You are on page 1of 4

HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: A CONSTRUCIÓN DA VARIEDADE ESTÁNDAR.

INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS DA NORMA


1.INTRODUCIÓN
O ser humano ten entre unha das súas características definidoras e quizabes como causa da
súa permanente evolución o afán de diversidade; movémonos entre dúas coordenadas opostas:
o afán de individualidade e recoñecemento como un máis dentro do grupo. A diversidade
lingüística é unha boa proba disto: no mundo hai preto de 6000 linguas que serven como sinais
de identidade de outros tantos grupos sociais. Mais tamén as propias linguas, como
características inherentes que son de ser humano, manifestan variación no seu seo, estas
variacións son de tipocronolóxico (variantes diacrónicas), xeográfico (variantes diatópicas),
cultural (variantes diastráticas) e sociais (variantes diafásicas). O galego que fala un
individuo dun determinado nivel cultural, natural dun lugar concreto, nun tempo determinado e
nunha situación comunicativa específica é unha lingua funcional. O galego (ou calquera outra
lingua)éen realidade unha abstracción, o conxunto de todas as posibles linguas funcionais que
caben no seu interior (lingua histórica)pero para abordar o seu estudo adoita tomarse como
referencia un modelo que está por enriba de todas as variedades (é a que se estuda na escola
ou a que aprenden os estranxeiros) e que se corresponde cun nivel medio de lingua e un
rexistro formal, que se desenvolve no momento actual e que recolle solucións supradialectais.
Este modelo recibe o nome de variedade estándar.
A normativización é o proceso que conduce á fixación dunha variedade estándar e consiste,
basicamente, na elaboración dunhas normais gramaticais e ortográficas e dun dicionario que
sirvan para fixar un referente culto que poidan imitar os usuarios dunha lingua.
A maioría das linguas románicas acometeron este proceso arredor do século XV pero o galego
entra precisamente nese momento nunha situación anormal que motiva que non se poida
culminar este labor ata a segunda metade do século XX.
2. HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN
Noproceso de normativización do galego podemos sinalar catro etapas:
a) Galego popularizante (ata fins do s. XIX). Aínda que os autores son conscientes da
ausencia dun modelo que lles sirva de referencia, non existe realmente unha intención
normativizadora (Pondal foi o único autor consciente da súa necesidade). Utilizan o galego oral
no seu rexistro popular cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos. Nun primeiro
momento cada autor/a utiliza as solucións dialectais propias da súa zona, mais nun momento
máis avanzado e a medida que van coñecendo textos de autores doutras zonas, comezan a
empregar características que lle gustan procedentes doutros lugares.
b) Galego enxebrizante (ata 1936). Segue sen haber un modelo único nin as ferramentas
necesarias. Os autores sentiron a necesidade dunha norma escrita e os primeiros en elaborala
foron os integrantes do Seminario de Estudos galegos (aínda que en realidade se trataba
dunhas normas de uso interno que logo outros autores tamén aceptaron). A característica
máis salientable é que se trataba dun modelo diferencialista con respecto ao castelán e isto
implicaba o uso de lusismos, hiperenxebrismos e arcaísmos, ademais intentaba plasmarse na
escrita os fenómenos de fonética sintáctica propios da lingua oral.
c) Galego protoestándar (ata fins dos 70). Medra a conciencia da necesidade dun modelo
culto que apoie a normalización do galego. Caracterízase sobre todo pola simplificación
ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e circunflexos), polo purismo
(rexeitamento de hipergaleguismos, lusismos e castelanismos), pola incorporación de cultismos
e, en fin, pola intención de usar unha lingua próxima ao pobo e na que se poida recoñecer.
d) Galego estándar (ata a actualidade). O mellor coñecemento lingüístico (grazas ás
investigacións e estudos universitarios) axuda a atopar solucións apropiadas para as
interferencias e desviacións que aparecían nas etapas anteriores. Este proceso culmina coa
elaboración das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, en 1982 ( revisadas en
1995 e reformadas parcialmente en 2004).
