You are on page 1of 18

GUÍA DO CURSO

G2201034 – A posta en práctica da acción


titorial
"Unha peza individual só ten significado,
cando a vemos coma parte dun todo"
Hegel
Índice

 Descrición do curso 3
 Persoas titoras 3
 Obxectivos 4
 Competencias profesionais do profesorado 5
 Contidos 5
 Metodoloxía 8
 Seguimento e desenvolvemento do curso 10
 Comunicación coas persoas titoras 12
 Avaliación 12
 Aplicación práctica nas aulas 14
 Requerimentos para seguir o curso 14
 Protocolo de participación en cursos Platega 15

2
Descrición do curso

Curso dirixido ao profesorado que imparte docencia na Educación Infantil, Educación


Primaria e Educación Secundaria, interesado en afondar nos principios básicos da acción
titorial e en coñecer recursos prácticos de cara ao desenvolvemento das súas funcións
como profesorado-titor/a. Ao longo do curso analizaremos os fundamentos da acción
titorial como un factor de calidade educativa, e veremos como poñer en práctica a
acción titorial no centro educativo. O curso está estruturado en catro módulos que se
complementan entre si, coma un crebacabezas, de xeito que o último está vencellado á
creación dun produto final e peche da formación:
✗Co (E)laborar o PAT, un módulo de carácter teórico relacionado cos principios básicos
da acción titorial, realízase un repaso a diferentes temáticas estreitamente vencelladas
coas funcións e tarefas específicas da titoría, e as liñas básicas.
✗InformaR e XestionaR, é un módulo específico sobre o manexo de expediente e a
plataforma corporativa o XADE onde subir a información sobre o alumnado e a achega
ás familias, ás cualificacións, e ao Abalar móbil. Tamén tratamos aspectos relacionados
coa protección de datos, datos sensibles, e a identidade dixital.
✗CO-oRDINAR, este módulo trata dos aspectos de coordinación que se leva a cabo nas
titorías centradas en medidas de Atención á Diversidade, onde as persoas titoras teñen
un grande peso nos tres ámbitos da comunidade educativa: alumnado, profesorado e
familias.
✗ConstruiR e EmocionaR, este último módulo é unha compilación de diferente
información en relación á convivencia, estratexias para o estudo, promoción da vida
saudable e a toma de decisións.
Persoas titoras

Susana Vila Rodríguez Javier Álvarez Camba


Mestra de Audición e Orientador educativo
Linguaxe, CPI Dr, López Suárez,

CEIP Nosa Señora das Dores Escairón


CEIP Xan Xoan Bautista Ourense
CeiP Soutelo de Montes
@Xaviorientacion
@ReCAntosdaAula

3
Fátima García Rodríguez
Mestra de Educación Musical
CEIP de Valeixe
A Cañiza

@Fa_musg

Obxectivos

O obxectivo final deste curso é que adquiras as competencias profesionais docentes


descritas no seguinte apartado, Ao rematar este curso serás quen de desenvolver a
función titorial cun grupo de alumnas e alumnos.

Especificamente, este curso pretende:

1.Potenciar o valor da acción titorial no nivel educativo por parte de todo o profesorado
que favoreza o desenvolvemento persoal e social.

2.Facilitar unha formación específica no nivel titorial proporcionando os recursos


precisos que permitan o traballo colaborativo entre o profesorado e entre profesorado
e o alumnado.

3.Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e as implicacións coa comunidade


educativa.

Competencias profesionais do profesorado

Segundo o modelo de Competencias Profesionais Docentes da Rede de Formación da


Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través deste curso
formaraste prioritariamente nas seguintes competencias e subcompetencias:
Competencia 1: Membro dunha organización. Educador/a guía no proceso de
aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado.
Subcompetencia 3. Acción titorial, orientación académica e profesional.e atención á
diversidade. Traballaremos todas as obrigas propias da titoría: orientar no proceso de
aprendizaxe atendendo ás especificidades sociais e persoais de cada individuo e de cada

4
grupo e aos diferentes estilos de aprendizaxe dos/as alumnos/as, respectando os tempos
de cada individuo e exercitando a escoita activa. Garantirá tamén a inclusión e axudará ao
alumnado a construír os seus propios esquemas de coñecemento.

