You are on page 1of 7

LINGUA E SOCIEDADE

A manifestación máis específica da comunicación humana é a linguaxe. Destaca a súa


dimensión social porque é un instrumento imprescindíbel para transmitir información, ao tempo que
representa un elemento da identidade grupal e, polo tanto, constitúe un importantísimo factor de
cohesión da sociedade. A carón da dimensión social, destaca a dimensión psicolóxica, xa que a
linguaxe é o vehículo de transmisión do pensamento. A racionalidade, a actividade intelectual que
caracteriza os seres humanos transmítese a través da linguaxe.

1. ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN
• Emisor é quen transmite a información, creando e dirixindo unha mensaxe a un ou varios
receptores.
• Receptor é a persoa que recibe e interpreta a información da mensaxe.
• Mensaxe é a información que se transmite. Presenta dúas facetas: expresión e contido. A
expresión ou significante é o son que se produce e chega ao cerebro do receptor, é a parte
material da mensaxe. O contido ou significado é a parte conceptual da mensaxe, son as ideas,
sensacións, sentimentos etc., que se transmiten no acto da comunicación.
• Código é o conxunto de signos e de regras para combinar eses signos que se empregan para
construír e interpretar a mensaxe. Nunha lingua eses signos son os fonemas, os semas, as
palabras etc., e o conxunto de regras gramaticais para combinalas.
• Canle é a vía, o conduto, a través da cal se transmite a mensaxe.
• Referente é a realidade extralingüística á que se refire a mensaxe.

O acto de comunicación prodúcese nunhas circunstancias concretas que o condicionan. Estas poden
ser de dous tipos:
• Situación. Son as circunstancias extralingüísticas en que se produce a comunicación, ou sexa,
o lugar, o momento, o ambiente social e cultural que rodea os participantes nese acto
comunicativo.
• Contexto. Son os elementos lingüísticos que anteceden e proseguen á mensaxe e aclaran o
sentido da mesma.

2. A LINGUA COMO SISTEMA

A lingua é unha manifestación concreta da linguaxe en cada comunidade humana. Tamén se


denomina idioma. Cada lingua é un sistema de signos organizados, que se combinan para dar lugar a
un número ilimitado de mensaxes.

Nivel Obxecto de estudo Unidades Disciplinas


Fonética /
Fónico Estrutura do sistema fonolóxico Son Fonema
Fonoloxía
Morfolóxico Descrición da forma das palabras Morfema Palabra Morfoloxía
Relación entre palabras e unidades superiores Frase Cláusula
Sintáctico Sintaxe
para formar unidades complexas Oración
Léxico- Lexicoloxía
Relacións entre os significados Lexema Sema
semántico Semántica
Lingüística do
Textual Tipoloxía textual e características Texto
texto
Pragmático Uso da lingua Enunciado Pragmática
3- AS VARIEDADES LINGÜÍSTICAS. OS REXISTROS

As linguas non son feitos uniformes e inalterábeis. En cada unha delas conviven toda unha serie de
variedades lingüísticas.

Variedades diacrónicas ou Galego medieval Galego medio


Variedades históricas Galego contemporáneo
estruturais Variedades diatópicas ou Bloque oriental Bloque central Bloque
dialectais occidental
Variedades diastráticas ou
Nivel culto Nivel coloquial Nivel vulgar
sociolectos
Variedades de uso
Variedades contextuais ou
Rexistro formal Rexistro coloquial
rexistros

A variedade estándar é a que se asume como común por toda a comunidade de falantes e
convértese nun modelo de lingua.

