
rol do persoal docente é fundamental, pois debe ser quen de deseñar tarefas ou situacións
de aprendizaxe que posibiliten a resolución de problemas e a aplicación dos coñecementos
aprendidos, xa que os contidos están subordinados á acción.

Todos estes enfoques están considerados neste decreto e van unidos ao recoñece-
mento dunha maior autonomía dos centros docentes, aumentando a súa capacidade de
decisión no desenvolvemento do currículo.

III

Desde o punto de vista formal, o decreto conta con trinta e seis artigos estruturados en
catro títulos, cinco disposicións adicionais, unha disposición transitoria única, unha dispo-
sición derrogatoria única e tres disposicións derradeiras.

O título preliminar, relativo ás disposicións xerais, establece o obxecto e o ámbito de


aplicación do decreto, e concreta os fins e os principios xerais da etapa de bacharelato no
marco do sistema educativo.

O título I, que se denomina «Organización e desenvolvemento», distribúese en catro


capítulos.

No capítulo primeiro defínese o currículo e os elementos que o conforman, e concré-


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

tanse os obxectivos xerais e as competencias clave para esta etapa educativa. Abórdase
a organización das materias da etapa, que son de tres tipos (comúns, específicas de mo-
dalidade e optativas), e a súa estrutura curricular, referida aos obxectivos, os criterios de
avaliación, os contidos e as orientacións pedagóxicas. Tamén se regula a organización do
bacharelato en catro modalidades: a de Artes, que á súa vez se organiza na vía de Artes
Plásticas, Imaxe e Deseño, e na vía de Música e Artes Escénicas; a de Ciencias e Tecno-
loxía; a de Humanidades e Ciencias Sociais; e a Xeral, que supón unha novidade respecto
á anterior lei educativa. Así mesmo, regúlase a posibilidade da organización do bacharelato
en tres anos académicos. Finalmente, abórdase tamén o horario da etapa.

No capítulo segundo regúlase o desenvolvemento do currículo, potenciando a auto-


nomía dos centros e establecendo o contido que deberán ter a concreción curricular e as

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50547

programacións didácticas. Neste capítulo tamén se tratan os principios pedagóxicos da


intervención educativa e os elementos transversais.

No capítulo terceiro trátase o papel da titoría, así como a atención á diversidade.

No capítulo cuarto regúlase a avaliación, a promoción e a titulación de bacharelato,


establecendo o grao de adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da
etapa como os referentes para as avaliacións.

O título II regula os documentos oficiais de avaliación do alumnado; nel defínese cales


deben ser os documentos e os informes de avaliación, regúlanse as actas de avaliación,
o expediente académico, o historial académico e o informe persoal por traslado, e esta-
blécense tamén as garantías para a autenticidade, seguridade e confidencialidade dos
documentos oficiais de avaliación.

Por último, o título III dedícase a diferentes plans educativos relevantes e estratéxicos
para o sistema educativo galego, entroncados cos compromisos asumidos polos distintos
sistemas a nivel europeo no Marco para a cooperación europea en educación e formación,
e coas necesidades propias dun sistema destinado a proporcionar ao alumnado as compe-
tencias cruciais para as cidadás e os cidadáns do século XXI. Regúlanse certos aspectos
das bibliotecas escolares e o fomento da lectura, e do proceso de educación dixital, no
que a promoción do uso das tecnoloxías da información e da comunicación constitúe un
factor esencial para facilitar cambios metodolóxicos que proporcionen novos elementos e
oportunidades para o éxito educativo en Galicia. Igualmente, faise fincapé na promoción
de estilos de vida saudables entre o alumnado desta etapa, esencial para o seu desenvol-
vemento.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

O decreto finaliza con cinco disposicións adicionais, relativas á ensinanza da relixión,


á aprendizaxe de linguas estranxeiras, á educación de persoas adultas, a obtención de
novas modalidades de bacharelato e a simultaneidade de estudos; máis unha diposición
transitoria, unha disposición derrogatoria e tres disposicións derradeiras.

Neste decreto inclúense, ademais, catro anexos: o anexo I, relativo ás competencias


clave e aos descritores operativos que rexerán na etapa; o anexo II, sobre o currículo de
cada materia da etapa, que se estrutura en introdución, obxectivos, criterios de avaliación
e contidos organizados en bloques para cada un dos cursos da etapa, e orientacións pe-
dagóxicas; o anexo III, sobre a continuidade curricular en certas materias da etapa; e o
anexo IV, no que se regula o horario escolar das materias en cada un dos cursos da etapa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50548

IV

Desde o punto de vista da mellora da calidade normativa, este decreto adecúase aos
principios de boa regulación previstos no artigo 129 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, así como aos principios
de necesidade, proporcionalidade, seguridade xurídica, transparencia, accesibilidade, sim-
plicidade e eficacia, que se recollen no artigo 37 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de
racionalización do sector público autonómico.

No que se refire aos principios de necesidade e eficacia, trátase dunha norma necesaria
para a regulación da ordenación e do currículo da etapa de bacharelato conforme a nova
redacción da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, tras as modificacións introducidas pola Lei
orgánica 3/2020, do 29 de decembro, e o Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se
establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato.

De acordo cos principios de proporcionalidade e de simplicidade, contén a regulación


imprescindible da estrutura destas ensinanzas ao non existir ningunha alternativa regulato-
ria menos restritiva de dereitos.

Conforme os principios de seguridade xurídica e eficiencia, resulta coherente co ordena-


mento xurídico e permite unha xestión máis eficiente dos recursos públicos.

Cumpre tamén cos principios de transparencia e accesibilidade, xa que se identifica clara-


mente o seu propósito e durante o procedemento de tramitación da norma permitiuse a par-
ticipación activa das persoas potenciais destinatarias, a través do trámite de consulta pública
previa e de publicación no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesio-


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

nal e Universidades, en exercicio das facultades outorgadas polo artigo 34 da Lei 1/1983,
do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, consultado o
Consello Escolar de Galicia, de acordo co Consello Consultivo, e logo da deliberación do
Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de setembro de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

TÍTULO PRELIMINAR
Disposicións xerais

Artigo 1. Obxecto

Este decreto ten por obxecto establecer a ordenación e o currículo do bacharelato na


Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co disposto na Lei orgánica 2/2006, do 3 de

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50549

maio, de educación, e no Real decreto 243/2022, do 5 de marzo, polo que se establecen a


ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato.

Artigo 2. Ámbito de aplicación

Este decreto será de aplicación nos centros docentes correspondentes ao ámbito de


xestión da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan as ensinanzas de bacharelato.

Artigo 3. A etapa de bacharelato

1. A educación secundaria divídese en educación secundaria obrigatoria e educación


secundaria postobrigatoria.

2. O bacharelato é unha das ensinanzas que conforman a educación secundaria posto-


brigatoria, xunto coa formación profesional de grao medio, as ensinanzas artísticas profe-
sionais, tanto de música e de danza como de artes plásticas e deseño de grao medio, e as
ensinanzas deportivas de grao medio.

3. Sen prexuízo do previsto no artigo 12, a etapa comprende dous cursos, desenvólvese
en modalidades diferentes e organízase de modo flexible en materias comúns, materias
específicas de modalidade e materias optativas, coa finalidade de que poida ofrecer unha
preparación especializada ás alumnas e aos alumnos.

