You are on page 1of 20

AEXO IV

PROXECTO DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Orde 23/04/10 - D.O. G. Nº 86 07/05/10

CURSO 2010 - 2011


ÍDICE

1. TÍTULO DO PROXECTO.

2. XUSTIFICACIÓ.

3. AÁLISE DA SITUACIÓ DE PARTIDA.

4. AÁLISE DAS ECESIDADES DE REOVACIÓ E ACTUALIZACIÓ DOS

FODOS DOCUMETAIS.

5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PLA DE MELLORA.

6. TIPO DE ORGAIZACIÓ E FUCIOAMETO.

7. ACTUACIÓS POR TRIMESTRES.

8. HORARIO PREVISTO.

9. CRITERIOS E PROCEDEMETOS DE AVALIACIÓ.

…………….

2
1. TÍTULO DO PROXECTO.

PROXECTO DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

2. XUSTIFICACIÓ.

a.- Xustificación

Solicitamos tomar parte no plan de mellora de bibliotecas escolares de acordo coa

lexislación vixente, o preámbulo e os artigos da LOE sinalados na convocatoria. As nosas

intencións son:

a) A potenciación da biblioteca como recurso para adquirir competencia lectora e

acercamento ó coñecemento de forma autónoma.

b) Desenvolvemento no alumnado de habilidades para a utilización das fontes de

información e do coñecemento de forma crítica. As carencias na realización de

traballos de investigación, búsqueda, selección e presentación da información e o uso

das novas tecnoloxías precisan unha resposta. Pensamos que a Biblioteca Escolar bebe

selo instrumento global e integrador que axude a subsanar estas deficiencias.

c) Desenvolvemento de actividades de fomento do hábito de lectura e un plan lector que

garanta a dedicación dun tempo á lectura na práctica docente de todas as materias.

d) A Biblioteca Escolar como ponte entre o colexio e o seu entorno. A biblioteca como

contedor dun patrimonio universal de palabras e de imaxes é unha ventá que se abre ós

mundos e o entorno máis inmediato. En consecuencia, queremos que o seu usuario non

sexa soamente o profesorado, o alumnado, o persoal non docente; senón tamén os pais

e nais, os antigos alumnos… Queremos que estea vinculada internamente cos distintos

3
ciclos do centro, pero tamén coas bibliotecas públicas da zona e que participe e xere

cultura. Unha Biblioteca Escolar ta na concepción dos seus espazos, no uso de

distintos soportes…; unha biblioteca dinámica na renovación de fondos, nas súas

actividades de dinamización… unha biblioteca participativa na que os usuarios suxiran,

avalíen e tomen parte na súa organización e mantemento.

e) A biblioteca como lugar para a concorrencia idiomática e práctica de respecto pola

pluralidade lingüística e como axente favorecedor da compensación social dos que o

PEC e PCC do centro son impulsores. Queremos que a biblioteca sexa espello e motor

da tolerancia, da convivencia, da integración, de hábitos de traballo individual e

colectivo, da asunción de responsabilidade e autonomía no traballo. Somos conscientes

de que a biblioteca por si soa non resolve todos os problemas que xustifican a

necesidade do seu funcionamento e do seu plan de mellora, pero si queremos que o

profesorado, o alumnado e todo usuario poida atopar nela un estímulo para a súa

formación permanente.

f) Polas inquietudes plasmadas a través dos obxectivos expostos a continuación, o CEIP

O Castiñeiro propón o seguinte Plan de Mellora para o seu estudio e consideración

polo claustro de profesores e o consello escolar.

A nosa biblioteca escolar para a igualdade de oportunidades

a) En todas as sociedades democráticas a escola é concibida como unha institución

compensadora das desigualdades. Iso implica desenvolver programas que realmente

fomenten a igualdade de oportunidades no medio escolar. Defendemos que o

procedemento máis efectivo, democrático e adecuado nun país desenvolvido como o noso

é universalizar servizos que nestes momentos só son accesibles a un segmento do

alumnado.

b) A nosa biblioteca deben pór a disposición de tódolos/as alumnos os medios necesarios

para acceder ao éxito escolar, singularmente, como se dixo, un servizo de apoio ao estudo.

