You are on page 1of 16

Requisitos das áreas

Segundo Fontcuberta (1997), toda área de especialización debe posuír:

a) Unha coherencia temática.


b) Un tratamento específico da información que inclúa:
- A construción de textos coherentes.
- O emprego de fontes de información propias.
- A coherencia co segmento da audiencia á que se dirixe.
- A existencia de periodistas especialistas na área capacitados parasistematizar
e contextualizar a información que nela se produce.

Clasificación das áreas


Atomizadas obedecendo á evolución das sociedades. Difícil e negativo traballar con taxonomías
pechadas. É dicir, se antes traballabamos con 5 categorías ou áreas de especialización xeral,
agora traballamos con moitas máis e coa posibilidade de que esasáreas varíen dependendo dos
intereses puntuais.

Definición das áreas


Para Orive e Fagoaga (1974), é “el subcampo concreto de la información dentro del cual un
profesional es capaz de desempañar su quehacer periodístico de forma óptima y fiable con el
empleo de una estrategia operativa fundada siempre en el cuadro del trabajo multidisciplinario”.
Estes autores definen cada área de especialización temáticaen función de catro elementos que
lles aportan identidade: a audiencia, o profesional ea súa empresa, os contidos, a metodoloxía.

A divulgación das áreas


1. Función informativa: como xornalistas, elaboramos información co obxectivo deinformar.
Individuos que non coñecían unha información cheguen a coñecela, para reformular a súa
visión da realidade.

2. Función educativa.
3. Función social.
4. Función cultural.
5. Función económica.
6. Función político-ideolóxica

Precísanse: un experto, un xornalista especializados e un xornalista xeralista apoiadoen fontes


apropiadas.

O método como identidade


¿Como sistematizo o meu traballo?

Documentación
Co control de axendas, arquivos e fontes documentais, o xornalista que traballa en cada área de
especialización consegue facer un seguimento e vixilancia constante da súa área de especialización
dende a máis ampla perspectiva profesional.

1
Entrevistas
A protagonistas, a fontes expertas na área de coñecemento obxecto da especialización ou con maior
ou menor implicación nos acontecementos noticiosos.

Observación directa
A realización dos estudos de campo é elemental para o xornalista que ten como eido profesional
unha área de especialización. Debe tentar evitar os intereses das fontes oficiais ou oficiosas que
poidan ter como produto declaracións deliberadas.

Técnicas e estratexias específicas


Cada área conta coa identidade e carácter suficiente como para xerar comportamentos propios e
definitorios que requiren de estratexias e técnicas específicas.

Contraste e verificación
Máis ca en ningún outro xornalismo, no realizado nas diferentes áreas de especialización é esencial.

O xornalista especializado

Teoría da Responsabilidade Social da Prensa

Esta escola ou movemento ten a súa orixe na Universidade de Chicago, relacionada coa
publicación do Informe da Comisión Hutchins en 1947. Este informe – titulado Unaprensa libre y
responsable (1947)-, auspiciado polo responsable da revista Time, Henry Luce e en
colaboración co reitor da Universidade de Chicago –que conseguiu a participación de 225
expertos en 17 sesións-, Robert Hutchins, xurdiu coa intenciónde explicar e propoñer vías de
escape ou solucións ás desviacións dos mass media nos Estados Unidos que, dun xeito
preocupante para Luce e Hutchins, estaba a vivir unha situación de decadencia preocupante. Este
informe cuestionou, de xeito claro os paradigmas obxectivista e sensacionalista. Defendía a
necesidade de que os mediosde comunicación mantiveran a súa independencia en todo momento
e coidaran as funcións sociais esenciais que desenvolvían en relación coa política democrática e
nonse comportaran tan só como empresas de propiedade privada (McQuail: 1999).

Son cinco as funcións básicas que a Teoría da Responsabilidade Social da Prensa enuncia e que
os medios deberían cumprir para respectar, dende o punto de vista éticoque esta corrente propón,
a súa función de mediadores entre a realidade e as audiencias:

1. Facer un relato comprensivo e real dos acontecementos diarios con contexto e sentido.
2. Servir de foro para o intercambio de comentarios e críticas.
3. Proxectar a visión da realidade dos grupos relevantes na sociedade: non falamos de
grupos relevantes a nivel de importancia, xa que estableceriamos unha xerarquía.
Somos todos.
4. Presentar e explicar as metas e valores da sociedade: se non está conectado cos valores
da sociedade, non é un medio de comunicación, é outra cousa, comoun panfleto.
5. Garantir o acceso pleno á información relevante do día. Nós decidimos (os xornalistas)
o que é relevante e o que non.