Artigo 4. Fins

O bacharelato ten como finalidade proporcionar formación, madureza intelectual e hu-


mana, coñecementos, habilidades e actitudes que permitan desenvolver funcións sociais e
incorporarse á vida activa con responsabilidade e aptitude. Así mesmo, esta etapa deberá
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

permitir a adquisición e o logro das competencias indispensables para o futuro formativo e


profesional, e capacitar para o acceso á educación superior.

Artigo 5. Principios xerais

1. Poderá acceder aos estudos de bacharelato quen estea en posesión do título de:

a) Graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria.

b) Técnica ou técnico de formación profesional.

c) Técnica superior ou técnico superior de formación profesional.

d) Técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50550

e) Técnica superior ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño.

f) Técnica deportiva ou técnico deportivo.

g) Técnica deportiva superior ou técnico deportivo superior.

2. As alumnas e os alumnos poderán permanecer cursando bacharelato en réxime ordi-


nario durante catro anos, consecutivos ou non.

Artigo 6. Currículo

1. De conformidade co establecido no artigo 6.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio,


o conxunto de obxectivos, competencias, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de
avaliación do bacharelato constitúe o currículo desta etapa.

2. Para os efectos deste decreto entenderase por:

a) Obxectivos da etapa: logros que se espera que o alumnado alcance ao finalizar a


etapa e cuxa consecución está vinculada á adquisición das competencias clave.

b) Competencias clave: desempeños que se consideran imprescindibles para que o


alumnado poida progresar con garantías de éxito no seu itinerario formativo e afrontar os
principais retos e desafíos globais e locais. Son a adaptación ao sistema educativo das
competencias clave establecidas na Recomendación do Consello da Unión Europea, do 22
de maio de 2018 relativa ás competencias clave para a aprendizaxe permanente, e apare-
cen recollidas no perfil de saída do alumnado ao termo do ensino básico. Así mesmo, eses
desempeños evidéncianse nas capacidades para aplicar de forma integrada os contidos
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

propios de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización axeitada de


actividades e a resolución eficaz de problemas complexos.

c) Obxectivos de materia: desempeños que o alumnado debe poder despregar en activi-


dades ou en situacións cuxa abordaxe require as aprendizaxes asociadas aos contidos de
cada materia. Estes obxectivos constitúen un elemento de conexión entre, por unha banda,
as competencias clave e, por outra, os criterios de avaliación e os contidos das materias.
Os obxectivos de materia correspóndense coas competencias específicas establecidas no
Real decreto 243/2022, do 5 de abril.

d) Criterios de avaliación: referentes que indican os niveis de desempeño esperados no


alumnado nas situacións ou actividades ás que se refiren os obxectivos de cada materia

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50551

nun momento determinado do seu proceso de aprendizaxe. Nese sentido, actúan como
unha ponte de conexión entre os contidos e os obxectivos da materia, polo que son o refe-
rente específico para avaliar a aprendizaxe do alumnado, e describen aquilo que se quere
valorar e que o alumnado debe lograr, tanto en coñecementos como en competencias.

e) Contidos: coñecementos, destrezas e actitudes propios dunha materia e cuxa apren-


dizaxe é necesaria para adquirir o nivel de desempeño indicado nos criterios de avaliación
e para o logro dos obxectivos da materia. Os contidos están enunciados en forma de sabe-
res básicos de acordo co sinalado no artigo 17.1 do Real decreto 243/2022, do 5 de abril.

f) Orientacións pedagóxicas: indicacións para orientar o profesorado no deseño e na


planificación das estratexias, os procedementos e as accións docentes, de xeito conscien-
te e reflexivo, coa finalidade de posibilitar a aprendizaxe do alumnado que lle permita o
logro dos obxectivos e a adquisición das competencias clave.

Artigo 7. Obxectivos da etapa

O bacharelato contribuirá a desenvolver nas alumnas e nos alumnos as capacidades


que lles permitan:

a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha


conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do Es-
tatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a corres-
ponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

b) Consolidar unha madureza persoal, afectivo-sexual e social que lles permita actuar
de forma respectuosa, responsable e autónoma, e desenvolver o seu espírito crítico. Pre-
ver, detectar e resolver pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais, así como
as posibles situacións de violencia.

c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades de mulleres e homes,


analizar e valorar criticamente as desigualdades existentes, así como o recoñecemento e o
ensino do papel das mulleres na historia, e impulsar a igualdade real e a non discriminación
por razón de nacemento, sexo, orixe racial ou étnica, discapacidade, idade, enfermidade,
relixión ou crenzas, orientación sexual ou identidade de xénero, ou calquera outra condi-
ción ou circunstancia persoal ou social.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50552

d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina como condicións necesarias para o


eficaz aproveitamento da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

e) Dominar, tanto na súa expresión oral como na escrita, a lingua galega e a lingua
castelá.

f) Expresarse con fluidez e corrección nunha ou máis linguas estranxeiras.

g) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e da comu-


nicación.

h) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus


antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma soli-
daria no desenvolvemento e na mellora do seu ámbito social.

i) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais, e dominar as


habilidades básicas propias da modalidade elixida.

j) Comprender os elementos e procedementos fundamentais da investigación e dos mé-


todos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e a tecnoloxía
no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e o respecto cara ao
ambiente.

k) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade, iniciativa,


traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.

l) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como fon-
tes de formación e enriquecemento cultural.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

m) Utilizar a educación física e o deporte para favorecer o desenvolvemento persoal e


social. Afianzar os hábitos de actividades físico-deportivas para favorecer o benestar físico
e mental, así como medio de desenvolvemento persoal e social.

n) Afianzar actitudes de respecto e prevención no ámbito da mobilidade segura e sau-


dable.

o) Fomentar unha actitude responsable e comprometida na loita contra o cambio climá-


tico e na defensa do desenvolvemento sustentable.

p) Valorar, respectar e afianzar o patrimonio cultural material e inmaterial de Galicia, e


contribuír á súa conservación e mellora no contexto dun mundo globalizado.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50553

Artigo 8. Competencias clave

1. As competencias clave da etapa, para os efectos deste decreto, son as seguintes:

a) Competencia en comunicación lingüística (CCL).

b) Competencia plurilingüe (CP).

c) Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM).

d) Competencia dixital (CD).

e) Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA).

f) Competencia cidadá (CC).

g) Competencia emprendedora (CE).

h) Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC).

2. As competencias clave da etapa, así como os descritores operativos do grao de ad-


quisición destas que estea previsto ao finalizar a etapa, interpretaranse de acordo coas
definicións contidas no anexo I.

3. O currículo que establece este decreto ten por obxecto garantir o desenvolvemento
das competencias clave previsto no anexo I. A concreción do currículo que realicen os
centros docentes nos seus proxectos educativos e funcionais terá como referente os des-
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

critores operativos que se detallan nel.

TÍTULO I
Organización e desenvolvemento

CAPÍTULO I
Organización

Artigo 9. Organización xeral

1. As modalidades e, de ser o caso, as vías de bacharelato que poderán ofrecer os cen-


tros docentes autorizados serán as seguintes:

a) Artes, na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50554

b) Artes, na vía de Música e Artes Escénicas.

c) Ciencias e Tecnoloxía.

d) Humanidades e Ciencias Sociais.

e) Xeral.

2. O alumnado de bacharelato terá que cursar materias comúns; materias específicas


da modalidade elixida, obrigatorias e de opción, e materias optativas.

3. Coa finalidade de orientar a elección das alumnas e dos alumnos, os centros docen-
tes na configuración da súa oferta poderán establecer agrupacións en itinerarios das ma-
terias específicas da modalidade elixida e das materias optativas, orientados aos diversos
campos das ensinanzas superiores.