4
c) Pero observase que o alumnado que máis necesita estes servizos é o que menos os utiliza.

Non todas as familias ven a importancia dos estudos para o futuro dos seus fillos, e

sabemos que os empeños familiares son decisivos. Por iso é necesario que a escola conte,

no marco de programas especiais contra o absentismo ou contra o fracaso escolar, con

profesionais para levar a cabo unha tarefa de mentalización, de mediación entre as familias

e os programas que o centro educativo ofrece para a mellor educación dos seus fillos. E

mentres chegan estes profesionais aos nosos centros, nós nos apañamos cun convenio coa

Universidade para que estudantes de último ano de Traballo Social fagan prácticas

connosco.

d) Da nosa experiencia dedúcese que un Plan de Prevención é moi importante para a

integración sociocultural de moitos mozos e mozas que, sen a biblioteca, pasan as tardes

nas rúas. A tarefa dos traballadores sociais desviando a estes mozos desde a rúa á

biblioteca, integrándoos no Club de Amigos, mediando coas familias e fomentando a súa

participación nas actividades e servizos da biblioteca, revélase como un elemento esencial

nun proxecto educativo e social que faga énfase na igualdade de oportunidades. Iso implica

realizar un traballo moi especial con grupos reducidos de alumnos en situación de risco,

para o que é imprescindible facer un pacto con eles e coas súas familias, así como adaptar

a área de extensión cultural para que actúe como estrutura de acollida e de integración

sociocultural.

e) No noso caso, o Club de Amigos da Biblioteca desempeña este papel a través das súas

diversas seccións. O Club está aberto a todo o alumnado do centro e creamos tantas

seccións como sexan necesarias para integrar a estes mozos en actividades lúdico-culturais

que poidan ser do seu interese. A participación nas actividades dos mozos seleccionados

no Plan de Prevención, que inclúen case sempre varias de lectoescritura, adoita ser masiva

durante o tempo que os traballadores sociais permanecen no centro. Pero a maioría deles

acaban desertando cando, transcorridos os dous meses de prácticas, os traballadores sociais

5
abandonan o centro. Desde ese momento, ao non poder estar encima deles animando,

controlando, propondo e esixindo, os mozos dispérsanse, veñen cada vez menos e en

moitos casos abandonan o esforzo.

f) Cando os alumnos do Plan están xa integrados nas estruturas de acollida socioculturais

tratamos de achegalos ao área académica, pactando con eles e coas súas familias uns

tempos diarios para facer deberes e estudar, o que non sempre é fácil. E neste contexto de

estímulos positivos, é onde tratamos de que dean o paso cara ao servizo de apoio ao

estudo; só uns poucos dano (entre o 25 e o 30%), e entre eles bastantes de forma

puramente conxuntural.

g) A experiencia demostrounos que moi poucas veces é posible en dous meses corrixir unhas

condutas e unhas actitudes negativas de anos. Por iso pedimos insistentemente, sen

resultado algún, está claro, que nos faciliten os medios para actuar con este segmento do

alumnado de forma temperá e continuada.

h) E é que necesitamos unha biblioteca que, como a escola no seu conxunto, esfórcese por

prestar un bo servizo educativo para todo o mundo e teña a sensibilidade de dedicar unha

parte das súas desvelos, os seus recursos e o seu tempo a ampliar, aínda que sexa moi

modestamente, as posibilidades dos que xa teñen moi poucas.

