You are on page 1of 34

TIPOLOXÍA TEXTUAL

1. O texto.
Un texto é unha unidade lingüística e comunicativa con sentido completo que consta dunha estrutura
formada por unha ou máis secuencias lingüísticas. É producido por un emisor nun contexto determinado e
movido por unha intención determinada.

As súas características principais son a adecuación, a coherencia, a cohesión e a corrección.

Cada acto comunicativo concreto está caracterizado por unha


conxunción de coordenadas que o fan único e irrepetible:
prodúcese entre individuos concretos, nun espazo concreto, nun
momento determinado, e nunhas circunstancias particulares.
Mª Victoria Escandell Vidal: La comunicación. Gredos (Trad.)

Unha interxección, unha palabra ou unha oración illadas poden ser analizadas como textos; do mesmo xeito,
tamén son distintos exemplos de textos unha conversa entre amigos, unha conferencia, un artigo
xornalístico, unha clase de matemáticas, A esmorga de Blanco Amor, a Gran Enciclopedia Galega etc.

1.2. Texto oral e texto escrito.

O texto oral, a forma máis natural de comunicación humana, desenvólvese normalmente en tempo real entre
dúas ou máis persoas a través de signos sonoros.

O texto escrito adoita difundirse en diferido e realízase mediante signos visuais.

Texto oral Texto escrito

. Canle acústica. D . Canle visual.


. Presenza de emisor ou receptor. I . Ausencia de emisor ou receptor.
. Instantánea. F . Non instantánea.
. Espontánea. Non se pode anular, só rectificar. E . Planificada.
. Non perdurable no tempo (agás se é gravada). R . Perdurable no tempo.
. Importancia do contexto extralingüístico. . Contexto menos relevante.
E
. Abundancia de códigos non verbais (vestimenta, . Menor presenza de códigos non verbais (marxes,
N
proximidade física, xestos…). tipo de letra, etc.).
. Variedades dialectais.
Z
. Lingua estándar.
. Certa desorganización e imprecisión: repeticións, A . Delimitación e organización máis precisa da
A Laura faille ilusión o entroido. S Moito lle gusta o entroido a Laura.
omisións, rodeos, retrousos…). información.
. Sintaxe e puntuación ligadas á entoación. . Coidado da sintaxe e uso preciso da puntuación.

Teñamos en conta que existen diferenzas entre textos orais espontáneos


(a conversa, por exemplo) e planificados (por exemplo unha
conferencia).
Ademais, as novas tecnoloxías poden facer que varíen algunhas
características de cada tipo de textos. Así, a comunicación gravada no
correo de voz dun móbil fai que non sexa instantánea, pero si perdurable
no tempo; pola contra, unha conversa escrita a través da rede adoita ser
unha comunicación espontánea e practicamente instantánea.
1.3. O texto oral e o texto escrito en Galicia.

A comunicacióné unha necesidade vital do ser humano e por iso todos os grupos sociais posúen unha
lingua oral, unha tradición oral relacionada co comportamento, coa maneira de percibir a vida e coa
experiencia. A nosa lingua oral é fundamental para que todas estas características poidan pervivir no pobo
galego a través de xeracións mercé á bagaxe cultural que tansmite (contos, lendas, cantigas, costumes, etc.),
o cal nos permite avanzar á nosa maneira e ser diferentes dos individuos doutras culturas.

Tamén a escritura é un fenómeno transcendental para calquera cultura porque permite almacenar
información dun xeito moito máis eficaz ca recorrendo exclusivamente á memoria, de tal modo que parte
desa información queda fixada como testemuño da súa cultura. Galicia contou xa desde época temperá con
textos escritos, primeiro en latín, máis tarde en galego-portugués e posteriormente en galego, privilexio do
cal gozan actualmente menos de duascentas linguas das arredor de seis mil que existen no mundo.

2. As propiedades textuais.
As propiedades textuais son as condicións que debe cumprir un texto para que teña sentido e acade o seu
propósito comunicativo.

O texto como unidade superior de comunicación lingüística presenta as seguintes propiedades:

- Adecuación á situación na que se produce a comunicación. Dela ocúpase a Pragmática.


- Coherencia dos contidos informativos que se pretenden transmitir. Garda relación coa Semántica.
- Cohesión entre as distintas partes nas que se organiza. Ten que ver, sobre todo, coa Sintaxe.

2.1 ADECUACIÓN
A adecuación é a propiedade que se dá cando o texto se axusta ás circunstancias da comunicación, é
dicir, existe correspondencia entre os participantes na comunicación e a situación na que se atopan.

Un texto é adecuado cando é:

- oportuno con respecto á situación na que se produce;


- apropiado con relación aos seus destinatarios;
- aceptable respecto á formalidade lingüística e á precisión terminolóxica.

Así pois, non resultaría oportuno utilizar expresións xocosas nun funeral; non resultaría apropiado
dirixirse a unha persoa maior, coa que non temos moito trato, utilizando apelativos cariñosos; ou non
resultaría aceptable utilizar termos coloquiais nunha disertación científica.

Polo tanto, para que un texto sexa adecuado cómpre:

- axustar a menxase ao propósito que se persiga


- adaptar a mensaxe ao destinatario
- que exista unha equilibrada interacción entre os diferentes códigos comunicativos: o código
lingüístico (lingua), os códigos paralingüísticos (modulación do ton de voz, entoación etc.) e os
códigos extralingüísticos (xestos, movementos corporais, distancia entre os participantes etc.)
- que estea adaptado ás variantes lingüísticas que veñan ao caso segundo as circunstancias:
variantes xeográficas (bloques, áreas e subáreas lingüísticas, dialectos e falares), variantes
socioculturais (niveis de lingua: culto, medio, popular e vulgar) e variantes situacionais
(rexistros lingüísticos: formal, linguaxe técnica e científica, coloquial, vulgar etc.)

En definitiva, a existencia da adecuación obriga ao emisor a escoller entre as diversas modalidades


idiomáticas segundo a situación na que se efectúe a comunicación.

2.2 COHERENCIA
A coherencia permite que un texto sexa percibido como unha unidade comunicativa comprensible e fai
que o seu contido xire arredor dun único tema ou referente, é dicir, que teña unidade temática. Para que
un texto sexa coherente as súas partes deben relacionarse entre si, en canto ao contido, a través da
existencia dun tema claro e preciso (coherencia global), unha correcta selección e organización da
información (coherencia linear) e unha sucesión de enunciados con sentido lóxico (coherencia local).

Para que un texto sexa coherente debe:

- ter un tema (núcleo informativo fundamental)


- haber unha correcta selección e desenvolvemento da información
- existir unha organización lóxica da información
- haber progresión temática (vai aparecendo gradualmente información coñecida e información
nova).

Cómpre, ademais, que se dean as seguintes condicións:

- que os contidos expresados non sexan contraditorios, nin na información explícita (o que se di)
nin na información implícita (o que se deduce ou se sobreentende).
- que exista unha relación temática entre os contidos, para que todos se subordinen a unha tese ou
asunto principal.
Na web:
Amplía a información sobre os contidos
contraditorios ou non contraditorios.

2.3 COHESIÓN

Está constituída polos mecanismos sintácticos e semánticos que se empregan para articular as diversas
partes do texto (palabras, frases, oracións, parágrafos). Entre estes mecanismos podemos salientar o uso
de conectores, repeticións, pronomes, sinónimos, antónimos…

Na web:
Amplía a información sobre a
cohesión sintáctica e semántica.

Na web:
Amplía a información sobre os
deícticos..
Vexamos algún destes mecanismos:

- A deixe indica quen realiza a comunicación e onde e como se produce. Son deícticas as formas
que sinalan as persoas e as cousas (pronomes persoais, posesivos e demostrativos), o lugar
(adverbios de lugar e demostrativos) e o tempo (adverbios de tempo e demostrativos).
Por exemplo: Ti estabas xa na estación cando eu aínda non chegara á cidade
- A anáfora e a catáfora permiten relacionar o texto co contexto lingüístico.
Son anafóricas as formas que se refiren a un elemento lingüístico mencionado antes (Antón e
Paula son parella. El é de Bertamiráns e ela da Fonsagrada); e son catafóricas as formas que
aluden a un elemento posterior (Díxenlle a Estefanía que a película comezaba ás dez).
As formas máis habituais nas función anafóricas e catafóricas son o pronome persoal de 3ª
persoa, os demostrativos, os posesivos, os relativos, os interrogativos, algúns indefinidos e
certos adverbios.
- A cohesión léxica determina unha relación anafórica entre dous elementos e pode expresarse
mediante repetición (Un home entrou pola porta. O home vestía traxe gris.); substitución por
un sinónimo (Acabo de coñecer un mozo. O rapaz…), un hiperónimo (Acabo de coñecer un
mozo. É unha persoa moi educada), un hipónimo (Picoume un becho. Era un deses mosquitos
de río), unha metáfora (Aquel neno era tremendo. O gandulo non quería ir á escola).
- A elipse consiste na omisión de elementos do discurso xa coñecidos polo receptor (Hoxe imos
ao cine, mañá ao teatro).
- A conexión maniféstase a través de conectores e dáse en dous niveis distintos:
a) Dentro da oración une os membros dunha oración composta.
b) Entre os parágrafos facilita a expresión das ideas.
Como conectores poden funcionar conxuncións (e, ou, mais, que…), adverbios (ademais,
entón, tamén…) e locucións (para rematar, ou sexa, pola contra, en resumo…).
- Os marcadores discursivos orientan o receptor sobre o tema do discurso. Poden exercer, entre
outras, funcións de introducción (eu creo que…), de mantemento (aínda che direi máis…), de
conformidade (do mesmo xeito…), de recuperación (por certo que…), de topicalización (no
que concirne a…), de conclusión (en definitiva…) etc.

