You are on page 1of 24

A ESCOLA NO RURAL GALEGO

Psicoloxía social da comunicación


Prof. Cristina Gómez Román
Curso 2022-2023

Marta Alonso Molares, Patricia Álvarez Domínguez, Lúa Barba Iglesias, Candela Berdullas
Gómez, Ana Cabezas Lorenzo, Raquel Castiñeira Max
1

INTRODUCIÓN

Avoar é unha asociación Cultural e Educativa polo desenvolvemento rural sostible. Nos

últimos anos, son múltiples as accións e propostas levadas a cabo pola asociación para

sensibilizar e velar polo mundo rural e todo o que con él vai na man.

No presente traballo colaboraremos con eles co fin de brindar luz sobre as

oportunidades e os puntos fortes da educación no medio rural, analizando a súa vez que

estereotipos seguen a existir sobre estas escolas. Os obxectivos do presente informe son:

- Describir as principais características da escola rural galega.

- Desmitificar que esta sexa de peor calidade.

- Analizar os puntos fortes desta educación, como o favorecemento dunha sociedade

máis ecosostible, e tamén os seus puntos débiles.

Semella que a escola rural galega -entendendo esta como a comprendida entre o

primeiro curso de infantil e o último de primaria- non é unha das prioridades da axenda

mediática. E cando sí o é, esta é a imaxe que reflexa e que, polo tanto, domina na percepción

social actual:
2

É curioso porque, cando o mesmo ocurre noutros lugares, as noticias adquiren un tinte e

un punto de vista diferente. Por exemplo:

Entón, a escola rural galega está fracasando? Por qué temos a percepción de que sí?

Cada vez este máis clara a labor da educación de cara a construir un futuro máis

sostible mais non se lle da a importancia que debe ter analizar as diferencias, as ventaxas e as

desventaxas entre a escola rural e a urbana. Para construir un futuro máis xusto e eco-sostible,

como comenta David (membro da Asociación Avoar), unha educación xusta e de calidade

para todos os nosos nenos e nenas debe ser un dos piares da nosa sociedade.

Algo que Avoar recalca no vídeo orientativo que compartiron con nós, é a importancia

da sustentabilidade, pero non só a ecolóxica que todos coñecemos, senón tamén a ecosocial, e

atopa o medio rural como o espazo adecuado para fomentala. Destaca que necesítase unha

maior visibilización da activación cultural que existe no rural -en aspectos como a igualdade,

por exemplo-, e que este medio está tan capacitado como o urbano para levalo a cabo.
3

PERCEPCIÓN SOCIAL DA EDUCACIÓN E A ESCOLA GALEGA

No Proxecto Aps, feito por alumnos de Psicoloxía durante o curso 2021/2022 aparece

unha representación das persoas que habitan no rural de forma moi prexuiciosa, destacando

adxectivos como “atrasados”, “incultos” ou “analfabetos”. Ademais, según Díaz e

colaboradores (1999), a escola rural acóllense ideas estereotipadas como a falta de estímulos,

o aislamento e o atraso escolar. Revisando as redes sociais ou falando con xente do noso ao

redor, tamén puidemos comprobar estas ideas que están tan arraigadas na nosa sociedade.

Para comprobar canto coñecemento hai sobre a escola no rural e se algúns destes

estereotipos maniféstanse máis ou menos ca outros, realizamos unha enquisa a través de

Google Forms (Anexo, Cadro 1).

A mostra obtida foi de N=104. Aínda que esta non é demasiado ampla, serve para

facernos unha imaxe xeral destas cuestións -sobre todo na poboación universitaria, xa que foi

onde máis alcance tivo-. Os resultados móstranse a continuación:


4
5
6
7
8

A meirande parte das respostas, o 76%, foron de persoas que actualmente residen

no medio urbán. A mesma vez, o 75’3% cursaron a educación infantil e primaria neste medio.

Sorprendeunos que só o 59,7% tiña coñecemento do que é unha unitaria (esperabamos

unha maior porcentaxe), mentres que só o 28,6% sabía o que é un CRA (Colexios Rurais

Agrupados).

