You are on page 1of 4

11.

O Movemento Obreiro (Sexenio Democrático e Restauración)

No S. XIX xurdiu en Europa o movemento obreiro: un movemento protagonizado polas clases


traballadoras na procura da mellora das súas condicións de vida e traballo, da consecución dos
plenos dereitos políticos e, ás veces, dunha transformación radical da sociedade nun sentido
igualitario. En España o desenvolvemento deste movemento foi algo máis lento polo relativo
retraso do seu proceso industrializador e estivo condicionado polas vicisitudes políticas que
presidiu a construción do Estado liberal. Así, atopou mellores condicións para desenvolverse
naquelas conxunturas nas que as correntes máis avanzadas do liberalismo propiciaron unha
apertura democratizadora do réxime.

As profundas desigualdades existentes nalgunhas zonas rurais españolas e as mesmas


desigualdades que xeraba o proceso industrializador determinaron o desenvolvemento dunha
forte conflitividade social tanto no campo como na cidade. No campo a conflitividade foi maior nas
áreas de predominio latifundista, nas que existía un elevado número de obreiros agrícolas sen
acceso á propiedade da terra e vivindo nunhas condicións miserables. A conflitividade social
tamén se estendeu á cidade,onde as condicións de traballo e de vida non eran moito mellores
(baixos salarios, xornadas laborais de 12 ou 14 horas, inexistencia de seguros de enfermidade,
amoreamento en barrios insalubres... ). As primeiras manifestacións de protesta obreira,
acontecidas nas décadas de 1820 e 1830, dirixíronse contra as máquinas, ás que culpaban da
perda de postos de traballo e da redución dos salarios (ludismo).O exemplo máis destacado
destas accións foi o incendio da .fábrica Bonaplataen 1835, a primeira factoría que introducira en
España a máquina de vapor. Outro exemplo: o das traballadoras da Fábrica de Tabacos da
Coruña.

A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El


País. Diario de Pontevedra (13 de decembro de 1857):
“O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A
Coruña). Parece que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora
ensaiando a construción doutros de diferente feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha
máquina para picar o tabaco. Como ambas operacións son novas, non se prestan nin acomodan a
elas as cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que a penas sacan a
terceira parte do xornal que adoitaban (…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo
contra os xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e
fixeron anacos as máquinas novas (…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros
de caixa e efectos que atoparon nas habitacións do director”.

Ata a revolución Gloriosa de 1868, o proletariado colaborará nos pronunciamentos dos Partidos da
burguesía, primeiro cos progresistas e logo cos demócratas, co obxecto de que estes teñan en
conta as reivindicacións obreiras. A decepción do traballadores ante a nula resposta dos
progresistas durante o Bienio (non atenden á petición dos traballadores do Dereito de Asociación)
os traballadores colaborarán cos demócratas e participarán no pronunciamento de “A Gloriosa” en
1868.
En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrerapublicaba a seguinte petición ás Cortes:
“Señores Deputados das Cortes Constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos
comestibles e das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...)
mandar ao taller ás nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes
mesmos fillos a un traballo prematuro.

1
É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que
ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a
concorrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de
socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio
dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.
”.
O triunfo do liberalismo democrático, marca un punto de inflexión na evolución do movemento
obreiro en España. Durante o Sexenio recoñeceranse legalmente os dereitos de reunión e
asociación na constitución de 1869, que marcarán o punto de partida do desenvolvemento das
asociacións obreiras en España.Pero o proletariado sentirase defraudado ante a política social
que desenvolverán demócratas e republicanos durante a súa primeira experiencia de goberno
(detención do proceso revolucionario, permanencia das quintas, a substitución dos consumos por
impostos....) e procurarán o seu propio camiño, afastados da burguesía.

A Constitución de 1869 contempla por primeira vez como dereitos inviolables os Dereitos de
Reunión e Asociación. Este recoñecemento permitirá pois que en 1870 se forme a I Sección
española da AIT (1ª Internacional Obreira),( En 1864 fundárase en Londres, coa participación de
obreiros e personalidades procedentes de distintos países, a la Internacional ou Asociación
Internacional de Traballadores (AIT). Os principios que presidiran a súa creación foron o da
solidariedade obreira internacional (“proletarios do mundo, unidevos”) e o da autonomía da loita
dos traballadores para acadar a súa liberación de clase mediante a creación de partidos e
sindicatos obreiros. Na mesma conviviran dúas correntes opostas: a anarquista (Bakunin) e a
socialista (Marx))

