You are on page 1of 7

Ámbitos de traballo da

mestra/e de educación
infantil
DIDÁCTICA E PROFESIÓN DOCENTE
EVA FERNÁNDEZ FREIRE
Índice

1. Institucións ou entidades de educación infantil


2. Relato do proceso de investigación
3. Conclusións
4. Referencias bibliográficas
1. Institucións ou entidades de educación infantil

Despois dunha busca exhaustiva de institucións de educación infantil,


atopei as seguintes:

 Casas de nenos

As casas de nenos son centros educativos para nenos de entre 1 e 3


anos. Os nenos só poden estar como máximo 3 horas ao día alí. Os pais,
ademais, téñense que comprometer a colaborar co programa educativo:
contando contos, xogando cos nenos... E tamén asistir aos talleres, charlas e
reunións que organiza o centro.

Desenvolven un programa educativo que vai dirixido tanto aos nenos


como aos adultos responsables da súa educación, co fin de coordinar e unificar
a labor educativa compartida polos pais e os educadores. Os pais colaboran
participando nas actividades, contando contos e xogando cos nenos. Os nenos
aprenden a relacionarse con outros nenos, descobren a súa contorna, xogan,
inventan e exploran.

Os grupos organízanse tendo en conta a idade dos nenos. Aínda que,


nalgúns casos, por razóns organizativos e pedagóxicas, os educadores poden
agrupar a nenos nacidos en distintos anos.

As diferentes Comunidades Autónomas xestionan as súas propias casas


de nenos e nalgúns casos son os concellos os que teñen a responsabilidade de
xestionalas mediante convenios coa Administración.

 Casas niño

As casas niño son un modelo de atención á infancia de 0 a 3 anos


adaptado ás características dos concellos do ámbito rural de Galicia nos que,
pola súa escaseza de poboación, non resultan viables os modelos tradicionais
de servizos de atención á primeira infancia.

O servizo, que se presta por medio de profesionais autónomos ou


cooperativas de traballo asociado, pode estar emprazado no domicilio da
persoa titular ou nun local propio, cedido ou alugado. En ambos casos a
infraestrutura que da soporte á casa niño deberá estar acondicionada de
acordo cos requisitos establecidos nas bases da convocatoria, formulados cos
parámetros de deseño de espazos educativos para menores de 3 anos.

As casas niño ofrecen unha atención integral e personalizada a un


máximo de 5 nenos e nenas en idades comprendidas entre os 3 meses e os 3
anos de idade. Esta atención, organizada baixo criterios de flexibilidade,
combina os tempos destinados ás rutinas do sono, da comida, da hixiene
propia con outros destinados a actividades específicas segundo as
características dos nenos e nenas, de maneira que ambos se complementen e
sirvan para afianzar todos os aprendizaxes que fan posible o desenvolvemento
integral e harmónico dos nenos en distintos planos físico, motos, emocional,
afectivo, social e cognitivo, en estreita colaboración coas familias.

O servizo desenvolvese con carácter gratuíto na modalidade de atención


diúrna de luns a venres durante todo o ano, excepto os días festivos e un mes
de cada doce no que a casa niño cerrará por vacacións.

As familias poden levar os nenos e nenas un máximo de oito horas


diarias nun horario flexible que se pactará co profesional que desenvolva o
proxecto. A atención prestada comprende tamén o servizo de cociña que
consiste na preparación final dos alimentos elaborados previamente polas
familias e aportados diariamente á casa niño para o seu consumo no momento
do comedor.

A normativa pola que se rexen as casas niño é a Orde do 15 de febreiro


de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de
concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos
2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede a súa convocatoria.

 Escolas unitarias

As escolas unitarias son escolas, maiormente rurais, onde non hai un


número suficiente de nenos dunha determinada idade para cubrir un aula, co
cal nunha mesma aula conviven alumnos de diferentes idades.