Dentro das variedades de uso dunha lingua podemos distinguir dous tipos: diastráticas e
diafásicas. As primeiras reciben tamén o nome de variedades sociais e están en relación co nivel de
formación dos falantes. As segundas, coñécense frecuentemente como variedades contextuais ou
rexistros e están condicionadas por diversos factores:
o A relación entre as persoas que interveñen na comunicación (o grao de familiaridade, a
diferenza ou igualdade de clase social, idade, sexo, xerarquía etc.).
o Os temas de que se fala. Un tema máis especializado esixe un vocabulario máis preciso e
unha sintaxe máis elaborada, mentres que outro máis xeral admite maior imprecisión léxica
e unha sintaxe menos complexa.
o A situación, ou sexa, o momento e o lugar en que se produce a comunicación condiciona o
modo máis ou menos informal de uso

É común distinguir, en galego como nas demais linguas, entre dous tipos básicos de rexistro, que
admiten gradación:

Rexistro coloquial ou informal


Emprégase nos actos de fala marcados por necesidades inmediatas, subxectivas, da vida cotiá.
Entre as súas características podemos destacar estas:
§ Ten unha gran riqueza de entoacións e unha pronuncia descoidada que provoca a elisión
dalgúns fonemas.
§ Empréganse nel palabras cliché ou de significado xeral como cousa, chintófano ou chisme.
Inclúe con frecuencia vulgarismos, dialectalismos e, mesmo, castelanismos. Presenta unha
sintaxe simple, con abundantes discordancias e anacolutos.
§ Hai numerosas referencias ao contexto a través dos deícticos. Tamén abundan as apelacións
ao interlocutor así como o uso de presuposicións.

Rexistro formal
É o empregado en actos de comunicación motivados por unha actividade máis ou menos
planificada, cun claro contido intelectual ou estético e cun propósito obxectivo. A nivel lingüístico
caracterízase porque:
§ Presenta unha pronuncia coidada e unha entoación repetitiva e máis monótona cá do rexistro
coloquial.
§ A sintaxe é complexa, con numerosas construcións subordinadas e un amplo uso de
conectores textuais.
§ Amosa unha maior precisión e riqueza léxicas.
§ Escasean os recursos comunicativos extralingüísticos, como os acenos. A relación co
interlocutor é máis parca e está formalizada a través de fórmulas de cortesía.

4- AS LINGUAS NO MUNDO

Calcúlase que existen hoxe no mundo entre 3000 e 6500 linguas. Esta disparidade nas cifras
débese a que existen diferentes criterios (filolóxicos, sociais, políticos) para distinguir unha lingua
dun dialecto (sen saírmos da Península Ibérica, repárese nas problemáticas do galego e portugués e
do catalán e valenciano).
As linguas agrúpanse, segundo o seu parentesco xenético ou procedencia, en familias.

Principais familias lingüísticas non


Familia ou Tronco Indoeuropeo
indoeuropeas
Linguas camito-semíticas ou
Linguas índicas: sánscrito, védico, hindi, bengalí, punxabí,
afroasiáticas: árabe, hebreo, copto,
maratí
tamazight, maltés
Linguas altaicas: manchú, turco,
Linguas iránicas: curdo, persa, afgán casaco, uzbequio, azarbaxano, tártaro,
iacuto, chuvaco, karacheno, mongol
Linguas urálicas: finés, estoniano,
Linguas bálticas: lituano, letón
húngaro, lapón
Linguas eslavas: ruso, bielorruso, ucraíno (grupo oriental);
Linguas caucásicas: checheno, ingux,
checo, eslovaco, polaco (grupo occidental); búlgaro,
xeórxico, suano, cherqués
macedonio, serbocroata, esloveno (grupo meridional)
Linguas chino-tibetanas: chinés (cos
Linguas celtas: gaélico de Escocia, gaélico irlandés, manx, seus dialectos mandarín, cantonés,
címbrico ou galés, córnico, bretón min, hakka etc.), tibetano, birmano,
khmer, laosiano, siamés, vietnamita
Linguas dravídicas: támil, telegú,
Grego
kannada
Linguas australásicas ou polinesias:
Albanés ou ilírico xaponés, malaio, tagalo, daiak,
indonesio, malgache, gorontalo
Linguas da África negra: suahili, ful,
Armenio kikongo, bantú, uolof, samo,
mandingo, ioruba, hotentote...
Linguas amerindias ou pre-
Linguas xermánicas: sueco, noruegués, danés, islandés, colombinas: dakota, navajo, azteca
feroés (grupo setentrional ou nórdico); inglés, alemán, (Norte); náhuatl, zapoteca, huasteca,
luxemburgués, neerlandés, frisón, iídiche (xudeo-alemán), misteca, lacandón (Centro); quechua,
africáner (grupo occidental) tupí, guaraní, araucano, caraíba,
chibcha (Sur)
Linguas románicas: galego, portugués, astur-leonés, castelán,
aragonés, catalán, occitano, francés, italiano, sardo, corso,
retorromano (romanche suízo), romanés, ladino (Tirol
Euskera
meridional), friulano (nordeste de Italia), dálmata ou vegliota
(†) e os distintos dialectos de Italia (siciliano, véneto,
xenovés, umbro, piemontés, calabrés, lombardo...)
5- AS LINGUAS NO ESTADO ESPAÑOL