En España, as ideas internacionalistas foron introducidas por GiuseppeFanelli, un anarquista


colaborador de Bakunin, que se reuniu con grupos de traballadores en Madrid e Barcelona e
difundiu entre eles os principios anarquistas (colectivismo, apoliticismo, supresión do Estado... ). A
partir destes núcleos xurdiu a Federación Rexional Española da AIT (fundada no Congreso
Obreiro de Barcelona., 1870), de predominio anarquista e que desenvolvería unha intensa
actividade insurreccional durante o Sexenio Democrático (revoltas contra as "quintas" e os
"consumos", participación na insurrección cantonalista... ). Pouco despois, a chegada de
PaulLafargue, xenro de Marx, difundiu entre os internacionalistas madrileños as posicións
marxistas (que defendían a necesidade da conquista do poder estatal por parte da clase obreira) e
propiciou a creación do primeiro núcleo socialista español ao redor da figura de PabloIglesiase do
xornal La Emancipación, Este grupo, en minoría no seo da sección española da AIT, non tardaría
en ser expulsado da mesma.En 1874, coa chegada da Restauración, a federación española da
AIT foi declarada ilegal e as súas actividades perseguidas. Pero estaban creados os xermes da
posterior evolución das ideas anarquistas e socialistas en España.

O goberno do xeneral Serrano decreta a disolución das sección da Internacional en 1874:


“O goberno da República anunciou xa que o seu principal propósito é asegurar a orde e manter en
pé os fundamentos da sociedade española, minada ata hoxe por predicacións disolventes e tolas
teorías. (...)
Na súa consecuencia, o Poder Executivo da República tivo a ben decretar o seguinte:
Ar.t 1º: Quedan disoltas todas as reunións e sociedades políticas nas que de palabra ou obra se
conspire contra a seguridade pública, contra os altos e sagrados intereses da patria, contra a
integridade do territorio español e contra o poder constituído.”

Anarquismo e Socialismo son as 2 principais correntes do movemento obreiro. Ambos coinciden


na súa loita contra a explotación, a procura da unidade dos traballadores, o fin do Capitalismo e
da propiedade privada, a creación dunha sociedade sen clases. Sen embargo os anarquistas falan
2
da liberación da humanidade, mentres o socialismo céntrase no proletariado como clase
revolucionaria. Unha das principais diferenzas é que os anarquistas rexeitan calquera actividade
política, mentres os socialistas son partidarios da loita política e a creación de partidos, ben de
masas ou revolucionarios.

ANARQUISMO: Aséntase en Cataluña, Levante, Andalucía e Estremadura. En Galicia é


maioritario nos sindicatos de mariñeiros. En canto ós obxectivos do anarquismo destacan: a
destrución do Estado, a eliminación de calquera autoridade ou poder político, relixioso, económico
ou militar; o fin do Capitalismo, a supresión da propiedade privada e abolición do dereito de
herdanza; o comunismo libertario, a igualdade absoluta social e económica. A sociedade
anarquista basearíase na creación de comunas autoxestionadas que poden federarse entre si.

EsteéosocialismoqueproclamaaInternacional,conestasdúasafirmacións
principais:eneconomía,ocolectivismo;enpolítica,aanarquía.Ocolectivismo,édicir,apropiedadecomúndosinstrum
entosdetraballo,utilización dosmesmospolascolectividadesobreirasqueosfaganproducir
directamente,epropiedadeindividualdofroitoíntegrodotraballodecadaquen.Aanarquía,édicir,
aabolicióndosgobernos,ousexa,asúa conversiónensimplesadministradores
dosinteresescolectivos(...).Traballadores,acordádevos!Saúdeeemancipaciónsocial.

CONSELLOFEDERALDAREXIÓNESPAÑOLADAAIT.ManifestoaosfederadoseatodosostraballadoresdeEspa
ña.31-1-1872

SOCIALISMO: Aséntase en Madrid, País Vasco e Asturias. O seu obxectivo é construír unha
sociedade socialista mediante a loita de clases que é o medio máis eficaz para o cambio social. O
proletariado organizado en sindicatos e partidos liderará a revolución. Os traballadores deben
conquistar o poder e utilizar o Estado para implantar a igualdade social.
Conquistado o poder, mediante a Ditadura do Proletariado, debe pór fin ó Capitalismo,
expropiando a propiedade privada, medios financeiros e de produción que deben pasar ó Estado.
Os medios de produción deben ser colectivizados e desaparecen as clases sociais.

Coa Restauración o goberno conservador de Cánovas caracterizouse pola prohibición e pola


represión. O propio Cánovas consideraba á Internacional como “ o maior perigo que endexamais
correron as sociedades humanas propagando doutrinas contra o orde e a relixión”. A meirande
parte do período o movemento obreiro estará prohibido e perseguido. Ata 1887, co goberno de
Sagasta, non se restableceu a Liberdade de Asociación que permitirá a fundación da UXT en
1888.
A baixa cota de conflitividade social (agás os episodios da Man Negra e na década dos 90 os
atentados anarquistas en Barcelona) moitos autores atribúena ós efectos do caciquismo e a
represión que exerce o goberno sobre o proletariado (política, xurídica e militar).

