You are on page 1of 41

2. O desenvolvemento social.

2.1. O desenvolvemento social 0-6 anos.


2.2. As Teorías do DS
2.3. Os axentes de socialización.
2.4. Aspectos fundamentais na
socialización 0-6.
2.5. Sistemas de medida: a sociometría.
2.6. Dificultades e conflitos no DS.
2.7. Intervención socioeducativa.

Páxina 0 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.1 O desenvolvemento social 0-6 anos.

O desenvolvemento social ou tamén chamada SOCIALIZACIÓN é un aspectos cruciais na etapa de Educación Infantil.
SOCIALIZACIÓN = proceso mediante o que os seres humanos adquiren os elementos socioculturais do seu medio
ambiente, os integran e adaptan para vivir nese entorno.
2.1.1 Considéranse dous tipos de socialización

Socialización Desenvólvese principalmente na infancia.


primaria Grazas a ela o neno convírtese en membro da sociedade.
Os axentes implicados son principalmente a familia e, despois, a escola.
Ex. de actividades aprendidas con gran importancia a nivel social: hábitos de hixiene e alimentación, linguaxe,
hábitos de mobilidade na cidade, civismo...
A socialización primaria finaliza cando o concepto do outro se xeraliza, é dicir, diferénciase a si mesmo dentro
do grupo.
Socialización Desenvólvese cando a persoa xa está socializada. Mediante esta socialización adáptase progresivamente a
secundaria novos ámbitos da sociedade na que vive: adaptación ao primeiro emprego, adaptación á vellez...

Páxina 1 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.1 O desenvolvemento social 0-6 anos.

SOCIALIZACIÓN = proceso mediante o que os seres humanos adquiren os elementos socioculturais


do seu medio ambiente, os integran e adaptan para vivir nese entorno.

2.1.2 OBXECTIVOS DA
SOCIALIZACIÓN: Adquirir a cultura

Integrar a cultura Adaptafción ao


na personalidade medio no que
da persoa está inmerso

Páxina 2 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.1 O desenvolvemento social 0-6 anos.

SOCIALIZACIÓN = proceso mediante o que os seres humanos adquiren os elementos socioculturais


do seu medio ambiente, os integran e adaptan para vivir nese entorno.
2.1.3 Procesos implicados na socialización
Procesos - Adquisición de nocións sociais: o neno e a nena adquiren coñecementos sobre as persoas
cognitivos ou e a sociedade (normas, valores, entornos máis íntimos, máis alonxados...)
mentais - Realización de atribucións: o neno e a nena realizan inferencias sociais, é dicir, atribúen
intencións, sentimentos e actitudes aos demais. Grazas a estas inferencias, realizan
predicións de conduta, é dicir, expectativas sobre a conduta dos demais e as súas
consecuencias.
Procesos O neno e a nena adquiren valores, normas e condutas para o autocontrol nas interaccións
condutuais sociais: habilidades sociais, condutas prosociais e evitar conflitos.
Procesos O neno e a nena vincularase afectivamente ás persoas máis achegadas. Por iso, un dos
afectivos procesos afectivos máis importante será o apego. Conforme madure e adquira amizades, a
empatía será outro proceso afectivo importante.

Páxina 3 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.1 O desenvolvemento social 0-6 anos.

2.1.4. A SOCIALIZACIÓN ESTÁ PRESENTE TAMÉN NO CURRÍCULO INFANTIL como


elemento importante a ter en conta na práctica educativa coas crianzas de 0 a 6 anos.
Seguindo o Decreto 150/2022 de 8 de setembro polo que se establece a ordenación e o
currículo da EI na Comunidade Autónoma de Galicia. Enténdese desenvolvemento social
como:

Desde as res áreas:


- Comunicación e representación da realidade.
- Crecemento en harmonía
- Descubrimento e exploración da contorna

Páxina 4 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

Hai abondosas teorías arredor do desenvolvemento: como se produce, cales son os aspectos
clave de cada idade cronolóxica do neno ou da nena...
Por iso, a continuación veremos, como no caso do Desenvolvemento Afectivo na UD1, algúns
autores e as súas teorías máis destacadas e con maior aceptación científica no eido da psicoloxía
evolutiva.

Imos afondar en:


- Teoría psicosocial de Vigotsky. Tamén chamada sociocultural ou históricocultural.
- Teoría ecolóxica de Bronfenbrenner e Feurstein.
- Teoría psicosocial de Erikson.
- Teoría da aprendizaxe social de Bandura.

Páxina 5 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.1 Teoría psicosocial de Vigotsky. Tamén chamada sociocultural ou históricocultural.

L.V. Vigotsky (tª sociocultural) é considerado o precursor do ”construtivismo social”


Considera que os procesos psicolóxicos das persoas teñen a súa orixe no ámbito social. É dicir, o neno
aprende primeiro a nivel social (ámbito interpersoal ou social) e despois a nivel individual
(intrapersoal ou psicolóxico): chamada LEI DA DOBRE FORMACIÓN.
Entre o nivel social e o psicolóxico ten lugar a INTERIORIZACIÓN = reconstrucción interna dunha
operación realizada de forma externa. E nesa interiorización é clave a linguaxe.
Para Vigotsky, os nenos pasan por diferentes fases. O paso dunha etapa a outra denomínaa “crise de
desenvolvemento”

CRISE_IDADE: ACTIVIDADES PRINCIPAIS


1ª crise:_1ª idade (nacemento-1 ano): relación emocional co adulto
2ª crise:_infancia temperá (1 ano- 3 anos): relación emocional cos obxectos
3ª crise_ infancia preescolar (3 anos-7anos): xogo
Para el a LINGUAXE ten un desenvolvemento independente do pensamento.