3. AÁLISE DA SITUACIÓ DE PARTIDA.

O CEIP O Castiñeiro de Laza construído en 1980, é un centro público de ensino infantil e

de primaria, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia con máis de 28

alumnos/as que cursan os seus estudios en Ed. Infantil e Primaria. O recinto escolar onde está

ubicado o Centro ten unha extensión máxima aproximada duns cinco mil metros cadrados. Hai

que distinguir nel o Grupo Escolar, as Escolas Vellas (actualmente en desuso e en proceso de

desafectación) a caseta de Deportes e a zona non edificada. O grupo, que é o edificio principal,

está situado ó Norte do recinto e está conformado por dúas plantas. Na planta baixa, a dos

servizos, están a cociña coa despensa e o comedor escolar, secretaría (dirección), biblioteca (con

6
sala de audio visuais), sala de xogos (ata agora aula de infantil), sala de mestres e mestras, aseos

de alumnos e mestres e patio cuberto utilizado como ximnasio. No primeiro andar están as aulas

de primaria e os aseos de nenos e nenas. A parte non edificada está adicada a xardín en gran parte

e hai unha cancha polideportiva de 40x20 metros.

O centro conta neste momento con 3 unidades, unha de Infantil e dúas de Primaria. O

instituto non conta cunha aula de usos múltiples o que complica a organización e realización de

certas actividades.

O alumnado procede dos pobos do Concello de Laza.. A maioría dos alumnos utilizan o

transporte escolar.

O horario escolar é de mañá de luns a venres de 9:30 a 13.00 e martes pola tarde de 14:30

a 16.00 horas.

O centro está acondicionado de forma irregular (necesítase mellora-lo acceso) para que as

persoas discapacitadas poidan acceder planta baixa do centro pero non ao 1º andar. Non ten

matriculado alumnado inmigrante aínda que si alumnado con ACIS e unha alumna cun 77% de

discapacidade.

Os proxectos educativo e curricular sinalan como obxectivo da actuación educativa a

potenciación da reflexión, a convivencia, o sentido crítico, o interese polo coñecemento, o esforzo

e a autonomía persoal. Para acadar o desenvolvemento integral do alumnado en continuidade coa

educación primaria, sinálanse como finalidades:

a) Transmitir a todos os alumnos e alumnas os elementos básicos da cultura.

b) Formalos para asumir os seus deberes e exercer os seus dereitos.

c) Preparalos para a súa incorporación á vida activa ou para o acceso á educación

secundaria.

A metodoloxía é dinámica debe á subordinarse ás condicións psicolóxicas e sociais dos

que aprenden atendendo ós principios de actividade, interese, intuición, socialización,

globalización e aprendizaxe cooperativo do alumnado. O centro adquire o compromiso no seu

7
PEC de acadar os obxectivos marcados polo decreto de Normalización Lingüística e porá os

medios para difundir valores de respecto e de convivencia de todas as linguas.

Neste contexto a biblioteca do centro Biblioteca Escolar, duns 25 metros cadrados ben

funcionando dende os seus inicios, pero é no curso 2005/2006 cando se plántea un proxecto para a

súa organización é funcionamento. Actualmente o espazo da biblioteca é de uso exclusivo para as

finalidades que lle son propias.

Contamos cunha aula anexa a biblioteca doutros 25 metros cadrados a cal queremos unir

tirando parte do tabique que as unen para mellorar e amplia-lo espazo destinado a biblioteca

escolar.

Favorecida unha organización básica para a súa xestión e funcionamento e como primeiro

paso para converter a biblioteca nun lugar de aprendizaxe autónoma, cabe agora continuar co

deseño de actividades de dinamización e da concreción dun plan formativo de usuarios dentro do

plan de acción titorial e a elaboración e posta en práctica dun plan de lectura comprensiva como

actuacións prioritarias. Entendemos que non ten sentido plantexar actividades puntuais e illadas,

senón como proxecto vinculado a todas as áreas e recollidas de forma sistemática na programación

anual e que require da responsabilidade e implicación de todo o equipo docente para un maior

aproveitamento didáctico da biblioteca.

