You are on page 1of 14

UNIDADE 3: AS PROPIEDADES TEXTUAIS:

ADECUACIÓN, COHERENCIA E COHESIÓN.

1. As propiedades textuais.
O texto como unidade superior da comunicación lingüística presenta as seguintes
propiedades características:
• Adecuación á situación na que se produce a comunicación. Dela ocúpase a
Pragmática.
• Coherencia dos contidos informativos que se pretenden transmitir. Garda relación
coa Semántica.
• Cohesión entre as distintas partes nas que se organiza. Ten que ver, sobre todo, coa
Sintaxe supraoracional.

2. A adecuación.
É a propiedade en virtude da cal o texto se constrúe mostrando unha xusta
correspondencia entre os elementos participantes na comunicación (quén fala e a quén
se dirixe) e a situación comunicativa concreta (ónde e cándo falan, cómo e por qué
falan ...).
Unha mensaxe producida por un mesmo emisor pode resultar adecuada nunha
situación dada, e inadecuada noutra.
Exemplo: A expresión Esta novela é unha lata, non hai por onde collela pode
resultar adecuada nunha conversa informal entre dous
Ilustración alusiva
compañeiros de clase, a propósito dunha determinada obra de ao exemplo.
lectura obrigatoria. Sen embargo, resultaría evidentemente
inadecuada nun diálogo formal establecido entre un alumno e un profesor no
trancurso dunha proba oral de control de lectura.

Un texto é adecuado cando é oportuno con respecto á situación na que se produce,


apropiado con relación aos seus destinatarios e aceptable en canto ao nivel de
formalidade lingüística e precisión terminolóxica esixidas polo tema da comunicación.
Exemplos: Non resultaría oportuno utilizar expresións xocosas nun funeral. Non
resultaría apropiado dirixirse a unha persoa maior, coa que non temos moito
trato, utilizando apelativos cariñosos. Non resultaría aceptable utilizar termos
coloquiais nunha disertación científica.

A esixencia da adecuación obriga ao emisor a escoller entre as diversas modalidades


idiomáticas (xeográficas, culturais, sociais, etc.) e a
Ilustracións: 1. Unha feira. 2. Un xuízo.
facer un uso espontáneo ou reflexionado da súa lingua 3. Unha conversa confidencial.
segundo a situación na que se efectúe a comunicación. Os procesos de producción e interpretación
das mensaxes nos distintos usos efectivos e
concretos da lingua son obxecto da análise
Entre as condicións pragmáticas que cómpre ter en pragmática.
conta para determinar a adecuación dun texto a unha
situación comunicativa e que poden influír na correcta interpretación da mensaxe
débense salientar:
• A interacción entre os distintos códigos comunicativos: o código
lingüístico (lingua), os códigos Ilustración: grupo de persoas conversando
extralingüísticos (o cinésico –xestos e animadamente
movementos corporais– e o proxémico – Ofísico uso de determinados acenos, o contacto
entre os interlocutores, a
posición dos participantes na comunicación, expresividade do rostro, etc. poden resultar
distancia entre eles, etc.–), os códigos adecuados ou non segundo as circunstancias
nas que ten lugar a comunicación
paralingüísticos (modulación do ton de voz, entoación, etc.) ...
• A presencia de diferentes voces no discurso: quen fala en cada momento.
O emisor pode mesmo ser múltiple, e isto condiciona a producción e mais a
interpretación do texto. Exemplo: nun Ilustración: Anuncio televisivo.
anuncio televisivo a producción da mensaxe
realízase sucesivamente nos seguintes niveis:
1/ O anunciante.
2/ A axencia publicitaria.
3/ Os publicistas concretos.
4/ Os actores.
• A variación do uso lingüístico habitual: a variación xeográfica da lingua
(bloques, áreas e subáreas lingüísticas, Ilustración: diferentes situacións
dialectos e falares), a variación comunicativas.
A adecuación tamén consiste en escoller
sociocultural (niveis de lingua: culto, acertadamente a variedade lingüística
medio, popular e vulgar), a variación pertinente.
situacional (niveis de fala ou rexistros lingüísticos: formal, linguaxe técnica
e científica, coloquial, xergas, etc.).
• A diversidade das estructuras textuais: débese lembrar que a escolla
dunha ou outra estructura textual (véxase a Ilustración: Anuncio e manual de
unidade 2) está condicionada polo contido instruccións dun pequeño electrodoméstico.
da mensaxe, a forma do discurso e a Amanual estructura expositiva é a adecuada para o
de instruccións, mentres que a
intención do emisor que mellor se axeiten persuasiva o é para o anuncio publicitario
a cada circunstancia comunicativa
concreta.

2.1. A corrección.
Moi próxima á adecuación, a corrección céntrase no aspecto normativo das
realizacións lingüísticas e aplícase sobre todo aos textos escritos.
A corrección textual é un tipo particular de adecuación: aquela que se refire
concretamente á axeitada elección e uso dos coñecementos gramaticais e normativos
para cada acto comunicativo. A corrección textual implica:
a) O manexo apropiado das normas ortográficas e das competencias
morfosintácticas do idioma.
b) O uso cumprido dos códigos non verbais nos textos orais (pausas, entoación,
modulación da voz,etc.)
c) O dominio das regras de puntuación nos textos escritos (uso de punto, coma,
punto e coma, etc.).

