You are on page 1of 22

ANO 2010/11

TEMA 7: A área de Coñecemento


do Medio Natural, Social e
Cultural na Educación Primaria

Enfoque, características e propostas de


intervención educativa. Contribución da área Santiago Quiroga García.
ao desenvolvemento das competencias Nedy García García
básicas. Obxectivos, contidos e criterios de OPOSICIÓNS: EDUCACIÓN PRIMARIA
avaliación: aspectos máis relevantes.
Relación con outras áreas do currículo
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN

2. ENFOQUE, CARACTERÍSTICAS E PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA


2.1. Enfoque e características
2.2. Propostas de intervención educativa
2.2.1. Características psicoevolutivas do alumnado

2.2.2. O papel do docente

2.2.3. A escola e a aula

3. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS


3.1. Competencia básica. Concepto e valor
3.2. As competencias básicas e a área de CMNS
4. OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN: ASPECTOS MÁIS RELEVANTES

4.1. Obxectivos
4.2. Contidos
4.3. Criterios de avaliación

5. RELACIÓN CON OUTRAS ÁREAS DO CURRÍCULO

5.1. Área de Lingua Galega, Castelá e Literatura


5.2. Área de Matemáticas
5.3. Área de Educación Física
5.4. Área de Educación Artística
5.5. Área de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

6. PLANS E PROXECTOS

6.1. Plan TIC


6.2. Proxecto Lector
6.3. Proxecto Lingüístico
6.4. Plan de Convivencia
7. APLICACIÓN DIDÁCTICA

8. CONCLUSIÓNS

9. REFERNCIAS DOCUMENTAIS

2
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

1. INTRODUCIÓN

A área de CMNS constitúe un eido formativo esencial na etapa de Primaria. Integrada por
disciplinas que lle achegan un substrato epistemolóxico relacionado co coñecemento de si
mesma, do medio físico e natural, do entorno social, cultural, económico e tecnolóxico,
preparando ao alumnado para relacionarse con eles e desenvolverse adecuadamente entre
eles. Así, o medio entenderase como o conxunto de elementos, fenómenos e procesos que
teñen lugar no entorno das persoas.

Para que a área chegue a adquirir ese significado relacionado coa integración de
coñecemento, experiencia e expresión o profesor debe profundar no coñecemento do currículo
da área, enfoque, características, propostas de intervención, vinculación cos obxectivos e coas
competencias da etapa, o sentido e a dimensión dos seus contidos, as coordenadas do seu
tratamento metodolóxico e o valor dos seus criterios de avaliación.

Este tema pode axudarnos a entender e apreciar este sector de coñecementos e xustificará a
importancia dunha área que pode integrar o saber, sentir, expresar e actuar propio do
alumnado que se atopa nunha etapa de desenvolvemento lóxico- concreto. Para iso,
optaremos por unha “educación compresiva”, na que o docente deixa de ser un depositario de
coñecemento, a constituírse en facilitador das situacións de aprendizaxe dos seu alumnado,
propiciando que “aprendan a aprender”, nun proceso de interacción constante.

A xénese pedagóxica da área de CMNS radica nas teorías educativas da modernidade


pedagóxica que se xeraron desde mediados do S. XVIII. Trátase dun movemento complexo
que protesta contra o racionalismo anticuado que rexía a sociedade da época e que revaloriza
a natureza e a fe nos valores do home, así como a importancia do progreso humano e da
educación. Destacan, entre outros autores, Rousseau, por defender a ultranza o naturalismo;
Pestalozzi, por incorporar novos postulados da pedagoxía social cara unha educación moral;
Fröbel, debido ao seu estudo sobre a educación integral e Herbart, como o primeiro autor que
constrúe unha pedagoxía científica fundamentada na filosofía e a psicoloxía.

A inclusión destes contidos no temario oficial radica na necesidade de ter un marco coherente
da labor docente. A elaboración deste tema é de produción propia, a través da triangulación de
diferentes fontes bibliográficas, pois partimos do modelo de profesor investigador propugnado
pola LOE.

3
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

2. ENFOQUE, CARACTERÍSTICAS E PROPOSTAS DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA

2.1.Enfoque e características
Para definir o concepto de “medio” podemos remitirnos ao R.D. 1513/2006 de 7 de
decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas de Ed. Primaria. Establece que a
noción de medio á que se refire á área, atinxe no só ao conxunto de fenómenos que
constitúen o escenario da existencia humana, senón tamén á interacción dos seres humanos
con ese conxunto de fenómenos.

Por outra banda, o D.130/2007 de 28 de xuño polo que se establece o currículo de Ed.
Primaria na C.A. de Galicia, expón que a área de CMNS ten como finalidade iniciar a
preparación de futuros cidadáns e cidadás para participar na sociedade e interactuar co
entorno comprendendo a realidade na que vive, sendo así capaz de contribuír á mellora e
conservación do mesmo ademais de exercer a cidadanía democrática. É dicir, é a área que
intenta proporcionar recursos para coñecer o entorno cotián, para aprender a vivilo,
respectando, conservándoo e transformándoo para melloralo. Todos os aspectos da área
son concibidos como ámbitos de aprendizaxe desde os cales se fai fincapé na comprensión
da realidade, no desenvolvemento de actitudes críticas e na aceptación das diferenzas,
usando como recurso o coñecemento do entorno propio e o achegamento progresivo ás
realidades diferentes en tempo e en espazo.

