You are on page 1of 8

A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura.

4 ESO

Galicia no primeiro terzo do século XX

A España das primeiras décadas do século XX pasa por tres etapas ben diferenciadas desde o
punto de vista político:

● A monarquía​. A restauración borbónica ten lugar en 1874 e prolongase ata 1931.

● A II Repúblic​a. O 14 de abril de 1931 ten lugar a instauración da Segunda República e


comeza unha etapa de intensa actividade política e cultural. Esta etapa
corresponderase co desenvolvemento do nacionalismo e cun extraordinario
desenvolvemento da literatura.

● A Guerra Civil ​(1936-1939). Trátase dun período de silencio e represión que suporá a
paralización da vida política e cultural, así como o retroceso de todos os avances
conseguidos durante a II República.

A Galicia de comezos do século XX segue sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso
económico. As capas superiores da sociedade correspondían á Igrexa e á fidalguía, que eran
os propietarios da terra. O campesiñado, empobrecido, continuaba tendo que emigrar a
América como no século anterior.

Pero no primeiro terzo do século producíronse importantes cambios sociais e culturais, entre os
que destacan os seguintes.

● O movemento agrario ou agrarismo. Trátase dun movemento reivindicativo dos


campesiños que se organiza e crea sociedades agrarias e sindicatos agrícolas para
defenderen os seus intereses. O seu obxectivo principal era a abolición do sistema foral
que os obrigaba a pagar rendas abusivas; a súa pretensión era convertêrense en
propietarios plenos das terras que traballaban.

Neste labor destacou especialmente a sociedade Acción Gallega, fundada en 1910 por
Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).

● A decadencia da fidalguía debido á desaparición do sistema foral en 1926 - o que


supoñía a perda da súa principal fonte de ingresos-, así como á súa incapacidade para
adaptarse aos novos tempos. Deste modo, os fidalgos perden o seu papel
predominante na sociedade e serán substituídos por unha burguesía foránea, chegada
de fóra.
A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura. 4 ESO

● O nacemento dunha burguesía ​dedicada fundamentalmente ao comercio, a banca, á


industria conserveira e á construción naval.

● O ​trasvase de poboación rural a espazos urbanos​, cambiando a agricultura e a


pesca pola industria, o comercio e o sector servizos, o que supón o desenvolvemento
das cidades, como Vigo ou A Coruña.

● A creación das ​Irmandades da Fala en 1916, por iniciativa de Antón Vilar Ponte, que
funda a Irmandade da Fala da Coruña. O seu obxectivo principal era a exaltación e
dignificación do idioma galego, así como a expansión do seu uso. Axiña xorden novas
irmandades nas vilas e cidades de Galicia: Santiago, Monforte, Lugo, Ourense, Muxía...
e tamén en Madrid, Bos Aires, A Habana…

A este movemento súmanse os principais escritores e intelectuais do momento: Ramón


Cabanillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, etc. En 1918 as Irmandades convértense
nunha organización política que formulará as teses do ​nacionalismo galego​. Galicia é
definida como unha nación, é dicir, un país con raza, lingua, territorio, historia,
institucións e cultura propias. As reivindicacións principais do nacionalismo son:

- Autonomía integral para Galicia no camiño dunha federación de pobos libres da


Península Ibérica.
- Cooficialidade lingüística entre galego e castelán.
- Ingreso na Sociedade das Nacións.
- Potenciación da cultura propia de Galicia.

En 1931, na VII e última asemblea das Irmandades, fúndase o ​Partido Galeguista​. Na súa
Declaración de Principios​, considera que a lingua galega é un dos trazos individualizadores
máis importantes de Galicia e defende o dereito ao seu emprego, así como a súa oficialización.

En 1932 elabórase o ​Estatuto de Autonomía​, aprobado en plebiscito pola poboación galega o


28 de xuño de 1936; pero o comezo da guerra impedirá que sexa ratificado polas Cortes
Republicanas, o que non acontecerá ata 1938. en plena Guerra Civil, grazas ao esforzo de
Castelao. A aprobación do Estatuto suporía a oficialización da lingua galega; o remate da
Guerra e o inicio da ditadura franquista truncou o seu desenvolvemento.
A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura. 4 ESO

A lingua galega ata 1936

Nas primeiras décadas do século XX continúa o proceso de recuperación e expansión da


lingua galega iniciado no século anterior.