Na web:
Amplía a información sobre os
marcadores conversacionais.

(Se cadra podíanse poñer os conectores e marcadores discursivos das táboas da páxina 50 melloradas ao
final do libro)
ACTIVIDADES

Propiedades textuais

1. Dixemos máis arriba que un texto era adecuado cando se adaptaba á situación comunicativa.
Tendo isto en conta, determina por que é inadecuado:

 Empregar expresións de carácter vulgar nun exame.


 Explicarlle ao alumnado de 2º de primaria como se fai unha raíz cadrada.
 Ir a unha entrevista de traballo e saudar ao entrevistador cun “que tal, colega?”
 Nun restaurante, pedirlle sal ao camareiro nestes termos: “Desexaría que me trasladase o
recipiente de cloruro sódico, por favor”

2. Tenta explicar por que estes textos son ou non coherentes. Aqueles que non o sexan escríbeos
de xeito coherente.

a) O veciño que presenciara o atraco mostrouse moi colaborador e non deu ningunha información.
b) Os catro ocupantes do vehículo accidentado saíron ilesos e serán soterrados pasadomañá.
c) A irmá pequena de Raquel xogaba na praia baixo a súa atenta mirada. Entrementres, ela, deitada
no seu cuarto, laiábase de ser filla única.
d) Os seres humanos son conscientes dos seus actos, por iso no pasado verán o índice de
precipitacións caeu por debaixo dos mínimos do século.
e) Detidas nove persoas acusadas de planear accións violentas con explosivos.
f) Os romanos tiveron moitas dificultades para loitar contra os habitantes da Gallaecia xa que estes
empregaban helicópteros e avións de combate.
g) Mañá espertarei cedo ás dúas da tarde para ir xogar unha partida ás cartas cos tigres do
zoolóxico.

3. Unha condición fundamental para que un texto teña cohesión é o correcto emprego dos signos
de puntuación. Reescribe o seguinte texto colocando os signos de puntuación que consideres
convenientes e corrixe as formas que non sexan normativas.

O noso pobo o pobo galego soupo crear o seu propio idioma si a nós se nos distingue como unidade
peculiar entremedias da familia europea é talmente gracias ao idioma non é pola nosa soberanía
política nin pola realización de grandes feitos históricos colectivos nin pola posesión e utilización de
grandes riquezas económicas que repercutan no mercado internacional o que verdadeiramente nos
singulariza o que nos dá persoalidade definida e caracterizada diante dos alleos é o idioma ou sexa
o espírito ese espírito xenuinamente noso que se reflexa fidelísimamente na língua galega

Ramón Piñeiro: Olladas no futuro

4. Marca nos enunciados seguintes os casos de anáfora ou catáfora:

a) Xa lle paguei a Samuel o que lle debía:


b) Os que viñeron comigo foron Manuel, Xesús e Rosario.
c) Estaba algo enferma, por iso non foi á clase.
d) Como eu xa advertira, o barco naufragara.
e) Cando eu era pequeno aínda non había contaminación; aquela si que foi unha boa época.
f) Por iso ninguén che dixo nada, porque ninguén sabía nada.
5. Indica os valores dos conectores textuais subliñados e substitúeos por sinónimos, cando se
poida.
Podemos quedar o sábado, que non temos clase. Aínda que, pensándoo mellor, non sei por que
temos que ir todos se, por outro lado, moitos xa teñen o seu traballo rematado. En cambio, os que
aínda non o fixeron traballarían peor se estamos todos xuntos. Así que o mellor será que veñan os
que aínda non acabaran.

6. Sinala os elementos que lle dan cohesión ao seguinte texto:


O Cañeiro non é propiamente un espírito, senón unha airexa que ás veces, por mor da súa índole
etérea, toma a condición espiritual. É quen protexe os campanarios da bisbarra, sobre todo o da
abadía, e coida que ninguén suba a eles con sacrílegas intencións. Contan o caso dun pobre
desgraciado que quixo roubar as pequenas campás da ermida do Pego, e o Cañeiro debuxou no aire
un entretollo que rematou por chipar o interfecto ó chan, caendo dende o campanario e morrendo
no acto. Noutras ocasións, o seu sopro pode ter poderes de conxuro e provocar nas xentes a
condición de rabishomes, é dicir, que se volven burros. Frei eliseo observou que moitos dos asnos
que existían pola comarca tiñan un ollar case humano.

Francisco Rozados “Rochi”: O bestiario máxico do abade Eliseo e outras narracións insólitas

7. Nos seguintes enunciados, muda o termo que aparece repetido polo mecanismo de substitución
que vai entre parénteses:
a) Esta actividade é moi fácil e a seguinte tamén é ben fácil. (sinónimo)
b) Agasallei a miña irmá cun ramo de caraveis. Gústanlle moito os caraveis. (hiperónimo)
c) Rexeitou a miña colaboración e mesmo rexeitou a miña participación. (sinónimo)
d) No restaurante comín peixe e verdura. O peixe e a verdura estaban deliciosos. (hipónimos)
e) Gardou o viño nun pipo. O pipo era de catro olas. (hiperónimo)

8. Escribe un texto breve que careza de cohesión. Despois explica que mecanismos de cohesión
non se respectaron no texto e reescríbeo tendo en conta, agora si, eses mecanismos.
3. Tipoloxía textual.
A tipoloxía textual refírese á diversidade de textos que pode producir o ser humano.

Trátase, logo, de establecer unha clasificación, pero este é un traballo problemático e complexo porque
depende dos distintos criterios que se teñan en conta (intención comunicativa, estrutura formal, lugar de
interacción social…).

Unha clasificación moi estendida é a proposta por Egon Werlich, que distingue cinco tipos de textos:
narrativo, descritivo, expositivo, argumentativo e instrutivo. A esta clasificación engádeselle adoito o
texto dialogado.

O ser humano desenvolveu a escritura a medida que as


sociedades se ían facendo máis complexas, con necesidades
económicas e administrativas que sobrepasaban o ámbito oral.

Na arte prehistórica pódense intuír os alicerces dos sistemas de


representación gráfica, pero a escritura como tal xurdiu máis
tarde (arredor do IV milenio a. de C) e de xeito independente en
varias civilizacións antigas (Mesopotamia, China…).

Na web:
Consulta na web e
amplía a información
sobre o uso das
modalidades discursivas
básicas.

(Poñer na web o cadro da páxina 28 e poñer chamada nolibro)


3.1 O texto dialogado.
O diálogo é un proceso interactivo no que interveñen dous ou máis suxeitos que tratan un tema.

FINALIDADE: Intercambiar criterios, opinións, xuízos ou sentimentos sobre un tema, suceso ou idea.

PARTES: Saúdo Orientación (introdución do tema) Desenvolvemento Conclusión Despedida

CARACTERÍSTICAS:

A principal característica do diálogo é a interacción comunicativa directa e continua, que se manifesta na


permuta constante de papeis entre emisor e receptor.

Diálogo oral Diálogo escrito

 Espontaneidade.  Planificado.
 Ausencia de planificación (non sempre).  Uso de interrogacións e exclamacións para opinar
 Axúdase de elementos da comunicación e incidir sobre algún aspecto.
verbal como a entoación e os xestos.  Emprego de signos de puntuación.
 Apelacións directas ao oínte como: “atende”,  Adxectivos valorativos, substantivos e verbos con
“mira”, “escoita”. carga connotativa, para mostrar apreciacións
 Referencias ao contexto situacional por medio positivas ou negativas.
de demostrativos, adverbios, etc.  Indicacións valorativas do que se está a dicir:
 Referencias ao emisor e ao receptor a través “considero isto moi importante”, “cómpre non
de posesivos e pronomes persoais. esquecer”.

TIPOS:

A conversa
DIÁLOGOS ORAIS

 Constitúe a forma máis habitual de diálogo oral, pero tamén se emprega en textos
literarios.
Espontáneos

 Avanza por intervencións e asociacións.


 Temática variada.
 Non se pretende profundizar nos temas.
 Participación ilimitada dos intervenientes rexida por determinadas regras como a
cooperación e a cortesía.
O debate
 Diálogo formal de carácter argumentativo no que dúas ou máis persoas discuten sobre
un tema prefixado.
 Existe un moderador, encargado de ceder a palabra ordenadamente a cada interlocutor,
así como de introducir e pechar o debate.
- Introdución: o moderador presenta os participantes e expón o tema que se
vai debater.
Planificados

 Estrutura: - Exposición inicial: Cada participante expón a súa postura sobre o tema.
- Discusión: Confróntanse opinións e argumentos.
- Conclusión: Cada participante sintetiza a súa postura.
- Despedida: O moderador resume as opinión expresadas e pecha o debate.
O faladoiro
 Intercambio de opinións nun ambiente informal entre participantes habituais sobre un
tema previamente fixado.
 Adoita realizarse periodicamente (cada semana, mes, etc.).
A entrevista
 Diálogo planificado e formal entre dúas persoas: entrevistador e entrevistado.
 Finalidade: que o entrevistado ofreza información de interese.

