You are on page 1of 18

Sociolingüística CVG

TEMA 1

ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS:


A SÚA REPERCUSIÓN NOS USOS

Durante séculos, o galego viviu unha situación lingüística de diglosia, é dicir, as dúas
linguas do territorio empregábanse cun valor social diferente: o castelán era a lingua de
prestixio (ensino, relixión, política…) e o galego restrinxíase aos usos informais (local e
familiar).

Coa diglosia xorden os estereotipos e prexuízos que pretenden transmitir que a


lingua minorizada non serve para os usos formais e así provocar o seu rexeitamento e
substitución lingüística. Este fenómeno nos xorde das propiedades de cada lingua, senón
das medidas políticas e ideolóxicas. A posición social dos galegos como “inferior” deu
lugar ao estereotipo de ser pobre, inculto e vivir na aldea, o que provocou que na
sociedade se creasen un prexuízos cara a lingua devido á mala imaxe que se pensa das
persoas que a falan.

Os prexuízos máis estendidos son estéticos (“O galego é moi bruto”),


socioeconómico (“lingua de pobres”), sociocultural (“non é apropiada para a ciencia”)…
Estes prexuízos están cesando grazas ao proceso de normalización lingüística, pero
xorden outros novos: o galego é un idioma imposto, normativo e artificial, o castelán corre
“perigo”…

O cúmulo destas falsas crenzas que, potenciados polo reforzamento do castelán,


son cridas por algúns galegofalantes que, en moitos casos, xera autoodio e rematan por
abandonar a súa lingua. Isto perpetúa a diglosia e crea o problema da ruptura da
transmisión xeracional e substitución lingüística. Aínda así, moita xente sente orgullo de
falar na súa lingua, desafiando estes estereotipos discriminativos, que é indispensable
vencelos para que continúe o proceso de normalización lingüística con éxito.

Sociolingüística CVG

TEMA 2

HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: CONSTRUCIÓN DA VARIEDADE ESTÁNDAR.


INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS DA NORMA

O proceso de normativización lingüística consiste na elaboración dunha variedade


estándar para que a lingua funcione como modelo de corrección do idioma e como
vehículo para a comunicación formal. O proceso de normativización do galego foi longo e
complexo e consta das seguintes partes:
• Galego popularizante (s. XIX): Empregado polos autores do rexurdimento
reproducindo a lingua popular oral, con vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.
• Galego enxebrizante (s. XX ata 1936): Predominan tendencias diferencialistas
ante o castelán, introducíndose arcaísmos, vulgarismos e hipergalegüísmos. Primeira
proposta da creación dunha normativa escrita polo Seminario de Estudos Galegos.
• Galego protoestándar (1936 ata 1980): Caracterízase pola simplificación
ortográfica e o intento de corrixir os diferencialismos do período anterior.
• Galego estándar (1980 ata a actualidade): Ao converterse en lingua oficial tras a a
probación do Estatuto en 1981, xorde a necesidade de crear unha normativa que, tras
fortes debates, é elaborada pola RAG e o Instituto da Lingua Galega. As Normas
ortográficas e morfolóxicas da lingua galega son publicadas en 1982 e revisadas no 95
e 2003 para garantir a fidelidade á lingua falda, á continuación da tradición literaria e a
harmonía coas linguas romances.

Debido á existencia destas dúas linüas no territorio prodúcense interferencias


lingüísticas, é dicir, introdúcense nunha lingua elementos ortográficos, fonéticos e
morfolóxicos da outra. Nas interferencias do castelán no galego (castelanismos) podemos
distinguir entre castelanismos ortográficos, fonolóxicos, morfolóxicos e léxicos. Existen
tamén outros fenómenos como hipergaleguismos, vulgarismos ou arcaísmos

Sociolingüística CVG

TEMA 3

O GALEGO: LINGUA EN VÍAS DE NORMALIZACIÓN

A nosa lingua, a pesar de non ser minoritaria, segue a ser unha lingua minorizada
malia ter un status de cooficialidade e vitalidade na sociedade. As linguas minorizadas son
aquelas que, sendo historicamente propias, se atopan as súas funcións lingüísticas
situación de inferioridade ate unha lingua dominante que provoca a súa marxinación.

Co fin de superar este conflito, comézase un proceso de normalización que tenta


conseguir o desempeño normal desa lingua e convertela no vehículo de comunicación na
sociedade dese territorio. A lingua galega comezou este proceso co Rexurdimento do XIX
e cando a finais do XX foi recoñecida oficialmente (Constitución do 78), comézase unha
etapa do proceso normalizador.

Dende entón, o galego conseguiu avanzar na súa presenza na vida pública e en


ámbitos como o ensino, a política, a cultura, os medios de comunicación…

De todas formas o galego segue a correr perigo xa que a prensa escrita no noso
idioma desapareceu completamente e ten unha presenza mínima noutros medios de
comunicación. Coa aprobación do Decreto de Plurilingüismo, o galego no ensino
redúcese un 30%, o que perpetúa a situación de inferioridade e non se consegue eliminar
a tendencia desgaleguizadora entre a poboación nova nin o seu retroceso en entornos
urbanos. Tamén continúan os prexuízos cara a lingua e o máis preocupante, a ruptura da
transmisión xeracional, todo isto debido á escasa efectividade da política lingüística.
Sociolingüística CVG

TEMA 4

O GALEGO NO 1º TERZO DO XX: CARACTERÍSTICA LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS.


CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

Nesta etapa aumenta uso da lingua grazas aos movementos galeguistas e ao


nacionalismo, considerando ao idioma como identidade de Galicia. O nacionalismo vése
representado a través das seguintes organizacións:

As irmandades da Fala
Fúndanse en 1916 co obxectivo de defender a lingua, uns anos despois decláranse
nacionalistas. Demandan a cooficialidade do galego para superar os prexuízos coas
seguintes actividades:
- Emprego da lingua en novos ámbitos como a igrexa, radio, escola, ciencia, etc
- Creando periódicos como “A nosa terra” e editoriais como Nós
- O Seminario de Estudos galegos (ensaio e coñecemento de Galicia)
-Emprego da literatura como medio de reivindicación, sobre todo na narrativa
- Estúdase a lingua e proponse a elaboración dun modelo estándar

O Grupo Nós
A publicación máis importante desta xeración é a revista Nós (20-36). O obxectivo
era modernizar a cultura e afastar a idea da Galicia rural/costumista e poñela en contacto
coas culturas europeas, colaborando con intelectuais de toda Europa.

O Partido Galeguista
A chegada de II República no 31 promove o desenvolvemento do Partido Galeguista
e acelerou a recuperación dos dereitos da nosa lingua. Os principais obxectivos serían a
cooficialidade da lingua, a normalización lingüística e a obtención do Estatuto de
Autonomía, que non se puido levar a cabo por culpa da Guerra civil.

SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA
A pesar dos avances o galego segue a perder falantes, e, aínda sendo a lingua
maioritaria, aumenta a diglosia, xa que o castelán segue sendo a lingua imposta e de
prestixio, medrando prexuízos. A escola e os medios de comunicación son unha das
maiores causas da castelanización da sociedade, así como o uso exclusivo do castelán
na administración e na igrexa e o paso da poboación rural á urbana, provocan dificultades
no proceso de normalización do galego.

CARACTERÍSTICAS DA ESCRITA
Séguese intentando crear un modelo de lingua estándar, que conseguirán
posteriormente o Seminario de Estudos Galegos e as Irmandades. Os escritores, por
outra banda, pretenden crear un galego enxebrista afstado do castelán, cheo de
arcaísmos, vulgarismos ou lusismos innecesarios.

Sociolingüística CVG

TEMA 5

O GALEGO DE 1936 A 1978: CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS.


CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

A guerra interrompe calquera movemento político e cultural galeguista, onde algúns


dos seus representantes foron asasinados ou obrigados ao exilio (Castelao,Dieste), o que
produciu que o galego quedase como unha lingua de uso familiar e coloquial.

Nos primeiros anos da posguerra non tiveron produción lingüística e so se escribirá


literatura no exilio, creando editoriais, revistas, programas de radio (Castelao, Dieste,
Blanco Amor)

Na década dos 50 comeza a recuperación coa creación da editorial Galaxia.


Persoas como Otero Pedrayo ou Piñeiro deron proba da validez do galego, ademais de
editar obras, promocionan o ensaio e a prosa científica (a través das revistas Grial e
Economía de Galicia)

Nos 60 diminúe a censura e iníciase o nacionalismo político na clandestinidade,


fúndase o PSG e a UPG e aparecen asociacións culturais en defensa da lingua como O
Galo. En 1963 instaurase o dia das letras galegas, créase a cátedra da lingua e literatura
galegas na Universidade de Santiago e no 1971 xorde o instituto de lingua galega que
leva a cabo investigación científica sobre o idioma. Longa noite de pedra de Celso Emilio,
representa a liña social e cívica característica da poesía dos 60.

ASPECTO LINGÜÍSTICO. O galego da posguerra non segue ningunha norma ata


que a editorial Galaxia elabora unhas normas de uso interno e fai unha simplificación da
ortografía, depurando léxico de arcaísmos e hiperenxebrismos e adaptando a lingua ao
ámbito urbano. A comezos dos 70 a rag publica a súa primeira normativa. Chamamos
protoestandar a este período.

A SOCIOLINGÜÍSTICA cambia ao cambiar o sistema socioeconómico. Acelerase o


proceso de substitución do galego polo castelán favorecido pola migración do rural a
cidade (imitación das clases altas) e o uso exclusivo do castelán na escola, igrexa e
administración. O desenvolvemento da radio e a televisión introduce o castelán en toda a
poboación e incrementa os prexuízos e a diglosia.
Sociolingüística CVG

TEMA 6

O GALEGO A FINAIS DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI: CARACTERÍSTICAS


LINGÜÍSTICAS FUNDAMENTAIS, CONTEXTO HISTÓRICO E SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

A democracia fixo posible o recoñecemento legal do galego por primeira vez na


historia grazas a Constitución Española (1978) e o Estatuto de autonomía (1983) que é
Desenvolto polo parlamento galego, establecendo o dereito ao uso do idioma nas
diversas administracións e servizos. Esto supuxo avances para a lingua, xa que está
presente en todas as capas e funcións sociais (administración, educación, política, medios
de comunicación…). Aumenta o prestixio e a capacitación lingüística.