Páxina 6 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.1 Teoría psicosocial de Vigotsky. Tamén chamada sociocultural ou históricocultural.

L.V. Vigotsky (tª sociocultural) é considerado o precursor do ”construtivismo social”


Vigotsky diferencia o que o neno pode facer por si mesmo e o que é quen de facer con axuda, para entender
pois cando e como debemos fomentar determinadas aprendizaxes, como educadores.
Crea os conceptos: ZDP (real e en potencia)

ZDP = zona de desenvolvemento próxima. Zona de interacción social entre o NDR e o NDP. É unha zona na
que a persoa educadora pode intervir proporcinando axudars para facilitar o paso dunha etapa a outra e dun
nivel de desenvolvemento potencial a un real.

NDR= nivel de desenvolvemento real. Todo aquilo que a crianza é qued e realizar independentemente, sen
axuda de ninguén. De aí consideramos que esa é a ZDP real.
NDP= nivel de desenvolvemento potencial. Aquelas tarefas que a creainza pode realizar con axuda e que
son potenciais polo feito de que previsiblemente poderá realizalas de xeito independente máis adiante no
tempo. De aí consideramos que esa é a súa ZDP en potencia ou potencial.

Páxina 7 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.1 Teoría psicosocial de Vigotsky. Tamén chamada sociocultural ou históricocultural.

L.V. Vigotsky (tª sociocultural) é considerado o precursor do ”construtivismo social”

Explicamos a Lei da dobre formación:


Nivel interpersoal ou social Interiorización Nivel intrapersoal ou
psicolóxico
Entre o 1º e o 3º ano de idade, Entre os 3 e os 7 anos, o neno O neno vai interiorizando a
o neno fala para comunicarse, vai interiorizando a linguaxe, linguaxe egocéntrica,
fundamentalmente para é dicir, acompaña as súas primeiro en susurro (así vai
satisfacer as súas accións con verbalizacións. É ordenando o seu pensamento
necesidades. considerada unha fala privada e as accións)para despois
“agua” significa “teño sede, ou egocéntrica. acompañar os seus actos
quero beber” cunha frase.

Páxina 8 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.2 Teoría ecolóxica de Bronfenbrenner e Feurstein.

U. Bronfebrenner (tª ecolóxica)


O ambiente no que se desenvolve aínda que non interactúe directamente co neno, afecta á
súa vida personal e personalidade
Xenética + 6 niveis de desenvolvemento
1. Microsistema (relación nas que participan os nenos)
2. Mesosistema (interrelación dos ambientes nos que se desenvolve)
3. Exosistema (neno non precisa ser axente activo)
4. Macrosistema (cultura e subcultura)
5. Cronosistema (época histórica e momento de vida) ENGADIDO DESPOIS DA Tª INICIAL
6. Globosistema (ambiente xeral) ENGADIDO DESPOIS DA TEORÍA INICIAL
Reformulación posterior 1994: PPCT
Proceso- persoa-contexto-tempo
Biolóxico + psicolóxico+ social+ contexto h/c
Páxina 9 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es
2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.2 Teoría ecolóxica de Bronfenbrenner e Feurstein.

U. Bronfebrenner (tª ecolóxica)


Microsistema: conxunto de relacións entre a persoa en desenvolvemento e o ambiente próximo no que
esta se desenvolve.
Principais microsistemas do neno:
- Familia: Composta por varios subsistemas (parella e irmáns).
- Escola: Relacións do neno con outros nenos e mestres.
- Grupo de iguais: Interaccións entre nenos participantes.

Mesosistema: interconexións e influencias entre os microsistemas nos que participa a persoa. Por
exemplo: o tipo de apego establecido nas relacións cos pais influirá tamén sobre o tipo de relacións que
manterá o neno ou a nena cos iguais.

Exosistema: aquelas estruturas sociais que aínda que non conteñen á persoa, inflúen nela e delimitan o
que ten ligar no seu ambiente máis próximo.
Exemplos: a familia extensa (avós, tíos, curmáns...), o traballo, as amizades dos pais, as asociacións de
veciños ou clubes deportivos cos que gardan relación os pais...
Páxina 10 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es
2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.2 Teoría ecolóxica de Bronfenbrenner e Feurstein.

U. Bronfebrenner (tª ecolóxica)


Macrosistema: conxunto de valores culturais, crenzas, relixións, contexto social e feitos históricos que
aconteden e que poden afectar aos outros sistemas.

Globosistema: sistema mundial no que o individuo non ten influencia para poder mudar os
acontecementos globais que acontecen: cambios ambientais, climáticos, incendios, movementos das
placas tectónicas, desastres naturais...

Cronosistema: relacionado co tempo en dúas vertentes, unha máis invididual e outra máis xerai. Refírese
ao momento da vida no que se atopa a persoa en relación coas situacións que vive e tamén á época
histórica na que vive o individuo xa que esta marca o tipo de vida (avances tecnolóxicos, guerras,
modas...). Por exemplo: non será o mesmo o xeito de afrontar o duelo nun neno que nun ancián.

