You are on page 1of 3

1.

Introdución
1. Concepto
A cuestión nacional continúa a ser un aspecto polémico: á nación española súmanse diversos
movementos que defenden a existencia doutras identidades dentro do país.
Malia as diferenzas lingüísticas, culturais e legais, a creación do Estado liberal español (1833-1874)
supuxo o unitarismo. A idea de nación apareceu coas transformacións liberais das Cortes de Cádiz e a
defensa do territorio fronte á invasión napoleónica. A Constitución de 1812 foi a primeira en recollela
e definila como un corpo político independente, formado por tódolos habitantes da Coroa, e nela
residía a soberanía. Os cidadáns debían estar sometidos ás mesmas leis e ter os mesmos dereitos.
Os intentos de centralización e uniformidade dos gobernos moderados de Isabel II vense na política
do goberno dos concellos, coa que os monarcas pretendían elixir aos alcaldes das cidades. Foi
implantada en 1837 (trala caída rexente María Cristina) e en 1845 co goberno moderado de Narváez.
2. Evolución
Fronte ao unitarismo e centralismo, en 1830 xurdiron movementos que defenderon as
particularidades culturais, xurídicas e políticas das provincias españolas, algunhas identificadas como
vellos reinos medievais. Reciben o nome de provincialismo, e podían ser progresistas (como as ideas
de Antloín Faraldo) ou tradicionalista (defensa das tradicións locais fronte o igualitarismo lexislativo
liberal, que en País Vasco e Navarra coincidiron coa defensa do mantemento dos privilexios forais).
Durante a Restauración Borbónica, o provincialismo derivou no rexionalismo e no nacionalismo,
nados como unha reacción fronte ao sistema político e a súa pretensión de impoñer unha cultura
oficial castelanizada que ingoraba a existencia doutras linguas e culturas.
Así pois, dos movementos destacan factores como a diversidade cultural e lingüística, a imposición
do Estado liberal no s. XIX (que significou a subordinación das outras linguas e culturas), a débil
nacionalización española (non se desenvolve un sentimento nacional español) e o desigual
desenvolvemento capitalista (dado pola dificultade de comunicacións e o diferente grao de
industralización, que orixinaron importantes desequilibrios).
2. O catalanismo
O catalanismo defende os intereses cataláns en todos os ámbitos, dende o cultural ó político.
Comezou a mediados do s.XIX, e as súas manifestación foron múltiples.
Cara 1830 xurdiu a Ranaixença, un movemento cultural e literario cuxa finalidade era recuperar a
lingua e os sinais da identidade e cultura catalás. Porén, carecía de aspiración e de proxectos
políticos, pois os seus obxectivos eran puramente culturais. Existían dúas correntes: a de herdanza
republicana e progresista e outra máis literaria, apolítica e conservadora.
As primeiras formulacións políticas catalanistas viñeron de Valentín Amirall, un republicano federal
que convocou o primeiro Congreso catalanista (1880) para unificar ambas correntes.
Unha segunda formulación máis tradicionalista e conservadora tivo máis capacidade de actuación e
influencia na política española. Esta é representada pla Lliga de Cataluña, que derivou na Unió
Catalanista. O seu programa fixouse nas Bases de Manresa, que defendían a organización confederal
de España. Proclamaba a oficialidade do catalán e propoñía o restablecemento das súas institucións
tradicionais. Porén, a renuncia a participar na política levou á defensa dunha intervención máis clara.
O momento propicio para esta nova formulación chegou tralo desastre do 98.
Na política, o catalanismo foi evolucionando cara posicións nacionalistas. Enric Prat de la Riba
identificou a Cataluña como nación porque contaba cos requisistos para ser considerada como tal:
lingua, territorio e vontade de autogobernarse. Para harmonizar o goberno catalán coa unidade
española, propuxo a federación das nacións ibéricas que constituirían España como un Estado
composto. As súas ideas foron a base do nacionalismo catalán conservador. En 1901, os seus membros
fundaron a Liga Rexionalista de Cataluña para participar activamente na vida política.
2. O nacionalismo vasco
Durante a Idade Media e o Antigo Réxime as provincias vascas e o reino de Navarra conservaron
privilexios forais. A abolición dos foros trala última guerra carlista (1876) deu orixe ao nacemento
dunha corrente que reivindicaba a reintegración foral. Doutra banda, a industrialización favoreceu a
inmigración, o que supuxo unha ruptura da sociedade tradicional.