Neste período anarquistas e socialistas continuaron marchando por separado. En canto aos
anarquistas, en 1881 a FRE pasou a chamarse Federación de Traballadores da Rexión Española
para se adaptar á legalidade vixente (que prohibía as organizacións de carácter internacional),
adquirindo unha influencia crecente en Cataluña e Andalucía.

Entre os anarquistas foron xurdindo diferenzas entre dúas correntes:


-os partidarios da acción sindical de masas, que vían no recurso á folga e á mobilización obreira o
medio fundamental para acadar os seus fins de construción dunha sociedade igualitaria, este
anarquismo colectivista e anti-autoritario cría no apoio mutuo e na educación como armas para
igualar a sociedade.
-os partidarios da acción directa ou propaganda polo feito os cales protagonizaron atentados
contra personaxes e institucións representativos da clase dominante, o Estado e a Igrexa. Algúns
3
destes atentados, como os sufridos polo xeneral Martínez Campos, Cánovas ou o atentado do
Liceo (que provocou vinte mortos nese lugar privilexiado de encontro social da burguesía
barcelonesa) era unha vinganza pola execución, as máis das veces sen probas, de militantes
anarquistas. Estes actos de violencia -é o caso da Mano Negra andaluza, sociedade secreta a que
se acusou de planear o exterminio dos terratenentes- desataron unha feroz represión por parte do
Estado contra o conxunto dos militantes anarquistas.
En 1907 os partidarios da acción de masas promoveron a creación da Solidariedade Obreira,
antecedente directo do grande sindicato anarquista da Confederación Nacional do Traballo
(CNT, fundada en 1910). Converteríase na principal organización obreira española antes da
Guerra Civil chegando a ter un millón de afiliados. O grupo máis activo entre os anarquistas
partidarios da acción directa será a F.A.I. (Federación Anarquista Ibérica)

Pola súa parte, o núcleo socialista madrileño organizado en torno a PabloIglesiasfundou en 1879
o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), unha organización de inspiración marxista que
aspiraba á conquista do poder pola clase traballadora e que se adheriría á II Internacional,
integrada por partidos afíns ideoloxicamente. En 1888 -ao amparo da "Lei de Asociacións"
promovida polo goberno liberal un ano antes- os socialistas crearon a Unión Xeral de
Traballadores (UXT), un sindicato de masas que chegaría a ter unha influencia importante en
Madrid, Asturias e o Pais Vasco, e que defendía a negociación colectiva entre obreiros e patróns e
o recurso á folga para facer valer os intereses dos traballadores.

Doc.: Fragmento do programa do Partido Socialista Obreiro Español (1879)


“Considerando: Que esta sociedade é inxusta porque divide aos seus membros en dúas clases
desiguais e antagónicas: unha, a burguesía, que, posuíndo os instrumentos de traballo, é a clase
dominante; outra, o proletariado, que, non posuíndo máis que a súa forza vital, é a clase
dominada.
Que os privilexios da burguesía están garantidos polo poder político, do cal válese para dominar
ao proletariado. (...) Que a necesidade, a razón e a xustiza esixen que a desigualdade e o
antagonismo entre unha clase e outra clase desaparezan, reformando ou destruíndo o estado
social que os produce.
Considerando todo isto, o Partido Socialista declara que ten por aspiración:
1º: A posesión do poder político pola clase traballadora.
2º: A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de traballo en
propiedade colectiva, social ou común. (...)
En suma: o ideal do Partido Socialista Obreiro é a completa emancipación da clase traballadora; é
dicir, a abolición de todas as clases sociais e a súa conversión nunha soa de traballadores libres e
iguais (...)“
Paulatinamente, o socialismo español cambiará cara posturas moderadas que combinaban a
participación en folgas xerais e os obxectivos finais igualitarios coa busca de melloras graduais
para os traballadores no marco do sistema. En 1910, en coalición cos republicanos, obtivo a súa
primeira acta de deputado para PabloIglesias. En 1921 un grupo de dirixentes e militantes do
PSOE e da UXT separáronse para fundar o Partido Comunista de España (PCE), seguindo o
modelo dos bolxeviques rusos triunfantes na Revolución soviética de 1917. Sería moi minoritario
até os tempos da Guerra Civil.

Así como no Sexenio asístese ó espallamento da AIT (anarquismo e socialismo) en España,


durante a Restauración, maila represión, clandestinidade e baixa mobilización social, o
movemento obreiro conseguirá establecer as súas propias organizacións (FTRE, PSOE,UXT), as
súas propias formas de loita como a folga, así como dotarase de toda unha serie de símbolos
(himnos, bandeiras), lugares (Casas do Pobo, Ateneos) e celebracións propias (1 de maio) que
marcarán o importante desenvolvemento que experimentará no 1º terzo do s. XX.

You might also like