You are on page 1of 5

O rexurdimento (S.

XIX)
É o momento de recuperación da lingua, da literatura e da cultura galega despois dos
séculos escuros. Esta recuperación está vinculada coa aparición e o desenvolvemento da
ideoloxía galeguista, a cal reivindica o recoñecemento de Galicia coma un pobo
diferenciado con identidade a dignificar (lingua, cultura..).
3 grandes figuras:

o Rosalía de Castro.
o Eduardo Pondal.
o Curros Enríquez.
Estes autores comezan a usar como lingua literaria o galego (idioma desprezado pola xente
e a cultura naquela época, idioma usado no rural e no familiar).

Galicia no S.XII
Situación socioeconómica e demográfica
Galicia era unha sociedade maioritariamente rural que tiña a agricultura e a pesco como
principais sectores económicos.
A industria non era relevante. Sos destacaban as conserveiras (maior parte catalás).
As vías de comunicación non estaban adecuadas e o ferrocarril non chegaría ata moito mais
tarde.
Emigración
o Causada polos foros e impostos sobre as terras que o9s galegos non podían pagar e
que incrementaban cada vez mais.
o Cara : Arxentina, Uruguai, Cuba, Brasil.
o Mais de 900.000 persoas.
o A maioría de galegos volvían avellentados e pobres, so uns poucos fixeran diñeiro
nas Américas.
o Aumento de mulleres solteiras o que causa o avellentamento da poboación a causa
da falta de nacementos e a vez isto causou falta de forza de traballo.
Esta situación pésima do campesiñado e o problema da emigración mencionase nos poemas
dos autores do rexurdimento ( Rosalía e Curros Enríquez).

Situación política
o 1808: Invasión Francesa por parte de Napoleón.
o 1812: Constitución de Cádiz.
o 1814: Volta de Fernando VII ao poder o que impón de novo o absolutismo.

1
o 1833: Morte de Fernando VII o que cause o inicio das guerras Carlistas pola sucesión
de trono. Inicio do reinado de Isabel II a cal crea a constitución do estado liberal que
causa a caída do Antigo Réxime.
o 1868 - 1874: Sexenio revolucionario e no 1873 a I república.
o 1875: Restauración Borbónica que trae o turnismo entre liberais e conservadores.

O galeguismo: provincialismo e rexionalismo


Provincialismo
No 1833 aparece unha nove división territorial, a que causa que Galicia siga sendo unha
unidade territorial dentro da coroa Española pero non unha unidade política dentro da
mesma. Galicia pasa a dividirse a si mesma en 4 provincias ( A Coruña, Pontevedra, Ourense
e Lugo).
Aparece o provincialismo que reivindica (sobre todo) a unidade desas 4 provincias nunha
soa entidade, baseándose en trazos de carácter diferencial de Galiza como o idioma, a
historia e a cultura.
Rexionalismo (Década de 1880)
Movemento que considera a Galicia unha rexión diferente dentro do estado Español e busca
a autonomía política a administrativa. Baséanse nos orixes celtas do pobo Galego e na
pervivencia (permanecía no tempo) da lingua e cultura Galega.

A lingua foi un punto clave para os rexionalistas, xa que promovían o uso do Galego.
2 correntes:
o Liberal – Manuel Murguía (líder)
o Conservadora – Alfredo Brañas (líder)

A lingua Galega no S.XIX


Axentes da castelanización
Durante o S.XIX avanza o proceso iniciado nos séculos escuros de castelanización da
sociedade Galega. Este proceso esta motivado por 5 procesos que son axentes
castelanizadores.
A escola

No S.XIX estendese a educación primaria e o numero de persoas con acceso ao ensino


aumenta. A escola marxina calquera idioma que non sexa o Castelán.
Convertese nun dos principais focos de expansión do Castelán en Galicia.
A administración

No S.XIX reforzase a administración no novo estado e créanse as deputacións provincias os


concellos... lugares que marxinan a lingua Galega e nas cales so se usa o Castelán.