IMPORTANTE: Os sistemas ou contextos son interdependentes e están conectados os uns cos outros,
relaciónanse entre si constantemente, van variando e vanse modificando ao longo da vida do individuo.

Páxina 11 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.3 Teoría psicosocial de E. Erikson.

E. Erikson (tª psicosocial)


Erikson parte da psicoanálise de Froid pero orientou a súa teoría cara a sociedade e a cultura.
Elaborou unha teoría da pesonalidade, denominada así, teoría psicosocial que sostén a
importancia que a cultura ten sobre a personalidade dos individuos.
Diferencias de Erikson con respecto a Froid:
- Os nenos son exploradores activos do entorno e de si mesmos,non son axentes pasivos
guiados só pola sexualidade innata.
- As influencias culturais teñen máis peso que os impulsos sexuais. O ambiente inflúe na
maduración do “Eu” (“el Yo”) do neno. Para analizar sea influencia, estableceu unha serie
de estadios críticos ou crises que conforma a súa teoría.

Páxina 12 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.3 Teoría psicosocial de E. Erikson.

E. Erikson (tª psicosocial)


Fase Persoa coa que Proceso que se produce Realizará Fracasará na
se relaciona nesta fase aprendizaxe exitosa aprendizaxe se...
se...
Estadio 1 (0-12 meses) Nai Destete físico e Se confía nos outros. Se os pais son
CONFIANZA/ desvinculación psicolóxica. desconfiados ou non
DESCONFIANZA satisfacen as
necesidades do neno.
Estadio 2 (18 meses-3 Familia Gaña en autonomía. Aprende a autonomía, Se predomina a súa
anos) é dicir, se sinte vergoña ou dúbida
AUTONOMÍA/ autosuficiente para ante as críticas
VERGOÑA E DÚBIDA realizar accións recibidas.
(linguaxe...)

Páxina 13 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.3 Teoría psicosocial de E. Erikson.

E. Erikson (tª psicosocial)


Fase Persoa coa que Proceso que se produce Realizará Fracasará na
se relaciona nesta fase aprendizaxe exitosa aprendizaxe se...
se...
Estadio 3 (3-6 anos) Pais Quere realizar actividades Aprende a iniciativa Se desenvolve de
INICIATIVA/ CULPA de xeito autónomo aínda que sen culpa esaxerada. xeito abusivo a
iso implique contrariar aos culpabilidade por
pais. desobedecer aos pais.
Estadio 4 (6-12 anos) Pais Realiza actividades variadas. Desenvolvemento da Se desenvolve un
LABORIOSIDADE/ Persoas “laboriosidade” que sentimento de
INFERIORIDADE educadoras se ve no xogo ou nos inferioridade a partir
traballos escolares. da falta de
recoñecemento.

Páxina 14 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.3 Teoría psicosocial de E. Erikson.

E. Erikson (tª psicosocial)


Fase Persoa coa que Proceso que se produce Realizará Fracasará na
se relaciona nesta fase aprendizaxe exitosa aprendizaxe se...
se...
Estadio 5 (12-16 anos) Familia Acadar un sentimento de Logra a identidade do Confunde roles froito
IDENTIDADE/ Grupo de iguais unidade entre as vivencias seu “Eu” e evita a da dispersión e estar
CONFUSIÓN infantís, posibilidades, confusión de roles. máis pendente do
cualidades e defectos. exterior que de si
mesmo/a.
Estadio 6 (16-30 anos) Amigos Conseguir equilibrio entre o Consigue a intimidade Amosa incapacidade
INTIMIDADE/ Coñecidos exceso de intimidade e con amigos e amantes. para aceptar aos
ILLAMENTO. exceso de illamento. demais coas súas
PRINCIPIO DA IDADE diferencias.
ADULTA

Páxina 15 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.3 Teoría psicosocial de E. Erikson.

E. Erikson (tª psicosocial)


Fase Persoa coa que Proceso que se Realizará aprendizaxe Fracasará na
se relaciona produce nesta fase exitosa se... aprendizaxe se...
Estadio 7 (30-50/60 Amizades Conseguir equilibrio Consigue productividade, é Esá estancada e non
anos) Compañeiros entre o traballo e dicir, preocupacións polas realiza nada produtivo
PRODUTIVIDADE/ de traballo preocuparse por si seguintes xeracións tanto a para futuras xeracións.
ESTANCAMENTO Fillos mesmo/a. nivel familiar como
... social(criar, ensinar,
cultura...)
Estadio 8 (50/60 Conseguir equilibrio Logra a súa integridade e Cae na desesperanza,
anos...) entre a súa está satisfeito/a coas súas tema á velle e a
INTEGRIDADE/ integridade e os decisións tomadas. sentirse non útil ou
DESESPERACIÓN obstáculos da vellez. prescindible.

Páxina 16 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.4 Teoría da aprendizaxe social de A. Bandura.

A. Bandura (aprendizaxe social, vicaria ou por observación)


Bandura parte dos preceptos do condutismo. Pero amais da aprendizaxe
por ensaio-erro, sostén que tamén existe a aprendizaxe vicaria (por
observación) que non implica que o neno experimento de xeito directo o
éxito nin o fracaso.
O neno imitará as condutas de:
- Figuras de referencia: nai e pai, persoas educadoras, irmáns...