4. Os centros docentes deberán ofrecer a totalidade das materias específicas das mo-
dalidades e, de ser o caso, vías que teñan autorizadas.

Só se poderá limitar a elección de materias específicas da modalidade ou, de ser o


caso, da vía por parte do alumnado cando haxa un número insuficiente deste para algunha
das materias ou vías, segundo os criterios que determine a consellería con competencias
en materia de educación e que terá en conta o carácter específico dos ámbitos rurais.

Cando a oferta de materias específicas quede limitada nun centro docente por razóns
organizativas, a consellería con competencias en materia de educación facilitará que as
materias que non poidan impartirse por esta causa se poidan cursar mediante a modalida-
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

de de educación a distancia ou, de non ser posible, noutros centros docentes.

5. A materia de Lingua Galega e Literatura terá un tratamento no centro análogo ao de


Lingua Castelá e Literatura, de xeito que se garanta, en todo caso, o obxectivo de compe-
tencia lingüística suficiente en ambas as linguas oficiais, segundo o establecido no artigo 8
do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario.

Artigo 10. Organización do primeiro curso

1. Todo o alumnado debe cursar as seguintes materias comúns:

a) Educación Física.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50555

b) Filosofía.

c) Lingua Castelá e Literatura I.

d) Lingua Estranxeira I.

e) Lingua Galega e Literatura I.

2. O alumnado da modalidade de Artes na vía Artes Plásticas, Imaxe e Deseño debe


cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Debuxo Artístico I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Cultura Audiovisual.

– Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño I.

– Proxectos Artísticos

– Volume.

3. O alumnado da modalidade de Artes na vía Música e Artes Escénicas debe cursar as


seguintes materias de modalidade:
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

a) Análise Musical I ou Artes Escénicas I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Análise Musical I.

– Artes Escénicas I.

– Coro e Técnica Vocal I.

– Cultura Audiovisual.

– Linguaxe e Práctica Musical.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50556

4. O alumnado da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía debe cursar as seguintes ma-


terias de modalidade:

a) Matemáticas I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais.

– Debuxo Técnico I.

– Física e Química.

– Tecnoloxía e Enxeñaría I.

5. O alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais debe cursar as se-


guintes materias de modalidade:

a) Latín I ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Economía.

– Grego I.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

– Historia do Mundo Contemporáneo.

– Latín I.

– Literatura Universal.

– Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.

6. O alumnado da modalidade Xeral debe cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Matemáticas Xerais.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50557

b) Dúas materias de opción que se elixirán entre as seguintes:

– Economía, Emprendemento e Actividade Empresarial.

– As materias de modalidade de primeiro curso que se ofrezan no centro.

7. Todo o alumnado debe cursar unha materia optativa, en función da oferta dos centros
docentes, de entre as seguintes:

– Anatomía Aplicada.

– Antropoloxía.

– Cultura Científica.

– Segunda Lingua Estranxeira I.

– Literatura Galega do Século XX e da Actualidade.

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación I.

– As materias de modalidade de primeiro curso das enumeradas nos puntos 2, 3, 4, 5


e 6 deste artigo.

A consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo das


materias optativas ás que se refire este punto de acordo co establecido neste decreto.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

Artigo 11. Organización do segundo curso

1. Todo o alumnado debe cursar as seguintes materias comúns:

a) Lingua Castelá e Literatura II.

b) Lingua Estranxeira II.

c) Lingua Galega e Literatura II.

d) Historia de España.

e) Historia da Filosofía.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50558

2. O alumnado da modalidade de Artes na vía Artes Plásticas, Imaxe e Deseño debe


cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Debuxo Artístico II.

b) Dúas materias de opción da modalidade que se elixirán entre as seguintes:

– Debuxo Técnico Aplicado ás Artes Plásticas e ao Deseño II.

– Deseño.

– Fundamentos Artísticos.

– Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica.

3. O alumnado da modalidade de Artes na vía Música e Artes Escénicas debe cursar as


seguintes materias de modalidade:

a) Análise Musical II ou Artes Escénicas II.

b) Dúas materias de opción da modalidade que se elixirán entre as seguintes:

– Análise Musical II.

– Artes Escénicas II.

– Coro e Técnica Vocal II.


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

– Historia da Música e da Danza.

– Literatura Dramática.

4. O alumnado da modalidade de Ciencias e Tecnoloxía debe cursar as seguintes ma-


terias de modalidade:

a) Matemáticas II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.

b) Dúas materias de opción da modalidade que se elixirán entre as seguintes:

– Bioloxía.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50559

– Debuxo Técnico II.

– Física.

– Xeoloxía e Ciencias Ambientais.

– Química.

– Tecnoloxía e Enxeñaría II.

5. O alumnado da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais debe cursar as se-


guintes materias de modalidade:

a) Latín II ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.

b) Dúas materias de opción da modalidade que se elixirán entre as seguintes:

– Empresa e Deseño de Modelos de Negocio.

– Xeografía.

– Grego II.

– Historia da arte.

– Latín II.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

– Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.

6. O alumnado da modalidade Xeral debe cursar as seguintes materias de modalidade:

a) Ciencias Xerais.

b) Dúas materias de opción da modalidade que se elixirán entre as seguintes:

– Movementos Culturais e Artísticos.

– As materias de modalidade de segundo curso que se ofrezan no centro.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50560

7. Todo o alumnado debe cursar unha materia optativa, en función da oferta dos centros
docentes, de entre as seguintes:

– Métodos Estatísticos e Numéricos.

– Psicoloxía.

– Segunda Lingua Estranxeira II.

– Tecnoloxías da Información e da Comunicación II.

– Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia.

– As materias de modalidade de segundo curso das enumeradas nos puntos 2, 3, 4, 5


e 6 deste artigo.

A consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo das


materias optativas ás que se refire este punto de acordo co establecido neste decreto.

Artigo 12. Organización do bacharelato en tres anos académicos

1. Conforme o previsto no artigo 32.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de edu-


cación, e o previsto no artigo 15 do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, polo que se
establecen a ordenación e as ensinanzas mínimas do bacharelato, a consellería con com-
petencias en materia de educación disporá as medidas que posibiliten que unha alumna
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

ou un alumno realice o bacharelato en tres anos académicos, en réxime ordinario, sempre


que as súas circunstancias persoais, permanentes ou transitorias, o aconsellen. Nestes
casos considerarase a posibilidade de que o alumnado curse simultaneamente materias
de ambos os cursos de bacharelato.

2. Poderá acollerse a esta medida o alumnado que se atope nalgunha das seguintes
circunstancias:

a) Que curse a etapa de maneira simultánea ás ensinanzas profesionais de Música ou


de Danza.

b) Que acredite a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50561

c) Que requira unha atención educativa diferente á ordinaria por presentar algunha ne-
cesidade específica de apoio educativo.

d) Que alegue outras circunstancias que, a xuízo da consellería con competencias en


materia de educación e nos termos que dispoña, xustifique a aplicación desta medida.

3. A consellería con competencias en materia de educación determinará a distribución


que se fará das materias que compoñen o bacharelato, procurando a adecuada planifica-
ción da oferta de materias con continuidade curricular que se dispón no anexo III.

Artigo 13. Estrutura curricular das materias

1. A organización en materias desenvólvese no anexo II seguindo, respecto de cada


materia, a seguinte estrutura:

a) Introdución.

b) Obxectivos, que serán comúns para toda a etapa.

c) Criterios de avaliación e contidos, organizados en bloques para cada un dos cursos


da etapa.

d) Orientacións pedagóxicas.