4. AÁLISE DAS ECESIDADES DE REOVACIÓ E ACTUALIZACIÓ DOS

FODOS DOCUMETAIS.

A biblioteca conta na actualidade aproximadamente 3000 volumes, en porcentaxes nos que

aínda a ficción é superior ós materiais de consulta polo que hai que seguir impulsando o

equilibrio de fondos e a variedade de soportes. Cómpre sistematizar as adquisicións de forma

gradual e nas proporcións aconselladas (30% de información / 70% de ficción) de acordo coa

avaliación feita, intereses do alumnado recollidos en cuestionarios e consecución de obxectivos do

plan de mellora.

8
Para o curso 2010/2011 a adquisición de fondos, de acordo cos criterios establecidos

priorizará os materiais para o desenrolo e consecución do obxectivo 4 (abaixo sinalado): a

elaboración e posta en práctica do plan de lectura comprensiva.

Unha vez analizada a situación da nosa biblioteca en relación cos fondos documentais

sacamos a seguinte conclusión:

Necesitamos incrementar nun 60% aproximadamente os libros documentais ou de

consulta. Intentando atender ás necesidades dos tres ciclos de Educación Primaria e de Educación

Infantil.

Temos necesidades de incrementar nun 10% os cómics, aínda que temos algúns

exemplares non supón máis dun 0,5% do total.

Tamén necesitamos bibliografía de consulta xeral :

o Enciclopedias xerais, Enciclopedias infantís, Bibliografías, Atlas, Dicionarios diversos,

especialmente en galego que estean actualizados.

Publicacións:

o Revistas infantís , Revistas sobre bibliotecas e literatura infantil e xuvenil para a

utilización do profesorado. Boletíns de outros centros, de bibliotecas, etc…

Materiais audiovisuais:

o Diapositivas (vida de animais, corpo humano, educación vial, etc…), Vídeos

relacionados coas áreas curriculares, Materiais varios relacionados con festividades ou datas

significativas ó longo do curso (semanas culturais, día da paz, día do libro, homenaxes…),

Láminas, postais, fotos e outros documentos gráficos relativos á nosa comunidade, autónoma,

Outros materiais de tipo informático en formato CD-ROM, DVD, lector de código de barras,

impresora, programas actualizados para crear bases de datos etc…

Mobiliario necesario:

Necesitamos renovar o mobiliario da biblioteca como son estanterías, expositores de

revistas e libros, mesas de lectura infantil, etc.

9
Atención aos usuarios, préstamo e información: mostrador, espazo para o traballo técnico,

lugar para os equipos informáticos, taboleiros ou paneis para anuncios, expositores.

Actividades de documentación: mesas para o traballo persoal dos alumnos, andeis,

expositores para revistas, ficheiros, ordenadores e impresora.

Lectura recreativa: zona con mobiliario e ambiente acolledores que inviten á lectura

relaxada (coxíns, almofadóns, “pufs”, colchóns, butacas, etc.).

Zonas complementarias: sala anexa (necesitamos tirar un tabique) para traballo colectivo,

sala audiovisual, almacén e arquivo, etc.

As mesas de lectura para catro persoas son as idóneas, xa que permiten realizar traballos

colectivos ou tarefas individuais, e poden ser movidas con relativa facilidade para crear novos

espazos e distribucións.

Os andeis –na medida do posible con rodas– serán preferiblemente metálicas, xa que non

se deforman cos cambios de temperatura e son máis hixiénicas e lavables. Os seus estantes ou

baldas serán móbiles.

5. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PLA DE MELLORA.