A lingua convertese en obxecto de estudo e investigación. Na busca da norma


escrita entramos na fase do galego estándar. Téntase eliminar os arcaísmos, vulgarismos
e dialectalismos que perturbaban a escritura e adáptase o galego aos novos ámbitos. As
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego créanse en 1882 (rexeitadas polos
reintegracionistas) a cal, na última revisión no 2003, superou en gran medida as
diverxencias existentes e recibiu o nome de “normativa de concordia”.

Aínda así esta situación non supera a tendencia desgaleguizadora xa que o galego,
aínda ser a lingua maioritaria, segue sendo minorizada debido a que non chega a ámbitos
como a igrexa ou a xustiza. Continúa a perderse numero de falantes nos grupos de menor
idade e no ámbito urbano, debido a ruptura da transmisión xeracional (de pais a fillos).
Estes sucesos reflicten o fracaso da política lingüística, de baixa intensidade e sen unha
verdadeira vontade a favor so galego.

A labor de recuperación do galego debe fortalecer o prestixio social e os dereitos


lingüísticos dos grupos sociais galegófonos para asegurar a perpetuación do idioma e
fomentar a regaleguización nos falantes urbanos. A xunta debe transmitir a idea de que o
galego é o primeiro ben cultural e o activo social mais importante do que dispomos.

Literatura CVG

TEMA 1

A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS

Entre os escritores deste grupo destacan:

Noriega Varela
Acepta o ruralismo e ten influenzas do modernismo e da literatura portuguesa.
Escribiu Montañesas que rematou por chamarse Do ermo, que son composicións en
verso moi próximas ao ruralismo costumista. Valórase nel o lirismo da natureza,
reflectindo a paisaxe e a súa relixiosidade. Cántalle ás pequenas cousas.
Ramón Cabanillas
Participa coas irmandades da fala, as cales o denominaron o “Poeta da Raza”.
Cabanillas introduce elementos innovadores como o simbolismo ou o modernismo.
1. Etapa pregaleguista
Dende Cuba crea No desterro e Vento mareiro. Escribe poesía social relacionada
co agrarismo, denunciando a miseria e o abuso cara os labregos con obras como “A
Basilio Álvarez”. Desenvolve tamén Poesía intimista (amor, pasado) e poesía costumista
(rural), cunha gran influenza das obras de Rosalía,Curros e Pondal.
2. Etapa galeguista
As ideas das Irmandades convérteno nun poeta cívico, onde adopta un ton
didáctico para aproximar o galeguismo ao pobo e dálle importancia ao idioma e ao
celtismo como en Da terra asoballada. Na súa obra “En pé” reflicte como o inimigo deixan
de ser os fidalgos e comeza a loitar contra Castela.
3. Etapa mitolóxica
Nesta etapa comeza a escribir unha poesía que tenta reconstruír o pasado mítico
de Galicia, obtendo unha das obras estrela da literatura galega, Na noite estrelecida, que
consta de tres sagas: “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Santo Graal” e “O sono do rei
Artur”. Nesta obra desenvolve temas como a “materia de Bretaña”, recreando un pasado
espléndido e un futuro libre. É unha obra que emprega numerosos recursos, coma
paralelismos, símbolos e referencias modernistas (verso culto e linguaxe refinada). Co
drama O Mariscal, tenta recrear as fazañas de Pardo de Cela, mártir.
4. Etapa da posguerra
Durante esta época escribe Da miña zanfona e Samos, deixa de lado a denuncia
social para crear unha poesía mais persoal, falando do pesimismo existencial da literatura
galega durante a ditadura.

Podemos concluír que sintetizou o mellor do rexurdimento coa modernidade da


poesía europea, recollendo nela as características máis importantes de Rosalía, Curros e
Pondal aos que engade as novidades do S.XX. Tamén crearon boa poesía outros autores
como López Abente - Centileos e Victoriano Taibo - Abrente. En resumo podemos dicir
que Agás Cabanillas publícase unha poesía costumista e ruralista.

Literatura CVG

TEMA 2

A POESÍA DE VANGARDA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS

As vangardas son un conxunto de movementos artísticos que rompen ca concepción


artística que se tiña nese momento. Os distintos movementos que xurdiron, a pesar de ser
moi diferentes, teñen algunhas características comúns: o rexeitamento da tradición,
antisentimentalismo, orixinalidade, o absurdo…

As vangardas galegas
Aparece a influenza do vangardismo europeo e a nosa conciencia galeguista creado
polas irmandades e o grupo Nós. Os autores que desenvolveron esta corrente son
denominados como Xeración do 25, modernizando a poesía galega.
O grupo Nós inflúe aos novos escritores coas correntes vangardistas con obras
como Preludio de unha estética futura de Risco e A nosa terra, aínda así, a nosa vangarda
afástase do resto, xa que nós conservamos a tradición (debido ao nacionalismo).
Manuel Antonio, foi o máis innovador, creou o SemEstGal e participou no Partido
Galeguista con revistas como Ronsel e Alfar. Creou tamén o único manifesto galego, Máis
alá (22), dando por primeira vez un punto de vista crítico sobre a historia da nosa literatura

