You are on page 1of 10

HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS

CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

OS GRUPOS
1.1 CONCEPTO DE GRUPO
A palabra grupo corresponde a un dos principais conceptos tanto da fala cotiá
como da linguaxe científica e serve para designar determinadas características
e formas da realidade.
Trátase dun concepto que ordena e clasifica destacando os aspectos comúns
dunha serie de elementos iguais ou semellantes: grupo de árbores, grupo de
casas, grupo de persoas, grupo de estrelas, grupo de elementos (por exemplo,
nas matemáticas ou na química), etc.
Desde un punto de vista etimolóxico resulta interesante destacar que a palabra
grupo ten raíz xermánica e significaba terrón. Máis tarde pasou ás linguas
románicas. O italiano “gruppo” e o francés “groupe”, significaban cousas como
varias figuras, un puñado de diñeiro, unha reunión, unha multitude,etc. Ata a
época relativamente tardía, o século XVIII, non ten lugar a aplicación de
devandito concepto (empregado xa nas matemáticas e nas artes plásticas) ás
relacións sociais.
O concepto de grupo resultante pode definirse como segue:
Un grupo social consta dun determinado número de membros, quenes, para
acadar un obxectivo común (obxectivo de grupo), inscríbense durante un
período de tempo prolongado nun proceso relativamente continuo de
comunicación e interacción e desenvolven un sentimento de solidariedade
(sentimento de nós). Son necesarios un sistema de normas comúns e unha
distribución de tarefas segundo unha diferenciación de roles específica de cada
grupo (Fernández Prado, 2000).
Outras definicións de grupo (non excluíntes) fan especial fincapé nalgún
elemento concreto:
 Grupo: Conxunto de individuos (tres e máis) entre os que existen relacións
definidas, sendo cada membro consciente das pautas sociais e culturais que
os identifican como colectivo humano, a partires das que establecen a súa
pertenza e vencellamento a él (Baltasar Gracián).
Este autor destaca como características esenciais dos grupos as seguintes:
– Son a base da organización social
– Exercen gran influenza sobre o individuo
– É un organismo vivo

1
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

– Estrutúrase en roles
 McDavid e Harari (1968), elaboran a súa definición baseándose na
estrutura social do grupo. Un grupo é un sistema organizado composto por
dous ou máis individuos que se interrelacionan de xeito que o sistema leve a
cabo unha función, teña un conxunto determinado de relacións entre os seus
membros e posúa un sistema de normas que regulen a función do grupo e
de cada membro.
Baseándose na interdependencia dos seus membros Os membros deben
ser dalgunha forma interdependentes de xeito positivo. Poden ser
interdependentes respecto a unha ou varias dimensións (ligadas a un
determinado tipo de necesidade ou logro).
 Lewin (1948): grupo como un todo dinámico. O cambio nalgunha das súas
partes altera as demais.
 Mills (1967): conxunto de persoas que entran en contacto (significativo)
para lograr un obxectivo.
 Partindo do criterio de identidade atopamos a Tajfel e Turner que definen o
grupo como unha colección de individuos que se perciben a si mesmos como
membros dunha categoría social. Individuos que se definen, describen, e
valoran en relación a unha categoría social e se aplican a si mesmos as
normas de conduta do endogrupo.

OS CUASE-GRUPOS
Convén facer unha diferenciación entre grupos e outras formas de agrupación
que non se poden calificar como tal:
 As categorías sociais: conxunto de persoas que están relacionadas
unicamente no xuízo do observador/a, por canto posúen unha característica
común, un atributo en virtude do cal poden ser agrupados. Por exemplo: AS
persoas Técnicas en Integración social.
 Os conglomerados: unha agrupación de persoas que, aínda atopándose en
proximidade física entre si, carecen de comunicación recíproca e non existe
interacción mutua (é dicir, os compoñentes soen ser anónimos aínda que
comparten un espazo común). Por exemplo: un grupo de persoas que está
esperando o autobús, que vai ao futbol, etc.