- Os medios de comunicación así como outras figuras coas que se relacionen os nenos tamén
influirán: personaxes dos debuxos animados, avós, personaxes dos contos, grupo de iguais...

O neno observará cales son as consecuencias das accións que realizan esas figuras de referencia e
estas consecuencias actuarán como reforzadores ou castigos vicarios (é dicir, o neno imitará
aquelas condutas que reporten reforzos vicarios).
Páxina 17 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es
2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.2 Teorías explicativas do DS.

2.2.4 Teoría da aprendizaxe social de A. Bandura.

A. Bandura (aprendizaxe social, vicaria ou por observación)


Bandura considerou que deste xeito, mediante a observación, se estaba a desenolver o
MODELADO. = proceso de aprendizaxe mediante observación onde a conduta dun
individuo ou grupo actúa como modelo xa que é o estímulo para os pensamentos, actitudes
ou condutas doutro individuo ou grupo que o observa.

Nese MODELADO se dinstinguen 4 procesos básicos implicados:


1. A atención: o neno observador debe centarse no que o educador quere modelar.
2. A retenciaón: fai referencia á codificación simbólica ou lingüística, organizar esa
información a nivel mental e ensaiar ese modelo presentado aínda que sexa só
mentalemente.
3. Reprodución: capacidade da crianza pra practicar esa conduta que viu no modelo.
4. A motivación: predisposición favorable do observador para reproducir ese modelo.

Páxina 18 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

Os axentes de socialización son as persoas ou institucións que exercen influencia sobre o neno
incidindo así no seu desenvolvemento social.
Os principais axentes de socialización son: a familia, a escola e grupo de iguais máis os medios
de comunicación e redes sociais.
1º axente de socialización: a familia

FAMILIA = organización de persoas emparentadas entre si que teñen un sistema de relación


xerárquico entre os diferentes membros.
Tipos de familias. Podemos destacar como tipos, os seguintes: monoparentais, con dous pais ou
nais, con nenos e nenas fillos biolóxicos ou adoptados, familias nucleares (só os proxenitores e
fillos) ou familias amplas (con avós convivintes na mesma unidade familiar...).

A familia cumpre funcións: económicas (unidades de consumo), asistenciais (axuda económica,


afectiva, de coidados... Entre os seus membros) e educativas (transmisión de valores, normas,
procura do desenvolvemento dos seus membros e maduración...).
Páxina 19 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es
2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

1º axente de socialización: a familia


Funcións da familia a nivel educativo para as crianzas:
- Ofrecer modelos axeitados de comportamento en diferentes situacións.
- Fomentar situacións de aprendizaxe de conductas básicas para a supervivencia e socialización.
- Potenciación da comunicación e estimulación da linguaxe.
- Fomento do desenvolvemento integral dos nenos e nenas mediante o establecemento de límites claros,
comunicación asertiva, afecto e clima de confianza e seguridade.

Tipos de relacións Estilo “laisser faire” ou permisivo: prima os aspectos emocionais pero non establece pautas de
paternofiliais comportamento claros, tampouco límites.
segundo: afecto e
Estilo asertivo ou democrático: establece límites claros e normas consensuadas entre os proxenitores
comunicación, ou titores legais para crear ambiente de seguridade e de fomento do control. Prima a comunicación
límites, normas, e conversa co fillo/filla para favorecer confianza.
responsabilidade
que amosan e Estilo autoritario: cínguese a establecer límites non móbiles. Abundan as normas que non están
participación na adaptadas ao nivel madurativo do neno ou nena. Emprega os reforzos ou castigos como únicas
vida familiar. estratexias educativas.
Estilo neglixente: son inexistentes ou moi escasas as expresións emocionais e afectivas, a
comunicación, os límites claros nin adaptados. Prima a irresponsabilidade paternal.

Páxina 20 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

Os axentes de socialización son as persoas ou institucións que exercen influencia sobre o neno
incidindo así no seu desenvolvemento social.
Os principais axentes de socialización son: a familia, a escola e grupo de iguais máis os medios
de comunicación e redes sociais.

2º axente de socialización: a escola


A atención á infancia 0-6 anos comprende:
- Institucións formais como as escolas infantís 0-3, as casas niño, os puntos
de atención á infancia (PAI).
- Centros non formais: ludotecas, granxas-escola...

Independentemente de que sexan formais ou non formais, estas institucións


deben responder ás necesidades infantís: características do
desenvolvemento infantil, adaptación á diversidade de ritmos de
desenvolvemento mediante apoios e individualización, atención ás
necesidades básicas fisiolóxicas e bioritmos.

Páxina 21 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

Os axentes de socialización son as persoas ou institucións que exercen influencia sobre o neno
incidindo así no seu desenvolvemento social.
Os principais axentes de socialización son: a familia, a escola e grupo de iguais máis os medios
de comunicación e redes sociais.
2º axente de socialización: a escola

A escola infantil é unha institución clave neste proceso de socialización xa que o neno ou nena permanece grande parte da
súa xornada nun ambiente diferente da familia. É unha institución organizada para a transmisión de contidos e formas de
comportamento socialmente aceptadas e desexables.
Na escola o neno atopa novos estímulos:
- Debe aprender a satisfacer as súas necesidades xa que hai máis nenos ca el ou ela: aumenta a autonomía.
- Deben atender a novos sistemas de relación con outras persoas (adultos e iguais): adapta a súa moral.
- Debe abandonar o seu egocentrismo para relacionarse con iguais, compartir... : aumenta a socialización.
- Adquiren novos coñecementos xa que existen unha maior cantidade de estímulos diarios: potencia o seu
desenvolvemento cognitivo.