Principais ismos e representantes


Nesta época atopamos dúas correntes, a vangarda plena (creacionismo,
surrealismo( e a vangarda matizada (neotrobadorismo e hilozoismo) que presentan
características tradicionais, ao contrar das vangardas puras.
• Neotrobadorismo: Propio do galego, este fenómeno literario está influído polos
cancioneiros (recursos estilísticos, temáticas das cantigas) combinados con outras
características das vangardas (metáforas, imaxes). Perfección formal e culto á tradición.
Os seus representantes serían Bouza-Brey con Nao Senlleira e A. Cunqueiro con Cantiga
nova que se chama ribeira, estes crearon unha escola con numerosos seguidores.
• Hilozoismo: Este movemento presenta unha paisaxe humanizada e numerosas
metáforas. Fundado por Amado Carballo coas súas obras Proel e O Galo. Estas obras
presentan unha combinación entre a tradición e a modernidade, con características como
a rima e cultura tradicionais, con imaxes, antisentimentalismo e ausencia humana.
• Creacionismo: Manuel Antonio é o máximo representante galego desta corrente,
caracterizada polas imaxes innovadoras. No seu poemario De catro a catro, rompe coa
tradición, este libro presenta novidades en canto a temática (visión do mar diferente), a
linguaxe (tecnicismos e estranxeirismos) e a renovación formal, con numerosos espazos
en branco. Afástase das vangardas polas características humanas que se reflicten a
través do mar. Complicada, pouco difundida.
• Surrealismo: Representada por Cunqueiro con Mar ao Norde e Poemas do si e do
non, cheos de metáforas e inspiración onírica.Esta xeración caracterízase pola
renovación, establecendo a poesía moderna galega, esta significou a liberación do xénero
xa que non se puxo ao servizo de ningunha ideoloxía

Literatura CVG

TEMA 3

A PROSA NO 1º TERZO DO SÉCULO XX: AS IRMANDADES E O GRUPO NÓS


(NARRATIVA, ENSAIO E XORNALISMO)

Grazas a ideoloxía nacionalista das irmandades da fala, impúlsase unha


modernización de toda a literatura galega, empregando as vangardas europeas e
consolidando a narrativa contemporánea. Dentro das irmandades encontramos ao Grupo
Nós (toma nome da revista Nós 1920), os autores son todos de clase social acomodada
que evolucionan cara ao galeguismo e participan en actividades como o SemEstGal,PG…

• Ramón Otero Pedrayo é un dos autores máis prolíficos, aínda que destaca como
novelista, cun estilo barroco e complexo. Podemos dividir a súa obra en dúas partes:
- Narracións realistas: ambientadas na Galicia rural do XIX, narran os cambios desa
sociedade, con temas como a tradición, a fidalguía e a paisaxe. Os camiños da vida
- Narracións culturalistas: evolución da conciencia galeguista. Escribe novelas sen
acción, ideolóxicas, máis próximas ao ensaio. Arredor de si

• Vicente Risco cultivou ensaio e narrativa curta sobre temas etnográficos (O lobo
da xente), a vida de ultratumba (Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros) e sobre a
fidalguía (A coutada). A súa obra mais importante é a novela satírica, O porco de pé, na
que se fala de Don Celidonio con cctcs porcinas. Riqueza da linguaxe, función didáctica.

• Castelao foi un autor moi polifacético con cctcs que o afastan do grupo como a
procedencia popular e tratar temas próximos ao pobo como o compromiso e defensa da
lingua ou a critica da marxinación. Estilo depurado, humor crítico. Publica obras como:
Un ollo de vidro. Historias dun esqueleto, Cousas, Retrincos ou Os dous de sempre

• Rafael Dieste pertence á xeración do 25 ou vangardas pero contribuíu a


renovación da prosa con obras como Dos arquivos do trasno onde combina literatura
popular (supersticións) coa culta (fins abertos, varias voces narrativas) e o cotián coa
fantasía

Estes autores tamén impulsaron o ensaio en galego, xeralmente de contido político e


cultural, que se difundía na prensa escrita. Algúns autores publican teoría nacionalistas,
como Risco (Teoría do nazonalismo galego) ou Castelao (Sempre en Galiza) e outros
como Otero Pedrayo dedícanse ao estudo da xeografía e da historia da cultura galega.
Nesta etapa tamén hai un gran desenvolvemento do xornalismo, de parte de
políticos e intelectuais galeguistas que empregaban este medio para difundir as súas
ideas e crean publicacións como A nosa terra ou Nós.

Os autores deste período representan a normalización da prosa galega é se


aproxima á narrativa europea do momento, ademais créase un rexistro culto para a prosa
científica do que carecía o galego ata daquela.