Respecto a percepción deste tipo de escolas, o 52’6% considera un problema que na

escola rural nenos e nenas de diversas idades compartan a mesma aula. O 56’6% considera

que a insfraestructura das escolas rurales é peor que a das urbanas. O 59’2% considera que a

tecnoloxía empregada nas aulas dos espazos rurales é peor ou está máis atrasada que a dos

espazos urbanos. E, finalmente, só o 35’1% asocia todo o que está no campo cun espazo rural

-aínda que segue a ser unha porcentaxe alta-.

A mostra obtida de persoas que estudaron no medio rural foi menor, pero dentro desta

observamos que a meirande parte non tivo dificultades a nivel curricular ao pasar ao instituto.

Aínda que un 30% manifestou que sí, habería que analizar se esto foi derivado do cambio dun

espazo rural a urbano. O 65% manifesta non notar que o seu nivel fose distinto (máis baixo

ou máis alto) en comparación cos alumnos que estudaron en centros urbanos, aínda que este é

un factor moi complexo e individual. Por último, o 80% manifesta non sentir ningún tipo de

discriminación por estudar nunha unitaria ou un CRA, aínda así, ese 20% de persoas restantes

que sí o sentiron é moi significativo, e debemos seguir a loitar para que isto non ocorra.

A REALIDADE DA ESCOLA RURAL NA ACTUALIDADE

Fronte a percepción do rural coma un lugar carente de recursos e habitado por `paletos

con vacas ́, escóndese unha realidade moito máis rica e diversa. Como di Sara no vídeo,

debemos entender o rural como un espazo de vida, que é o que é, con todas as súas

posibilidades.
9

Méndez e colaboradores (2019), no seu estudo, permiten un barrido pola historia dos

centros educativos galegos. En 1970 apróbase a Lei Xeral de Educación, que supón no rural

galego o comezo de construcción das coñecidas e extendidas escolas comarcais: centros

grandes e con un número relativamente amplo de alumnos, situados nos núcleos dos

municipios, con aulas diferenciadas por idades e unha gran rede de transporte escolar que

trasladaba aos nenos do centro a cadansúa aldea e viceversa.

Ata aquel momento existían escolas rurais, chamadas unitarias, que se atopaban tanto

no centro como nas aldeas e donde se xuntaban nun mesmo espacio educativo nenos e nenas

de moi diversas idades que, según Méndez e colaboradores (2019), podían ir dende os 3 aos

15 anos. Co proceso de creación das escolas comarcais, moitos pais e titores legais tomaron a

decisión de matricular aos cativos nestas últimas (e desmatriculalos entón das unitarias) coa

crenza dunha educación de maior calidade (é curioso porque as escolas comarcais semellan

moito máis as escolas urbanas, grandes e homoxéneas). Moitas unitarias víronse obligadas a

pechar as súas portas.

Sen así, hai unha cousa que caracteriza ao espazo rural: é, en moitas ocasións, un

espazo tamén de loitas políticas e sociais. Por iso, non é sorpresa que na década de 1980 o

rural galego comezase unha loita por recuperar os espazos e as oportunidades que perderan

coa Lei Xeral de Educación de 1970. Deste xeito, na década dos oitenta ocurren dous sucesos

que cómpre mencionar (Méndez et al., 2019):

- A partir do 1982, a Administración Educativa de Galiza decide recuperar moitas das

escolas unitarias que cerraran.

