You are on page 1of 5

SEXENIO DEMOCRÁTICO (1868-1874)

En 1868 a revolución, coñecida como a Gloriosa ou Setembrina e protagonizada por


tódalas forzas opositoras a Isabel II, expulsou aos Borbóns do trono de España e abriu a
posibilidade de configurar un novo sistema político baseado nos presupostos ideolóxicos do
liberalismo democrático e nos intereses das clases medias españolas.

Iniciada cun pronunciamento dos militares en Cádiz seguido do establecemento de


Xuntas nas cidades, a revolución produciu un transvase do poder que superou as
expectativas iniciais dos seus protagonistas. Desprazados os moderados e reducidos os
unionistas, o protagonismo político recaeu nas forzas dos progresistas radicais, dos
demócratas e dos republicanos. As diferencias e enfrontamentos entre eles, que se
correspondían coas aspiracións contrapostas dos grupos sociais que lles servían de base,
xunto coa oposición dos carlistas e dos afonsinos (partidarios de Alfonso, o fillo de Isabel II)
deron lugar a unha grande inestabilidade política e a que se sucedesen, neses seis anos,
dous modelos de Estado diferentes: a monarquía democrática e a república federal.

CONTEXTO

Desde 1856, en España, alternábanse no goberno os partidos unionistas (Unión


Liberal de O’Donnell) e os moderados. Porén, a demisión de O'Donnell en 1863, ante a
negativa da raíña a concederlle a disolución das Cortes, abriu un período crítico para o
réxime isabelino. Volveuse a gobernos cada vez máis autoritarios, á represión e ó exilio dos
progresistas e demócratas (tanto monárquicos como republicanos, sobre todo destes
últimos). A Constitución permitíalle á raíña cesar e nomear xefe de Goberno sen control do
Parlamento; negouse a chamar aos progresistas ao Goberno, polo que estes recorreron de
novo aos pronunciamentos, buscando agora tamén a caída da monarquía isabelina. A
impopularidade da raíña foi en aumento, perdendo mesmo o apoio dos unionistas, ante a
imaxe que trasmitía a Corte: unha camarilla de personaxes integristas e corruptos.

Os conflitos foron en aumento, sendo a represión a única resposta. En 1865 as


forzas da orde disolveron con dureza unha manifestación de estudiantes que protestaban
contra a destitución do profesor Castelar, que criticara á raíña nun artigo, é A noite de San
Daniel que rematou con nove estudiantes mortos. En 1866 foron fusilados 68/70 sarxentos,
cabos e soldados do cuartel de San Gil (Madrid), implicados nun dos pronunciamentos
encabezados por Prim. Finalmente, en setembro de 1868, un novo pronunciamento obrigou
a raíña a exiliarse, poñendo fin ao seu reinado.

A GLORIOSA (1868): ANTECEDENTES

En agosto de 1866 o conxunto da oposición ao sistema, ante o fracaso das


tentativas anteriores encabezadas só polos progresistas, decidiu unir as súas forzas no
Pacto de Ostende, firmado por demócratas e progresistas exiliados. O pacto era

1
claramente antiisabelino e acordouse que a nova forma de goberno sería decidida por
unhas Cortes constituíntes elixidas por sufraxio universal masculino. Trala morte de
O'Donnell, os unionistas tamén se sumaron ao Pacto, (Pacto de Bruxelas) o que implicou un
xiro á dereita, a un certo moderantismo, pero tamén o respaldo ao pronunciamento dos
xenerais deste partido.

Aos problemas políticos sumáronse os económicos. Unha crise internacional do


capitalismo, que se manifestou en España no afundimento de bancos e da Bolsa, veu
agravar a situación do país, ao que se uniu a crise da industria téxtil catalá e dous anos de
malas colleitas, en 1867-68.

O movemento revolucionario estalou en setembro de 1868, seguindo o esquema xa


clásico de todo pronunciamento: sublevación e formación de xuntas revolucionarias polos
cidadáns. Neste caso iniciouse co pronunciamento (dirixido polos xenerais Prim, Serrano e
Topete) da escadra concentrada en Cádiz ao berro de ¡Viva España con honra!.

O levantamento militar foi masivamente secundado polos cidadáns, que xa


constituíran xuntas polos pobos e cidades. Polos seus manifestos que, ao igual que en 1808
foron lidos nas prazas e publicados na prensa, sabemos cales eran as aspiracións
populares, unha suma de dereitos políticos e reivindicacións sociais que constituían todo un
programa democrático: Cortes Constituíntes; sufraxio universal masculino; liberdade de
asociación, reunión, imprenta, relixiosa e ensino; supresión das quintas, da pena de morte e
dos consumos... Eran unhas reivindicacións moito máis amplas e radicais que as dos
xenerais que encabezaron o pronunciamento.