Competencia 3: Interlocutor/a e referente na comunidade educativa. Xestión e


promoción de valores e convivencia, compromiso persoal e ético.
Subcompetencia 13. Habilidades persoais, sociais e relacionais. Estratexias de
mellora. Traballaremos técnicas de xestión emocional e estratexias de organización e
xestión da educación que posibiliten a interacción efectiva co alumnado, familia e
profesorado, converténdose en referencia de asesoramento institucional e pedagóxico.
Controlará técnicas, procedementos, materiais e recursos de orientación que lle
permitan fomentar todas as diversidades, así como amosar proximidade e empatía ao
alumnado, os seus sentimentos e emocións, e á súa contorna. Dentro da comunidade
educativa traballará de xeito asertivo con disciplina e compromiso.
O modelo completo das competencias profesionais docentes pode ser consultado en
diferentes formatos: Acceso ao modelo.

Contidos
1.A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.

2.Os fundamentos da acción titorial.

3.A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.

Os contidos do curso distribúense en 4 módulos de traballo, máis un modulo inicial de


presentación do curso. Ademáis do material descrito en cada apartado adxuntamos
información de interese e recursos para completar cada un dos módulos,
A carga de traballo estimada comprende un total de 60 horas.

5
Módulo 1. Co (E)laborar o PAT
✗A titoría reactiva e proactiva
✗A titoría, que é?. Planificación dunha titoría.
✔ A Titoría ✗Niveis de actuación.
✗Funcións profesorado-titor: alumnado, profesorado, e familias.
✗Tarefas específicas do profesorado-titor.
✗Webgrafía e recursos

✗Que é?
✗Obxectivos.
✗Liñas básicas da acción titorial
✗Estrutura dun PAT
✔ O PAT
✗Desenvolvemento da acción titorial
✗Funcións e Actividades: alumnado, profesorado e familias
✗Programas para enriquecer o PAT.
✗Bibliografía e recursos.

Módulo 2. In-formar e XestionaR


✗ Xestión da títoría a
través do XADE e do ✗Xestión a través do XADE
ABALAR móbil ✗Xestión a través do ABALAR móbil
✗Web corporativa. Onde atopalos?
✗Convivencia: procedemento corrector, absentismo escolar
✗Atención educativa domiciliaria
✗Urxencia sanitaria. Enfermidades crónicas
✗Acoso. Ciberacoso.
✗Atención temperá
✔ Protocolos e
✗Igualdade
Normativativa
✗Risco suicida
lexislativa
✗Tdha
✗S.Down e Discapacidade Intelectual
✗TEA
✗Alumnado con discapacidade auditiva
✗Alumnado con Altas Capacidades
✗Dislexia e Dificultades específicas de aprendizaxe

✗Principios.Consentemento
✔LOPD. Protección de ✗Datos especialmente protexidos. Datos de saúde
DATOS ✗Obrigas: titoría, Equipos directivos, profesorado, familias, alumnado.
✗A rede. Identidade dixital

✗Atopar información
✗Plans e programas
✗Contratos programa
✗Plans Proxecta
✔Información
✗Plan Lía. Bibliotecas Escolares
Corporativa
✗Convenios de colaboración con entidades
✗Espazo ABALAR
✗Ecosistema Dixital Galego. Servizos e Información institucional

6
Módulo 3. CO_oRDINAR
✗ Escolas inclusivas e saudables. Diversidades e Accesibilidade.
✗A linguaxe inclusivas
✗Elementos de inclusión na escola. Tecnoloxía e uso pedagóxico.
✔ Diversidade e
✗DUA. Deseño Universal de Aprendizaxe.
Accesibilidade.
✗Medidas Educativas e Organización en base á lei
Escolas Inclusivas
✗Atención individualizada
✗ATE. Auxiliar Técnico Educativo
✗Profesorado de Apoio PT e AL.

✗Elaboración de ACS. Infantil, Primaria, ESO


✗Dúbidas Curriculo de referencia.
✗Xestión de materias pendentes
✔ Adaptacións
✗XADE. Avaliacións ACS
Curriculares.
✗Contidos dunha ACS
✗Ferramentas para a elaboración e tramitación.
✗AC a debate. Artigo reflexión.