- No ano 1988 aparece en Teo, Narón e Santa comba un novo concepto de educación

rural: o Colexio Rural Agrupado (CRA). Os CRA nacen nos oitenta co compromiso

manifesto de manter viva unha ensinanza de calidade nun medio rural con cada vez

menor poboación infantil (Lorenzo, 2022). Trátase de centros de educación integrais


10

donde se agrupan dous ou máis centros de distintas localidades da mesma comarca

dunha zona rural, que comparten equipo directivo e especialistas (Pedagoxía

Terapéutica, Audición e Linguaxe, Educación Física, Música…), que teñen unha

mesma estructura e funcionamento e que, sobretodo, se adaptan ás características e

necesidades do entorno. Son escolas que teñen como soporte o medio e a cultura rural,

con unha estructura pedagoxicodidáctica basada na heteroxeneidade e multivariedade

de grupos de distintas idades, capacidades, competencias curriculares e niveis de

escolarización e con unha estructura organizativa e administrativa singular, adaptada

ás características e necesidades inherentes ao contexto donde se atopa ubicada (Boix,

2004).

Confórmase entón unha triple modalidade na educación rural en Galiza: as escolas

unitarias, os colexios rurais agrupados e as escolas comarcais. Por desgraza… Como reflexo

da crise no mundo rural, do abandono dos pobos e aldeas na búsqueda das oportunidades que

ofertan nas cidades e do descenso da natalidade, as unitarias e os C.R.A. son abandonados en

gran medida para buscar centros comarcais (Méndez et al., 2019). Fruto da centralización e

dos estereotipos negativos hacia ao rural galego, creíase que o modelo de escola urbana era o

único a fomentar.

Polo menos, ata fai uns anos. Na actualidade, o mito da mala calidade de ensinanza na

escola rural está comezando a quedar obsoleto. Por exemplo, o C.R.A. Antía Cal, situado no

concello de Gondomar, pasou de 67 matriculados a 102 en seis anos. Pero, por qué ocorre

isto…?

VANTAXES

Os CRAs e Unitarias teñen múltiples vantaxes que a literatura científica ven sacando a

relucir nos últimos anos.


11

A escola rural fomenta a sustentabilidade. Para que a sociedade en xeral estea máis

concienciada con isto, débese empezar desde os máis pequenos. Pero isto non será tan

beneficioso se quedamos nos libros… Con todo, se criamos a os nenos en contacto coa

natureza, volverase máis alcanzable xa que tratarán de protexer algo que se coñece, e que

probablemente recoñezan como propio. A educación no rural galego ten a particularidade de

estar máis en contacto coa natureza, o cal é un gran punto a favor, que debería aproveitarse

para alcanzar unha sociedade máis responsable e sostible. Según (Méndez et al., 2019), os

CRAS devolven ao neno aquelo que é seu: o contacto coa natureza, o que permite recuperar o

asumbro ao observar a caída das follas no outono, o recorrido dunha formiga e o son da

choiva máis alá dos libros e das fichas. Aínda que o termo “rural” para nada é sinónimo de

“natural”, sí que é certo que é máis cercano

Adoitase pensar, como di Sara no vídeo, que o rural é un lugar homoxéneo e exento de

diversidade, pero esto está moi afastado da realidade. A escola rural é tamén unha

oportunidade para formar agrupamentos heteroxéneos e diversos xa que conviven na

mesma aula estudantes de diferentes cursos, creando así grupos de traballo flexibles e

favorecendo o desenvolvemento de habilidades sociais. Isto permite tamén facer uso dunha

metodoloxía cooperativa na que os alumnos aprenden conxuntamente, ensinándose uns a

outros. Ademais, o número reducido de alumnos permite un ensino máis individualizado,

atendendo as necesidades de cada un e cunha maior participación activa do alumnado. É

máis doado respetar así o momento evolutivo do cativo e dar resposta aos distintos estilos de

aprendizaxe. Asimismo, é común que neste tipo de escolas o respeto entre o estudiantado e os

profesores sexa maior e que haxa unha relación boa, constante e directa entre a escola e as

familias (Hamodi Galán, 2014).


12

Podemos concluir, entón, que os CRA e as unitarias son espazos moi adecuados para

traballar e lograr unha educación integral, completa e ecosocial, proporcionando ao alumnado

unha representación común do mundo e do papel do ser humano nel.

DESVANTAXES

A realidade rural tampouco é idílica. Tamén se presentan unha serie de desvantaxes da

escola no rural.