2
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

1.2 CARACTERÍSTICAS DOS GRUPOS


Que é o que fai, entón, dunha pluralidade de persoas un grupo social?
Responder a esta cuestión equivale a enumerar as características que se
consideran predicables da noción de grupo social.
 Interacción recíproca. En primeiro lugar, para que podamos falar de grupo
social, é preciso que os seus membros manteñan entre si relacións regulares
que se axusten a pautas normativas e que teñan unha duración suficiente
como para que tales pautas cristalicen nunha estrutura interna de status e
roles, é dicir, en distintas posicións e papeis dos individuos dentro do grupo.
 Existencia de obxectivos, valores e actividades compartidas. Esta
conciencia de grupo deriva do feito de que os seus membros comparten un
conxunto de obxectivos, valores e crenzas comúns. A existencia de obxectivos,
valores, actitudes e sentimentos compartidos, é outro trazo esencial na
definición de grupo social. A cohesión do grupo depende do grao de aceptación
destes obxectivos e valores que, con frecuencia, cristaliza nunha simboloxía e
un aparato ritual cuxa función adoita ser reforzar a conciencia de grupo e
afirmar a vixencia dos valores e actitudes compartidas; en definitiva, reforzar a
unidade e identidade do grupo.
 Estabilidade e duración relativa. A emerxencia de normas, valores e
obxectivos, así como a definición dos diferentes estatus e roles asociados,
esixe que a interacción entre os membros teña unha certa duración no tempo.
Isto distingue ao grupo dunha mera reunión accidental de persoas. No entanto,
a duración no tempo é un criterio relativo que depende enteiramente do tipo de
grupo de que se trate. Desde o grupo que se forma para a realización dunha
tarefa concreta e disólvese unha vez finalizada esta, ata a estabilidade e
permanencia do grupo familiar.
 Conciencia de grupo. En cuarto lugar, a existencia do grupo esixe que os
seus membros se identifiquen a si mesmo como tales. En expresión de F. H.
Giddens, é necesario que entre os seus membros exista unha conciencia
particular de grupo, de modo que, en virtude dela, se vexan a si mesmos
formando unha unidade discernible. Os seus compoñentes vense a si mesmos
como un nós perfectamente diferenciado dos outros. Máis aínda, a conciencia
do propio grupo fórmase a partir da oposición do “nós” fronte ao “eles”, e das
relacións (de dependencia complementaria ou de oposición) que se supón que
o grupo propio debe manter cos demais.

3
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

 Recoñecemento como tal. Diriamos que esta característica é a


complementaria á de conciencia do grupo; aquí non se trata de asumir desde
dentro do grupo un “nós”, senón que desde fóra sexa o resto da sociedade, ou
polo menos a contorna máis próxima, o que recoñeza un “vós”. A identidade
dos grupos sociais nace da interrelación entre a conciencia de grupo e o
recoñecemento exterior.
Cadro 1.1. A identidade do grupo: conciencia de grupo e seu recoñecemento.

IDENTIDADE CONCIENCIA DE E RECOÑECEMENTO


DE GRUPO = GRUPO COMO TAL
SUBXECTIVA OBXECTIVO
INTERNA EXTERNO
NÓS VÓS

1.3 CLASIFICACIÓN DOS GRUPOS SOCIAIS


Dun xeito esquemático establecemos varias clasificación dependendo do
criterio que sigamos:
 Atendendo ao seu tamaño:
– Grupo pequeno onde se da unha relación directa e constante entre
todos e cada un dos membros. Ata unhas 10 persoas.
– Grupo mediano dase unha relación directa esporádica entre os
membros. De 10 a 20 persoas aproximadamente.
– Grupo grande dase unha relación non directa entre os membros do
grupo. De arredor de 40 persoas em diante.
A cantidade de persoas que compoñen cada tipo de grupo varía entre
autorías, polo que as cifras podem varias entre fontes.

 Atendendo á súa existencia:


– Grupo temporal: a súa existencia é durante un período de tempo
determinado que vén establecido polo cumprimento dos obxectivos do
grupo.
– Grupo permanente: a súa existencia transcende aos membros do
grupo.

4
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

 Atendendo ao tipo de obxectivos:


– Grupo de traballo: centra os seus esforzos na solución dun problema
ou no estudo dun tema.
– Grupo de formación: centra a súa atención nos procesos
socioemotivos do grupo tratando de perfeccionar a súa comunicación,
relacións e autocoñecemento.
– Grupo mixto: centra os seus esforzos na solución dos problemas
provocados pola tarefa a realizar, pero para lograr o seu obxectivo trata
de asegurar a comprensión entre os seus diferentes membros no plano
socioemotivo.

 Atendendo a súa preocupación fundamental:


– Grupo teórico: enfocado cara á adquisición de coñecementos e
intercambios de información
– Grupo práctico: orientado cara á solución de problemas prácticos
– Grupo ético: centrado na conduta individual ou grupal e os modos de
melloralo
– Grupo estético: dirixido á diversión, o recreo e o lecer.