Na web:
Consulta na web e
amplía a información
sobre a estrutura do
texto dialogado.

O diálogo na narrativa
 Serve para reducir a presenza do narrador e salientar a voz propia dos
personaxes.
DIÁLOGOS ESCRITOS

 Propicia o avance da acción.



Diálogos literarios

Pode realizarse en estilo directo, indirecto ou indirecto libre.


Planificados

O diálogo no teatro
 O diálogo é a base da obra dramática.
 Ponlle voz á historia a través dos personaxes.
Monólogo: Diálogo dun personaxe consigo mesmo (o personaxe
reflexiona en voz alta expresando os seus pensamentos, emocións,
etc. ao público) .
 Variantes:
Soliloquio: Diálogo dun personaxes consigo mesmo (o personaxe
finxe que fala para el mesmo porque está só ou porque cre que está
só).

Na web:
Consulta na web e
amplía a información
sobre o monólogo.
3.2 O texto narrativo.
A narración consiste en contar, a través dun narrador, uns sucesos reais ou imaxinarios que lles suceden a
uns personaxes nunha situación espazo-temporal determinada.

Dependendo do tipo de texto narrativo e/ou da intención, pode ter finalidade


FINALIDADE:
artística, informativa ou didáctica.

PARTES: Presentación Desenvolvemento Desenlace


(situación inicial) (transformación da situación inicial,conflito, proceso...) (situación final ou resolución)

CARACTERÍSTICAS:

 Presenza dun narrador que conta os sucesos en 1ª ou en 3ª persoa.


 Intercalación doutros tipos de texto: diálogo, descrición, exposición,
argumentación.
 Importancia do verbo, que permite explicar as acción sucedidas. O
tempo máis empregado é o pretérito, xunto co copretérito e o
presente de indicativo.
 Predominio de marcadores ou conectores espazo-temporais (antes,
despois, onte, mañá, aquí…).

ESTRUTURA:

HISTORIA E DISCURSO

A historia fai referencia ao contido do texto cunha orde temporal e causal; é dicir, é o que ocorre (o
relato).
O discurso refírese a como se presentan os acontecementos da obra; é dicir, alude a como o autor
mediante unha serie de recursos e procesos de comunicación nos transmite a historia. Pódense distinguir
dúas formas básicas de discurso:

Na web:
Consulta na web e amplía a información sobre o a estrutura narrativa..
Estilo directo Estilo indirecto
Cando os personaxes se manifestan a través Cando un narrador conta as acción dos
das propias palabras. A modalidade máis personaxes, os diálogos, pensamentos etc.
habitual é o diálogo, pero tamén existen Unha variante é o estilo indirecto libre.
outras como o monólogo e o soliloquio.
Disme que che colleron un debuxo e que te
: amiga, hoxe pensei en ti. Lembreime de ti. levaron á cadea. Disme que che dixeron que
Mellor, vinme obrigado a lembrarme de ti. era un debuxo revolucionario. Disme que en
Topeime co debuxo que ti me regalaches un van lles explicache que non facías política,
día. Aquel debuxo que está seguido a senón arte.
presentar unha cara longa. Gonzalo R. Mourullo: Memorias de Tains
Gonzalo R. Mourullo: Memorias de Tains

Na web:
Consulta na web e amplía a información sobre o estilo indirecto libre.

TIPOS DE ESTRUTURAS NARRATIVAS


Nun texto narrativo existen dous tipos de estrutura: a estrutura externa (organización do texto en
capítulos, partes, secuencias…) e a estrutura interna (orde de presentación dos acontecementos).
Tipos de estrutura interna:

Linear A narración presenta os contidos seguindo a mesma orde temporal da historia.


Esta estrutura é a máis habitual.
Retrospectiva Anacronía que consiste en que o narrador translada a acción ao pasado. Ás
(analepse) veces toda a narración é un flashback, pois o narrador comeza polo desenlace.
Anticipativa Anacronía que consiste en que o narrador anticipa accións, adiántase no tempo
(prolepse) e polo tanto conta acontecementos futuros.
A narración carece de introdución e comeza polo conflito, é dicir, polo medio
In medias res da historia e non polo principio.

In extrema res A acción comeza polo final da historia, polo desenlace.

De contrapunto Entrecrúzanse varias historias ao longo da narración.

Circular O texto comeza e remata do mesmo xeito.

ELEMENTOS BÁSICOS

 A TRAMA OU ACCIÓN
Está formada polo conxunto de acontecementos e situacións dunha historia aos que o autor deu
forma.

Na historia, os acontecementos desenvólvense de xeito linear, mais o escritor pode artellar unha
trama para ordenalos e explicalos.
Na construcción da trama o autor selecciona, transforma e organiza o material da historia. Isto
implica determinar o punto de vista, o tipo de narrador, o espazo, o tempo e o tipo de estrutura
narrativa.

 O NARRADOR
É quen conta os feitos dunha historia, presenta os personaxes e sitúaos nun espazo e nun tempo,
realiza descricións etc., sempre desde unha perspectiva determinada (punto de vista). É, por tanto,
unha entidade creada polo autor coa intención de lle ceder a palabra.

Segundo o grao de participación ou coñecemento do narrado, pódense establecer varios tipos de


narrador:

Narrador externo ou heterodiexético


 Non pertence á historia que se conta.
 A narración realízase en 3ª persoa.
Segundo a
Narrador interno ou homodiexético
participación
na historia  Forma parte de historia e participa como testemuña (narrador-testemuña),
como un personaxe (narrador-personaxe) ou como protagonista (narrador-
protagonista).
 A narración faise en 1ª persoa.

Narrador omnisciente
 Sabe todo sobre a historia e non ten ningún tipo de restrición.
 Describe todo o que os personaxes ven, senten, oen etc.
Narrador identificado
Segundo o
 Adoita identificarse cun personaxe, respecto do cal mantén certa omnisciencia,
coñecemento
mentres que dos demais só temos coñecemento a través das súas relación con
do narrado
eles.
Narrador obxectivista
 Unicamente rexistra aquilo que pode ser visto desde fóra (xestos, accións, o que
din os personaxes).

Narrador subxectivo
 Intervén valorando e criticando o que sucede no relato, coa intención de dirixir
Segundo a a interpretación do lector.
intervención  O narrador omnisciente adoita ser un narrador subxectivo.
no relato Narrador obxectivo
 Non realiza comentarios nin emite xuízos sobre o que sucede no relato.
 O narrador obxectivista é tamén un narrador obxectivo.

Na web: Na web:
Consulta na web e amplía a información sobre o Consulta na web e amplía a información
proceso de elaboración do discurso por parte sobre as diferenzas entre autor, narrador
do novelista. e narratario.
 O ESPAZO
Fai referencia ao lugar ou lugares onde ocorren os feitos e polo tanto constitúe un dos soportes da
acción. O espazo, ademais, dálle verosimilitude ao relato e sitúa os personaxes.

Tipos de espazo:

Espazo social: Determinado polacontorna


Espazo físico ou escenario: Lugar ou lugares social, cultural, moral ou económica
onde transcorre a acción. (costumes, vicios, virtudes, riqueza ou
pobreza…) na que se moven os personaxes.
Pode ser:
Exterior ou aberto: urbano, rural.
Interior ou pechado: interior dunha casa, dun
cuarto, dunha fábrica…

Espazo real: Correspóndese con


lugares perfectamente identificables.

Espazo imaxinario: Non existe na realidade,


pero contén elementos reais ou posibles. Espazo psicolóxico: Determinado polo mundo
interior do personaxe ou personaxes
(emocións, conflitos, conciencia…). En xeral,
Espazo fantástico: Nin existe na realidade trátase do ambiente que rodea os personaxes.
nin ten relación con espazos reais.

 O TEMPO
Xunto co espazo, o tempo é outro elemento fundamental do texto narrativo. Toda narración sitúa os
feitos no tempo, é dicir, desenvólvese de acordo cunha orde ou cunha duración.

Tipos:

 Tempo externo ou histórico:época ou momento en que se sitúa a narración. Pode aparecer


explicitado no texto ou deducirse do ambiente, personaxes, costumes etc.

 Tempo interno:tempo que duran os acontecementos narrados na historia.

O tempo no que se desenvolven uns feitos dentro dun relato non se corresponde co tempo
cronolóxico no que se suceden os fenómenos da realidade por ser un tempo “creado” polo
autor, quen o manipula segundo lle conveña. Por iso cómpre distinguir entre:

Tempo da historia: aquel no que se sucederon, de acordo cunha orde cronolóxica, os


acontecementos dunha historia na realidade.
Tempo do discurso: aquel en que o narrador nos conta os sucesos.Presentación das
accións de acordo cunha organización e disposición interna.
A relación entre o tempo da historia e o do discurso é o que marca o ritmo narrativo, é dicir, a
sensación de maior ou menor rapidez ou lentitude coa que o relato fai chegar a historia ao lector. O
ritmo pode corresponderse coa realidade, cando se conta o que ocorre a tempo real; pode
ralentizarse, cando o autor se recrea no que conta; ou acelerarse, cando se contan moitas cousas en
pouco espazo de tempo etc.

Tamén pode haber discordancias entre a orde da historia e a do discurso, que reciben o nome de
anacronías. As principais son a analepseou retrospección e a prolepseou anticipación (vid. tipos
de estruturas).