Aínda que este tipo de escolas estén totalmente equipadas, pode ocurrir que o material

ou as instalación estean máis atrasados. Este era un problema que sucedía sobre todo fai anos,

co comezo do uso das coñecidas TICs na educación, que cada vez pasa a ser un problema

menor. Os estudos advirten de casos nos que non hai formación suficiente para as persoas que

van a traballar nestes centros e esta falta de experiencia podería repercutir na educación dos

cativos. Pero isto, claro, é un problema que podería darse tamén nas escolas urbanas e

comarcais; o feito de que pareza que a posible falta de formación dos mestres ten máis

relevancia na escola rural non é mais que un sesgo de confirmación; como pensamos que a

educación rural é deficiente, prestámoslle máis atención a información que confirma as nosas

creencias. É certo, a falta de formación integral pode ser un problema, pero tamén o é fóra do

rural.

Anteriormente mencionamos que os grupos heteroxéneos poden ser beneficioso, pero

tamén poden darse problemas de convivencia ao xuntar diversas idades, e que os pequenos

imiten o mal comportamento dos maiores ou viceversa.

Outro inconvinte da escola rural é o aislamento que poden chegar a sentir os mestres ao

non poder ser compartir ou ser asesorados por outros compañeiros, ao igual que os nenos, que

poden notar a falta de compañeiros nos seus xogos e actividades. Ademáis, aínda que a

escasez de alumnos pode permitir unha educación máis individualizada, pode supoñer un
13

impedimento para realizar actividades máis complexas que requiran dun gran número de

cativos. (Hamodi Galán, 2014).

XUSTIFICACIÓN TEÓRICA

Os seres humanos son seres sociais; a sociedade clasifícase en grupos e os individuos

teñen a necesidade de pertenza a eles. Isto conleva a activación de mecanismos de

comparación social que permitan aos individuos manter unha identidade social positiva. A

partir de esta categorización social xorden os estereotipos, que son a xustificación principal

da percepción social da escola rural galega (Rodriguez Casal, 2020).

Según Mackie (1973), os estereotipos son crenzas populares sobre os atributos que

caracterizan a un grupo social (neste caso, aos galegos) e sobre as que hai un acordo básico.

Son, polo tanto, compartidas nun determinado contexto social e cultural, como sería no noso

caso as crenzas que se comparten no mundo urbano sobre o rural. Os estereotipos sustentan ó

prexuízo, sendo a súa base cognitiva e o sustento actitudinal da discriminación. Unhas

crenzas negativas sobre un grupo social, xeran unha valoración actitudinal negativa no que,

se o contexto o permite, poden dar lugar a unha serie de reaccións negativas (Rodriguez

Casal, 2020). Con todo, os estereotipos teñen unha función moi importante para a

socialización do individuo: facilitan a identidade social e a conciencia de pertenecer a un

grupo social (González, 1999).

Como se adiantou no inicio do informe, a imaxe xeral dos galegos é de xente atrasada.

``Paleto´´ é un dos adxectivos máis empregados para referirse de maneira despectiva aos

galegos e a súa definición é a seguinte: [Persoa] Que é de un pobo pequeno ou de campo.

Curiosamente, un sinónimo de paleto é palurdo, que refire a unha persoa con pouca ou escasa

formación cultural. Este informe tiña como obxectivo desmitificar todas esas crenzas que

rodean a escola rural, así como reducir o impacto negativo que todos estes prexuizos e
14

estereotipos teñen sobre a escola no ámbito rural. Con todo, Lippmann (1992) señalaba nas

súas investigacións que os estereotipos son moi resistentes ao cambio, poñendo de relieve que

para mantelos a percepción pode chegar a desvincularse dos cambios que ocurren na

realidade pois os esquemas mentais son máis simples e fixos que o fluxo dos acontecementos.