2. A agrupación por bloques dos criterios de avaliación e dos contidos de cada materia
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

non supón unha secuencia establecida nin implica unha organización pechada; pola contra,
permite organizar de diferentes formas os elementos curriculares e adoptar a metodoloxía
máis adecuada ás características das aprendizaxes e do grupo de alumnas e alumnos ao
que van dirixidos.

Artigo 14. Horario

1. A carga horaria semanal en períodos lectivos para cada unha das materias dos distin-
tos cursos da etapa é a que figura no anexo IV.

Este horario débese entender como o tempo semanal necesario para o traballo en cada
unha das materias.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50562

2. A distribución das materias en cada xornada e durante a semana realizarase atenden-


do exclusivamente a razóns pedagóxicas e organizativas.

CAPÍTULO II
Desenvolvemento do currículo

Artigo 15. Autonomía dos centros

1. Os centros docentes disporán de autonomía pedagóxica, de organización e de xes-


tión, no marco da lexislación vixente e nos termos recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3
de maio, e nas normas que a desenvolven, favorecerán o traballo en equipo do profesora-
do e estimularán a actividade investigadora a partir da súa práctica docente. A consellería
con competencias en materia de educación fomentará e favorecerá a aplicación por parte
dos centros docentes do disposto neste número.

2. Os centros docentes, no uso da súa autonomía, desenvolverán e completarán, de


ser o caso, o currículo do bacharelato adaptándoo ás características do alumnado e á súa
realidade educativa, e fixarán a súa concreción e incorporarana ao seu proxecto educativo
e funcional, que impulsará e desenvolverá os principios, os obxectivos e a metodoloxía
propios dunha aprendizaxe competencial orientada ao exercicio dunha cidadanía activa.

3. No exercicio da súa autonomía, os centros docentes poderán adoptar experimenta-


cións, innovacións pedagóxicas, programas educativos, plans de traballo, formas de orga-
nización, normas de convivencia ou ampliación do calendario escolar ou do horario lectivo
de materias, nos termos establecidos pola consellería con competencias en materia de
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

educación e dentro das posibilidades que permita a normativa aplicable, incluída a laboral,
sen que, en ningún caso, supoña discriminación de ningún tipo, nin leve consigo a impo-
sición de achegas ás nais, aos pais ou ás persoas titoras legais, nin exixencias para as
administracións educativas.

Artigo 16. Concreción curricular

1. A concreción curricular é o marco que establece o claustro de profesorado cos crite-


rios e as decisións para orientar o desenvolvemento do currículo por parte do profesorado
e a coordinación interdisciplinaria por parte dos órganos de coordinación didáctica, para
garantir a coherencia na actuación docente.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50563

2. A concreción curricular da etapa incluirá, como mínimo:

a) A adecuación dos obxectivos da etapa ao contexto do centro.

b) A contribución á adquisición das competencias clave.

c) Os criterios para desenvolver os principios pedagóxicos e incorporar os elementos


transversais.

d) Os criterios de carácter xeral sobre a metodoloxía.

e) Os criterios de carácter xeral sobre os materiais e os recursos didácticos.

f) Os criterios de oferta educativa, itinerarios e optatividade.

g) Os criterios para o deseño das actividades complementarias.

h) Os criterios para o deseño dos plans de recuperación para o alumnado que acade a
promoción con materias pendentes do curso anterior.

i) Os criterios xerais para a avaliación, a promoción e a titulación.

j) Os criterios xerais do outorgamento de matrículas de honra.

k) As decisións e os criterios xerais para a elaboración e avaliación das programacións


didácticas.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

l) Os criterios para a participación do centro en proxectos, plans e programas.

m) O procedemento para a revisión, avaliación e modificación da concreción curricular.

3. A consellería con competencias en materia de educación promoverá o uso das tecno-


loxías da información e da comunicación na elaboración e na modificación da concreción
curricular.

Artigo 17. Programacións didácticas

1. Os centros docentes desenvolverán o currículo das ensinanzas de bacharelato me-


diante a elaboración das correspondentes programacións didácticas para cada unha das

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50564

materias seguindo as decisións e criterios xerais establecidos na concreción curricular, e


tendo en conta o disposto nos correspondentes regulamentos orgánicos.

2. As programacións didácticas das materias das ensinanzas de bacharelato incluirán,


como mínimo, os seguintes elementos:

a) Introdución.

b) Obxectivos da materia e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias


clave.

c) Relación de unidades didácticas, entendidas como a parte do currículo da materia


que se traballará, coa súa secuenciación e temporalización.

d) Metodoloxía.

– Concrecións metodolóxicas.

– Materiais e recursos didácticos.

e) Avaliación.

– Procedemento para a avaliación inicial.

– Criterios de cualificación con indicación do grao mínimo de consecución para a supe-


ración da materia, e criterios de recuperación.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

– Procedemento de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.

– Procedemento para acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias.

f) Medidas de atención á diversidade.

g) Transversal.

– Concreción dos elementos transversais.

– Actividades complementarias.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50565

h) Práctica docente.

– Procedemento para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente cos seus indica-
dores de logro.

– Procedemento de seguimento, avaliación e propostas de mellora da programación.

3. O equipo docente realizará o seguimento das programacións didácticas de cada ma-


teria, con indicación do seu grao de cumprimento e, en caso de desviacións, cunha xusti-
ficación razoada.

4. A consellería con competencias en materia de educación promoverá o uso das tecno-


loxías da información e da comunicación na elaboración e no seguimento das programa-
cións didácticas.

Artigo 18. Principios pedagóxicos

1. No bacharelato, os centros docentes elaborarán as súas propostas pedagóxicas


para todo o alumnado atendendo á súa diversidade, e favorecerán a súa capacidade para
aprender por si mesmo, para traballar en equipo e promovelo, e para aplicar métodos de
investigación apropiados.

2. A intervención educativa buscará desenvolver e asentar progresivamente as bases


que faciliten ao alumnado unha adquisición e un desenvolvemento adecuados das compe-
tencias clave previstas.

Así mesmo, a acción educativa favorecerá o traballo individual e en grupo, o pensamen-


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

to autónomo, crítico e rigoroso, o uso de técnicas e hábitos de investigación en distintos


campos do saber, a capacidade do alumnado de aprender por si mesmo, así como a trans-
ferencia e a aplicación do aprendido. Para estes efectos, teranse en conta as orientacións
pedagóxicas establecidas no anexo II para cada unha das materias.

3. As tecnoloxías da información e da comunicación serán unha ferramenta necesaria


para a aprendizaxe en todas as materias, tanto polo seu carácter imprescindible na educa-
ción superior como pola súa utilidade e relevancia para a vida cotiá e a inserción laboral.

4. A lectura constituirá un factor fundamental para o desenvolvemento das competen-


cias clave; é de especial relevancia o desenvolvemento de estratexias de comprensión de
lectura de todo tipo de textos e imaxes, en calquera soporte e formato.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50566

Co fin de fomentar e estimular as habilidades de comprensión de lectura e de uso da


información, de expresión escrita e de se expresar correctamente en público, os centros
docentes organizarán a práctica docente de xeito que o profesorado nas distintas materias
as poida incorporar nos termos recollidos na súa concreción curricular.