3. A coherencia.
Para algúns é a propiedade básica do texto porque fai que poida ser percibido como
unha unidade comunicativa comprensible . É a encargada de nivelar o contido da
mensaxe e clarificar o significado do conxunto. A coherencia vén dada polos seguintes
factores:
• O tema. É o núcleo informativo fundamental, o contido do texto sintetizado ao
máximo. Cando o oínte percibe o texto, capta O tema é o factor determinante da coherencia textual.
Para establecer o tema dun texto resulta de
esa unidade informativa central (unidade inestimable axuda resumilo axeitadamente. Resumir
temática) arredor da que se organizan as significa transformar un texto dado noutro texto novo
efectuando as seguintes operacións:
diferentes partes integrantes. • Suprimir o que non é esencial.
• A selección da información. A información • Condensar os contidos xerais.
é aquilo que se di sobre o tema en cuestión. • Redactar novamente o texto da maneira máis
breve posible.
O axeitado desenvolvemento do tema fundaméntase, sobre todo, nunha equilibrada
selección da información, que non debe ser nin escasa nin excesiva.
• A organización da información. A acertada organización da información
mediante unha estructura textual escollida de acordo a un plano previo é outro
factor que contribúe á coherencia do texto. Gracias a iso conséguese que a
información sexa percibida con claridade e sen ambigüidade por parte do receptor
e, polo tanto, que se cumpra a intención comunicativa do emisor.
Relacionados directamente coa organización da información están:
- A progresión temática. Consiste na ordenación xerárquica dos contidos
de modo que vaian aparecendo gradualmente informacións coñecidas
(repetición) e informacións novas Ilustración: partituras musicais.
(progresión). O xogo entre información nova A alternancia entre repetición e
e información coñecida é o que permite variación de secuencias melódicas
ten unha particular importancia na
entender un texto. Se toda a información é creación musical. A música
nova, o texto é incomprensible; e se toda a repetitiva baséase na reiteración; o
dodecafonismo, pola contra,
información é coñecida, a comunicación presenta unha notable variación.
resulta innecesaria.
- A isotopía. É a repetición de conceptos que contribúen a proporcionar
coherencia global ao texto. Sempre hai uns Ilustración: capa dalgún disco ou
conceptos que se repiten máis que outros, son cartel anunciador Wagner.
dunha opera de

os que axudan a crear o núcleo informativo O “Leit-motiv” (motivo que se


fundamental que fica despois de suprimir a repite ao longo dunha obra musical)
pode ser visto como un caso
información secundaria e, en última instancia, particular de isotopía musical.
a facer que teña un tema unitario.
Exemplo: No texto de Os Eidos de Novoneyra que a continuación
reproducimos, a reiteración de palabras relacionadas co campo semántico
do frío –xea, frío, trempos (terróns xeados), tourón (chan endurecido
pola xeada), trousos (pilas de neve), carambelo– constitúe unha mostra
clara de isotopía.
XEA. Ilustración:
Fai un frío que queima. paisaxe nevada do
Courel
Pouco a pouco
Érguese a terra en trempos.
O tourón os trousos os carambelos!
Cruza un lobo...
Roxe a folla nos carreiros
Aló no fondo dos cousos.

3.1. Niveis de coherencia textual.


Segundo se dicía na unidade 2, o texto é unha unidade de comunicación estructurada
en varios niveis que vai máis alá das cadeas de oracións e dos parágrafos que o
constitúen. A coherencia textual maniféstase tamén nos distintos niveis de organización
do texto:
• Coherencia local. É a que se dá no nivel da frase, no interior de cada oración. Vén
determinada tanto polas concordancias gramaticais como pola continuidade das
ideas expresadas. Exemplo: A flota de pesca permaneceu amarrada toda a
semana pasada por causa do temporal que azoutou o litoral atlántico.
• Coherencia lineal. É a que se dá entre as oracións que constitúen cada parágrafo.
Deriva de que en cada secuencia do texto apareza tratado un subtema vinculado ao
núcleo informativo fundamental. Exemplo: A flota de pesca permaneceu
amarrada toda a semana pasada por causa do temporal que azoutou o litoral
atlántico. Mentres tanto, os mariñeiros estiveron reunidos en asemblea
permanente á espera das novas que chegaban de Santiago, onde algúns
representantes sindicais mantiñan un encontro coas autoridades pesqueiras do
goberno autónomo para ver de tomar medidas paliativas verbo das previsibles
perdas que o amarre ía provocar nun sector xa tan deteriorado nos últimos
tempos.
• Coherencia global. É a que integra ao conxunto dos significados parciais
proporcionándolle unha totalidade significativa ao discurso. Vén dada pola
necesaria unidade temática que todo texto debe presentar. A coherencia global
posibilita a existencia da coherencia lineal e da local. Exemplo: A flota de pesca
permaneceu amarrada toda a semana pasada por causa do temporal que azoutou
o litoral atlántico. Mentres tanto, os mariñeiros estiveron reunidos en asemblea
permanente á espera das novas que chegaban de Santiago, onde algúns
representantes sindicais mantiñan un encontro coas autoridades pesqueiras do
goberno autónomo para ver de tomar medidas paliativas verbo das previsibles
perdas que o amarre ía provocar nun sector xa tan deteriorado nos últimos
tempos.
Aos problemas xerados polo paro biolóxico e pola falta de acordo coas
autoridades marroquinas engádeselle agora o do mal tempo en toda a área do
Atántico norte.