É importante a labor de socialización tanto nas Escolas Infantís 0-3 (tanto do eido privado como aquelas dependentes dos
concellos e aquelas dependentes do Consorcio Galego e da Axencia Galega) como as Escolas de Educación Infantil 3-6 e
CEIP (centros de educación infantil e primaria). A coordinación entre o 1º e o 2º ciclo de Educación Infantil é tamén unha
labor de educadores e profesorado.
Páxina 22 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es
2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

Os axentes de socialización son as persoas ou institucións que exercen influencia sobre o neno
incidindo así no seu desenvolvemento social.
Os principais axentes de socialización son: a familia, a escola e grupo de iguais máis os medios
de comunicación e redes sociais.

2º axente de socialización: os iguais

Entendemos por grupo de iguais = grupo de persoas da


mesma idade cronolóxica entre os que se establecen relacións
interpersoais.

Estas relacións cos iguais contribúen ao desenvolvemento social e ao


afectivo onde se dan relacións de igualdade, cousa que non ocorre nas
relacións con adultos, así como comezan a poñer os primeiros chanzos
cara as amizades futuras, conforme abandonen o egocentrismo e
empaticen máis.

Páxina 23 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

2º axente de socialización: os iguais.


ETAPAS NO PROCESO DE INTERACCIÓN SOCIAL COS IGUAIS

1-2 anos Amosa unha actitude egocéntrica.


Interésase polo adulto. O interese polos iguais é curiosidade intermitente xa que moitas veces
aparece rivalidade para obter a atención do adulto.
O outro é un obxecto de exploración para aprender e recoñecer fisicamente.
2-3 anos Resúltalle difícil poñerse no lugar do outro e controlarse motrizmente. Falta paciencia para
respectar quendas e colaborar con outros iguais. Hai choques egocéntricos.
3-4 anos É un período no que se dan avances e retrocesos, ás veces máis colaboración, ás veces menos
interacción e máis rivalidade.
4-5 anos Aumentan as interaccións e colaboración en tarefas, respectan quendas e son quen de comezar
xogo simbólico ou de representación con normas básicas.
5-7 anos Existe colaboración entre iguais, xogos con normas e reglas interpostas entre eles sen necesidade
do adulto para solucionar situacións que noutro momento daban lugar a conflitos habituais. Son
máis autónomos.

Páxina 24 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

2º axente de socialización: os iguais.


ETAPAS NO PROCESO DE INTERACCIÓN SOCIAL COS IGUAIS
ETAPA características
O XOGO É CLAVE NO
PROCESO DE Solitaria Xogo separado.
SOCIALIZACIÓN DOS (1-2 anos)
NENOS XA QUE Paralela Búsqueda do outro para xogo en paraleo: dous ou tres nenos
INTERACTÚAN ASÍ DESDE (2-4 anos) como máximo.
MENIÑOS. Gústalles percibir ao outro pero non xogan conxuntamente.

SEGUNDO O TIPO DE Asociativa Interaccións e intentos de organización de xogo con máis nenos
XOGO QUE REALIZA O (4-5 anos) e nenas: amplíase o nº de membros do grupo a catro ou cinco.
Non hai fin común, prima o individualismo, nin medios
NENO, OSTERRIETH
organizados para conseguilo.
CONSIDERA QUE PODEMOS
ESTABLECER 4 ETAPAS: Reglada Xogos reglados: aprenden habilidades.
(5 -7 anos) Constrúese o autoconcepto e incrementa a autoestima.
Sentimento de pertenza a un grupo.

Páxina 25 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.3 Os axentes de socialización.

Os axentes de socialización son as persoas ou institucións que exercen influencia sobre o neno
incidindo así no seu desenvolvemento social.
Os principais axentes de socialización son: a familia, a escola e grupo de iguais máis os medios
de comunicación e redes sociais.
3º axente de socialización: os medios de comunicación e redes sociais
Os medios de comunicación social son instrumentos técnicos a través dos que determinados profesionais transmiten contidos
para a información, formación, entretemento... Enfocados a un público xeral ou a un determinado pero heteroxéneo (infantil,
xuvenil, adulto...). Tales son a tv ou a radio.

As redes sociais teñen cada vez máis importancia no desenvolvemento dos infantes desde os 6 anos cara adiante. Entre elas
destacan as aplicacións para intercambio de información entre os pais que tamén usan os nenos, uso habitual de youtube,
videoxogos on line...

O emprego de TICs (tecnoloxías da información e da comunicación) en menores de 3 anos non está aconsellado de xeito
intensivo xa que pode aumentar o sedentarismo e os problemas de visión se se fai de xeito intensivo. No obstante, cada vez
máis, nas escolas infantís e Escolas de educación infantil de 2º ciclo empréganse ordenadores, pizarras dixitais interactivas,
tablets ou ipads, cámaras, realidade aumentada... Para axudar á integración do mundo dixital nas aulas e facer máis achegada a
escola á realidade dos nenos e nenas sempre con responsabilidade e enfoque educativo.

