You are on page 1of 14

Atención a unidades de convivencia CIS

UNIDADE DE TRABALLO 1: As unidades de convivencia

1. Introdución
2. Que son as unidades de convivencia?
3. Concepto de familia
3.1. A familia como institución social
3.2. Evolución da familia
3.3. Marco xurídico
3.4. Tipos de familia
4. Familias en situación de vulnerabilidade
5. Políticas familiares

Página 1
Atención a unidades de convivencia CIS

1. INTRODUCIÓN

A Unidade de traballo pretende situarnos sobre o que é unha unidade de convivencia, así coma
todas as variantes da mesma.

Empezaremos pola unidade de convivencia por excelencia: a familia ou mellor dito as familias, tal
e como se refire a ela a recente normativa. Neste sentido, faremos un recorrido pola lexislación mais
relevante no eido da familia, así como os cambios que foi recollendo a propia lexislación como
consecuencia da realidade social.

Outra cuestión fundamental na nosa intervención é definir os tipos de familia que nos podemos
atopar e a evolución que se foi producindo nos mesmos ao longo da historia. Abordaremos a cuestión
das familias en situación de vulnerabilidade por distintos motivos, por ser un ámbito de intervención
importante para o noso traballo.

E por último, veremos as propostas de traballo de cara a protección da familia a nivel europeo.

2. QUE SON AS UNIDADES DE CONVIVENCIA?

Analizaremos por separado o significado dos termos que compoñen o concepto Unidade de
convivencia:

Por unidade enténdese cada unha das partes e grupos que forman un determinado organismo.

Enténdese por convivir vivir en compañía doutro, é dicir, cohabitar. Sen embargo, o termo
convivencia implica vivir socialmente en harmonía para favorecer a tolerancia e os intercambios
recíprocos entre as persoas e os grupos. Isto supón coñecer, aceptar e respectar ás persoas que
forman ditos grupos.

Podemos definir as Unidades de Convivencia como aqueles espazos de socialización,


humanización e de solidariedades interpersoais. Polo tanto, conxunto de persoas que viven
habitualmente baixo o mesmo teito, que poden estar ligadas entre elas por lazos de parentesco,
afinidade, afectividade ou amizade. Comparten, entón, un espazo común onde as interaccións entre
os membros se producen de forma reiterada.

A estrutura da unidade de convivencia debe reunir as seguintes características:

- Todos os membros comparten un mesmo espazo físico como lugar habitual de residencia.
- Cada membro debe ter o seu lugar, sendo recoñecido e aceptado polos demais.
- Cada membro relacionase con todos os demais que contribúen a formar o grupo convivencial
- Cada membro e potencialmente portador de moitas influencias que deben encarreirarse para
manter un funcionamento equilibrado da unidade de convivencia.

Tendo en conta as razóns polas que se produce a agrupación, podemos diferenciar dous tipos de
unidades de convivencia:

Página 2
Atención a unidades de convivencia CIS

Aquelas nas que a convivencia depende da vontade das persoas que a forman, son os individuos
os que deciden formar dita unidade. É o caso da familia, que aínda que é verdade que non eliximos
aos nosos pais, fillos..., sí é certo que no momento da formación intervén a vontade do individuo,
habitualmente.

Aquelas nas que a convivencia depende da sociedade. Que fai referencia os distintos recursos
e institucións xerados por diferentes organismos públicos ou privados para cubrir unha demanda ou
necesidade social, por exemplo: pisos tutelados, residencias, centros de día...

3. CONCEPTO DE FAMILIA

É difícil establecer un concepto de familia, incluso cando o usamos vulgarmente, facémolo con
diversas acepcións.

A Organización Mundial da Saúde, afirma que “entendese por familia aos membros do fogar
emparentados entre si, ata un grao determinado, por sangue, adopción e matrimonio. O grao de
parentesco utilizado para determinar os límites da familia dependerá dos usos aos que se destinen os
datos e, polo tanto, non pode definirse con precisión a escala mundial”.

Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), podemos definir a familia como “conxunto de
persoas que conviven baixo o mesmo teito, organizadas en roles fixos (pai, nai, irmáns etc.)/ etc.) con
vínculos consanguíneos ou non, cun modo de existencia económico e social comúns, con sentimentos
afectivos que os unen e aglutinan”.

Polo tanto, podemos falar das seguintes características da familia:

 Constitúe a base de toda sociedade.


 É unha estrutura social universal que se atopa en todos os tipos de culturas e sociedades; en
cada unha delas varía a súa forma ou estrutura, pero mantéñense as características
importantes.
 Xeralmente xorde por lazos sanguíneos, legais ou emocionais.
 Pode xurdir a partir do matrimonio ou a unión conxugal (nalgunhas sociedades é legal a
poligamia).
 Posúe bases de organización económica.
 Constitúe a base de transmisión de educación e valores: os membros comparten costumes e
tradicións que adoitan ser transmitidas de xeración en xeración. Os seus membros posúen o
desafío de superar en conxunto retos e dificultades.

O análise da institución familiar, lévanos a precisar 3 elementos clave do sistema familiar:


A estrutura familiar, que define os elementos que compoñen o sistema familiar e a vinculación entre
eles e como se organizan. Concrétase nos diferentes tipos de familia.
A dinámica familiar, referida a interacción (sentimentos, motivacións, calidade de comunicación,
pautas de conduta, etc). Concrétase no nivel de conflitividades, relacións de convivencia, etc.
O ciclo vital, que se refire as distintas etapas da vida dunha familia e as crises que aparecen en
cada unha delas.

3.1. A FAMILIA COMO INSTITUCIÓN SOCIAL

Página 3
Atención a unidades de convivencia CIS

A familia, como grupo, ademais da cobertura das necesidades básicas (afectivas, materiais...)
ten como fin primordial a socialización dos seus membros, a autonomía e a identidade. Podemos dicir,
que satisfai as seguintes necesidades:

 Sexual. É o punto de encontro afectivo coa parella, ademais de ser a base reprodutiva.
 Económica. É onde a familia desenvolve as súas capacidades e habilidades para satisfacer e
manter as necesidades materiais.
 Educativa e social. A través dela transmítese a cultura, os valores, as tradicións, as normas e
os principios base para a integración na sociedade.
 Afectiva. Exprésanse sentimentos de amor, lealdade, e recoñecemento.
 De apoio e seguridade. A familia é o refuxio onde se atopa apio e axuda nos momentos de
crise

Polo tanto a familia cumpre unhas funcións básicas, tanto cara os individuos que a compoñen,
coma cara a sociedade. Cando estas funcións non se compren adecuadamente xorden unha serie de
problemas, tanto nas relacións dos seus membros coma coa comunidade: abandono dos fillos, malos
tratos, hábitos inadecuados... As funcións da institución familiar son:

Control, modo de impoñer unha orde e unha disciplina que axude a conseguir as metas
establecidas. Cada familia establece unhas regras (implícita ou explicitamente) para os seus membros.

Asignación de roles, cada membro ten un papel que cumprir (pais, fillos..)

Resolución de conflitos, que poden xurdir por diferentes actitudes en canto a valores, regras ou
normas introducidas polos membros da parella dende a súa familia de orixe, así como por unha
comunicación inadecuada entre eles, etc.

Desenvolvemento persoal, cada membro necesita que se lle proporcionen as posibilidades para
desenvolverse individualmente. As experiencias vividas na familia de orixe serven ao individuo como
pautas para a formación de novas unidades familiares.

Sen embargo, a familia xa non se fai cargo en exclusividade de determinadas funcións; a


socialización de fillos e fillas, o coidado de familiares maiores... son compartidos con outras
institucións xerándose unha relación de interdependencia entre ambas.

3.2. EVOLUCIÓN DA FAMILIA

A evolución tanto económica como sociolóxica das sociedades desenvolvidas está determinando
cambios profundos na vida social, laboral e familiar. O grupo familiar contemporáneo caracterízase
pola súa continua renovación. É relativamente “inestable”, debido aos cambios de mentalidade, a
laicización da sociedade, a lexislación, a mobilidade laboral e xeográfica.

