You are on page 1of 2

CONTEXTO

A comezos do século XIX a poboación de Galicia era fundamentalmente rural, a


economía galega dependía da agricultura, da gandería e da pesca.

As clases sociais privilexiadas, apoiaban o absolutismo; e a burguesía, tiña ideas liberais.


A burguesía industrial foi a que estableceu as primeiras fábricas procedentes de fóra de
Galicia: cataláns, vascos..., quenes empregaban castelán para falar cos galegos. A
reformulación de industrias dos cataláns e vascos, e a chegada dos comerciantes
leoneses, serían fundamentais para que o castelán comece pouco a pouco a penetrar nas
capas máis baixas da sociedade.

Ademais, debido ao escaso nivel de comunicacións que había, era moi complicado
facer comercio. Isto levou á clase popular galega a vivir nunha grande crise económica ao
non ter recursos, e isto xerou que predominase a emigración.

Aínda así, a lingua empregada na fala das clases populares seguiu sendo o galego. Para
a escrita empregábase o castelán, pero esta situación empeza a cambiar por razóns de
tipo político. Prodúcese a invasión francesa (1808) e a conseguinte Guerra da
Independencia (1809-1812), fanse entón os primeiros escritos en galego para mobilizar
os labregos na loita contra os franceses.

Por eses anos desenvolvíase en Europa o movemento cultural e literario chamado o


Romanticismo, que en Galicia entrou serodiamente e creou un clima favorable entre os
intelectuais da época, o que favoreceu o desenvolvemento das linguas chamadas
“rexionais”.

A mediados do século XIX xorde o galeguismo, un movemento ideolóxico que ten como
base a reivindicación da identidade galega dende a política e a cultura. O galeguismo foi
evolucionando, pasando así por diferentes etapas: provincialismo, rexionalismo e
nacionalismo.

ETAPAS
O Rexurdimento divídese en dúas etapas fundamentais: o Período Precursor e o
Rexurdimento Pleno. A data que separa ambos períodos é o 1963, que é o ano no que
Rosalía de Castro publicou “Cantares Gallegos”.

Período precursor: engloba a obra de autores que participaron co movemento


provincialista e que usaron o galego antes de que fose publicado “Cantares Gallegos”:
Antonio Benito Fandiño, Nicomedes Pastor Díaz, Francisco Añón, Xoán Manuel Pintos…
Rexurdimento pleno: este período está marcado pola presenza dos tres grandes
escritores do século XIX galego: Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.
Con eles ponse en pé un sistema literario galego autónomo e chegan a acadarse altas
cotas de calidade literaria.

PRECURSORES
En 1853, Galicia quedou dividida nas catro provincias actuais, e é entón cando na
literatura aparecen os precursores, é dicir, os escritores comprometidos coa defensa do
galego e coa recuperación da cultura galega.
- Antonio Benito Fandiño: autor da obra de teatro “A Casamenteira”, que trata sobre os
casamentos.
- Nicomedes Pastor Díaz: escribiu en galego os poemas: “A alborada”, un poema
amoroso; e “Égloga de Belmiro e Benigno”, un poema dialogado.
- Francisco Añón: escribiu o poema “A Galicia”, que gañou un premio nos Xogos Florais
da Coruña en 1861.
- Xoán Manuel Pintos: autor de “A gaita gallega”, unha obra que foi pensada como un
método de aprendizaxe e exaltación da lingua galega.

AUTORES FUNDAMENTAIS
Entre 1863 e 1888 publícanse as grandes obras do movemento en lingua galega. Hai que
destacar a forte presenza da poesía, xa que o maior número de publicacións pertencía
ao xénero lírico:

- Rosalía de Castro (1837-1885): autora da obra chave do Rexurdimento, Cantares


Gallegos, publicada (en galego) en 1863 e considerada a primeira das grandes obras da
literatura galega da época, na obra fálase de Galicia. En 1880 publicaríase outra das
súas obras máis relevantes, Follas Novas.
- Manuel Murguía (1833-1923): considerado o maior impulsor do Rexurdimento galego.
Foi autor de obras como “Historia de Galicia” ou “Os precursores” e o fundador da Real
Academia Galega en 1906.
- Manuel Curros Enríquez (1851-1908): foi un xornalista e escritor en lingua galega, e
xunto con Murguía, un dos promotores da creación da RAG. Publicou “Aires da miña
terra” e tamén “O Divino Sainete”.
- Eduardo Pondal (1835-1917): destaca pola presenza do simbolismo celta nas súas
obras. Escribiu “Rumores dos pinos” e “Queixumes dos pinos”, tamén é autor do himno
galego “Os Pinos”.

WEBGRAFÍA:

https://www.youtube.com/watch?v=iJm_vN7Hfrk&t=179s

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesastelleiras/aulavirtual/pluginfile.php/22359/
mod_resource/content/1/Rexurdimento%20%28apuntamentos%29.pdf

https://www.libros-antiguos-alcana.com/rexurdimento/movimiento

https://sites.google.com/view/cadernodegalego1bach/2%C2%BA-trimestre/4-o-
rexurdimento

https://web.aulaplaneta.com/inicio/mis-materias/materia/73/tema/1-5298-1-
LG_08_08_AM-1#1-5298-1-58780---6

http://inmaculadamarin-lingua3.blogspot.com/2020/02/rexurdimento.html

You might also like