3.2. Condicións da coherencia textual.


Para que os contidos expresados nun texto resulten coherentes entre si, deben cumprir
estas condicións:
• Que non se contradigan nin no que se refire á información explícita, é dicir, “o
que se di”, nin, tampouco, no que se refire á información inferida ou implícita, isto
é, “o que se deduce ou se sobreentende”.
Exemplo.- Velaquí un texto: Francisca é unha excelente conductora,
aprendeu a conducir pouco despois de cumprir os 18 anos e obtivo o
carné á primeira tentativa. Desde aquela, nunca recibiu ningunha sanción
de tráfico nin tampouco provocou ningún accidente. Sen dúbida conduce
ben.
Véxase agora un discurso incoherente, por contradictorio, que non pode
ser considerado texto: Francisca é unha excelente conductora pero nunca
deu aprendido a conducir. Leva tentando sacar o carné desde os 20 anos e
acaba de cumprir os 18; cada vez que senta ante o volante comézanlle a
tremer as pernas e non é quen de acender o motor . Desde que traballa de
taxista ten máis tempo para preparar o exame, di que está esperando a
acadar a maioría de idade para tentalo outra volta.

• Que haxa entre eles unha relación temática, de maneira que todos se subordinen a
unha tese ou asunto principal que proporcione unidade temática ao conxunto.
Atendendo a esta condición, e en función da progresión temática do texto,
podemos atopar as seguintes variantes textuais:
- Textos con progresión de tema constante: aqueles nos que se aborda o
mesmo tema nas diferentes partes da súa estructura. Exemplo:
“Información do tempo en Europa hoxe: hai unha borrasca moi forte
situada sobre as Illas Británicas, cun fronte cálido sobre os países
Baixos e Alemaña. Outra máis feble sobre o golfo de Xénova, cun fronte
frío achegándose polo oeste a Italia. Outra Borrasca estará entre Os
Azores e Portugal.”

- Textos con progresión de temas derivados: aqueles nos que se van


abordando progresivamente aspectos diversos do tema de partida.
Exemplo: “A Fundación Martín de Xinzo convoca sen interrupción
desde 1981 os seus premios; nesta ocasión recaeron, entre outros, no
escritor Gabriel Pennac e no espeleólogo Uxío Covas. Estes galardóns
ven medrar a súa reputación cada ano que pasa, ata atoparse entre os
mellor considerados do continente.
Como vén sendo habitual, os servicios informantivos da CNN
retransmitirán en directo ese importante evento desde o teatro
Blancoamor de Ourense a partir das 17,50 h. de hoxe ”

- Textos con progresión de temas enlazados: aqueles nos que unha


información nova, achegada con relación ao tema inicial, se converte en
tema doutra parte consecutiva. Exemplo: “Se algo caracteriza ás
modernas urbes europeas é a cantidade e a calidade dos servicios que
ofrecen aos seus habitantes. Entre eses servicios, tal vez sexa o
transporte público un dos que máis preocupan aos cidadáns, pois do seu
bo funcionamento depende o éxito ou o fracaso de moitas das
actividades comerciais, mercantís e culturais que se desenvolven no
ámbito urbano.
De todos os transportes públicos urbanos o que mellor valoración
acada entre os usuarios europeos é o tren metropolitano subterráneo, o
popular metro. Lástima que en ningunha das cidades galegas haxa aínda
nin sequera un proxecto de estudio para a creación dunha liña de
metro.”