O Estado español non é unha excepción á realidade multilingüe que caracteriza a meirande
parte dos estados do mundo.
No territorio hispano conviven cando menos catro linguas (castelán, catalán, galego e
euskera) e outras tres modalidades idiomáticas máis (o aragonés, o asturiano ou astur-leonés e o
aranés)
5.1) O CATALÁN
Este idioma románico é falado por uns sete millóns de persoas (entendido por case dez), que
se reparten entre catro comunidades dentro do estado español: (o Principat, as Illes Balears, a
Comunidade Valenciana e a franxa de Ponent aragonesa) e outros territorios europeos: o Roselló
francés; Andorra; e a cidade italiana de Algher, en Sardeña.
Na actualidade o catalán é unha das linguas minorizadas con maior prestixio de toda Europa,
aínda que a súa situación varía moito en fun- ción dos distintos territorios en que se fala. É lingua
oficial do estado andorrano, o seu proceso de normalización está moi avanzado en numerosos ámbitos
da vida social no Principat, padece unha situación diglósica, a pesar da cooficialidade, en Valencia e
Balears e non recibe ningún tipo de recoñecemento, protección ou apoio nin en Francia nin en Aragón.
Nas institucións europeas está recoñecido como lingua de traballo desde 1990.
Dispón dunha variedade estándar e normativa desde 1913. Na actualidade, é moi viva a
polémica sobre o carácter do valenciano, considerado pola maioría dos filólogos como unha variedade
do catalán occidental, mais defendido por certos sectores políticos como lingua distinta.
O proceso de normalización lingüística ten logrado que se empregue na práctica totalidade
de ámbitos, tanto públicos coma privados.

5.2) O EUSKERA
Trátase dunha lingua preindoeuropea de orixe incerta. É usada por máis de 800.000 persoas
(bilingües vasco-castelán ou vasco-francés, na súa inmensa maioría)
En 1919 fundouse a Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) e desde 1968 dispón dunha
variedade estándar, obra do filólogo Luís de Mitxelena denominada euskera-batua (euskera
unificado).
En 1975 só o empregaba o 22% da poboación. Actualmente, experimenta unha tendencia
clara cara á recuperación e o incremento de usos como froito da reivindicación social e a planificación
normalizadora, con especial incidencia no ensino, no ámbito cultural e nos medios de comuni- cación.
O seu estatus legal varía substancialmente: na Comunidade Autónoma Vasca, dentro do
Estado español, é lingua cooficial co español, mentres que en Iparralde carece de protección e axuda
por parte do Estado francés e en Nafarroa só está presente como idioma cooficial nalgunhas zonas da
comunidade.

