You are on page 1of 1

O GALEGO ENTRE O 1936 E O 1975

Características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación


sociolingüística.

Coa Guerra Civil virán serias e negativas consecuencias para a lingua e a cultura galega xa que o
proceso de normalización comezado no Rexurdimento queda paralizado ante a dura represión
desatada nos anos da guerra e posguerra.
Trala Guerra Civil imponse un réxime ditatorial en España, a ditadura franquista, que non rematará
ata 1975 coa morte do xeneral Franco. Nesta etapa o castelán será a única lingua empregada real e
oficialmente na igrexa, na escola, na administración e nos medios de comunicación. Sen embargo, o
galego segue sendo neses anos o idioma máis falado como lingua de uso familiar sobre todo no medio
rural e non será ata a década dos 60 cando os grandes movementos migratorios a Hispanoamérica,
Europa e das aldeas ás cidades provoquen a perda dun elevado número de galegofalantes. Ademais a
extensión da escolarización e dos novos medios de comunicación (radio e televisión) contribúen a
introducir o castelán en todos os recantos do país.
O proceso de desmantelamento cultural, político e social que se produce en Galicia leva ao exilio a
boa parte dos nosos escritores, intelectuais e artistas. Así a actividade galuista trasládase a Bos Aires,
onde teñen lugar conferencias, cursos de galego, emisións radiofónicas e publicacións periódicas en
galego... En Galicia, haberá que agardar á década dos 50 para que se inicie unha lenta recuperación
cultural:
□ No ano 1950, impulsada por un grupo de galeguistas, nace a editorial Galaxia que
ofrece a canle máis importante para a publicación de libros en galego. Tamén
consegue editar a revista Grial, que serve de instrumento de expresiónn para o
ensaio en galego.
□ Nacen asociacións culturais como O Facho na Coruña e O Galo en Santiago que
teñen como obxectivo principal a defensa do galego e nelas colaboran
fundamentalmente militantes de esquerda e nacionalistas.
□ En 1963, conmemorando o centenario de Cantares Gallegos, a Real Academia
Galega institúe o Día das Letras Galegas cada 17 de maio.
□ No 1965 incorpórase a materia de Lingua e Literatura Galega nos plans de estudo
da carreira de Filosofía e Letras.
□ En 1971 créase o Instituto da Lingua Galega, institución que levará a cabo a
normativización do galego e publicará os libros Galego , Galego II e Galego III,
primeiros libros para a aprendizaxe do galego.

Os estudos lingüísticos máis importantes deste período son:


- Gramática elemental del gallego común de Ricardo Carballo Calero
- Dicionario Enciclopédico gallego castellano de Eladio Rodríguez
- Dicionario galego castelán de X.L. Franco Grande

No tocante á variedade escrita, o galego escrito nesta época recibe o nome de galego
PROTOESTÁNDAR porque é un avance do que será o estándar definitivo do galego en 1982.
Caracterízase pola simplificación ortográfica imposta por Galaxia (elimínanse os apóstrofos e os
guións e distintos tipos de acentos que enchían o galego de preguerra) e pola tendencia purista no
léxico incorporando neologismos e cultismos e rexeitando a maior parte dos hiperenxebrismos e
arcaísmos do período anterior. Tamén se fai un notable esforzo por adaptar o galego á vida urbana.

You might also like