4. A cohesión.
É a propiedade textual que proporciona ligazón sintáctico-semántica ao texto. Está
constituída polos mecanismos sintácticos e semánticos utilizados para indicar as
relacións entre as diferentes partes que compoñen o texto (frases // oracións simples //
oracións compostas // grupos oracionais // parágrafos), especialmente entre oracións e
entre parágrafos, e que lle confiren carácter unitario ao conxunto.
Algúns autores distinguen entre:
• Cohesión sintáctica: a que actúa sobre a estructura formal do texto e establece a
conexión, mediante nexos, entre as frases e as oracións. Exemplo: “Deiteime
tarde, pero non sabería dicirche nin qué hora era nin se xa durmiades ou non.”
• Cohesión semántica (próxima á coherencia): a que actúa sobre a estructura
temática do texto e establece a conexión, mediante mecanismos diversos, entre
oracións e entre parágrafos. Exemplo: “–¿A que hora te deitaches?
–Non sei pero... bastante despois da media noite, desde logo.
–¿E iso?
–Estiven preparando o exame do mércores.
–O de Arte, ¿non?
–Ese mesmo.
4.1.Mecanismos de cohesión.
Os principais mecanismos que contribúen a realizar a cohesión textual son os
seguintes:
• Deíxe. É o dispositivo lingüístico polo cal se expresan as correspondencias que se
dan entre a mensaxe, os participantes na comunicación e a situación comunicativa.
Por medio da deíxe indícase quén realiza e ónde e cómo se produce a
comunicación. Os deícticos funcionan como recipientes baleiros que se
Son deícticas aquelas formas que sinalan enchen de sentido cada vez que se empregan no
discurso. Presentan, pois, un significado ocasional que
as persoas e as cousas (pronomes persoais, só se transparenta se sabemos a qué ou a quén se refiren;
posesivos e demostrativos), o lugar se coñecemos a situación de comunicación.
(adverbios de lugar e demostrativos) e o tempo (adverbios de tempo e
demostrativos) que actúan no proceso comunicativo.
Exemplo: Ana fala con Roi sobre a hora de chegada a un punto de encontro
acordado:
–No autobús das doce, cheguei eu alí; e ti aínda non chegaras daquela.
As formas eu, alí, ti e daquela desempeñan unha función deíctica: sinalan persoas,
lugares e momentos que están determinados por unha situación comunicativa dada.

• Anáfora e catáfora. Son os mecanismos que permiten relacionar o texto co


contexto lingüístico. Son anafóricas as formas As formas que con máis frecuencia desempeñan
que fan referencia a un elemento lingüístico funcións anafóricas e catafóricas son:
pronome persoal de 3º persoa:
mencionado anteriormente e catafóricas as que  OMaruxa e André son irmáns. Ela é loira,
aluden a un elemento de posterior aparición. el non.
demostrativos, os posesivos e algúns
Exemplo: Continúa a conversa iniciada no  Os indefinidos: Os nenos trouxeron
exemplo anterior: cadansúa bicicleta; unhas de montaña e
outras de paseo.
–Escoita, Ana, o que dis non é certo...  Os relativos e os interrogativos: –¿De
–Cala, cala; que xa estaban todos alí: Pedro, a onde vén o avión que chega? – Vén de
Barcelona.
muller os fillos, etc..  Certos adverbios: Imos para o parque,
O que ten valor anafórico, refírese a un elemento esperámoste alí.
xa aludido; todos ten valor catafórico e alude ás
persoas que se mencionan a continuación. En ambos os casos o significado vén dado
polo contexto lingüístico.

• Cohesión léxica. Establece unha relación anafórica entre dous elementos de


significado pleno (por exemplo, os sinónimos A cohesión léxica pode expresarse mediante:
especializados na función de substitutos). Son  Repetición: Acabo de coñecer un
mozo. O mozo vive preto da miña casa.
especialmente aptos para a realización da cohesión  Substitución: por un sinónimo (Acabo
léxica certos substantivos de “referencia de coñecer un mozo. O rapaz ...). Por un
hiperónimo (Acabo de coñecer un
xeneralizadora”: mozo. É unha persoa moi educada). Por
- Neno, rapaz, meniño, cativo, miúdo ... para un hipónimo (Picoume un bicho. Era
un deses mosquitos de río). Por unha
referirse a ‘humano de curta idade’. metáfora (Aquel neno era tremendo. O
- Tema, problema, asunto, cuestión, feito, bribón non quería ir á escola) ...
caso ... para ‘acontecemento’.
- Bicho, besbello, zarronco, bechoco ... para ‘animal pequeno’.
- Chisme, cousa, couso, artefacto, chintófano ... para ‘obxecto pequeno’; etc.

Exemplo: “Mario, cando tiña tres anos, importunaba aos seus pais con preguntas
de toda clase. Daba igual onde estivesen e con quen, ás catro da tarde ou ás tres da
mañá, o neno erre que erre na súa teima, e os seus proxenitores xa non sabían qué
facer.”
As palabras neno e proxenitores son dous substantivos cun significado
xeneralizador que manifestan cohesión léxica con Mario e os seus pais
respectivamente.

• Elipse. É a omisión de elementos que xa se mencionaron no discurso ou se


sobrentenden e que, polo tanto, son coñecidos polo receptor. Segundo a categoría
gramatical do elemento suprimido a elipse pode ser:
- Nominal: A paisaxe de Galicia é moi verde, a de Castela non tanto.
- Verbal: Hoxe imos ao cine, mañá ao teatro.
- Oracional: –¿Vésme axúdar a pintar a cerca do xardín? – De acordo, vou.
Nalgúns textos tales como telegramas, titulares xornalísticos, carteis informativos,
sinalizacións, etc., a elipse ten unha incidencia especialmente notable e afecta sobre
todo a nexos, determinantes e morfemas verbais.
Exemplos:
- Véndese piso. Razón aquí.
- Última área de servicio en 52 Km.
- Can mordido polo dono en Matosiños.
- Enteirados feliz acontecemento. Regresamos Santiago venres primeiro voo.
Saúdos.

