You are on page 1of 8

Facultade de Ciencias da Educación

Atención a Diversidade
Prof. Pablo Franco
Curso Académico 2021- 2022

1º Tarea Grupal: análise da Orde do 8 de Setembro de


2021

Aida Fernández Villar

Daniel Riádigos Hermida


Nesta primeira tarefa grupal teredes que facer unha análise da ORDE do 8 de setembro de
2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a
atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de
Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de
maio, de educación.

Os aspectos a analizar son os seguintes:


● Breve resumo dos aspectos máis importantes de cada capítulo.
● Como se concretiza o tratamento da inclusión na escola.
● A coherencia entre ambos documentos (Decreto e Orde)
● Que regula sobre o alumnado con altas capacidades.
Por último consensuaredes unha reflexión final sobre o voso parecer en relación a utilidade
ou aplicación desta normativa.

1. Resumo dos aspectos máis importantes de cada capítulo

Capítulo 1: destacan os principios de actuación que, no marco dos principios e dos fins da
Lei orgánica 2/2006, guían as actuacións dos equipos directivos, do profesorado titor, do
resto do profesorado e dos servizos de orientación educativa e profesional.

Capítulo 2: trata sobre a atención ao alumnado con necesidade específica de apoio


educativo, un dos piares do Decreto 229/2011, do 7 de decembro. Conceptualízase a
diversidade do alumnado con necesidade específica de apoio educativo e se articulan con
precisión a avaliación psicopedagóxica e o informe psicopedagóxico, aspectos de suma
importancia no axuste da atención educativa para este alumnado.

Capítulo 3: trátase a escolarización do alumnado, desde a consideración da súa promoción


e a súa permanencia no sistema educativo. É un capítulo en que se abordan tanto as
modalidades de escolarización como o procedemento para as escolarizacións nas
modalidades distintas da ordinaria.

Capítulo 4: elaboración e aplicación de determinadas medidas educativas de atención á


diversidade e o propio Plan xeral de atención á diversidade, abórdanse a conceptualización,
o deseño e o desenvolvemento da maioría das medidas, tanto ordinarias como
extraordinarias. Ocupa un lugar singular o Plan xeral de atención á diversidade, por poñer
en valor a autonomía de cada centro docente e o seu compromiso coa atención a cada
alumno/a, no seu propio contexto e dentro dos principios de calidade, equidade e inclusión.

Capítulo 5: trata sobre os recursos necesarios para garantir a equidade e a inclusión,


considerando tanto os recursos de tipo material como os de tipo profesional. E entre estes,
os profesionais, existe unha referencia específica ao persoal auxiliar coidador, ao persoal
intérprete de lingua de signos e ás familias. Tamén se desenvolve neste capítulo a
singularidade dos centros de educación especial como centros de referencia e apoio, e a
organización das ensinanzas impartidas neles.

2
Capítulo 6: abórdanse a participación, a colaboración e a coordinación de todas as persoas
que participan na educación do alumnado. Entendendo que no labor educativo,
especialmente na súa vertente formativa, teñen que participar, nunha liña de colaboración e
en adecuada coordinación, as familias e aquelas administracións, entidades, asociacións e
outras organizacións sen ánimo de lucro que, dalgún xeito, participan na promoción do
desenvolvemento do alumnado. Destaca neste capítulo a necesidade de coordinación entre
o profesorado, nunha vertente tanto vertical como horizontal, e a colaboración entre os
centros docentes, por seren favorecedores da inclusión e da atención á diversidade.

Capítulo 7: trata o desenvolvemento social e emocional do alumnado, xunto coa protección


e a promoción do talento, trata de destacar a importancia de considerar o desenvolvemento
destes desde un punto de vista global; por iso se resalta que, xunto co seu
desenvolvemento curricular, hai que atender a todo o que facilita o seu desenvolvemento
social e emocional, por seren aspectos que contribúen, de forma moi relevante, na
conformación da identidade persoal de cadaquén.

Capítulo 8: aborda outro aspecto necesario para que as organizacións educativas


contribúan ao benestar de todas as persoas que as conforman e, ao mesmo tempo, fagan
posible acadar verdadeiros estándares de calidade en todo o que ten que ver cos procesos
de ensino e de aprendizaxe: o desenvolvemento persoal e profesional do profesorado, a
formación, a innovación e a calidade. Indícanse actuacións que os centros docentes deben
deseñar e desenvolver para promoveren o benestar do profesorado e a súa actualización
profesional, considerando a formación permanente, a innovación desde a mesma práctica
docente e algúns dos factores promotores de calidade.