5. Os centros docentes impartirán de xeito integrado o currículo de todas as linguas da


súa oferta educativa, co fin de favorecer que todos os coñecementos e as experiencias
lingüísticas do alumnado contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comuni-
cativa plurilingüe. No proxecto lingüístico do centro concretaranse as medidas tomadas
para a impartición do currículo integrado das linguas. Estas medidas incluirán, polo menos,
acordos sobre criterios metodolóxicos básicos de actuación en todas as linguas, acordos
sobre a terminoloxía que se vaia empregar, e o tratamento que se lles dará aos contidos e
aos criterios de avaliación similares nas distintas áreas lingüísticas, de xeito que se evite a
repetición dos aspectos comúns á aprendizaxe de calquera lingua.

6. As linguas oficiais utilizaranse só como apoio no proceso de aprendizaxe da lingua


estranxeira. No devandito proceso, priorizaranse a comprensión, a expresión e a interac-
ción oral.

Artigo 19. Elementos transversais

1. Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das materias da etapa, a com-
prensión de lectura, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, a competencia
dixital, o emprendemento social e empresarial, o fomento do espírito crítico e científico, a
educación emocional e en valores, a igualdade de xénero e a creatividade traballaranse en
todas as materias.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

2. Do mesmo xeito, promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de


conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que
sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o
respecto polos dereitos humanos e o rexeitamento de calquera tipo de violencia, a plurali-
dade, e o respecto polo Estado de dereito.

3. Evitaranse os comportamentos, os estereotipos e os contidos sexistas, así como


aqueles que supoñan discriminación por razón da orientación sexual ou da identidade de
xénero, e incorporarase transversalmente a realidade homosexual, bisexual, transexual,
transxénero e intersexual. Así mesmo, empregarase unha linguaxe libre de prexuízos e
estereotipos sexistas e que sexa non sexista, nos termos establecidos legalmente.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50567

4. A consellería con competencias en materia de educación fomentará as medidas para


que o alumnado participe en actividades que lle permitan afianzar o espírito emprendedor e
a iniciativa empresarial a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa,
o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.

CAPÍTULO III
Titoría e atención á diversidade

Artigo 20. Titoría e orientación

1. No bacharelato, a titoría e a orientación educativa, psicopedagóxica e profesional


do alumnado, así como a preparación do seu futuro itinerario formativo, constitúen un ele-
mento fundamental. Nese sentido, a acción titorial e a orientación acompañarán o proceso
educativo individual e colectivo do alumnado.

2. Cada grupo de alumnas e alumnos terá unha profesora titora ou un profesor titor.

As persoas titoras informarán regularmente as nais, os pais ou as persoas titoras legais


do seu alumnado sobre o proceso educativo das súas fillas, dos seus fillos ou das persoas
que tutelen, ou o propio alumnado no caso de ser maior de idade. Esta información submi-
nistrarase, como mínimo, cunha periodicidade trimestral e incluirá as cualificacións obtidas
en cada materia.

3. Coa finalidade de fomentar a igualdade efectiva entre mulleres e homes, incorporara-


se a perspectiva de xénero ao ámbito da orientación educativa e profesional.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

4. Os centros docentes deberán informar e orientar o alumnado co fin de que a elección


das modalidades, as vías e as materias ás que se refiren os artigos 9, 10 e 11 sexa a máis
adecuada para os seus intereses e a súa orientación formativa e/ou profesional posterior,
evitando condicionamentos derivados de estereotipos de xénero.

Artigo 21. Atención á diversidade

1. Na etapa de bacharelato prestarase especial atención ás alumnas e aos alumnos con


necesidade específica de apoio educativo. Para estes efectos, estableceranse as alterna-
tivas organizativas e metodolóxicas, e as medidas de atención á diversidade precisas para
facilitar o acceso ao currículo deste alumnado, así como as medidas máis adecuadas para
que as condicións de realización das avaliacións se adapten ás súas necesidades.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50568

2. A escolarización e a atención do alumnado con necesidade específica de apoio edu-


cativo rexeranse polos principios de normalización e inclusión, e asegurarán a súa non dis-
criminación e a igualdade efectiva no acceso ao sistema educativo e na permanencia nel.

Así mesmo, fomentarase a equidade e inclusión educativa, a igualdade de oportunida-


des e a non discriminación do alumnado con discapacidade. Para iso estableceranse as
medidas de flexibilización e alternativas metodolóxicas de accesibilidade e deseño univer-
sal que sexan necesarias para conseguir que este alumnado poida acceder a unha educa-
ción de calidade en igualdade de oportunidades.

3. Os centros docentes adoptarán as medidas necesarias, nos termos establecidos pola


consellería con competencias en materia de educación, para responder ás necesidades
educativas concretas das súas alumnas e dos seus alumnos, tendo en conta as súas cir-
cunstancias e os seus diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe.

Entre estas medidas estarán as de apoio educativo para o alumnado con dificultades
específicas de aprendizaxe. En particular, favorecerase a flexibilización e o emprego de alter-
nativas metodolóxicas no ensino e na avaliación da lingua estranxeira, para este alumnado.
Estas adaptacións en ningún caso se terán en conta para minorar as cualificacións obtidas.

4. A escolarización do alumnado con altas capacidades intelectuais, identificado como


tal segundo o procedemento e nos termos que estableza a consellería con competencias
en materia de educación, poderá flexibilizarse conforme a normativa vixente, de forma que
poida reducirse un curso a duración da etapa, cando se prevexa que esta é a medida máis
adecuada para o desenvolvemento do seu equilibrio persoal e a súa socialización.

5. Para a atención á diversidade do alumnado de bacharelato haberá que aterse ao


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

disposto no Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversi-


dade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se
imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, así como na
normativa que o desenvolve.

CAPÍTULO IV
Avaliación, promoción e titulación

Artigo 22. Avaliación

1. Os referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias clave e o


logro dos obxectivos das materias e da etapa na avaliación das materias serán os criterios
de avaliación que figuran no anexo II.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50569

2. A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua e diferenciada segundo as


distintas materias, terá un carácter formativo e será un instrumento para a mellora tanto
dos procesos de ensino como dos procesos de aprendizaxe. Nese sentido, o profesorado
avaliará tanto as aprendizaxes do alumnado como os procesos de ensino e a súa propia
práctica docente, para o cal establecerá indicadores de logro nas programacións docentes.

3. O profesorado de cada materia decidirá, ao termo do curso, se a alumna ou o alumno


logrou os obxectivos e alcanzou o adecuado grao de adquisición das competencias clave
correspondentes.

4. O alumnado que non supere algunha materia, logo da avaliación final do período
ordinario, coa finalidade de lle facilitar a súa recuperación, terá dereito a realizar unha pro-
ba extraordinaria nas datas que determine a consellería con competencias en materia de
educación.

5. Na avaliación promoverase o uso xeneralizado de instrumentos de avaliación varia-


dos, diversos, flexibles e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe, que permitan a
valoración obxectiva de todo o alumnado e que garantan, así mesmo, que as condicións de
realización dos procesos asociados á avaliación se adapten ás necesidades do alumnado
con necesidade específica de apoio educativo.

Artigo 23. Promoción

1. Ao finalizar o primeiro curso da etapa e como consecuencia do proceso de avaliación,


o equipo docente de cada alumna ou alumno adoptará a decisión sobre a súa promoción
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

ao segundo curso.

2. As alumnas e os alumnos acadarán a promoción de primeiro a segundo de bachare-


lato cando superen as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias
como máximo.