5.3) ASTUR-LEONÉS (ASTURIANO)


Nacido na Idade Media (con escrita desde o século XII), en paralelo ao galego-portugués e o
castelán, o asturiano ficou desde moi cedo minori- zado por este último, en situación claramente
diglósica e moi fragmentado dialectalmente.
Hoxe é usado, sobre todo en contextos orais e informais, polo 30% da poboación, unhas
350.000 persoas.
En 1998 promulgouse unha Lei de Uso e Promoción do Asturiano que o proclamou “llingua
tradicional d’Asturies” e que recoñeceu o dereito de toda a cidadanía a empregalo oralmente ou por
escrito diante da Administración. Dispón de Academia da Llingua (1980) e de Normas ortográficas e
morfolóxicas (1998), que se basean maiormente nas falas do centro da rexión. No ensino, a súa
aprendizaxe é voluntaria. A súa presenza nos medios de comunicación é moi escasa, se ben existen
emisoras locais e periódicos monolingües.
Portugal recoñeceu en 1998 a variante astur-leonesa denominada “mirandés”, falada no
nordeste do país (arredor de Miranda do Douro) por unhas 15.000 persoas. Conta desde 1995 con
normas ortográficas para a escrita.
5.4) ARAGONÉS
De orixe latina, fálano aproximadamente 17.000 persoas dos vales pirenaicos do Alto Aragón
(norte da provincia de Huesca), en contextos orais, familiares e informais.
Careceu ata 1996 de calquera recoñecemento e protección oficial e está practicamente ausente
dos medios de comunicación e do ensino (agás nalgúns concellos, onde se introduciu como materia
optativa en secundaria a partir de 1997). Con todo, parece coñecer nos últimos tempos un certo
rexurdir da man do movemento aragonesista (“Consello d’a Fabla Aragonesa”, fundado en 1976),
que implica a presenza de cada vez máis neofalantes en zonas como Zaragoza e Teruel e o seu uso
público tanto na escrita literaria como en grupos de música, revistas culturais etc.

5.5) ARANÉS
Trátase dunha variante do gascón (á súa vez dialecto do provenzal ou occitano), que ten
arredor de 6.000 falantes no Val de Arán, no Pireneo de Lleida (Cataluña).
Obxecto de especial protección por parte das autoridades da Generalitat catalá, goza do
estatus de lingua cooficial, xunto co catalán e o castelán, ten normas ortográficas propias (1982) e
está presente na escola desde o curso 1983-84.

6- A LUSOFONÍA

Coa expansión ultramarina, o portugués esténdese por territorios americanos, africanos e


asiáticos. Na actualidade fálase en Portugal, Cabo Ver- de, Guiné-Bissau, São Tomé e Príncipe,
Angola, Mozambique, Timor- Leste e Brasil. Tamén na cidade chinesa de Macau o portugués segue
a ter moitos falantes. Agás en Portugal, convive coas linguas orixinarias deses territorios e con
crioulos (linguas nacidas da confluencia de dous idiomas, un nativo e outro foráneo) de base
portuguesa.
Pola orixe común e polo alto grao de intercomprensión entre os falantes das dúas linguas
podemos considerar que o galego forma parte da lusofonía.
Na actualidade o portugués é a sexta lingua en número de falantes primarios a nivel mundial.
A pesar da secular barreira que se construíu entre Galiza e Portugal, os dous pobos seguiron
mantendo unha intensa relación:
-En 1995 nace en centros educativos da bisbarra do Condado e do norte de Portugal unha
iniciativa para realizar un proxecto conxunto de radio escolar, Ponte nas ondas!
-No eido musical celébrase desde o ano 2003 o festival Cantos na Maré
-No ano 2006 naceu a Fundación Via Galego (viagalego.org) que pretende potenciar o
intercambio cultural galaico-portugués.
-En numerosas revistas de cultura (Ardentía, Grial etc.) as colaboracións portuguesas
reprodúcense coa ortografía orixinal.
-No mundo do libro rexistramos editoras e librarías que publican e distribúen en ambas as
marxes do Miño (Através Editora, Andel Virtual, Couceiro...).
-A nivel institucional é relevante o recoñecemento político-administrativo da eurorrexión
atlántica Galiza-Norte de Portugal.
-En 2014 o Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa lexislativa popular,
denominada “Paz Andrade”, para a introdución do portugués no ensino e o fomento das
relacións culturais e empresariais coa lusofonía.