A familia tradicional caracterízase, dende o punto de vista das funcións dos seus membros, pola
existencia dunha estrita diferenciación de funcións baseadas no sexo e a idade dos seus compoñentes.
Xeralmente o pai traballa fora da casa e a muller compaxina o coidado das persoas maiores coas
tarefas domésticas.

Página 4
Atención a unidades de convivencia CIS

Na familia moderna, en cambio, os roles familiares son mais flexibles, a autoridade paterna e marital
debilítase porque é compartida polos cónxuxes e prodúcese unha relación de igualdade entre o home
e a muller.

Segundo Inés Alverdi. “A estrutura e o tamaño dos fogares variou: as persoas viven ata mais
avanzada idade, teñen menos fillos e conviven con menos persoas nos seus fogares”.

A familia esta a vivir na actualidade importantes transformacións que afectan tamén ao concepto
da mesma. Así o seu valor explicativo para a intervención social esta a perder forza, sendo substituído
progresivamente polo novo concepto de Unidades de convivencia, que de algún xeito da cabida a
todas esas situacións convivenciais difíciles de encaixar no concepto legal de familia.

As causas deste proceso de desinstitucionalización da vida familiar son diversas:

a) O nivel ético de esixencia actual para as relacións afectivas e de convivencia


b) O proceso histórico de democratización, flexibilización e negociación nos roles familiares.
c) A diminución e o atraso da nupcialidade.
d) A progresiva incorporación da muller ao mercado laboral remunerado.
e) O divorcio coma elemento regulador da vida en parella, co conseguinte incremento de
segundos matrimonios, unións de feito...
f) A caída da natalidade.
g) O recoñecemento normativo da protección dos menores.
h) Maior recoñecemento das liberdades sexuais e os dereitos das persoas LGTBIQ+
i) Maior permanencia da xente nova no fogar.
j) A maior autonomía dos anciáns, tanto física coma económica e a modificación do papel e o
lugar que ocupaban na familia tradicional.
k) Aumento dos fogares unipersoais.
l) A existencia de novas técnicas de reprodución asistida e avances tecnolóxicos neste campo.

Todo isto conduce a coexistencia de diversos tipos de familia con grandes diferenzas entre si, tanto
na estrutura coma nas funcións. A tendencia actual, é a configuración temporal de grupos domésticos
“simples” compostos por nai ou pai e un ou dous descendentes, ou núcleos nos que cohabitan fillas/os
de diferentes nais e/ou pais, ata chegar á parella sen descendentes. Por outra parte, tamén se comeza
a definir como unidades de convivencia, sen estrutura familiar, aquelas convivencias de persoas sen
vínculos de tipo familiar ou afectivo, pero que comparten a mesma vivenda, gastos,... e ás persoas que
viven soas.

3.3. MARCO XURÍDICO

A institución familiar é obxecto dunha especial atención, tanto nos instrumentos coma nas normas
internacionais e nacionais.

A Declaración Universal dos Dereitos Humanos, establece no seu artigo 17.3 que a familia é o
elemento fundamental da sociedade e ten dereito a protección social do Estado.

E tamén que: toda persoa ten dereito a un nivel de vida que asegura a súa saúde, o benestar e o
da súa familia, especialmente no que respecta a súa alimentación, atención médica e os necesarios
servizos sociais...

Página 5
Atención a unidades de convivencia CIS

Toda persoa ten dereito a seguridade no caso de enfermidade, invalidez, viuvedade, vellez ou
naqueles casos de perdida de medios de subsistencia por circunstancias alleas e independentes da
súa vontade, a maternidade e a infancia ten dereito a axuda e coidados especiais.

O Pacto Internacional dos Dereitos Civís e Políticos do 19 de decembro de 1966 consagra o


dereito a protección da familia no seu artigo 23, tanto para a súa constitución como para o coidado dos
fillos, e recolle expresamente medidas de protección as asalariadas, así como de protección e
asistencia a favor dos nenos e adolescentes, incluíndo, finalmente o dereito de toda persoa a un nivel
de vida adecuada para si e a súa familia.