• Conexión. Manifesta as relacións de cohesión a través de certas formas


denominadas conectores, que son os encargados de facer patente a coherencia do
texto e facilitan a súa interpretación. A conexión dáse en dous niveis distintos:
- Dentro da oración, unindo, por exemplo, os distintos membros dunha oración
composta.
- No nivel supraoracional, unindo, por exemplo, un parágrafo co anterior, para
facilitar a continuidade das ideas expresadas e propiciar a unidade temática do
texto.
Como conectores poden funcionar conxuncións (e, ou, mais, que,...), adverbios
(ademais, entón, tamén,...) e mesmo locucións (para rematar, ou sexa, polo
contrario, ...)
Os conectores poden expresar moitos e moi diversos valores significativos.
Vexamos algúns:
- Adición: e, ademais, aínda máis, mesmo, por outro lado ...
- Causalidade: por iso, polo que, polo tanto, xa que, así pois ...
- Consecuencia: así pois, en consecuencia, en definitiva, polo tanto ...
- Comezo do discurso: ben, home ...
- Remate do discurso: por último, máis nada ...
- (Auto)corrección: mellor dito, ou sexa, quérese dicir ...
- Dúbida: quizais, tal vez, poida que ...
- Digresión: por certo, a propósito ....
- Continuación: con todo, pois ben, agora ben ...
- Énfase: claro que, pois, si que ...
- Restricción: mais, agás, polo menos ...
- Oposición: sen embargo, en cambio, aínda que ...
- Temporalidade: despois, antes, entón ...
- Enumeración: en primeiro lugar, en segundo lugar, por último ...
- Exemplificación: isto é, por exemplo ...
- Etc..
Ademais dos recursos vistos ata agora, tamén contribúen dalgún xeito a dar cohesión
ao texto os seguintes procedementos:

• Relación de tempos verbais. Sinala a conexión existente entre os elementos


temporais que definen a situación da comunicación e os que corresponde ao contido
do texto. A través da concordancia temporal exprésanse relacións deícticas (que
ligan o texto coa situación) e anafóricas (que van do texto ao contexto). Tentémolo
explicar cun exemplo:
A conversa entre Ana e Roi, posta de exemplo máis arriba para a deíxe
e a anáfora, era posterior aos feitos que alí se comentaban:
–No autobús das doce, cheguei eu alí; e ti aínda non chegaras daquela.
Ana escolle con acerto o tempo verbal, pretérito de indicativo
(cheguei), para indicar unha acción real pasada con relación ao momento
no que ten lugar o diálogo (expresa perfectamente a relación temporal
que se dá entre a información que transmite o texto e o momento en que
se emite a mensaxe); ademais, a forma aparece inmediatamente antes
doutras palabras cunha función deíctica, persoal e espacial (eu alí), que
completan e proporcionan énfase á comunicación.
Por outro lado, cando Ana quere indicar un momento anterior con
referencia ao xa expresado pasado (cheguei), utilizará o antepretérito de
indicativo (non chegaras); expresando cabalmente a relación de
anterioridade que se dá no texto entre os dous instantes distintos. Se no
canto do antepretérito empregase o pospretérito (chegarías), o enunciado
carecería de cohesión, e a coherencia textual resentiríase:
–*No autobús das doce, cheguei eu alí; e ti aínda non chegarías
daquela.

• Modalización. Comprende todos os Chámanse modalizadores os medios dos que se vale o


recursos que se utilizan para marcar a emisor para mostrar o xeito de abordar o seu propio
presencia do falante no seu discurso (as súas enunciado.
 Por exemplo: certos adverbios e locucións usados
actitudes, crenzas, intencións para significar que caben algunhas dúbidas acerca
do expresado ou que se trata dunha particular
comunicativas, etc.) co obxecto de: interpretación condicionada ás circunstancias do
- Salientar a adhesión do emisor á emisor (os adverbios quizais, tal vez ...; as
locucións polo que a min respecta, segundo eu
mensaxe (Con certeza, débese penso, desde o meu punto de vista ..).
considerar xusto o fallo do tribunal).
- Manifestar unha certa distancia con relación ao enunciado (Quizais se deba
considerar xusto o fallo do tribunal).
- Mostrar un claro rexeitamento (De ningunha maneira se debe considerar
xusto o fallo do tribunal).
Canto máis subxectivo sexa un texto, máis se utilizaran os mecanismos de
modalización (interrogacións, exclamacións, afirmacións, usos figurados de certas
palabras ...).