✔Atención á ✗ Medidas ordinarias


diversidade na FP ✗A flexibilización modular

Módulo 4. ConstruiR e EmocionaR


✗Con-vivir, con-vivindo
✗Principais conflitos
✗Afrontar o conflito
✗A mediación. Dinámicas
✔ Convivencia positiva
✗Recanto de mediación. Normas
Infantil
✗A formación na convivencia
✗Estratexias mellora do comportamento.
✗O poder da linguaxe
✗Estratexias e mellora do comportamento

✗Capacitándonos. Eu só
✗Atención sostida
✔Técnicas de Estudo
✗Memoria
en Infantil
✗Organización da información.
✗Tratamento e Interpretación

✗Recursos para o alumnado na titoría:


✗Comprensión lectora
✔ Ingredientes para o ✗Expresión escrita. Chaves para a redacción dun traballo.
estudo ✗Ubicación do estudo
✗Estratexias de estudo
✗Exposicións orais

✗Proceso de toma de decisións:


✗Itinerarios Educativos. Mapa do Sistema Educativo Actual.
✗Actuacións:
✗Paso de Primaria a ESO
✗ Decidímonos
✗A toma de decisións 3º e 4º ESO
✗Chaves para elixir BAC/FP
✗Familias profesionais.
✗Decisións á saida laboral

✗ Promoción Saúde ✗Que é a EpS?

7
✗Como se fomenta?
✗Recursos para a titoría:
✗Consumo de tabaco. Concienciación
✗Alcol. Concienciación.
✗Fenómeno botellón
✗Consumo Cannabis
✗Trastornos alimentación
✗Fomento do exercicio físico.
✗Fomento da igualdade no deporte
✗Saúde postural.

Ademais contaremos con:

•Módulo de presentación e actividades iniciais: onde adicaremos a primeira semana


do curso a tomar contacto coa aula virtual e presentarmos á comunidade de
aprendizaxe do curso nun foro (este trámite é imprescindible pois de non facelo
causarías baixa e substituiríache outra persoa). Aproveitaremos para repasar os
coñecementos previos sobre a temática.

•Módulo de proxecto final e avaliación: todas as aprendizaxes, actividades, e tarefas


oriéntanse cara a adquisición e capacitación para desenvolver na nosa práctica
educativa as dúas subcompetencias traballadas ao longo deste curso. Neste módulo
final revisaredes, a través dunha lista de control, se tedes ben feitas todas as tarefas
obrigatorias propostas no curso, e poderedes realizalas novamente se queredes corrixir
erros ou aumentar a vosa puntuación. Avaliando este curso, así coma a titoría avaliará a
adquisición das dúas subcompetencias propostas.

Metodoloxía

O curso obedece á modalidade de formación a distancia a través da plataforma Platega.


Isto supón que todos os materiais e recursos estarán dispoñibles en dita plataforma e
que as comunicacións e intercambios de información entre o profesorado participante
no mesmo e os titores do curso, terán lugar no contexto que ofrece a mesma.
O traballo do profesorado participante neste curso sobre a acción titorial terá varias
vertentes:
•Por unha banda, desenvolverase un traballo individual que consistirá na lectura
comprensiva dos materiais que aparecen en cada un dos módulos nos que se

8
estrutura o curso e participar nas tarefas de reflexión, que aínda que non son
avaliables fomentan a interactividade e o debate sobre a práctica docente e
xeran un enriquecedor exemplo de boas prácticas.
•Por outra, cada participante deberá realizar unhas tarefas obrigatorias que
puntuarán para a obtención da certificación do curso, deseñadas
expresamente para cada módulo. Estas tarefas poderá consistir na realización de
reflexións persoais, guións de traballo ou propostas de intervención.
•Tamén teredes que participar obrigatoriamente nun foro de reflexión en cada un
dos módulos deste curso. A devandita participación non se avaliará (ao ser un
foro de reflexión, dificilmente podemos cualificar as opinións dos participantes).
Para poder realizar algunha das tarefas dos módulos, teredes que participar
neste foro de reflexión, supeditado ao contido da tarefa que non será visible
mentres non interveñades no foro. Dende a titoría consideramos que o
intercambio de opinións, reflexións, pensamentos..., resulta moi enriquecedor
para a adquisición das subcompetencias propostas.

En cada módulo haberá un foro habilitado onde o alumnado poderá propoñer dúbidas,
comentarios ou suxestións sobre as temáticas que se abordan.