Nos textos das xuntas revolucionarias comprobamos que as aspiracións das


distintas politicas que participaron na revolución son distintas. Os progresistas,
encabezados por Prim, só pretendían derrubar ao goberno, os republicanos radicais
pretendían ademais derrubar á monarquía e os campesiños e obreiros pretendian
unha sociedade máis «xusta» (igualitaria), o que implicaba cambios económicos e
sociais. Ás diferencias existentes entre os partidos que firmaran o Pacto de Ostende,
pronto se sumou o conflicto entre os desexos frustrados das masas populares
participantes na Revolución, e a defensa da orde social establecida por parte da
burguesía que dirixía a vida política.

O GOBERNO PROVISIONAL

Tralo triunfo da Gloriosa ou Setembrina, a Xunta de Madrid tomou a iniciativa de


concederlle o poder supremo ao xeneral Serrano. Este formou un goberno provisional
integrado por progresistas e unionistas nel estaban Prim, Sagasta, Ruiz Zorrilla, Figuerola...
excluíndo aos demócratas. Unha das primeiras medidas tomadas polo goberno foi desarmar
aos Voluntarios de la Libertad, que se formaran, a xeito de Milicia Nacional, para defender a
revolución. En outubro o goberno provisional dirixiu un Manifesto á Nación no que recollían
os programas das Xuntas, ás que privara de todo poder, pero sen aludir a ningún cambio en
cuestións económicas ás que ou sociais. (NOTA: LEMBRA QUE ESTES ASPECTOS SON
IMPORTANTES NO LIBERALISMO DEMOCRÁTICO, E TAMÉN, ERAN ASPECTOS
IMPORTANTES DAS PETICIÓNS DAS XUNTAS).

2
O Manifesto reflicte a postura do Goberno provisional e proclama unha serie
de liberdades recollidas despois na Constitución de 1869. As primeiras medidas
aprobadas foron claramente revolucionarias e con elas o Goberno provisional
esperaba contar co maior apoio social posible e controlar a revolución conseguindo a
disolución das Xuntas revolucionarias. Así, decretouse o sufraxio universal, a
liberdade de expresión, de asociación, de reunión, de cultos, a supresión de ordes
relixiosas (especialmente os xesuítas), a reanudación da desamortización de bens
eclesiásticos, a reforma da tributación (supresión dos impopulares consumos), a
modificación do sistema arancelario nun sentido librecambista (arancel Figuerola), a
imposición da peseta como unidade monetaria para facilitar os intercambios e a
convocatoria de eleccións municipais e xerais mediante sufraxio universal directo
masculino. Unha nova Lei de Concellos restaurou a elección popular dos alcaldes e
eliminou a ríxida centralización administrativa imposta polos moderados dende 1845.

Porén, o principal problema ao que tivo que enfrontarse o Goberno provisional e os


grupos políticos triunfantes na revolución foi o da concreción do modelo político e de
goberno que debía establecerse en España. No pacto de Ostende acordaran que serían as
Cortes escoIlidas por sufraxio universal quen decidirían. Carlistas e moderados defendían
os dereitos monárquicos dunha das dúas ramas dos Borbóns; unionistas e progresistas
eran partidarios da monarquía democrática e da busca dun novo rei; en canto aos
demócratas se ben uns aceptaron a monarquía democrática, os republicanos mostráronse
partidarios dunha república federal. As eleccións a Cortes constituíntes deron o triunfo ais
partidarios da monarquía (236 escanos fronte a 85 republicanos e 20 carlistas). España
sería, pois, unha monarquía democrática.

Paralelamente a todo o proceso revolucionario, dende 1868, co Grito de Yara,


iniciouse en Cuba un forte conflicto secesionista (a Guerra dos Dez Anos) no que se
mesturan as críticas á dominación política e económica española e o desexo da abolición
da escravitude. As tímidas reformas adoptadas non solucionaron o conflicto; a guerra
agravouse causando cuantiosos gastos á Facenda española, elevadas perdas humanas e
prolongouse ata que en 1878 o xeneral Martínez Campos logrou un acordo cos rebeldes na
Paz de Zanjón (xa durante a Restauración).