• Voces do discurso citado. Trátase da manifestación da diversidade de voces que


poden aparecer no discurso (véxase o apartado da adecuación). Móstranse baixo a
forma de:
- Estilo directo: Reproducción textual das palabras do interlocutor. Exemplo: –Eu
voume para a miña casa, para a casa da miña nai, respondeulles.
- Estilo indirecto: Transformación da expresión do interlocutor nunha estructura
sintáctica subordinada –normalmente unha completiva introducida por que–
dependente dunha subordinante que adoita ter como núcleo do predicado un
verbo de lingua (dicir, responder, opinar, etc.). Exemplo: Respondeu que ía para
a casa ou para a casa da súa nai.
- Estilo indirecto libre: Forma particular do estilo indirecto no que se suprime ou
omite o elemento subordinante que introduce o estilo indirecto propiamente dito.
Exemplo: El tíñao claro: iría para a casa ou para a da súa nai.
- Monólogo interior: Reproducción en primeira persoa dos pensamentos tal como
flúen na conciencia. Exemplo: “Sei que o meu pai argalla todo isto por me ter
cabo de si uns días e de paso por sacarme deste lugar pechado, pois sempre el
opinou que esta non era solución ningunha para unha filla no mellor da
mocidade. E sei que el coñecía o meu con Toño. E sei que sofre porque entende
o que neste punto sufro..”.
X. Rábade Paredes: Branca de Loboso.

• Orde das palabras. A orde sintáctica das palabras na frase é tamén un elemento
que contribúe á cohesión do texto. É especialmente relevante cando se produce unha
alteración da orde habitual, pois esta adoita ser o reflexo de mudanzas informativas
e con frecuencia comporta cambios na organización do texto.
Os fenómenos máis usuais son:
- A Tematización: Proceso polo que se escolle como punto de partida da
comunicación un constituínte que normalmente non asume ese papel na
ordenación oracional habitual. A tematización comporta, pois, unha
alteración na orde sintáctica acostumada dos elementos da oración.
Exemplos:
. Esa historia xa a coñezo desde hai moito tempo.
. A min, vasme dicir ti o que teño que facer.

- A Voz pasiva: Caracterízase, con relación á construcción activa, pola


inversión dos papeis sintácticos ‘suxeito-obxecto’, pero mantendo as
equivalencias léxicas e semánticas.
Exemplos:
. O conserxe decote abre a porta do Instituto.
. A porta do Instituto decote é aberta polo conserxe.
ACTIVIDADES

1. Sinala e comenta os problemas de adecuación que se dan nos seguintes supostos:


a) Comezar un exame oral saudando ao profesor cun “¡Que pasa tronco!”
b) Pedir nun bar unha ración de “cefalópodos escaldados cun chisco de cloruro
sódico”.
c) Cubrir unha instancia en verso.
d) Despedirse da avoa dicíndolle: “Que che dean pomada”.
e) Presentar a un conferenciante chamándoo polo seu hipocorístico familiar.

2. Velaquí tes tres series de sinónimos léxicos e fraseolóxicos.


a) Derramar, escarallar, botar a perder, estragar, merar, murchar, ir a pique,
malograr, podrecer, inutilizar, chafar, deteriorar, danar, arruinar, cascar.
b) Roubar, furtar, levar, mangar, rapinar, repañar, ratear, subtraer, expropiar,
usurpar, espoliar, levantar, limpar, botarlle a man.
c) Falar, manifestar, pronunciar, latricar, parolar, largar, darlle á lingua, charlar,
conversar, dialogar, baduar, esbardallar, fungar, barallar, expresar, expor.
Distribúeos en columnas e clasifícaos en función da variedade lingüística á que
pertenzan, segundo o exemplo seguinte:

Coloquial-vulgar Estándar-media Formal-culta


a) escarallar Derramar Deteriorar
............... ............... ................
............... ............... ................
Utilizando palabras de todas as series, constrúe tres versións diferentes dun mesmo
texto breve. Conta de adecuar a escolla léxica ao rexistro empregado en cada caso.

3. Le atentamente o seguinte fragmento.


O anticlericalismo.
O anticlericalismo, manifestación típica onde as haxa da cultura radical-burguesa
decimonónica, tivo unha versión extrema, e ás veces fanática, de índole antirrelixiosa;
esta versión extrema, que odia o clero como encarnación da relixión, afunde as súas
raíces naquela liña do ateísmo ilustrado que identificaba relixión con superstición, e
superstición con atraso cultural e con miseria intelectual e moral. Os curas e os frades
son para eles axentes negativos, retardatarios, e instrumentos da reacción.
Na medida en que as Igrexas do século XIX adoptaron tamén unha postursa hostil
fronte ás novas ideas revolucionarias de índole socialista, ese anticlericalismo de orixe
radical burgués pasou a boa parte do movemento obreiro revolucionario, que como
“esquerda” non ía ser menos anticlerical que a esquerda radical-burguesa. A
obxectiva alianza entre as Igrexas e as posturas da burguesía moderada (dereitas),
cimentaron solidamente este novo anticlericalismo. Un vello lema anarquista dicía:
“nin Deus, nin rei, nin patrón”.
Luis Gómez Llorente: Sociedad, Cultura y Religión. Ediciones Laberinto. (Traducción)
a) Fai un resumo.
b) Partindo do teu resumo, reflexiona sobre os seguintes aspectos:
- ¿Cantas liñas ten o teu resumo?
- ¿Qué elementos se suprimiron?
- ¿En que medida se alterou a estructura sintáctica das oracións?
c) Elabora agora resumos coas seguintes dimensións aproximadas:
- 8 liñas. 4 liñas. Unha soa frase.
4. O contido dos seguintes enunciados presenta algúns problemas de coherencia.
Indícaos e coméntaos.
a) Pedro acababa de chegar da rúa; viña canso de estar encerrado na casa.
b) A irmá pequena de Maruxa xogaba coas amigas na praia baixo a súa atenta
vixilancia. Entrementres, ela, deitada na súa habitación, laiábase de ser filla
única.
c) Soamente os seres humanos son conscientes dos seus actos. Por iso no pasado
verán o índice de precipitacións caeu por debaixo dos mínimos do século.
d) Como sei que non che gusta a crema do leite, debaixo da cama púxenche un
tixolo.
e) Cando as lexión romanas chegaron ao noroeste da Península, unha parte da
poboación autóctona refuxiouse nos castelos medievais que había nos cumes
dalgunhas montañas. Moitas destas construccións defensivas permanecían en pé
desde as guerras da Reconquista fronte aos mouros. Non lles resultou moi difícil
aos indíxenas retornar aos cumes das montañas, mercé ao parque móbil de
vehículos todoterreo —case todos de fabricación xaponesa— do que dispuñan.
f) Os conductores europeos son os que presentan maior índice de alcohol no
sangue de toda España.
g) –¿Tes ti a miña colección de discos de jazz? –Si, eu teño a miña colección de
discos de jazz.