3. A CONSTRUCIÓN DA VARIEDADE ESTÁNDAR
En 1982 o Goberno Galego sanciona (aproba) as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma
galego, elaboradas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega, pero para chegar
a elas houbo un camiño difícil, pois no momento de elaboralas había entre os filólogos e
intelectuais dúas tendencias que semellaban irreconciliables e unha postura intermedia entre
elas que, en realidade, supuxo unha terceira opción:
- Reintegracionista ou lusista (ou de máximos): partidarios de achegar o galego ao ámbito
lingüístico (e cultural) do portugués, baseábanse en que na Idade Medieval, antes da
introdución do castelán,
eran unha única lingua e, polo tanto, a norma escrita daquel era a que habería que tomar como
referencia.
- Rexeneracionista (a oficial): partidarios de manter a situación actual, basearse no galego
vivo e intentar limpalo de desviacións léxicas (castelanismos, vulgarismos...). Toma como
modelo ortográfico o castelán porque entende que a poboación está alfabetizada nesa lingua e
iso incidirá nunha mellor aceptación.
- A normativa de mínimos: é unha proposta elaborada pola Asociación Socio-Pedagóxica
galega e que se constitúe como un camiño intermedio entre as dúas anteriores. A vía seguida
polo ILG e a RAG foi a rexeneracionista que defende que “a lingua normativa ten que estar ó
servizo da cultura dun pobo real e concreto, e por tanto ha de ser necesariamente
continuadora da lingua falada pola comunidade e ha de achegarse canto sexa posible a ela, a
fin de enraizar sobre bases seguras e vivas”. A finalidade é conseguir “unha lingua común
asentada na fala, pero depurada de castelanismos, supradialectal, enraizada na
tradición, coherente e harmónica coas demais linguas de cultura”.
Este labor de normativización esixe unha “limpeza” para que a lingua sexa “o máis galega
posible” por iso é preciso librala da influencia do castelán máis tamén das mostras de
diferencialismo radical que dan como resultado pseudogaleguismos e vulgarismos e tamén ,
aínda que se ha de valorar a contribución do portugués e o brasileiro, formas que non son
propias da estrutura da lingua galega. Ademais, para que a lingua sexa a de todos e todas debe
transcender o dialectal e optar na norma estándar por solucións coas que se identifiquen o
maior número de falantes posible. Por outra banda, cando haxa varias solucións procurarase a
máis asentada na tradición, é dicir, valorarase a súa presenza nos textos escritos de épocas
anteriores, aínda que as formas arcaicas non deben suplantar formas en vigor. Como último
criterio para a fixación maniféstase que se terá en conta as solucións que adoptaron as linguas
romances veciñas, nomeadamente o portugués .
Esta normativa non foi aceptada por todo o mundo polo que se fixeron revisións e estudos
posteriores que deron como resultado que en 2003 unha comisión de expertos elaborase unha
proposta aceptada por case a totalidade das partes implicadas (segue habendo un sector
defensor da tendencia reintegracionista) que matiza algúns aspectos da anterior e que é
coñecida como a “normativa da concordia”.
4. DESVÍOS DA NORMA
Como se indicou máis arriba, para a normativización foi preciso limar o galego dunha serie de
desvíos que, por razóns históricas, se foran producindo no galego, sobre todo no terreo do
léxico. Estes desvíos son os castelanismos, hipergaleguismos, vulgarismos, arcaísmos, lusismos
e dialectalismos
1.Hiperenxebrismos ou hipergaleguismos
Son o produto do afán diferencialista con respecto ao castelán. Moitas persoas confunden
cultismos galegos(formas moi pouco evolucionadas con respecto ao latín e que son semellantes
en todas as linguas románicas) con formas castelás e intenta aplicarlles as evolucións que
sufriron as palabras patrimoniais para que así parezan “máis galegas”.
As máis comúns:
- Redución dos ditongos –ie-, -ue-: (*inconvinte, *ambente...)e creación de ditongos en
palabras que non os teñen de seu: ( *primaveira, *hourizonte...)
- Supresión de –n- e –l- intervocálicos: (*zoa, *cristaíño...)
- Simplificación de –ll-: ( *brilar, *orgulo...)
- Xeneralización dos grupos pr-, cr-, fr-, gr- (*craro,* exempro...)
- Cambio de –ñ- por –n-: (*montana, *estrano...)