9
Seguemento e desenvolvemento do curso.

Os diferentes contidos do curso estrutúranse en 4 módulos, como as partes dun


crebacabezas, cunha carga de traballo total estimada de 60 horas. A estrutura de cada
un dos módulos é a mesma:
1.Folla de ruta; onde se poderá consultar toda a información sobre o módulo: contidos,
tarefas,
2.Compartir e comunicar: onde atoparás un foro de consultas, para expor as túas
dúbidas e axudar aos teus compañeiros e compañeiras a resolver as súas.
3.Informarse e aprender: os paquetes de contidos da temática tratada.

4.Traballar e avaliar: deste apartado atoparás un foro de reflexión e as tarefas


obrigatorias que terás que realizar.
A secuencia lóxica de traballo é a orde na que aparecen. Os temas permanecerán
visibles durante o curso pero só poderemos ver a información inicial de presentación e a
folla de ruta de cada módulo; o resto dos contidos iranse abrindo seguindo a
planificación do curso.
Para a superación do curso será preciso realizar as tarefas que se solicitarán en cada
módulo a través da participación no foro de reflexión e/ou o envío de traballos. As
tarefas presentadas serán cualificadas tal e como se describen nas follas de ruta e
concretamente en cada tarefa, indicando a obrigatoriedade e as datas de entrega.
As tarefas son cualificables. Deben realizarse nos períodos de tempo asignados,
calculados en función da súa dificultade, complexidade... As especificacións das tarefas e o
formato e forma de entrega sinálase en cada caso na propia tarefa.
Cando se abra o último módulo de Proxecto final e avaliación, os participantes non terán
que realizar ningunha tarefa. Comprobarán se teñen todas as tarefas entregadas.
Poderán volver a realizar e enviar as tarefas non entregadas ou cualificadas como non
apto. Importante sinalar que todos os módulos poderán ser recuperados a excepción do
Módulo inicial, que deberá completarse dentro do prazo establecido na táboa seguinte:

10
Cadro de temporalización do curso
Módulo 0. Para comezar ...benvida e presentación
Nº Actividade Datas
Tarefa de presentación a través dun Portfolio
Información da aula virtual Do 10 de outubro ao 17 de
outubro
Participa nun curso virtual en Platega (non prorrogable)
Cal é o teu punto de partida?
Módulo 1. Co (E)laborar o PAT
Nº Actividade Datas
Folla de ruta
Información de apoio
Do 11 de outubro ao 24 de
Elaboración dunha carta de servizos outubro
Completar un cartaz que reúna un docente
proactivo
Reflexión colectiva
Módulo 2. In-Formar e XestionaR
Nº Actividade Datas
Folla de ruta
Información de apoio
Preparando a xuntanza de familias Do 25 de outubro ao 14 de
Elaboración e deseño dun documento novembro
informativo
Reflexión colectiva
Módulo 3. Co-ORDINAR
Nº Actividade Datas
Folla de ruta
Información de apoio
Planifica unha sesión DUA
Do 15 ao 28 de novembro
Xustificar unha medida de atención á
diversidade
Reflexión colectiva
Módulo 4. ConstruiR e EmocionaR
Nº Actividade Datas
Folla de ruta Do 29 de novembro
Información de apoio ao 12 de decembro

11
Resolución de conflitos na aula
Programando unha sesión de TTI
Base de datos colaborativa sobre a Promoción
da Saúde na educación
Reflexión colectiva
Proxecto Final e avaliación do curso
Folla de ruta
Información da apoio
Lista de control para a revisión das tarefas
feitas ao longo do curso Do 13 ao 19 de decembro
Avaliación do curso
Avaliación das subcompetencias e certificación
do curso

Comunicación coas persoas titoras

Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras
cousas que debes de facer é presentarte á comunidade de aprendizaxe. Para iso
atoparás en todos os cursos no primeiro módulo un Foro de presentación de
participantes.

Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao resto da comunidade de


aprendizaxe, coma aos titores e titoras do curso.

Existen varias opcións de comunicación coa túa titora ou o teu titor:


➔ A través dos foros existentes en cada curso, por exemplo, o foro do módulo ou foro
de avisos e anuncios. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é decir, calquera
participante no curso poderá ler as túas intervencións no foro ou posts.
➔ A través do sistema de mensaxería interna da plataforma. As mensaxes enviadas por
este medio son privados entre ti e o teu comunicante, xa sexa o/a titor/a ou calquera
outro participante.