Isto explica por que, a pesar de que na actualidade a educación galega non ten diferencias

significativas coas demais comunidades autónomas, se manteñan as creencias de atraso

mantidas durante moitos anos de historia. Aínda así, hai moitas formas de enfrontarse a

información que contradice un estereotipo vicente. Según o modelo de conversión de

Rothbart (1981), pódese producir cambio nos estereotipos cando a información

desconfirmatoria contradice dramáticamente o estereotipo: como neste caso, a información

achegada no informe e no post de Instagram demostra que a escola rural galega amosou non

só estar a altura da escola urbana senón ter múltiples vantaxes fronte a esta. O mesmo autor

declarou, a través do modelo de contabilidade (Rothbart, 1981), que a información evidencia

contraria ao estereotipo ten un efecto acumulativo. Por iso, canto máis se fale desta realidade

galega e cantos máis puntos fortes e beneficios se expoñan, máis fácilmente poderá

modificarse a creencia do rural como educacionalmente inferior.

Por outro lado, a importancia dos medios de comunicación á hora de influir na

percepción social é unha realidade. D´Adamo, García-Beaudoux y Freidenberg (2007)

afirman que, en relación aos medios, a exposición do público a unha mensaxe aumenta a

probabilidade de que este quede máis facilmente accesible (é o que se coñece como sesgo de

accesibilidade). Polo tanto, neste caso e debido as noticias que se difunden sobre a escola

rural galega, a información que a xente ten máis presente é a proporcionada polos medios,

que na maioría dos casos tratáse dunha imaxe negativa. Ademais, ao ser un tema do que se

ten bastante descoñecemento, sobre todo no medio urbano, e do que non se fala moito, esta

información adquire máis forza. Outro heurístico que empregamos as persoas con frecuencia
15

é o sesgo de confirmación, que consiste na tendencia a favorecer e recordar a información

que confirma ou vai na liña das nosas creencias; por iso, as noticias, tweets e opinións

públicas sobre o negativo da educación galega percíbense con máis intensidade socialmente.

Isto ademáis de conlevar unha percepción social errónea do que realmente é, pode producir o

efecto pigmalión nos usuarios desta educación. Este efecto fai referencia ao feito de que a

repetición dunha mensaxe e sobre todo a súa presencia nos medios e na sociedade en xeral,

pode provocar que a xente se crea e integre esas características negativas que lle outorgan.

PROPOSTA E EVALUACIÓN

Para levar a práctica o proposto neste informe realizouse o deseño dun post de

Instagram: un carrusel de 6 fotos que aparecen adxunto.

Sería interesante, trala publicación do noso análisis, realizar outra enquisa máis ampla

e fiable para analizar o coñecemento sobre a escola rural en Galicia. As contas programadas

para ter un alcance de empresa poden analizar o alcance que tiveron as nosas publicacións,

ferramenta moi relevante no caso de querer analizar o impacto de determinada información.

Instagram ofrece opcións para que os consumidores deste contido poidan interaccionar coa

asociación Avoar, por exemplo, a través de enquisas ou de preguntas abertas vía historias de

Instagram. Grazas a estas respostas por parte do público, poderemos levar a cabo

modificacións para mellorar a nosa proposta.

Non debemos deixar de facer énfase na educación xa que, como comentabamos, esta

é un dos piares da nosa sociedade, punto de partida e destino.

.
16

Anexo
Cadro 1. Cuestionario sobre a escola no rural.

Cuestións sociodemográficas

Idade X

Xénero Feminino/masculino/non binarie/outro

Medio no que reside Urbano/rural/outro

Onde cursou a educación infantil e/ou primaria Urbano/rural/ambos/outro

Cuestións dicotómicas

Teño coñecemento sobre o que é unha Unitaria Sí/Non

Teño coñecemento sobre o que é un CRA Sí/Non

Cuestións tipo Likert para toda a mostra

É un problema que na escola rural nenos e nenas 0-5


de diversas idades compartan a mesma aula.

A insfraestructura das escolas rurais é peor que 0-5


a das urbanas.

A tecnoloxía empregada nas aulas dos espacios 0-5


rurales é peor ou está máis atrasada que a dos
espacios urbanos.