A Cuarta Conferencia das Nacións Unidas sobre as Mulleres, celebrada en Pekín en 1995,
aprobou unha Plataforma de Acción que ten entre os seus obxectivos estratéxicos promover a
harmonización das responsabilidades laborais e familiares para as mulleres e reforza o papel da familia
e a mellora con respecto o estado das nenas.

A Constitución Española (BOE nº 311, de 29 de decembro de 1978), no seu artigo 39:

No apartado 1 sinala que os poderes públicos son os responsables de asegurar a protección social,
económica e xurídica da familia.

No 2, sinala que ademais deben asegurar, a protección integral dos fillos, e que estes son iguais
ante a lei con independencia da súa filiación e das nais, calquera que sexa o seu estado civil. Sinalando
que a lei posibilitara así mesmo a investigación da paternidade.

No apartado 3, sinala que os pais deben prestar asistencia de todo orden os seus fillos, con
independencia de si estes foron concibidos dentro ou fora do matrimonio e, o longo da súa minoría de
idade, así coma, nos demais casos en que legalmente proceda.

Finalmente, no 4, sinala que os nenos gozan da protección prevista nos acordos internacionais que
velan polos seus dereitos.

Podemos afirmar que a Constitución española de 1978, refírese a familia como núcleo de
relacións persoais e afectivas, que alberga múltiples formas de convivencia que xa non son
unicamente matrimoniais e que acadan a todo aquel grupo humano que convive establemente,
e recoñece o dereito de todas elas a protección que a Constitución garantira, e o respecto da
dignidade e igualdade de todos os seus membros.

O 6 de Xuño del 2006 aprobouse no Parlamento de Galicia a nova Lei de Dereito Civil de Galicia
(Lei 2/2006, de 14 de xuño, de dereito civil de Galicia), que supón unha gran reforma da anterior
regulación do dereito civil galego recollida na Ley 4/1995. Entre as súas novidades están as que teñen
que ver coa institución familiar:

O articulado da Lei dedica uns poucos artigos no Título IX ao réxime económico familiar, no que se
recolle a regulación do réxime económico matrimonial, coa posibilidade de pactar en capitulacións
matrimoniais a liquidación da sociedade tras a súa disolución e as doazóns por razón de matrimonio.

A maior novidade aparece recollida nas súas disposicións adicionais, segundo as que para os
efectos de aplicación desta lei se equipararan ao matrimonio as relacións maritais mantidas con
intención ou vocación de permanencia, estendéndose aos membros da parella de feito os dereitos e
deberes que se lles recoñezan por esta lei aos cónxuxes.

Página 6
Atención a unidades de convivencia CIS

Defínense como parellas de feito ou relacións maritais análogas ao matrimonio, aquelas relacións
formadas por dúas persoas que leven convivindo polo menos un ano, podendo acreditarse esta
convivencia mediante inscrición no rexistro, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade
ou por calquera outro medio admitido en dereito. No suposto de que a parella teña fillos en común,
considerase como parella de feito coa simple acreditación da convivencia, sen que sexa necesario o
transcurso dun año. Prevese que nun futuro se dite una lei que regule os seus dereitos e deberes e as
relacións patrimoniais tras a súa separación, ao igual que xa o fixeron moitas das comunidades
autónomas.

Para axustarse ás modificacións realizadas no Código Civil pola Ley 13/2005 que introduce no noso
ordenamento xurídico o dereito a contraer matrimonio entre persoas do mesmo sexo, matizase que as
referencias feitas na lei ao home ou á muller ou a un só dos xéneros deberanse entender referidas a
ambos sexos, sen que poida existir discriminación algunha por razón de sexo.

Por último, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, que ten
por obxecto recoñecer a familia como estrutura básica da sociedade e ámbito natural de desenvolve-
mento da persoa, regulando a obriga que os poderes públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
teñen de apoiar e protexer as familias e os seus membros, e, en especial, os nenos e as nenas e os e
as adolescentes.