Na web:
Consulta na web e amplía a información sobre as relación de duración entre o tempo da historia
e o tempo do discurso.
Poñer:
A relación de duración entre o tempo da historia e o tempo do discurso pode darse de varios
xeitos:

Pausa: cando ao tempo do discurso non lle corresponde ningún tempo da historia. Dáse, por
exemplo, nas descricións.
Elipse: cando ao tempo da historia non lle corresponde un tempo do discurso. Dáse cando se
omiten accións que sucederon.
Escena: cando existe unha correspondencia entre os dous tempos. Por exemplo, nun diálogo.
Resumo: cando se condensa o tempo da historia no relato. Por exemplo, cando nun breve
parágrafo se condensa o ocorrido nun longo período de tempo.
Análise: é o caso contrario, é dicir, cando se lle dedica un amplo espazo no discurso a
acontecementos que duraron pouco. Por exemplo, cando nunha grande extensión de texto se fai
referencia a algo que durou moi pouco.

 OS PERSONAXES
Son os que levan a cabo a acción. Ademais de seren un dos elementos estruturais do texto
narrativo, son entes de ficción que adoitan estar formados con características tiradas do mundo
real. Preséntanse, xa que logo, coma se fosen actores, sendo esta a súa principal misión como
factor da estrutura narrativa.

Os trazos básicos dos personaxes están definidos polas propias calidades, a conduta e as relacións
que manteñen con outros personaxes.O autor asígnalles unha serie de peculiaridades (idade, sexo,
estilo de expresión, profesión…) e un carácter propio.

Os tipos de personaxes poden ser variados, dependendo do criterio que adoptemos.


TIPOS DE PERSONAXES
CRITERIOS TIPOS
Protagonista: personaxe principal,
Principais: destacan sobre os núcleo da acción.
Pola súa
demais ao longo de toda a obra. Antagonista: opoñente ás accións do
importancia
protagonista.
Secundarios: a súa importancia é menor.

Planos:pouco caracterizados psicoloxicamente, non evolucionan ao longo do


Pola súa relato.
complexidade Redondos: van evolucionando ao longo do relato e manifestan unha
personalidade complexa.

Pola súa unidade Inviduais: son personaxes concretos.


ou pluralidade Colectivos:representan os costumes, características etc. dun grupo humano

Arquetipos: personifican algunha idea perenne que serve como modelo ou


Pola imaxe que
patrón.
transmiten
Estereotipos: representan clixés ou ideas prefixados pola sociedade.

Reais: correspóndense con persoas que existen ou existiron na realidade.


Pola súa natureza
Ficticios: seres imaxinarios creados polo autor, baseados ou non na realidade.

Na web:
Consulta na web e amplía a información sobre os tipos de personaxes nos textos narrativos:

Engadir isto ao que xa estea na web:


En textos narrativos literarios poden usarse arquetipos, isto é, personaxes que funcionan como
exemplos primeiros de formas de expresión e de conduta prefixadas e reiteradas ao longo da
tradición literaria. Aos arquetipos recoñéceselles patróns típicos de comportamento, adoitan ser
considerados como símbolos e traspasan épocas, fronteiras e culturas. Por exemplo, Romeo e
Xulieta, Don Quixote etc.
Os arquetipos, ademais de personaxes, tamén poden ser situacións, temas, animais, lugares,
caracteres etc (a viaxe da Odisea, o amor prohibido…).

Cómpre diferenciar arquetipos de estereotipos, personaxes, xestos, comportamentos etc. froito


da percepción simplificada, esaxerada e xeneralizante que se ten sobre un grupo determinado ou
unha categoría social. No caso dos personaxes, aplícanselle a un individuo estas características,
normalmente baseadas en crenzas, prexuízos e modelos de conduta, moitas veces herdados de
xeracións anteriores e repetidos mecanicamente ao longo de diferentes épocas. Exemplos de
estereotipos son o artista excéntrico, o sedutor ligón e machista, o rico avaro, o espía, o galego
retranqueiro ou precavido…
3.3 O texto descritivo.
A descrición é un tipo de texto oral ou escrito no que se explican ou representan de xeito pormenorizado e
ordenado os aspectos concretos ou abstractos da realidade. Detállase como é un obxecto, unha persoa, un
lugar, unha situación, un acontecemento...

 Ofrecer unha idea xeral ou detalles específicos daquilo que se desexa dar a
coñecer, mediante a súa caracterización.
FINALIDADE:  Informativa.
 Estética.

PROCESO:

Captación dos detalles e trazos definidores do obxecto. Para iso é útil responder as
Observación seguintes preguntas: Como é?, onde está?, a quen pertence?, que significa?, que
valor ten?

Selección Delimitación dos trazos máis salientables e, se cómpre, valoración deles.

Disposición dos datos tendo en conta o tipo de descrición.

Pódese facer de diversas formas:


Ordenación
 Da forma ao contido, e á inversa.
 Do xeral ao particular, e á inversa
 Do máis achegado no tempo ou no espazo ao máis lonxano, e á inversa.
 Do real ao imaxinario, e á inversa.

Redacción Uso dos recursos de lingua adecuados procurando precisión ou expresividade,


segundo os casos.

CARACTERÍSTICAS:

Predominio da función referencial (linguaxe denotativa) ou estética (linguaxe connotativa) segundo a


intención que se persiga.
Recórrese aos sentidos para presentar a imaxe que se quere describir.
Uso de recursos lingüísticos, nomeadamente adxectivos cualificativos (especialmente os
especificativos) e verbos (sobre todo presente de indicativo e copretérito).
Emprego de recursos expresivos, particularmente procedementos literarios como a comparación (O
cadro era tan bonito coma un solpor), a metáfora (A botella era unha reliquia), a personificación
(Era unha paisaxe alegre e íntima, asemade), a metonimia (Unha cunca de ribeiro).
Ausencia de progresión temporal e de acción.
TIPOS

CRITERIOS TIPOS
Descrición técnica: clasificación ordenada, obxectiva e clara dos trazos do
descrito. É propia divulgativos e científicos.
Descrición publicitaria: selección dos trazos positivos do descrito coa
Segundo a finalidade finalidade de convencer.
Descrición literaria:aquela que ten unha finalidade artística e para iso o autor
emprega unha linguaxe connotativa e figuras retóricas. Predomina a función
estética.

Descrición denotativa ou obxectiva:axústase á realidade e non se realizan


Segundo a actitude de valoracións persoais.
quen describe Descrición connotativa ou subxectiva:dáse unha visión particular do obxecto e
engádense impresións persoais.

Descrición estática:aquela na que a realidade se describe inmobilizada, coma se


Segundo o tratamento
estivera fóra do paso do tempo. O autor describe o que ve desde un sitio.
da realidade que se
Descrición dinámica: suxeita ao transcurso do tempo, exprésase unha realidade
describe
en movemento.

Descrición de lugares, ambientes e paisaxes:topografía.


Descrición de animais:zoografía.
Descrición do acontecido nun tempo ou nunha época:cronografía.
Descrición física: prosopografía.
Descrición psicolóxica: etopea.
Segundo o que se
Descrición de Descrición física e psicolóxica: retrato.
describe
persoas: Retrato de si mesmo/a: autorretrato.
Descrición esaxerando os defectos e deformando os trazos:
caricatura.
Descrición sensorial abstracta:hipotipose.
Descrición dun obxecto:crinografía.

Na web:
Consulta na web e amplía a información
sobre os tipos de descrición.

3.4 O texto expositivo.


A exposición é unha forma do discurso oral ou escrito que consiste na presentación e explicación ordenada
dun asunto ou tema perante un público.
A finalidade da exposición é fundamentalmente informativa. A información debe
FINALIDADE: ser transmitida de forma imparcial e obxectiva, e adoita asociarse con
argumentacións.

PARTES:

Introdución Desenvolvemento Conclusión


Presentación do tema Exposición propiamente dita Resumo das ideas máis importantes
 Interese  Ideas principais e secundarias  Confirmación das razóns expostas
 Actualidade  Inclusión, se procede, de:  Perspectivas sobre o tema …
 Características xerais …  Exemplos, citas, anécdotas …

PROCESO:

Os pasos que se deben seguir son os que se indican a continuación:

Consiste en recompilar información sobre un asunto. Este debe escribirse en


Documentación fichas para almacenar, clasificar e comparar a información recollida e, máis
adiante, organizar o material dun xeito cómodo.

Consiste en ordenar a información por criterios de relevancia e validez


Selección da información
de acordo co obxectivo da exposición

A súa finalidade é a de facilitar a ordenación do material recollido. É o


Elaboración dun guión
índice das cuestións que se van tratar.

Aínda que a exposición sexa oral, cumprirá redactala primeiro por escrito
Redacción (desenvolvendo os diversos apartados do guión) e lela varias veces en alto.

Para unha boa realización da exposición, débese coidar a audición (volumen de voz,
Elocución vocalización, entoación), a expresión corporal (xesticulación, postura, mirada) e a súa
duración (distribución axeitada segundo o tempo de que se dispoña).

CARACTERÍSTICAS:

Adaptabilidade ao público. O rexistro Emprego dun léxico específico e con


lingüístico debe adaptarse ao lector ou tecnicismos, exento de ambigüidades, onde os
auditorio. termos son tomados no seu valor denotativo.

Rigor e exactitude na información, que Claridade expresiva e corrección no


deberá ser veraz e fiable. uso da linguaxe.