Se ben é certo que existen múltiples clasificacións de grupos, existen tres


criterios para definir os tipos de grupos de especial relevancia desde a
socioloxía:
– Segundo a súa estrutura: grupos formais e grupos informais.
– Segundo a súa identificación (individuo-grupo): grupos de pertenenza e
grupos de referencia.
– Segundo o seu papel na socialización: grupos primarios e grupos
secundarios.

Grupos formais e informais (Elton Mayo)


Formal e informal serven para designar características estruturais das
formacións sociais, é dicir, relativas a como se organizan os seus membros.
Os grupos formais, aínda que ás veces se lles denomina máis ben
organizacións, caracterízanse ante todo polos seguintes atributos:

5
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

– Son o produto dunha planificación racional por parte da cúspide da


organización e os seus órganos directivos.
– Componse de normas e regulacións fixas que afectan a persoas e a
situacións.
– Están orientados a fins da organización non do individuo.
Os grupos informais presentan, pola contra, as seguintes características:
– É o resultado de procesos espontáneos de interacción entre os membros
do grupo que se atopan en contacto directo.
– Está baseada en acordos persoais e prácticas habituais.
– Está orientada ás necesidades e experiencias persoais dos membros do
grupo.
Cadro 1.2. Grupos formais e informais

GRUPOS FORMAIS GRUPOS INFORMAIS


Planificados Espontáneos
Racional Afectivo
Fins e necesidades de
Fins e necesidades persoais
organización
Normas cambiantes e
Normas fixas e impostas
acordadas

Grupos de pertenza e grupos de referencia (Robert K. Merton)


O segundo criterio que podemos ter en conta á hora clasificar os grupos é a
relación de máis ou menos identificación que existe entre o individuo e as
normas e valores do grupo. Segundo este criterio poden darse dúas situacións:
 Grupo de pertenza é o grupo do que un forma parte sexa elixida ou non a
inclusión nese grupo e co que se comparten en maior ou menor medida
obxectivos e identificación co mesmo.
 Grupo de referencia: é un concepto de R. K. Merton para explicar aquel tipo
de grupo co que nos sentimos totalmente identificados cos seus valores e
obxectivos e aos que desexamos incorporarnos porque non pertencemos a el
realmente. Esta situación é frecuente en emigrantes que toman como
referencia os grupos que lle rodean nos que desexan integrarse ou os
estudantes a punto de titularse, que pertencendo realmente a un grupo
desexan comportarse conforme ás regras e normas do grupo que ten por
referencia.

6
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

Cadro 1.3. Grupo de pertenza e grupo de referencia.

GRUPOS DE PERTENZA GRUPOS DE REFERENCIA


Grupo ao que pertencemos. Non é Grupo ao que desexamos
necesaria a identificación. pertencer.Identificación plena co grupo.
Non explica necesariamente as Explica as accións sociais dos
accións sociais dos individuos. individuos
Coinciden no espazo e no tempo Non é necesario coincidir no espazo nin
todos os individuos. no tempo.
Socialización normal. Socialización anticipatoria

Grupos primarios e secundarios (Charles Cooley)


En 1909 Charles H. Cooley elaborou a máis soada clasificación dos grupos
sociais, ao distinguir entre os grupos primarios e o resto das formas de
agrupación que, aínda que el non utilizou ese nome, os sociólogos
denominaron grupos secundarios.
O concepto de grupo primario está intimamente ligado coa construción do “eu
social”, é dicir, a propria imaxe social, como cremos que nos ven as demais
persoas. A construción do eu social elabórase no proceso da socialización
primaria no contexto dos grupos primarios. Por exemplo: a familia, o grupo de
xogo ou a veciñanza. Segundo Cooley o grupo primario caracterízase por:
 Reducido número de membros que o integran, o que permite unhas
relacións directas (cara a cara) entre tódalas persoas que o forman.
 No grupo primario, quenes o compoñen coñécense persoalmente e
manteñen relacións directas, este feito, unido a un clima afectivo xeralmente
intenso, fan posible a expresión libre, relativamente, e espontánea das
personalidades destas persoas.
Os grupos secundarios distínguense pola contra por:
 Carácter impersonal e anónimo das relacións, que se deriva tanto do
elevado número de persoas que o integran, como de que xeralmente posúen
unha forte organización formal.
 Neles permanécese non polo propio valor das relacións en si mesmas,
senón polo interese que comporta o logro dos obxectivos propostos.
Cadro 1.4. Grupo primario e grupo secundario.