O noso ideal de biblioteca é lograr que sexa un lugar para a lectura e o lecer, un centro de

animación e dinamización da mesma. Para que funcione ben ten que cumprir uns obxectivos

básicos:

a) Creación dun equipo de biblioteca, con horario fixo dispoñible e con certa

estabilidades para poder atendela de maneira coherente seguindo uns criterios de

continuidade.

b) Designar un responsable da biblioteca escolar, entre os mestres que teñan praza

definitiva no centro, por un mínimo de dous anos, cun horario que lle permita levar

a cabo as súas funcións adecuadamente.

c) Crear un protocolo a fin de que a biblioteca poida ter entidade propia incluida no

no proxecto educativo do centro e na programación anual.

10
d) Formación do equipo da biblioteca mediante cursos e outras actividades formativas

que lles poidan resultar de proveito.

e) Facer campañas de lectura, concursos, exposicións de traballos, debuxos,

narracións, etc…

f) Implicar e animar ó resto do profesorado para que fagan uso da biblioteca.

g) Subministrar información ós titores e titoras acerca dos libros máis axeitados para

cada trimestre e para as diversas actividades que poidan desenvolver ó longo do

curso cos seus alumnos e alumnas.

h) Elaboración de carnés para o alumnado, para os mestres e incluso para os pais que

desexen facer uso da biblioteca escolar.

i) Informar á comunidade educativa acerca da organización e funcionamento da

biblioteca escolar.

j) Introducir datos no programa informático.

k) Catalogación de todo o material de nova adquisición.

l) Fomentar nos alumnos o intres pola lectura.

m) Lograr a participación de toda a comunidade escolar nas actividade que se

propoñan.

6. TIPO DE ORGAIZACIÓ E FUCIOAMETO.

Xa dende o curso 2005/2006 é fomentada pola realización dos mestres/as do centro dun

seminario de formación sobre a biblioteca, esta é considerada punto neurálxico da actividade

docente, polo que, establecéronse unas pautas de actuación sobre o funcionamento da mesma,

recollidas no R.R.I. do centro, pero a propia dinámica de traballo amplía a documentación

necesaria para a súa organización e obriga a revisión da mesma.

O plan de mellora da BIBLIOTECA ESCOLAR preséntase como un proxecto da

biblioteca do centro, como centro de recursos ó servizo da comunidade escolar de acordo coas

11
pautas dadas na convocatoria. Para levar a cabo os seus obxectivos créanse os órganos e

determínanse as funcións destes así como os documentos organizativos e axuda orzamentaria.

A biblioteca deberá funcionar tendo sempre en conta as esixencias dos ciclos, do currículo

escolar e tal metodoloxía próxima ós principios de lei. Tendo en conta a capacidade lectora do

alumnado e os recursos da propia biblioteca.

Para o seu funcionamento debemos ter en conta os seguintes aspectos:

a) Persoal responsable.

b) Horario de biblioteca para consultar por grupos-aula.

c) Horario de préstamos.

d) Presuposto: material funxible, adquisición de material informático e audiovisual.

e) Renovación e incremento anual do fondos bibliográficos

f) Actividades de organización da biblioteca: fichas, libros, selado, rexistro, revisión,

organización dos libros por áreas, colocación nos estantes, pegado de adhesivos,

etc…

g) Realización de préstamos.

h) Formación de alumnado de apoio para prestar axuda na biblioteca.

i) Actividades de dinamización.

j) Avaliación do noso proxecto.

k) Coordinación da biblioteca escolar coa biblioteca municipal.

7. ACTUACIÓS POR TRIMESTRES.

A) Xestión técnica e organización:

a) Elaboración de horarios semanais, por grupo-clase ou por usuarios.

b) Horario para préstamos en función das aulas e dos alumnos/as.

c) Información das novas adquisicións e o emprazamento das mesmas.

d) Reparto do orzamento dispoñible nos ámbitos que o requiran.

e) Horario dos responsables da biblioteca.

12
f) Colocación, decoración e distribución dos libros.