Esta área contribúe de forma moi especial ao proceso de socialización de nenos e


nenas, proceso ao que deben contribuír todas as áreas. Contribúe pois ao
desenvolvemento persoal e social do alumnado para a súa integración nun sistema de
valores. Un dos obxectivos desta materia é favorecer que o alumnado constrúa un
coñecemento da realidade partindo das súas propias vivencias e da súa percepción
do mundo, é dicir, desde a subxectividade máis absoluta ata chegar a un coñecemento
máis universal partindo dunha realidade obxectiva e contrastada. Todo este proceso debe
ser gradual e analítico no senso de que se parte dun proceso de ensinanza global que pouco
a pouco vai ser segmentado sen perder de vista a perspectiva integradora e globalizada
desta etapa.

Partimos de que o alumnado de Primaria xa trae uns coñecementos previos,


representacións e disposicións emocionais e afectivas que o definen e identifican dentro do
grupo. Sobre esta base, obxectiva e inmadura, edificaremos o coñecemento que suporá en
moitos casos unha rotura co anterior para chegar ao pleno asentamento do proceso de
ensinanza socialmente consensuado.

4
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

Nesta área búscase que o proceso de aprendizaxe sexa significativo abarcando, mediante
un currículo interdisciplinar, todas as relacións que se establecen entre a natureza, a
sociedade e o home.

É mester que nos primeiros anos de formación, introduzamos un enfoque científico,


adaptado ás idades do alumnado para que poidan entender que a exploración e o
coñecemento do mundo ten unhas bases universais que o xustifican, todo isto partindo do
propio coñecemento e a experiencia previa dos discentes. Mais, é preciso presentar os
avances científico- tecnolóxicos como un proceso dinámico e mudable ao longo da historia,
non como preceptos inmutables do noso devir.

2.2. Propostas de intervención educativa

A intervención educativa en Primaria baséase en desenvolver a autonomía persoal e a


capacidade de orientación espacial da persoa en todas as súas dimensións. En
concreto, a área de CMNS refírese ao entorno no que o alumnado medra e se desenvolve.
Os seus pensamentos, a súa interpretación do mundo e as ideas previas coas que chegan
vanlle servir para integrar novos coñecementos. Estes referentes deben ser aproveitados
polo profesorado para ir construíndo e adaptando os contidos a impartir dunha forma natural
e coherente adaptada ás capacidades do alumnado. Dentro deste proceso, o manipulativo,
o sensorial, a actividade física e psicomotora serán os alicerces sobre os que se
sustente este coñecemento, tal é como promulgaba a educadora e médica María
Montessori no século pasado.

É importante tamén a identificación co grupo social de referencia partindo das unidades


máis pequenas ata chegar ás máis grandes: familia, escola, pobo, provincia, comunidade
autónoma… É importante a implicación e a participación nestes ámbitos desde unha
idade temperá para desenvolver as capacidades de participación activa no social. Dentro
das capacidades que se deben fomentar nesta etapa están as de indagación, exploración
e busca de explicacións ademais de solucións de problemas baseados na propia
experiencia e no intercambio de opinións o que favorece a apertura cara un mundo
plural. A saúde, tanto social como persoal, xoga un papel moi importante nesta materia,
hábitos de hixiene, alimentación e coidado persoal deben combinarse co coidado da
natureza e do entorno, implicando ao alumnado neste coidado, valoración e respecto dos
animais e plantas como patrimonio propio da súa realidade e cultura.

5
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

2.2.1. Características psicoevolutivas do alumnado

Á hora de presentar a materia, o docente debe ter en conta as características


psicoevolutivas do alumnado que, en síntese, son:

- PRIMEIRO CICLO
 Necesitan que o que se experimente teña un resultado visible.
 Esta etapa egocéntrica só lles permite entender o seu propio punto de vista.
 Necesitan centrar a atención nun só aspecto.
 Non precisan xustificacións científicas para todo, nin sequera de causa- efecto.

- SEGUNDO CICLO
 Toman conciencia do principio de conservación e entenden cantidades físicas e
medidas que sexan visibles.
 Superan en parte o seu egocentrismo o que lles permite entender mellor outros
punto de vista.
 Relacionan mellor os fenómenos mediante unha xustificación de causa- efecto.
 Teñen capacidade de entender coñecementos e experiencias fóra do seu
entorno familiar e próximo

- TERCEIRO CICLO
 Son máis reflexivos.
 Son capaces de entender problemas con varias solucións.
 Maior capacidade de abstracción.
 Sistematiza medidas e capacidades.
 Son capaces de reflexionar e deducir por si mesmos planificando e discutindo os
seus argumentos.

2.2.2. O papel do docente

A formación inicial de quen ensine debe ter unha base sólida non só sobre os fundamentos
científicos, senón tamén na construción do coñecemento escolar e do proceso de ensinanza
aprendizaxe. Os obxectivos e os contidos deben estar claramente definidos para o
profesorado, así como os procedementos e os criterios de avaliación. O docente debe
achegar os recursos necesarios para que eses procedementos se leven a cabo,
programando actividades sinxelas co alumnado con materiais e obxectos coñecidos do seu
entorno, así os resultados serán máis interesantes e efectivos.

6
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

Aspectos a ter en conta polo profesor na súa planificación didáctica:

- Partir das ideas previas do alumnado para comprender o que viven a cotío. Exemplo:
Os ciclos vitais: día e noite, o ciclo da auga, da vida, etc.
- Planificar actividades para a resolución de problemas promovendo hábitos e valores
de referencia e ética co medio e co contexto escolar.
- Establecer criterios interdisciplinares entre ciencia, tecnoloxía e sociedade,
favorecendo a investigación e a ansia de aprender.
- Manexo de vocabulario e modelos pedagóxicos adecuados.