Orde coherente no desenvolvemento do Utilización especial da sintaxe, coa


texto e nas relacións entre as ideas que se presenza de oracións de carácter explicativo ou
expoñen. aclaratorio: como xa sabemos…; é o caso de…
TIPOS:

Unha exposición pode adoptar diversas formas dependendo dos criterios que se teñan en conta e pode
formar parte de distintos tipos de textos. Deseguido propoñemos unha clasificación parcial atendendo a tres
criterios e incluímos algúns dos textos nos que pode aparecer.

CRITERIOS TIPOS
Divulgativa:dirixida ao público en xeral, é de doada comprensión e contén
unha linguaxe sinxela e con escasos tecnicismos.
Segundo o destinatario
Especializada:dirixida a un público con coñecementos específicos do tema,
contén bastantes tecnicismos.

Narrativa:cando se presentan feitos ou acontecementos que se sitúan no


tempo.
Atendendo á forma
Descritiva:céntrase na caracterización dunha realidade determinada.
Argumentativa:nela predomina a análise razoada do tema.

Científica: a exposición dunha teoría científica…


Didáctica: unha clase, unha conferencia…
Xornalística: unha noticia, unha reportaxe…
Atendendo ao contido
Política: un mítin, un discurso…
Relixiosa: un sermón, unha homilía…
Social:un informe, unha acta…

3.5 O texto argumentativo.


A argumentación é unha variedade discursiva que se compón dun conxunto de razóns para defender ou
refutar unha idea, tese ou formulación.

A argumentación naceu na antiga Grecia baixo o nome de Retórica, técnica ou arte de falar definida por
Aristóteles na súa obra homónima como “facultade de considerar en cada caso o que cómpre para
persuadir”.

Ao longo da historia posterior seguiu sendo obxecto de grande interese e actualmente ten cada vez máis
importancia na vida social, xa que a sociedade actual require que practicamente todo estea xustificado.
Convencer aos demais e influír nos seus comportamentos é fundamental hoxe en día e para iso cómpre
artellar os argumentos precisos.

A argumentación ten un carácter subxectivo. Aínda así, adoita iniciarse cunha exposición e, deste xeito,
preséntanse uns feitos e continúase coas razóns que xustifican unha postura en relación con estes.
Servir de soporte ou base na defensa dunha tese, mediante o emprego de razóns,
FINALIDADE: para persuadir ou convencer aos demais en relación cun tema determinado.

Na web:
Consulta na web e amplía a información
sobre o método dedutivo e o indutivo.

PARTES:

Introdución (Tese inicial) Desenvolvemento argumental Conclusión (Síntese)


Exprésanse a idea ou ideas Exposición dos temas e os Resumo de todo o argumentado e
básicas que se queren defender. razoamentos xustificativos. confirmación da validez da tese.

CARACTERÍSTICAS:

O texto argumentativo, en xeral, presenta as seguintes características:

É lóxico: úsanse razoamentos coherentes.

Carácter dialóxico: enfróntanse ideas.

É contraargumentativo: as ideas elabóranse pensando en posibles posicións contrarias.

Predominio da función conativa ou apelativa.

Emprego de termos técnicos ou terminoloxía científica, dependendo da disciplina de que se trate.

Abundancia de exemplos.

Presenza de incisos, para aclarar aspectos que apoien a idea fundamental.

Predominio de oracións extensas (enunciativas, interrogativas, exclamativas, dubidativas…).

Uso frecuente de nexos consecutivos para aclarar a opinión do emisor: polo tanto… ; en consecuencia…;
deste xeito…

Na web:
TIPOS DE ARGUMENTOS: Consulta na web e amplía a información
sobre os tipos de argumentación.
Os tipos de argumentos relaciónanse con diferentes técnicas que se poden empregar para apoiar ou refutar
unha posición determinada. En calquera circunstancia cómpre empregar argumentos válidos, que son
aqueles que son pertinentes, están ben construídos e conducen á verificación da tese formulada.

Existen varios tipos de argumentos, algúns deles son os seguintes:

Son os argumentos que se asentan en verdades universais, isto é, naquelas que son
Racionais admitidas por todas as persoas.
O tempo nin para nin volve. Fagas o que fagas, vas morrer.
Son os argumentos que están baseados en probas cientificamente comprobadas e
asumidas como verdades.
Científicos
A meditación reduce o estrés e a ansiedade, aumenta a concentración e axuda a
retrasar o deterioro cognitivo propio da idade.
Son argumentos que apelan aos sentimentos do auditorio para provocar unha
reacción de simpatía ou rexeitamento.
Afectivos
A fundación Arrels, paraaxudar á xente pobre, empregou argumentos como o
seguinte: “Algunha vez todos necesitamos un chisco de axuda”.
Son argumentos baseados en exemplos concretos que axudan a sustentar a tese.
De exemplificación Os “ismos” son tendencias artísticas nadas a comezos do século XX, como o
futurismo, o dadaísmo, o creacionismo, o cubismo…
Razoamento lóxico dedutivo que consta de dúas premisas e dunha conclusión que
se deduce necesariamente delas.
Siloxismo Todo acto violento é lamentable.
Algunhas accións son violentas.
Algunhas accións son lamentables.
A partir de varios casos similares e específicos desenvólvese unha tese común,
que será aplicada a unha situación nova.
De xeneralización
Todo o alumnado desta aula ten boas notas. María, que pertence a esta aula,
seguro que ten boas notas.
Establécese unha relación causal entre dous feitos.
De causalidade É tolería renunciar a todos os teus soños porque un deles non se realizou (O
principiño)
ERROS NA ARGUMENTACIÓN (FALACIAS):

As falacias son razoamentos falsos, engañosos, non válidos, pero coa aparencia de seren correctos. Por iso,
non se debe botar man deste tipo de argumentos nin hai que deixarse enganar cando sexan formulados por
outras persoas. Velaquí algúns exemplos de falacias:

Argumento de
Non se achegan razóns, senón que se recorre á forza para tentar convencer.
apelación á forza
A min ninguén me di o que teño que facer, así que cala a boca.
(falacia ad baculum)
Baséase na descualificación, pois atácase e preténdese desacreditar á persoa que
Argumento ofensivo defende unha idea.
(falacia ad hominem) - Os nenos dan moito traballo.
- Ti que saberás diso, se non tes fillos.
Argumento de
Ante a falta de argumentos, téntase conmover o oínte para convencer. Trátase,
apelación á piedade
pois, de manipular os sentimentos dos demais en beneficio propio.
(falacia ad
Sr. Axente, non me multe. Son pobre e teño fillos que manter.
misericordiam)
Baséase na idea de que se un acontecemento xorde despois doutro, este é
Argumento de falsa
consecuencia do anterior.
relación causa-efecto
Os xeados véndense máis no verán.
(falacia post hoc ergo
No verán prodúcense máis insolacións.
propter hoc)
Xa que logo, o aumento da venda de xeados no verán provoca máis insolacións.
Argumento de
Establécese unha conclusión xeral a partir dunha base insuficiente de datos.
xeneralización
Onte roubáronme a carteira; nesta cidade son todos ladróns.
apresurada
Argumento de
Apélase a algunha autoridade para xustificar unha afirmación.
autoridade (falacia
Iso non é así porque mo dixo Xurxo da Fonte, que é o que máis sabe da aldea.
ad verecundiam)
Emprega prexuízos sociais sen ética ou inmorais.
Argumento baseado
A proba de que os negros son inferiores é que os brancos os venderon como
en prexuízos
escravos.
3.6 O texto prescritivo.
Os textos prescritivos son aqueles que, mediante unha serie de indicacións ou pasos, fornecen información
destinada a dirixir o receptor para que execute correctamente determinadas accións.

Este tipo de textos guian o individuo nos procedementos que ten que seguir coa finalidade de acadar algún
tipo de resultado como comprender o funcionamento dun dispositivo, manexar unha ferramenta, elaborar un
produto, regular o seu comportamento etc.

Fundamentalmente didáctica. O seu obxectivo é que o lector comprenda claramente


FINALIDADE:
os coñecementos que contén e os poida aplicar sen outra axuda.

 Introdución (características xerais, propiedades, materiais, ingredientes…)


PARTES:
 Desenvolvemento (procedemento, fases ou etapas que hai que seguir)
 Peche (proba de funcionamento, precaucións, prohibicións…)

 Son textos frecuentes na vida cotiá


 Exposición clara e obxectiva
 Predominio da función apelativa ou conativa
 Combínanse exposición e descrición
CARACTERÍSTICAS:  Sintaxe sinxela
 Uso de verbos en futuro, imperativo ou infinitivo
 Formas impersoais
 Emprego de perífrases de obrigación
 Utilización de recursos gráficos (guións, esquemas, imaxes…)

TIPOS:

DEFINICIÓN EXEMPLOS
Textos instrutivos: conteñen información destinada a guiar o Receitas de cociña, manuais de uso,
receptor na realización dunha tarefa. prospectos de medicamentos, guías…
Textos normativos: recollen ordes ou normas coas que se Leis, regulamentos, ordes…
pretende regular o comportamento do receptor.

Carne “ao caldeiro”


Ingredientes
Recursos
 1 kg de carne de illarga e costela
gráficos
 4 patacas grandes
 Unto Introdución
 Pemento moído picante Formas
Verbos en
Desenvolvemento impersoais
 Aceite de oliva infinitivo
 Sal groso

Elaboración
 Cortar a carne en catro partes e poñela no fondo dunha pota con anacos de unto enriba. Engadir unha pouca auga e quentar
ata que se desfaga o unto. Despois, cóbrese con auga e, máis adiante, bótanselle as patacas enteiras. Cando vexamos que a
carne está no seu punto, retíranse as patacas, córtanse e póñense como base da carne. Para acabar de elaborar o prato, poñer
a carne por riba das patacas con algo do caldo da cocción e esparexer o pemento moído co aceite e un chisco de sal groso.