Páxina 26 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.4 Aspectos fundamentais na socialización 0-6 anos.

A persoa educadora debe observar como evoluciona cada neno e cada nena prestando atención a
procesos que son moi importantes na socialización:
Autocoñecemento Iníciase co desenvolvemento da percepción. Cara o ano é quen de diferenciarse do seu entorno e comprende que a súa conduta
persoal ten consecuencias nese entorno.
Autorrecoñecemento Cara os 2 anos de idade os nenos amosan conciencia de si mesmos diferenciándose co uso de pronomes persoais e nomeándose
a si mesmos en 3ª persoa ”Alba quere comer”
Recoñece en fotos ás persoas achegadas como a nai, irmáns ou educadora.
Autoavaliación É o proceso de descubrimento de si mesmo. A autoavaliación é global e valorarase dependendo do grao de autoestima que teña.
Cara os 5 anos o neno valorarase seguindo a valoración que os demais amosen con el ou lle comenten del.
Autorregulación É a capacidade do neno para regular e controlar a súa conduta. Primeiramente a conduta infantil está controlada por fontes
externas. Progresivamente interioriza esa autorregulación e pasa á autorregulación interna: a súa conduta tórnase máis autónoma.
Neste proceso axudan os xogos ante o espello, as fotos ou as cancións con mímica.
Coñecemento do G.H. Mead na súa obra “Espírito, persoa e sociedade” postulou a súa teoría do interaccionismo simbólico. Considera que a
outro evidencia de que o neno se desenvolve mentalmente e se socializa a atopamos no xogo. As, a través do xogo, aprende a adoptar o
papel dos demais e interiorizar actitudes, aprende a concibirse como membro do grupo cun rol determinado dentro del. O “eu “
do neno desenvólvese pola súa identificación con outras persoas.
Adquisición de Son as formas de interacción que levan a cabo os nenos para relacionarse con iguais e resolver os conflitos que xurdan entre eles.
estratexias de En grupo aprenderán a afrontar situacións sen violar os dereitos dos outros (estratexias asertivas), amosar agresividade cando se
interacción social sintan agraviados ou ofendidos (estratexias agresivas), fuxir ante conflitos (estratexias pasivas) e buscar a adultos para solucionar
o conflito que non son quen de facer por si mesmos (estratexias de procura de autoridade).

Páxina 27 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.5 Sistemas de medida: a sociometría.

A sociometría é a ciencia que estuda as relacións humanas dentro de grupos de pequeno tamaño.
Avalían a atracción e rexeitamento interpersoal entre os membros do grupo. Así obtemos
información sobre que opina cada neno sobre outro neno e o grupo en xeral. Serve sobre todo
con nenos e nenas a partires dos 5 anos pero, con adaptación, pode servirnos tamén para tomar
informacións nas aulas do 1º ciclo 0-3 e do 2º ciclo 3-6.

Hai diferentes técnicas sociométricas que se poden levar a cabo. Destacamos:


1. A escala de clasificación: Pídeselles aos nenos que clasifiquen a cada un dos membros do grupo nunha
escada de 1 a 5 segundo un criterio dado.
Por exemplo: gustaríame sentarme con el /ela ao lado todos os días.
- sendo 1 non me gustaría nada
- 2 preferiría outro compañeiro/a
- 3 gustaríame sentarme con el/ela pero primeiro con outras persoas
- 4 é das miñas persoas favoritas para sentarme con ela
- 5 gustaríame moito sentarme con el/ela.

Páxina 28 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.5 Sistemas de medida: a sociometría.

Hai diferentes técnicas sociométricas que se poden levar a cabo. Destacamos:


2. A comparación por parellas de iguais: presentámoslles aos nenos os nomes do resto dos compañeiros e
compañeiras de dous en dous. Debe elixir a quen prefire de cada parella.

3. A nominación. Deben nomear un certo nº de compañeiros e compañeiras atendendo a un criterio


determinado:“ con que neno ou nena prefires xogar?”“ con que neno ou nena non che gusta xogar?”

DE TODA ESA INFORMACIÓN, PODEMOS DETERMINAR ESTATUS SOCIOMÉTRICOS, É DICIR, A


CLASIFICACIÓN DOS MEMBROS DO GRUPO SEGUNDO O GRAO DE ACEPTACIÓN SOCIAL QUE TEÑAN NEL:

Nenos/as populares Nenos/as controvertidos Nenos/as promedio Nenos/as ignorados Nenos/as rexeitados

Cooperativos, Líderes, con destrezas Aceptan normas, son Pasan desapercibidos. Amosan agresividade,
comparten, axudan... intelectuais e sociais. pacíficos pero con Raramente son elixidos hiperactividade,
Alto grao de impacto Amosan ás veces condutas escasas experiencias para xogar. Amósanse desorganización,
social no grupo. antisociais ou agresivas. sociais. retraídos, tímidos, pouco solitarios, escasas
Bastantes puntuacións Nº moderado de sociais e pouco agresivos. habilidades sociais e de
positivas e negativas. puntuacións positivas e Obteñen moi poucas liderazgo. Reciben
negativas. É o estatus puntuacións positivas e puntuacións negativas na
máis frecuente nos negativas. súa maioría.
grupos.

Páxina 29 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.6 Dificultades e conflitos no DS.