2
Xornalista gatekeeper

Segundo Borrat e Berganza, unha dobre especialización caracteriza ó xornalista “especialista” ou


“escritor especializado”:
• Por unha banda, unha especialización en Redacción Xornalística ou Comunicación.
• Pola outra, en disciplinas propias da súa área de especialización.

Funcións esenciais:

• Imparcialidade: é como construímos o relato.


• Función de gatekeeper.
• Independencia.
• Render contas –referido a explicar de onde procede a información-.

Razóns e visións sobre a especialización

Razóns
• Tendencia desenvolvida ao longo do S.XX para mellorar o acceso aos coñecementos e para
mellorar o acceso aos coñecementos e para a posta en práctica dos mesmos.
• Práctica laboral máis adecuada, máis profesional en termos específicos.
• Contraposición entre “saber universal” e “coñecemento analítico” máis específico.

Heidegger
• Gran detractor da especialización.
• Dáballe prioridade á técnica.
• Agora as disciplinas son o centro de atención. Crise do pensamento occidental por mor do
esquecemento do ser causador da técnica.
• A técnica convértese na forma suprema de conciencia.
• A renovación tecnolóxica implicou a necesidade de parcelación de saberes na procura de
exactitude, rigor e certeza.
• A separación brusca entre disciplinas que hai na actualidade, antes non existía.
• Actualmente, dáse un certo afastamento entre disciplinas (perda de valor das Humanidades).
A técnica reclama as humanidadas para humanizar a aprendizaxe automatizada de contidos.
• Paradoxicamente, isto está a levar á uniformización cultural, dada pola práctica tecnolóxica
actual, e á incomunicación interdisciplinar.

Moles e a cultura mosaico

Na cultura mosaico, a imperante, dáse unha fragmentación dos coñecementos presidida polas
seguintes características:
• Na maioría dos casos é aleatoria.
• Xustaponse. Capas unha encima da outra. A comunicación entre as capas resulta
complicada. É máis difícil que a lectura dun plano.
• Carece de puntos de referencia.
• Entre as dificultades que presenta, cóntase a dificultade para xerarquizar, sinalar o
importante e diferencialo do complementario.
• O nexo entre saberes é superficial.
• Pérdese de vista a relación causa efecto.

3
Servan-Schreiber

“A especialización creou na actualidade subgrupos que non se expresan na mesma linguaxe... Para
responder ás necesidades de información de cada un deses subgrupos, necesitamos publicacións
talladas á súa medida”.
A especialización xornalística ocúpase de intentar ordenar os distintos contidos informativos
proporcionándolle unha síntese globalizadora. Necesitamos construír pontes entre os saberes
especializados.

Moragas

“El pensamiento del hombre actual no es el resultado de una adecuación ordenada, de un cuadro
racional, sino que lo es de un conjunto de conocimientos que recibimos por información desordenada
a través de los medios de comunicación de masas”.

Para evitar que ese desorden acabe destruíndo o proceso informativo, cómpre un proceso de
estruturación sistemática que introduza certa orde no “mosaico informativo”.

Quesada

A especialización como resposta:


• O xornalista especializado adoita contar cunha formación complementaria.
• Adopta unha actitude diferente ante a información.
• Ten outra metodoloxía de traballo: a propia do xornalismo de investigación.
• O seu obxectivo fundamental é ofrecer unha información máis contrastada.

Resultado

O resultado de todas estas reflexións é o seguinte: fronte ao caos e á desorde, a especialización


aplica a Teoría Xeral de Sistemas, a cal concibe o mundo como unha organización dentro do
universo físico-tecnolóxico así como a posibilidade de aplicación de amplas perspectivas
sintetizadoras dos contidos. Supón un avance significativo a prol da estruturación unitaria da
pluralidade informativa.

Borrat
Partindo da aplicación da Teoría Xeral de Sistemas, Borrat propón a coñecida como Teoría Xeral do
Xornalismo Especializado que xira en torno a unha clave: a contextualización.

Área de especialización política


Xornalismo político

Rafael Llano sinala que os primeiros indicios desa interrelación entre política e medios de
comunicación xa se dá nos albores da Revolución Francesa (1789).
Tendencia á especialización ideolóxica. Isto quere dicir a existencia de medios que apoian dende a
súa liña ideolóxica determinadas tendencias.
A especialización ideolóxica é, polo tanto, unha realidade intrínseca aos medios de comunicación.
Groth (1960) denuncia a primacía da información política dentro do xornalismo a partir da II
Guerra Mundial. Server para consolidar progresivamente as democracias desenvoltas ao longo do
século XX.