7
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

GRUPOS PRIMARIOS GRUPOS SECUNDARIOS


Socialización primaria. Socialización secundaria (participación
Construcción do EU social en institucións)
Número pequeño de membros Número grande de membros
Relacións: Relacións:
 Persoais ( face to face).  Impersoais.
 Directas.  Indirectas.
 Entre todos/as.  Entre algúns/as.
Clima afectivo (estase por afecto) Clima aséptico (estase por interese)
Libre expresión de personalidade Non hai expresión de personalidade
Exemplos: familia, pandillas,… Exemplos: grandes empresas,sindicatos

1.4. SASES DO PROCESO GRUPAL


As persoas únense en grupos para satisfacer as súas necesidades: o grupo
pode ser obxecto de necesidade ou medio para satisfacer unha necesidade
que se atopa fóra do grupo. A miúdo os grupos orixínanse por un suceso
puntual ou circunstancia a partires da que os individuos se identifican.
A medida que o grupo se desenvolve vai pasando por unha serie de etapas ou
fases que convén coñecer para favorecer a evolución do mesmo. Como
dicíamos anteriormente, os grupos son coma un ser vivo e evolucionan do
mesmo xeito.
En liñas xerais, segundo Pallares (1982), o grupo desenvólvese de xeito
espontáneo seguindo as seguintes fases:
 Etapa de orientación: esta etapa caracterízase xeralmente polo
descoñecemento entre os membros do grupo e certa desorientación afectiva,
inseguridade e angustia porque os membros non saben que vai pasar.
Que podería facer unha persoa encargada de dinamizar o grupo?
– Achegarse con confianza para motivar e sensibilizar aos membros do
grupo e favorecer a apertura.
– Favorecer que se coñezan, que se presenten.
– Coñecer as expectativas do grupo.
– Axudar a que se expliciten metas e obxectivos comúns.

8
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

– Evitar desconcerto e tensións.


 Etapa de establecemento de normas: vencidas as dificultades iniciais,
séntese a necesidade de crear normas. Nesta etapa vanse a ir definindo
tamén os roles dentro do grupo e tamén aparece nas primeiras
manifestacións de poder e influenza.
Que podería facer quen dinamice o grupo?
– Coidar da integración de todos os membros do grupo.
– Favorecer a participación cooperativa.
– Aceptación de cada persoa do grupo.
– Establecer como norma o respecto, cooperación, vontade de afrontar os
conflitos de forma positiva, tendo en conta o punto de vista dos/as
demais.
– Favorecer a asunción gradual de responsabilidades.
 Etapa de eficiencia e integración grupal: se a comunicación é aberta, os
conflitos resólvense a través do diálogo e se toman as decisións por
consenso, de forma que aparece un intenso sentido de identidade grupal: os
compoñentes senten satisfeitas as súas necesidades e son eficientes nos
seus propositos.
Que podería facer o animador/a?
– Favorecer a expresión de opinións.
– Xerar un ambiente distendido de traballo.
– Centrar a tarefa.
Durante estas dúas etapas poden xurdir conflitos interpersoais entre os
membros do grupo, ante os conflitos, a persoa encarada de dinamizar o grupo
intervirá para axudar a solucionalos de xeito cooperativo e comprensivo. Para
iso será esencial:
– Unha actitude positiva ante o conflito ( non ocultalo, senón afrontalo,
analizalo e resolvelo).
– Unha asimilación verdadeira das fases anteriores.
– A práctica continuada da autoavaliación dos procesos e os produtos.
 Etapa de disolución: pode chegar un momento en que os membros do
grupo busquen satisfacer as súas necesidades noutros grupos. Finalizado o

9
HABILIDADES SOCIAIS – UD2: OS GRUPOS
CFGS Integración Social (ord) – curso 2023/24

traballo grupal, os membros vanse separar. Neste intre o/a dinamizador/a


intervirá a fin de motivar ós seus compoñentes para que as súas experiencias
continúen de forma diversa.

En todo caso, con respecto ás fases de evolución dos grupos sociais é


importante aclarar:
– Que as fases descritas non son ríxidas na súa sucesión.
– Que a pesar do dito anteriormente, non se pode pretender seriamente que
un grupo manteña comportamentos estables propios dunha fase sen ter
cuberto razoablemente as anteriores.

10

You might also like