Literatura CVG

TEMA 4

O TEATRO DO 1º TERZO DO XX: IRMANDADES, VANGARDAS E GRUPO NÓS

Teatro anterior marcado pola precariedade, dirixida a un público o popular, con


temática rural, un galego moi dialectalizado e escrito en verso.

Grazas as IRMANDADES DA FALA, aumentan os autores e a calidade das obras,


xa que o vían como unha boa forma de educación (ideas nacionalistas e normalización
lingüística). Como consecuencia créase o Conservatorio Nazonal de Arte Galega (1919)
que se estrea con A man de Santiña de Cabanillas (personaxes clase alta falan galego
culto), xunto con Villar Ponte escribe tamén O Mariscal (Pardo de cela, símbolo loita
poder). Xaime Quintanilla escribe Alén, baseada en ambientes non galegos.

O GRUPO NÓS non cultivou moita obra dramática, pero fixo unha importante
función de modernización e europeización do xénero, poe exemplo: desvinculan o teatro
da función propagandística que tiña, elimínanse elementos ruralistas e engaden os
simbolistas, engaden innovacións do teatro europeo como a posta en escena.

Otero Pedrayo escribe un teatro máis experimental e novidoso e de difícil


comprensión para ser representadas (non di espectáculo do lit). Escribe A Lagarada
(drama rural vendima, asasinato dun labrego como resultado de amores e promesas
incumpridas. Introduce digresións líricas e elementos simbolistas.) e Teatro de máscaras
(16 pezas breves con elementos da vangarda surrealista, simbolista e expresionista.
Escenografia e luces importa. Temas Galicia XIX fidalgos, cregos, ilustrados, bohemia e
intelectuais)

Risco so ten unha peza, O Bufón de El-Rei (1928), obra situada na idade media que
mediante unha deformidade física representa a deformidade social da época (simbolismo).

Castelao e autor da obra máis importante: Os vellos non deben namorarse. Esta
obra combina elementos populares, simbolistas e expresionistas e crea un espectáculo
integral (danza, luces…) en tres actos represéntanse tres versións da mesma obra
baseada na morte dunha rapariga e o vello namorado.

O TEATRO DE VANGARDA, representado por Dieste con A fiestra valdeira, consta


dun gran carácter simbólico. Trata dun mariñeiro quere ser retratado pero este non quere
mostrar as súas orixes humildes, reflectidas pola fiestra. Novidade formal e temática única.

En conclusión, vai desaparecendo o enxebrismo folclórico e o tipismo, tópicos que


se relacionaban co galego e que prexudicaban a imaxe da nosa literatura, progresos
freados tras a Guerra Civil.

Literatura CVG

TEMA 5

A POESÍA ENTRE 1936 E 1976: A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE


E A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS

X DO 36: nados entre 1910-20, formados na II República, influencia Nós e vangardas.

• Luis Pimentel: pertence a xeración das vangardas pero publica na posguerra,


intimismo, pegadas de Rosalía. (Sombra do aire na herba e Triscos)
• A. Iglesia Alvariño: Destacan o paisaxísmo e o intimismo nas súas primeiras
obras, a máis importante Cómaros Verdes (1947) xa que marca o inicio da poesía de
posguerra. As últimas falan da soidade, a morte e a dor existencial, como en De día a día.
• Celso Emilio Ferreiro: distinguimos tres temáticas
a) intimista - desacougo, fugacidade, infancia, Moraima (O soño xulgado)
b) satírica - denuncia a mesquindade humana (Cantigas de escarnio e maldicir)
c) socialrealista - denuncia, emigración, explotación (Longa noite de pedra - 1962)

PROMOCIÓN DE ENLACE: nados entre 1920-30, fórmanse na penuria cultural dos


primeiros anos do franquismo

• Luz Pozo Garza cultiva o intimismo vitalista


• Antón Tovar cultiva o existencialismo con Arredores
• Cuña Novás inaugura a “escola da tebra” con Fabulario novo. Existencialismo

X DAS FESTAS MINERVAIS: Nados entre 1930-40, entran en contacto con outras
correntes, renovan a poesía e a narrativa e participan nas festas minervais.

a) 1950 - INTIMISMO EXISTENCIALISTA (“escola da tebra”)


Manuel María presenta unha visión atormentada da vida, Muiñeiro de brétemas
Bernardino Graña escribe Poema do home que quixo vivir
Uxío Novoneyra fala do sentido existencial e a natureza na súa obra Os eidos
b) 1960 - SOCIALREALISMO (dor colectiva)
Manuel María escribe Documentos persoaes
Ferrín escribe Poesía enteira de Heriberto Bens
Novoneyra escribe o poema “Letanía de Galicia”
c) 1976 - MADUREZ CREADORA
Méndez Ferrín escribe Con pólvora e magnolias inicia esta etapa, caracterizada
poesía revolucionaria e intimista, nostalxia, erotismo, morte, renovación estilística. Cambio
de rumbo na poesía Galega.
Literatura CVG

TEMA 6

A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA


(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS)

A partir dos anos 50,iníciase unha lenta recuperación coa a obra de Carballo Calero
A xente da barreira

a) Ánxel Fole REALISMO POPULAR (A lus do candil) (Terra brava)


