You are on page 1of 3

´HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN:

A construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da


norma.

NORMATIVIZAR unha lingua é fixar unha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de
modelos cultos a imitar por todos os seus falantes e que sexa a variedade lingüística utilizada nas
situacións formais, común a todos os falantes e cunhas regras coñecidas.
Este proceso desenvólvese en tres fases:

• Estandarización: selección e fijación da variedade escollida como estándar.


• Grafización: definir e concretar a forma escrita correspondente á variedade estándar.
• Modernización: habilitar a lingua para que poida usarse en todos os rexistros e temas.

A maioría das linguas románicas fixeron este labor durante a Idade Media, cando o galego comezara
xa a sufrir o proceso de minorización, polo que a nosa lingua non emprendeu esa tarefa –
imprescindible para a súa normalización social- ata o s. XIX, cos autores do Rexurdimento.

Neste proceso de normativización podemos sinalar catro ETAPAS:

• Galego popularizante: (ata fins do XIX).


• Tómase como modelo o galego oral e popular.
• Mestura de formas pertencentes a diferentes bloques lingüísticos.
• Presencia abundante de castelanismos, dialectalismos e vulgarismos.

• Galego enxebrizante: (ata 1936).


• Os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma e inclínanse por un modelo
enxebrista e diferencialista con respecto ao castelán.
• Elimínanse moitos castelanismos pero como contrapartida abundan os
hiperenxebrismos ademais, os novos modelos lingua culta (textos medievais e
português) dan lugar ao emprego de moitos arcaísmos e lusismos.

• Galego protoestándar: (ata fins dos 70.)


• Caracterízase pola simplificación dse signos ortográficos.
• Tendencia purista no léxico: depuración de castelanismos e vulgarismos.

• Galego estándar: (ata hoxe), recollido nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma
galego elaboradas polo ILG (Instituto da Lingua Galega) e a RAG, revisadas en 1982 e
reformadas en 2003 coa aprobación da denominada “normativa da concordia” que pechaba
as diferencias de dous sectores tradicionalmente enfrontados pola escolla dun galego
normativo: un que se consolida como oficial, baseado no pragmatismo que toma como
modelo a ortografía do castelán, na que os galegos están alfabetizados. Outro que ten como
modelo ortográfico e de lingua culta o portugués (reintegracionismo ou lusismo).

A oficialización dunha norma culta e estándar provocou en moitos falantes ao principio un certo
rexeitamento ao consideraren a lingua da TVG, da Radio Galega e de outros medios como unha
especie de "galego inventado, de laboratorio" co que non se sentían identificados. Mais toda lingua
moderna ha de ter a súa norma culta que se usa nos rexistros máis formais, como o galego non a tiña
polo seu uso unicamente oral foi necesario creala.

Que FUNCIÓNS cumpre esta variedade estándar?


• Integración: é a forma común a todos os falantes por riba das diferenzas xeográficas e sociais.
• Prestixio: variedade enriquecida nos usos formais. Incide no orgullo do falante coa súa lingua
• Referencia: o estándar funciona como o modelo correcto de lingua.

Que CRITERIOS se seguen para escoller unha normativa?

• Historicidade: Botar man das formas etimolóxicas e consagradas pola tradición literaria.
• Coherencia co resto das lingua románicas, especialmente co portugués.
• Atención á extensión xeográfica e demográfica.
• Busca dun galego supradialectal.
• Depuración de castelanismos.

As INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS
• son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e
que afectan maioritariamente á lingua máis débil.
• Prodúcense estas interferencias por varias razóns:
• Pola situación de contacto e conflito lingüístico. Cada lingua busca o mellor espazo
social.
• Pola semellanza entre galego e castelán.
• Pola ausencia histórica dun modelo

No caso do galego proveñen do castelán e aparecen en todos os planos ou niveis da lingua.


• Nivel fónico:
• Perda da oposición entre vocais abertas e pechadas.
• Non non pronunciar o -N- velar.

• Nivel gráfico:
• uso da grafía do castelán no galego: B/V – H/ausencia de H: abogado, avelá , ahí

• Nivel morfolóxico:
• alteración do xénero en substantivos: a nariz, aponte...
• uso de TE nas funcións de C.D. C.I.: leveite á policía e tamén leveite un vaso.
• uso do pronome persoal EU despois de comparativo: ca eu, coma eu...
• lleísmo: uso de LLE e LLES nas funcións de C.D.: Non lle avisei a tempo.
• uso dos demostrativos plurais estos e esos.
• tempos compostos: Xa había cantado cando cheguei.
• uso de CANTARA (pluscuamperfecto) por CANTASE (imperfecto subxuntivo)
• formas apocopadas diante do substantivo como primer día, calquer día...

• Nivel sintáctico:
• ausencia de artigos con posesivos: túa casa.
• incorrecta colocación do pronome átono: Me dixo...
• perífrase IR + A + INFINITIVO: Vou a estudiar moito.

• Nivel léxico: é onde máis abundan e responden a diferentes motivacións:


• prevalencia da palabra coincidente co castelán (comprar por mercar),
• restrición do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior
prestixio (billa / *grifo),
• substitución da forma galega pola castelá (*acera por beirarrúa)
• Nivel Semántico
Dar o unha palbra galega o significado que ten en castelán : *roxo, *pobo

Chamámoslles DESVIACIÓNS a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non
pertencen ao nivel culto (vulgarismos: múseca, para), ben por non seren palabras de uso actual
(arcaísmos: tiduo, conquerir, merescer), ben por seren inventos motivados indirectamente pola
presión do castelán (hipergaleguismos: zoa, primaveira, oficiña).

You might also like