Así mesmo no seu artigo 2 establece que “ Son familias, para os efectos desta lei, os conxuntos
de persoas unidas por vínculos de matrimonio ou de parentesco, ou as unidades de convivencia cando
constitúan núcleos estables de vida en común”. E sinala como persoas destinatarias desta lei:

a) As persoas unidas entre si por matrimonio, os seus e as súas ascendentes, as que delas de-
pendan por filiación, adopción, tutela ou acollemento e mais as que teñan ao seu cargo, sempre que
formen un núcleo estable de convivencia.
b) Aquelas persoas que estean inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, os seus e as
súas ascendentes, as que dependan delas por filiación, adopción, tutela ou acollemento e mais as que
teñan ao seu cargo, sempre que formen un núcleo estable de convivencia.
c) As persoas individuais xunto cos e coas súas ascendentes, aquelas que dependan delas por
filiación, adopción, tutela ou acollemento e mais as que estean ao seu cargo, sempre que formen un
núcleo estable de convivencia.
d) A muller xestante e mais a muller ou o home en proceso de adopción en solitario que teñan
formalizado un acollemento familiar preadoptivo.
e) Os diferentes modelos de familias previstos na lexislación vixente.
f) As nenas e os nenos e as e os adolescentes.
g) As persoas maiores.

E por último o Proxecto de lei de familias garantirá o pleno recoñecemento xurídico dos distintos
tipos de familias e a súa protección, xa sexa legal, económica, en termos de crianza e coidado, de
apoio a través de servizos sociais, de saúde e benestar, de educación, cultura e lecer ou con respecto
ás tecnoloxías da información.

Esta lei recoñece a súa igualdade na diversidade, foméntanse medidas de apoio a situacións
familiares específicas, xa sexan relativas a situacións de vulnerabilidade económica, a constitución de
familias con maiores necesidades de apoio á crianza, como as familias numerosas, as formadas por
unha soa persoa proxenitora, familias onde haxa persoas con discapacidade ou en situación de
dependencia, familias formadas por persoas pertencentes ao colectivos LGTBI, familias nas que se
producen nacementos, adopcións ou acollementos múltiples, adoptivas ou acolledoras, familias nas
que un ou ambos os membros da parella teñen fillas ou fillos de unións anteriores, familias residentes
Página 7
Atención a unidades de convivencia CIS

no medio rural, familias procedentes doutro Estado ou territorio, ou en que algún ou algúns dos seus
integrantes residen fóra do territorio nacional, familias entre persoas que proceden de contornas
culturais ou étnicas diferentes ou outras situacións que requiran medidas específicas. As políticas
públicas deben garantir que todas as familias son iguais en dereitos e que cada unha delas recibe o
apoio e a protección social que necesita.

A crecente diversidade familiar non só é un avance e un valor para protexer, senón que ademais
hai que asegurar que as nenas, nenos e adolescentes atópanse igualmente protexidos con
independencia do tipo de familia no que crezan. Dita protección axústase, ademais, ao establecido na
Convención sobre os Dereitos do Neno, que recoñece á familia como o grupo fundamental da
sociedade e medio natural para o crecemento e o seu benestar.

Dende o punto de vista xurídico é importante a relación de parentesco existente entre as persoas,
pois é a clave para acceder a indemnizacións por accidente, cobrar prestacións sociais, establecer
prioridades no cobro de herdanzas, ... Así, podemos concretar os seguintes tipos de lazos:

 Por consanguinidade, o vínculo orixínase por levar o mesmo sangue (entre o pai, nai e fillos,
entre irmáns, entre tíos e sobriños, avós e netos).

 Por afinidade, relacións xeradas pola unión matrimonial ou recoñecida legalmente (entre
marido e muller, cuñados, sogras...)

 Por adopción ou civil, cuxa relación nace dun acto legal.

O grao de parentesco dunha persoa respecto doutra determínase polo número de xeracións que
os separan.