2. Cómo se concretiza o tratamento da inclusión na escola.

Comezar mencionando que case ó principio da Orde se recolle que son conscientes do
necesario para unha verdadeira inclusión, o cal definen da seguinte forma:

Necesítase realizar un grande esforzo na cualificación do profesorado, tanto na súa


formación inicial como na permanente; necesítase un sistema educativo e unha
sociedade que promovan o desenvolvemento de todos os talentos de cada alumna e
de cada alumno; cómpre un tecido educativo e social comprometido coa
investigación, coa innovación e co aproveitamento tecnolóxico; precísase unha
sociedade inclusiva e comprometida coas persoas máis vulnerables. (Orde do 8 de
Setembro, 2021)

Como podemos ver, teñen en mente os diferentes aspectos que conforman una educación
que sería inclusiva, tratando tanto o esforzo do profesorado, pasando por unha sociedade e
un sistema educativo inclusivo, ademais da importancia tamén da investigación e
innovacións tecnolóxicas as cales poden axudar bastante neste proceso. Todos eles deben
de traballar entrelazadamente para que se poda chegar a esa inclusión.

3
No capítulo 1 espérase do profesorado da área, materia, ámbito ou módulo, que leven a
cabo a utilización de estratexias metodolóxicas promotoras da inclusión, da solidariedade,
do traballo en equipo, do respecto á diferenza e da convivencia de todo o alumnado, e
informar o profesorado titor sobre o desenvolvemento persoal, social e educativo do
alumnado que atende.

No capitulo 3 recóllese dentro da promoción da escolarización e o seu control, o feito de que


para garantir a inclusión do alumnado no centro docente e a súa atención educativa se
deseñarán e aplicarán programas específicos de atención a diversidade para este alumnado
que presente dificultades de inserción e/ou de adaptación. Seguindo esta liña, no capítulo 4
mencionase que as programacións didácticas ao alumnado deberán estar guiadas tamén
mediante un estilo pedagóxico e unha metodoloxía que siga culturas de inclusión e
diversidade, promovendo sempre esta inclusión

Nos atopamos no capítulo 5 coa definición dos recursos necesarios para levar a cabo esta
inclusión na educación, todos seguindo este principio. Entre eles se recollen os recursos
materiais, profesionais, o persoal auxiliar como coidador, os intérpretes de lingua de signos
e guías-intérpretes de persoas con xordocegueira nos centros docentes, os cales se
menciona que deberán colaborar cos equipos docentes e coas persoas que interveñan no
proceso educativo favorecendo a súa inclusión e a eliminación de barreiras á comunicación,
tanto mediante a utilización da lingua de signos como colaborando no uso doutros sistemas
aumentativos e/ou alternativos de comunicación. Tamén os centros de educación especial
que servirán como apoio e referencia aos centros ordinarios e a existencia de programas de
formación para a transición a vida adulta nos que se terán en conta a súa inclusión social e
laboral

Trátase no capítulo 6 a coordinación entre centros docentes, a cal definen como un


mecanismo importante de inclusión so alumnado polo seu valor no coñecemento e no
axuste inicial á realidade de cada alumna e de cada alumno

Por último mencionase no capítulo 7 a importancia na protección e promoción dos talentos


do alumnado xa que asenta unha gran parte da inclusión educativa e do desenvolvemento
persoal. Para iso consideran que é labor do sistema educativo identificas as habilidades ou
competencias das alumnas e alumnos, non só as de tipo instructivo.

3. A coherencia entre ambos documentos (Decreto e Orde)

O decreto 229/2011, do 7 de decembro, posúe un carácter de complementaridade cos


decretos da Comunidade Autónoma de Galicia, que establecen a ordenación xeral das
ensinanzas non universitarias, centrándose na atención á diversidade. O decreto
estructúrase en nove capítulos.

4
No capítulo 1, de disposicións xerais, establécense o obxecto do decreto, ámbito, concepto
de atención á diversidade e os principios xerais da atención. O concepto de “atención á
diversidade” da orde tómase directamente do exposto no decreto, e o ámbito é o mesmo,
pero descrito con outras palabras. En relación ós principios xerais, tampouco se atoparon
incoherencias.