5. Fíxate no seguinte conto popular.


O carrizo e o boi.
Andaba un día o carrizo a brinquiños na procura de herbiñas e bichos por un
campo adiante.
Un boi pacía de par do carrizo e, como o paxariño era tan pequecho, o boi non o
vía e por pouco non lle pon un pé enriba e o esmaga. O carrizo botouse a un canto
e pareceulle moi mal que o boi non o vise ou fixera menos del, e deixándose levar
pola carraxe —porque os paxariños tamén se encarraxan— plantouse voando no
espiñazo do boi, deulle dous couces cos seus peíños e díxolle furioso:
—¡Ei, ti! ¿Seica queres que te rebente?

a) Indica cáles son os antecedentes das formas anafóricas subliñadas.¿O pronome


“ti” da última liña é un deíctico?. Razoa a resposta.
b) Determina cál é a función sintáctica que fai cada un dos pronomes subliñados e
mais os seus antecedentes, respectivamente.
c) Transforma o texto poñéndoo en boca do carrizo. É dicir, converte a terceira
persoa en primeira.

6. Nos seguintes enunciados aparecen destacadas certas formas que funcionan como
conectores textuais.
a) Indica qué valores manifestan.
b) Substitúeos por outros sinónimos.
- —Ten moi bo corazón.
—Ten, pero é un vago.
- A guapísima moza de André ten, ademais, outras moitas virtudes.
- O incerto futuro da lingua galega presenta, sen embargo, algúns signos
esperanzadores.
- Podemos quedar o sábado, que non temos clase. Aínda que, pensándoo mellor, non
sei por qué temos que ir todos se, por outro lado, ademais, moitos xa teñen o seu
traballo rematado. En cambio, os que aínda non o fixeron traballarían peor se
estamos todos xuntos. Así que, o mellor será que veñan os que aínda non acabaran.

7. Clasifica segundo a natureza gramatical os conectores sinalados nos seguintes


enunciados e indica o valor que expresan.
a) Non quero saír contigo, así que non me chames máis á casa; ademais que xa
teño mozo.
b) Ben, desde que comezou a tempada; mellor dito, desde o final da tempada
pasada atópome en moi boa forma; pode ser que niso inflúa o tratamento a base
de fungos que me receitou un chaman azteca, ... –Por certo, eu tamén son de
orixe azteca, vaia, polo menos por parte de nai–. Pois ben, volvendo ao que
dicía; que estou moi ben e espero continuar así ata o final da competición.
c) O acampamento estaba nun sitio marabilloso; a atención dos empregados era
moi boa tamén; sen embargo, tiña algo que non acababa de convencernos.
d) É un alumno moi brillante; aínda máis, é un xenio.

8. Sinala e tenta explicar a isotopía que se dá no seguinte poema de Pondal.

AS ALMAS ESCRAVAS
As almas escravas Espíritos brandos,
de ideas non grandes, Espritos muliebres;
van pensando mil cousas femíneas, Sedentarios, que lenta consome,
molentes e infames. e mórbida febre.

Mil soños forxando Mais a alma do bardo


que o ánimo agobian, Enérxica, ousada,
arrastrando infamantes cadeas que audaz liberdade,
cal brandos ilotas tan só soña e ama,
vai pensando en propósitos férreos
que ergueran a patria.