O desenvolvemento social ten as súas dificultades, como o resto dos desenvolvementos. O infante
debe afacerse ás normas, a non ser o centro de atención...

Por iso, as principais dificultades están relacionadas coas escasas habilidades sociais:
- Dificultades para compartir con outros nenos e nenas.
- Dificultades para interactuar con iguais: xogar con eles, ordenar espazos en conxunto,
colaborar...
- Escaso control da agresividade por frustración: maniféstase en pelexas, discusións... Cando as
cousas non saen como pensaban ou quixeran. Aparecen mordeduras, patadas, empurróns... A
impulsividade ou a falta de control das emocións ante a frustración adoitan ser dúas das causas
máis comúns.
- Falta de atención. A súa atención varía constantemente. Non permanecen atentos a unha tarefa
determinada durante un tempo continuado.
- Trastornos da ansiedade: de alimentación (evitar comer, vomitar... -anorexia/bulimia), de sono e
vixilia (pesadelos, insomnio...) e de eliminación (de ouriños –enurese- e de feces –encoprese-).

Páxina 30 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.6 Dificultades e conflitos no DS.

A maiores destas dificultades xerais, que podemos ir modulando nas aulas mediante o emprego de estratexias
para que observen, imiten e repitan condutas prosociais, tamén existen trastornos que teñen implicacións no
ámbito social. Entre eles, polo seu impacto na infancia e a súa diagnose durante este período infantil, podemos
destacar, segundo o o DSM-V (manual para a diagnose de enfermidades mentais da Asociación Americana de
Psiquiatría):
- O TEA (trastorno do espectro do autismo).Ver análise do protocolo TEA adxunto.
É un trastorno do neurodesenvolvemento. Dentro das características das persoas con TEA están os problemas na interacción
social xa que non amosan interese polos demais, teñen alteracións na linguaxe e comunicación e falta de flexibilidade mental
(gran resistencia a cambios e amosan condutas repetitivas).
A diagnose do TEA corresponde fundamentalmente aos pediatras e aos servizos de Atención Temperá regulada no Decreto
183/2013 do 5 de decembro. Pode ser diagnosticado durante a primeira infancia 0-3 anos .
- O TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade).Ver análise do protocolo TDAH adxunto.
É un trastorno do neurodesenvolvemento. Maniféstase ben por ter patrón de impulsividade descontrolada ou por falta de
atención ou por ambas.
Ø No caso da impulsividade, hai moita acción física, dificultades para permanecer sentados, falta de autocontrol, baixa
tolerancia á frustración, entre outras.
Ø No caso das dificultades atencionais persistentes, a atención non é sostida ante unha tarefa ou estimulo, é intermitente,
cambia constantemente o foco atencional e vai enfocada sobre todo ao adulto.
A diagnose do TDAH é escasa antes dos 6 anos. A partires dos 7 anos as baterías e escalas de desenvolvemento poden dar unha
valoración máis fiable.
- Outras síndromes ou enfermidades raras que cursan con características similares aos dous trastornos mencionados.
Páxina 31 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es
2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.6 Dificultades e conflitos no DS.

Así pois, os factores que causan estes conflitos no desenvolvemento social adoitan ser:
1. O egocentrismo infantil.
2. A falta de autocontrol.
3. A necesidade de cambar constantemente de actividade e variar de estímulos.
4. A dificultade por cumprir regras establecidas.
5. A inestabilidade emocional e escasa aceptación da frustración.
6. A existencia de trastornos de neurodesenvolvemento con implicacións no ámbito social.

Páxina 32 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.7 Intervención socioeducativa.

2.7.1 Imos afondar agora en actuacións que podemos levar á práctica para favorecer o
desenvolvemento social nas nosas rutinas do día a día.

Estableceremos Aportan seguridade e protección. Axudan á comprensión do mundo.


límites e normas Deben ser poucas e claras. Debemos aplicalas con reforzos positivos cando os nenos
claras as realizan correctamente e con afectividade. A firmeza e a afectividade son
complementarias e necesarias.
Emprego de Os contos son recursos pedagóxicos para propiciar situacións comunicativas e
estimuladores como recoñecemento de persoas, situacións, entender a complexidade das relacións
os contos e os xogos humanas... Podemos empregar diferentes formatos: físicos ou dixitais.
Os xogos son importantes neste proceso de socialización, como xa temos abordado.
Centraremos a nosa atención en tres tipos básicos moi importantes na primeira
infancia:

Páxina 33 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.7 Intervención socioeducativa.

Imos afondar agora en actuacións que podemos levar á práctica para favorecer o desenvolvemento
social.

Emprego de - Xogo de loita (ou acoso e derribo). É un xogo físico que adoitan levar a cabo
estimuladores como arredor dos tres anos. Semella unha agresión pero é un xogo universal no que os
os contos e os xogos nenos desfrutan e aprenden a manexar as súas forzas e a manifestar a
agresividade de xeito contido. Aparece en todas as culturas. Adoita ser máis
ruidoso e turbulento nos nenos que nas nenas.
- Xogo sociodramático: aparece a partires dos 2 anos aproximadamente (segundo
Piaget, a función simbólica aparece nesa idade). Así, poden realizar xogos de
representación, ficción ou dramatización con personaxes de ficción ou
estereotipados (sobre todo imitando os roles de mamá e papá). Así expresan
medos, interiorizan roles sociais, relaciónanse coas normas grupais e resolven os
conflitos que se van dando durante o xogo.
- Xogo cooperativo: adóitase dar en grupos mixtos, onde hai nenos máis maiores
ca outros. Son os maiores os que reparten tarefas para realizar unha tarefa
(construír algo...).
Páxina 34 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es
2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.7 Intervención socioeducativa.