Os medios de comunicación convertéronse en escolas para as democracias. Grazas a esa


dimensión ideolóxica, os lectores acadaron unha nova maneira de entender o mundo.
A información política é aquela que serve para albergar contidos de información, interpretación e
opinión relacionados coa actualidade e a acción política, que forma parte das nosas vidas e xeran
unha cantidade enorme de contidos informativos.

Hai que diferenciar tres ámbitos informativos: política internacional, nacional e rexional ou local.
4
Información política local. As novas locais son o tecido da democracia (Park)

Dovifat. “Esta sección mantén un contacto máis estreito co lector”.

Lippmann. “Os lectores de local intentan ser coprotagonistas das noticias”.

María Rosa Cal. “A prensa naceu coa información local e rexional, e sobrevivirá como complemento
á macro e megainformación”. A información local é a esencia do xornal desde as súas orixes, vai
estar sempre ahí e sempre será o que poña os pés na realidade ao xornal respecto aos seus lectores
máis inmediatos.

Na política local hai riscos engadidos, como o localismo informativo. Unha sección de local
interésase polos contidos que acontecen na contorna, pero tamén ten unha lectura en negativo, que
é caer no localismo exacerbado, chegando a converter en información o que non o é, obviar valores
noticia porque algo pasou preto.

Parámetros de división:

• Parámetros xeográficos. Pódese distinguir un contido local propiamente dito, comarcal e


rexional.
• Tempo. Inclúe contidos pasados (a hemeroteca pode dar lugar a contidos retrospectivos),
presentes (contido informativo de cada día) e futuros (é a única que publica axendas do que
vai acontecer),
• Estilo. Fala de pezas exhaustivas (desenvolvidos de forma completa), de pincelada
(noticias breves) e costumistas ou desenfadados (dálle importancia localista, que se non se
mesura pode converterse no vicio do localismo).
• Empresas editoras. Empresas asociativas, institucionais e privadas. É importante saber
quen é quen nos medios locais para entender o contexto.

Funcións:

As funcións en canto á política local son as de case sempre. Informar, formar e entreter. En ocasións
está sobredimensionada a función de entreter e introdúcense contidos que non deberían aparecer
(reiteración, espectacularización, amarelismo, etc.)

Disfuncións:
• Risco de manipulación. É un risco ao que está exposto calquera profesional pero o
xornalista local ten unha maior posibilidade de resultar manipulado.
• Servilismo. Escribir marabiññas do alcalde, por exemplo.
• Chauvismo. Cun amor desmedido polo propio.
• Amateurismo. Hai moitos xornalistas locais que traballand e forma voluntaria.

Fontes:

As fontes da política local son oficiais (gabinetes de prensa municipais e provinciais, e boletíns
provinciais), institucionais, organizacionais (organizacións cidadás) e profesionais (calquera
contacto que o xornalista pode ter).

Profesional da política local:

• Coñecer exhaustivamente a política municipal.


• Manexar unha axenda de contactos o máis ampla posible, pero tamén o máis profunda.
• Debe ser parte da comunidade sobre a que informa. Confianza.
• Demostrar independencia, pluralidade, apertura de miras e afán innovador.

5
Información política internacional

Política internacional é todo aquilo relacionado coa información política que procede de contextos
fóra das nosas fronteiras estatais. Estas páxinas teñen máis de relacións internacionais que de
política internacional, posto que falan máis de contidos diplomáticos que de política propiamente
dita. As relacións internacionais están intimamente relacionadas coa política, pero non é só iso.
Actualmente, a sección de política internacional é un caixón de xastre.

A política internacional ten cabida nos medios de comunicación porque somos sociedades cada vez
máis intercomunicadas e as nosas vidas dependen cada vez máis de factores externos.

Outro interese da sección de política internacional parte de que cada vez temos máis a percepción
positiva de ser cidadáns do mundo. Son, ademais, as páxinas que albergan os contidos
relacionados coas institucións.

Aranguren afirma que “las páginas de información de política internacional destruyen las imágenes
míticas que se interponen entre unos pueblos y otros, favorecen una mutua comprensión,
fomentan la enseñanza más objetiva, menos nacionalista de la historia, constituyen preciosas
aportaciones a la información y, por consiguiente, al entendimiento internacional”.
Xorde, como contrapunto, o colonialismo informativo: dar prioridade a determinadas potencias
fronte a outros países que informativamente non existen por razóns económicas, de hexemonía
industrial, etc. Xoga un papel importante no diálogo internacional.