B) Dinamización:

a) Trataremos de que cada trimestre se leven a cabo as celebracións programadas fixas

(día das letras galegas, Nadal, día do libro, día da paz, Entroido, estudio da nosa

comarca, etc…).

b) Tamén atenderemos á formación dos usuarios mediante xogos, contacontos, autores

que nos poidan visitar, e outras actividades. Da mesma maneira os responsables da

biblioteca asistirán a cursiños, conferencias, ponencias, e todo tipo de actividades

que sexan consideradas de intres para a súa formación.

PRIMEIRO TRIMESTRE

• 1.- Elaboración, difusión e aprobación no Centro.

• 2.- Presentación do proxecto no organismo competente e realización das accións

administrativas e económicas.

• 3.- Realización dun expurgo dos fondos .

• 4.- Adecuación dun espazo para a sección de infantil.

• 5.-Creación da zona de lectura.

• 6.- Reparación do taboleiro informativo.

• 7.- Colocación de información fixa: horarios, normas, carteis, etc. no taboleiro informativo.

• 8.- Colocación de información que vaia xurdindo, no taboleiro de anuncios.

• 9.- Confección dun expositor de novidades.

• 10.- Colocación de novidades no expositor.

• 11.- Confección e colocación dun buzón de suxestións.

• 12.- Elaboración dun selo específico para a Biblioteca.

• 13.- Elección e difusión da mascota da Biblioteca .

• 14.- Habilitación dun espazo nas aulas para as BB. AA.

13
• 15.- Elaboración de lotes de libros seleccionados para levar ás BB.AA.

• 16.- Adquisición de fondos segundo necesidades e intereses.

• 17.- Compra do equipo informático.

• 18.- Celebración dunhas Olimpíadas nos meses de Setembro e Outubro:

Algunhas das actividades a desenvolver:

 Dossier de material

 Material para plástica.

 Exposición bibliográfica de libros relacionados cos XX.OO. e a súa

promoción lectora.

 Procura de información, en libros de consulta, para a posterior confección de

dossieres sobre os países representados e participantes nos XX.OO

Escolares.

 Acto inaugural.

 Competicións.

 Marca páxinas.

 Entrega de medallas e diplomas.

 Confección e difusión dos recopilatorios "Leo a vida da miña escola"

• 19.- Celebración da data significativa de Nadal:

Algunhas das actividades a desenvolver:

 Localización e difusión de obras de teatro sobre o Nadal.

 Colaboración nos eventos destas datas.

 Confección dun Belén con figuras de papel con personaxes de conto.

 Motivos decorativos con elementos bibliotecarios.

 Exposición bibliográfica relacionada coa esta temática e a súa promoción

lectora.

 Confección e difusión dos recopilatorios "Leo a vida da miña escola"

14
 Campaña de promoción do libro como agasallo do Día de Reis.

 Realización de tarxetas de Nadal con formato "marca páxinas".

 Realización dunha exposición sobre traballos realizados conxuntamente

entre pais e fillos.

SEGUDO TRIMESTRE

• 1.- Elaboración, consenso e difusión das normas de uso da Biblioteca Escolar e das

BB.AA.

• 2.- Establecemento e difusión dos horarios da Biblioteca, tanto para titorías como durante

os recreos.

• 3.- Establecemento e difusión dos horarios de préstamo.

• 4.- Colocación de texuelos con códigos de cores na sección de literatura infantil.

• 5.- Adquisición de fondos bibliográficos segundo necesidades e peticións.

• 6.- Establecemento dun horario para a hora do conto.

• 7.- Realización das sesións da hora do conto.

• 8.- Localización e difusión entre o profesorado de documentación sobre o papel das

BB.AA. e técnicas para a súa utilización.

• 9.- Elección e formación do equipo de alumnos bibliotecarios.

• 10.- Distribución dos lotes bibliográficos para as BB.AA.

• 11.- Dinamizar o uso de devanditos lotes.

• 11.- Posta en funcionamento das BB.AA.

• 12.- Xestións destinadas a localizar recursos externos.

• 13.- Iniciar a informatización dos fondos bibliográficos.