Como reacción, fortalecéronse os defensores da lingua e cultura vascas, contrarios ao proceso de
españolización provocado pola chegada de traballadores doutras rexións de España. Neste contexto,
Sabino Arana formulou os principios do nacionalismo vasco e impulsou a formación do PNV (1894).
A súa ideoloxía xiraba en torno aos principios da raza vasca, dos foros e da relixión. O seu lema foi
“Deus e Lei Vella” (foros), e defendía a sociedade patriarcal dende unha persepctiva anti-liberal e
tradicionalista. Defendeu a independencia do territorio vasco fronte a España e Francia e a súa unión
nunha nova entidade política: Euskadi.
Para o escritor, a raza, o integrismo católico, os foros, o idioma e os costumes tradicioanais definen á
nación vasca. Argumentou en contra dos maketos, un termo xenófobo empregado para referirse aos
traballadores españois que acudían a País Vasco buscando un modo de vida.
Nos últimos anos da súa vida foise moderando, especialmente a partir de 1901, cando abandoou os
seus postulados independentistas para impulsar a creación dun partido autonomista, que non tivo
lugar polo seu falecemento en 1903.
3. O galeguismo
As reivindicacións derivadas da toma de conciencia das particularidades de Galicia a mediados do
s. XIX uníronse á defensa dos seus intereses económicos e poíticos. O resultado foi a configuración do
galeguismo, que reivindica o recoñecemento dos intereses de Galicia, a defensa do galego e o
autogoberno. A súa evolución divídese en tres fases mais a propiamente nacionalista desenvólvese a
comezos do s. XX coa aparición das Irmandades da Fala e de figuras coma Castelao.
1. Provincialismo (1840-1885)
Naceu nos anos 40 no seo do Partido Galeguista e debe o seu nome á defensa da unidade territorial
de Galicia, fragmentada en catro provincias, así como á reivindicación dun autogoberno. O primeiro
grupo estaba formado por estudantes e profesións liberais. Introducen o historicismo, o manifesto do
carácter de cada pobo na súa historia. Isto convertía a Galicia nun organismo cuns dereitos culturais,
económicos e políticos que non podían atenderse cun goberno centralista.
En 1846, Antolín Faraldo manifestou as características diferneciadoras e os problemas de Galicia. A
posta en práctica das súas ideas manifestouse no Pronunciamento de 1846 encabezado por Miguel
Solís contra o goberno moderado de Narváez. Levou á creación dunha Xunta Superior de Goberno de
Galicia en Santiago, que denunciou a explotación do pobo e o desexo de rexeneración. Acabou co
fusilamento dos mártires de Carral.
2. Rexionalismo (1885-1916)
A finais de século, o provincialismo transformouse no Rexionalismo, que buscaba e defendía o
emprego da lingua propia e a autonomía política e administrativa, sen rachar a unidade española.
O galeguismo deixa de estar politicamente subordinado a España, e adquire unha personaliade
propia. Os fracasos dos carlistas e dos republicanos federais no Sexenio estimúlano, e pasa a ter tres
correntes: a liberal, herdeira do provincialismo e liderada por Manuel Murguía; a tradicionalista e
catótica, encabezada por Alfredo Brañas; e a federalista, representada por Aureliano Pereira.
O programa común, formulado por Murguía e Brañas, reclamaba a autonomía política, a fin do
caciquismo, a cooficialidade do galego e políticas superadoras do atraso económico e a emigración.
Nesta época apareceron as primeiras institucións en defensa da lingua (Real Academia Galega, 1906)
e fundáronse os primeiros xornais para a difusión dos ideas galeguistas (A Nosa Terra, 1907).
3. Nacionalismo (1916-actualidade)
A partir de 1916, o galeguismo político pasa ao nacionalismo. Os escritos dos irmáns Villar Ponte,
VIcente Risco e Castelao recolleron e divulgaron os trazos esenciais da nación galega, analizaron os
seus problemas e propuxeron solucións e alternativas para trandformar a realidade política e
económica galegas. Afirman que Galicia é unha nación diferenciada e caracterizada pola súa lingua,
xeografía, raza (a céltica), espírito (a alma galega, a saudade), cultura e historia, elementos moi
diferenciados dos outros pobos de España.
As reivindicacións nacionalistas quedaron anuladas durante a ditadura de Primo de Rivera, se ben
na Segunda Rebública a nova Constitución estableceu o Estado integral compatible ca autonomía de
municipios e rexións, que permitiu a aprobación dos estatutos de autonomía catalán e vasco. A
tramitación do galego quedou suspendida polo estoupido da Guerra Civil en 1936.

You might also like