3. O alumnado que acade a promoción ao segundo curso con materias pendentes de-
berá matricularse delas e cursalas ao longo do curso. Os centros docentes organizarán
as consecuentes actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pen-
dentes no marco organizativo que estableza a consellería con competencias en materia de
educación e tendo en conta que a avaliación destas materias terá que ser anterior á das
materias de segundo curso.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50570

4. As alumnas e os alumnos do primeiro curso de bacharelato que non cumpran as con-


dicións de promoción establecidas deberán matricularse de todas as materias e repetir o
curso na súa totalidade.

5. A superación das materias de segundo curso que se indican no anexo III estará
condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso indicadas no
devandito anexo, por implicar continuidade.

Non obstante, dentro dunha mesma modalidade ou vía, o alumnado poderá matricular-
se da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso,
sempre que o profesorado que a imparta considere que a alumna ou o alumno cumpre as
condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo, nos
termos que estableza a consellería con competencias en materia de educación.

En caso contrario, deberá cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración
de materia pendente, aínda que non será computable para os efectos de modificar as con-
dicións en que acadou a promoción a segundo.

6. As alumnas e os alumnos que ao termo do segundo curso teñan avaliación negativa


nalgunhas materias poderán matricularse delas sen necesidade de cursaren de novo as
materias superadas ou poderán optar, así mesmo, por repetir o curso completo. Neste últi-
mo caso, non se manterán as cualificacións das materias do devandito curso que a alumna
ou o alumno tiverse superado previamente.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

7. A consellería con competencias en materia de educación establecerá as condicións


nas que unha alumna ou un alumno que cursase o primeiro curso de bacharelato nunha
determinada modalidade ou vía poida pasar ao segundo curso nunha modalidade ou vía
distinta, así como o cambio de materias.

Artigo 24. Título de bacharel

1. O título de bacharel acredita o logro dos obxectivos establecidos para a etapa e a


adquisición das competencias clave correspondentes.

2. Para obter o título de bacharel cumprirá a avaliación positiva en todas as materias dos
dous cursos de bacharelato.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50571

3. Excepcionalmente, o equipo docente poderá decidir a obtención do título de bacharel


por unha alumna ou un alumno que superase todas as materias, agás unha, sempre que
se cumpran ademais todas as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competen-


cias clave e os obxectivos vinculados a ese título.

b) Que non se produciu unha inasistencia continuada e non xustificada por parte da
alumna ou do alumno na materia.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesa-


rias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cur-
sadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que
se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo da cua-
lificación final da etapa, considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

4. O título de bacharel será único e expedirase con expresión da modalidade cursada


e da nota media obtida. Esta obterase calculando a media aritmética das cualificacións de
todas as materias cursadas, redondeada á centésima.

5. Para os efectos do cálculo da nota media para o alumnado que cambia de modali-
dade ou de materia en segundo curso, só se terán en conta as cualificacións das materias
cursadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade pola
que se remata.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

Artigo 25. Obtención do título de bacharel desde outras ensinanzas

1. O alumnado que teña o título de técnica ou técnico en formación profesional poderá


obter o título de bacharel na modalidade Xeral mediante a superación das materias co-
múns.

2. O alumnado que teña o título de técnica ou técnico en Artes Plásticas e Deseño pode-
rá obter o título de bacharel na modalidade de Artes mediante a superación das materias
comúns.

3. Tamén poderá obter o título de bacharel na modalidade de Artes quen superase as


ensinanzas profesionais de música ou de danza e supere, ademais, as materias comúns.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50572

4. A nota que figurará no título de bacharel deste alumnado deducirase da seguinte


ponderación:

a) O 60 % da media das cualificacións obtidas nas materias comúns do bacharelato.

b) O 40 % da nota media obtida nas ensinanzas mediante as que se accede á obtención


do título, calculada conforme o establecido na súa normativa de ordenación corresponden-
te.

Artigo 26. Dereito do alumnado a unha avaliación obxectiva

Co fin de garantir o dereito das alumnas e dos alumnos a que a súa dedicación, o seu
esforzo e o seu rendemento sexan valorados e recoñecidos conforme criterios de plena
obxectividade, os centros docentes adoptarán as medidas precisas para facer públicos e
comunicar ás nais, aos pais e ás persoas titoras legais os criterios de avaliación, os instru-
mentos de avaliación, así como os criterios de promoción e os criterios de titulación que, en
todo caso, atenderán ás características da avaliación dispostas na lexislación vixente e, en
particular, ao carácter continuo e diferenciado segundo as distintas materias da avaliación
nesta etapa.

Artigo 27. Participación e dereito á información de nais, pais ou persoas titoras legais

1. De conformidade co establecido no artigo 4.2.e) da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo,


reguladora do dereito á educación, e no artigo 28 do Real decreto 243/2022, do 5 de abril, e
de acordo coas previsións da Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da
comunidade educativa, as nais, os pais ou as persoas titoras legais deberán apoiar e parti-
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

cipar na evolución do proceso educativo das súas fillas, dos seus fillos ou das persoas que
tutelen, así como coñecer as decisións relativas á súa avaliación e á promoción a través
dun boletín individualizado, e colaborar nas medidas de apoio ou reforzo que adopten os
centros docentes para facilitar o seu progreso educativo, e terán acceso aos documentos
oficiais de avaliación e ás probas e aos documentos das avaliacións que se lles realicen
ás súas fillas, aos seus fillos ou ás persoas tuteladas, na parte referida á alumna ou ao
alumno de que se trate, sen prexuízo do respecto ás garantías establecidas na Lei orgá-
nica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos
dixitais, no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de
abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de
datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE,
e demais normativa aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal. Para

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50573

esta finalidade, o acceso ás actas de avaliación poderá substituírse por un boletín indivi-
dualizado coa información da acta referida á alumna ou ao alumno de que se trate.

2. Os dereitos e os deberes referidos no punto anterior fanse extensivos ao alumnado


maior de idade, sen prexuízo de que as súas nais, os seus pais ou as persoas titoras legais
poidan facelos igualmente efectivos se xustifican o interese lexítimo.

3. Igualmente, os centros docentes promoverán compromisos educativos coas nais,


os pais ou as persoas titoras legais do seu alumnado, ou co propio alumnado no caso de
ser maior de idade, nos que se consignen as actividades que as persoas integrantes da
comunidade educativa se comprometen a desenvolver para facilitar o progreso académico
do alumnado.

TÍTULO II
Documentos oficiais de avaliación

Artigo 28. Documentos e informes de avaliación

1. No bacharelato, os documentos oficiais de avaliación son as actas de avaliación, o


expediente académico, o historial académico e, de ser o caso, o informe persoal por tras-
lado.

2. O historial académico e, de ser o caso, o informe persoal por traslado considéranse


documentos básicos para garantir a mobilidade do alumnado por todo o territorio nacional.

3. Os documentos oficiais de avaliación deberán recoller sempre a norma que establece


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

o currículo correspondente. Cando teñan que producir efecto fóra do ámbito da Comuni-
dade Autónoma de Galicia, observarase o disposto no artigo 15.3 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. A custodia e o arquivamento dos documentos oficiais de avaliación correspóndenlles


aos centros docentes en que se realizasen os estudos. O labor de cubrir e custodiar os
ditos documentos será supervisado pola Inspección educativa.

Artigo 29. Actas de avaliación

1. As actas de avaliación expediranse para cada un dos cursos e pecharanse ao termo


do período lectivo despois da convocatoria ordinaria, e tras a convocatoria extraordinaria.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50574

Comprenderán, polo menos, a relación nominal do alumnado que compón o grupo, xunto
cos resultados da avaliación das materias e as decisións sobre promoción e permanencia.