• 14.- Celebración do Día da Paz o 30 de Xaneiro

Algunhas das actividades a desenvolver:

 Exposición bibliográfica e promoción lectora.

15
 Elaboración de marca páxinas.

 Confección de materiais.

 Colaboración en actividades.

 Confección e difusión dos recopilatorios "Leo a vida da miña escola"

 Procura de documentación e recursos sobre o tema.

• 15.- Celebración do Entroido no mes de Febreiro

Algunhas das actividades a desenvolver:

 Elección dun tema común para todo o Centro e procura de elementos

bibliotecarios relacionados co mesmo.

 Confección de material.

 Colaboración en actividades.

 Exposición bibliográfica e promoción lectora.

 Marca páxinas.

 Exposición "Os meus pais e eu facemos un gorro para o Entroido"

TERCEIRO TRIMESTRE

• 1.- Adquisición de fondos bibliográficos segundo necesidades e peticións.

• 2.- Xestións encamiñadas a adquirir recursos externos.

• 3.- Continuación da catalogación da sección infantil.

• 4.- Continuación das sesións da hora do conto.

• 5.- Renovación dos lotes nas BB.AA.

• 6.- Continuación do asesoramento aos alumnos bibliotecarios.

• 7.- Celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil no mes de abril:

Algunhas das actividades a desenvolver:

 Elección dun tema.

 Sesións con conta contos.

16
 Organización de sesións de contos relatados por membros das familias dos

alumnos.

 Libro-forum .

 Elaboración de murais, carteis, paneis, etc.

 Visita á Biblioteca de Verín dos alumnos do segundo e do terceiro ciclo

 Encontros con autores.

 Marca páxinas.

 Confección e difusión dos recopilatorios "Leo a vida da miña escola"

8.- Celebración da semana das Letras Galegas nos meses de abril e maio:

Algunhas das actividades a desenvolver:

 Exposición bibliográfica e promoción lectora.

 Elaboración de marca páxinas.

 Confección de materiais.

 Colaboración nas actividades.

 Exposicións diversas sobre temática da nosa Comunidade.

 Promoción de xogos "e cancións de antes".

 Confección e difusión dos recopilatorios "Leo a vida da miña escola"

• 9.- Celebración do final de Curso

 Exposición de materiais elaborados polos alumnos.

 Actos de recoñecemento a alumnos bibliotecarios.

 Colaboración coas actividades do centro.

8. HORARIO PREVISTO.

A biblioteca seguirá aberta na totalidade do horario lectivo. Está previsto o estudio de

ampliación en horario extraescolar en colaboración con outros organismos e baixo a autorización

da Consellería de Educación.

17
A principio de curso elabórase un horario flexible no que se terán en conta os intereses dos

grupos-aulas, que aportarán as súas ideas. Faremos horarios de préstamos e devolucións; así como

de permanencia na biblioteca, seguindo os criterios dos titores/as, de maneira que tódalas clases

teñan asignada alúmenos unha hora de biblioteca á semana. Deberán quedar horas libres para as

aulas que queiran vir noutro momento.

Respectaranse as horas adicadas da persoa encargada da biblioteca. No seu horario hai que

ter en conta que se require a súa presenza na biblioteca no recreo e nas últimas horas da tarde.

9. CRITERIOS E PROCEDEMETOS DE AVALIACIÓ.

Para a avaliación do noso plan de biblioteca teremos en conta o seguinte:

a) Quen o vai a levar (profesorado, alumnos, comunidade educativa).

b) Como se avalía, qué instrumentos e conclusións utilizaremos para que nos axuden a

avanzar, cambiando o que resulte menos positivo.

c) O noso criterio será sempre que a biblioteca sexa incluida oficialmente na vida do

centro, que sexa un proxecto sólido e con futuro.