A CONSTITUCIÓN DE 1869

As eleccións para Cortes Constituíntes, nas que por primeira vez puideron votar
tódolos varóns españois maiores de 25 anos, configuraron un parlamento representativo
das forzas participantes na Revolución de Setembro. Pero, a pesar de contar cunha maioría
de deputados progresistas e unionistas, a Carta Magna estaba inspirada nos principios do
Liberalismo democrático, de feito as Cortes (elixidas por sufraxio universal e depositarias da
soberanía) elaboraron e aprobaron a Constitución máis democrática da Europa dese
momento

O carácter democrático da Constitución maniféstase en primeiro lugar no


recoñecemento do sufraxio universal masculino, pero ademais tamén na ampla declaración
de dereitos e na vontade de cambiar a estrutura centralista e arbitraria levantada polos
moderados. Os dereitos recollidos no título I comprenden case a terceira parte do total de

3
artigos, regulándoos de maneira detallada para impedir que poidesen ser recortados por leis
posteriores, e con garantías importantes para o seu respecto (sancións para os funcionarios
e indemnizacións aos cidadáns -art. 9 e 10-; esixencia dunha lei para a suspensión temporal
de certos dereitos -art. 31-, contra o que fora a práctica continua dos moderados).

Xunto á regulación dos dereitos similares aos da Constitución non promulgada de


1856 o texto de (1869) recolleu dereitos ata enton non recoñecidos nas anteriores
Constitucións, como a inviolabilidade da correspondencia, a liberdade de traballo para os
estranxeiros, o libre pensamento, e sobre todo recolle por vez primeira os dereitos de
reunión e asociación (art. 17) que xunto ao sufraxio universal masculino contribuíron
de maneira decisiva á politización dos traballadores; en materia relixiosa estableceu a
liberdade de cultos privado e público e o mantemento polo Estado do culto e do clero (art.
21). Establecendo, polo tanto un Estado aconfesional (ideoloxía progresista)

A regulación das institucións partía do recoñecemento da soberanía nacional,


entendida como popular (NOTA: sufraxio universal, lembra) como orixe de todo o poder,
mesmo o da monarquía.

A división de poderes e a «descentralización» son os principios que rexen a


organización do Estado. O centro de poder reside nas Cortes, que posúen o poder
lexistativo, sen ningunha dúbida, formadas polo Congreso e o Senado. O primeiro é elixido
por sufraxio universal masculino e directo, un representante por cada 40.000 persoas e os
candidatos non precisan ningunha condición para selo. Porén, aínda que o Senado é elixido
tamén por sufraxio universal masculino, neste caso é indirecto e os candidatos deben ter 40
anos e ter desempeñado funcións públicas importantes, ou posuír titulación superior ou
estar entre os grandes propietarios agrarios ou industriais Habería catro por provincia. Polo
tanto, o Senado ten certo carácter de representación territorial á vez que unha natureza
conservadora, tanto no sistema indirecto de elección, como nas condicións dos candidatos.
(Rasgo non democrático, máis próximo aos unionistas e aos progresistas).

O rei exerce o poder executivo a través dos seus ministros, libremente escollidos
pero responsables antes as Cortes, sanciona e promulga as leis sen capacidade de vetalas
e ten a potestade de suspender e disolver as Cortes, pero só unha vez por lexislatura e
estas deben reunirse tras un prazo fixado.

O poder xudicial, quedou asegurada a independencia dos tribunais tentando evitar


a arbitrariedade dos nomeamentos gubernamentais, a través dun sistema de oposicións
que fixera efectiva a carreira xudicial. A democratización da xustiza completouse coa Lei do
Xurado.

Despois de promulgada a Constitución, Serrano foi nomeado rexente provisional


mentres buscaba un novo rei para España; tiña que ser católico, liberal e contar coa
aprobación as potencias europeas. Os carlistas defenderon a opción de entronizar o seu
candidato Carlos [VII]; Cánovas del Castillo conseguiu que Isabel II abdicase no seu fillo
Alfonso e defendeu a súa candidatura; Prim negouse a calquera posibilidade de aceptar a
un Borbón (Xamais, xamais, xamais! exclamara con rotundidade). Finalmente o candidato
elixido foi Amadeo de Saboia, fillo do rei de Italia Víctor Manuel II.

4
A MONARQUÍA DEMOCRÁTICA DE AMADEO I. 1871-1873

Aprobada a súa candidatura aínda que cunha forte oposición (191 votos a favor dos
344 deputados que formaban as Cortes), Amadeo de Saboia aceptou a Coroa e xurou a
Constitución o 2 de xaneiro de 1871.

NOTA: QUEN CHEGARA ATÉ AQUÍ, PODE SEGUIR AGORA POLO LIBRO.

You might also like