2
A prensa escrita
Xorden moitos medios de comunicación escritos en Castelán.
A burguesía

Ao longo de S.XIX entran en Galiza moitos burgueses (comercialas, empresarios...) de orixe


foránea que teñen coma primeira lingua o Castelán (As clases altas falan Castelán).
A emigración
En menor medida que o resto pero a emigración influíu xa que a xente emigraba a países de
fala hispana.

Valoracións e ámbitos de uso do Galego


Nesta época vívese un fenómeno contraposto, no que conviven aspectos positivos e
negativos,
Aspectos negativos
o Perda de falantes: o galego perde moitos falantes cada vez mais rápido a favor do
castelán.
o Lingua dominada: é unha lingua non normalizada que está excluída de moitos
ámbitos como a administración, a educación...
o Prexuízos: O galego nesa época esta cheo de actitudes despectivas, xa que o galego
asociase a pouca capacidade lingüística ( atraso, incultura...)

Aspectos positivos
o Lingua maioritaria: aínda que sexa a lingua peor vista e a que fala a maior parte da
poboación. A alta sociedade e a clase media das cidades fala castelán pero o resto da
poboación ( maior parte da poboación) fala galego.
o Lingua literaria e de cultura: despois de 3 séculos sen usarse, gracias aos autores
renacentistas, o galego volve a ser unha lingua literaria e de cultura.
o Defensa do idioma: os intelectuais vinculados co rexurdimento e o rexionalismo
tratan de frear os aspectos negativos cara o galego.

Obxectivos do rexurdimento
Mudar as consideracións negativas
Os intelectuais usan diversos argumentos para frear as connotacións negativas cara o
galego.
Argumentos de prestixio
o Lingua de orixe latina ( non un dialecto)
o O galego ten un pasado glorioso

3
Argumentos de utilidade
o Lingua maioritaria de Galiza
o O galego e unha lingua familiar que xera un vinculo coa xente que mais queremos

Ampliar os ámbitos de uso o galego


O galego recupera o espazo coma lingua de literatura e aparecen certames literarios ( xogos
florais), imprentas dedicadas a publicar en galego( Biblioteca gallega) e parecen as primeiras
obras na nosa lingua.
Empeza a aparecer o galego na prensa periódica. Edítanse xornais en galego como “O Tio
Marcos da Portela”, estas publicacións defendían os intereses de Galiza e denunciaban os
`problemas do pobo galego, a vez daban a coñecer as obras dos escritores da época.
Os intelectuais demandaron o galego en ámbitos formais como a administración, e que o
galego pase a ser unha lingua oficial, pero non tiveron éxito.

Estudar e depurar o idioma


Unha das preocupacións dos escritores da época era saber que modelo ou varíente dialectal
da lingua que debían empregar, polo que durante esta etapa comezase a elaborar un
modelo de galego culto (lingua estándar) no que se recollen diferentes variedades dialectais
e a vez eliminando castelanismos.
Durante esta época aparecen as primeiras gramáticas e os primeiros dicionarios da lingua
galega.

Reivindicar o pasado histórico de Galiza


Outro dos obxectivos dos intelectuais foi reenviar o pasado histórico de Galiza e a súa
identidade como pobo diferenciado, cunha lingua e cultura propias...

Compre destacar que as primeiras historias q se escribiron de Galiza, nesa etapa, nos nas
que se defendía ao pobo galego e o seu orixe celta.

Etapas do rexurdimento
2 etapas fundamentais que se dividen no ano 1963 coa publicación de Cantares Gallegos de
Rosalía de Castro.

Período precursor
Engloba as obras de autores que simpatizaron ou participaron no movemento provincialista
e que usaron o galego antes da publicación de Cantares Gallegos.
Autores:
o Francisco Añón
o Xoán Manuel Pintos

4
Rexurdimento pleno
Marcado por 3 grandes autores:
o Rosalía de Castro
o Curros Enriquez
o Eduardo Pondal

Con eles aparece un sistema literario en galego autónomo e chegar a acadarse altas cotas
de calidade literaria.

You might also like