A modo de exemplo propoñemos o seguinte procedemento de avaliación:

a) Setembro.- Elaboración dun proxecto pola comisión ou equipo da biblioteca, que

será aprobado polo claustro de profesores.

b) Outubro.- Inclusión do proxecto na Programación Anual, director informará ó

Claustro e este ó Consello, coma tamén o fará ante a inspección.

c) Ó longo do curso.- Posta en funcionamento do proxecto da biblioteca polo

profesor/a encargado/a e o seu equipo.

d) Xuño.- Avaliación do proxecto polo equipo. Exposición ó Claustro e á

Coordinación Pedagóxica, para ser levado ó Consello Escolar mediante unha

Memoria.

Equipo encargado do seguimiento e desenrolo do plan de mellora.

D. JUA LUIS RIVERO GALLEGO como Directora do CEIP O CASTIÑEIRO:

18
• Coordinará a avaliación do plan proposto, a través dos seguintes

órganos: Comisión de Coordinación Pedagóxica, Claustro de Profesores, Comisión

de Biblioteca e Consello Escolar. En coordinación coa mestra encargada da

biblioteca fará o seguimento e desenrolo do obxectivo 5: Colaborar coas

BIBLIOTECAS PÚBLICAS e outras BIBLIOTECA ESCOLAR e facer posible a

apertura escolar e extraescolar.

• Coordinará o seguimento e consecución do obxectivo 4: Elaborar e

poñer en práctica un plan de lectura comprensiva. En coordinación coa profesora

encargada da biblioteca fará o seguimento e desenrolo daquelas actividades do plan

de mellora que non sexan responsabilidade directa dun departamento.

• Coordinará a xestión económica para o desenrolo do presente plan.

• Encargado de incluír as actividades para a búsqueda de información

e soportes documentais no plan de acción titorial de 6º de primaria e da súa posta

en práctica.

• Encargado das TIC coordinará e difundirá na páxina web do centro

as actividades relativas o presente plan de mellora.

• Coordinará as actividades do obxectivo 3 no relativo as

conmemoracións e actividades de dinamización que impliquen a máis dun

departamento ou o conxunto da comunidade escolar.

• Encargado da revista escolar A MITRA difundirá na mesma as

actividades relativas o presente plan de mellora

TÓDOLOS/AS MESTRES/AS:

* Contaremos para o vindeiro curso cunha mestra definitiva de música que xa amosou a

súa dispoñibilidade a formar parte do equipo da biblioteca desempeñando as funcións que lle

sexan encomendadas e participando de cheo nas actividades de formación que se propoñan.

19
• Farán o desenrolo e aplicación das actividades que se deriven do

presente plan mellora no relativo a súa materia en coordinación coa profesora

encargada da biblioteca do obxectivo 3: Dinamizar e integrar a BIBLIOTECA

ESCOLAR no currículo con actividades de fomento da lectura.

• Coordinarán co equipo de colaboradores de alumnos as seguintes

seccións:

o PATRICIA CONDE CID:

 Como profesora encargada da biblioteca encargarase da

coordinación e do desenrolo das actividades do obxectivo 1:

Planificar e organizar a xestión da BIBLIOTECA ESCOLAR para

o curso 20010 / 2011; e do obxectivo 2: Facilitar materiais e

formación ós membros da comunidade escolar como usuarios.

 Educación documental a través da prensa diaria.

 Creación e dinamización da fonoteca e formación de usuarios en 2º

 Servizo de préstamo e formación de usuarios do alumnado con

necesidades educativas especiais e estranxeiro.

 Dinamización en Linguas estranxeiras.

 Dinamización e fomento da lectura.

o ISABEL GARCÍA FIZ:

 Dinamización na área de Coñecemento do Medio.

 Servizo de préstamo, estatística e revisión mensual das demoras.

 Formación de usuarios en 6º de Primaria e animación á lectura a

través da expresión artística.

 Colaboración na montaxe de exposicións e as actividades

relacionadas coa parte plástica.

20

You might also like