Avaliación

Os criterios de avaliación especificaranse no enunciado de cada tarefa. Os participantes


poderán consultar as súas cualificacións no apartado correspondente do curso dentro
da plataforma PLATEGA, comprobando deste xeito a súa evolución. O proceso de
retroalimentación realizarase en cada tarefa, a través das cualificacións acadadas ou
ben, cando as persoas titoras así o consideren preciso, con indicacións máis específicas
e persoais, empregando para elo a mensaxería interna da plataforma.

12
En calquera caso, a corrección das tarefas, en concreto aquelas que resulten avaliadas
negativamente, posibilitará unha nova entrega das mesmas coas modificacións
necesarias para que a avaliación sexa positiva.
Ademais, como indicamos na temporalización do curso, temos programado un período
extraordinario de recuperación daquelas tarefas que sexan cualificadas como non aptas
ou que estean sen presentar dentro do prazo establecido como de duración do módulo.

Avaliación das tarefas

Nas actividades de formación en rede será indispensable para obter a certificación a


avaliación positiva do 80 % do peso das tarefas propostas.
Indicar que a tarefa proposta nalgúns módulos consta de dúas partes, e que deberán
ser realizadas en conxunto para acadar a cualificación total do módulo.
Achegamos, a continuación un cadro onde se especifica a carga lectiva asignada a cada
unha das tarefas e a escala de avaliación a empregar.

CADRO DE AVALIACIÓN DAS TAREFAS


Nome da tarefa % valor no curso Escala utilizada
Foro de presentación 0 Completo/incomp.
Participación nun curso virtual en Platega 0
Cal é o teu punto de partida? 0
Total módulo de presentación 0
1.1. Elaboración dunha carta de servizos 10 Guía corrección
1.2.a. Foro de reflexión: como ten que ser un
0
titor/a e que debe evitar
1.2.b. Completar un cartaz que reúna un
10 Guía corrección
docente proactivo.
Total módulo 1: Co(E)laborar o PAT 20
2.1. Preparando unha xuntanza coas familias 10 Guía corrección
2.2.a. Foro de reflexión: uso de redes sociais e
0
mensaxería na función de xestión e información
2.2.b. Elaboración e deseño dun documento
10 Guía corrección
informativo
Total módulo 2: In-formaR e XestionaR 20
3.1.a. Foro de reflexión: estratexias para
0
mellorar a inclusión dende a acción titorial
3.1.b. Planifica unha sesión DUA 14 Guía corrección
3.2. Xustificar unha medida de atención á 6 Guía corrección

13
diversidade
Total módulo 3: CO-oRDINAR 20
4.1.a. Foro de reflexión: chaves para mellorar a
0
convivencia escolar dende a acción titorial
4.1.b. Resolución de conflitos na aula 8 Guía corrección
4.2. Programando unha sesión de TTI 8 Guía corrección
4.3. Base de datos colaborativa sobre a
4 Guia corrección
promoción da saúde en educación
Total módulo 4: ConstruiR e EmocionaR 20
Avaliación da subcompetencia 3 10 Escala valoración
Avaliación da subcompetencia 13 10 Escala valoración
Total proxecto final 20
TOTAL CURSO 100

Para a realización de determinadas tarefas é necesario intervir previamente no foro de


reflexión do módulo. Tanto nas follas de ruta como nos foros veñen detalladas as
instrucións para a realización das tarefas.

Aplicación práctica nas aulas

As aprendizaxes realizadas ao longo deste curso dotarante das subcompetencias


profesionais docentes necesarias para levar a cabo as funcións titoriais dun grupo clase.
As competencias adquiridas poderás aplicalas para o desenvolvemento da función
titorial co teu grupo de alumnos e alumnas.
Neste curso non se esixe ningunha realización práctica na aula. Aínda así, a maior parte
dos contidos traballados poden ser aplicados no contexto da clase, moi especialmente
no desenvolvemento de sesións de titoría ou nas xuntanzas e/ou entrevistas que se
leven a cabo coas familias do alumnado. Suxírese que esta posible posta en práctica se
presente nos foros coa finalidade de ser coñecida e comentada por todo o profesorado
participante neste curso de formación.

