You are on page 1of 5

A CUESTIÓN NACIONAL NO ÚLTIMO TERZO DO S XIX

A cuestión nacional aparece en España vinculada ao liberalismo de Cádiz e implica o


nacemento dunha cuestión territorial. Deste xeito, xorde o nacionalismo de estado,
coas súas dúas tendencias e que orixinará como resposta os nacionalismos
periféricos, en especial en Cataluña, País Vasco e Galicia, defenden a consideración
das súas propias comunidades como nacións da española.

A constitución de 1812 define por primeira vez a nación española da maneira liberal e
dicir, formada por todos os habitantes da coroa (na que reside a soberanía) sometidos
a mesma lei e cos mesmos dereitos. Dentro desta ideoloxía de nacionalismo liberal
atopamos o nacionalismo conservador e o liberal-democrático.

- O primeiro foi defendido por moderados, conservadores e tradicionalistas.


Destacan Cánovas del Castillo, intelectual e dirixente do partido conservador e
Méndez Pelayo, intelectual e filólogo presente na real academia de lingua e na real
academia de historia, que foi membro do partido neocatólico. Eles consideran a
nación española unha patria. Un estado independente, uniforme e centralizado,
incompatible con particularismos. Trátase dunha visión historicista de nación,
propia do antigo réxime. Por tanto, como elementos identificatorios da nación
española están: o catolicismo, a península ibérica, a unidade da patria e a Coroa.
- Respecto ao nacionalismo liberal-democrático, atopamos entre os defensores a Pi
i Margal, federal gradualista, presidente na primeira república, ao filosofo e
ensaísta Ortega e Gasset e a Manuel Azaña, presidente na segunda república.
Para eles a nación é unha patria compatible cos particularismos e coa
descentralización político administrativa.
Como resposta a tendencia centralizadora e unificadora do liberalismo, en particular
do conservador, atopamos os rexionalismos e nacionalismos periféricos. Destacan en
Galicia, Cataluña e Pais Vasco. Propoñen o recoñecemento de territorios con
elementos identificativos comúns. Entre estes:

- A reivindicación da identidade territorial


- A descentralización política administrativa, chegando a autonomía
- Reivindicación da identidade cultural (lingua, cultura...)
- Defensa dun pasado común distinto ao do resto dos españois e do que xorden os
símbolos (bandeira, himno...)
- Ademais, a identidade destes movementos esta defendida tanto por asociacións
políticas como culturais.
Tamén existen unha serie de factores que facilitan os nacionalismos periféricos.
Entre eles: a imposición do Estado liberal (centralizador e unitario), a diversidade
cultural e lingüística, a débil nacionalización española...
Os nacionalismos periféricos, a partir da década dos 80 pasaron por 2 fases, coa
excepción vasca. Son:

- Rexionalismo: movemento que aparece na década de 1880 que reivindica a


identidade territorial con descentralización administrativa e política.
- Nacionalismo: corrente ideolóxica e político cultural que aspira a que un territorio
se converta en nación por ter unha identidade propia cos elementos identificativos
característicos. Dentro do nacionalismo existen 2 correntes: o moderado, defende
a identidade da nación dentro do estado, e o independentista, que avoga por unha
identidade independente.
Na cuestión nacionalista atopamos 3 identidades principais: catalá, galega e vasca.
CATALANISMO
A primeira delas, o catalanismo, ten as súas primeiras manifestacións políticas no
rexionalismo. Este dividiuse en dúas tendencias:

- A progresista: estivo liderada por Valentí Almirall, avogado barcelonés e


republicano federal. El fundou a primeira publicación diaria en catala, Diari Catala e
o Centre Catalá, un centro de cultura. Resultado do labor de Almirall e do centro
catalán presentase en 1885 un Memorial de agravios a Alfonso XII no que se lle
propón modificar a estrutura centralizada do estado que impide a organización
rexional de España.
- A conservadora: destacan Prat de la Riba e Cambó. Ambos formaron parte da Liga
de Cataluña. A súa iniciativa, lévaa a evolucionar ata que en 1891 crean a Unión
Catalanista. Esta foi a primeira en redactar o borrador dun estatuto de autonomía,
as Bases de Manresa (1892). Iníciase así, o proceso preautonómico en Cataluña.
Prat de la Riba evolucionara de defensor do rexionalismo conservador a teórico do
nacionalismo. El e o primeiro en identificar Cataluña como nación. Xorde deste modo,
o nacionalismo catalán, que contara con 2 correntes.

- Prat de la Riba (político, licenciado en dereito e escritor barcelonés) representaba


o nacionalismo catalán conservador. Os seus partidarios fundaron a Liga
Rexionalista de Cataluña, que pretendía presionar ao goberno de Madrid para que
recoñecera a identidade catalá. Buscan conseguilo a través da Lei de
Mancomunidades. Con ela, en 1914 constitúese a Mancomunidade de Cataluña,
que foi o primeiro recoñecemento da súa autonomía política e xurídica. O dirixente
mais destacado e cofundador da Liga foi o gironés Francesc Cambó. En 1919, os
catalanistas elaboraron un proxecto de Estatuto de autonomía rexitado polo
goberno central.
- A segunda das correntes é o nacionalismo catalán progresista e republicano.
Supón o nacemento do independentismo e é defensor do reformismo social, do
laicismo e do republicanismo. Os seus máximos representantes foron Antoni
Rovira i Virgili, militante en esquerra republicana e Francesc Maciá, militar e
republicano independentista.
Todas as reivindicacións catalanistas foron reprimidas pola ditadura de Primo de
Rivera. Na segunda republica as forzas de esquerda nacionalista recuperan a súa
solidez e reagrúpanse formando Esquerra Republicana.