Todo o que está no campo é rural. 0-5

Cuestións tipo Likert só para a mostra que estudou no rural

Tiven dificultades a nivel curricular cando pasei 0-5


ao instituto.

Notei que o meu nivel era distinto (máis baixo 0-5


ou máis alto) en comparación cos alumnos que
estudaron en centros urbanos.

Sentín algún tipo de discriminación por estudar 0-5


nunha unitaria ou un CRA.

Sendo o 0 totalmente en desacordo e o 5 totalmende de acordo.


17

Referencias

Boix, R. (2004). La escuela rural: funcionamiento y necesidades. Madrid: Cisspraxis.

Díaz López, J., Martín, F. J., & Geste, F. M. (1999). Las escuelas rurales en Galicia.

Padres Y Maestros, 246, 25-28.

González, B. (1999). Los estereotipos como factor de socialización en el género.

Comunicar, 12, 79-88.

Hamodi Galán, C. (2014). La escuela rural: ventajas, inconvenientes y reflexiones

sobre sus falsos mitos. Revista Palobra,“palabra que obra”, 14.

Lippman, W. (1922). Public Opinion. Londres, Allen and Unwin.

Lorenzo, D. (2022, 29 agosto). Colegios rurales agrupados, o el inicio de futuro de

una educación inclusiva. Ethic.

https://ethic.es/2022/08/colegios-rurales-agrupados-o-el-futuro-de-una-educaci

on-inclusiva/

Mackie, M.M. (1973): Arriving at Truth by Definition: Case of Stereotype

Innacuracy. Social Problems, 20; 431-447

Méndez, C., Maquieira, R., & Prado, J. (2019). Infancia y sociedad. Escolas rurais.

Infancia 175.

https://www.rosasensat.org/revista/infancia-175-3/infancia-y-sociedad-escolas

-rurais/

Rodríguez Casal, M. 2020. Apuntes de Psicología Social de la Comunicación.

Campus na nube.

Rothbart, M. (1981). Memory processes and social beliefs. En D.L. Hamilton (Ed),

Cognitive processes in stereotyping and intergroup behavior. Hillsdale, L.

Erlbaum.
Coñeces o que son
as unitarias e os
CRAs?

#avoar
non
40.3%


teño coñecemento sobre
59.7%
o que é unha unitaria


28.6%

teño coñecemento sobre


non o que é un CRA
71.4%

podemos ver que hai moita xente que


non coñece o que estos termos significan

#avoar
CONTÁMOSCHO!

Unitaria: aula que agrupa niños de distintas


edades y etapas educativas de Educación
Infantil o Primaria
CRA: Colegio Rural Agrupado. Centros de
educación integrais onde se agrupan centros de
distintas localidades da mesma comarca dunha
zona rural.comparten equipo directivo,
especialistas, estructura e funcionamento; e que,
sobretodo, adaptanse ás características e
necesidades do entorno

#avoar
"Todo o que está no campo é rural"

Porque seguen a
existir estereotipos
ao seu redor?

"Non teñen TICs ou estas son


moi atrasadas"

"As infraestructuras da escola rural


é peor ca das urbanas"

"O nivel da escola urbana é


moito más elevado"

#avoar
Pero en realidade, contan con moitas
vantaxes que poderían non estar a terse
en conta...
Os CRA e as unitarias son espazos moi adecuados
para traballar e lograr unha educación integral,
completa e ecosocial, proporcionando ao
alumnado unha representación común do mundo
e do papel do ser humano nel.

- Sustentabilidade
- Contacto coa natureza, recoñecido como algo propio
- Agrupamentos heteroxéneos e diversos
- Metodoloxía cooperativa, aprendizaxe conxunto
- Ensino máis individualizado, atendendo as necesidades de cada un
- Maior participación activa do alumnado
- Boa relación, constante e directa entre a escola e as familias.

#avoar
O rural
segue cheo de vida!

#avoar

You might also like