McBride trazou unha clasificación para identificar os desequilibrios nos fluxos informativos que
se producen entre países desenvolvidos e países en vías de desenvolvemento. Eses desequilibrios
tradúcense entre países pertencentes a sistemas políticos e socioeconómicos diferentes, entre
países grandes e pequenos dentro do mesmo sistema político e desenvolvemento, entre os
propios países do Terceiro Mundo. E finalmente, entre noticias políticas e aquelas que atinxen a
sociedade economía e cultura dos países en vías de desenvolvemento. Polo tanto, eses
desequilibrios poden entenderse de maneira transversal.

A primeira axencia especializada en contidos internacionais é Havas en 1835. A invención do


telégrafo e posteriormente do teléfono, consolídanse como figuras imprescindible para a transmisión
de noticias internacionais.

Aumento da información política internacional a partir de 1914, co comezo da I Guerra Mundial, que
resulta fundamental na transformación mediática. Influiu incluso na marcaxe de faccións políticas.
Multiplícanse as páxinas referentes á política internacional, polo que será unha das prácticas que
quede instalada nos medios de comunicación: converter os eventos bélicos nun habitual das
sección de internacional dos xornais.

Bartolozzi formula unha cuestión a definir: se a información da sección internacional é información


internacional ou información estranxeira.

A diferenza atópase en que as estranxeiras son as orixinadas nun país e difundidas a outro polo seu
interese informativo, mentres que as internacionais xorden no propio país, noutro ou en varios e que
conta cun interese informativo supranacional. As noticias de política internacional teñen un interese
actualizador da conformación política e moitas veces non son estritamente de índole política.
(Estranxeira: nova sobre Boris Johnson / Internacional: nova sobre o Brexit).

Características:
• Noticias servidas maioritariamente por axencias. Rara vez son redactadas polos medios
nos que se publican.
• Ademais, aparecen crónicas e reportaxes, que admiten un tratamento máis especializado
por parte dos medios, especialmente porque adoitan estar redactadas por un
correspondente.
• Interesa todo tipo de contido que teña que ver co ámbito internacional. Groth fala dunha
aposta pola universalidade.
• Tratamento:
o Un esforzo por ambientar os contidos, dando ao lector un contexto para ubicar o
lugar de onde proceden esas noticias.

6
o Unha aposta pola claridade expositiva.
o Obxectividade enunciada como evitar intereses confrontados.
o Ecuanimidade: dar voz a todas as partes implicadas.
• Esixencias que se agardan dos profesionais da área de internacional pasan por:
o Un traballo de selección, cunha dificultade engadida, porque hai que seleccionar
contados de contextos que non coñecemos suficientemente.
o Unha gran profesionalidade: que teñan unha formación extraordinaria.
• Criterios de selección segundo Bartolozzi:
o Factores externos: lugar criterio político, etc.
o Factores internos: importancia para o medio, dimensión. Existencia de violencia ou
de interese humano, etc. Son os factores de noticiabilidade.

Ámbitos dentro de cada país:


• Xefaturas de Estado.
• Parlamentos ou Cámaras de representación.
• Gobernos centrais.
• Institucións e organismos comunitarios (entre eles, os lexislativos).
• Partidos e grupos por afinidades ideolóxicas.
• Organizacións internacionais.
• Organizacións cidadáns.

Ámbito supranacional ou comunitario:


• Consello Europeo.
• Comisión Europea.
• Parlamento Europeo.
• Institucións e organismos comunitarios.
• Partidos e grupos por afinidades ideolóxicas.
• Organizacións cidadáns de estrutura e incidencia supranacional.

Funcións:
1. Informar de maneira libre e neutral.
2. Fomentar a comprensión mutua.
3. Establecer un diálogo transnacional.
4. Promover o desenvolvemento

Disfuncións:

• Disfunción narcotizadora. Se non cumpren as súas funcións, poden crearnos o efecto de


estar vivindo nun paraíso que podemos entender,. Cando realmente é moi complexo.
• Empobrecemento cultural. Están deseñandas para todo o contrario, pero en función de
como se desenvolvan poden chegar a fomentar os tópicos culturais.
• Desequilibrio psicolóxico. Consecuencia da función narcotizadora. Se nos fiamos a cegas
dos contidos disfuncionados, teriamos unha percepción desequilibrada, e en extremos
podería levar a algún punto de desequilibrio psicolóxico.
• A sección de internacional é moi interesante para as potencias, porque serve para facer
propaganda internacional, e esta é unha das disfuncións máis perigosas nos medios de
comunicación.
• Colonialismo informativo. Orive di que o dereito para estar informados ten que estar
regulado polos organismos internacionais para evitar este colonialismo.
• Cuestións que teñen que ver con todas as disfuncións habituais no xornalismo: presións
informativas, censura política, desestabilización social e política.