Requirementos para seguir o curso

Para a realización deste curso é necesario ter un ordenador con conexión a internet e
unha conta de correo @edu.xunta.gal
14
Tamén é necesario, para a realización das diferentes tarefas propostas, dispor dun
software de procesador de textos cun nivel de usuario de manexo de procesador de
texto, tipo writter, word,.., e ter un dominio nivel usuario de procura de información na
internet.
Sería interesante tamén dispor dun smartphone (aínda que non é necesario, xa que non
se desenvolverá ningunha actividade obrigatoria sobre este tema) para poder practicar
os contidos relacionados con abalar móbil.

Protocolo para participar nos cursos Platega


Os cursos ofertados en Platega contribuirán ao desenvolvemento das competencias
profesionais docentes establecidas pola Rede de Formación do profesorado galego. Os
participantes nestes cursos guiaranse polo seguinte Protocolo:
1.As persoas participantes en cursos Platega deben empregar a súa conta de correo
institucional (++++++++@edu.xunta.gal) para a inscrición en Fprofe e realización dun curso na
Rede. A vía oficial de comunicación é esta conta de correo sendo responsabilidade do ou da
participante consultala coa frecuencia necesaria e mantela sempre operativa (contrasinal
actualizado, cota de almacenamento non excedida…).
2.A normativa que regula as actividades formativas na Rede atópase na Orde do 14 de Maio de
2013 e mais no plan anual de formación do profesorado. Calquera dúbida ao respecto debe
consultarse coa persoa coordinadora do curso.
3.A coordinación do curso é a encargada das cuestións administrativas do curso tales como a
súa apertura e peche, baixas de participantes, atender en segunda instancia as solicitudes de
revisión das cualificacións emitidas mentres o curso estea aberto e calquera outra de índole
organizativo ou de certificación.
4.A titoría encárgase de dinamizar os foros, resolver as dúbidas e consultas feitas nos foros do
curso ou por mensaxería interna, revisar e cualificar as tarefas, atender en primeira instancia as
solicitudes de revisión das cualificacións emitidas.
5.No momento da selección as persoas inscritas recibirán un correo no que serán informadas da
súa situación:
1.Seleccionado/a: deberán confirmar ou renunciar á súa participación no prazo indicado
no correo electrónico. Despois dese prazo enténdese que a persoa renuncia á súa
participación e o propio sistema (Fprofe) xestionará a renuncia. En caso de ter
dificultades que impidan confirmar dentro do prazo será preciso poñerse en contacto coa
persoa coordinadora do curso por correo electrónico.
2.Non admitido/a: non poderán participar por ter xa superado o mesmo curso, non ter
destino asignado, atoparse en situación de incapacidade temporal ou estar realizando
outra actividade en Platega nas mesmas datas.
15
3.Reserva: formarán parte da lista de reservas e poderán resultar seleccionadas nos días
posteriores, polo que é importante consultar o correo de maneira frecuente.