2.2.3. A escola e a aula

Hoxe en día grazas as TIC´s moitos experimentos poden ser vistos en vídeos ou en
recursos interactivos que permiten observar fenómenos físicos dunha forma gráfica sen
dificultade nin risco algún. O docente xa non é a única fonte de información que chega a
aula: Internet, prensa, vídeos didácticos, etc. configuran un grupo interesante de
recursos que todo docente debe explorar e desenvolver.

Por tanto, toda aula debe contar con materiais adecuados: de laboratorio sinxelo,
obxectos do entorno, de refugallo, globo terráqueo, mapas, atlas, bibliografía variada,
etc. Deberán convivir con outros materiais que poidan ser elaborados e manipulados
polo profesorado e polo alumnado tales como: maquetas, xogos e aparellos sinxelos.

3. CONTRIBUCIÓN DA ÁREA AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS BÁSICAS

3.1.Competencia básica. Concepto e valor

A L.O. 2/2006, de 3 de maio, de Educación e o D. 130/2007 DE 28 de xuño polo que se

regula o currículo de Ed. Primaria na C.A. de Galicia, incorporan un novo referente na

acción pedagóxica, as Competencias Básicas. O enfoque competencial ten como

sentido básico unha orientación do traballo educativo cara a práctica xa que entende

que a funcionalidade do que se aprende estimula o interese inicial, mantén a atención e

conecta coa finalidade práctica da actividade. Isto non é nada novo na historia da

educación, existe unha linga traxectoria de autores que camiñaban nesta dirección:

Dewey, Montessory, Decroly, Freinet, etc.

Enténdese por competencia (D. 130/2007): “A capacidade de poñer en práctica dunha

forma integrada, en contextos e situacións diferentes, os coñecementos, as habilidades

7
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

e as actitudes persoais adquiridas. O concepto de competencia inclúe tanto os

coñecementos teóricos como as habilidades ou coñecementos prácticos e as actitudes.

Vai máis alá do saber e do saber facer ou aplicar, porque inclúe tamén o saber ser ou

estar”. No marco da proposta realizada pola U.E., identificáronse oito CC.BB. que,

segundo Amparo Escamilla, posúen as seguintes características:

- Adaptación ao contexto: Combinan recursos para medios e situacións distintas.

- Complexidade: Articulan contidos de distinta dificultade e dimensións formativas.

- Creatividade e innovación: Potencian o desenvolvemento creativo do alumnado en

base ao principio de funcionalidade da educación.

- Evolución e educabilidade: Os contidos son susceptibles de cambios en función do

momento de desenvolvemento e do nivel e circunstancias de formación.

- Integración: Pemiten, esixen, potencian e harmonizan contidos de diferentes áreas.

- Reflexión: Apuntan ao desenvolvemento metacognitivo sobre o facer (planificar,

executar e avaliar).

- Responsabilidade: A idea de desenvolvemento e evolución debe estar “iluminada”

pola súa fundamentación en actitudes, normas e valores.

3.2. As competencias básicas e a área de CMNS

Dito isto, esta área contribúe ao desenvolvemento das seguintes competencias:

1. Contribución á “Competencia social e cidadá”

Existen dous eidos da realización persoal que atinxen a esta competencia. Por unha banda, o
das relacións próximas (familia, amigos, etc.), que supón o coñecemento de emocións e
sentimentos en relación cos demais. Un obxectivo desta área é o desenvolvemento de
actitudes de diálogo, de resolución de conflitos, da asertividade e uso das convencións sociais
para facilitar a boa comunicación e o bo estar do grupo. Por outra banda, o outro ámbito
trascende ás relacións próximas para abrirse ao barrio, o municipio, a Comunicade, o estado, a
Unión Europea, etc. Comprender a súa organización, as súas funcións, os mecanismos de
participación cidadá e os cambios que se produciron no tempo, que permitirán coñecer ás
raíces históricas das sociedades actuais. Neste senso, o currículo vai alén de aspectos
conceptuais, para desenvolver destrezas e habilidades e, sobre todo, actitudes.

8
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

2. Contribución á competencia no “Coñecemento e a interacción co mundo físico”


Moitas das aprendizaxes que integra están totalmente centradas na interacción do ser humano
co mundo que o rodea. A competencia vaise construíndo a través da apropiación de conceptos
que permiten interpretar o mundo físico, así como do acercamento a determinadas
características do método co que se constrúe o coñecemento científico: saber definir
problemas, estimar solucións posíbeis, elaborar estratexias, deseñar pequenas investigacións,
analizar resultados e comunicalos.

3. Contribución á competencia no “Tratamento da información e competencia dixital”

En primeiro lugar, a información aparece como elemento imprescindible nas aprendizaxes da


área, esta información preséntase en diferentes códigos, formatos e linguaxes e require, polo
tanto, procedementos diferentes para a súa comprensión. Ler un mapa, interpretar un gráfico,
observar un fenómeno ou utilizar unha fonte histórica esixe procedementos diferenciados de
busca, selección, organización e interpretación. Por outra banda, desenvolverase a
competencia dixital mediante a utilización básica da computadora, o manexo dun procesador
de textos, a busca guiada en Internet, etc.

4. Contribución á competencia en “Comunicación lingüística”

A área contribúe ao aumento significativo da riqueza no vocabulario específico e á mellora


cualitativa dos intercambios comunicativos: claridade na exposición, rigor no emprego dos
termos, estruturación do discurso, síntese, etc. Ademais, requirirán unha atención específica o
desenvolvemento de textos informativos, explicativos e argumentativos.