2. Vulgarismos
Os vulgarismos son alteracións vocálicas ou consonánticas resultado da confusión e do
contacto de fonemas.O feito de que a lingua quedase reducida á oralidade durante moito
tempo, fixo que as persoas non tivesen unha percepción visual das palabras e que, polo tanto,
as deformacións que se producen nun rexistro descoidado fosen percibidas como termos
correctos.
Tipos:
-Vocalización de grupos cultos(*autuar) ou eliminación dos mesmos(*atitude)
- Metátese (cambio de lugar de fonemas): (*probe)
- Harmonizacións e disimilacións (influenza das vogais tónicas nas átonas para
aproximalas ou afastalas, respectivamente): (*viciño, *críteca...)
- Adición de fonemas no principio de palabra, no medio ou no final (prótese,
epéntese,parágoxe): (*arradio, *ademirar, *mullere...)
- Supresión de fonemas no principio de palara, no medio ou no final (aférese, síncopa,
apócope): (*tar, *espranza, *libertá...)
3. Arcaísmos
Cando no s. XIX se empezou de novo a escribir en galego e, sobre todo, cando no s. XX se
redescubriu a literatura medieval, os escritores (por afán diferencialista con respecto ao
castelán) botaron man dunha serie de palabras que tiveran vixencia na idade media pero que a
esas alturas estaban en desuso. Son os arcaísmos (*capiduo, *outo, *vegada...)
4. Lusismos
Tamén por afán diferenciador algúns escritores recorreron ao portugués para desbotar
formas galegas que coinciden co castelán. Segundo o seu razoamento, se o galego- portugués
foi a base do galego e do portugués teriamos que ter na actualidade os mesmos termos; como
non é así, os que temos nós son contaminacións do castelán. Estas formas das que falamos son
os lusismos: (*dizer, comboio).
5. Castelanismos
Da coexistencia das dúas linguas xorden interferencias mutuas, hai interferencias do galego
no castelán (castelán de Galicia) aínda que, por razóns históricas, son máis as do castelán no
galego.
Estas prodúcense sobre todo no terreo do léxico, aínda que tamén hai outras. En ningún caso
debemos confundir os castelanismos cos préstamos do castelán, en galego temos palabras
tomadas do castelán (igual que doutras linguas) para referirmos a conceptos para os que nós
nos temos unha palabra (tortilla, por exemplo) que son perfectamente aceptables, non
obstante hai outras que veñen a substituír a formas galegas e iso non é admisible, son
barbarismos.
Tipos de castelanismos:
a) Fonéticos:
- Non distinción dos fonemas vocálicos de abertura media ( pé /pe)
- Mala pronunciación da gheada - Despalatalización do fonema prepalatal fricativo xordo
(*toso)
- Pronuncia inadecuada da velar nasal (*una)
b) Morfosintácticos:
- Cambio no xénero dos substantivos (*a leite, *o ponte..) - Incorrecto uso e colocación
dos pronomes átonos (*Me dixo que te dá as grazas)
- Emprego de pronomes de CI en funcións de CD (* vinlle pola rúa) ou confusión entre as
formas TE e CHE: (*Díxente que non vou)
- Formación inadecuada do plural do posesivo (*estos), formación do plural do relativo Quen
(*quenes), utilización do indefinido “algún con valor negativo: *non teño interese algún).
- Perífrasesverbaisinadecuadas(*iracantar)
- Introdución de formas verbais compostas (*había ido...)
- Verbos que se conxugan imitando a flexión do castelán (*andivo, *conduxo...)
- Mal uso das construcións reflexivas (*cortouse o pelo) e uso de formas pronominais que non
existen en galego (*casarse)
- Ausencia do artigo co posesivo (*meu can non ladra)
c) Ortográficos: - uso incorrecto de palabras galegas por imitar a grafía castelá (*boda,
*armonía...)
d) Léxicos:
- Substitúense palabras galegas polas castelás: (*rodilla, *cadeira, *dios...)
- Adáptanse formas castelás á fonética galega: (*conexo, *lentexas...)
e) Semánticos: palabras que existen en galego e castelán pero que teñen diferente
significado, utilízanse co sentido do castelán (recorrer: en galego significa “presentar un
recurso”, “camiñar unha distancia dise “percorrer”).

You might also like