You are on page 1of 2

PROTOCOLO DE INGRESO E FAMILIARIZACIÓN

QUE É A ADAPTACIÓN OU FAMILIARIZACIÓN?


A escola infantil chega a ser para os nenos e nenas unha nova posibilidade de enriquecemento e
ampliación das súas experiencias, outro modo de crecer e desenrolarse en relación a outros
compañeirose compañeiras, outros adultos e novos espazos, pero é posible que ás crianzas lles faga
falta un tempo para recoñecela, descubrir cousas interesantes, adecuala ás súas preferencias e así
poder disfrutar dela. A este tempo chamámoslle período de familiarización, antes chamado de
adaptación. E isto non é senón o camiño ou proceso que cada meniña ou meniño vive no plano dos
sentimentos (afectivos, sociais ou intelectuais), valorando por un lado o que supón a separación da
familia e por outro o que o ingreso no centro lle pode ofrecer.

A QUEN LLE FAI FALTA A FAMILIARIZACIÓN?


Ademais, dos nenos e nenas, a familia e o centro inician unha relación e a todos nos fai falta
adaptarnos. O ingreso do/a cativo/a no centro pode facer xurdir nos pais, nais e titores
sentimentos contraditorios: medos, dúbidas, desconfianzas…, que a miúdo os levan a sentirse
culpables pola decisión de levar o seu fillo/a á escola infantil.
Interrogantes como ¿estará ben?, ¿chorará moito tempo?, ¿estará só/a?, ¿terá alguén que o
console?, e un largo etcétera son só algunhas das mil preguntas que se farán os pais.
Cada familia reacciona de forma diferente; algúns superprotexerán ó neno/a, outros mostraranse
moi esixentes, outros intentarán convencer ó neno/a de que no centro o pasarán moi ben, incluso
outros eludirán falar do tema, e outros reaccionarán con tranquilidade e procurarán transmitir ó
neno/a a idea de normalidade.
Tamén, para a educadora é un proceso de adaptación, aínda que coñezan o proceso e a súa
importancia, no desenrolo do cativo/a, cada curso é diferente.

COMO REACCIONAN OS/AS NENOS/AS?


As reaccións dos nenos/as cando ingresan no centro poden ser moi diversas. Podémonos atopar con
ledicia desbordante, axitación, actividade desenfreada... Tamén pode aparecer un choro intenso,
agresións, fortes actitudes de rexeito ou de aferramento ás súas cousas ( bolsa, mochila,
xoguetes,...) Tamén pode ocorrer que o neno/a despois duns días de normalidade reaccione con
choros e rexeitamento cando toma conciencia da nova situación.
Temos que ser especialmente sensibles cos cativos/as mais tímidos e que non exterioricen con
facilidade os seus sentimentos ( tristeza, aillamento, tono postural,...) e cos mais pequenos/as nos
que as manifestacións poden ser moi sutís e ás veces de tipo fisiolóxico: vómitos, inapetencias,
diarrea, trastornos do sono,...
Pero non debemos asustarnos. Estas son reaccións previsibles i é positivo que cada criatura
exprese os seus sentimentos de felicidade ou conflito.
O mais importante e ir descubrindo día a día os sinos de aceptación que nos ofrecen. Unha mirada
aberta de observación interesada, un sorriso tímido, unha complicidade entre os nenos e o adulto,
son síntomas da progresiva adaptación do neno/a ao grupo.

É IMPORTANTE...
- Que os cativos/as descubran que lles podemos axudar a superar as dificultades, aínda que non as
poidamos resolver. A nosa serenidade será o noso mellor apoio.
- Que non poñamos tempo ao período de familiarización. O que é válido para a maioría pode non selo
para algúns e teremos que buscar outras estratexias.
- Que aceptemos o período de familiarización como período de coñecemento, de intercambio, e de
comunicación; que posibilite facer xurdir a confianza mutua entre o centro e as familias.
- Que esteamos atentos á familiarización dos nenos e nenas non só individualmente senón de todo o
grupo.
- Que sexamos flexibles e comprensivos si nos fai falla modificar a planificación da familiarización.
- Que vivamos a familiarización dos nenos e nenas ao centro coa maior normalidade e optimismo
posibles, respectando as preferencias espontáneas que entre os pequenos/as, as familias, as
educadoras, os espazos, e os obxectos vaian xurdindo como nexos de unión e elección persoal.

QUE PODEMOS FACER?


- Non falar nunca do centro en termos negativos: “ alí aprenderás a comer”.
- Ir anticipando as crianzas a súa incorporación o centro.
- Ir acomodando os ritmos de soño, os hábitos de alimentación e as pequenas rutinas que
seguirán no centro.
- Intentar aclarar todas as dúbidas que vaian xurdindo coas educadoras.
- Respectar horarios para que a súa incorporación sexa progresiva.
- Comentar diariamente coa profesora calquera incidencia na tarde e noite anteriores.
- Non enganar aos meniños/as. Despedirse cada día recordándolles que axiña, mais tarde,
volve a recollelos.
- Non alongar excesivamente as despedidas.
- Permitir que a crianza leve algún obxecto persoal que lle dea seguridade: Chupete, boneco,
coxín,...
- Lembrar que o proceso non sempre e constante e que pode ter altibaixos.
- Non comparar procesos de familiarización pois cada neno é diferente.
- Expresar as vosas dúbidas das e sentimentos ás educadoras dos/as vosos/as fillos/as.
- Chamade sempre que teñades necesidade de facelo. 986 508068 ou 651700591.
- E moi importante que o seu fillo ou filla vexan que vostede o deixa con confianza. Seguirlle
a corrente cando patalexa para quedar fará que este proceso se alongue.
Os primeiros días quedará só media hora. Isto axudará a conseguir que se dean conta de que, aínda
que o deixedes só, volvedes a buscalos axiña.
O tempo irase aumentando gradualmente a medida que o neno ou nena vaia sentíndose ben.
Non é recomendable comezar no comedor ata que estea familiarizado coa escola.
O período de familiarización alongarase ata que o neno/a e o seu grupo de aula poidan seguir a
programación con regularidade.
Seredes informados da súa evolución a través da axenda virtual naApp Class Dojo da súa evolución.

COMO IMOS LEVALA A CABO?


O primeiro día, o neno ou nena virá acompañado da súa familia (preferiblemente un membro) ao
centro a unha xornada de portas abertas. Nela a educadora vos amosará a aula e logo xogaremos
todos un ratiño.
O segundo día, entrarán gradualmente os nenos e nenas (non mais de tres na mesma franxa horaria)
na aula, e permanecerá sen a familia media hora como máximo. A educadora volcarase neles xogando
aos seus xogos favoritos (información extraída da entrevista inicial), tratando de encariñalos para
que collan confianza.
Gradualmente, se lles irá aumentando o tempo aos que amosen sinais de participación e
achegamento, non aumentando aos que non se integren ,choren, etc. Irase ampliando o grupo
gradualmente aos integrados, mantendo aos mais reticentes en grupos pequenos para que a
educadora lles poida dedicar atención mais exclusiva.
Pouco a pouco, cada crianza, de xeito individualizado irá achegándose ao horario solicitado.

You might also like