NACIONALISMO VASCO
Pola súa parte, o nacionalismo vasco xorde a partir do carlismo entendido como
defensa do foralismo. Os vascos tras a morte de Fernando VII deciden apoiar o
carlismo representado por Carlos de Borbón, en lugar do liberalismo de Isabel II e de
carácter centralizador. O carlismo intensifícanse durante o goberno de Cánovas del
Castillo que suprime os foros vascos, mais o desacordo dos progresistas obrígano a
aceptar o Concerto Económico.
Neste contexto, o primeiro dos ideólogos do nacionalismo vasco é Sabino Arana.
Político e escritor de Bilbao, creador da ikuriña e participe na elaboración do himno
vasco. De educación carlista, defende a raza vasca, o integrismo católico, os
costumes... pois considéraos os elementos que definen a nación vasca. Tamén
concibe como un elemento, mais que contribúe negativamente, aos masketos (non
vascos). Chegan de toda España por mor da industrialización e representan a
desvasquización, o liberalismo e o ateísmo.
Sabino Arana, no domingo de resurreccion de 1882 (data que foi convertida no Aberri
Eguna) comeza a definir País Vasco como nación. Fundou en Bilbao o Euskaldun
Batzokija, unha sociedade político cultural co obxectivo de defender o restablecemento
da independencia dunha nova Euskadi. Mostra que, para Arana, a patria vasca debe
ser independente, cun goberno propio e baseada en: lei, Deus e foros, nunha bandeira
(a ikurriña) e lingua (o euskera).
Foi tamén él o fundador, en 1895, do Partido Nacionalista Vasco. Tras a súa morte en
1903, o PNV, quedou baixo a dirección de Ángel Zabala. Constitúense entón, un
órgano de partido, Euzkadi Buru Batzar e precísanse os estatutos. En 1923, coa
ditadura de Primo de Rivera foron suprimidas as organizacións políticas vascas. Non
se producirá ata 1930, a unión de novo, no PNV, das dúas tendencias de nacionalismo
vasco existentes.

GALEGUISMO
Atendendo a cuestión nacionalista galega, atopamos o galeguismo. Unha corrente
ideolóxica, cultural e política que defende a identidade de Galicia.
Os orixes do galeguismo están no provincialismo. Destacou Antolín Faraldo. El foi o
primeiro en diferenciar a identidade galega. Esta reivindicación foi acompañada polo
pronunciamento de 1846. Encabezado por Miguel Solís e que rematou en fracaso
(Mártires de Carral). A parte deste acontecemento destaca un movemento cultural, o
Rexurdimento
A identidade galega debatese plenamente na década dos 80, da man do rexionalismo
e o nacionalismo.
O rexionalismo galego constou de dúas posturas ideolóxicas:

- Vía progresista, liderada por Manuel Murguía, creador da RAG e militante da Liga
Galega. Foi o primeiro defensor da existencia dunha nacionalidade galega.
- Vía conservadora, de Alfredo Brañas Menéndez. O ideólogo do rexionalismo e
militante do partido de Asociación Rexionalista. Defendeu a idea dunha dobre
patria considerando Galicia unha patria dentro doutra, de España. Os galegos
compartimos así a identidade española e a galega. As súas propostas incluían o
catolicismo como trazo fundamental.
Tamén nesta época aparecen as primeiras organizacións políticas de tipo galeguista:
Asociación Rexionalista Galega e Liga Galega. Así como bandeira, himno, periódicos
(A Rexión Galega)...
Respecto do nacionalismo galego, poderíase comentar que é lixeiramente tardío. O
seus principais teóricos, tres dos membros das IF, foron: o ensaísta e político lugués,
Antón Vilar Ponte, o escritor ourensán, Vicente Risco e o membro do partido
galeguista, debuxante e ensaísta, Castelao. Todos eles defendían Galicia como unha
nación diferenciada cuns elementos identificativos propios.
O nacionalismo galego contou con dúas correntes: a progresista, de Castelao, e a
conservadora, do grupo ourensán (Pedrayo, Risco...). Ambas mantiveron un ideario
común básico: a denuncia do atraso económico e da opresión cultural de Galicia.
A hora de organizar o nacionalismo galego, atopamos as Irmandades da Fala. A
primeira, fundada na Coruña en 1916 e impulsada por Antón Vilar Ponte. Defenderon
en toda Galicia a dignificación da identidade cultural e político administrativa. En 1918,
en Lugo celebrouse a primeira asemblea das Irmandades da Fala, a I Asemblea
Nacionalista, na que se definiu a busca da autonomía integral de Galicia. Compre
salientar, que en 1923 xorde o Seminario de Estudos Galegos, institución cultural que
difundiu o patrimonio galego. Entorno a ela, a Xeración Nós.
Os nacionalismos periféricos veranse silenciados pola ditadura de Primo de Rivera
mais retomaranse na 2ª República. A súa intensa loita pola identidade propia verase
entón reflexada na coa redacción dos primeiros estatutos.
En conclusión, a cuestión nacional esta fortemente vinculada á diversidade territorial .
Nela enfróntanse distintas concepcións do que a nación debe ser e admitir. A pesar de
ter xurdido xa no século XIX continúa a ser un tema sen<Aºgt43 pechar que na
actualidade e propio de debate e distensión.

You might also like