● As ​Irmandades da Fala asumen o ideario nacionalista e perseguen a dignificación e


normalización da lingua galega en todos os niveis, o que supón a súa utilización en
ámbitos nos que nesa época tiña unha presenza escasa: ensino, xustiza, prensa, actos
públicos, etc.

● O ​Seminario de Estudos Galegos​, institución de carácter científico fundada en 1923


por un grupo de estudantes e profesores universitarios; participa na potenciación do
noso idioma ao empregalo para a redacción das primeiras obras de ensaio na nosa
lingua, centradas no estudo e divulgación da historia e da cultura galegas: xeografía,
etnografía, historia, filosofía.

● No ​Estatuto de Autonomía deféndese a cooficialidade de galego e castelán e


reivindícase a presenza da lingua galega no ensino.

Deste modo vaise consolidando o proceso de ​normalización ​do idioma e mellorando a súa
consideración social. A maioría da poboación segue sendo monolingüe en galego, pero o
proceso de castelanización increméntase debido á influencia do castelán como lingua
maioritaria na escolarización e nos medios de comunicación.

Esta defensa do idioma supuxo tamén a necesidade de elaborar un modelo de ​lingua


estándar​, capaz de superar diferenzas locais, que non as mesturase, como sucedía cos
escritores do Rexurdimento. Deste modo, procúrase a creación dunha variante supradialectal.

En 1906 créase a ​Real Academia Galega​, co obxectivo de fixar e depurar o idioma.


A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura. 4 ESO

A literatura nos comezos do século XX


Como consecuencia deste clima de reivindicación e potenciación da lingua, nas primeiras
décadas do século XX a literatura galega experimenta un notable crecemento. Os autores
recollen o herdo do Rexurdimento do seculo XIX e van incorporando novos xéneros e novas
perspectivas que revitalizan o panorama literario. Hai que destacar a creación de editoriais (Lar,
Céltiga, Nós...), revistas e xornais (A Nosa Terra, Nós, Ronsel, Alfar...) que propician a
dinamización cultural de Galicia e posibilitan un notable incremento da actividade literaria na
nosa lingua en todos os xéneros, especialmente no narrativo e no dramático.

Na produción literaria de comezos do século XX diferéncianse dúas etapas:

● A ​etapa anterior a 1916 (fundación das Irmandades da Fala). Caracterízase pola


continuación das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimento: Rosalía, Curros e
Pondal, principalmente. O xénero máis cultivado segue sendo a poesía, que se ocupa
de temas intimistas, costumistas, paisaxistas, sociais-patrióticos, etc. Destaca a figura
de Antonio Noriega Varela.

● A comprendida ​entre 1916 e o comezo da Guerra Civil en 1936. Grazas ao labor das
Irmandades da Fala, créanse as infraestruturas necesarias para a renovación da
literatura. Deste modo, o panorama literario vai ir mudando progresivamente coa
incorporación de novos autores, e a actividade literaria experimenta un gran
desenvolvemento. Neste momento aumenta considerablemente o cultivo da narrativa,
así como do teatro e do ensaio.

Destaca neste período Ramón Cabanillas.


A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura. 4 ESO

Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959)

Ramón Cabanillas naceu en Cambados en 1876. Logo de realizar no Seminario Menor de


Santiago, en 1910 emigra á Habana. Alí entra en contacto coa intelectualidade galeguista
emigrante e publica os seus dous primeiros libros de poesía: ​No desterro (​ 1913) e ​Vento
mareiro ​(1915).

En 1916 regresa a Galicia e participa activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu
tempo: nas Irmandades, no Grupo Nós, no Seminario de Estudos Galegos... Vincúlase ao
nacionalismo e a Acción Gallega -liderada polo abade Basilio Álvarez-, converténdose ao
pouco tempo no poeta do movemento agrarista cos seus poemas de ton anticaciquil. Todo isto
valeulle o apelativo de «Poeta da Raza».

En 1920 ingresa na Real Academia Galega e, en 1929, na Real Academia Española como
representante da literatura galega.

Despois da Guerra Civil (1936-1939), volve escribir obras en galego; é autor do primeiro libro
que publica a editorial Galaxia tras a súa fundación, Antífona da Cantiga (1951).