3.4.TIPOS DE FAMILIA

Como vimos dicindo, e a última norma así o recolle, existe unha gran diversidade de familias, o que
xerou unha enorme riqueza para o noso país e un deber par as Administracións Públicas é tamén
evolucionar e garantir a súa protección.

Polo tanto, a partir da nova Lei de Familias 2023, falaremos de familias en plural co obxecto de
equiparar os mesmos dereitos a cada unha delas:
Página 8
Atención a unidades de convivencia CIS

• Familia biparental.

Persoas unidas en matrimonio. Tamén chamadas familia nuclear (o pai, a nai e os fillos que viven
con eles. É o tipo de familia mais estendido en España. Dentro deste tipo de familia, podemos atopar:
familias cun só fillo, familias numerosas (3 ou mais, 2, un deles con discapacidade, etc.), familia
uninuclear, matrimonio sen fillos,...

• Familia extensa pode ser polinuclear, cando agrupa varios núcleos familiares ou cando conviven
varias xeracións (por ex: avós con diferentes fillos cos seus respectivos cónxuxes). Esta tamén pode
ser ampliada cando a familia nuclear se engaden outros parentes coma tíos, sobriños, primos... As
familias extensas son propias de sociedades mais tradicionais, onde a propia familia se encarga de
realizar a maior parte das funcións asistenciais e educativas.

• Familia inmigrante

• Familias monoparentais e familias monomarentais

• Familia no exterior

• Familia nova (formada por unha persoa ou parella con menos de 29 anos e os seus fillos)

• Familia LGTBI

• Familia retornada (que viviu noutros países)

• Familia intercultural (por persoas de diferentes etnias ou culturas)

• Familia múltiple (con nacementos, adopcións ou acollementos múltiples)

• Persoas soas

• Familia reconstituída (un ou os dous membros da parella conta con fillos de anteriores relacións)

• Familia transnacional (un membro está no país de orixe e o outro no país de destino)

• Parella de feito, tamén chamadas familias agregadas

• Familia en situación de vulnerabilidade

• Familia con maiores necesidades de apoio á crianza

... Poderiamos continuar a enumeración porque seguramente, están xurdindo novos tipos
de familia, polo que, non é unha enumeración pechada senón todo o contrario, que se vai
modificando a medida que se van producindo cambios na nosa sociedade e aos que temos que
estar moi atentos para adaptar as posibles medidas de apoio que se precisen.

Página 9
Atención a unidades de convivencia CIS

4. FAMILIAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE

Chamadas en intervención familiar, familias multiproblemáticas. Tendo en conta a nosa función


como integradores sociais, convén que nos paremos neste concepto, que podemos considerar
relativamente novo, moi complexo e difícil de definir.

As formas de relación, os estilos de facer e a maneira de resolver determinadas situacións, unido


a unha serie de problemas que afecta a un ou mais membros das unidades convivencias, definen a
familia problemáticas. En función das relacións e a estrutura do grupo distínguense varias situacións
nas familias que podemos considerar de vulnerabilidade.:

Familias illadas, que non reciben axudas nin apoio por parte da súa familia extensa e en consecuencia
caracterízanse pola soidade.

Familias excluídas, fora do contexto social e institucional.

Familias desorganizadas, caracterizadas pola falta de comunicación entre os compoñentes, que


produce unha disfuncionalidade nas relacións interpersoais.

As familias en situación de vulnerabilidade distínguese por unha serie de elementos:

 Existencia de comportamentos problemáticos en dous ou mais membros da familia.


 Incapacidade para exercer os roles e as xerarquías e para sacar adiante as actividades
necesarias que aseguran o desenvolvemento funcional e emocional da vida familiar.
 A incapacidade parental no coidado filial, tanto nas necesidades básicas (hixiene,
alimentación,...) coma nas afectivas.
 A existencia de límites familiares débiles que fan a familia accesible a persoas alleas (veciños,
amigos...), que acaban asumindo roles familiares.
 Desenvolvemento de certos comportamentos sintomáticos (alcoholismo, drogadicción...)
 A dependencia dos servizos e das figuras ou profesionais externos.