Estas escolas dispoñen dun gran potencial a nivel pedagóxico debido ás


características que presentan: variedade de alumnos de diferentes idades
traballando nun mesmo espazo crea un entorno propicio para o aprendizaxe
duns e outros. De feito, as relacións cos compañeiros e o desenvolvemento
persoal neste tipo de escolas posúen certas características que as diferencian
dun centro urbano e aportan beneficios ao proceso de ensinanza aprendizaxe.

As características deste tipo de escolas son que se encontran en zonas


rurais ou localidades cun pequeno número de poboación; contan cun número
reducido de nenos e nenas; as aulas están formadas por alumnos de diferentes
idades; poden contar cun ou dous mestres, a partir dos 12 alumnos xa se
podería engadir ao segundo; o mestre da clase a todas as idades; poden estar
adscritos a outros centros; é posible que pertenzan a un colexio rural agrupado
(CRA) e, polo tanto, que conten co profesorado especialista en diversas áreas
(música, lingua estranxeira, educación física...) que acuda a exercer a docencia
á escola; debido á variedade de idades existentes nunha mesma aula, a
ensinanza é personalizada.

A normativa que regula as escolas unitarias é a LOMLOE.

 Servizos de axuda educativa a domicilio

É un servizo para os alumnos que, por prescrición facultativa, non poden


asistir ao colexio ou instituto, sempre que o seu período de convalecencia sexa
superior a 30 días.

Os destinatarios son os alumnos de Educación Primaria e de Educación


Secundaria Obrigatoria escolarizados en centros sostidos con fondos públicos
e os alumnos de Bacharelato escolarizados en centros públicos e en centros
privados concertados que teñan concerto para estes estudos.

Os obxectivos deste servizo é garantir a continuidade do proceso


educativo, establecer os cauces de coordinación entre os distintos profesionais
que interveñen na atención dos alumnos enfermos, centros docentes e SAED e
facilitar a incorporación do alumnado enfermo ao seu centro educativo.

Os alumnos convalecentes no domicilio son atendidos por profesorado


dependente da consellería. A atención educativa desenvolverase nun período
de tempo comprendido entre 6 e 9 horas semanais, isto permite unha atención
personalizada e adecuada á idade e nivel escolar dos alumnos, tendo en conta
a súa condición de saúde. Os pais ou titores legais aseguraran a permanencia
dun familiar, maior de idade, na casa durante o tempo no que se presta o
servizo.

2. Relato do proceso de investigación

Para atopar a información das diferentes entidades busquei sobre todo


na páxina da xunta xa que é oficial e as leis están subidas aí. Aínda así, houbo
certas dificultades á hora de atopar entidades. Existen poucas e moitas non
están documentadas.

3. Conclusións

Ademais das entidades descritas anteriormente tamén me houbese


gustado falar das residencias infantís pero non existe moita información sobre
elas. Estas residencias son fogares onde os nenos están antes de ir a unha
casa de acollida.

En xeral hai pouca información sobre institucións de educación infantil.


As máis coñecidas son as que se nomean no plan. Con todo, estas institucións
son importantes porque están en contacto cos infantes e fan a función das
escolas, sen selas.

4. Referencias bibliográficas

https://politicasocial.xunta.gal/es/areas/familia-e-infancia/casas-nido

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220302/AnuncioG0425-
160222-0001_es.html

https://www.educa2.madrid.org/web/direcciones-de-area/dat-este/-/
visor/servicio-de-apoyo-educativo-domiciliario-saed-

https://www.elbebe.com/educacion/que-son-casas-ninos-quien-gestiona-
tienen-algun-coste#:~:text=En%20la%20guarder%C3%ADa%20los%20ni
%C3%B1os,en%20colaboraci%C3%B3n%20con%20los%20padres.

https://web.magister.com/blog/actualidad/escuela-unitaria/

https://www.unir.net/educacion/revista/escuela-unitaria/#:~:text=Las
%20caracter%C3%ADsticas%20de%20este%20tipo,por%20alumnado%20de
%20diferentes%20edades.

You might also like