 Pódese servir en pratos de madeira, como se fai co polbo “á feira”. Peche


ACTIVIDADES

Tipoloxía textual

1.Localiza no seguinte texto algúns trazos propios dos textos orais.

- Eu son de Ourense –dixo o taxista.


- De Ourense mesmo? –pregunteille.
- Da provincia: de Trives –contestóu il.
- Ai, de Trives!
- Boeno, en Trives está o Xuzgado… O meu lugar é ao ladiño dun sitio que lle din Montederramo. Sabe
ónde cai?
- E non vou saber! É terra de Caldelas.
- Eiquí en Barcelona –continuóu- andamos moitos galegos nisto do taxi. Vostedes viven na cidade?
- Vive o amigo. Eu vivo a maor parte do tempo en Bós Aires. Viñen dar unha volta –acraróulle o Seoane.
- E qué tal lle vai aos paisanos por aquil país?
- A uns millor ia outros pior. Máis ou menos, todos van vivindo. Nise senso non hai grande queixa. E por
eiquí, qué tal?
M. Casado Nieto: Contos que non son contos

2. Le os seguintes fragmentos, di a que tipo de textos pertencen e explica por que:

1- O vello Amadeo, bandullo de cabalo, petrencho pequeno, ladino de sorrir e sen un pelo de tonto,
sentábase na cabeceira da mesa e sorbía a sopa, a culler a penas separada do prato, coma un porco.
Para comer tiraba o sombreiro e desabotoaba o chaleco. De mirada violenta, parecía unha persoa.

Xesús Manuel Valcárcel: Matar o tempo

2- Este é o secreto que Quinteiro Malvido descobríu no pazo de Santa Cruz, entre os manuscritos dos
Mareantes, culminación de tódolos seus soños e as súas arelas. Este é o secreto do Triángulo inscrito na
Circunferencia que vén na capa dos Tres Cartapacios Verdes de don Xoan Manuel e que, desque se
soubo da súa significación cabalística, preside as reunión e traballos da biblioteca.

Víctor F. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia

3- Un narrador moito máis coñecido, ben máis recoñecido e recordado, é Enrique Labarta Pose (Baio de
Zas, 1863-Barcelona, 1925). Extraordinario animador de actividades culturais, fundador de diversas
revistas comprometidas coa literatura e coa ideoloxía galeguista, foi escritor notable que fundamentou a
súa creatividade, máis ca ningunha outra cousa, nos recursos humorísticos, tanto cando se expresou en
verso coma cando o fixo en prosa narrativa.

Modesto Hermida: Narrativa galega: tempo do Rexurdimento

4- PRECAUCIÓN: Usar unicamente conforme ao indicado. Recipiente baixo presión. Protexer dos raios
solares e non expor a temperaturas superiores a 50ºC.Non furar ou queimar, mesmo despois da súa
utilización. Non vaporizar cara a unha chama ou corpo incandescente.
3. Procura un texto de cada un dos tipos estudados na unidade.

4. Pon o seguinte texto en galego normativo. Que marcas propias do estilo directo atopas?
Transforma a parte de estilo directo en estilo indirecto.

Don Froilán está no seu despacho. […] Nin siquera se decatóu que eu entrara, pois non pedirá premiso.
Sentín que me quencián moito as orellas. Díxenlle de súpeto:
- Ai, señor…! ¿Non sabe o qué pasa?
- ¿E cóma o hei saber –contestoume- se ti non o dís?
- ¿Máis non sinte –dixen eu- ladrar ós cás?
Il sorríu e faloume moi agarimoso:
- Déixaos que ladren. Non teñen outra cousas que faguer.
I eu teiméi:
- É que non saien do pé da caixa do morto que trougueron ises dous homes que se foron a Carballo.
Il seguía coa súa bulra:
- E sería o difunto que veu voando e meteuse nil, para darlles máis que faguer.
Naquil intre ladraban os cás con máis forcia.
- Mire, señor –lle advertín-, que cando fun pola leña pareceume que algo bulía drento… ¿E se fora un
vivo e non un difunto? Porque os cás regañan os dentes e máis eu non os encirréi…

Ánxel Fole: Á lus do candil

5. O discurso, como dixemos na unidade, pode presentarse de dous xeitos:


- Estilo directo: cando se reproducen literalmente as palabras dos interlocutores.
- Estilo indirecto: cando non se reproduce a conversa de forma literal senón que un narrador explica o
que dixo cada interlocutor. Para iso emprega os denominados “verbos dicendi" como dixo,
preguntou, contestou, respostou, recoñeceu, asegurou…
De acordo con isto, di se os seguintes fragmentos están en estilo directo ou indirecto. Despois
transfórmaos ao estilo contrario.

- Si, vostede sabe algo do que eu ando a percurar eiquí no barrio do norte.
- Eu non sei nada. Non sei nada de vostede. Non me interesa vostede.
- Entón por qué me está perseguindo, axexando, dende que eu cheguei eiquí, ao barrio do norte?
- Ridículo. Soio teño que dicir iso, ridículo.
X.L. Méndez Ferrín: Arrabaldo do norte

…o cura de Castrofeito procede con certa lóxica ao comenzar trazando unha negra pintura do xeneral
don Xohán Díaz Porlier. Considérao masón probado, inimigo da igrexa e home sanguinario, cruel, de
mal corazón e vida relaxada. Di del que de neno comungou tres veces en pecado mortal sabendo o que
facía e que nunha ocasión incluso lle chamou bruxa á Santísima Virxe.
Carlos Casares: Os escuros soños de Clío

6. Por parellas, escollede algunha das seguintes situacións e inventade unha conversa. Despois tentade
reproducir oralmente os diálogos.

- Estás de vacacións no lugar que che encanta e alí coñeces ao amor da túa vida.
- Atopas na rúa a unha amiga e contádesvos como pasastes as vacacións de verán.
- Encóntraste cun dos teus familiares máis queridos, que xa había tempo que non vías.
- Imaxina que vas ao supermercado e alí pides información sobre varios productos a algún traballador/a.
7. Introduce un breve diálogo nalgún lugar do fragmento que che presentamos.

Remata o informativo e retorna novamente a música clásica, atronadora, tremenda, escura, diriamos de
cor púrpura, e Clara apaga a radio para principiar a berros con Mario, que é imposible, Mario é
imposible, toda a mesa manchada de café con leite e galletas, xa que Mario todo alucinado,
alucinadísimo, tirando as galletas con toda a súa forza no café con leite, e claro, o café con leite por
toda a mesa, e por iso berras, por iso, porque moitas veces non o podes evitar, que é algo moi superior a
ti, ás túas forzas…

Lois Xosé Pereira: As horas de cartón

8. Elixe un compañeiro ou unha compañeira, escollede unha das seguintes imaxes, e tentade
reproducir oralmente un posible diálogo entre os personaxes:

9. Agora imos poñer a traballar a imaxinación e tentaremos construír un posible diálogo entre:
 A catedral de Santiago de Compostela e a Torre de Hércules.
 A muralla de Lugo e a fonte das Burgas.
 A praza da Ferraría de Pontevedra e o faro de Fisterra.

10. No seguinte texto, separa as distintas partes de que consta.

Na vida do ser humano, hai un valor fundamental recollido ó longo da historia por tódalas culturas,
relixións e ideoloxías: A Esperanza. Os gregos venerábana co nome de Elpis, os romanos co de Spes, era
irmá do Sono, que deixa en suspenso as nosas penas, e da Morte, que lles dá fin. Relátase na mitoloxía
grega, que cando Epimeteo abriu a caixa de Pandora a Esperanza foi a única que non saíu, pechándose
posteriormente a tapa da caixa para sempre. Durante moitos anos crin na Esperanza, e sempre esperei
que a colectividade respondería con contundencia ás agresións contra a vida e a dignidade. Pensei que
nun sistema democrático ninguén se deixaría seducir polos tramposos, autoritarios, violentos,
intransixentes e, sobre todo, polos corruptos. E podo afirmar que en pleno século XXI a Esperanza
continúa pechada na caixa de Pandora e, por maldición divina, cando alguén pretende liberala fracasa
no intento. O peor é que o seu lugar foi ocupado pola ambición.

Gonzalo Iglesias Sueiro: Reflexións (Adapt.)


11. Xustifica o tipo de narrador que aparece en cada un dos seguintes fragmentos:

Miña nai mandárame chamar. Asunto que non admite escusa. Puntualizaba no billet. E o mandato,
anque realizado a disgusto, comprendín que me facía ben.
Margarita Ledo Andión: Trasalba ou Violeta e o militar morto

León ría con Rosa e sentíase afagado de que unha rapariga tan guapa sentise aquela predilección por el.
Porque Rosa medraba sen perder o encanto danenez e sen pasar por ese período escangallado que teñen
case tódolos nenos ó facérense adolescentes.
Marina Mayoral:Tristes armas

Semellaba morto. Só e morto, que é aínda máis tristeiro. Pero non, soamente estaría malferido porque,
de súpeto, unha das súas mans ergueurse con tento durante varios segundos.
Xosefa Goldar:No fío do tempo

Anxélica tiña unha virtude fundamental nunha sociedade moderadamente machista: era unha muller.
Condición que se ben presenta graves problemas reiteradamente amosados polas organización
feministas de aquí e de alá, ten algunhas avantaxes subsidarias unha vez unha vez ultrapasado o lindeiro
que sinala o paso para os curutos varios da pirámide social.
Fermín Bouza Álvarez: Longo voo de paxaro

12. Le algún relato breve pertencente á nosa literatura actual e establece a diferente sucesión de
acontecementos na historia e no discurso. Despois analiza as distintas partes que compoñen a
estrutura da acción.