7- LINGUAS MAIORITARIAS, MINORITARIAS E MINORIZADAS

Á hora de dar datos sobre o número de falantes dun idioma temos que diferenciar entre
falantes que o teñen como primeira lingua e os que o teñen como segunda.
Lingua maioritaria
O estatuto de lingua maioritaria non é inmutable. Linguas europeas como o inglés, o francés,
o portugués ou o castelán, sufriron un fenómeno de expansión debido á súa acción colonial nos outros
continentes. Na actualidade o inglés é a lingua internacional máis empregada. Este é un fenómeno
moi recente, que comezou a producirse no século XIX.
A nosa lingua está entre as 160 máis faladas do mundo, sen contabilizala conxuntamente co
portugués, mais a súa situación pouco ten que ver coa dalgunhas que contan cun número de falantes
parello.

Lingua minoritaria
É aquela que conta cun reducido número de falantes dentro do seu territorio. Debemos
especificar isto último xa que, se o comparamos coa totalidade de falantes doutras linguas, pode levar
a erros.

Lingua minorizada
É aquela á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase
nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos e privados.
A vitalidade das linguas depende de diversos factores como o número total de falantes, a
porcentaxe de falantes dentro do territorio, a pre- senza no sistema educativo, o uso nos medios e nas
tecnoloxías da información e a comunicación, o grao de transmisión xeracional, a lealdade idiomática
etc. As linguas minorizadas presentan distintos graos de vitalidade:
a) Linguas en proceso de normalización. Son as que están a recuperar ámbitos sociais de uso.
É o caso do francés no Quebec ou o catalán no Estado español.
b) Linguas en proceso de substitución. Son as que perden progresivamente ámbitos de uso e
falantes. Podemos poñer como exemplo a maioría das linguas da Nova Guinea ou o aragonés,
o bretón etc.
c) Aínda podemos contemplar un outro tipo de linguas minorizadas. Son as que están vivindo
simultaneamente procesos de normalización e de substitución, ou sexa, gañan ámbitos de uso
nunca antes desenvolvidos, mais perden falantes e debilítase o seu uso en contextos que lle
foron exclusivos. Aquí estaría o caso do galego.

8- CONFLITO LINGÜÍSTICO

Cada sociedade ten unha única lingua propia. Non existe ningún caso en que unha
comunidade humana xerase espontaneamente dous idiomas. Porén, na meirande parte do mundo
vívese unha situación de contacto lingüístico.
O conflito lingüístico defínese como a tensión que se produce entre dúas linguas dentro da
mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes.
Unha situación de conflito non permanece indefinidamente no tempo, senón que ten dúas
saídas antagónicas:
§ A substitución lingüística. Proceso que consiste no abandono da lingua propia da
comunidade e a asimilación á lingua dominante. Ese proceso ten tres fases:
1ª) Implantación dunha lingua foránea nun territorio con lingua propia.
2ª) Uso diglósico da lingua propia e da lingua foránea, tendo esta segunda os usos
máis prestixiosos e importantes.
3ª) Abandono total do uso da lingua propia e completa asimilación á lingua de fóra.

§ Normalización lingüística. Este proceso consiste na recuperación paulatina de usos e


funcións sociais para unha lingua que está nunha situación de subordinación. Normalizar
consiste en definir e aplicar un conxunto de medidas de tipo político, xurídico, social e
lingüístico que teñen como finalidade a restitución da lingua en todos os ámbitos para que
teña un desenvolvemento normal
9- BILINGÜISMO E DIGLOSIA

O bilingüismo individual é a capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas,


a súa propia e outra distinta. O bilingüismo individual é esencialmente asimétrico, xa que resulta moi
difícil acadar un nivel de competencia idéntico e un uso totalmente equilibrado ou neutro de dous
idiomas.

A diglosia prodúcese cando dentro dunha unidade territorial existen individuos que empregan
dous idiomas: un propio, adquirido a tra- vés da transmisión lingüística da súa sociedade; e outro
pertencente a un grupo lingüístico diferente. O termo diglosia designa o contacto estábel entre dúas
linguas que teñen unha distribución xerárquica das funcións. Existe unha lingua A, de usos formais e
prestixiados, e unha lingua B, de usos informais e menos prestixiados.

You might also like