Imos afondar agora en actuacións que podemos levar á práctica para favorecer o desenvolvemento
social.

Desenvolvem As habilidades sociais son condutas ou destrezas


ento de sociais específicas requiridas para executar
habilidades competentemente unha tarefa interpersoal.
sociais Definición de Inés Monjas (2000)
(HH.SS) con: En parte son condutas adquiridas por aprendizaxe,
a. Programas sobre todo por imitación.
de Son globais: con compoñentes motoras, emocionas,
habilidades cognitiva e comunicativas.
sociais Precisan dun contexto interpersoal para aplicadas,
é dicir, de contacto entre persoas.
b. Técnicas de Un dos programas de habilidades sociais máis
modificación empregado na infancia é o PEHIS de Inés Monjas
de conduta que afonda na importancia do modelado e
imitación en situacións simuladas ou reais para que
os nenos adquiran esas habilidades sociais.

Páxina 35 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.7 Intervención socioeducativa.

Desenvolvemento de
habilidades sociais
con:
a. Programas de
habilidades sociais

b. Técnicas de
modificación de
conduta

Páxina 36 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.7 Intervención socioeducativa.

Desenvolvemento de TÉCNICAS BÁSICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA.


habilidades sociais
con: - Empregarémolas de xeito puntual, non como un recurso habitual.
a. Programas de - A observación e o modelado son claves para a aprendizaxe de condutas,
habilidades sociais así que as técnicas non deben ser o único recurso.
- Son moi empregadas en casos de trastornos de neurodesenvolvemento
b. Técnicas de con afectacións no ámbito social, ante agresións aos iguais ou outras
modificación de condutas que perxudiquen ao resto dos compañeiros/as.
conduta - Deben ser usadas con mesura e sempre baixo o criterio de
individualización e atención á diversidade.

Páxina 37 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.7 Intervención socioeducativa.

• Privar ao neno de obter información mediante o illamento.


• Ese illamento é espacial pero non require ir a outro lugar. Manteremos
Tempo fóra contacto visual co neno ou nena pero non poderá participar do que se estea a
facer co grupo.
• O lugar de illamento non debe ser atractivo nin provocar medo.

Para
• Serve para eliminar condutas non perxudiciais para o neno xa que, seguindo as
eliminar
Retirada de orientacións do condutismo, unha conduta que non vai serguida de reforzo
positivo ou consecuencia agradabel é máis improbable que se repita.
condutas
atención • En paralelo orientaremos ditas condutas cara outras positivas, para darlle sempre
a alternativa a esa conduta errónea.

• É unha consecuencia desagradabel ante unha conduta non desexada.


Queremos que esa conduta desapareza.
• Só debe ser usado en situacións de gravidade, que sexan prexudiciais para os
castigo demais.
• Debe ser inmediato ao feito, intenso e curto. SEMPRE COMO ÚLTIMO
RECURSO, para non aumentar a inseguridade ou baixa autoestima do
neno/nena.

Páxina 38 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


2. O desenvolvemento social 0-6 anos.
2.7 Intervención socioeducativa.

É A ESTRATEXIA MÁIS RECOMENDABLE: OS


Aprendiaxe por ADULTOS SON MODELOS DE CONDUTA. O NENO
observación
OBSERVA E IMITA.
•Despois da conduta que queiramos que se repita, daremos o reforzo positivo que
consistirá en:
oLoubanzas, mostras de atención…
oActividades que lle gustan moito: que poida facelas xusto despois
Para que Reforzo positivo oMateriais: aportámoslle o xoguete que quere, o conto… É RECOMENDABLE
EVITAR OS REFORZOS CON COMIDA QUE POIDAN LEVAR A UNHA ASOCIACIÓN
repita POUCO SAUDABLE DA RESPONSABILIDADE-COMIDA.
condutas
• Descompoñemos a conduta a repetir en varias máis pequenas ou pasos
intermedios partindo do que o neno sabe facer e refrozando os pequenos
Moldeado avances que faga. Este moldeado axuda para que integren, por exemplo,
autonomía persoal na hixiene propia ou no vestido.

• Asociamos unha conduta desagradable con outra agradable para que así,
Técnica de ao facer primeiro a desagradable, aumente a motivación para realizar a
segunda. Así a conduta que considera desagradable é a que nós
Premack queremos reforzar mediante a segunda, a agradable: “coloca as pinturas
que usaches e despois poderás ir a xogar.”

Páxina 39 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es


Coll, C., Marchesi, A. y Palacios, J. (1999) Desarrollo
psicológico y educación. Madrid. Alianza Editorial.

Continuamos Redondo, A., Madruga, I (2011). Desarrollo socioafectivo.


Madrid. McGrawHill.
avanzando...
Seguinte Siegel, D.J., Payne, T. (2013). El cerebro del niño. Madrid.
ALBA Editorial.
apartado!
Imaxes: freepik.com, wikipedia.org.

Páxina 40 de 40 Alba Sardá sardá@edu.xunta.es

You might also like