13. Artella varios relatos curtos nos que aparezan diferentes tipos de narrador.

14. Analiza os elementos que compoñen o seguinte texto (narrador, tempo, espazo, personaxes etc.).

De entre os piñeiros, precedido dun rincho, xurdiu un fermoso garañón negro. Plantouse en medio da
estrada e, a modiño, veu cara ó auto. Miroume con altiva indiferencia e logo deu unha volta ó coche,
coma quen fai unha inspección. Finalmente volveu ó grupo.

Isto de hoxe era outra historia.

Non ía de negro senón cun vestido estampado azul e branco e levaba sobre os ombros un chal da color
da prata vella, como prolongación dos cabelos. Fíxome sinal de stop desde a sombra da marquesina e,
cando me detiven, asomou con resolución pola xanela do auto uns ollos de curuxa con gafas de cuncha.

¿E logo irá para Vigo, ou non?

Preguntouno coma se realmente non houbese outro sitio a onde poder ir. Gracias, neniño, déchesme a
vida, dixo despois de acomodarse no asento e retocar o pelo coas mans. Na radio daban os sinais
horarios das cinco da tarde e logo soou a sintonía do informativo. Allea ó son intruso que se intepuña
entre os dous, explicou de seguida que perdera o coche de liña e que tiña vez no médico. A esta idade
non che temos máis que achaques, neniño, ser vello éche unha desgracia.

Preguntoume onde vivía e respondinlle que non sabía moi ben. Ando de aquí para aló. Ela sorriu. Os
mozos sodes un caso. Eu vivín en Madrid.

Se quere achégoa ó médico; teño tempo abondo.


Volveuse a negar, pero cando parei o coche no semáforo da praza de España púxome unha man enriba
do seonllo e arrimouse como para decirme unha confidencia. ¿Sabes onde está a Nova Olimpia? Quedei
sorprendido, pero díxenlle que si. Si, creo que si. Pois déixame alí. Hoxe hai baile da “tercera edá”.
¿Sabes? Cando volvín de Madrid botei un noivo.

Manuel Rivas: Un millón de vacas (Adapt.)

15. Realiza unha pequena narración (empregando a 1ª ou a 3ª persoa) seguindo o que ocorre nas
viñetas que veñen a continuación.

(artellar unha historia cunhas viñetas)

16. Partindo dunha obra narrativa que che recomendase ler o teu profesor ou profesora, contesta:

- Quen é o protagonista?
- Que sucedeu?
- Quen é o narrador e de que tipo é?
- Que personaxes secundarios hai?
- Onde se desenvolven os feitos?
- Cando se desenvolven os feitos?
- Como son os personaxes?
- De que tipo son os personaxes?
- Que figuras retóricas se empregan?

17. Cóntalles aos compañeiros o argumento da última película que viches e fai o retrato do/da
protagonista.

18. Imaxina que un amigo ou amiga foi de vacacións e che enviou algunha das seguintes fotografías.
Descríbelles aos teus compañeiros/as de clase de forma precisa o que se ve nelas.

19. Realiza o retrato (descrición física + descrición psicolóxica) dun compañeiro ou compañeira da túa
clase. Tamén podes facelo dalgún personaxe famoso. Despois os compañeiros/as deberán adivinar de
quen se trata.

20. Le atentamente os seguintes textos e identifica o tipo de descrición que aparece en cada un.

Fran era un home enorme: debía pasar do metro noventa en altura, e o bandullo desparramábaselle
todo por fóra do amplo asento do vehículo. Levaba unha camisa e un pantalón brancos e cubría o
pescozo e os pulsos con grosas e brillantes cadeas de ouro.
Miguel Suárez Abel: Turbo

O Ferreiro común ten un píleo azul e meixelas brancas separadas por lista ocular negra; peito e ventre
amarelos, ás azuladas. No sur presenta o píleo negro.
Frieder Sauer: Aves terrestres (trad.)
Perrín de Buriz foi mui amigo de meu, Deus o teña na groria. Era cazador e pescador, e sabía de
herbas menciñáis. Era un tipo dado a sorrir, cordial e mui amigo de facer favores. Gran andador,
sabíase as serras, a Corda e máis o Cadramón.
Álvaro Cunqueiro: Xente de aquí e de acolá

Nivardo Castro, despois dunha curta vagabundaxe polo Toural e o Franco, subía ata a Praza da
Quintana. Á esquerda, a fachada sur da Catedral, chamada das Praterías por ser asentamento
tradicional de prateiros. Á dereita, un edificio asoportalado e sen nome. Subiu a ampla escalinata
dezaoitesca sobre a que se ergue a fachada da basílica, albiscou a portada románica e distinguiu, no
tímpano esquerdo, a mourisca escena da muller adúltera condanada a beixa-la caliveira do seu
amante, ó que lle dera norte o seu cónxugue.
Carlos G. Reigosa: Crime en Compostela

21. Describe oralmente e do xeito máis obxectivo posible:


- Como é unha escaleira de caracol.
- Como se aparca un coche.
- Como é un hórreo.
- A zona na que vives.

22. Realiza a descrición subxectiva dalgunha das seguintes imaxes:

23. Enumera os recursos TIC que coñezas e que se poidan empregar como complemento nunha
exposición. Explica as vantaxes e inconvenientes que poidan ter.

24. Inventa un ser ou un obxecto e realiza unha posible definición.

25. Le con atención a seguinte exposición e


o ponlle un título
o localiza as partes de que consta
o establece a súa tipoloxía
o di que características ten
o sinala cales son as ideas que desenvolve
o resume nun único enunciado a idea central ou tema.

Salvo ailladas e contadas publicacións, non hai na Galicia un pensamento económico hastra ben
entrado o século XVIII. É nese intre cando un fato de homes, en conexión coa crecente efervescencia
dos círculos cultos e baixo a influencia da ilustración europea i española, toma conciencia da crise
social que está a padecer o seu país e da necesidade dun programa de desenvolvemento económico
para superála. Pertencen estes homes ás clases dirixentes e ilustradas. Son os seus precursores dous
monxes bieitos de abraiante erudición, Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro (1676-1764), e Martín
Sarmiento (1695-1772).
Fausto Dopico: A Ilustración e a sociedade galega
26. Prepara e redacta unha exposición completa e ordenada sobre
o algunha tradición galega que coñezas
o a contaminación ambiental (da auga, do aire, acústica…) no lugar en que vives
o a lingua galega no século XXI: presente e futuro.

27. A carta, o correo electrónico, o currículum vitae, o contrato, o informe… son algúns tipos de textos
expositivos. Escolle algún deles e redacta o correspondente texto.

28. Le o texto que segue e contesta:


- Localiza e identifica a tese do texto.
- Procura os argumentos que apoian a tese.
- Que recursos argumentativos emprega o autor?
- Divide o texto en partes, segundo o contido.
- De que tipo de texto expositivo-argumentativo se trata? (ensaio, artigo de opinión…).

Xa no século da Ilustración dicía o vello e sabio Voltaire que todo o mundo coñecido, agás as nacións
salvaxes, era gobernado polos libros. Iso demostra a importancia que teñen coma portadores da
sabedoría é o coñecemento da nosa especie.
Un libro encerra en si mundos enteiros, coñecidos e descoñecidos, vividos ou soñados, pero mundos,
á fin, sólidos, que deixarán pouso infindo no lector. Quizais sexan tamén as únicas riquezas que
herdamos do pasado que a nosa posteridade non poderá malgastar, porque un libro é a única cousa
inmorredoira, tal e como deixou escrito precisamente o que gracias a un libro é tamén inmorredoiro: o
xenio das letras castelás Miguel de Cervantes […]
Edward Gibbon, un dos máis grandes historiadores europeos do século XX, dixo que non
cambiaría tódalas riquezas da India polo seu temperán e invencible amor pola lectura. Podemos ter a
certeza de que alguén que le desde cativo ten moitas probabilidades de ser, co paso dos anos, un home
valioso para a comunidade na que desenvolva a súa vida. E ten moitos máis valores a lectura. Un libro
constitúe unha mensaxe directa para nós de persoas que nunca antes viramos, pero a pesar de todo
érguennos, abráiannos, ensínannos, confórtannos e abren os seus corazóns coma se fosemos seus
irmáns.
O libro é todo un tratado da mellor amizade que un home poida ter nunca. Un libro é unha boa
compañía, e, en fin, ata de un autor romano coma Plinio aprendemos que non hai libro tan malo do que
non se poida aprender algo bo. O destino de moitos homes dependeu de haber ou non unha biblioteca
na casa paterna.
Por todo eso sabemos que a mellor forma de medrar é sempre cun libro nas mans, e tamén somos
conscientes, sobre todo, de que o cativo que medra cos libros nunca deixará de medrar, nen sequera
cando chegue a adulto, porque como ben sabía Jeremy Collier, para que o home sexa forte debe comer
regularmente, e para que sexa sabio debe ler sempre. Medremos pois, cos libros, que nos farán medrar
sempre.
Medrar cos libros é productivo, pero non só iso: tamén é ameno, divertido, e permite coñecer
mundos sen saírmos da habitación, falar con antepasados cos que doutro xeito non poderiamos falar,
admirar a seres imaxinarios que teñen a súa propia vida en mundos alternativos e, por se iso fose
pouco, axuda a conquerir a andamiaxe cultural que nos vai servir para camiñar polos sendeiros da
nosa vida futura. […]
Francisco Rozados “Rochi”: Ler ou non ler, esa é a cuestión