9. Indica e analiza todos os elementos que dan cohesión ao seguinte texto.

A OFRENDA
Unha mañá, mentres se erguía par ir á restreba, sentiu por primeira vez aquela
dor na lingua. Era un inchazo duro, do grandor dunha ameixa. Mordeu o bico e
abaneou a testa. Aquelo deulle mala espiña. Ouvira falar de colleitizos semellantes,
e agora atopábase cou un no seu propio corpo. Unha friaxe nova subiulle pola
escada do lombo. Foi coma se unha serpe lle entrase na casa, coa teima de
encerellalo. As mulleres déronse a rezar. E falouse de pauliñas e meigallos.
–Tal vez Pepa. Esa...
–Ou a do Castro, que disque tamén lle botou os piollos ao curmán.
Falouse da vila e do médico e dos cartos. Avelino tiña aforros. Os veciños
rosmaban de todo: o faiado escuro, un burato na parede, o peto na tampa da
hucha...
–Lávate ben cedo con auga de nove fontes.
–Lévalle a algún santo unha vela do teu grandor.
De todo fixo Avelino. Bebeu xaropes, púxose bismas. E foi arreo á novena do
Carme. Pasou por todos os rezos e enxaugues. Pero o inchazo da lingua non se
ensumía.
O día da festa grande, cando rematou a misa cantada, saíu a procesión derredor
do souto. A xente reloucaba; subían e estalaban os foguetes, e as campás baduaron
un repenique ledo. Catro mozos levaban a San Roque, e debaixo das andes
arrastrábase Avelino. Fixera pouco antes esa ofrenda. Suaba e xemía. A dor
atenazábao. Sentiu como unhas muxicas rebulíndolle nos ollos, e un amarguexo
estraño na lingua. Pouco a pouco foise esquecendo do santo e da procesión e da
xente. Caeu debruzado. Levárono para a casa nunha escada.
Morreu aquela mesma noite.
X. Neira Vilas: Xente no rodicio. Ed. Galaxia.

10. Observa este conxunto de oracións, que corresponden á recensión da película “O


bosque animado” (Guía del video-cine. Carlos Aguilar. Cátedra).

Malia o seu óptimo rendemento económico e a suposta perfección do guión, está


moi lonxe de ser a “cult movie” nacional que se pretende. Dirixida por José Luis
Cuerda e interpretada por Alfredo Landa, Fernando Valverde, Miguel Rellán,
Fernando Rey. En esencia non pasa de ser unha longametraxe de morosa
realización televisiva que non tirou todo o partido que debera do libro do famoso
humorista galego. O bosque animado. España 1987. 105 minutos. Pode verse a
título de curiosidade pola cantidade de figuras do cine español que nela aparecen.
Color. Distribuída por Dister. Adaptación da obra homónima de Wenceslao
Fernández Flórez.

a) Tendo en conta a definición de texto, di se se trata dun texto ou non e explica


por qué.
b) Tenta reorganizar as oracións para construír con elas un texto adecuado,
coherente e con cohesión interna.
c) Sinala os elementos que che deron as pistas para reorganizalo e deduce qué fai
que un conxunto de oracións ordenadas en liña constitúa un texto.

11. Indica cál é o tema do texto seguinte e realiza un esquema do contido diferenciando
as ideas principais das secundarias. Explica razoadamente por qué se trata dun
discurso coherente. Sinala e comenta os mecanismos de cohesión que se empregan
no texto.
O misterio dos catorce libros
Aristóteles montou en Atenas unha escola filosófica, preto do templo de Apolo
Liceo, polo que se coñeceu dende aquela coma o Liceo. Era unha escola
completamente distinta da Academia Platónica, que esmorecía por non ter un
mestre da talla do fundador.
No Liceo, en cambio, había cursos regulares, horarios, libros de texto para
impartir as súas ensinanzas. Tiña mesmo dous niveis: cursos de iniciación, abertos
a todo o mundo nos que tamén participaban as mulleres, e cursos de
especialización. En Fin, o Liceo empezaba a semellarse a calquera das nosas
universidades. Como ademais se preocupou de todas as ciencias, que el distribuíu
en teóricas, prácticas e productivas, os que saían da súa escola levaban debaixo do
brazo todo o compendio do saber da época.
Escribiu unha chea de obras para uso interno da súa escola que, gracias ó azar e
a que foron agachadas por algún discípulo coidadoso, chegaron ata nós. Ningún
tema quedou sen tratar por aquela xenial cabeza: dende unha historia dos animais
ata un libro sobre a alma, pasando polos seus libros de moral, de política, de
poética ou de retórica, de lóxica e matemáticas, de física e, como non, aqueles
enigmáticos catorce libros que chamou de Filosofía Primeira.
Tan misteriosos eran que no séculoI (antes de Cristo) Andrónico de Rodas, un dos
discípulos de Aristóteles que aínda seguía coa escola, quixo facer unha primeira
edición das obras completas do mestre, e non soubo como chamalos.
Subido nunha cadeira, contemplaba o estante en que repousaban os catorce
libros de Filosofía Primeira, que para aproveitar espacio puxera detrás dos libros
de física (ou filosofía segunda). E foi daquela cando se lle ocorreu a idea de
bautizalos de acordo coa súa situación no espacio: “os que están detrás da física”;
iso é “meta-física” (en grego).
Marcelino Agís Villaverde: Historias da filosofía. Edicións Xerais

You might also like