2. Os resultados da avaliación expresaranse mediante cualificacións numéricas de cero


a dez sen decimais, e consideraranse negativas as cualificacións inferiores a cinco. Can-
do o alumnado non se presente ás probas extraordinarias consignarase «Non presenta-
do» (NP).

3. Nas actas de segundo curso figurará, ademais, o alumnado con materias non supe-
radas do curso anterior e recollerase a proposta de expedición do título de bacharel, xunto
coa nota media da etapa, que se calculará segundo o establecido no artigo 24.4. Neste
curso expediranse actas de avaliación de materias pendentes ao termo do período lectivo
ordinario e da convocatoria da proba extraordinaria.

4. Para a aplicación do previsto no punto quinto da disposición adicional primeira, farase


constar ademais unha nota media normalizada, calculada sen ter en conta a cualificación
da materia de Relixión.

5. A consellería con competencias en materia de educación poderá arbitrar procede-


mentos para outorgar unha mención honorífica ou matrícula de honra ás alumnas e aos
alumnos que demostren un rendemento académico excelente na etapa para a que se
outorga.

6. As actas de avaliación serán asinadas por todo o profesorado do grupo e levarán o


visto e prace da directora ou do director do centro.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

Artigo 30. Expediente académico

1. O expediente académico recollerá, xunto cos datos de identificación do centro, os


da alumna ou do alumno, así como a información relativa ao seu proceso de avaliación.
Abrirase ao comezo da etapa ou, de ser o caso, no momento de incorporación ao centro e
recollerá, polo menos, os resultados da avaliación das materias nas diferentes convocato-
rias, as decisións de promoción e titulación e, de existiren, as medidas de apoio educativo
e as adaptacións que se adoptasen para a alumna ou o alumno. Igualmente, farase constar
a nota media obtida na etapa, así como a media normalizada á que se refire o punto 4 do
artigo anterior.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50575

2. O expediente académico será asinado pola persoa que exerza a secretaría do centro
e levará o visto e prace da directora ou do director do centro.

Artigo 31. Historial académico

1. O historial académico terá valor acreditativo das ensinanzas realizadas. Como mí-
nimo recollerá os datos identificativos da alumna ou do alumno, as materias cursadas en
cada un dos anos de escolarización, as medidas de apoio educativo aplicadas, os resul-
tados da avaliación en cada convocatoria, as decisións sobre promoción e permanencia,
a nota media do bacharelato e a nota media normalizada, así como a información relativa
aos cambios de centro e as datas en que se producisen os diferentes feitos.

2. Tras finalizar a etapa, o historial académico do bacharelato entregarase ás nais, aos


pais ou ás persoas titoras legais da alumna ou do alumno, ou á propia alumna ou o alumno
no caso de que sexa maior de idade.

3. O historial académico será asinado pola persoa que exerza a secretaría do centro e
levará o visto e prace da directora ou do director do centro.

Artigo 32. Informe persoal por traslado

1. Cando unha alumna ou un alumno se traslade a outro centro antes de finalizar a etapa
para proseguir os seus estudos, o centro de orixe remitirá ao de destino, por petición deste,
copia do historial académico e o informe persoal por traslado. O centro receptor abrirá o
correspondente expediente académico. A matrícula adquirirá carácter definitivo unha vez
recibida a copia do historial académico.
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

2. O informe persoal por traslado conterá os resultados das avaliacións realizadas, a


aplicación, de ser o caso, de medidas de apoio ou adaptacións, e todas as observacións
que se consideren oportunas acerca do progreso xeral da alumna ou do alumno.

3. O informe persoal por traslado será asinado pola persoa que exerza a titoría do grupo
da alumna ou do alumno e levará o visto e prace da directora ou do director do centro.

Artigo 33. Autenticidade, seguridade e confidencialidade

1. A consellería con competencias en materia de educación establecerá os procede-


mentos oportunos para garantir a autenticidade dos documentos oficiais de avaliación,

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50576

a integridade dos datos recollidos nestes e a súa supervisión e custodia, así como a súa
conservación e o seu traslado en caso de supresión ou extinción do centro.

2. No referente á obtención dos datos persoais do alumnado, á súa cesión duns centros
docentes a outros e á seguridade e á confidencialidade destes, atenderase ao disposto na
lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal e, en todo caso,
ao establecido na disposición adicional vixésimo terceira da Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio.

3. Os documentos oficiais de avaliación e os seus procedementos de validación des-


critos nos puntos anteriores poderán ser substituídos polos seus equivalentes realizados
por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos, sempre que quede garantida a súa
autenticidade, integridade e conservación, e sempre que se cumpran as garantías e os re-
quisitos establecidos pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos
persoais e garantía dos dereitos dixitais, polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento
Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas
no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo
que se derroga a Directiva 95/46/CE, pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas, e pola normativa que os desenvolve.

4. O expediente electrónico do alumnado estará constituído, polo menos, polos datos


contidos nos documentos oficiais de avaliación e cumprirá o establecido no Real decre-
to 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade
no ámbito da administración electrónica, e demais normativa aplicable.

TÍTULO III
Plans educativos
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

Artigo 34. Bibliotecas escolares e lectura

1. Os centros docentes deberán incluír, dentro do seu proxecto educativo e funcional,


un plan de lectura coa finalidade de promover a lectura, que se concretará anualmente na
programación xeral anual a través de actuacións destinadas a afianzar o hábito da escri-
tura e das habilidades no uso, no tratamento e na produción da información, en apoio da
adquisición das competencias clave.

2. Os centros docentes contarán cunha biblioteca escolar e deberán incluír, dentro do


seu proxecto educativo e funcional un plan de biblioteca, que se concretará anualmente na
programación xeral anual a través das correspondentes actuacións, coa finalidade de pro-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50577

movela como centro de referencia de recursos da lectura, da información e da aprendizaxe.


Así mesmo, a biblioteca escolar será un punto de encontro entre alumnado, profesorado e
familias que facilite a comunicación, a creatividade, as aprendizaxes, o traballo colaborati-
vo e os intercambios culturais no centro, ademais de servir como instrumento de apoio para
o desenvolvemento do plan de lectura.

Artigo 35. Educación dixital

1. Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a


súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instru-
mento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa,
o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe, e a transformación dos
centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anual-
mente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións.

2. A consellería con competencias en materia de educación e os equipos directivos dos


centros educativos promoverán o uso das tecnoloxías da información e da comunicación
na aula como medio didáctico apropiado e valioso para desenvolver as tarefas de ensino
e aprendizaxe, sen prexuízo das competencias que, no ámbito das tecnoloxías da infor-
mación e da comunicación, poidan corresponder a outras entidades integrantes do sector
público autonómico.

3. A consellería con competencias en materia de educación ofrecerá plataformas dixi-


tais e tecnolóxicas de acceso para toda a comunidade educativa, que poderán incorporar
recursos didácticos achegados polas administracións educativas e outros axentes para o
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

seu uso compartido.

4. Os contornos virtuais de aprendizaxe que se empreguen nos centros docentes sos-


tidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos, deseña-
dos polos centros docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e
deberán contribuír á extensión do concepto de aula no tempo e no espazo.

Artigo 36. Promoción de estilos de vida saudables

1. Os centros docentes deberán incluír, dentro do seu proxecto educativo e funcional, un


plan de actividades físicas e hábitos saudables coa finalidade da promoción da práctica de
deporte e exercicio físico e dunha vida activa, saudable e autónoma por parte das alumnas

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50578

e dos alumnos, que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das
correspondentes actuacións.