5. Competencia para “Aprender a aprender”

Favorecerá o desenvolvemento de técnicas para aprender, para organizar, memorizar e


recuperar a información, tales como resumos, esquemas ou mapas mentais que resultan
especialmente útiles nos procesos de aprendizaxe desta área. Por outra parte, a reflexión
sobre que se aprendeu, como se fixo e o esforzo por contalo, oralmente e por escrito,
contribuirá ao desenvolvemento desta competencia.

6. Contribución á “competencia artística e cultural”

Céntrase no coñecemento das manifestacións culturais, a valoración da súa diversidade e o


recoñecemento daquelas que forman parte do patrimonio cultural.

7. Contribución á competencia en “Autonomía e iniciativa persoal”

Ao ensinar a tomar decisións desde o coñecemento dun mesmo, tanto no ámbito escolar como
na planificación de forma autónoma e creativa de actividades de ocio.

9
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

8. Contribución á “Competencia matemática”

Utilizaranse ferramentas matemáticas en contextos significativos de uso,tales como medidas,


escalas, táboas ou representacións gráficas.

4. OBXECTIVOS, CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN: ASPECTOS MÁIS

RELEVANTES

4.1.Obxectivos

Segundo o Dicionario de Pedagoxía (CARIDE e TRILLO, 2010): “Os obxectivos constitúen


unha guía inmediata para a planificación da aprendizaxe e un referente indispensable para
levar a cabo a avaliación do grao de desenvolvemento dos diferentes tipos de capacidades
adquiridas polo alumnado e, consecuentemente, das competencias básicas”.

Segundo o D. 130/2007, os obxectivos para esta área son os seguintes:

 Comportarse de acordo cos hábitos de saúde e coidado persoal mostrando unha actitude de
aceptación e de respecto polas diferenzas individuais.
 Identificar e analizar as características, organización e interaccións de aspectos relevantes
do entorno natural, social e cultural.
 Promover un sentimento positivo de pertenza a grupos sociais de referencia: familia, escola,
estado, cultura europea… desde posicións solidarias e respectuosas.
 Identificar o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico galego, defendéndoo e
conservándoo.
 Recoñecer, valorar e apreciar a existencia de identidades sociais e culturais diversas
(costumes, lingua, intereses, celebracións…).
 Identificar e resolver interrogantes e problemas relacionados co entorno usando estratexias
de busca, selección e tratamento da información.
 Expresar e comunicar os contidos da área de maneira persoal e creativa, seleccionando e
interpretando datos, procesos, feitos, etc.
 Participar activamente no traballo en grupo, planificando e realizando tarefas conxuntas,
dialogando e argumentando as propias opinións e contrastándoas coas de outros.
 Identificar, analizar e valorar criticamente a intervención humana no medio e o seu impacto a
curto e longo prazo.
 Recoñecer no medio natural, social e cultural, cambios e transformacións relacionadas co
paso do tempo.
 Planificar e realizar proxectos e aparellos sinxelos vencellados coa vida cotiá e familiar.
 Utilizar de maneira responsable e creativa as TICs.

10
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

4.2.Contidos

Os contidos “son os elementos que constitúen o obxecto directo de aprendizaxe para o


alumnado e o medio imprescindible para conseguir o desenvolvemento de obxectivos e
competencias básicas”. Os contidos agrúpanse en bloques que non son unidades
independentes, nin deben entenderse como unha proposta de organización didáctica.
Polo contrario, nós, o profesorado, debemos atopar fórmulas de carácter integrador e
globalizado que permita ao alumnado adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos,
sucesos e problemas de forma integral. Segundo o D. 130/2007, son:

BLOQUE 1: Os seres humanos e a saúde integra coñecementos, habilidades, destrezas e


actitudes encamiñados ao coñecemento do propio corpo e das interaccións deste cos demais
seres humanos e co medio, á prevención das condutas de risco e á toma de iniciativas para
desenvolver e fortalecer comportamentos responsables e estilos de vida con calidade e
saudables. Recolle tamén o coñecemento de si mesmo para valorarse como ser diferente así
como para respectar a diversidade e para facilitar o equilibrio emocional.

BLOQUE 2: As plantas e os animais, oriéntase basicamente ao coñecemento, respecto e


aprecio polos seres vivos, xunto a aspectos relativos aos beneficios e coidados que precisan e
ao interese por conservar a biodiversidade da Terra.

BLOQUE 3: A vida en sociedade, inclúe contidos orientados á comprensión do


funcionamento da sociedade a partir da análise de organizacións próximas e dunha
aproximación ao coñecemento das institucións galegas, españolas e europeas.

BLOQUE 4: O medio físico espazo e materiais, inclúe contidos que van desde a percepción e
a representación espacial ata o universo, pasando polo clima e a súa influencia, a auga e o seu
aproveitamento, os fenómenos físicos, as substancias e os cambios químicos, así como a
capacidade das persoas para actuar sobre eles.

BLOQUE 5: O paso do tempo, inicia o alumnado a apreciar os cambios e o paso do tempo,


inclúe contidos relativos á súa medida e o achegamento á súa conceptualización a partir da
historia persoal, do tempo familiar e local, axudando a sentar as bases para un pensamento
cronolóxico. Pode tamén abordar a vida noutros tempos (alimentación, as achegas de mulleres
e homes relevantes da historia de Galicia, de España e de Europa, o vestiario, as festas, os
xogos infantís, algúns aspectos do patrimonio artístico galego...) a partir da caracterización
dalgunhas sociedades de épocas históricas.