7
O xornalista da área de política internacional:

• Visión política do feito informativo.


• Coñecementos de dereito internacional.
• Contidos de xeografía e historia universal.
• Coñecemento de idiomas.
• Coñecementos de socioloxía e estatística.
• Experiencia como correspondente.
• Dispoñibilidade para viaxar

Información política nacional

Ademáis das consideración previas común cos anteriores escenarios, en termos do exercicio da
profesión xornalística, dependiendo do tipo de medio, podemos estar ante a sección do xornal máis
importante. Os procesos electorais conforman a gran pedra alicerce.

Ámbitos

1. Administrativo/representativo:
• Do Estado:
o Xefatura do Estado.
o Parlamento.
o Senado.
o Goberno central.
o Institucións políticas (organismos institucionais).
o Institucións non políticas (tribunais).
• Das autonomías:
o Parlamento.
o Goberno.
o Institucións/organismos.
o Institucións non políticas (Tribunais Superiores).
• Das Administracións locais:
o Gobernos locais (municipais, provinciais).
o Organismos.
2. Partidos políticos: municipais e provinciais.
3. Organizacións cívicas e sociais: sindicatos, patronais, Igrexa, asociacións sectoriais ou de
veciños, etc., segundo a estrutura e incidencia territorial das mesmas, sempre que actúen
para influír nas tomas de decisión sobre asuntos de relevancia pública nacional.

Resumo final da área de política

Situación actual
• Importancia do papel das axencias de noticias nesta área.
• As axencias pasan de maioristas a minoristas.
• Prodúcese un efecto de desinformación.
• Prodúcese un efecto de desintermediación, porque se recorremos constantemente e de xeito
único en moitos casos perdemos a capacidade de ser os intermediarios entre as fontes e os
feitos e a cidadanía.

Enric González di que millóns de voces inconexas berran ao oído de millóns de cidadáns inconexos.

Muro de que a mediación tradicional perde espazo fronte ás grandes empresa que producen
influencia.

Diezhandino di que máis do 70% da información que consumimos procede de fóra das redaccións.

8
Davys di que a actualidade que programan as fontes e que as axencias proxectan acaba gañando
terreo. Isto é importante para entender esa perda do papel de intermediación que debemos ter como
xornalistas.

As maiores empresas españolas segundo o ranking do IBEX xa teñen máis xornalistas económicos
que os medios españois.

Desafíos

• Converterse no primeiro e efectivo filtro: non somos unha coladeira de contidos, somos un
filtro. O primeiro obstáculo que van encontrar os contidos non suficientemente contrastados
para non pasar adiante.
• Desenvolver máis a nosa axenda de contactos.
• Aprender a seleccionar e xerarquizar.
• Enriquecer o concepto de interese xeral.

Área de especialización económica


Contidos da área de información económica

Focos de interese:

• Economía internacional.
• Política económica.
• Información financeira.
• Información bursátil.
• Información sociolaboral.
• Información empresarial.
• Información comercial.
• Información industrial.
• Información agroalimentaria.
• Información sobre consumo.
• Información sobre turismo, hostalería, axencias e transportes.

Tendencia á disgregación

Todo ten que ver con sectores socioeconómicos e con como se relacionan entre si. Polo tanto, é moi
difícil separar este ámbito doutros.

Características xerais

• Racionalidade económica. Facemos sempre pé na racionalidade como elemento de


construción do discurso.
• Participación de actores e axentes.
• Preocupación social.
• Afán divulgativo.
• Desexo de crear cultura económica. Se o conseguimos, logramos loitar contra a
preocupación social que pode xerar esta cuestión.
• Información tecnificada en base a unha linguaxe bastante complexa.
• Linguaxe técnica. A exactitude demanda tecnicismos.
• Tendencia a contidos macroeconómicos.
• Espazo de análise e interpretación en crecemento, porque cada vez temos máis acceso a
máis información económica e, por tanto, cada vez precisamos dunha maior interpretación.
• Aposta pola visualización/gráficos, xa que é unha realidade moi complexo. Estas precisas
construcións desa realidade que sexan amables e que permitan acceder a ese
coñecemento de forma fácil e rápida.
• Xéneros: nova, reportaxe, entrevista e artigo de opinión (os artigos de opinión son capaces
de influír de maneira moi intensa).