6.O día da apertura do curso recibirá a mensaxe de apertura da persoa coordinadora do curso
na que atopará a ligazón ao curso. Recibirá tamén a mensaxe de benvida da persoa titora coas
primeiras instrucións para comezar o curso.
7.En Platega (https://www.edu.xunta.gal/platega) deben entrar no curso canto antes e consultar
a información, tarefas, contidos… así como a Guía do curso no módulo de presentacións pois
cabe a posibilidade de que fose actualizada.
8.É imprescindible iniciar o curso presentándose no Foro de presentacións do curso durante os
primeiros días do curso. De non facelo causará baixa e perderá o dereito a participar en
actividades formativas durante o resto do curso escolar en aplicación do artigo 7.8 da Orde do
14 de Maio de 2013.
9.Unha vez iniciado o curso os abandonos comunicados á titoría ou á coordinación e non
xustificados debidamente provocarán a exclusión da actividade e a perda do dereito a participar
en actividades formativas durante ese curso escolar.
10.As comunicacións dos participantes coa coordinación ou coa titoría do curso realizarase
a través dos foros de consultas e dúbidas do curso. En caso de necesitar algunha comunicación
que non se considere que se deba compartir en tales espazos públicos, cando fale de situacións
persoais ou privadas, utilizarase a mensaxaría interna do curso: Bloque lateral “Mensaxes”
11.Cando xurdan dúbidas ou problemas consultaranse os foros de consultas e dúbidas do
tema correspondente. No caso de non atopar resposta ou solución engadirase un fío novo
poñendo un título significativo, evitando títulos xenéricos, describindo a dúbida ou o problema
con todos os datos necesarios. A titoría responderá por ese mesmo medio nun prazo máximo de
48 horas, salvo en fins de semana, festivos, vacacións. Os participantes poden, e deben,
axudarse entre eles polo que calquera participante poderá responder as dúbidas ou problemas
formulados polos compañeiros e compañeiras.
12.As intervencións en foros, e en xeral no curso, deben ser respectuosas co resto dos
participantes. As comunicacións nos espazos públicos da aula virtual deberán ser orientadas á
formación nas competencias obxecto do curso, e non se empregarán como medio de difusión de
cuestións persoais, alleas á materia do curso.
13.Envío, avaliación e cualificación das tarefas
1.As tarefas cualificables deben entregarse nos prazos establecidos na Guía do curso.
2.Se despois da primeira avaliación e cualificación pola titoría non se acadase a máxima
puntuación, poderase reenviar ata en dúas ocasións máis para revisala, mellorala,
completala… seguindo as indicacións da titoría. Estes tres envíos realizaranse dentro do
prazo asignado ao módulo correspondente; para facilitar isto evitarase o envío de

16
tarefas nos últimos días dos prazos dos módulos e posibilitar, se procedese, o seu
reenvío dentro do seu prazo.
3.Unha vez rematado o prazo e se non se tivesen esgotados os tres envíos, poderase
enviar unha vez durante a seguinte semana ao remate do módulo correspondente, sen
posibilidade de novos reenvíos, salvo que a titoría o permita por non ter podido revisala
no seu prazo debido á acumulación de tarefas para revisar coincidindo co final do
módulo.
4.Chegados ao final do curso a titoría poderá permitir o reenvío excepcional de tarefas
que sumen un 10 % de puntuación total aos participantes que acumulen o 70 % sen
chegar ao 80 % do total das puntuacións e deste xeito poder chegar á puntuación
mínima para certificar a formación.

14.Se no curso se realizasen tarefas, actividades, traballos... en grupos colaborativos atenderase


aos prazos sinalados e colaborarase cos participantes do grupo para non prexudicar a ninguén.
15.As tarefas e actividades presentadas deberán ser orixinais. Se se detectasen tarefas
plaxiadas anularanse e perderase a súa puntuación correspondente a elas. No caso de que dúas
ou máis persoas presentasen a mesma tarefa a sanción aplicarase a todas elas.
16.Se no curso se realizasen “Talleres” de auto e coavaliación prestarase especial atención ás
datas das súas fases de envíos e de avaliación, pois non respectar os seus prazos demora e
prexudica a todo o grupo. Quen non entregase o seu traballo ou non realizase as coavaliacións
nos prazos establecidos no calendario do taller perderá a puntuación desa Tarefa.
17.Reclamación das cualificacións das tarefas
1.Cando un participante estime que unha cualificación recibida nunha das tarefas
avaliables do curso ou no proxecto final non se axusta ao establecido nas especificacións
do curso poderá solicitar a súa revisión mediante un correo electrónico dirixido á persoa
titora no que xustificará o motivo.
2.Se a titoría non respondese nun prazo de 48 horas, o participante poderá solicitar a
revisión de cualificacións obtidas nas tarefas perante a coordinación do curso mediante
correo electrónico.
3.Recibirá a resolución da revisión mediante correo electrónico da titoría. No caso de que
a titoría ratifique a súa cualificación, o participante recibirá un correo electrónico coa súa
xustificación. A coordinación do curso recibirá copia deste correo electrónico co cal
queda presentada perante a coordinación.
4.Se a coordinación ratifica a cualificación e persiste a desconformidade, poderá
presentala ante o director do CAFI en cafi@edu.xunta.gal
18.Ao rematar o curso debería responder a enquisa en Fprofe, da que recibirá aviso no correo
electrónico.
19.O curso, tras o seu remate, permanecerá accesible aos participantes durante o curso escolar
17
de celebración.

18

You might also like