Cultiva o conto popular (lendas supersticións) formula introdutoria,
desenvolvemento lineal, sentenza final didáctica, apelacións ao auditorio, voz narradora
testemuña. Lingua oral centro-oriental, realza o suspense para atrapar ao lector
b) Álvaro Cunqueiro REALISMO MAXICO
Mestura realismo e fantasía, orixinalidade, (Merlín e familia) tendencia a
disgregación e non progresión na narración, estilo relato popular oral (Crónicas do
sochantre) (Se o vello Sinbad volvese ás illas). Tamén cultivou relatos breves de
personaxes populares (Xente de aquí e de acola)
c) Blanco Amor REALISMO SOCIAL (A esmorga) (Xente ao lonxe)
Ambientación urbana marxinal, clases sociais desfavorecidas, linguaxe popular.
Características renovadoras como a redución temporal (24h.), pers marx, 1ª persoa, lector
activo
d) X. Neira Vilas REALISMO RURAL
Ven dunha familia labrega e emigra na mocidade. A sus obra reflicte eses dous
espazos:
- A Galicia interior rural (Memorias dun neno labrego) Sociedade campesiña,
opresión, miseria
- A Galicia emigrante (Remuíño de Sombras) Emigración pt vista negativo, morriña,
miseria, explotación

Literatura CVG

TEMA 7

A NOVA NARRATIVA GALEGA: CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS

Renovación formal temática da nosa narrativa, inspirada nos autores e correntes


literarias máis innovadoras, desenvolta durante a década dos 60.
TEMÁTICA - fusión do real e onírico, personaxes anónimos, espazos sen
localización, non galegos, sen liña temporal, narrador en 1ª persoa e técnica epistolar
(cartas), obxectualismo

Autores máis influíntes:


MÉNDEZ FERRÍN - (Percival e outras historias) (O crepúsculo e as formigas).
Influencias europeas como Kafka, Tolkien, estilo persoal e con cctcs das NNG: expl
absurdo, angustia, violencia humana (“O Suso”), fusión do real e o irreal e espazos
pechados

CARLOS CASARES - Ten unha primeira etapa (Vento ferido) (Cambio en tres).
Obras entre a narración realista e o experimental da NNG. Pola forma destaca a ruptura
da temporalidade, varias perspectivas, monólogo interior aínda que presenta espazos Gz
urbana e rural. A súa seguínte etapa volbev a un enfoque + tradicional (O sol do verán)
(Ilustrísima)

GONZALO R. MOURULLO - Inaugura a NNG en 1954 coa súa obra Nasce unha
árbore. Tamén escribiu Memorias de Tains (relatos que pon a Galicia destruída pola
Guerra Civil) Tains símbolo.

Outros autores: Camilo Gonsar: (Cara a Times Square) cun prototipo de personaxe
que deambula perdido no tempo e espazo, inadaptación ao medio, irrealidade, absurdo
exis humana.
María Xosé Queizán: (A orella no buraco) novela obxectualista (obx mnuciosamente
descritos) e “noveau roman”. Xohana Torres: (Adiós, María) monologo interior, para algúns
realismo sociolóxico pero o afasta tratar tema familia rural no urbano Gz nos 60. Xohán
Casal (O camiño de abaixo) soidade, morte (doenza que padecía) e elementos
desacougantes araña, sapo…

Tras abandoar o periodo de experimentación a NNg deixounos grandes autores


como casares e Ferrín, figuras máis sólidas da literatura actual

Literatura CVG

TEMA 8

O TEATRO GALEGO ENTRE 1836 E 1976: A XERACIÓN DOS 50


E O GRUPO EDITORIAL DE RIBADAVIA

A represión e a censura provocaron que gran parte do teatro se producira no exilio


americano ata comezos dos anos 50, cando Galaxia volve a publicar textos dramáticos.
Nesta época a obra máis destacada foi O incerto señor don Hamlet, príncipe de
Dinamarca de A. Cunqueiro, tanto pola súa modernidade como pola súa linguaxe e o
emprego do personaxe de Hamlet como reflexión da existencia e a propia identidade.

A XERACIÓN DOS 50, debido ao contexto político, cultivou un teatro relegado á


lectura no que representaban a angustia e o pesimismo desa época, escribindo obras de
carácter existencialista. Destacan os seguintes autores:

• Manuel María, que é poeta, crea unha obra composta por poemas dramatizados
como Barriga verde que emprega como instrumento reivindicativo e de concienciación.
• Xohana Torres escribiu A outra banda do Íber, onde explica as difíciles
circunstancias dos exiliados e dos perseguidos.
• Bernardino Graña critica a vida adiñeirada do home moderno con Os burros que
comen diñeiro, nunca cabalos serán.
• Mª Xosé Queizán escribe Antígona ou a forza do sangue, dende unha perspectiva
feminista

Nos anos 60 nace o TEATRO INDEPENDENTE co obxectivo de achegalo ao pobo,


traendo unha renovación estética e temática no teatro galego. Como consecuencia deste
crecemento, a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca certames e premios
que aumentan a popularidade. Os dramaturgos que participan nestos certames toman o
nome de “Grupo de Ribadavia” e teñen os mesmos obxectivos que o teatro independente:
- A creación dun teatro social comprometido con Galicia
- A busca de novas vías temáticas e formais
- Conseguir a normalización lingüística co teatro
- Servir de guía as xeracións posteriores

Entre os autores deste grupo destacan Manuel Lourenzo engadindo novas formas
de expresión coma en Teatro mínimo, Euloxio Ruibal co teatro experimental e Roberto
Vidal con obras de gran simbolismo e cultura popular galega, sen renunciar á denuncia
político-social con obras como Saxo tenor.

