You are on page 1of 5

HISTORIA SOCIAL

DA LINGUA: DE 1936
A 1978.
◦ Guerra civil española (1936-1939) e ditadura franquista (1939-1975): Longa noite de
pedra (Celso Emilio Ferreiro).

◦ O proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentúase profundamente.


Causas:
 Represión do franquismo contra todas as linguas distintas do castelán.

 Xeneralización da educación obrigatoria, exclusivamente en castelán.

 Cambio da estrutura socioeconómica tradicional: industrialización

(Vigo, A Coruña, Ferrol, anos 60), que provoca urbanización. Ambos

procesos, cambio de lingua cara ao castelán.


 Chegada dos medios de comunicación audiovisuais (radio e televisión), exclusivamente en castelán.
◦ Consecuencias do aumento da castelanización:
 Galego: maioritario, pero perde falantes. Marxinado dos ámbitos formais, co consecuente
desprestixio (asóciase á incultura, rural, clases baixas).
Castelán: minoritario, pero introdúcese por primeira vez en tódalas clases sociais, gañando

falantes. Único oficial, presente en todos os ámbitos da vida pública. Prestixioso .


Produción en lingua galega
◦ Guerra civil e primeiros anos da ditadura franquista: actividade literaria, cultural e política de tipo galeguista
e/ou en lingua galega, só no exilio americano (entre outras iniciativas, fúndanse editoriais, revistas e xornais,
creáse o Consello de Galiza, saen obras destacadas como A esmorga, de Blanco Amor, ou Os vellos non deben de
namorarse, de Castelao…).

◦ A partir dos 50: iniciativas literarias, culturais e políticas en Galicia para recuperar a nosa lingua.
 1950: editorial Galaxia (autores exiliados ou silenciados a partir de 1936 e novas xeracións dos 50 e 60). Con todo, segue
a haber censura (revista Grial, textos informativos en galego nos xornais, emprego do galego en actos públicos…).

Asociacións culturais (O Galo, O Facho): reivindican o uso do idioma e achégano á sociedade a través de

cursos, conferencias, coloquios...

 Anos 60

Primeiros partidos políticos nacionalistas, clandestinos: UPG (Unión do Povo Galego) e PSG (Partido
Socialista Galego): reivindican o autogoberno e a oficialidade do galego.
• 1975: morte de Franco e fin da ditadura. Democracia: posibilidade de recuperación
dos dereitos das nacionalidades históricas.

• 1978: aprobación da Constitución. Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de


Galicia, aprobado en 1981:
Galego como lingua oficial e propia.

Presenza do galego no ensino.

You might also like