11
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

BLOQUE 6: Máquinas, aparellos e tecnoloxías, inclúe os contidos que se refiren á


alfabetización nas tecnoloxías a través do traballo con máquinas e aparellos relacionados coa
vida doméstica e cotiá, así como coas TIC (tecnoloxías da información e da comunicación).
Este bloque desenvolverá a participación igualitaria de nenas e nenos na utilización de
aparellos, máquinas e tecnoloxías coa finalidade última de formar unha cidadanía activa e
unhas persoas participativas, críticas, responsables e intelixentes no seu uso.

PRIMEIRO CICLO

Bloque 1. Os seres humanos e a saúde.

 Identificación do home e da muller como seres vivos. Comparación cos outros seres
vivos.
 Identificación das partes do corpo humano. Observación das partes do corpo que
permiten a relación co medio.
 Observación de igualdades e diferenzas entre as persoas. Aceptación do propio corpo e
do das demais persoas coas súas limitacións e posibilidades.

Bloque 2. As plantas e os animais.

 Identificación das características dos seres vivos e das súas funcións vitais. Diferenzas
entre seres vivos e obxectos inertes.
 Observación dun ser vivo no seu medio natural ou reproducindo o medio na aula
(acuario, plantación), rexistro elemental da observación e contraste dos datos entre
compañeiras e compañeiros.
 Observación directa de animais e de plantas con instrumentos apropiados e con medios
audiovisuais e tecnolóxicos.

Bloque 3. A vida en sociedade.


 Identificación dos diferentes ámbitos aos cales se pertence: familia, escola,
aldea/vila/barrio e cidade, Galicia.
 Recoñecemento da diversidade de familias. Valoración da importancia da participación e
da corresponsabilidade nas tarefas domésticas.
 Identificación das persoas que compoñen a comunidade educativa: recoñecemento das
súas tarefas e responsabilidades. Valoración da importancia da participación activa na
aula e no centro.

12
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais.


 Utilización de técnicas sinxelas para orientarse mediante a observación do medio físico
e humano.
 Observación, descrición e representación sinxela do espazo habitual. Introdución ao uso
de planos da escola, da casa ou da localidade. Deseño de planos non convencionais.
Elaboración de maquetas simples con identificación de espazos e funcións.
 Observación da paisaxe próxima e identificación dalgunhas formas de relevo.
Representación do observado mediante debuxos e maquetas sinxelas. Identificación
dalgúns exemplos familiares da acción humana no contorno (presas, devasas, canteiras,
estradas, pontes).

Bloque 5. O paso do tempo.

 Utilización das nocións básicas de tempo (antesdespois, pasado-presente-futuro,


duración) e das unidades de medida (día, semana, mes, ano) en feitos cotiáns e propios.
 Observación dos cambios nas persoas ao longo do tempo. Recoñecemento das
diversas etapas da vida.
 Realización de traballos sobre a historia persoal e familiar previa, investigación na propia
familia utilizando fontes orais e iconográficas e/ou fotográficas. Elaboración de árbores
xenealóxicas.

Bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías.


 Observación e clasificación (con criterios variados e consensuados) de aparellos e
máquinas sinxelas do contorno identificando a súa utilidade.
 Observación do funcionamento de aparellos domésticos e da escola, das partes que os
componen e da enerxía que necesitan para funcionar. Identificación de elementos que
poidan xerar risco e adopción de comportamentos que contribúan á seguridade persoal
e das demais persoas.
 Hábito de consulta de fontes de información variadas (dicionarios, enciclopedias,
revistas, monografías) para resolver situacións problemáticas da vida cotiá (guía
telefónica, teléfonos habituais de emerxencia, planos da poboación, rede de
autobuses…).

SEGUNDO CICLO

Bloque 1. Os seres humanos e a saúde.


 Recoñecemento dos cambios físicos e persoais nas diferentes etapas da vida das
persoas.

13
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

 Identificación das partes externas do corpo e algúns órganos importantes para o


funcionamento do corpo humano.
 Valoración da importancia dos sentidos na relación co medio e co resto dos seres
humanos. Descrición do seu papel e formas para o seu coidado habitual.

Bloque 2. As plantas e os animais.


 Identificación de animais e de plantas como seres vivos. Observación e comparación
das diversas maneiras en que os seres vivos realizan as función vitais utilizando
instrumentos apropiados e medios audiovisuais e tecnolóxicos da maneira máis precisa
e rigorosa posible.
 Identificación de cambios observables que se producen nos seres vivos e na natureza
ao longo do ano. Observación e rexistro sistemático do crecemento de plantas e animais
do contorno próximo. Elaboración de esquemas que permitan resumir as información
observadas.
 Recoñecemento das principais características dos animais vertebrados e dalgúns
invertebrados. Clasificación de animais a partir de características observables.

Bloque 3. A vida en sociedade.


 Identificación e representación gráfica da organización da comunidade educativa.
Recoñecemento e uso das canles de participación democrática activa na vida e nas
actividades do centro.
 Identificación das relacións interpersoais presentes nun grupo ou nunha comunidade
(veciñanza, compañeirismo), e valoración da cooperación e do diálogo como forma de
construír plans comúns e de evitar e resolver conflitos. Recoñecemento dos dereitos e
deberes das persoas. Responsabilidade ante a elaboración e o cumprimento das
normas de convivencia.
 Identificación das manifestacións culturais do contorno, recoñecendo a súa evolución no
tempo e valorándoas como elementos de cohesión social. Recoñecemento de
costumes, de tradicións e de trazos diferenciais do patrimonio galego.

Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais.


 Utilización de técnicas de orientación no espazo relacionadas cos puntos cardinais.
 Recoñecemento e uso de aspectos básicos (cromatografía, signos convencionais,
lendas) que lle permitan ao alumnado, de xeito elemental, situarse no lugar onde vive a
través da lectura de mapas e planos.
 Iniciación ao uso de planos e mapas da aldea, vila, localidade, cidade.

14
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

Bloque 5. O paso do tempo.


 Utilización de unidades de medida temporal (década, século) e aplicación das nocións
de sucesión, ordenación e simultaneidade na análise da evolución dalgún aspecto da
vida cotiá ao longo do tempo (vivenda, transporte, vestiario, alimentación, xogos infantís,
festas), diferenciando o tempo biolóxico do tempo histórico.
 Utilización de documentos escritos, dixitais e audiovisuais para obter información
histórica, coa posterior selección e contraste da información, uso de técnicas de rexistro
e representación e elaboración de distintos traballos sobre o pasado familiar e próximo,
comunicando a información con diversas estratexias.
 Aproximación a sociedades dalgunhas épocas históricas a partir do coñecemento de
aspectos da vida cotiá.

Bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías.


 Realización de gráficos que relacionen oficios e profesións (modista-modisto, cociñeira-
cociñeiro, albanel, etc.) cos materiais, ferramentas e máquinas (máquina de coser,
tesoiras, forno, paleta...) que utilizan.
 Identificación da enerxía que fai funcionar as máquinas de uso cotián e doméstico e
algúns operadores mecánicos (eixe, roda, polea, plano inclinado, engrenaxe, freo,
panca, manivela, etc.).
 Manipulación e observación do funcionamento de obxectos, aparellos e máquinas
sinxelas (bicicleta, xoguetes móbiles, tesoiras, rodas, manivelas, espremedor, batedor,
reloxo, pinzas, culleres de xeado, inxeccións, triturador, alicate).

TERCEIRO CICLO

Bloque 1. Os seres humanos e a saúde.

 Identificación dos diferentes aparellos e sistemas do corpo humano recoñecendo as


súas funcións principais.
 Recoñecemento da nutrición como unha función vital para os seres humanos.
Identificación dos aparellos relacionados con ela (aparellos respiratorio, dixestivo,
circulatorio e excretor).
 Valoración positiva dos hábitos de hixiene e dos estilos de vida saudable.

Bloque 2. As plantas e os animais.

 Observación do desenvolvemento das principais funcións vitais de plantas e animais do


medio próximo. Identificación da estrutura e dos órganos grazas aos cales poden
realizar esas funcións.

15
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

 Utilización guiada de claves e de guías de animais e de plantas para a clasificación e


identificación dalgunhas especies existentes en Galicia.
 Sensibilidade pola precisión e o rigor na observación de animais e de plantas.

Bloque 3. A vida en sociedade.

 Participación activa na escola como unha aprendizaxe para a vida en democracia.


Recoñecemento da diversidade de opinións e da necesidade do seu intercambio e da
difusión de informacións por variadas canles.
 Análise do funcionamento de organizacións próximas. Comparación coa organización de
Galicia e do Estado español. Valoración da participación cidadá nos ámbitos local,
autonómico e estatal.
 Elaboración dun organigrama simple onde se reflicta o funcionamento dunha das
entidades públicas estudadas.

Bloque 4. O medio físico: espazo e materiais.

 Identificación e diferenciación de diferentes representacións (planos, fotografías aéreas,


maquetas, mapas, globo...) sobre un espazo.
 Utilización guiada de planos e de mapas para orientarse e desprazarse, para localizar
lugares e itinerarios, aspectos do mundo físico e político, interpretando o cromatismo, as
lendas e os signos convencionais máis habituais.
 Preparación conxunta de visitas e realización de itinerarios para recoñecer elementos da
paisaxe e do relevo.

Bloque 5. O paso do tempo.

 Uso da periodización convencional (idades) e das convencións de datación (antes da


nosa era, despois da nosa era).
 Uso representacións para situar diversos momentos evolutivos e históricos, e para
percibir a duración, a simultaneidade e a relación entre acontecementos.
 Elaboración de ficheiro de vocabulario colectivo específico relacionado cos cambios ao
longo do tempo.

Bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías.

 Distinción de modos de produción artesanal e industrial e observación das ferramentas,


aparellos, útiles e máquinas implicadas.

16
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

 Investigación sobre a evolución dun obxecto, aparello (teléfono, radio, televisión,


ordenador, neveira...) ao longo da historia.
 Recoñecemento das aplicacións dos obxectos e das máquinas, e da súa utilidade para
facilitar a realización de determinadas actividades humanas.

4.3.Criterios de avaliación

Como criterios de avaliación, enmarcados en maior medida nunha avaliación formativa,


continua e orientada á valoración da consecución das competencias básicas, establécense os
seguintes:

PRIMEIRO CICLO

 Identificar semellanzas e diferenzas entre as persoas valorando a diversidade.


 Identificar e describir algúns recursos fundamentais para os seres vivos (auga, aire), e a
súa relación coa vida das persoas, tomando conciencia da necesidade do seu uso
responsable.
 Recoñecer e clasificar con criterios elementais os seres vivos máis relevantes do
contorno do alumnado, utilizando instrumentos e procedementos adecuados.
 Valorar positivamente a práctica de determinados hábitos asociados á hixiene, á
alimentación equilibrada, ao exercicio físico e ao descanso.
 Recoñecer, identificar e poñer exemplos sinxelos sobre as principais profesións e
responsabilidades que desempeñan as persoas do contorno.
 Recoñecer algunhas manifestacións culturais presentes no ámbito escolar, local e
galego, valorando a súa diversidade e riqueza.
 Identificar algúns dos medios de transporte máis comúns do contorno e valorar o seu
uso, respectando as normas básicas de seguridade viaria.