Durante 8 anos Ribadavia é o punto de encontro do mundo do teatro e no 84 os


certames reaparecen como Festival Internacional de Teatro, que se realizan anualmente

Literatura CVG

TEMA 9

A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1975: POESÍA, PROSA E TEATRO

Tras a guerra civil e debido á censura, o centro de actividade literaria pasou a ser
México e bos aires, grazas á editorial Galaxia que continúa a labor literaria no exilio onde
os emigrados comenzan un amplo traballo intelectual e a impulsar a conciencia galeguista
e a difusión da cultura galega coa creación de revistas, xornais e editoriais.

NA POESÍA destaca a poesía comprometida no exilio, onde destacan:

• Luis Seoane desenvolve unha gran labor política e cultural, fundando revistas e
editoriais, nestes anos publica obras como As cicatrices. A súa temática é de denuncia
social con predominio do tema do exilio e da emigración, tamén reivindica a historia de
Galicia e ten un estilo realista, case xornalístico, onde o importante é a mensaxe.
• Lorenzo Varela ten unha produción moi reducida, nas que destacan: Catro
poemas para catro gravados e o máis importante, Lonxe. Son poemas reivindicativos e
con nostalxia pola Galicia que tivo que abandonar.
• Emilio Pita publica Cantigas de nenos, Jacobusland… que teñen como tema a
nostalxia por Galicia, denuncia a opresión franquista e musicalidade dos versos.

NA NARRATIVA destaca a novela realista con elementos autobiográficos que tratan


da guerra civil dos que a maioría son textos directos cun narrador en 1ª persoa. Nesta
época escríbese A esmorga (1959) de Blanco amor, que é considerada o arranque da
Nova Narrativa Galega, ou Memorias dun neno labrego de Neira Vilas.

NO TEATRO atopamos dúas tendencias:

• O teatro popular pretende manter viva a tradición, costumes e crenzas da cultura


galega, sen esquecer a crítica social. Destaca a compañía Maruxa Villanueva, fundada
por Manuel Varela Buxán que escribiu obras como Se o sei… Non volvo a casa.

• O teatro culto inclúe temas innovadores, representado por autores no exilio como:
✦ Blanco amor: que funda a compañía Teatro Popular Galego e escribe farsas

como Teatro para a xente, cheas de elementos satíricos que lembran ao esperpento.
✦ Seoane escribe A soldadeira onde funde o pasado histórico co presente de

Galicia, como as loitas irmandiñas coa presente loita contra a ditadura.


✦ Castelao escribe Os vellos… pola compañía Maruxa Villanueva, onde o autor é

o propio director, que dota dunha gran importancia aos aspectos estenográficos.

Literatura CVG

TEMA 10

A POESÍA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E 90. POETAS


E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES

Coa chegada da democracia r a oficialidade do idioma, comeza a incluírse o galego


no ensino e impúlsase a nosa literatura, abandonando a temática socialrealista e incluíndo
temas e formas máis diversos. Considérase 1976 como a etapa da renovación, grazas a
obras como Con pólvora e magnolias de Ferrín e Herba de aquí e acolá, de Cunqueiro.

A POESÍA DOS 80 destaca pola xuntanza dos autores en grupos poéticos e a


participación destes en revistas e certames literarios. A temática é culturalista, con
referencias ao cine e a música e recupérase a poesía intimista con temas como o paso do
tempo, a morte, o amor… e en menor presenza a reivindicación social. Presentan unha
grande elaboración formal e unha linguaxe moi coidada, de rexistro culto, tamén destaca
a aparición de escritoras como Xela arias, tamén hai poetas como Manuel Rivas.

A POESÍA DOS 90 renova a poesía con estéticas diversas para achegar a poesía ao
público, grazas a grupos poéticos, a publicación de revistas e a aparición de internet. A
temática foxe do culturalismo e volve a un compromiso social actualizado (feminismo,
defensa da lingua…). A nivel formal empregan unha linguaxe máis directa e coloquial,
incorporando novos términos do mundo urbano, na métrica predomina o versolibrismo.
Publican nesta época autoras/es como Chus Pato, Sechu Sende, Miro Villar…

As ÚLTIMAS TENDENCIAS incorpóranse voces con variados rexistros e tendencias


xunto con autores das xeracións anteriores, en xeral continuadores da poesía dos 90,
servense das novas tecnoloxías para publicar. Destacan María do Cebreiro con Nós, as
inadaptadas ou Daniel Salgado con Éxodo.