No Capítulo 2, establécense as actuacións e medidas de atención á diversidade, tanto as


relacionadas coa Administración educativa, coma a dos centros docentes. Aparece unha
diferenciación entre actuacións comúns e extraordinarias, e por último recóllese o Plan
Xeral de Atención á Diversidade, destinado a cada centro docente. Este Plan, recollido no
Capítulo 4, sección 3ª, da Orde, non mostra grandes incoherencias: tanto no Decreto como
na Orde recóllese que o Departamento de Orientación será o encargado de realizalo, e a
súa elaboración será supervisada polos servizos de Inspección Educativa. En ambos
establécese que o Plan debe estar aprobado polo Consello Escolar. A estructura é descrita
no Decreto, e a Orde simplemente fai referencia ó artigo correspondente.

O Capítulo 3 refírese á escolarización, establecendo os principios e as modalidades da


escolarización, priorizando sempre a ordinaria fronte á realizada en unidades ou centros de
educación especial. Os principios xerais establecidos son similares. As modalidades de
escolarización tamén son as mesmas, recolléndose o centro ordinario como centro
preferente, centro ordinario de escolarización preferente, centros de educación especial e
escolarización en unidades especiais dentro dos centros ordinarios.

O Capítulo 4 fai referencia á promoción, control da escolarización e circunstancias do


tratamento singularizado desa escolarización, coa finalidade de que a formación
permanente esté presente ó longo da vida. Na Orde, a promoción trátase na Sección 4 do
Capítulo 3. Os protocolos de control, seguimento e prevención de absentismo son similares,
e na Orde recóllense as liñas de actuación do Plan autonómico de promoción da
escolarización e formación, as cales non aparecen no Decreto.

O Capítulo 5 trata sobre o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo,


conceptualizando e describindo os procedementos para a súa identificación, avaliación e
informes. A concepto de “alumno con necesidades específicas de apoio educativo” contén
unha pequena variación, aparecendo na Orde a “situación de vulnerabilidade
socioeducativa”, e no Decreto referíndose como “condicións personais”. Por outra banda, a
Orde ofrece unha definición, por separado, de cada alumno, atendendo á necesidade
específica. A detección temperá é recoñecida en ambos documentos como algo
imprescindible, e a avaliación inicial é “factor preventivo por excelencia”, non existindo
discrepancia entre ambas lexislacións. Por outra banda, a avaliación psicopedagóxica
considérase fundamental, sendo competencia e responsabilidade da xefatura do
departamento de orientación, coa colaboración do equipo de orientación específico. Na
Orde aparece reflectido que no informe psicopedagóxico realizado débese obter información
sobre o contexto sociofamiliar, aspecto que non se recolle no Decreto. A Orde exténdese
moito máis que o Decreto neste punto.

5
No Capítulo 6 recóllense os recursos destinados, e faise referencia á importancia da
autonomía que os centros teñen na súa distribución e aproveitamento. Tanto na Orde coma
no Decreto, establécese que é competencia da Consellería en materia de educación a
dotación dos recursos, os que deberán ser requeridos a través dos informes emitidos polo
centro. Na Orde faise referencia a un “banco de recursos” que non aparece no Decreto. Na
Orde aparece o persoal coidador e a familia como recurso humano. En ambas lexislacións
faise referencia á autonomía dos centros no uso dos recursos.

O Capítulo 7 trata sobre a participación e a coordinación, tanto na comunidade educativa


coma no tocante a outros servizos e institucións, resaltando que son factores
imprescindibles nos procesos de axuste e mellora da labor educativa. Non se atoparon
incoherencias entre a Orde e o Decreto.

O Capítulo 8 destínase á promoción da formación, innovación e mellora da calidade


educativa. En ambas lexislacións destaca a importancia da formación do profesorado en
materia de diversidade e innovación, procurando sempre a mellora da calidade educativa. A
Orde aporta máis información que o Decreto, pero non se encontran incoherencias.

Por último, o Capítulo 9 aborda os procesos de seguimento e avaliación como mecanismos


que garanticen un adecuado tratamento da diversidade, e axuden no proceso de orientación
dos procesos de reaxuste ou mellora constante. Tampouco se encontran incoherencias.