9
Ademais, necesitamos que eses contados sexan tamén compartidos e difundidos por eses
prescriptores da área (xeran pensamento)), protagonistas e público xeral.

Funcións da área
• Satisfacer unha demanda informativa. Existen lectores interesados en ser informados con
claridade e propiedade, podendo fiarse dos contidos que lles están a facilitar.
• Dimensión divulgativa. É fundamental nesta área para evitar estender esa alarma ou
preocupación constantes.
• Satisfacer aos lectores especializados. Hai poucos e moi cualificados lectores de prensa
económica, e non deben quedar defraudados.
• Cumpre un papel de intermediario entre os xestores da actividade económica e os
cidadáns, que debemos estar atentos aos movementos relacionados coa actividade
económica e financeira.

Disfuncións da área
• Exceso de tecnicismos. Ás veces inevitable ou necesario, pero predominante. Isto reduce
as audiencias da sección de economía.

• Sección con tendencia moi destacada á publicación de publicidade encuberta.

• Intereses creados cos patrocinadores e cos anunciantes. Ás veces, os intereses son da


propia empresa informativa.

• Tratamento frívolo e anecdótico da información económica. Ademais da parte divulgadora


e técnica, existe esta outra posibilidade simplemente por non darlle a atención que merece.

Martínez Soler fala dunha área subsidiada, é dicir, que está sometida eses intereses económicos.

Fontes da área (Coca e Diezhandino)

• Fontes difíciles. As que chegan desde organismos oficias e directivos de empresas. As


fontes de primeira man son difíciles de conseguir no ámbito informativo.
• Fontes intermediarias. Son bastante máis doadas; gabinetes e axencias especializadas.
• Interese continuo por entrar en axenda.
• Fontes básicas. Están á nosa disposición e son fiables porque están avaladas por
expertos: estatísticas e análises.

O xornalista económico

Segundo a Asociación de Periodistas de Información Económica (APIE), os xornalistas


económicos caracterízanse polos seguintes aspectos:
• Dominio de contidos relacionados co sector e da terminoloxía económica.
• Coñecementos específicos de economía, estatística, dereito mercantil, lexislación
económica, etc.
• Contactos co sector.
• Coñecementos de idiomas, especificamente neste caso de inglés, lingua financeira por
antonomasia.
• Capacidade de análise e interpretación.
• Saber rodearse de expertos e asesores.
• Obxectividade e interpretación contrastada.
• Estar ao marxe das actividades sobre as que se informa.
• Imparcialidade.
• Non utilizar a información confidencial en beneficio propio.
• Rexeitar obsequios e invitacións.

10
Subáreas económicas

Información bursátil

É unha das que máis información en tempo real demanda. Trátase dunha das áreas máis importantes
con características propias presentes de xeito intenso:

• Actualidade.
• Precisión.
• Capacidade para influír.

Cando á precisión e á actualidade lle achegamos contexto é cando imos conseguir unha fidelización
maior dese tipo de público, porque chegamos a xerar seguridade onde é moi difícil conseguila.

Información empresarial

Se no ámbito da política as relacións sono todo, no ámbito económico máis. Precísase contexto,
saber quen é quen, para coñecer as dinámicas.
Relación directa coa comunicación da Confederación Española deOrganizacións Empresariais
(CEOE) e gabinetes.

• Procesos verticais. Transmitir ascendente ou descendentemente entre persoas da


mesma liña xerárquica con distintos niveis de responsabilidade.
• Procesos horizontais: entre persoas do mesmo nivel.
• Procesos oblicuos: entre membros de distintas liñas xerárquicas edistintos niveis de
responsabilidade.
Información sociolaboral

• A interrelación entre economía e sector sociolaboral é constante.


• El Obrero, 24 días antes da fundación en Londres da Asociación Internacional de
Traballadores. Ten como obxectivo a defensa do proletariado.
• La Razón, La Revista Social, El Socialista, La Internacional, Avance social... (s. XIX e
continúa no XX).
• Demanda social dos contidos do ámbito sociolaboral. Afecta a todo o mundo.
• Coa Guerra Civil prohíbese esta prensa.

Os contidos da área sociolaboral son os seguintes:

• Toda información relativa ao sindicalismo.


• Todo o que ten que ver co ámbito do emprego.
• Lexislación sociolaboral, interpretada pola área de información sociolaboral: calquera
contido ofrecido a través das normativas convértese nun contido opaco, cheo de
tecnicismos. Existe todo undiscurso laboral repleto de dificultades.
• Actividade empresarial: a través desta atopamos unha ligazón directa entre a subárea
sociolaboral e a económica, denominada política socioeconómica.