Algúns Indicadores de vulnerabilidade


Indicadores básicos Indicadores complementarios
- Illamento, rexeitamento ou - Ocupacións en economía somerxida ou
exclusión do entorno social e/ou actividades marxinais.
comunitario - Violencia entre cónxuxes.
- Dependencia de SS,SS. - Incapacidade ou deficiencias na
- Relacións inestables ou conflitivas administración económica.
cos diferentes servizos. - Desorganización doméstica
- Existencia de expedientes e - Problemas coa xustiza.
protección de menores ou - Internamento dalgún menor ou cambios de
xulgado. tutela e garda.
- Deficiencias físicas, psíquicas ou
sensoriais.

Página 10
Atención a unidades de convivencia CIS

* Situacións de crise familiar:

Na vida das persoa e durante o ciclo vital das familias as crises resoltas adoitan aportar experiencia e
maduración o que é un factor de adaptación para afrontar as etapas seguintes, sen embargo, se non
se superan, diminúe a capacidade para enfrontarse a novas dificultades. Así, podemos falar de:

Crisis previsibles: as crises de desenvolvemento do ciclo vital (a vellez, a chegada dun fillo, a
emancipación doutro...); as crises de transición (inicio da etapa escolar, cambio de traballo...); as crises
de desvalemento, cando aparece unha situación de dependencia dun ou varios membros, cuxos
problemas mais graves xorden cando precisa atención especializada no fogar ou noutro tipo de
recursos; crises estruturais, que nace das relacións e interaccións entre os membros da familia e as
tensións internas entre eles (adoitan estar asociadas a situacións de violencia, alcoholismo...).

Crises imprevisibles ou de situación, non se poden predicir e poden xurdir en calquera momento:
enfermidades, accidentes, separación/divorcio, perda de traballo...

5. POLÍTICAS FAMILIARES

Os comportamentos nas relacións familiares son cada vez mais un asunto privado, sen embargo a
familia continúa xogando un papel estrutural e mediador na esfera pública: moitos dos problemas
familiares trasládanse directamente a sociedade, do mesmo modo que os diferentes problemas sociais
atópanse minorados na familia.

O recoñecemento do papel social da familia foi a partir da posta en marcha de políticas familiares. De
forma explícita ditas políticas teñen como obxectivo protexer, estimular ou reestruturar as formas
particulares de vida familiar respondendo as súas necesidades e instalando á familia na axenda pública
do sistema político.

A continuación algunhas das recomendacións do informe sobre a situación actual de apoio e protección
familiar en España.

1. Incorporar a diversidade familiar nun novo marco legal de política familiar:

 Pasar dunha lei de “familias con mais fillos” a unha de “familias con mais necesidades”

 Considerar a substitución ou ampliación de protección ás familias numerosas


 Definicións harmonizadas da unidade familiar e as características básicas dos diferentes tipos
de familias.
 Incluír definicións sobre unidade familiar e tipos específicos de familia nun marco estatal xeral
e básico
 Crear unha definición coherente de monoparentalidade
 Establecer unha normativa clara en caso de separación
 Clarificar o tratamento das parellas de feito

 Criterios comúns para avaliar os recursos económicos das unidades familiares.

 Definir unha única forma de avaliar os recursos económicos das unidades familiares
 Considerar a instauración dunha axencia centralizada para avaliar os recursos económicos
 Incluír os pagos e as obrigacións de pago de pensións de alimentos nas avaliacións de recursos

Página 11
Atención a unidades de convivencia CIS

económicos
 Vincular os limiares de renda ao mesmo índice

 Protección mínima garantida en todo o territorio español con marxe para melloras autonómicas

 Definir unha protección mínima para as familias a nivel nacional en coordinación coas
comunidades autónomas.