Literatura CVG

TEMA 11

A PROSA DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90.


PROSISTAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES

Coa chegada da democracia, créase unha situación favorable para o idioma e a


cultura galega. Como consecuencia do galego no ensino, as novas editoriais revistas
literarias e premios aumentan os escritores e o número de obras publicadas, sobre todo
na narrativa

Nos 80 consolídase a nosa narrativa, xa que grazas a presenza dos premios e


editoriais , foméntase a difusión e comezan a publicarse moitos títulos con novas liñas
temáticas. Comézase a cultivar a novela de (sub)xénero, nas que se inclúen a policial, a
de ciencia ficción (Ramón Caride, Soños eléctricos), a erótica ou a western. Tamén
destaca a novela intimista, destacando Xavier Alcalá con A nosa cinza na que fala dun
neno burgués pretendendo facer un contraste con Memorias dun neno labrego de N.
Vilas, engadindo elementos innovadores coma o flash-back. Na novela histórica destaca a
búsqueda dos nosos sinais de identidade e na novela experimental renóvase o xénero
coa incorporación da realidade cotiá e os conflitos da sociedade moderna, a utilización de
linguaxes non literarias e fragmentación do discurso (Suso de Toro, Polaroid). Por último
destaca a aparición de voces femininas dando unha nova perspectiva como MX. Queizán
con Amantia. Ademais continúan as modas os escritores que xa se coñecían como Ferrín
ou Vilas.

Nos 90 a pesar dos múltiples camiños que toma a narrativa, aséntanse algunhas
tendencias da etapa anterior coma o relato curto engadindo elementos das novas
tecnoloxías. Aparecen moitas narradoras e caracterízase por ser unha xeración de gran
valor literario cunha particular visión da realidade. Destacan as seguintes tendencias: A
novela histórica centrada na antigüidade, no medievo e na Guerra civil (Fernández
Ferreiro, Agosto do 36), a novela negra (Aníbal Malvar, Un hime que xaceu aquí), a novela
de aventuras (Xosé Miranda, Morning Star), a novela experimental con propostas
narrativas como a ruptura estética e a influencia da cultura “underground” (Suso de Toro,
Tic-tac) e por último a narrativa bravú onde se mesturan tenas urbanos e ruralistas
retratando o choqye cultural que estaba vivindo Galicia no que destaca Manuel Rivas coa
súa constante tensión entre a tradición e a modernidade onde o lirismo e a ironía van
unidos (Un millón de vacas). Coa aparición do sistema educativo aparece tamén a
literatura infanto-xuvenil no que podemos recoñecer a A. Fernández Paz con Cartas de
Inverno.

Na narrativa do novo milenio consolídanse as tendencias abteriores, e o xénero


negro renóvase con Diego Ameixeiras (Baixo mínimos) e o premio Xerais 2016 de M.
Estéban, A ira dos mansos, tamén é novela negra. Aparece a literatura de muller, nas que
estas dnuncian os roles patriarcais en obras como Resistencia de Rosa Aneiros.

Literatura CVG

TEMA 12

O TEATRO DE FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E 90.


DRAMATURGOS TENDENCIAS E COMPAÑÍAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES

A democracia contribuíu a unhas situación favorable para a cultura e o idioma


galego. Consolídanse autores do Grupo Abrente e aparecen outros novos que normalizan
o teatro.

Hai varios factores que favorecen o seu desenvolvemento: Os festivais e os


certames (MITEU), as publicacións e coleccións de teatro, os premios literarios (Premio
Rafael Dieste), a aparición de grupos profesionais, a creación no 84 do teatro institucional
co Centro Dramático Galego, a aparición de círculos teatrais, do teatro xuvenil e da escola
superior de arte dramática

Nos 80 os autores abandonarán a temática social e cultivarán novos temas como o


culturalismo (MA. Fernán Vello, A tertulia das máscaras), o metateatro, ironía e humor
absurdo, así como personaxes anónimos. Tamén destaca Xesús Pisón na busca de novos
camiños expresivos e formais, coma en Teatro-minuto, onde se abrevia ao máximo. Inma
Souto cultiva o lirismo arredor do mundo feminino, desmitific. do príncipe azul (Era nova e
sabía a malvavisco)

Nos 90 os autores escriben directamente para representar, inclúen menos


culturalismo o que facilita a representación. Na temática destaca a comedia, a
intertextualidade (obras baseadas noutras) e o o carácter túdico pola búsqueda de
achegarse a máis público
No cultivo da intertextualidade destaca Cándido Pazó, este emprega personaxes
clásicos e o teatro mítico, así como a adaptación teatral de Memorias dun neno labrego.
EN 2008 estrea A piragua obra na que denuncia os malos tratos e o machismo. Raúl Dans
cultiva a temática neorruralista cun gran dominio do diálogo (Matalobos).

No novo milenio os autores aumentan e sigue destacando a diversidade de temas


con predominio da ironía e a parodia para reflexionar sobre temas de actualidade, tamén
aumenta o teatro experimental con técnicas como a performance. Dáselle máis
importancia a representación que a creación literaria e bótanse en falta as editoriais.

You might also like