2. O deseño, a coordinación e a supervisión das medidas que se adopten serán asu-


midos polo profesorado coa cualificación ou especialización adecuada, e de acordo cos
recursos dispoñibles.

Disposición adicional primeira. Ensinanza de relixión

1. As ensinanzas de relixión incluiranse no bacharelato de acordo co establecido na


disposición adicional segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.

2. A consellería con competencias en materia de educación garantirá que, ao comezo


do curso, as nais, os pais ou as persoas titoras legais do alumnado menor de idade poidan
manifestar a súa vontade de que as súas fillas, os seus fillos ou as persoas que tutelen
reciban ou non ensinanza de relixión, así como o alumnado maior de idade.

3. Os centros docentes disporán, nos termos que estableza a consellería con competen-
cias en materia de educación, as medidas organizativas para que as alumnas e os alumnos
cuxas nais, pais ou persoas titoras legais, ou o propio alumnado, no caso de ser maior
de idade, non optasen por cursar ensinanzas de relixión reciban, de ser o caso, a debida
atención educativa. Para tal finalidade, os centros docentes contarán cunha sesión lectiva
de libre disposición en cada un dos cursos do bacharelato.

4. A avaliación da ensinanza da relixión católica realizarase nos mesmos termos e cos


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

mesmos efectos que a das outras materias do bacharelato. A avaliación das ensinanzas
das diferentes confesións relixiosas axustarase ao establecido nos acordos de coopera-
ción en materia educativa subscritos polo Estado.

5. A determinación do currículo da ensinanza de relixión católica e das diferentes confe-


sións relixiosas coas que o Estado subscribiu acordos de cooperación en materia educa-
tiva será competencia, respectivamente, da xerarquía eclesiástica e das correspondentes
autoridades relixiosas.

6. Co fin de garantir o principio de igualdade e a libre concorrencia entre todo o alumna-


do, as cualificacións obtidas na avaliación das ensinanzas de relixión non se computarán
na obtención da nota media para os efectos de acceso a outros estudos, nin para a obten-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50579

ción da mención de matrícula de honra, nin nas convocatorias para a obtención de bolsas
e axudas ao estudo en que deban entrar en concorrencia os expedientes académicos.

Disposición adicional segunda. Aprendizaxe de linguas estranxeiras

1. Na impartición de materias en linguas estranxeiras, os centros docentes aplicarán o


disposto no capítulo IV do Decreto 79/2010, do 20 de maio, sen que iso supoña modifica-
ción dos aspectos regulados neste decreto e na normativa básica estatal correspondente.
Neste caso, procurarase que ao longo da etapa as alumnas e os alumnos adquiran a ter-
minoloxía propia das materias na lingua estranxeira e nas dúas linguas oficiais de Galicia.

2. Os centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan unha parte das ma-
terias do currículo en linguas estranxeiras aplicarán, en todo caso, os criterios para a admi-
sión do alumnado establecidos no artigo 86 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio.

Disposición adicional terceira. Educación de persoas adultas

1. A consellería con competencias en materia de educación adoptará as medidas opor-


tunas para que as persoas adultas dispoñan dunha oferta específica dos estudos de ba-
charelato organizada de acordo coas súas características.

Igualmente, organizará a oferta pública de educación a distancia co fin de dar unha


resposta adecuada á formación permanente das persoas adultas. Esta oferta incluirá o uso
das tecnoloxías da información e da comunicación.

2. Co fin de adaptar a oferta do bacharelato ao principio de flexibilidade que rexe a edu-


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

cación de persoas adultas, na oferta que realice a consellería con competencias en materia
de educación para as devanditas persoas adultas non será de aplicación o disposto nos
puntos 2, 3, 4 e 5 do artigo 23.

3. As alumnas e os alumnos que cursen o bacharelato no marco da oferta específica es-


tablecida pola consellería con competencias en materia de educación para persoas adultas
obterán o título sempre que obtivesen avaliación positiva en todas as materias dos dous
cursos de bacharelato, ou en todas as materias, agás unha. Neste último caso, deberanse
reunir as condicións seguintes:

a) Que o equipo docente considere que a alumna ou o alumno alcanzou as competen-


cias clave e os obxectivos vinculados a ese título.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50580

b) Que non se produciu un abandono da materia por parte da alumna ou do alumno,


conforme os criterios establecidos por parte dos centros no marco do disposto pola conse-
llería con competencias en materia de educación.

c) Que a alumna ou o alumno se presentou ás probas e realizou as actividades necesa-


rias para a súa avaliación, incluídas as da convocatoria extraordinaria.

d) Que a media aritmética das cualificacións obtidas en todas as materias da etapa cur-
sadas que, como mínimo, se requiran para a obtención do título pola modalidade pola que
se remata sexa igual ou superior a cinco. Neste caso, para os efectos do cálculo da cua-
lificación final da etapa, considerarase a nota numérica obtida na materia non superada.

4. Así mesmo, o alumnado que curse estas ensinanzas e se atope en posesión dalgún
dos títulos a que se refire o artigo 25 poderá obter o título de bacharel mediante o procede-
mento previsto no devandito artigo.

5. Correspóndelle á consellería con competencias en materia de educación a organi-


zación de probas para que as persoas maiores de vinte anos poidan obter directamente o
título de bacharel, sempre que demostren alcanzar os obxectivos e as competencias clave
do bacharelato. As devanditas probas, que deberán contar coas medidas de accesibilidade
universal e as adaptacións que precise todo o alumnado con necesidades educativas es-
peciais, organizaranse de maneira diferenciada segundo as modalidades do bacharelato.

Disposición adicional cuarta. Obtención de novas modalidades de bacharelato


CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

As persoas que obtivesen o título de bacharel poderán obter, nos termos que se estable-
zan, calquera das outras modalidades mediante a superación das materias de modalidade
de primeiro e de segundo curso que, conforme o previsto neste decreto, se requiren para
a modalidade elixida.

Disposición adicional quinta. Simultaneidade de estudos

No marco do establecido neste decreto, a consellería con competencias en materia de


educación facilitará a posibilidade de cursar simultaneamente as ensinanzas artísticas pro-
fesionais e a educación secundaria. Con este fin, poderanse adoptar as oportunas medidas
de organización e de ordenación académica que incluirán, entre outras, as validacións e a
creación de centros integrados.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 50581

Disposición transitoria única. Aplicabilidade do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo


que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na
Comunidade Autónoma de Galicia

O Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación


secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, será de
aplicación no segundo curso de bacharelato, durante o curso académico 2022/23, sen
prexuízo do disposto na disposición transitoria segunda do Real decreto 243/2022, do 5
de abril.

Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa

1. Queda derrogado o Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establecen o cu-


rrículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma
de Galicia. Non obstante o anterior, será de aplicación no segundo curso do bacharelato
durante o curso académico 2022/23.

2. Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan


ao disposto neste decreto.

Disposición derradeira primeira. Calendario de implantación

O disposto no presente decreto implantarase para o primeiro curso de bacharelato no


curso escolar 2022/23, e para o segundo curso de bacharelato no curso escolar 2023/24.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento normativo

Facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación


para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo á organización e materias propias
CVE-DOG: q49im5z0-8b37-grl7-aii4-mapma0oaxco6

do seu departamento e ao desenvolvemento deste decreto.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, quince de setembro de dous mil vintedous

Alfonso Rueda Valenzuela


Presidente

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like