SEGUNDO CICLO

 Coñecer as partes externas do corpo e algún órganos importantes para o seu


funcionamento.
 Identificar, valorar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento
persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico, descanso...
 Recoñecer e explicar, recollendo datos e utilizando aparellos de medida, as relacións
entre algúns factores do medio físico (relevo, solo, clima, vexetación...) e as formas de
vida e actuacións das persoas, amosando unha actitude respectuosa cara á
conservación do medio e cara ao mantemento do equilibrio ecolóxico.

17
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

 Identificar e clasificar animais, plantas e rochas, recoñecendo as características básicas


de determinadas especies de acordo con criterios científicos.
 Identificar, a partir de exemplos da vida cotiá, algúns dos principais usos que as persoas
fan dos recursos naturais e algunhas das consecuencias negativas dos usos
inadecuados. Analizar o proceso seguido desde a súa orixe ata o seu consumo.
 Sinalar algunhas funcións das organizacións e institucións municipais e do contorno
próximo e a súa contribución ao funcionamento da sociedade, valorando a importancia
da participación activa nelas a través de mecanismos democráticos.

TERCEIRO CICLO

 Identificar algúns dos usos que as persoas fan dos recursos naturais e da enerxía, así
como algunhas das consecuencias negativas dos usos inadecuados, valorando o seu
impacto a curto e longo prazo. Propor exemplos dos efectos da contaminación sobre as
persoas, as plantas, os animais e os seus contornos, así como diferentes formas de
previr ou reducir a contaminación do aire, da auga e da terra.
 Recoñecer a diversidade de paisaxes de Galicia e de España e a necesidade de
preservar a riqueza paisaxística e patrimonial. Analizar algúns axentes físicos e
humanos que conforman as paisaxes, e poñer exemplos do impacto das actividades
humanas no territorio ao longo do tempo.
 Identificar e localizar os principais órganos implicados na realización das funcións vitais
do corpo humano, establecendo algunhas relacións fundamentais entre eles e
determinados hábitos de saúde.
 Identificar, describir e analizar procesos de cambio e transformacións (sociais, culturais,
económicas e tecnolóxicas) no contorno, provocadas polo incremento das
comunicacións e dos bens e servizos, reflexionando sobre as causas da desigualdade
no acceso a eles.
 Recoñecer e valorar a diversidade cultural e lingüística de Galicia e de España.

5. RELACIÓN CON OUTRAS ÁREAS DO CURRÍCULO

5.1.Área de Lingua Castelá e Literatura

Esta área está na base de todo proceso de aprendizaxe xa que mediante a linguaxe se
constrúe o pensamento e o coñecemento, sendo a mesma linguaxe a que serve como
medio de comunicación nas súas diferentes acepcións: linguaxe icónica, xestual, oral,
escrita, visual…

18
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

Na área de CMNS atopámonos cun gran número de actividades e procedementos nos


que a globalización coa lingua e a literatura axudarannos a comprender a forma de vida
doutras culturas de pobos e lugares en diferentes épocas históricas.

5.2.Área de Matemáticas

A linguaxe matemática serve para establecer vínculos entre o mundo real e o


pensamento abstracto. Fórmulas, números, cálculos, gráficas, unidades de medida, etc.
forman parte dos recursos empregados para a resolución de problemas na vida cotiá.

5.3.Área de Educación Física

Dentro dos contidos que se traballan na área de CMNSC atópanse o coñecemento do


propio corpo, o seu funcionamento, órganos e aparatos que o conformas, ademais de
fomentar hábitos de vida saudable e o coidado do corpo e do entorno.

5.4.Área de Educación Artística

Dado que a identidade dun pobo ben dada basicamente pola lingua e pola cultura,
debemos facer alusión á área de Ed. Artística. O respecto e a sensibilidade cara as
culturas do entorno son a base para o desenvolvemento e coñecemento das posibles
formas de linguaxes artísticas. Danza, folclore, literatura e crenzas populares…

5.5. Área de Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos

É especialmente significativa a relación desta área coa de CMNSC xa que ambas tratan
de coñecer, entender e integrar as diferentes culturas e costumes sociais nun afán de
lograr a socialización da persoa nun entorno de convivencia pacífica e democrática.

6. PLANS E PROXECTOS

6.1.Plan TIC

Tal e como ser recolle no Decreto 130/2007, de 28 de xuño polo que se establece o
currículo de Ed. Primaria na C.A. de Galicia, no Anexo V especifica que “todos os
centros educativos deberán elaborar un plan no que se introduzan as TICs como un
recurso máis dentro do proceso de ensinanza- aprendizaxe. O obxectivo deste plan é
que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia
dixital que lle permita dispor de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar
información, para transformala en coñecemento”.

19
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

Na área de CMNS as TICs xogan un papel primordial, xa que permite coñecer


experiencias a través de vídeos, imaxes, textos explicativos nos que se poden visualizar
experimentos científicos e fenómenos físicos e sociais que axudarán a unha mellor
comprensión crítica das diferentes culturas. A busca de información, a participación en
foros, a realización de Webquest… son recursos pedagóxicos dispoñibles que favorecen
a consecución das CC.BB., tanto na aula como fóra dela.