En canto ás súas funcións, correspóndense coas mesmas que as da área de economía en


termos xerais.

11
As disfuncións son as seguintes:

• Manipulación de datos e contidos. É moi fácil caer na manipulación, pois en moitos casos
as informacións xa chegan ás redaccións manipuladas.

• Partidismo.

• Sensacionalismo.

O xornalista da área sociolaboral:

• Coñecementos xurídicos, sociolóxicos, económicos e laborais moi profundos.

• Sensibilidade a respecto dos temas sociais.

• Rigor e cautela profesional, que se lle pide a calquera xornalista, tendo en conta que un
desliz ou un erro neste campo pode ter consecuencia graves.

• Demostrar unha ollada plural e neutral.

• Saber analizar e xerarquizar, separando a propaganda da información.

• Manter contacto con compañeiros doutros medios, sabendo seleccionalos.

• É un contido moi difícil. Hai que ter moita vocación para dedicarse a este ámbito.

• Escribimos para unha audiencia heteroxénea, o cal engade as dificultades de que temos
que escribir para públicos que tanto saben moito dos temas como moi pouco.

• Interpretación dos contidos.

• Crear varios niveis de lectura nunha mesma peza. Isto quere dicir que organizamos
ben o espazo para crear distintos niveis.

Área de especialización social. Dar voz.

Xornalismo social

O xornalismo social é aquel que ten en conta as implicacións e consecuencias sociais de calquera
feito, que ten como interlocutora de referencia á propia sociedade organizada e que recolle as
iniciativas cidadás con capacidade para a transformación social. Este tipo de xornalismo é transversal
a calquera outro, ben sexa especializado ou non.
Alicia Cytrynblum, fundadora do proxecto Periodismo Social en Arxentina.
O xornalismo social é unha corrente que asume un protagonismo nos procesos sociais e que, ao
mesmo tempo, reflexiona sobre a súa participación neles. Para conseguir unha interacción entre
os diferentes actores da comunidade, Alicia Cytrynblum propón levar a cabo tres liñas de
actuación:

• Dotar o eixo social da mesma importancia que o tándem político- económico.

• Dar unha visión máis completa da sociedade coa incorporación de novas frontes.

12
• Investiga a busca de solucións. Cando facemos xornalismo social, non soamente
estamos construíndo, senón que tamén estamos propoñendo, en certo modo,
solucións.

O terceiro sector, unha realidade

O xornalismo social apóiase de maneira intensa e directa neste terceiro ámbito: o social. Pero
sen esquecer os outros.

• O Estado sería o Primeiro Sector.

• O Mercado, que actuaría como Segundo Sector.

As organizacións sociais que xurdirían como elemento novo e conformarían o denominado


Terceiro Sector.

Outra definición de xornalismo social:

O xornalismo que trata e disecciona os desafíos máis relevantes que unha sociedade calquera
afronta nun momento concreto coa intención de que eses temas entren a formar parte da
axenda pública e sexan debatidos pola cidadanía. - Juana Gallego
Servimedia: líder en información social

É a principal empresa de comunicación produtora de contidos sociais. Moitos deles están


elaborados incluso por parte dos colectivos.
O xornalista da área social

• Sensibilidade social. Saber ver a realidade con ollos que perciben o que está a
suceder.

• Ética e honestidade. Todos vemos a realidade desde o noso punto de vista


ideolóxico. O importante é non facelos trascender nos contidos de carácter informativo.

• Ser aberto e tolerante.

• Empatizar coas persoas.

• Ser sistemático.

Recursos
Guía de linguaxe inclusiva.
Libro de estilo. Sobre discapacidade para profesionais dos medios decomunicación.
Guía de estilo sobre saúde mental para medios de comunicación.
Manual para la protección de la infancia en los medios de comunicación y campañas
publicitarias.
(Cómpre ter en conta cando foron elaboradas todas estas guías para coñecer asúa necesidade de
actualización).

13
Área de especialización cultural.

É importante poñer en contexto a área de especialización cultural en termos económicos.


Trátase dun espazo no que existe moita competencia e, polo tanto, hai unha necesidade por
parte dos autores para visibilizar o seu traballo.
Unha das características da cultura é que é un sector subvencionado. Esta é outra das claves
que imos ter en conta: a relación coa Administración na área cultural.
Características

• É unha sección moi polivalente. É en si mesma moi variada, complexa e con moitas
superposicións. Tende a abranguer contidos moi diversos, plurais. Cómpre, ademais,
romper cos prexuízos ante determinadas manifestacións culturais.