2. Fortalecer o benestar familiar

 Medidas para reducir a pobreza infantil

 Reformular a política familiar desde a perspectiva dos dereitos da infancia


 Dar prioridade ás medidas preventivas e tratar aos nenos e nenas por igual garantindo o acceso
equitativo a oportunidades e proteccións para todos

 Fomentar a integración de pais e nais no mercado laboral

 Promover políticas que axuden ás persoas proxenitoras a acceder a un emprego remunerado


 Asegurar que os pais e nais que traballen teñan ingresos adecuados

 Axustar o sistema de pensións de alimentos

 Garantir os pagos das pensións de alimentos dos fillos e fillas en maior medida
 Facilitar o cumprimento forzoso das obrigacións de pago das pensións de alimentos
 Adaptar as obrigacións de pago ás circunstancias cambiantes e axudar aos proxenitores non
custodios a ser autosuficientes

 Analizar as implicacións de introducir unha prestación familiar universal

 Explorar o posible impacto na pobreza infantil


 Protexer ás familias da pobreza durante os primeiros anos dos fillos e fillas
 Evitar a erosión dos importes das prestacións mediante actualizacións periódicas ou
vinculándoos a un índice salarial

 Incorporar servizos integrados nunha estratexia antipobreza máis ampla

 Aumentar o gasto social


 Estudar o impacto en termos de eficiencia e a equidade do sistema tributario-prestacional
 Examinar os obstáculos aos que se enfrontan os fogares pobres
 Proporcionar servizos integrados de fácil acceso

 Protexer ás familias en caso de falecemento dun proxenitor non casado

 Considerar un axuste das prestacións de orfandade en caso de proxenitores non estean


casados

 Facer que a vida familiar sexa máis fácil para todos

 Introdución de permisos parentais retribuídos

Página 12
Atención a unidades de convivencia CIS

 Implantar permisos parentais retribuídos


 Estudar as implicacións en materia de igualdade de xénero
 Flexibilizar os permisos parentais
 Considerar permisos complementarios para proxenitores monoparentais

 Seguir ampliando as opcións de educación e atención á primeira infancia (EAPI)

 Avaliar se as leis recentes son suficientes para aumentar a dispoñibilidade de EAPI para nenos
e nenas menores de tres anos
 Supervisar a expansión e, potencialmente, converter unha praza de EAPI nun dereito
subxectivo

 Ofrecer programas extraescolares de calidade

 Estudar a brecha nos servizos de coidado para nenos e nenas en idade escolar
 Garantir a calidade e a accesibilidade dos programas extraescolares

 Mellorar os lugares de traballo e as condicións laborais de maneira que favorezan ás familias

 Avaliar a aplicabilidade dos programas autonómicos

 Estudar o impacto dos programas de parentalidade positiva na calidade de vida das familias

 Aprender de exemplos positivos de programas de parentalidade españois e internacionais


 Mellorar o achegamento ás familias

 Fortalecemento dos programas de mediación familiar

 Estender o uso da mediación familiar

3. Mellorar a coherencia e a eficiencia das políticas

 Facilitar a cooperación entre diferentes áreas políticas e niveis de goberno

 Definir claramente as responsabilidades dos órganos de cooperación existentes


 Revivir o Observatorio e o Consello Estatal de Familias
 Dar espazo aos consellos para incorporar temas transversais

 Establecer un sistema de seguimento e avaliación

 Anticipar os obstáculos #ante a creación dun sistema de seguimento e avaliación.


 Promover un seguimento regular que implique a diferentes actores
 Reforzar a infraestrutura de datos e crear indicadores máis pertinentes
 Xerar demanda de datos por parte dos profesionais e encargados de elaborar as políticas
 Divulgar os resultados das avaliacións ao público

Página 13
Atención a unidades de convivencia CIS

Enlaces de interese:

 Ministerio de dereitos sociais e axenda 2030

https://www.mdsocialesa2030.gob.es/derechos-sociales/familias/index.htm

 Recursos de interese para as familias en Galicia:

https://politicasocial.xunta.gal/gl/temas/familia-e-infancia

 Documentos de interese do Instituto de Política Familiar:

http://www.ipfe.org/Espa%C3%B1a/Documentos/IPF

http://www.ipfe.org/España/Prensa?page=3

Modelos de familia en evolución en España

Página 14

You might also like