A súa obra

A obra literaria de Ramón Cabanillas é moi extensa e variada. Cultiva diferentes xéneros,
fundamentalmente o poético. A súa poesía caracterízase por conxugar a tradición literaria
procedente dos escritores do século XIX (Rosalía, Curros e Pondal) coas novas correntes
anovadoras do seu tempo, como o modernismo. Deste modo é un autor que serve de ponte
entre a tradición decimonónica e as vangardas literarias galegas, que veremos na unidade 4.

1. Poesía​. A súa poesía podemos clasificala deste modo:


○ a) ​Poesía lírica​. Nela diferéncianse tres liñas básicas:

- ​Poesía cívica ou social, de carácter agrarista e anticaciquil, que


continúa a temática civica de Curros Enríquez. Está presente
especialmente nos tres primeiros libros.
A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura. 4 ESO

- ​Poesía intimista​, na liña de Rosalía de Castro ou Bécquer. O libro máis


significativo desta temática é ​A rosa de cen follas.​
- ​Poesía costumista​, que debuxa tipos, situacións, ambientes, con
elementos humorísticos e con aspectos formais de carácter modernista
(musicalidade da linguaxe, sensualidade, colorido....).

○ b) ​Poesía narrativa​, á que pertencen as obras ​Na noite estrelecida​ e ​Samos.​

Na noite estrelecida recolle os temas medievais célticos da «materia de Bretañas: as lendas


da corte do rei Artur e a busca do Grial polos cabaleiros da Táboa Redonda. Consta de tres
sagas que se desenvolven parcialmente en escenarios galegos: «A espada Escalibor», que se
atopa na illa de Sálvora, desde onde será levada á presenza do rei Artur: «O cabaleiro do
Santo Graal», na que Galahaz atopa o cáliz da Derradeira Cea no Cebreiro; e “O sono do rei
Artur, que narra a morte do rei e o seu descanso nunha furna á espera de tempos futuros.

Cabanillas galeguiza este tema e entróncao coa ideoloxía nacionalista da época, de acordo cos
postulados das Irmandades da Fala e cos ideais atlantistas de Vicente Risco. Deste modo
establece varios paralelismos: o cáliz identificase co escudo, que representa a identidade de
Galicia; os cabaleiros da Táboa Redonda identifícanse coas Irmandades da Fala; e a procura
do Grial, coa arela de redención e liberdade da nosa terra.

​ arra os acontecementos principais da vida deste santo, presente na


O bendito San Amaro n
tradición popular das terras do Salnés, das que procede o autor.

Samos t​ rata da historia e da vida dos monxes deste mosteiro, no que o propio Cabanillas
pasou algunhas tempadas. Algunhas características da poesía de Cabanillas:
- Trazos modernistas que o distinguen do popularismo ou formalismo dos devanceiros e o
converten na ponte necesaria entre o Rexurdimento e as Vangardas.
- Tendencia ao sensual e colorista.
- Preciosismo verbal.
- Musicalidade.
A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura. 4 ESO

❏ Teatro

​ unha comedia de tema amoroso protagonizada por personaxes fidalgos.


A man da santiña é

​ un drama en verso de intención política. Recupera a figura do mariscal Pardo de


O Mariscal é
Cela, executado en 1483 por orde dos Reis Católicos. O Mariscal é un símbolo da resistencia
galega fronte á política centralista dos reis, e convértese nunha referencia fundamental para o
nacionalismo de comezos do XX. A reconstrución do noso pasado serve así á ideoloxía das
Irmandades da Fala.

❏ Prosa
Antífona da cantiga é unha antoloxía de cantigas populares. Inclúe un prólogo no que
Cabanillas fai unha gabanza da poesía popular.
A poesía no primeiro terzo do XX Lingua galega e literatura. 4 ESO

Norlega Varela (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947)

Tras os seus estudos no Seminario, exerceu como mestre en diversos lugares de Galicia.
Vencellouse ao movemento agrario e compuxo algúns poemas sobre o tema.

É autor dun único libro, Montañesas (1904), que a partir da 3a edición cambia o seu título polo
de ​Do ermo.​

Na súa poesía trata dúas temáticas principais:


- O costumismo: as circunstancias da vida dos labregos.
- O lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da natureza.

Tamén publicou unha recompilación de cantigas populares en honra da Virxe: ​A Virxe e a


paisanaxe (1913), e unha colección de refráns e cantares populares: ​Como falan os brañegos
(1928).

You might also like