6.2.Proxecto Lector

Un dos proxectos que se introducen coa LOE é o lector, que pretende entre os seus
obxectivos integrar todas as actuacións do centro destinadas ao fomento da lectura, á
escritura e a adquisición das CC.BB.

Os docentes das diferentes áreas deberán estar implicados no mesmo, fomentando o


uso da biblioteca (escolar e de aula) e todo o equipo docente deberá estar implicado
dentro das actividades a realizar como por exemplo: un documento histórico, un refrán,
un conto popular, unha lectura dun xornal, etc.

O profesorado de todas as áreas debe ademais incluír nas súas programacións ás


actividades previstas no proxecto lector, establecendo un tempo mínimo diario para a
lectura e para prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura.

6.3.Proxecto Lingüístico

No artigo 4 do D. 79/2010, de 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non


universitario de Galicia establécense os seguintes principios xerais:

1. Garantía da adquisición dunha competencia en igualdade nas dúas linguas oficiais de


Galicia.
2. Garantía do máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas
nas dúas linguas oficiais de Galicia, co obxectivo de asegurar a adquisición da
competencia en igualdade nelas.
3. Adquisición dun coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s), nun marco xeral de
promoción do plurilingüismo no sistema educativo de Galicia.
4. Participación e colaboración das familias nas decisións que atinxen ao sistema educativo
co obxectivo de contribuír á consecución dos seus obxectivos.
5. Promoción da dinamización da lingua galega nos centros de ensino.

20
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

En base a estes criterios, a docencia da área de CMNS impartirase en lingua galega.


Atendendo a este Decreto, desenvolverase un proxecto lingüístico contextualizado cuxo
obxectivo é coñecer e avaliar a realidade lingüística de cada discente coa finalidade de
analizar a situación e ofertar novas propostas para mellorala. Ademais, recollera as
medidas de reforzo para o alumnado que non teña un dominio suficiente das linguas a
impartir.

No caso da área de CMNS, na que un dos obxectivos claramente definido é a


conservación do patrimonio cultural, é evidente que a lingua é un dos máis importantes
elementos patrimoniais que identifican a un pobo.

6.4.Plan de Convivencia
Aprender a convivir forma parte das finalidades básicas da educación e constitúe un dos
principais desafíos dos sistemas educativos actuais na procura de sociedades máis
modernas, xustas e democráticas, nas que fenómenos como o acoso escolar, a
violencia doméstica, a violencia de xénero, o maltrato... non teñan cabida. Nesta liña, o
Plan de Convivencia de cada centro educativo debe propiciar cambios positivos nos
modelos de organización escolar, nos currículos, no profesorado, na formación
permanente do mesmo, no alumnado, nas relacións coas familias; é dicir, no contexto
xeral dos centros escolares.

O Plan de Convivencia debe estar integrado na Programación Xeral anual e debe estar
vencellado ao PAT, co obxecto de coñecer o mellor posible a realidade social do centro.

7. APLICACIÓN DIDÁCTICA

O novo marco lexislativo, alicerzado no desenvolvemento das CC.BB., esixe por parte do
docente o desenvolvemento de actividades que permitan desenvolver no alumnado
habilidades cognitivas que faciliten a aprendizaxe compresiva noutras areas como: a
explicación de hipóteses, a definición de conceptos, a exposición da posible interrelación
entre dous eventos, realización de mapas conceptuais ou esquemas, etc. Esta actividade
intelectual permite que o discente ordene as ideas e busque causas e consecuencias de
orde lóxico, co que se lle abren novas formas de organizar o coñecemento e de aplicación
práctica á súa realidade inmediata.

21
OP OPOSICIÓNS ED. PRIMARIA primariaoposicions@gmail.com

8. CONCLUSIÓN
A área de CMNS debe asentarse nunha metodoloxía baseada na investigación,
exploración e o descubrimento guiado, mediante actividades motivadoras e interactivas que
logren aproveitar a curiosidade e as ansias innatas do alumnado polos novos
coñecementos. Para iso débese invitar aos discentes a preguntar, realizar experimentos
con eles en clase, observar fenómenos físicos e naturais, entendendo e xustificando o por
que dos mesmos ademais da reflexión crítica e o fomento do respecto e coidado da
natureza.

9. REFERNCIAS DOCUMENTAIS

9.1.Bibliografía

Harlem, W. (1998): “Enseñanza y aprendizaje de las ciencias”. Madrid: Morata.

Friedl, A. (2002): “Enseñar ciencias a los niños”. Barcelona: Gedisa.

9.2.Normativa legal
Decreto 130/2007, de 28 de xuño polo que se establece o currículo de Ed. Primaria na
C.A. de Galicia.

Decreto 124/2007 de 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no


sistema educativo.

Decreto 85/2007, de 12 de abril polo que se crea e se regula o Observatorio de


Convivencia Escolar.

Orde de 23 de novembro de 2007, pola que se regula a avaliación de Ed. Primaria na


C.A. de Galicia.

9.3. Webgrafía
Base de datos sobre educación: <www.mec.es/redinet>. En liña. [8/08/09].

Portal educativo da Xunta de Galicia: <www.edu.xunta.es>. En liña. [8/08/09].

Centro de Investigación e Documentación Educativa: <www.mec.es/cide>. En liña.

[8/08/09].

Instituto de Tecnoloxías Educativas: <www.ite.educacion.es>. En liña. [8/08/09].

Educalia: Portal Educativo. <www.educalia.org>. En liña. [8/08/09].

Educanet: Portal Educativo. <www.educanet.net>. En liña. [8/08/09].

22

You might also like