En xeral, podemos dicir que non existe unha discordancia entre a Orde e o Decreto, pois
este último é a base do primeiro. A Orde é máis extensa, e aporta máis información, sobre
todo no tocante ó desenvolvemento emocional e social do alumnado

4. Que regula sobre o alumnado con altas capacidades.

No capítulo 2 nos atopamos unha pequena contextualización sobre este alumnado na que
se menciona que caracterízanse por ter un potencial elevado nalgunha ou nalgunhas áreas
do desempeño humano, en comparación cun grupo de referencia e as súas posibles
manifestacións, diferénciase a precocidade, o talento e a superdotación. Recollen que se
considera a este alumnado con alta capacidade o que presenta unha capacidade intelectual
igual ou superior a 130 de cociente intelectual, un alto nivel de creatividade e persistencia
nas tarefas de alta complexidade intelectual ligadas ás súas áreas de interese. A
responsabilidade e competencia de acreditar esta capacidade queda en mans da xefatura
do departamento de orientación, coa colaboración, de ser o caso, dos equipos de
orientación específicos.

No artigo 49 do capítulo 4 se recolle a existencia de programas de enriquecemento


curricular, os cales son personalizados e destinados ao alumnado de altas capacidades. A
súa finalidade é promover o desenvolvemento dos distintos talentos, dar resposta as súas
inquedanzas, ás potencialidades e ao interesa por aprender que poda manifestar este
alumnado, intentando manter un aspecto moi importante como é a súa motivación.

6
As encargadas de dar a coñecer aos departamentos de orientación as pautas destes
programas serán as persoas especialistas en altas capacidades, pero será o equipo
docente dese alumnado os que os desenvolvan, xunto co asesoramento da xefatura do
departamento de orientación. Se deberán desenvolver na aula ordinaria e terán como
referente o currículo do curso no que estea escolarizado o alumnado con altas capacidades
intelectuais. É competencia e responsabilidade do profesorado da área, da materia, do
ámbito ou do módulo a oferta de actividades e a organización da aula para que a
diversidade do alumnado se beneficie desa medida.

Dentro deste atopamos tamén varios artigos que tratan a flexibilización da duración do
período de escolarización nas súas etapas de educación, non só nas obligatorias. Esta
flexibilización enténdese como a reducción ou a ampliación da permanencia nunha
determinada etapa, por tratarse, respectivamente, de alumnado con altas capacidades
intelectuais ou de alumnado con necesidades educativas especiais.

5. Reflexión final

A Orde analizada neste traballo supón un avance cara á educación inclusiva en Galicia.
Tendo en conta as similitudes coa LOMLOE, observamos a intención, levada a cabo dende
o goberno, para asentar as bases dun sistema educativo onde a atención á diversidade
goce da importancia que sempre debeu posuír.

A importancia da identificación temperá do alumnado con necesidades de apoio específicas


vese reflectido nesta lei. Considérase esto como un punto fundamental para poder ofrecer
unha educación de calidade ás persoas que, polas súas características, precisen dun
axuste na súa formación. Por outra banda, a avaliación e o informe psicopedagóxico son
elementos que facilitarán o axuste da atención educativa.

Na Orde establécese que a Consellería garantirá a dotación de recursos ós centros.


Considérase este aspecto como punto crítico para que a lexislación proposta nesta Orde se
acompañe de efectos favorables na calidade da educación. Identificar ó alumno con
necesidades, e sobretodo, ofrecerlle unha educación de calidade, constitúe unha tarefa
complexa, que require de profesionais formados, os cales deben contar co tempo necesario
para realizar as súas tarefas. Se a situación dos centros educativos no referente a recursos
humanos non cambia, os propósitos desta Orde serán difíciles de levar a cabo. Tendo en
conta que o Decreto, de 2011, xa regulaba a dotación dos recursos, deséxase unha
resposta máis realista dende a Administración, proporcionando o persoal e o material
necesario. Destacar o persoal coidador, do que se fai mención nesta Orde, como persoal de
apoio fundamental.

7
Referencias Bibliográficas:

Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Xunta de Galicia (2021). ORDE


do 8 de setembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro,
polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia en que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei
orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211026/AnuncioG0598-211021-0005_gl.html

Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Xunta de Galicia (2011).


DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do
alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten
as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20111221/AnuncioC3F1-151211-9847_gl.html

You might also like