• Linguaxe moi coidada, específica. En termos culturais, precisamos consumir moita


cultura debido a que nos temos que dirixir a públicos especializados.

• Admite un tratamento literario da información en termos estilísticos. Non só pensar


nos contidos que tratamos, senón tamén aos públicos aos que nos diriximos.

• Tende a rexeitar o uso de tecnicismos.

• Ten unha vocación a prol dos contidos críticos. A interpretación é fundamental na


sección de cultura.

• Tendencia a disgregarse e dividirse en subseccións que acaban independizándose. Na


área cultural temos moitas subseccións, como pode ser a turística.

• A audiencia que segue a sección de cultura soe estar asociada a un público bastante
estable, fiel, que procura eses contidos, que os valora e que soe ser esixente porque ten un
nivel de coñecementos medio ou alto. A fidelidade na área cultural vai moito máis aló de
calquera outra área.

Funcións

• Informar.

• Mediar.

• Orientar.

• Educar.

• Reivindicar. Unha reivindicación da propia identidade no consumo de contido.

Disfuncións

Elitismo. Concibida para público selecto. É dicir, unha tendencia a usar o “mesmo idioma” que
empregan as persoas que entenden do tema especializado. Incluso se pode falar de certo
clasismo, moi prexudicial para a área cultural.

14
Fontes

Fontes oficiais. Canles oficiais para a información sobre a cultura. Por exemplo, a Consellería
de Cultura.
Fontes institucionais. Proceden de institucións. Por exemplo, a Real Academia Galega.
Fontes empresariais. Por exemplo, as editoriais.

Fontes cidadás. Por exemplo, un artista que promociona unha actividade de índole cidadá.
Fontes bibliográficas e documentais.

O xornalista cultural

• Sólida formación no ámbito cultural.


• Formación continua.
• Coñecemento de varios idiomas sobre todo se se pretende abordar crítica de contidos
culturais que proceden doutras culturas.
• Curiosidade e interese.
• Debe demostrar capacidade para manter contactos cos distintos sectoresimplicados.
• Visión sólida dos contidos culturais. Manexar conceptos amplos, como a filosofía da
cultura. Unha visión de conxunto e capacidade de relación conoutros contidos.
• Sensibilidade.
• Instinto.

Subseccións: información turística

FIJET: Federación Internacional de Periodistas e Escritores de Turismo (Tendencia á


agrupación).

O Grand Tour

O Gran Tour practicouse no século XVII e XVIII, e deu lugar á literatura de Gran Tour, que
consistía en organizar viaxes, fundamentalmente para os mozos da alta burguesía e da nobreza,
porque se entendía que estaban chamados a ser os dirixentes do futuro. Esas experiencias foron
recollidas en diarios, xa que esaexperiencia non se contemplaba sen eles, e de aí nace gran
parte da literatura de viaxes da época.

Literatura de peregrinación

Tamén a literatura de peregrinación, con antecedentes moi remotos; xa na Alta Idade Media, a dona
galega Exería peregrinou para coñecer Xerusalén e fixo undiario desa viaxe: é o primeiro libro de
viaxes dunha muller que se coñece. A primeira guía de viaxes foi escrita para peregrinar a Santiago:
Liber Santi Iacobi,escrita por Picaut.

15
Exposicións universais

Outra realidade da cal xurdiu moita información turística foron as exposicións universais ao longo
do século XIX, cando xa había medios de comunicación querecollían a visita a estas. En 1872,
Times publicou a primeira volta ao mundo, escrita por Thomas Hook.

Tipos de turismo

• Turismo cultural.
• Turismo gastronómico.
• Turismo de “sol e praia”.
• Turismo de festa.
• Turismo de saúde.
• Turismo rural.
• Turismo deportivo.
• Turismo relixioso.
• Turismo de congresos.
• Turismo social ou de cooperación (voluntariados).

Características

• Trátase dunha información plural e interdisciplinaria.


• Periodicidade determinada polos ciclos estacionais, que inciden directamente no
turismo.

Disfuncións

• Certo diletantismo. Facer algo de maneira non profesional. Neste ámbito hai moitas
persoas non xornalistas ás que lles gusta viaxar que ofrecen ao medio o relato da viaxe.
• Uniformidade de rexistros. Case todos os contidos soan ao mesmo.
• Estacionalidade.
• Certo desdebuxamento das liñas entre información e publicidade. Moitasveces, o que se nos
vende son publirreportaxes
• Existencia de axudas, subvencións e incentivos para que nos medios se lles dea cabida a
campañas promocionais, que desvirtúan a información turística.

16

You might also like