You are on page 1of 6

Mergullándonos no

deseño curricular
DIDÁCTICA E PROFESIÓN DOCENTE
EVA FERNÁNDEZ FREIRE
Índice

1. Proposta didáctica
1.1. Contextualización
1.2. Obxectivos
1.3. Contidos e competencias clave
1.4. Actividades e estratexias
1.5. Recursos
1.6. Avaliación
1.7. Proposta
2. Conclusións
1. Proposta didáctica
1.1. Contextualización

O centro onde se leva a cabo a proposta didáctica atópase no centro da


cidade de Lugo, polo que é un centro urbano e público. É un centro de dobre
liña, é dicir, con dúas aulas por curso, o que implica que haxa 6 aulas de infantil
e 12 aulas de primaria.

Na aula de 5º de educación infantil onde nos atopamos hai 24 alumnos,


unha delas unha nena NEAE, cun trastorno negativista desafiante. O nivel
sociocultural das familias é alto xa que a cidade conta cun museo e moitas
oportunidades de que os nenos participen na cultura.

O tema da actividade é o xénero nos xoguetes. A raíz da revista de


propaganda de xoguetes traballaremos como o xénero se ve no mundo dos
xoguetes. Este tema podemos relacionalo coa área de comunicación e
representación da realidade

1.2. Obxectivos

Con esta proposta o alumno traballará a área da comunicación e


representación da realidade, por iso traballaremos os seguintes obxectivos:

 Manifestar interese por interactuar en situacións cotiás a través da


exploración e do uso do seu repertorio comunicativo para expresar as
súas necesidades e intencións e para responder ás esixencias do
entorno.
 Interpretar e comprender mensaxes e representacións apoiándose en
coñecementos e recursos da súa propia experiencia para responder
ás demandas do entorno e construír novos aprendizaxes.
 Producir mensaxes de maneira eficaz, persoal e creativa utilizando
diferentes linguaxes, descubrindo os códigos de cada un deles e
explorando as súas posibilidades expresivas para responder a
diferentes necesidades comunicativas.
 Observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social
 Promover, aplicar e desenvolver as normas sociais que fomenten a
igualdade entre os homes e mulleres
Ademais tamén teremos como obxectivos máis específicos os seguintes:

 Diferenza entre home e muller


 Concepto claro de sexismo
 Saber ver o que está mal nas revistas de xoguetes
 Saber traballar dixitalmente
1.3. Contidos e competencias clave

Traballaremos cos nenos e nenas as seguintes competencias:

 Competencia en comunicación lingüística


 Competencia dixital
 Competencia persoal, social e de aprender a aprender
1.4. Actividades e estratexias

A raíz de que Xoel trae a clase un catálogo de xoguetes, ocórreseme a


idea de facer cos meus alumnos unha actividade sobre os xoguetes e o xénero.

Para iso e aproveitando que estamos na asemblea, pregúntolle aos


nenos se saben o que significa a palabra xénero e intentamos entre todos
establecer un significado para esa palabra. A intención é que por eles mesmos
cheguen a saber o que é o xénero.

Unha vez empezado o tema do xénero, propóñolles que debuxen nun


folio en branco que debuxos queren e piden por Nadal e Reis. Cada un
debuxará o que máis lles gusta e o que máis anelan.

Despois de que debuxen iso, falamos sobre se cren que hai xogos para
nenos e xogos para nenas. Debatemos sobre o tema.

O que nos leva á seguinte actividade. Facemos unha investigación sobre


como eran os xoguetes e os xogos antes, buscamos información sobre como
eran os catálogos de xoguetes a primeiros da década dos 2000. Para iso
utilizamos a pizarra táctil e a tablet que temos na aula.

Logo de buscar a información, aos nenos ocorréselles a idea de facer un


mural sobre o progreso da sociedade en canto aos xoguetes e despois colgalo
fora da aula para que o resto do colexio vexa o seu traballo.
1.5. Recursos

Para esta actividade os materiais que utilizaremos serán cartolinas,


rotuladores e bolígrafos de cores para o mural. Para atopar a información no
proceso de investigación utilizaremos as tablets e a pizarra dixital que temos na
aula.

1.6. Avaliación

Para avaliar esta actividade utilizaremos os criterios de avaliación que


aparecen no Decreto 150/2022, que é o currículo de educación infantil. Os
criterios son os seguintes:

 Participar de maneira activa e axustada, espontánea e respectuosa


coas diferenzas individuais en situación comunicativas de diversos
tipos.
 Interpretar os mensaxes transmitidos mediante representacións ou
manifestacións artísticas, tamén en formato dixital, recoñecendo a
intencionalidade do emisor e mostrando unha actitude curiosa e
responsable.
 Axustar o seu repertorio comunicativo ás propostas, aos
interlocutores e ao contexto, indagando nas posibilidades expresivas
dos diferentes linguaxes.
 Relacionarse cos demais persoas a través da fala empregando as
expresións de convencións sociais básicas que regulan as relacións
interpersoais.
 Interpretar os mensaxes transmitidos mediante representacións ou
manifestacións artísticas, tamén en formato dixital, recoñecendo a
intencionalidade do emisor e mostrando unha actitude curiosa e
responsable.
 Interactuar de maneira virtual familiarizándose co uso de diferentes
medios e ferramentas dixitais.

Avaliaremos todos os criterios anteriores mediante a observación


durante o tempo que dure a actividade. Avaliareinos eu pero tamén entre eles
con preguntas sinxelas como, por exemplo, se cren que conseguiron saber
todo o que deberían, etc...

2. Conclusións

Despois de elaborar esta actividade, creo que é importante traballar cos


nenos estes temas. É esencial que os nenos saiban que os xoguetes non teñen
xénero e que se queren xogar coas cociñas ou cos coches poden.

Elaborar toda a proposta didáctica non foi fácil, non estou acostumada a
facer estas proposta e buscar información nas leis. Pero creo que quedou unha
boa actividade.

You might also like