29. Elixe algunha das últimas películas que viches ou algún dos últimos libros que liches e realiza unha
crítica.
30. Elabora argumentos que ratifiquen ou rectifiquen as seguintes premisas:
- Queres ser rico? Pois non te afanes en aumentar os teus bens, senón en diminuír a túa cobiza.
(Epicuro de Samos)
- Onde reina o amor, sobran as leis. (Platón)
- A inspiración existe, pero ten que atoparte traballando. (Picasso)
- Escoita e serás sabio. O comezo da sabedoría é o silencio. (Pitágoras)
- Hai unha forza motriz máis poderosa ca o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade.
(Albert Einstein)
- A política é a arte de buscar problemas, atopalos, realizar un diagnóstico falso e aplicar despois
remedios equivocados. (Groucho Marx)

31. Que tipo de erros na argumentación detectas nos seguintes enunciados?

- O outro día vin un cormorán en Sarria. Sarria está chea de cormoráns.


- Onte suspendín o exame de matemáticas porque cando saín da casa vin un corvo.
- Que saberás ti de beleza, co feo que es!
- Non me leves a contraria, que che parto o nariz.
- Por favor, se non me suspende prométolle que estudarei máis.

32. Observa a imaxe destes nenos preparados para entrar no seu colexio. Por parellas, un dos
integrandes deberá buscar argumentos a favor e outro en contra da industrialización e as súas
consecuencias climáticas para o planeta.

33. Elabora un texto normativo coas pautas que, na túa opinión, deben rexer a convivencia na túa
aula.

34. Redacta un texto instrutivo indicando os pasos que hai que seguir para:
- Utilizar correctamente un desfibrilador.
- Fritir un ovo.
- Facer un bo cocido galego.
- Usar un produto de limpeza.

35. Realiza as tarefas que a continuación che propoñemos relativas ao texto que segue:

a) Di que significado teñen no texto as seguintes palabras: póstuma, ermos, feracidade, acreditamos,
apócrifa, inzaron, ecolingüística, elos.
b) Tenta explicar o significado da seguinte secuencia do texto: O noso eido, como o do conto, está
inculto e cheo de malas herbas. Estas son os prexuízos que inzaron por toda a parte e impiden a
puxanza dos gromos, que os hai.
c) Indica de que tipo de texto se trata e explica por que.
d) Trátase dun texto divulgativo ou especializado? Razoa a resposta.
e) Cal é o tema do texto?
f) Que palabra ou palabras son claves?
g) Que tipo de estrutura se emprega?
h) Cal é o propósito ou finalidade que, na túa opinión, persegue a autora?
i) Hai algún argumento de autoridade no texto? Razoa a resposta.
l) Dá algunas razóns que avalen que se trata dun texto coherente.
m) Busca no texto exemplos dos seguintes mecanismos de cohesión:
- Deíxe
- Anáfora
- Repetición
- Sinónimo
- Elipse
n) Procura no texto catro conectores e indica o seu valor.
o) Servíndote da información que atopes na Rede ou na biblioteca do teu centro, tenta realizar unha
pequena exposición sobre o ecolingüismo e a ecolingüística.

É ben coñecido o conto aquel dun pai que, tendo uns fillos nugalláns, decidiu darlles unha lección
póstuma e asegurarlles así o futuro. Anunciáballes no testamento a existencia dun tesouro nas terras
que herdaban. Os fillos, movidos pola ambición, deixaron atrás a preguiza e dedicáronse en corpo e
alma á procura do tesouro. Cavaron e cavaron até converter os terreos ermos nun verxel. Non tardaron
en se decataren de que o achado era a feracidade daquelas terras.

Se cadra a nós tamén nos teñen falado do tesouro que é a nosa lingua propia, o galego; mais non
acreditamos na verdade do anuncio. Coidamos que se trata dunha cuestión puramente sentimental,
afastada da razón práctica. Unha atadura ao pasado que non leva a ningures. A onde nos trouxo este
pensamento é doado de constatar. Os bens que pode xerar unha maior identificación co noso están
aínda sen explorar abondo. Non parece errada a idea de que coa lingua recuperariamos o orgullo de
sermos nós e, co orgullo, a capacidade de pensarmos unha Galiza menos dependente, máis creativa e,
daquela, máis próspera. Nesta órbita se moveu o pensamento de Pondal e, consonte ao que deixou
escrito, non semella apócrifa a súa resposta á pregunta de por que non prospera Galiza: «Porque
renunciou á súa lingua».

O noso eido, como o do conto, está inculto e cheo de malas herbas. Estes son os prexuízos que inzaron
por toda a parte e impiden a puxanza dos gromos, que os hai.

[…]

Cómpre, xa que logo, unha revolución ecolingüística para erradicar as malas herbas e achar o tesouro.
Temos o plano ben trazado coas palabras dos que nunca esqueceron a súa situación, Novoneyra por
exemplo: «Recóllote da TERRA, estás mui fonda». Temos a forza do amor para converter a que tería
que ser, en orixe, lingua materna, en lingua filial, amical, do ensino, do traballo e dos negocios. Se a
cadea de transmisión quebrou na natural sucesión de elos, é preciso recompoñela como sexa, mesmo
deixando á parte a súa configuración lineal e converténdoa en rosa dos ventos. […]

Marica Campo: A procura do tesouro

36. Repasemos:

 Define anáfora, catáfora, elipse, hipónimo, hiperónimo.

 Pon un exemplo de cada un dos conceptos anteriores.

 O texto é a máxima unidade da lingua con sentido completo.


Verdadeiro Falso

 En Sen dúbida, o planeta está cada vez máis contaminado, a secuencia subliñada é un:
- hiperónimo
- conector de afirmación
- elemento deíctico

 Cales son as condicións da coherencia textual?

 Elixe que opcións conteñen unha anáfora:


- Comeu todo canto lle gustou: o raxo e o fuciño.
- A rapaza colleu a carteira e marchou. Ela non tiña medo de que a roubaran..
- Viches a Ramón? Si, vino hoxe á mañá.

 Como se chama a propiedade que consiste na transmisión lóxica e ordenada da información?

 De acordo coa canle empregada, podemos distinguir dous tipos de textos. Cales son?
 Cales dos seguintes trazos son propios dos textos orais e cales dos textos escritos?
- Comunicación instantánea
- Presenza de códigos non verbais
- Emisor e receptor están presentes
 Un actor de teatro chega ao escenario, senta nunha cadeira e ao longo de toda a función
cóntalle ao público o que lle sucedeu o ano anterior. Que tipo de comunicación realiza?
Un diálogo Un monólogo Un soliloquio
 Que punto de vista narrativo permite…
- … describir o que sucede como se a escena estivese sendo filmada por unha cámara.
- … coñecer os pensamentos de todos os personaxes dunha novela.
 Como se chama o o punto de vista do autor cando se mete na pel dun personaxe para contar a
historia?
Interno Externo Omnisciente
 Un personaxe plano é…
- Aquel que ten escaso protagonismo na acción
- O que se comporta igual ao longo de todo o relato
- O que evoluciona ao longo do relato

 A estrutura dedutiva consiste en:


- Partir dos argumentos e rematar na tese
- Enunciar a tese, achegar argumentos e repetir a tese ao final
- Partir da tese e demostrala con argumentos

 Un texto descritivo
Conta unha historia Evoca un estado, unha situación

 A hipérbole é
Unha esaxeración
Unha oposición de palabras

 Di se é verdadeiro ou falso:
- Unha argumentación é un texto completamente obxectivo.
- Non todos os argumentos se basean na lóxica.
- O contrato é un texto de carácter argumentativo.

 Un texto de opinión adoita constar de:


a) Narración e diálogo.
b) Descrición e exposición.
c) Exposición e argumentación.

 Os textos publicitarios son, básicamente, …


a) Descritivos
b) Narrativos
c) Argumentativos

 A argumentación indutiva consiste en:


a) Partir dunha tese e achegar argumentos.
b) Partir duns argumentos para chegar a unha tese.
c) Empregar moitos argumentos.

 O argumento que consiste en referir a opinión dunha personalidade relevante na materia


chámase…
a) Argumento de cita
b) Argumento de exemplificación
c) Argumento de autoridade

 O estilo directo consiste en:


a) Reproducir exactamente as palabras de alguén.
b) Dicir as cousas de xeito moi claro.
c) Empregar abundancia de eufemismos.

 Cal é a finalidade dos textos instrutivos?

 Cal das seguintes afirmacións é correcta?


a) Os textos instrutivos unicamente son escritos.
b) Os textos instrutivos sempre teñen normas de obrigado cumprimento.
c) Os textos instrutivos poden conter elementos gráficos (debuxos, ilustracións etc.)

You might also like